AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna....

42
ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA AO EXMO. CONCELLO DE A CORUÑA. PRAZA DE MARÍA PITA D. /Dna. ………………….e ……………………………, PORTAVOZ E SECRETARIA DO COMITÉ DE DEFENSA DAS RÍAS ALTAS con D.N.I. ……… e enderezo a efectos de notificación na EXPÓN: Que tendo coñecemento da aprobación inicial do documento de Revisión e Adapta-ción do P.X.O.M. de A Coruña, aprobado inicialmente o día 1 de decembro de 2009 e que está actualmente en exposición pública, procedemos a presentar as seguintes ALEGACIÓNS: I.- ALEGACIONS XENÉRICAS. 1ª ALEGACIÓN: FALTA DE TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN EFECTIVA E REAL DA CIDADANÍA. Non responde a un proceso transparente e participativo da cidadanía xa que: non participou ninguna veciña/o nin houbo debate durante máis de dous anos nin consenso cidadán tan necesario na elaboración e desenvolvemento do P.X.O.M.; Urbanismo só engadiu parcialmente ao P.X.O.M. as suxerencias de organismos oficiais; as entidades veciñais, ecoloxistas, culturais e sociais, os colectivos de base así como a cidadanía en xeral non foron escoitados nin consultados neste P.X.O.M. ideado e desenvolto exclusivamente polo seu redactor ( Joan Busquets) e equipo co tutoramento e supervisión do Concello incumprindo o Artigo 9.2. da Constitución; contén numerosos erros, contradicións, confusións, ata nos planos e fichas e escasa información en temas ou convenios importantes así como incoherencias xerais; responde a un modelo de cidade - rexión altamente especulativo e depredador do territorio xa que en tan 1

Transcript of AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna....

Page 1: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA AO EXMO. CONCELLO DE A CORUÑA. PRAZA DE MARÍA PITA

D. /Dna. ………………….e ……………………………, PORTAVOZ E SECRETARIA DO COMITÉ DE DEFENSA DAS RÍAS ALTAS con D.N.I. ……… e enderezo a efectos de notificación na

EXPÓN:

Que tendo coñecemento da aprobación inicial do documento de Revisión e Adapta-ción do P.X.O.M. de A Coruña, aprobado inicialmente o día 1 de decembro de 2009 e que está actualmente en exposición pública, procedemos a presentar as seguintes

ALEGACIÓNS:

I.- ALEGACIONS XENÉRICAS.

1ª ALEGACIÓN: FALTA DE TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN EFECTIVA E

REAL DA CIDADANÍA.

Non responde a un proceso transparente e participativo da cidadanía xa que: non participou ninguna veciña/o nin houbo debate durante máis de dous anos nin consenso cidadán tan necesario na elaboración e desenvolvemento do P.X.O.M.; Urbanismo só engadiu parcialmente ao P.X.O.M. as suxerencias de organismos oficiais; as entidades veciñais, ecoloxistas, culturais e sociais, os colectivos de base así como a cidadanía en xeral non foron escoitados nin consultados neste P.X.O.M. ideado e desenvolto exclusivamente polo seu redactor ( Joan Busquets) e equipo co tutoramento e supervisión do Concello incumprindo o Artigo 9.2. da Constitución; contén numerosos erros, contradicións, confusións, ata nos planos e fichas e escasa información en temas ou convenios importantes así como incoherencias xerais; responde a un modelo de cidade - rexión altamente especulativo e depredador do territorio xa que en tan só 13 anos (2010-2022) pretende ampliar case un 40% (39,17%) o solo construido ocupando o 69,83% dela e persigue uns brutais e inxustificados crecementos de vivendas (33.900) para 70.400 residentes en plena recesión económica cando hai máis de 17.000 vivendas baleiras, (a maioría en bo estado), contamos cunha altísima densidade demográfica (6.471,3 habitantes/qui-lómetros cadrados) e, nos derradeiros 10 anos, a cidade perdeu poboación en beneficio dos concellos do contorno (o ano pasado 2.204 veciñas/os), segundo datos do Instituto Nacional de Estadística. (Ver documentación).

-

1

Page 2: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA2º ALEGACIÓN: PREVALENCIA DOS INTERESES PRIVADOS EN DETRIMEN-

TO DO INTERESE XERAL.

Non responde ao interese xeral senón que, fundamentalmente, ao sector do ladrillo, poderosos promotores, grandes construtores galegos que, grazas á connivencia cos políticos e distintas administracións son os que se benefician das mega-operacións de especulación urbanística a través de distintos convenios (5 deles aprobados anteriormente sen esperar á información pública deste P.X.O.M.). Sempre son as mesmas persoas como recoñece o Sr. López Rico, concellal de Rehabilitación Urbana e Vivenda “porque teñen a capacidade económica e teñen mercado o solo da cidade” (La Opinión 3-12-09).

Lembramos, neste senso, o artigo 47 da Constitución que ordena regular a utilización do solo “dacordo co interese xeral para impedir a especulación” e que “ A comunidade participará nas plusvalías que xenere a acción urbanística dos entes públicos”.

Isto non se cumpre cos distintos convenios urbanísticos, crecementos esaxerados e inxustificados de tantas miles de vivendas novas, destrución de espazos protexidos (contorno da Torre de Hércules), do litoral e ata do Dominio Público Marítimo – Terrestre ( D.P.M.T.) e a súas servidumbres de protección (costa natural do Portiño, 4 muelles coruñeses, Ría do Burgo , a Mariña e o Parrote), da paisaxe, dos montes, zonas verdes e do patrimonio cultural ou áreas de cautela que imos especificar máis adiante.

Por outra banda, os convenios urbanísticos son unha fonte de corrupción, segundo os expertos independentes, que se extende (e se comproba) por todo o territorio estatal e o mesmo Informe Auken, aprobado o pasado 26 de marzo pola maioría aplastante do Parlamento Europeo, denuncia esa sistemática destrución territorial e ambiental, que están implicadas as 3 administracións: local, autonómica e estatal, a corrupción endémica, solicita a eliminación de todas as figuras que favorecen esa destrución (como os convenios urbanísticos e as recualificacións ) e ata propón a suspensión de fondos europeos para o caso español. (Ver documentación).

3º ALEGACIÓN: CLARA VOCACIÓN INSUSTENTABLE; CRÉASE UNHA

CIDADE RETRÓGADA, OBSOLETA, NON FUNCIONAL,

ANTISOCIAL E ANTIECOLÓXICA.

E dicir, que queda fóra das numerosas iniciativas a nivel europeo referidas ás novas tecnoloxías, medio ambiente, paisaxe, servizos, dereitos, servizos sociais e -

2

Page 3: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑApatrimonio cultural. Así, non se axusta ás recomendacións europeas, acordos ou convenios asinados polo goberno español como a Carta de Aalborg (1994), a Carta de Lisboa (1996), a Declaración de Hannover dos Líderes Municipais (2000), suscrita pola Federación Española de Municipios e Provincias ou a Axenda 21 Local, xa que non se teñen en conta as aportacións da cidadania e a decidida protección da paisaxe, médio rural, patrimonio natural e cultural. (Ver Casos Concretos).

Trátase dun plan que non ordena o territorio senón que ordena, fundamentalmente, a construción de numerosos bloques de vivendas innecesarios, centros comerciais, estradas/vías de alta capacidade e parkings seguindo o desfasado modelo americano que non promove os encontros dos membros da comunidade, os espazos públicos, as zonas verdes e de lecer, nin a peatonalización dos cascos antigos ou históricos, do centro e das rúas en xeral, priorizando os desprazamentos en automóbil cun enorme gasto enerxético e contaminación en lugar de potenciar o transporte público.

Na cidade coruñesa tan só se aposta pola enorme destrución paisaxística e ambiental, especialmente no litoral así como pola agresión e falta de respeto ao patrimonio cultural (especialmente ao arqueolóxico), ás entidades municipais colindantes (o Convenio da Canteira das Rañas inclúe 26.000 metros cadrados que pertencen ao Concello de Arteixo e, pólo tanto, non poden ser contabilizados e pretendíase crear anteriormente un “parque natural” nos montes con macrourbanizacións etc. onde unha grande parte dos terreos pertencían aos concellos do contorno e, por iso, os seus alcaldes protestaron) e ao dereito á cidade das persoas, plasmado nun contorno que teña as mínimas condicións de calidade de vida. (Ver documentación).

4ª ALEGACIÓN: FALTA DE ALTERNATIVAS EFICIENTES, NECESARIAS,

E DEMANDADAS POLA CIDADANÍA. PRINCIPIO DE

PRECAUCIÓN.

A filosofía que se reflexa neste documento vai dirixida, sen dúbida algunha, a un sector específico: especuladores e construtores - promotores.

No S. XXI, nun marco dunha forte e grave crise internacional, recesión no noso Estado a causa, fundamentalmente (segundo expertos internacionais independentes e ata algúns Premios Nobel) do estalido da burbulla inmobiliaria, estánse a superar proxeccións económicas sesgadas, perigosamentes tendenciosas e con este planeamento demóstrase que seguimos básicamente co mesmo modelo anterior, que a construción e a promoción inmobiliaria seguen sendo o eixo fundamental e a economia non é produtiva, senón, fundamentalmente, especulativa. Por iso, neste P.X.O.M. non atopamos ferramentas reais para o control da especulación urbanística. Neste intre, lembramos o que o mesmo Diccionario da Real Academia entende por especular: “efectuar operacións comerciais ou financieiras coa esperanza de obter benefícios nas variacións dos prezos ou dos cambios”.

