Ano académico 2009-2010

68

description

A revista do noso cole

Transcript of Ano académico 2009-2010

Page 1: Ano académico 2009-2010
Page 2: Ano académico 2009-2010

editorialEste ano os que imos levar o «peso» da nosa revis-

ta somos os de 4º A.

Todos nós esforzámonos e traballamos moito,

sempre con ilusión e, claro, baixo a vixilancia da

profe para evitar que soltemos algunha que outra

das nosas «burradas». E a maior recompensa que

poderiamos obter deste traballo de todo o curso sería que esta revista vos gustase aínda máis cás

anteriores, cousa por outro lado difícil de conseguir…

Este curso en «Dtodo» falaremos das Bandas Deseñadas, tema protagonista do curso, arredor das

cales fixemos exposicións, traballos e debuxos sobre os «heroes de papel» que as profes nos

penduraron do teito… Esperamos que esta sección vos guste a todos. Tamén veredes moitos outros

artigos de todos os nenos e nenas do cole que quixeron intervir e se algúns non están é porque

nalgún caso tivemos que escoller xa que non é posible incluílos todos por falta de espazo, por

cuestións económicas, etc., non é porque non nos gustaran, eh?, pero o traballo de redacción é así

de duro...

Por último dámosvos as grazas por comprar esta revista xa que, como sabedes, o recadado vai

destinado, como todos os anos, aos nenos ex soldado de Modestine na RDCongo (aos que xa lles

temos un especial cariño).

Un bico dende 4º A ESO para todos os que a leades e aos que non... dedicámoslles un:

¡ ÍDEVOS BAÑAR ! ☺ ☺ ☺ ☺ ☺ANDREA MONTERO, 4º A

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ESTA É A «MARABILLOSA»PORTADA QUE FIXERON ESTECURSO MARINA E SARA (4ºAESO) PARA «DTODO».

Chula, eh??? ☺☺☺☺☺

Menos mal que Andrea e Miriam, ao final, se

puxeron as pilas e quedou a chulísima portada

que todos tedes agora entre mans. A disfrutar

da revista!

Page 3: Ano académico 2009-2010

1

Facemos un repasiño?Segundo o New York Times, as noticias máis importantes desta década 2000-2010 son as catro

seguintes:

Resumo dunha década

Atentados do

11-09-2001

Tsunami no sur asiático

26-12-2004

Barak Obama, presidente

24-11-2004

Morre o

Papa Juan Pablo II

02-04-2005

Page 4: Ano académico 2009-2010

2

SOMOS SOLIDARIOS

Seguimos intentando axudar. Como sempre, aos nososnenos ex soldado. Fixemos dous rastrillos: un no colee outro no pobo, en Nadal e xaneiro respectivamente.

E tamén fixemos unha campaña de recollida decartos no cole para enviar a Haití despois doterremoto que sufriu este país. A idea partiu de Carla,Luísa e Irene, ás que se nos uniu posteriormente Fernando.Fomos por toda sas aulas para recadar cartos e aaportación de todo o cole enviámola a ese país e fomosfacer o ingreso en Caixa Galicia un día ás 8,30 h. da mañá.Foi unha experiencia gratificante.

CARLA, LUÍSA, IRENE E FERNANDO

O noso «postiño» en Miño

ALGO DE DEPORTE...¿PRACTICAS ALGÚN?

Autocross. É un deporte que consiste en dar voltas a un circuíto de terra cun coche que recibeo nome de Semog. Este coche está preparado para andar por terra. Os espectadores sitúanse aoredor do circuíto e no seu centro.

Chessboxing. É un xogo no que se mistura o xadrez e oboxeo. Consiste en dúas rondas de boxeo e catro dexadrez. Pódese gañar por xaque mate ou por K.O. e, encaso de empate, deciden os xuíces quen será o gañador.

Slamball. É un deporte que consiste en encestar unhapelota nunha canastra collendo impulso en colchonetasque están situadas no chan. Xogan cinco xogadores decada equipo. A puntuación divídese da seguinte maneira: se se realiza un mate, a puntuación é dedous puntos; se é un lanzamento e logras meter o balón, a puntuación é de un punto. O malodeste deporte son as lesións debido ás malas caídas e tamén polos golpes que os xogadores sedan entre eles.

VILARIÑO, JESÚS, MIGUEL E BRAIS

Page 5: Ano académico 2009-2010

3

Festas e celebracións no cole

QUE FIXEMOS O DÍA DA PAZ?

-Lemas:-Menos puñetazos, máis abrazos. Fernando López

-Cando se queimen as armas,no mundo haberá calma.

Brais López

- Plantamos a oliveira da PAZ e arredor delafixemos un camiño de pedras.

- Enviamos postais aos nenos ex soldado daRDCongo, debuxadas polos nenos e nenas deInfantil 5 anos e escritas polo alumnado de 3º e 4ºESO.

- Bailamos

- Cantamos

- Miguel Forcelledo e Fernando López –3º AESO– rapearon un texto de Juan Picos e

Alejandro Pérez sobre a paz. Este:

RAP para a PAZ

Queremos a Paz,

non queremos violencia.

Rosas brancas teremos

se rosas negras non queremos.

A paz desexamos para o mundo que

amamos.

A guerra é o peor,

a paz, o mellor.

Se todos loitamos

ao final gañamos.

A paz desexamos para o mundo que amamos.

Moitas formas hai

de difundir a paz:

o respecto, a educación,

pero sobre todo

ter un gran corazón.

A paz desexamos para o mundo que amamos.

Page 6: Ano académico 2009-2010

4

EU SERÍA FELIZ,SEN GUERRAS QUE MATARANNIN ARMAS QUE DISPARARAN.OS POLÍTICOS PASANCON ESCUSAS, TONTERÍAS...QUIXERA QUE AS GUERRASDESAPARECERAN ALGÚN DÍA.

A PAZ DESEXAMOS PARA O MUNDO QUE AMAMOS.

- Luísa recitou o seu poema á oliveira:

HAIKUChega o maio:Oliveira, florece.Mundo, amence!

- En 3º A ESO escribimos un manifesto:

PROTESTAMOS POR:As guerras, as inxustizas do mundo, protestamos pola xente que lle fai dano aos demais, polosprogramas violentos de TV, pola sociedade agresiva, polos maltratos que sofren os nenos e asmulleres, polo racismo, polo machismo, pola xenofobia, polas existencia de enfermidades que sepoderían curar, pola fame, polo analfabetismo, polas discusións dos políticos que non levan aningunha parte; pola falla de hospitais e escolas en moitas partes do mundo, polo estado debenestar que nos impide ver as traxedias que hai, polo egoísmo, pola indiferenza...

DESEXAMOS QUE:Se destrúan todas as armas do mundo e non se derroche máis diñeiro en loitas e guerras, que seconstrúan hospitais, escolas e estradas; que a xente teña dereito á sanidade gratuita; que nosensinen dende pequenos a facer o ben e a pensar nos demais; que a pomba deixe o seu espíritonos corazóns de todas as persoas. DESEXAMOS amor, amizade, sorrisas, apertas, bicos,aloumiños...

POR TODO ISTO:PEDIMOS, non! mellor ESIXIMOS!!! que todos nos impliquemos en conseguir o que desexamos eacabar dunha maldita vez co que protestamos.