-

3

Page 4: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑAÉ desesperante comprobar que levamos moitos anos que non se propoñen alternativas eficientes, nin seguimos o modelo doutras cidades do ámbito rexional do oeste atlántico europeo ao que pertencemos, nin se atenden ás necesidades demandadas pola cidadania das que nos decatamos, unha e outra vez, os ecoloxistas, defensores do patrimonio e entidades veciñais ou sociais independentes: acabar coa especulación, tanto cemento e formigón, construir máis zonas verdes, públicas e de lecer, protexer a paisaxe e as vistas ao mar, respecto e protección efectiva do patrimonio natural e histórico ou cultural como xenerador de riqueza para todos, loita efectiva e integral contra a contaminación atmosférica ou mariña, apoiar decididamente ao sector marisqueiro e pesqueiro cuxas actividades conlevan un enorme valor engadido, potenciar e mellorar o transporte público (buses, tren de proximidade, tranvías, transporte marítimo...), dotacións sociais, educativas, sanitarias ou culturais necesarias, especialmente para os máis desfavorecidos, xente da terceira idade ou xóvenes, favorecer ao comercio tradicional ou local, crear emprego de calidade e produtivo, controis públicos e democráticos sobre todos os aspectos da cidade e da acción dos gobernantes, democracia participativa....

Un instrumento de planeamento urbanístico pode e debe servir para:

- Garantir dereitos recoñecidos pola mais alta lexislación española, europea e internacional: medio ambiente, traballo, dignidade, patrimonio cultural, etc.

- Desenvolver novas alternativas que superen os modelos tradicionais obsoletos e fracasados do capitalismo salvaxe que nos levou a esta situación.

- Unha cidade debe ser expresión desa sociedade libre, solidaria e participativa, dos desexos, sentimentos e accións consensuados da súa sociedade civil, dun proxecto común que parta dun modelo diferente, con presente e futuro, que garante os seus sinais de identidade, a súa “potente xeografía” como recoñece Busquets referíndose a nosa cidade, do coñecemento que demanda a xente, e non da perxudicial sociedade do ladrillo que destrúe tantas cidades fermosas ou crea cidades artificiais sen alma.

Nese novo modelo é fundamental: o medioambiente, a paisaxe, cultura autóctona, patrimonio, enerxías renovables e a calidade de vida.

Se non tomamos medidas preventivas, os resultados serán nefastos e irreversibles. Por iso, o Principio de Precaución, recomendado polas autoridades europeas e que se aplica normalmente en moitos países de Europa, é unha ferramenta imprescindinble, especialmente en aspectos ambientais, tal e como se recolle no Informe da Axencia Europea de Medio Ambiente ”Late Lessons from Early Warnings: the Precautionary Principle 1896-2000”. Neste documento hai unhas leccións e un método que habería que ter en conta para que o P. X. O. M . coruñés fose democrático e respondese ao interesse xeral.

Por outra banda, estamos a falar dunha das cidades máis belas do Estado, onde a paisaxe, mellor dito, as distintas e maravillosas paisaxes son o seu maior tesouro e exemplos dunha mestura intelixente entre a natureza, o mar e o patrimonio cultural que os nosos devanceiros nos ensinaron e que deron lugar a recunchos -

4

Page 5: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑAúnicos onde se manifesta a súa forte personalidade e maxia: Torre de Hércules co seu contorno e vistas impresionantes, sorprendentes vistas do Monte San Pedro, o especial Parrote cos restos arqueolóxicos descubertos, a Mariña máis famosa, o romántico Xardín Artístico de San Carlos, a íntima Praza das Bárbaras, a maxestuosa Praza de María Pita, o incríble Portiño, o núcleo típico mariñeiro das Xubias, as vistas do Mirador dos Castros ou da ria coruñesa á entrada da cidade, o porto histórico coruñés e o mundo dos mariñeiros e mariscadores ou o máxico Castro de Elviña...case todo en perigo nunha cidade que non se entende sen o mar e todo o que éste implica, mais que padece a desgraza de non ter ninguén con poder e sensibilidade que a defenda de tanta especulación, ultraxe e destrución paisaxística.

5ª ALEGACIÓN: FALTA DE ORDENACIÓN AXEITADA Á REALIDADE

SOCIAL, POBLACIONAL E FÍSICA DA CIDADE.

- A cidade coruñesa, con máis de 246.000 habitantes , ten o tamaño xusto e non debe converterse nunha grande cidade porque perdería moito e tería menos calidade de vida, xa que, non estaría feita a escala humana e así podería ter, como outras do norte da península (San Sebastián ou Santander) todas as ventaxas dunha grande cidade a nivel de dotacións de todo tipo, actividades culturais etc. e aínda estamos a tempo de eliminar (alomenos en boa parte) aqueles problemas ou aspectos negativos propios das grandes ciudades que xa padece A Coruña, especialmente nos derradeiros 15 anos:

- A contaminación atmosférica a causa do tráfico e os serios problemas do mesmo, das 4 empresas que son das 6 más contaminantes e perigosas de toda Galiza que están nela ou no seu contorno: REFINERÍA, S.G.L. CARBONES, “A CHEIRONA”etc.; das mercadurías contaminantes, insalubres, tóxicas e perigosas do porto coruñes que afecta, prioritariamente ao barrio de Oza- A Gaiteira- Os Castros aínda que, segundo a dirección dos ventos, pode chegar a afectar á zona de Catro Camiños, Mariña- O Parrote ou zonas da montaña…

Ademais, na meirante parte dos casos non dispón aínda de circuitos anticontaminantes pechados, solicitados hai anos por miles de veciñas/os, nin se levou a cabo o traslado de todo este tipo de mercadurías e actividades a un porto exterior axeitado e viable ambientalmente (máis de 15.000 sinaturas, moitas actividades de concienciación, protesta e algunas movilizacións, culminando no ano 1996 cunha histórica manifestación á que asistiron máis de 5.000 persoas), condición que non se cumpriu co que se está construindo en Punta Langosteira, ademais da súa viabilidade técnica e financieira que todo o mundo daba por suposto, asunto que especificaremos máis adiante. (Ver documentación).

- A contaminación acústica tamén é importante na cidade (tráfico, obras, porto…)

5

Page 6: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA-

-Ao mesmo tempo, destacamos a contaminación mariña das dúas rías, especialmen- te da Ría do Burgo onde, nos últimos anos, os mariscadores/as que a controlan a diario, mais tamén os ecoloxistas e a cidadanía en xeral, se movilizaron esixindo o saneamento integral da mesma, catalogada de tipo C e denunciaron ante as autoridades europeas este caso que incumpre varias Diretivas. Sen dúbida, se non se soluciona axiña este grave problema, as administración competentes recibirán un día a notificación dunha multa millonaria.

-Aínda non dispomos dunha depuradora en condicións (o insuficiente emisario mariño está roto dende hai moitos anos ) e, por iso, segundo a dirección dos ventos, as veces, as augas das praias do centro están noxentes (ata chegan os lixiviados do vertedoiro coruñés) e producen reaccións alérxicas, como sucedeu hai algúns anos en pleno verán mentres que o concello aconsellaba á xente que se bañara con “auga doce e xabrón” sen importarlle as posibles infeccións , procesos alérxicos ou complicacións para a saúde das coruñesas/es e turistas.

Por outra banda, o Informe da Dirección Xeral de Sustantibilidade da Costa e o Mar do Ministerio de Medio Ambiente (M. M. A.) de data 2 de setembro de 2009, sinala que no Plano 03 onde aparece unha dotación de infraestrutura na que se ubicará a EDAR de Bens que as instalacións da mesma “deberán situarse fóra dos primeiros 20 metros da zona de servidumbre de protección, a fin de cumprir co disposto no artigo 44.6 da Lei de Costas.”

- En canto a contaminación dos solos, ten lugar especialmente nas zonas industriais, mesmo no porto coruñés, (o Acordo Marpol non se cumpre), no vertedoiro en Nostián ou nos escampados e lugares abandonados.

No planeamento apenas aparecen alternativas serias ou solucións a todo tipo de problemas de contaminación.

-En canto aos problemas da vivenda, non son debido á escaseza delas, alomenos , no caso das libres (lembramos ademais as 17.000 baleiras) senón: a política que se segue no concello onde hai poucas vivendas de promoción pública e, as veces, as condicicóns para acceder a elas son complicadas e incluso parecidas, nalgúns casos, as de 2ª man e algunas libres; apenas se constrúen vivendas sociais que son as que necesitan centos de persoas na nosa cidade que teñen un nivel económico moi baixo ou baixo; temos moi poucos pisos en réxime de alquiler protexido, segundo nos confirmaron as técnicas que o levan, aspecto que habería que potenciar moito, ademais de penalizar as vivendas baleiras e establecer un prezo máximo de alquiler para as libres impedindo abusos así como ofertar vantaxes fiscais para os inquilinos e propietarios; non existe unha promotora pública de vivendas do concello que

6

Page 7: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑAabarate os prezos nin se apoia a autoconstrución ; apóiase dun xeito insuficiente a -

rehabilitación, tanto do cascos históricos como dos edificios de máis de 30 anos (no ano 2008, só adicaron a esta partida 3 millóns de euros).

Habería que optimizar o solo disponible e non “consumilo” para a promoción inmobiliaria de vivendas, especialmente libres, que quedarán, en moitos casos, baleiras. Así, ademais non destrozariamos o contorno. Por iso, antes de construir calquera polígono, promoción ou obra importante habería que xustificalo seriamente, non contar na cidade con vivendas baleiras e apoiar á rehabilitación con moitos máis fondos por parte das distintas administracións pois o crecemento inxustificado e desproporcionado delas para especular tanto horizontal como verticalmente, especialmente neste último caso, é insustentable.

- É necesario protexer axeitadamente todos os derradeiros núcleos rurais ou tradicionais que fican na cidade e que non crezan por onde non deban : ao mar, espazos naturais ou protexidos, áreas de cautela do patrimonio etc.; que se cumpra o que ven no planeamento de impedir bloques de vivendas que os destrúan poren, tamén é imprescindible non permitir máis alturas ou volumen así como numerosas edificacións que conlevaría a súa desfiguración e cementación, o que detectamos nos planos, como no caso das 14 edificacións novas ( 4 con 3 alturas, onde só hai 1 e 2, dun 200 ao 300% máis e unha dunha planta “pegada “ á vía do tren sen respectar a servidumbre de protección) no pintoresco núcleo das Xubias de Abaixo. É razoable , como se fai noutras ciudades, construir moitas menos vivendas e con menos alturas neste tipo de núcleos así como no CASCO HISTÓRICO E PLANS PARCIAIS non contradicindo o obxectivo de baixar alturas do P.X.O.M., e priorizar os espazos verdes, prazas , parques ou dotacións necesarias.

En ningún caso (ver lista na documentación) deben clasificarse como Solo Urbano, senón como Solo Rústico de Núcleo Rural os casos das Xubias, Portiño, San Vicente de Elviña, Castro de Elviña, Nostíán, Bens, (ademais por seguridade en casos coma éste ao lado da refinería), Comeanda, Mazaido, e Solo Rústico de Núcleo Tradicional os de San Roque, Campamento, O Bosque, As Rañas, Pena Moa, San Pedro de Visma, San Cristóbal das Viñas, Cidade Xardín, Castrillón , El Pasaje etc. e que non desaparezan como nos casos de : Santa María de Oza, A Gaiteira, Eirís, As Xubias de Arriba, Monelos, Labañou, Los Rosales, A Grela …xa que estes lugares son os sinais de identidade desas zonas, belos recunchos cheos de vida e historia en contornos fermosos e que atraen ao turismo cultural e ecolóxico.

- Tamén é necesario unha boa coordinación cos concellos colindantes na procura de solucións, tendo moi en conta a paisaxe, costa ou os espazos naturais así como o patrimonio a problemas comúns a través dun sistema democrático e asembleario

7

Page 8: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑAque evite un posible avasallamento ou posibles intereses particulares, por exemplo , para os problemas de tráfico, contaminación atmosférica e mariña, lixo, mobilidade e potenciación doutros medios que son a solución e apenas se usan: tren de -

proximidade, tranvías cun bono barato común como sucede noutras moitas ciudades, transporte marítimo polas rías (padecemos unha mala planificación do transporte público para toda a enorme área coruñesa), dotacións culturais ou deportivas, etc.

Aínda carecemos na nosa mancomunidade dunha cohesión máis que necesaria, que ademais aforraría diñeiro.

- Outro dos problemas máis serios a resolver é o apantallamento da ría dende A Mariña ata a mesma Ponte Pasaxe que inclúe a privatización ilegal dos espazos portuarios que nun 40% están ocupados por mercadurías ou actividades que non son propios del, feito recoñecido ata por un escrito da Autoridade Portuaria, como o caso dos depósitos de CHL, entre outros, mentres seguen facendo recheos, como o que se levou a cabo en San Diego ( 15.000 metros cadrados) no verán do 2007 sen o preceptivo Estudo de Impacto Ambiental (máis “solo urbano” para a especulación inmobiliaria).

- Neste senso, temos que indicar que no Informe preceptivo e vinculante da Secretaría Xeral do Mar do M.M.A. sinalado anteriormente, nos indica textualmente que “a futura desafectación dos terreos portuarios deberá realizarse conforme establece os artigos 18 e 19 da Lei de Costas e as determinacións da mencionada ficha (PET Q25) estarán suxeitas ao que disponen os citados artigos.”.

En canto a zona de As Xubias, indica que o proposto” corredor verde” de Busquets “invade nalgunhas zonas o dominio público marítimo – terrestre” e que hai que correxir isto.

Ademais o mesmo Informe sinala deficiencias nos Planos de Ordenacion 08 “Servidumbres” pois:

- “Hai zonas onde non coinciden a ribeira do mar coa liña de deslinde e deberá representarse a mencionada ribeira nos seguintes casos: no núcleo de Bens, nas praias de Riazor e Orzán, na zona de Punta Mexillosa, na zona da Torre de Hércules e en Punta Herminia, no Paseo Marítimo, na zona do porto, etc”.

-“Existen erros na representación da liña de deslinde do D.P.M.T. na Cala de Bens, na zona da Torre de Hércules e na zona do porto, entre outras”.

- “A servidumbre de protección dibúxase dun xeito erróneo nalgúns puntos como na Cala de Bens, na zona de Punta Mexillosa, na zona do porto etc.”

8

Page 9: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑATamén indica que nos restos dos Planos ditas liñas arrastran os mesmos erros mencionados anteriormente e que hai que subsanalos lembrando que “prevalecen os datos dos planos de deslinde sobre os reflexados no planeamento”.

-

En canto as Normas Urbanísticas, Capítulo 4 , o Informe anterior lembra os artigos da Lei de Costas referentes ás autorizacións no D.P.M.T.e que para as novas autorizacións levarase a cabo a redacción dun Estudo de Detalle “que deberá ser informado por este Departamento” e indica que “se deberá dar cumprimento ao establecido na Disposición Transitoria Terceira 3 da Lei de Costas “tendo en conta que o propio planeamento urbanístico terá que propoñer o acotamento dos tramos da fachada marítima cuxo tratamento homoxéneo se propoña obter mediante as acuacións edificatorias para as que se solicite autorización”.

Finalmente o mesmo Informe indica que nos Solos Urbanizables Delimitados (SUD 1, 2, 4 e 6) “non se xustifica que a densidade de edificación (metro cadrado/ metro cadrado) non é superior a media do solo urbanizable programado no termo municipal, segundo o disposto no Artigo 58 do Regulamento da Lei de Costas” e que “Isto deberá xustificarse axeitadamente”. (Ver Documentación).

-Ignórase, por outra banda, neste planeamento, que unha cidade con calidade de vida programa moitos máis espazos para os nenos, xoves e maiores , espazos, verdes, parques infantís, culturais, referentes locais, autonómicos e incluso internacionais.

- Tamén temos que indicar que no planeamento faltan solucións para o suministro eléctrico (enerxías renovables en lugares axeitados, mesmo nas casas de planta baixa e edificios empregando a tecnoloxía alemana ou dese tipo, eficiencia e aforro) así como para solventar o problema de tantas antenas móviles, torres de alta tensión etc. que é necesario limitar drásticamente, esixir eficiencia e o mínimo impacto, instalando as imprescindibles en lugares axeitados e sempre lonxe de centros educativos, hospitais , en ningún caso ao lado das vivendas etc. nin tampuco nos espazos naturais, franxa costeira , bens patrimoniais ou áreas de cautela, a causa das ondas que transmiten e a súa relación co cancro como demostran algunhas investigacións.

Nest senso, é necesario , como sinala a ficha do Castro de Elviña eliminar unha enorme torre de sustentación de liña eléctrica de Fenosa que se instalou despois de declararse B.I.C. dito castro.

- Finalmente queremos destacar os numerosos proxectos de centros comerciais na cidade coruñesa, que non se xustifican de ningún xeito xa que para a poboación que temos e a demanda real (incluindo os concellos colindantes, que tamén teñen algúns) xa estamos saturados deles e non entendemos como a Xunta non pon límite

9

Page 10: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑAneste caso pois sabe que pecharon moitas tendas nos distintos centros que existen, algúns están case en quiebra, hai normalmente pouca xente neles e, salvo algún moi especializado que non exista na cidade é absurbo construir máis. Esiximos unha moratoria e un estudo de investigación serio sobre a viabilidade de calquera centro -

comercial que ademais prexudica enormemente ao comercio tradicional. Que se desbote os proxecto de recualificación do aparcadoiro do hospital, unha clara operación especulativa que vai afectar moi negativamente tanto aos pacientes, que verán limitadas as vistas, como á cidadanía que necesita dese aparcadoiro público onde está, así como os demais proxectos de centros comerciais e parkings na carretera de Carballo etc. E moi especialmente nas murallas recentemente descubertas no Parrote ou noutros posibles lugares que afecten ao patrimonio ou franxa costeira.

II.- CASOS CONCRETOS.

Todo isto, conleva unha enorme destrución paisaxística e ambiental, especialmente no litoral destacando:

PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL:

- O CONTORNO PROTEXIDO DA TORRE DE HÉRCULES, PATRIMONIO DA HUMANIDADE (142,49 ha.) incumprindo o concello os compromisos coa Unesco, poñendo en serio perigo a declaración recentemente concedida, COMO ACABA DE ANUNCIAR O ICOMOS, sen respectar esa impresionante unidade paisaxística, causando gravísimos impactos paisaxísticos e ambientais imperdonables e reducindo as vistas á Torre con 6 edificios, (un inmenso dunha planta e outros 5 de ¡7! plantas), unha “cacicada”, como a define o presidente do Instituto de Estudos Torre de Hércules, Segundo Pardo, o centro que iniciou e impulsou a verdadeira valía deste contorno e monumento - faro único de orixe romana, aínda en funcionamento.

Se nin o concello nin a Xunta respectan o Patrimonio da Humanidade e un espazo natural e monumental tan único, fermoso e emblemático que é o que se vai respectar e protexer neste país?

10

Page 11: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

- A COSTA NATURAL E HISTÓRICA DO PORTIÑO , fronte as illas San Pedro, coa macrourbanización máis grande de Galiza e unha das maiores do Estado (¡3.200 vivendas!), QUE INCLÚE ATA 2 TORRES DE 16 PISOS, MOITOS BLOQUES E VIVENDAS UNIFAMILIARES, unha cidade pequeña (xa superamos as de Marbella e as da Costa do Sol ) e 3 infraestruturas duras moi agresivas que transformarían totalmente unha maravillosa paisaxe case virxe e pintoresca cun minúsculo núcleo rural ademais dun lugar moi especial e -

- histórico onde asasinaron a moitos anarquistas e fuxían (cando podían) numerosos republicanos durante a Guerra Civil e a ditadura.