Texto básico:JUAN PICOS, MANUEL AMADO, ADRIÁN RAMOS E FERNANDO LÓPEZ

Manifesto pola Paz

Page 7: Ano académico 2009-2010

5

OS PEQUENOS NO SAMAÍN encheron de cabazas o cole

Page 8: Ano académico 2009-2010

6

E chegaron os Reis...Ademais dos Reis cargados de caramelos que falaron cos máis peques

do cole para saber se se portaran ben durante o ano, os máis maiores,

dirixidos por Patricia Cubillo (xa sabedes: «a mellor do mundillo»)

fixeron un precioso festival de panxoliñas no salón de actos do

Concello. Os gañadores, elixidos por un xurado «popular» formado

por Celia, María M., Mikel e Graña, disfrutaron ao día seguinte no

cole, dunha magnífica «cuchipanda».

Todos cantaron, tocaron, interpretaron e pasárono moi ben.

Un ano máis, o Entroido

Agasallo de Elvirapara todos nós

Os disfraces deste ano foron todos relacionados coa Banda Deseñada, claro! Non podía serdoutra maneira, xa que o tema do cole foi ese.

Os máis «ghuapos», coma sempre tamén, os pequerrechos. Houbo de todo: Zipis e Zapes, conDon Pantuflo e esposa; Superchikis, El Zorro...

Sempre é unha festa divertida.

JUAN E MIGUEL 4º A

Desta volta foron os de 6º os encargados de poñer as ordesdo Meco... Un día levamos un babeiro, outro fomos coaroupa do revés, outro colocamos un adorno na cabeza... easí chegou o día da festa.

Page 9: Ano académico 2009-2010

7

Día do Libro

Fixemos marcapáxinas e chapas. Os marcapáxinas, cos haikus que nosagasallou unha profe do cole e con debuxos de Andrea e Miriam (4º A ESO).As chapas, obra manual de Cristina e Laura coa nosa maquiniña, foron osagasallos para os participantes na exposición «E nós que lemos?»

O Club de Lectura Salicornia viaxou a Porto (PORTUGAL, eh?)

Fomos celebrar o día do libro 2010, acompañados polo IES Castro da uz deAs Pontes.

Ao noso parecer, todos quedamos realmente contentos coa viaxe xa que,aínda sendo tan lonxe, non resultou nada pesada, agás por algúns «pequenosimprevistos», pero como son tan pequenos... só vos imos contar un: o dafamosa «RAMPA» (en fonética portuguesa: «a gampa»). Era en realidadeunha encosta xigantesca, moi moi moi pendente, que tivemos que subirdespois dunha longa e esgotadora camiñata nocturna pola Ribeira de Porto.Hai que dicir que algúns estamos aquí de milagre xa que case morremos nointento... Suamos sangue para chegar ao cume da «gampa»! XD

Ben, pois o dito. Agás ese pequeno, e sen importancia, incidente que NUNCAesqueceremos e algún que outro máis como estar volta para aquí, volta paraalá no bus para atopar o hotel, perdernos e ter que camiñar máis da contapara «atoparnos»... e darlles algún que outro disgustiño nocturno ás profes...jejeje..., todo foi de marabilla. E a noite... que noite!!!

Á mañá seguinte, durmíndonos polas esquinas, fomos ao que iamos: LER.Chegamos á preciosa libraría Lello e irmao e non puidemos entrar os 54 queiamos porque como era o día do libro, aquilo era un non parar de xenteentrando e saíndo, facendo fotos, comprando, lendo... IMAXINADE!

Pero conseguímolo. Lemos en dúas tandas, serios, traballando, calados eescoitando ao lector de turno. Vivimos esa fantástica experiencia e de aísaíron palabras fermosas que deron lugar ao xenial poema creado por todosnós, con moito esforzo, moitos berros, algún cabreo para que o fixeramosmellor e MOITO SONO (sobre todo iso, pero as profes non nos deixarondurmir nin 5 segundos!) na viaxe de volta. Comentámosvos que o poema orematamos nós, Andrea e Marina, xusto xusto xusto á entrada de Miño!!!Xusto a tempo. E alí todos aplaudimos cando Chelo o leu en voz alta polomicro. Con todo isto queremos dicirvos que vos animedes a participar nestasaída, se as profes están dispostas a repetir, jeje, que non desaproveitedesesta marabillosa oportunidade de ver tantas cousas, de pasalo ben, de facerunha lectura e un poema entre todos, de coñecer outros rapaces...