O Plan do Litoral da Xunta só protexe 5 das 49 ha. deste lugar maravilloso demostrando con este primeiro exemplo o que entende por “protexer” e o que nos espera ao longo de toda a costa galega.

Tentan xustificar esta “desfeita” indicando que está a 500 m. do mar e que haberá moitas zonas verdes (algo que está por ver, coñecendo ademais ao concello coruñés e o que nos derradeiros 27 anos entende por “parque “ou “zona verde”, aínda que lembramos que 200 m. pertecen ao D.P.M.T.). De pouco serviría isto cando ten lugar no seu contorno inmediato gravísimos impactos paisaxísticos e visuais, mesmo dende o mar xunto ademais ao Monte San Pedro que, por outra banda, destrozaron cun ascensor, edificio impactante en 1ª liña (restaurante - cafetería) que impide contemplar as impresionantes vistas dende o seu cume e un paseo marítimo duro con infraestruturas moi agresivas, mesmo unha impactante estrada moi ancha cuns enormes farolóns que o dividiron en dous e o desfiguraron totalmente ademais de facer desaparecer especies de flora en extinción como as que hai nas Illas Cíes (ver documentación).

Como sempre, de nada serviron as peticións, protestas e roteiro dos ecoloxistas e dos cidadáns/ás nun concello que se autodenomina “ecoloxista e sustentable”.

- BOA PARTE DA RÍA DA CORUÑA E A RÍA DO BURGO, DENDE A MARIÑA ATA A PONTE PASAXE CREANDO UN EFECTO PANTALLA OU INMENSO MURO CON NUMEROSOS EDIFICIOS AO BORDE DO MAR.

Constituiría un dos maiores atentados paisaxísticos e ambientais que se levaría cabo nunha cidade do noso Estado e en Europa.

Ademais das edificacións anunciadas do núcleo das Xubias de Abaixo (14), habería: arredor de 6000 vivendas altas (segundo os medios) nos muelles San

11

Page 12: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

Diego e Petroleiro con posibilidade de raiaceus, segundo nos confirmou un técnico, outros de 9 plantas nos muelles de Batería e Calvo Sotelo , ademais de todo tipo de dotacións e a estación de tren de San Diego; xunto ao centro asistencial educativo e onde hai unha enorme edificación ilegal en esqueleto, 3 edificios de 3 plantas, nun cantil xunto a Praia de Oza 4 edificios de 5 a 7 alturas, máis adiante outros 4 de 7 e 2 alturas (nestes tres casos despois da vía férrea, impedindo as vistas en primeirísima liña de costa); a continuación 14 edificios, entre 5 e 8 alturas (6 de 8 alturas) ao longo da Ría do Burgo, altamente densificada, ata as inmediacións da Ponte Pasaxe ; lindando con ésta 3 edificios de 6 alturas na zona do recheo.

Todo isto, que se comproba nos Planos, implicaría un enorme apantallamento que impediría en moitos puntos as vistas ao mar e a mesma -

Ría e a Xunta non informou desfavorablemente desta barbaridade que conlevaría unha cidade totalmente pechada ao mar.

- MACROURBANIZACIÓN DE 4 MUELLES E DA ESTACIÓN DE MERCADURÍAS DE SAN DIEGO (polo de agora, pois a concellala de urbanismo acaba de anunciar nunha entrevista que o obxectivo é desenvolver “todo o porto”, ver documentación).

Trátase de terreos gañados ao mar e, polo tanto, Dominio Público Marítimo - Terrestre (D.P.M.T.), segundo a propia Constitución e a Lei de Costas. Neles, preténdese construir unha “cidade” dentro da mesma cidade por primeira vez en Europa, (posibilidade de raiaceus, depende dun Plan Parcial segundo un técnico de urbanismo consultado). Apenas hai datos, mais faise referencia ao Convenio Urbanístico de data 02/02/2004 (ao que alegamos ecoloxistas da Coruña e mesmo presentamos un contencioso que dun xeito inconcebible acabouse arquivando, despois de “desaparecer” importantes documentos do despacho da abogada defensora do caso, ver documentación) onde se construirían miles de vivendas indicadas anteriormente ( 6000 ), tan só nos muelles de San Diego e Petroleiro ademais de centros comerciais, de ocio, hosteleiros, viais, estación de tren de cercanías etc. e edificios institucionais altos ( xa anunciaron que terían 9 plantas), de oficinas, hoteis etc. nos muelles de Batería e de Calvo Sotelo que conlevarían un brutal impacto paisaxístico e visual negativo sobre o casco medieval e histórico da cidade e, no seu conxunto, ao longo da ría, tapando incluso as vistas do Mirador dos Castros á entrada da cidade onde se fixeron algunas películas como “La gran familia”.

- Non conta co preceptivo e serio Estudo de Impacto Ambiental segundo a sentenza do propio Tribunal Europeo para as obras

12

Page 13: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

importantes dunha cidade (Ver documentación) e o curioso e que nas fichas do planeamento non se fai referencia ao Convenio posterior do 2005 baixo o goberno estatal socialista que aínda que é moi similar especifica que as vivendas protexidas non serán un 20% como o anterior senón que un 50% e que non se desafectará os muelles ata que non estea construido o porto exterior en Punta Langosteira , algo que o concello e o porto coruñés xa demostraron que non queren cumplir ( ver documentación), seguramente porque saben (e agora se comproba, a realidade é tozuda) o que denunciamos o ecoloxismo galego, Greenpeace e WWW/ADENA, técnicos independentes e, ata algúns altos cargos de Fomento, entre outros: que ese porto nese lugar era inviable técnica, ambiental e financieramente. Iso mesmo lle dixemos os ecoloxistas galegos ás autoridades europeas cando denunciamos este proxecto ante o Banco Europeo de Inversións e Política Rexional na nosa cidade cando a primeira nos convocou a unha xuntanza tras unha denuncia, advertíndolles o que realmente había detrás, unha mega- operación de especulación -

- inmobiliaria para privatizar os muelles coruñeses e vendelos ás construtoras, co obxectivo de construir pisos de luxo, que lles mentiron e que había outras alternativas moito máis viables, seguras e rápidas que non lles interesou porque así non poderían xustificar a maior operación especulativa que se coñece da recente historia española (oleoducto submariño dende o Cabo Prioriño, porto exterior de Ferrol, en fronte, a tan só 15 millas ata a refinería coruñesa, que non se conxelaría como lles indicaron ou un porto exterior na costa moi degradada de Bens), e non nun dos peores lugares do litoral español, en mar aberto que sufre numerosos temporais e forte s resacas non só no inverno senón que durante todo o ano e onde acaba de detectarse a 2ª onda máis alta de toda a península, superior aos 15 metros , cando anteriormente, o Sr. Navas declaron no mesmo Parlamento Español que as boias detectaron nesa zona ondas de ata 20 metros.( ver documentación e escrito que resume o tema e que enviamos ao ministro de Fomento así como ao presidente da Autoridade Portuaria de data 1 de xullo de 2009).

- Seguimos denunciando que esta desafectación a grande escala dos solos públicos onde ata agora non se podían converter en barrios da cidade non cumpre coas condicións para desafectar o D.P.M.T. (Lei de Costas: Artigos

(2 ao 20 especialmente, Constitución: Artigos 132 , 149. 20ª e 45). Recentemente a prensa descubriu que tanto o M.M.A. como o de Fomento

13

Page 14: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

teñen un serio problema xurídico a causa diso, xa que, ao seren recheos, pasarían a ser do Estado. ¿Están dispostos a entregar ás grandes construtoras o que é de todos, e a prevaricar, tendo ademais en conta o perigo que supón para os que podan vivir aí, xa que o mar sempre reclama o que lle pertence?

Tampouco se xustifica esta recualificación masiva para pagar un tercio das obras dun porto exterior noutro concello, Arteixo, xa que, todos os portos de interese xeral como éste (Artigos 149.20ª da Constitución) gozaron nos derradeiros anos de fondos estatais e europeos. Trátase ademais dunha discriminación a nosa cidade, que a Xunta pretende levar a cabo dobremente aínda que contradiga o Plan do Litoral xa que o vai aplicar arbitrariamente. Ver declaración do Director Xeral de Sostenibilidade, Sr. Borobio, que indica textualmente, recoñecendo un posible delito: “El puerto de A Coruña es un relleno, no es un espacio natural como puede ser Vigo…En el caso de A Coruña la regeneración natural sería casi imposible, se busca un espacio con una ordenación de calidad urbana, acercar la ciudad al mar….EN EL CASO DE LOS MUELLES DE A CORUÑA SI SE DEJA VACÍO ESTE ESPACIO, SIN CONSTRUIR EDIFICIOS , SE CREARÍA UN “GRAN VACÍO””. (La Opinión 11-2-2010). Se alguén non soupera o posto que ocupa, seguro que pensaría que se trata dun representante dos promotores e grandes construtores de Galiza.

Por outra banda, xa sinalamos anteriormente que no porto coruñés levouse a cabo distintos recheos sen Estudo de Impacto Ambiental que é preceptivo, e -

os dirixentes portuarios declararon, en distintas ocasións, que necesitan espazos portuarios cando o 40% está ocupado por outras mercadurías ou instalacións que non lles corresponde ou están libres e, iso se contradice coa venda de 4 muelles e da estación de San Diego.

Esiximos a preceptiva Avaliación Ambiental Estratéxica de todo o que realmente se pretende recualificar no porto coruñés xa que non se debe facer por fases, segundo outra sentenza do Tribunal Europeo, precisamente para evitala e ocultar todos os verdadeiros impactos nefastos directos e indirectos así como Estudos de Impacto Ambientais serios e rigurosos.