E agora só queremos dar as grazas ás catro profes que nos aguantaron eque sempre o levaron todo con tanta paciencia.

BICOS de MARINA E ANDREA (4º A ESO).

Día do libro

23 de abril

Xardín das letras:

entre folliñas

brancas

palabra en flor

Agasalla cun libro

e unha flor!

CPI Castro Baxoi

MARCAPÁXINAS

CHAPA

Page 10: Ano académico 2009-2010

8

Día das Letras Galegas

Este ano dedicado a Uxío Novoneyra. Aprendemos moito sobre o autor xa que os cursos de 1º

e 4º ESO estivemos traballando na WIKI. Fixemos unha introdución sobre o día das letras e

de Novoneyra traballamos a súa biografía, libros, poemas e aprendemos moitas cousas sobre

O Courel –terra na que naceu e viviu e sobre a que escribiu os seus preciosos poemas–.

Se queredes ver o que fixemos, entrade en: www.galeblogcb.blogspot.com

Aí tedes todo!

Como esta revista sairá antes de que se celebre o día, tal vez atoparedes sorpresas no galeblog

das que aínda non falamos, así que visitádeo...

Agora un poema caligráfico deste autor:

Tan perto o canto che eu

miro!

Coma se chegara a nembrar

pro que eu nacera.

Xuventú!

Inda aínda, Xuventú

Page 11: Ano académico 2009-2010

9

Canto traballamos!Os nenos e nenas de 4º B de Primaria fixemos un poucode todo este curso:

- Quixemos ser Velázquez e pintar coma el.Debuxo de SANDRA

- Publicamos anuncios da nosa biblioteca.

- Inventamos adiviñas: «Quen son, quen son? De día dou

calor e de noite me vou». Iván Iglesias.

- Tamén traballamos co tema do cole deste curso: a banda deseñada. David fixo esta tan chula:

- Describimos paisaxes coñecidas. Lede esta descrición feita por Nacho:

«A praia grande de Miño ten moitas duchas. Ás veces fai moito vento, por iso haimoitas ondas, e moi grandes! Ten moitas casetas para os socorristas. Á dereita detodo hai a desembocadura dun río e un restaurante. Nos veráns sempre imos aorestaurante comer un xeado ben frío!»

E moitas cousas máis que non collerían na nosa revista, por iso só vos ensinamos unha seleccióndas que máis nos gustaron.

Nenos e nenas de 4º B PRIMARIA

Page 12: Ano académico 2009-2010

10

Arte postalMovemento artístico creado por Ray Johnson en 1962.

A arte postal é a tarxeta postal creada por un autor, que viaxa cara ao seu destinatariograzas ao servizo de Correos. Pero non é só iso, porque tamén é arte o sobre no que segarda a tarxeta, xa que nel pode aparecer a sorpresa, o inaudito... E ademais de ARTE,tamén é comunicación, unha variante máis do xénero epistolar, xa que a tarxeta postal debe ir escrita paraun amigo-a, familiar...A temática é moi variada, pero polo xeral o MAIL ART ou ARTE POSTAL interésase por asuntos pacifistas,antimilitaristas, ecoloxistas, contestatarios, socialmente preocupantes, homenaxes a músicos, escritores,pintores...

AQUÍ VEDES ALGÚNS EXEMPLOS DE SOBRES e TARXETAS de ARTE POSTAL:

No cole fixemos anosa exposición de

Arte Postal

3º A e 4º A

Page 13: Ano académico 2009-2010

11

Salicornia, club de lecturaOutro ano máis co noso club!Este curso quedamos apuntadas 16 alumnas, de 2º, 3º e 4º ESO(2ºA: Marina de Miguel, Tamara Bello; 3ºA: Noemi González, Irene

Varela, Patricia Freire, Luísa Molina, Carla Rivera, Mª José Núñez, Silvia

Blanco; 4ºA: Sara Díaz, Marina Grueiro, Andrea Montero, Laura Pérez,

Cristina Ares; 4ºB: Estefanía Cabeiro, Verónica Cousiño).

Contámosvos a nosa experiencia e os libros lidos.Lista de libros:

- Zara y el librero de Bagdad

- O clan do oso cavernario

- Emigrantes

- Seda, o libro co que fixemos a lectura continuada en Porto, Portugal, na libraría Lello e irmao.-Actividades:Ademais de ler e pasalo moi ben… comemos algunha lambetada, visitounos Inés Cuadrado, fixemosun taller de caligrafía, escoitamos a Saleta contando contos aos pequerrechos e organizamosunha sesión, sendo nós «as contacontos», nunha escola unitaria en Ombre –Pontedeume-. Paracontar os contiños preparounos a fondo Chus.

OPINIÓNS SOBRE O TALLER DE CALIGRAFÍA?

- Pareceume unha actividade interesante xa que eu nunca

debuxara esas letras nin fixera ese tipo de práctica. Tamén

me gustou porque o mestre que veu ensinar é un gran pro-

fesional. Tamara.

- A min gustoume e pareceume interesante pero tamén

me resultou algo aburrido porque a clase ía moi lenta.

Noemí.

- A min gustoume, pareceume unha actividade moi intere-

sante que nos pode servir para facer traballos ou para as

letras capitulares que nos manda facer Begoña nos textos

que escribimos... Patricia.

- Pareceume entretido, non se fixo pesado, gustoume... que vooolvaaaa!!! Marina.

- Pareceume entretido e bonito, algo novo e distinto, saber escribir como antes e de formas diferentes ás que xa sei.

Pero foi moi curto! Sara

- Moi guai! Gustoume moitísimo aprender a escribir como antes! Moi entretido e bonito. Andrea.

- Aprendín a facer unhas letras que sempre me gustaron e que me parecían moi difíciles de facer. Laura.

- Pareceume un obradoiro interesante e educativo. Gustoume pero foi pouco tempo. Cristina.

Para o curso que vén, entre outras moitas cousas, a sesión de conta-contos será cos «avós e avoas» da Residencia para maiores de Laraxe–Cabanas-. Así que, animádevos a participar no noso CLUB!

O club de lectura Salicornia

Page 14: Ano académico 2009-2010

12

Para pasar un bo rato

Unha das cousas que podemos facer para pasar un bo rato é LER. Como a nós (Alison eRaquel, 3ºB) nos gusta moito, recomendámosvos aquí unha serie de libros que nos encanta-ron e cos que pasamos moi bos momentos.

Catro amigos fóra de clase

É unha colección que trata de catro amigos adolescentes que vi-ven os seus problemas de cada día: o primeiro amor, a separacióndos seus pais, a anorexia dunha delas, a baixa autoestima deLaura… A nós gustounos moito porque nos encantan as historiasque tratan de problemas da adolescencia.

Zara e o libreiro de Bagdad

Trata dun escritor que recibe unha mensaxe importante sobre asúltimas palabras de Antonio Machado, un poeta español da Xeracióndo 27. No libro cóntanse os sentimentos e sensacións que ten. Foiun dos libros que lemos este curso no club de lectura do cole.Pareceunos algo difícil pola forma de presentar os feitos pero tra-ta de moitas cousas interesantes.

Crepúsculo, Lua Nova, Eclipse e Amencer

Son os catro libros da colección Crepúsculo. Neles cóntase unhahistoria de amor entre un vampiro e unha humana. O vampiro renun-cia ao seu sangue por amor e ela quere ser vampira coma el paraestaren sempre xuntos. A nós gustounos porque é unha bonita his-toria máis alá da morte entre adolescentes.