Por todo isto, esiximos tamén a eliminación dos convenios urbanísticos deste asunto e que non se leve a cabo ningún outro co obxectivo de privatizar os muelles, sigamos tendo o porto para trasatlánticos, embarcacións deportivas, ferries, estación de transporte náutico e mercadurías limpas e se potencie a pesca e o marisco recuperando A Coruña o 1ª lugar de porto de pesca e marisco fresco do Estado.

14

Page 15: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

Asimesmo, os solos públicos que queden libres un día os recupere a cidadanía de verdade e a través dun concurso nacional ou internacional, sen condicións onde predomine amplas zonas verdes ou un botánico así como algunas fermosas e creativas edificacións baixas e ben integradas cunha función cultural, educativa ou social que é o que demostraron que queren a mayoría absoluta dos coruñeses/as, especialmente os máis afectados. Niso, consiste “abrir a cidade ao mar” e non o Plan do concello coruñés (o mesmo baixo o goberno municipal anterior que o ideou co seu alcalde á cabeza), que os nacionalistas sempre criticaban tendo como “bandeira “a especulación salvaxe da cidade mais, unha vez no poder, apoian todos os proxectos especuladores da etapa anterior e ata aproban outros novos, o que se demostra na aprobación inicial deste planeamento.

En PUERTO MADERO, xunto ao río,( non no mar como din) en Bos Aires, o Sr. Busquets levou a cabo una macroproxecto de especulación salvaxe con raiaceus, sen prácticamente zonas verdes, autovía etc., que, segundo a prensa, converteuse no maior caso de especulación e corrupción de Arxentina baixo o goberno do Sr. Menen. (VER FOTOGRAFÍAS). ISO NOS DA UNHA IDEA DE COMO PODE ACABAR A NOSA RÍA E COMPROBAR A FALSEDADE DA SÚA DECLARACIÓN DE “ABRIR A CIDADE AO MAR” CHEGANDO INCLUSO A AFIRMAR QUE UNHA SALVAXADA COMO ESTA “É UNHA DECISIÓN BRAVA, HEROICA, DE ESTADO E FUNDAMENTAL PARA DESENVOLVER A ECONOMÍA DE TODA A ÁREA” (La Voz de Galicia, 27/11/09).

(VER C.D. DOUTROS PROXECTOS OU INTERVENCIÓNS NOUTRAS CIDADES ESPAÑOLAS OU EUROPEAS ONDE SE RESPECTA A PAISAXE E NON HAI VIVENDAS).

-

RÍA DO BURGO

Numerosos edificios (ata de 8 plantas) e construcións de 1 a 3 plantas, no caso do núcleo pintoresco de Xubias de Abaixo (que non se respectará como declarou o Sr. Busquets nos medios, que se debería rehabilitar e ser declara-

rado “Ben de Interese Cultural” así como “esponxar” as zoas libres da mesma con vexetación, parques, zonas verdes ou algún equipamento público e tan só construir unas poucas casas de planta baixa seguindo a tipoloxía e volumen das que hai), ameazan con destragar totalmente esta ría, onde non se respecta nin o dominio público, como recoñece alguns informes, tanto de Costas como da Consellaría de Medio Ambiente, entre outros casos.

15

Page 16: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

Así, se pensa construir 3 edificios adosados de 6 alturas que leva anexionado á urbanización un terreo libre de certa extensión no que parece ser o mesmo D.P.M.T. xa que alí hai un recheo gañado ao mar hai tempo o que violaría moi gravemente a Lei de Costas, un tema que algúns ecoloxistas xa advertimos en Urbanismo hai máis dun ano así como a construcción de 4 edificios de 5 a 7 plantas nos antigos terreos do astaleiro Valiña ( onde antes estaba a preciosa Praia de Lazareto) que tiña unha concesión no dominio público e que, en lugar de conceder outra a unha empresa distinta ou recuperar ese dominio público como ordena a Lei de Costas preténdese especular nel grazas ademais a un deslinde feito por 2ª vez, ( a 1ª vez era D.P.M.T. segundo a D.X.Costas, da a impresión que os deslindes fanse xa “a medida”) despois de protestar a construtora (os técnicos do concello eran reticentes a este proxecto) indicando que por ese lugar construirían un paseo marítimo. Entón Costas cambia de parecer e favorece, “casualmente” á construtora coa que está relacionada a familia do ex alcalde coruñés.

Tamén hai outros 4 edificios de 2 e 7 plantas así como outros 14 de ata 8 plantas xunto a un centro educativo privado indicados anteriormente.

Todo isto, só responde aos intereses duns poucos a conta do que é de todos ou de destragar a cidade.

Xa se comprobou o que fixeron algúns edificios que superaron a rasante na zona e mesmo a urbanización de chalets en Oza (un enorme muro impedindo as fermosas vistas á ría e á cidade) e se planea construir outros.

O que se pretende na fachada natural das dúas Rías lembran a frase doutro experto catalán, esta vez de socioloxía, mais con sensibilidade e cultura: “A codicia acabou coa paisaxe” falando sobre as nosas rías e a destrución sistemática delas. (Ver documentación).

- MONTES

O famoso Parque Alto de máis de 3.800.000 m2, lembra ao antigo” parque natural “anunciado meses antes do avance do planeamento con macrour-

-

banizacións, infraestruturas duras e outras” montaxes “que se pretendía facer fundamentalmente a costa dos solos rústicos don concellos colindantes, Culleredo e Arteixo. Aquí tamén hai proxectadas 2 macrourbanizacións e a consolidación doutra, moitísimas casas colgadas no montes como se foran

16

Page 17: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

“setas”seguindo o modelo das xa feitas “Valaire, Obradoiro.., infraestruturas agresivas, zonas de ocio etc.

Comprobando o que se fixo noutros montes, como o de San Pedro, chegamos á conclusión que era mellor que os deixaran como están, solos rústicos de protección forestal e que se olvidaran deles porque coa modificacións da Lei do Solo que a Xunta pretende (anteproxecto) que lle da competencias ilegais aos concellos cando son de de índole estatal e autonómico e hai un fraude de lei ata os montes galegos corren perigo.

- CONVENIOS URBANÍSTICOS.

REXEITAMOS TODOS OS CONVENIOS QUE FORON APROBADOS ANTES DE QUE APARECESEN NESTE P.X.O.M. E QUE O SR. BUSQUETS DECLAROU, HAI UNS MESES, QUE HABERÍA QUE REPENSALOS, ASÍ COMO OS POSTERIORES QUE FORON INTRODUCIDOS DESPOIS DO INFORME PREVIO DA XUNTA POLA ENORME ESPECULACIÓN E DESTRUCIÓN PAISAXÍSTICA QUE CONLEVAN UNS E OUTROS ASÍ COMO POLO SEU PROCESO ANTIDEMOCRÁTICO E PROPIO DUN URBANISMO OSCURO: O PORTIÑO, MONTE MERO, PENA MOA, MARTINETE, MONTE ALFEIRÁN, ZAPATEIRAA 1 E 2 , AS RAÑAS…

POLAS MESMAS RAZÓNS, REXEITAMOS OUTROS POSIBLES CONVENIOS POSTERIORES Á INFORMACIÓN PÚBLICA DESTE P.X.O.M. E ANTES DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA POIS XA INDICARON DENDE O CONCELLO QUE PODERÍA TER LUGAR ESTE FEITO.

No caso do Convenio da Canteira das Rañas estamos ante un perigoso precedente, pois en lugar de restaurar as canteiras, ten lugar unha importante operación urbanística especulativa que non se xustifica e, ademais, a tan só a 500 m. se planea outra zona industrial tecnolóxica.

- ZONAS VERDES

Na cidade coruñesa é innegable que hai poucas zonas verdes, estamos lonxe da porcentaxe que gozan outras moitas ciudades europeas. Ata hai moi pouco a cada cidadán/á apenas lle correspondía 5 m. que é o mínimo aconsellable e o concello incluía neles o paseo marítimo duro e as macetas da rúas.

Esta insuficientes zonas verdes son recoñecidas ata polo urbanista que dirixe este PXOM no planeamento e, anteriormente, o indicou en declaración aos

17

Page 18: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

medios, recalcando que “la Torre debería tener más parque y el paseo, más verde”, poren, como solución propón 6 bloques enormes alí, ata de 7 alturas, -

nun espazo protexido como Patrimonio da Humanidade, outra das incoherencias do P. X.O.M.

Como “compensación “a esta necesidade propón un corredor verde con

árbores ao borde do mar, que como indica un informe preceptivo de Costas “non respecta o dominio público “ e polo interior en distintas rutas. Semella ser un novo “paseo marítimo “no tramo costeiro e sempre que aparecen xa sabemos o que ven a continuación: a cementación en forma de bloques de formigón por todas partes.

Como alternativa, propoñemos un “paseo natural” respetuoso co contorno, especialmente nos lugares máis sensibles, sen infraestruras duras. Como exemplo en xeral, temos os sendeiros naturais da costa de Oleiros que a todo mundo lle encanta, porque respeta e “ensalza” a natureza, o mar e o patrimonio cultural, por iso, moitos coruñeses/as van pasear por alí, ata no inverno, xa que ademais as vistas son espectaculares ( tramo de Bastiagueiro a Sta. Cruz, costa de Dexo) así como os parques naturais costeiros que se fixeron últimamente na rotonda de Bastiagueiro, preto da estatua do Ché, no contorno da mesma praia ou no interior..). E dicir, os verdadeiros “parques” e non “parkings” sen infraestruturas duras témolos en Oleiros, onde seguen, neste aspecto en xeral, os consellos dos ecoloxistas.