Pamela (4ºB), a quen tamén lle encanta ler, recoméndanos estes:

Ollos de auga, unha noveliña «negra». ¡Encantoume! E tamén me gustou moito El encuentro,outra novela negra. Son interesantes, entretidas e fáciles de ler.

Veña, animádevos a lelos, asegurámosvos que vos gustarán

Page 15: Ano académico 2009-2010

13

E nós, que lemos?

No cole vimos unha expo, «E ti que les?», na que distintos persoeiros da nosa cultura (ManuelPablo, Yolanda Castaño, Xurxo Souto, Eva Veiga... entre outros) explicaban cal era o seu libropreferido.

A partir desa exposición xurdiu a idea de facer unha propia. Os profes puxéronse mans á obra eorganizaron outra, esta co título de «E nós, que lemos?» Todos tivemos que traer unha foto nosaou un debuxo que nos identificase e despois pensamos e eliximos un libro que nos gustara moito.Fixemos un resumo do seu contido a modo de recomendación de lectura e colocamos todo nocorredor de Secundaria, en taboleiros, pola parede e nos cristais.

Na exposición, ademais das nosas recomendacións, tamén veredes libros recomendados por profes,amigos, amigas, pais, nais, parentes... Luísa, Nerea e Brais (3º A ESO)

Page 16: Ano académico 2009-2010

14

¿QUEREDES SABER COUSAS DO OSOPANDA?O seu nome científico é Ailuropoda melanoleuca.Pertence á orde dos carnívoros e á familia ursidae.É un animal de hábitos solitarios, de aspecto pesadopero moi áxil. É tímido e raramente agresivo, só sonviolentas as femias se ven en perigo os seus cacho-rros ou o seu territorio invadido.Soen ter unha soa cría que nace diminuta –só uns 100gramos de peso– e cega. Ás sete semanas, o oseznoxa pesa 1,5 kg. e abre os ollos e comezará a comerbambú como complemento do leite materno. Sóabandoará a nai cando cumpra os 18 meses.

Alejandro Pérez, 3º A ESO

E agora un animal fantásti-

co! (Inventado por Héctor, 2º B)

Un leonagui é un animal con cabeza de aguia ecorpo de león. É moi forte, pode voar e correr amoita velocidade. Come animais moito máis gran-des ca el e vive, en mandas, en África. Polo xeralchega ata os 50 anos de vida.Dise que apareceron por culpa duns científicostolos que facían experimentos raros con animais.Son moi perigosos. Se vos atopadescon un... fuxide, agochádevos para que non vosvexa!!!

E NON O ESQUEZADES: OS ANIMAIS TAMÉN TEÑEN DEREITOS!!!Pois si. Tamén teñen dereitos, e son 14. Vai un, para que o teñades en conta, que falta fai. Nabiblioteca atoparedes o libriño que fixemos na clase de Ética os de 4º A ESO.

Artigo 1Todos os animais naceniguais ante a vida eteñen os mesmosdereitos á existencia.

Vai de animais

Page 17: Ano académico 2009-2010

15

Un novo libro de creación propia

Seguimos escribindo. Este ano temos un novo libro para colocar no

andel de CREACIÓNS PROPIAS da biblioteca: Flores e toxos (o título

escollémolo entre todos a partir dunha lista deles que propuxo unha

profe do noso cole). Son textos que fixemos en 3º e 4º ESO sobre O

QUE NOS GUSTA e O QUE NON NOS GUSTA.

Escribimos un para que vaiades abrindo boca:

Gústanme os que van «a por todas», os que van cara adiante e non se

abanean ante os problemas, os que che fan ver que ao malo hai que lle

sacar sempre o lado bo; a xente cercana, cálida, os que tenden as

mans, os que non lles importa expresar os sentimentos, os que che fan

rir, os que che amosan o lado fermoso e divertido da vida; os que fan

de todo por todos; os auténticos. A luz, o sol, as candeas, as velas, ver

o que os meus ollos me amosan. Os AMIGOS.

A imaxinación, deixarme levar pola miña mente e fuxir da realidade;

pensar que todo é como querería que fose; ser libre e ter ás para voar;

vivir momentos especiais e máxicos. SOÑAR.

A cor verde, as árbores. A cor azul, o mar. A humidade, a choiva, os

arrecendos, a comida, a casa, o meu fogar. GALICIA.

ANDREA MONTERO, 4ºA ESO

RECORDADE: ESTARÁ NA BIBLIOTECA PARA DISFRUTE

DE TODOS

A preciosa portada fixérona Andrea Montero e Miriam Anido.

Page 18: Ano académico 2009-2010

16

Os dereitos humanos son os que temos todos os homes e mulleres do mundo. Pero ao traballareste tema en Ética, démonos conta de que moitos deses dereitos, desgraciadamente, se incumplen.Tanto aquí como noutros países.

Un dos que menos se respecta é o 5, e mirade que é importante. Este artigo di:

«Ninguén será sometido a torturas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes».

Pois en EEUU, China… iso non se leva a cabo. Atopamos moitos casos nos que non é así. Porexemplo, hai moitas persoas que son aínda hoxe en día torturadas e sen ir moi lonxe, no noso paíshai mulleres acosadas, maltratadas, sometidas a tratos degradantes e tamén traballadores quemalviven case escravizados para que os xefes se lucren á súa costa.

Outro artigo: «Ninguén será sometido a escravitude nin servidume», tampouco. Haimoitos nenos escravos en moitas partes do mundo. Parece incrible pero é certo.

Conclusión: Os DH son os que nos permiten ter unha vida digna e todos debemos

loitar por eles, para que se cumpran en TODO O MUNDO.

Mirade unha foto da exposición contra

a violencia de xénero e sobre os

dereitos humanos que realizamos osdías 25 de novembro e 10 de decembrorespectivamente, no cole, toda a ESO:

Para loitar contra a violencia de xénero,que nos ten tan preocupados porque éun tema moi grave xa que leva á morte amoitas mulleres e parece estar aumen-tando entre a xente nova, escribimos fra-ses, eslogans e debuxamos cartolinas.Tamén se repartiron globos a todo oalumnado e sobre eles escribimos unhapalabra.

LUÍSA DOS ANJOS E JESÚS MORENO,4º A ESO

¿Dereitos humanos?

Dereito debuxado por Miriam Anido

Page 19: Ano académico 2009-2010

17

Como xa sabedes, no noso cole colaboramos dende hai un par de anos cos nenos ex soldado da

República Democrática do Congo e agora, coa fin de que todos teñades información de primeira

man sobre o tema e tamén vos poidades adherir á causa, Andrea, Sara, Brais e eu –na hora de

Ética– puxémonos a traballar e fixemos un novo «sub-blog». Así que agora no noso xa magnífico

blog escolar temos outro dedicado exclusivamente aos «nosos» nenos ex soldado:

www.nenosexsoldado.blogspot.com. Este está dividido en apartados onde vos informamos onde

se atopan, quen os coida, que facemos para axudar...

Esperamos as vosas visitas, comentarios e, sobre todo, a vosa axuda cando comecemos cos

rastrillos e vendas varias.

Este ano apuntámonos voluntariamente para os rastrillos e talleres solidarios, os seguintes alum-

nos-as de 3º e 4º: Sara, Marina, Cristina, Andrea, Beatriz, Noemí, Manuel G., Brais, Diego, Carla,

Irene, Mª José, Silvia, David, Luísa; Nerea, Alex e Patricia.