Por último, sinalar que estamos en contra do falso “Parque da Agra do Orzán” porque sería un “parque residencial” cun pequeno xardín na zona más densificada da cidade, a única que non conta con infraestruturas municipais. Dende alí vese en todo o seu esplendor a Torre de Hércules, sendo un caso excepcional pois a taparon nos derradeiros anos por todas partes a causa da especulación.

O xardín que só habería que adecentar e plantar mais árbores, conta con fermosos exemplares, algúns deles de bastantes anos. Ademais, ali está un ben cultural, parte do Acueducto do Paseo das Pontes e xá comprobamos que non se pensa respectar a área de cautela do mesmo así como o Observatorio Meteorolóxico que pertence ao Ministerio de Medio Ambiente, (e parte dos térreos da zona ) que o concello queria trasladar a outro lugar co obxectivo de levar a cabo a urbanización prevista.

- CAMIÑO DE SANTIAGO

18

Page 19: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

No planeamento recoñécese ese Camiño e que non se protexeu a tempo, así por unha boa parte del vai entre as edificacións, V.A.C. etc. da cidade e propón 2 metros de “paseo” por esa zona o que nos parece absurdo.

Nese senso, sería mellor que dende o Burgo seguira o mesmo traxecto xunto ao mar, polo paseo e logo empalmara cun sendeiro natural pola parte de abaixo, tamén preto da costa , paralelo por onde ía, empalmando coa zona -

verde e paseo de San Diego e continuar o percorrido preto do porto ata onde chegaban as embarcacións dos peregríns ingleses, franceses etc. (ruta do mar do Camiño) na zona da Mariña dende onde se dirixían á igrexa románica de Santiago.

Trátase dun recurso cultural importante que non deberamos perder para sempre.

MURALLAS DO PARROTE

A construción dun aparcadoiro subterráneo e un centro comercial no domínio público do Parrote que comezou no ano 2007 foi denunciado polos ecoloxistas coruñeses xa que o concello deu unha licencia ilegal e non contaba co informe preceptivo e vinculante de Patrimonio da Xunta e ante o serio risco de destrución das murallas da cidade do século XVIII, que sabían que estaban alí enterradas por un enorme recheo que se levou a cabo para especular.

Antes de comezar as obras, xa se denunciara este caso ante a D.X.de Patrimonio da Xunta e Bellas Artes. Non interviron ao principio, a pesares dos seus compromisos e a maquinaria pesada levou a cabo un mal chamado “control arqueolóxico”.

Despois das protestas dos ecoloxistas a obra parouse, mais, días despois a reanudaron e, ao cabo dalgúns meses, xusto cando se ía denunciar á Xustiza este turbio asunto e a posible destrución desas valiosas murallas históricas enormes, deixaron ao descuberto as mesmas e parouse a obra onde ademais se filtraba a auga do mar. Leva así case dous anos e tanto a Autoridade Portuaria como o Concello seguen empeñados en facer nese contorno o parking e o centro comercial “para compensar as perdas de Copasa”.

Esiximos o respecto a ese patrimonio de enorme valor histórico e arqueolóxico , que se manteñan” in situ” como ordenou finalmente Patrimonio e tamén esiximos a protección da súa área de cautela e da paisaxe dun sitio tan sensible entre o casco medieval, a Mariña e o mar.

19

Page 20: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

Non necesitamos máis centros comerciais e menos nese lugar tan emblemático, xa temos o Palexco e o Pazo de Exposicións que a ninguén lle gusta, moi preto dese lugar que, como é habitual, tapou parcialmente as vistas ao mar e á Mariña, un atentado paisaxístico e sobre o noso patrimonio cultural e outro “muro” máis na cidade.

Hai alternativas como aproveitar os muelles do porto para un parking público e gratuito onde poderían aparcar miles de coches, desconxestionando o centro da cidade , como sucede en Santander.

Tamén esiximos o mesmo para o valiosísimo Castro de Elviña, Ben de Interese Cultural, xa que unha autovia, a Terceira Rolda, pasa polas aforas da área de cautela e debera estar a máis distancia e controlarse os posibles impactos -

negativos e a contaminación, así como que o núcleo non creza por esa área de cautela , eliminar a torre de sustentación de liña eléctrica indicada anteriormente e un respecto máximo para o futuro adecentamento da zona e centro de interpretación que non deberá causar ningún impacto negativo e estar totalmente integrado nesa paisaxe.

Noutros castros, como o de Nostián, non se respecta a área de cautela polo que esiximos que se cumpra o que marca a lei para que se protexa axeitadamente e non se perda así como coidar esa zona.

III. ALTERNATIVAS

PARTIMOS DUN MODELO DE CIDADE DIFERENTE AO QUE PROPÓN ESTE P.X.O.M.: UNHA CIDADE ECOLÓXICA, LIBRE, PARTICIPATIVA, CULTA, SOLIDARIA E CUNHA GRANDE CALIDADE DE VIDA.

Ademais das alternativas expostas en cada apartado ou caso concreto, especificaremos ou concretaremos máis algunhas que consideramos fundamentais:

- En lugar dunha cidade que non respecta o patrimonio natural e cultural porpoñemos unha cidade que non só o respecta senón que é un exemplo neste eido.

- En lugar dunha cidade que destrúe ata as súas mellores paisaxes e sinais de identidade, propoñemos unha que as respecta, as coida e as ensalza.

- En lugar dunha cidade “pechada ao mar”, propoñemos unha cidade, de verdade, “aberta ao mar“ e as Rías de A Coruña, do Burgo, Ares e Ferrol.

20

Page 21: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA- En lugar dunha cidade contaminada polos coches, empresas e porto, propoñemos unha cidade onde apenas haxa contaminación porque hai tecnoloxias, alternativas e normativas ou leis que deberan esixirse.

- En lugar dunha cidade tan controlada e tomada polos grupos poderosos económicos, propoñemos unha cidade onde reine a liberdade plena de expresión, os debates, a participación, a igualdade e o consenso.

- En lugar dunha cidade cunha democracia formal, propoñemos unha cidade onde haxa “democracia participativa”.

- En lugar dunha cidade que só pensa nos máis ricos e “en ter máis”, propoñemos unha cidade solidaria que priorice as súas verdadeiras necesidades e aos grupos sociais mais desfavorecidos e sexa irmá doutras ciudades e pobos do mundo que loitan por calquera causa xusta.

POR TODO ISO, NECESITAMOS E PROPOÑEMOS:

-

1.- A eliminación dos 6 edificios no contorno da Torre, a rexeneración ambiental de toda a área protexida, eliminando os impactos negativos existentes: infraestruturas duras ou distorsionantes e paseo agresivo, escultura de formigón que tapa as vistas, eliminación do taller, pavillón, infraestrutura do campo de golf, (debe ser de madeira e estar noutro lugar), etc., sendeiros naturais así como unha pantalla vexetal de centos de árbores que oculten Adormideras e as 6 edificacións novas e impactantes construídas en fronte da Torre, respectando o estado natural da súa área mais inmediata, a península e o D.P.M.T.

2.- Respecto e protección efectiva a todo o patrimonio cultural ou arqueolóxico que temos e as súas áreas de cautela eliminando infraestruturas duras (torre eléctrica no Castro de Elviña, cementación nas áreas de cautela, estradas ou autovias no seu contorno, contaminación, parkings, centros comerciais (caso das murallas do Parrote) etc. e un novo PEPRI que estableza unha maior protección dos cascos históricos, monumentos, bens arqueolóxicos ou edifícios singulares (de calquera época) e das áreas de cautela dos mesmos para conservar a paisaxe cultural e costeira. Protexer e rehabilitar todos os núcleos rurais e tradicionais.

3.- Eliminación dos convenios urbanísticos sinalados anteriormente e que se rexeiten aqueles que impliquen especulación, destrución paisaxística ou do litoral. Que se respecten os recheos que son do Estado e non se privaticen nin se constrúan neles vivendas, centros comerciais, etc. como se pretende nos muelles. No seu lugar, un enorme botánico ou enormes zonas verdes boscosas con algúns museos públicos que non temos (Museo do Mar, da Emigración ou Casa da Palabra etc.) ben integrados e creativos ou dotacións sociais e culturais.

4.- Respecto á costa e a Lei que a rixe ampliando a Xunta e o Concello a súa protección, ao DPMT, ao mar e a paisaxe mariña, eliminando apantallamentos tanto na Ría da Coruña como na Ría do Burgo e eliminando unha nova ponte ata Bastiagueiro pólos seus gravísimos impactos ambientais, paisaxísticos e visuais.

21

Page 22: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA5.- Saneamento integral e coas mellores e menos impactantes tecnolóxías da Ría do Burgo e da Ría da Coruña, evitando que afloren os metais pesados e recuperando a súa riqueza marisqueira e pesqueira, creando así moitos postos de traballo.

6.- Control exhaustivo da contaminación atmosférica en coordinación con outras administracións ou independentemente se non fora posible, especialmente no porto coruñés, empresas contaminantes e perigosas e tráfico. Respecto ás áreas de protección tanto aeronáutica como da refinería non permitindo máis vivendas (que non haxa tampouco zonas industriais, pois miles de persoas correrían igualmente perigo).

7.- Moitas máis zonas verdes e naturais, parques infantís, zonas forestais e rexeneración ambiental estricta onde se necesite. Respecto aos montes e accidentes xeográficos.

8.- Rehabilitar e conceder fondos suficientes para esta actividade, en primeiro lugar, para os cascos históricos, levando a cabo un Plan Especial e moi respectuoso (sen aumentar alturas ou volúmenes e empregando materiais axeitados: pedra, madeira, as mesmas cores de pinturas, como se fai en Asturias...) co obxectivo de -

que un día tanto o casco medieval como o do centro (sen incluir as casas modernas do Cantón etc.) sexa tamén declarado PATRIMONIO DA HUMANIDADE e haxa unha maior protección mais tamén un maior control a todos os niveis impedindo a masificación, desfeitas, etc. Eliminación das terrazas da Praza de María Pita e dos horrendos áticos que ten e pintala da mesma cor, do Palexco e do centro comercial, que deben estar fora de ordenación polos seus impactos e porque a ninguén lle gusta e que non se derruben edifícios belos como o da Comandancia.

9.- Solucionar os problemas de tráfico, potenciando a peatonalización de todo o centro dende os Cantóns ata A Mariña e a Cidade Vella e moitas rúas que deben estar arboladas, asinar un convenio coa Autoridade Portuaria para que se podan aparcar moitos coches en superfície e de balde nos terreos portuarios que sempre están baleiros así como na zona da Maestranza. Potenciar o uso da bici e do transpore público con máis tranvías e buses ecolóxicos, trens de proximidade e transporte marítimo de pasaxeiros, empregando embarcacións pesqueiras de tamaño medio ou grandes cubertas, modernas etc. como sucede noutras cidades do norte. Mercar un buque mediano antigo que represente a cidade e faga rutas culturais e ecolóxicas dende A Mariña. Converter en bulevar A Mariña, (sen parking subterráneo, ampliando a beirarrúa e xardín e respectando o patrimonio e a “postal” da cidade), a Av. do Exército, ampliando moito máis o túnel dos Castros e convertendo a súa superfície en xardín, a Ronda de Outeiro, Ronda de Nelle etc. Eliminar os viadutos da cidade e construir túneis ou rotondas etc. Eliminar as V.A.C. dentro da cidade e circular polo centro a un máximo de 30 quilómetros/hora.

10.- Pertencer ás “Cidades Lentas “ e “Ecolóxicas” (de verdade) e as” Cidades dos Nenos” que falaba e aconsellaba o pedagogo E. Tonucci, (tamén cando estivo na nosa cidade), guiándose polos mellores exemplos de Europa ou do mundo e respectar os acordos nacionais e internacionais.

22

Page 23: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA11.- A nosa cidade ficaría incompleta e non collería o tren do futuro se non oferta xa todo tipo de dotacións necesarias que ou non ten ou apenas ten: vivendas sociais para todos os que as necesiten, erradicación dos barrios ou núcleos marxinados, fogar con equipo de especialistas para os “sen teito”, Centros de Aizheimer públicos de día e de noite, obradoiros ocupacionais e reserva de prazas de traballo do concello así como convenios con entidades, empresas etc. para os xóvenes e adultos con necesidades educativas especiais, mulleres maltratadas, persoas con risco de exclusión social, etc. centro novo coas últimas tecnoloxías de Educación Especial ata maiores de 21 anos e outros específicos con obradoiros para os maiores de 21 anos, redes de alquileres protexidos, fomento e apoio á autoconstrución e ao autoemprego, centros sociais ou culturais para xóvenes, así como préstamo de locais para actividades artísticas, musicais, culturais etc.

A nosa cidade debe ser un exemplo de solidariedade, defensa dos Dereitos Humanos e facer honor a súa bela Historia.

23

Page 24: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA-

24

Page 25: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑAIV. FUNDAMENTACIÓN XURÍDICA

Resaltamos os seguintes puntos más salientables dos informes preceptivos solicitados (que aínda que foron respostados polo Concello, non resultan convicentes para a cidadanía).

Na maioría dos casos o Concello fixo caso omiso aos temas que detectaron as outras AAPP, argumentando estranas e complexas disquisicións xurídicas e administrativas sacadas da manga.  Partimos do dato de que a revisión do PXOM do 98 faise para adaptalo á Lei 9-2002 de 30 de Decembro de Ordenación Urbanística e Protección do Médio Rural de Galicia coas modificacións da Lei 15-04 e as do Texto Refundido da Lei do Solo RDL 2/08 de 20 de Xuño. En canto aos informes preceptivos, que son necesarios, temos: 

A) Informe de Costas de 2-09-09 : citado e anunciado os erros e deficiencias anteriormente.

B) Resaltamos de tódalas maneiras, o artigo 117.2 da Lei de Costas que dispón que debe remitirse de novo todo o expedente correxido e completo para a súa aprobación definitiva. IGNORAMOS SE SE CUMPLIU CON ESTA PREVISIÓN.

C) Informe da Dirección Xeral de Infraestruturas, de Outubro de2009. É desfavorable. Tamén se indica que se debe remitir de novo o expediente, subsanando as deficiencias.

D) Informe do COMAGI: o máis relevante dada as competencias do ór- gano autonómico e no que se indican cousas importantes: - En relación aos informes sectoriais, falta no de Costas, a grafía da liña da ribeira do mar nalgúns planos, así como a situación errónea de edificacións propostas dentro da zona de servidume de protección do D.P. M.T.

- No plano 1.4.4 observánse recheos (ainda non realizados) sendo o Plan Xeral incompetente para regular esta zona.

- Non cumpre cos obxectivos citados (paxina 2 do informe): nova escala metropolitana, mellorar servicios e calidade de vida, fomento da economia de servizos, relación clara co medio xeográfico natural.

- En canto á capacidade residencial, NON SE XUSTIFICAN AS PREVISIÓNS DE CRECEMENTO. Deben cumprir os art. 4.e, 52.3 LOUG e art. 2 e 10 del TRLS 2008. - Incoherencias nas actuacións singulares: instrumentos de desafectación dos espacios portuarios. Debe facerse mediante unha modificación do planeamento e non automáticamente. A resposta do Concello é complicada de desenmarañar e pouco transparente.

-- En canto ao I.S.A. (Informe de Sostenibilidade Ambiental):

25

Page 26: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

         Non se ten en conta os riscos derivados do encoro de Meicende. (art. 15.2 TRLS 2008)

         Tampouco os riscos derivados da refinería: hai que incluir unha análise dos riscos inherentes ás substancias perigosas (art. 3 do Decreto 277/2000 en relación co art. 12.3 do Real Decreto 1254/1999, así como a Disposición Adicional 5ª da Lei 5/07 de emerxencias de Galicia.

 o        En canto á zonificación acústica, non hai unha cartografía

clara das zonas (art. 5 del RD 1367/2007) que permita desenvolver en certos ámbitos (4 exemplos)

o        Non quedan claros os límites con Arteixo. o        En canto á clasificación do solo: clasificánse erróneamente

lugares como Elviña e a Zapateira que non reúnen condicións de solo urbano non consolidado. Non se regulan adecuadamente os núcleos rurais tradicionais.

o        Incrementos excesivos non justificados no Polígono da Grela, e non en todos os polígonos se indica o coeficiente de edificabilidade.

o        En canto ao estudo económico: art. 60.3 LOUG di que o PXOM non poderá conter previsións de actuacións públicas atribuídas a outras AAPP sen a previa conformidade destas. E isto no se respecta.

o        Non se grafía o oleoducto. o        Incorreccións toponímicas. o     Deben respectarse os Planes Especiais da Torre de Hércules,

Castro de Elviña, Monte de San Pedro e Parque de Oza. Aportamos tamén unha serie de NORMATIVA ESPECÍFICA que debe terse en conta e que vemos infrinxida de maneira reiterada nesta revisión do PXOM:ESTATAL:- Art 47 Constitución Española (C.E.)- Art. 132.1 Bienes público de Dominio Público C.E. - Art. 45.2 y Art. 46 C.E. - LEY 8/2007, de 28 de mayo, del Suelo: - Artículo 15: 2. “El informe de sostenibilidad ambiental de los instrumentos de ordenación de actuaciones de urbanización deberá incluir un mapa de riesgos naturales del ámbito objeto de ordenación.3. En la fase de consultas sobre los instrumentos de ordenación de actuaciones de urbanización, deberán recabarse al menos los siguientes informes, cuando sean preceptivos y no hubieran sido ya emitidos e incorporados al expediente ni deban

26

Page 27: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑAemitirse en una fase posterior del procedimiento de conformidad con su legislación reguladora:a) El de la Administración Hidrológica sobre la existencia de recursos hídricos necesarios para satisfacer las nuevas demandas y sobre la protección del dominio público hidráulico.b) El de la Administración de costas sobre el deslinde y la protección del dominio público marítimo-terrestre, en su caso.c) Los de las Administraciones competentes en materia de carreteras y demás infraestructuras afectadas, acerca de dicha afección y del impacto de la actuación sobre la capacidad de servicio de tales infraestructuras.Los informes a que se refiere este apartado serán determinantes para el contenido de la memoria ambiental, que sólo podrá disentir de ellos de forma expresamente motivada” Artículo 33. Noción y finalidad . Patrimonios públicos de suelo “1. Con la finalidad de regular el mercado de terrenos, obtener reservas de suelo para actuaciones de iniciativa pública y facilitar la ejecución de la ordenación territorial y urbanística, integran los patrimonios públicos de suelo los bienes, recursos y derechos que adquiera la Administración en virtud del deber a que se refiere la letra b) del apartado 1 del artículo 16, sin perjuicio de los demás que determine la legislación sobre ordenación territorial y urbanística.2. Los bienes de los patrimonios públicos de suelo constituyen un patrimonio separado y los ingresos obtenidos mediante la enajenación de los terrenos que los integran o la sustitución por dinero a que se refiere la letra b) del apartado 1 del artículo 16, se destinarán a la conservación, administración y ampliación del mismo, siempre que sólo se financien gastos de capital y no se infrinja la legislación que les sea aplicable, o a los usos propios de su destino.” Artículo 34. Destino. “1. Podrán ser destinados también a otros usos de interés social, de acuerdo con lo que dispongan los instrumentos de ordenación urbanística, sólo cuando así lo prevea la legislación en la materia especificando los fines admisibles, que serán urbanísticos o de protección o mejora de espacios naturales o de los bienes inmuebles del patrimonio cultural.”

 AUTONÓMICA: - LOUG: art. 4.a) d) e) f) g) h) - Art. 48.5, art 51 y 69 Ley 9-02 30 de Decembro- Artigo 46 da Lei 9-02 Solo de Galicia: en relación aos límites de sostenibilidade e a edificabilidade por metro cadrado. - Artigo 52 a 59 da Lei 9-02 Solo de Galicia: en relación ás características xerais do plan. Na revisión hai datos que se esconden e non se determinan específicamente tal e como se recolle na lei (usos globais, edificabilidades, etc) - Artigos 69 a 72 Lei 9-02 Solo de Galicia: sobre os plans especiais de protección: “Art.69 1. Os plans especiais de protección teñen por obxecto preserva-lo medio ambiente, as augas continentais, o litoral costeiro, os espacios naturais, as áreas -forestais, os espacios produtivos, as vías de comunicación, as paisaxes de interese, o patrimonio cultural e outros valores de interese”2. Con tales fins poderán afectar a calquera clase de solo e incluso estenderse a varios termos municipais, co obxecto de abarcar ámbitos de protección completos, e poderán establece-las medidas necesarias para garanti-la conservación e recuperación dos valores que se deban protexer, impoñendo as limitacións que resulten necesarias, mesmo con prohibición absoluta de construír… 

27

Page 28: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA- Art. 75 Lei 9-02 Solo de Galicia : catálogos incompletos: Catálogos1. Os catálogos son instrumentos complementarios dos plans que teñen por obxecto identifica-las construcións, recintos, xardíns, monumentos, inmobles ou outros elementos que, polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos, se considere conveniente conservar, mellorar ou recuperar.2. Os instrumentos de planeamento conterán obrigatoriamente un catálogo no que se identificarán os núcleos rurais, inmobles, construcións, instalacións ou outros elementos existentes de carácter tradicional en solo rústico, ou conxuntos destes, que merezanser obxecto de especial protección por razón dos seus valores culturais, históricos, artísticos, arqueolóxicos ou etnográficos, tales como vivendas, hórreos, fontes, cruceiros, muíños, pazos, igrexas, pontes, xacementos arqueolóxicos e outros. -Art. 85 Lei 9-02 Solo de Galicia: sobre a tramitación da aprobación do plan: “3. Simultáneamente ó trámite de información pública, a Administración municipal deberá solicitarlles ás administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios, que deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes, agás que a lexislación sectorial sinale outro prazo.4. Os servicios técnicos e xurídicos municipais deberán emitir informe respecto da conformidade do plan coa lexislación vixente e da calidade técnica da ordenación proxectada.5. Cumpridos os trámites sinalados nos apartados precedentes, o pleno do concello aprobará provisionalmente o contido do plan coas modificacións que fosen pertinentes e someterallo, co expediente completo debidamente dilixenciado, ó órgano autonómico competente que deba outorga-la aprobación definitiva.A consellería, no prazo dun mes, examinará con carácter previo a integridade documental tanto do proxecto de plan coma do expediente e das actuacións administrativas realizadas. De apreciarse a omisión ou defectuosa formalización dalgún trámite, ou a existencia dalgunha deficiencia na documentación do proxecto, requirirá a reparación das deficiencias observadas, fixando prazo para o efecto.Ata o cumprimento efectivo do requirimento non comezará o cómputo do prazo legal para a resolución sobre a aprobación definitiva”

Tendo en conta que os Informes preceptivos aportados resultan insuficientes e deixan fóra de consideración numerosas desfeitas que unha vez ocasionadas, son de difícil reparación, neste sentido, e como mostra do proceso real de participación cidadá e institucional, xa foron solicitados por esta agrupación ás Administracións expertas en cada un dos sectores, para coñecer a súa opinión sobre a tramitación deste instrumento (con data de entrada 17-2-10), dado que o Concello eludiu o contido destes documentos.-Artigo 94 Lei 9-02 Solo de Galicia sobre a modificación dos plans:-3. Cando a modificación tendese a incrementa-la intensidade do uso dunha zona, requirirase para aprobala a previsión das maiores dotacións públicas, de acordo cos estándares establecidos no apartado 2 do artigo 47, debendo situarse as novas dotacións no mesmo distrito ou sector, segundo se trate de solo urbano ou urbanizable. 4. Se a modificación dos plans urbanísticos afectase terreos cualificados como zonas verdes ou espacios libres públicos, a súa aprobación requirirá o previo informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, que deberá ser emitido no prazo de tres meses, contados desde a entrada do expediente completo no rexistro da consellería

28

Page 29: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑAcompetente en materia de urbanismo e ordenación do territorio. Transcorrido o citado prazo sen que se emita informe, entenderase emitido en sentido desfavorable.  5. Non se poderán aprobar modificacións de planeamento que impliquen a diminución ou eliminación de dotacións públicas sen preve-la substitución das que se eliminen por outras de superficie e funcionalidade similar no mesmo distrito ou sector, segundo se trate de solo urbano ou urbanizable, agás que se xustifique a súa innecesariedade e se manteñan os estándares de reserva mínimos establecidos nesta lei.-Artigo 104º.- Lei 9-02 Solo de Galicia Adaptación ó ambiente “b) Nos lugares de paisaxe aberta ou natural, sexa rural ou marítima, ou nas perspectivas que ofrezan os conxuntos urbanos de características histórico-artísticas, típicos ou tradicionais e nas inmediacións das estradas ou camiños de traxecto pintoresco, non se permitirá que a situación, masa ou altura das construcións, muros e cerramentos, ou a instalación doutros elementos, limiten o campo visual para contempla-las belezas naturais, rompan a harmonía da paisaxe, desfiguren a perspectiva propia dela ou limiten ou impidan a contemplación do conxunto” -Artigo 233º .- Lei 9-02 Solo de Galicia - Concepto, alcance e natureza dos Convenios urbanísticos: 3. Serán nulas de pleno dereito as estipulacións dos convenios que contraveñan, infrinxan ou defrauden obxectivamente, en calquera forma, normas imperativas legais ou regulamentarias, incluídas as do planeamento urbanístico, en especial as reguladoras do réxime urbanístico do solo e dos deberes dos propietarios deste.  EUROPEA: Xa fixemos referencia aos seguintes Recomendacións ou Acordos dada a repercusión que hoxe en dia ten a nosa integración no espazo europeo:

 - Recomendacións Europeas: Carta de Aalborg (1994) - Carta de Lisboa (1996) - Principio de Precaución (EU): Informe da Axencia Europea do Medio Ambiente xa definido na Declaración de Río de 1992: “Allí donde exista una amenaza de daño serio o irreversible, la carencia de evidencia científica plena no se debe utilizar como argumento para posponer la puesta en marcha de medidas efectivas para prevenir la degradación medioambiental”.

Esta declaración enumeraba, ademais, tres compoñentesis adicionais da aplicación do principio:

“Desplazar la responsabilidad de presentar evidencias a quienes propongan una actividad.

El proceso de aplicación del Principio de Precaución debe ser abierto, informado y democrático y debe incluir a las partes potencialmente afectadas.

-

Explorar una amplia gama de alternativas a acciones posiblemente dañinas, incluyendo la de no actuar”.

- Declaración de Hannover de líderes mundiais (2000).

- Axenda 21 Local (paisaxe, medio rural, patrimonio natural e cultural).

29

Page 30: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA As suxerencias e informes de moitas institucións presentes na vida pública e social galega datan do ano 2007, co que quedan obsoletas. E descoñecemos o contido de moitos deles (por exemplo o da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e o Catálogo de elementos protexidos).En resumo, óbviase nesta modificación do PXOM aspectos da normativa ambiental básica a nivel europeo, e entra en contradición coas directrices xerais de regulación estatais e autonómicas, convertindo un plan de ordenación do territorio nun plan de ordenación dos intereses particulares.  POR TODO O EXPOSTO, SOLICITAMOS:1.- Que se teñan por presentadas estas alegacións e se teñan en conta, informándonos de cada paso que se dea e se nos inclúa no expediente deste tema. Que se abra outro período de información pública do P.X.O.M.2.- Que non se aprobe por parte da Xunta nin do Concello a Revisión deste P.X.O.M. tal e como está actualmente e saliu a información pública xa que non responde ao interese xeral, conlevaría unha enorme destrución dos espazos naturais protexidos, do litoral e D.P.M.T., do patrimonio cultural ou áreas de cautela e das distintas paisaxes e sinais de identidade do noso concello así como un urbanismo altamente especulador cuns niveis de crecementos de vivendas novas totalmente inxustificados e Convenios impostos e aprobados anteriormente ou levados a cabo despois do Informe Previo da Xunta que suporían, unha enorme destrución ambiental e paisaxística así como por incumprir moi gravemente a lexislación autonómica, estatal e europea e non responder a un proceso transparente e verdadeiramente participativo.Que se cumpran sempre as sentenzas de derrubo de todo tipo de construcións ilegais.3.- Que se leve a cabo unha PROFUNDA REVISIÓN tendo en conta todas as alegacións que respondan ao interese xeral, como as nosas, as alternativas sustentables que propoñemos e un modelo de cidade verdadeiramente sustentable que desexa a maioría da ciudadanía coruñesa cunha grande calidade de vida impedindo a destrución ambiental, paisaxística e territorial irreversible da nosa amada cidade. Atentamente, A Coruña, a 17 de febrero de 2010.Comité de Defensa das Rías Altas

NOTA:Nos próximos 10 días ampliaremos alegacións, enviaremos documentación.

30

Page 31: AO EXMO€¦  · Web viewao exmo. concello de a coruÑa. praza de marÍa pita. d. /dna. ………………….e ……………………………, portavoz e secretaria do comitÉ

ALEGACIÓNS AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANÍSTICA DE A CORUÑA

31