E agora os de 3º ESO, que son os novos nisto, vannos dar unha pequena explicación dos porqués:

-Apunteime aos talleres solidarios porque xa estiven e sei como van, gústanme, gústame axudar e facer

cousas polos demais. Noemí

-Porque me parece ben. Beatriz

-Porque me dan pena os nenos «afrodisíacos» (é unha broma que só entendemos os de CuCa). Brais

-Para axudar a eses pobres nenos. Manuel Grueiro

-Porque ser solidario coas persoas que o necesitan paréceme importante. Diego López

-Porque quero axudar aos nenos coma min que o pasan mal, porque non é xusto. Patricia

-Para axudalos e que poidan saír da miseria e das guerras. Alex

-Para axudalos. Irene e Silvia

-Porque é interesante. Nerea

-Porque me gusta axudar aos nenos. Mª José

-Porque me gusta axudar aos demais. Carla

-Apunteime porque me dan pena e os quero axudar no que poida. Luísa

-Porque creo que hai que axudar a quen o necesite. David

Novos voluntarios e novo blog no colepara os nosos nenos ex soldado

Page 20: Ano académico 2009-2010

18

E agora dicímosvos COMO FACER UN BLOG. ¡Está chupado!

Nós escollemos BLOGGER:

-O primeiro é ir a www.blogger.com e pinchar sobre o botòn que

pon Crear un blog.

-Primeiro crearemos unha conta de Google. Escribirás o teu en-

derezo de correo electrónico (este xa ten que existir), introducirás unha contraseña e un

«nick» (nome que se verá cando publiquemos un «post» ou entrada). Acepta as condicións.

-Clicaremos en Continuar.

-Asignaremos un nome ao blog.

-En Dirección del Blog (URL) poñeremos o enderezo en internet, que será algo así como

http://NOMEESCOLLIDO.blogspot.com

-A continuación, premeremos sobre Continuar.

-Escolleremos a aparencia de noso Blog (hai moitas plantillas).

-Presionamos sobre a que queiramos e prememos en Continuar

-Aparecerá unha mensaxe de confirmación de que o noso blog se creou con éxito.

-Premeremos sobre Comezar a publicar.

E ¡hala!, comeza xa a «postear».

MARINA GRUEIRO, 4º A ESO

Page 21: Ano académico 2009-2010

19

Unha das pelis que máis me gustou foi AVATAR, en 3D.Vai de uns humanos que viaxan a outro planeta na buscadun mineral moi caro. Para conseguilo, debían arrincar asárbores e remover a terra, pero isto afectaría aos seresdese planeta. Entre os humanos había tres persoas que seconvertían en «avatar» mediante unhas máquinas e duran-te o día convivían cos seres do planeta para estudalos ecoñecer os seus costumes. Ao final hai unha guerra e oshumanos son expulsados, agás os tres que se transforma-ban xa que entre eles e os seres do novo planeta nace oamor.

HÉCTOR HUERTAS, 2º B

Imos ao cine?

Pero… recordade que semprehai que facelo en sitios permiti-dos, en muros que se podenpedir nos concellos, nas asocia-cións, nos centros de ensino,portas particulares, garaxes…mesmo en paredes interiores.Nunca en fachadas, en monu-mentos, en lugares privados ou comunitarios sen permiso. Un grafiteiro non é un bandoleiro!Nesta páxina tedes dous de Manuel Grueiro, un artista que promete.

Pintamos un

Page 22: Ano académico 2009-2010

20

«A santa Compaña»

Sempre dixeron que Galicia tiña algo máxico, que as pantasmas e as meigaselixían este sitio por ser especial. Eu tiña pouco máis de vinte anos, quenon eran os vinte anos de agora. A pesar de que sempre fun algosupersticiosa, non cría nas meigas nin nos demos, así como que a queimadaque facía meu pai nas festas tivese o poder de limpar as nosas gorxas e onoso corpo de malas vibracións. Eu era unha rapaza corrente, de aldea,de aldea, á que lle gustaban as verbenas como a calquera.

Acórdome que un día viñamos das festas de Leiro, camiñando, como eracostume. Eramos uns cinco ou seis, ou coido que aínda máis. Xa era moide noite, e pasar polos carreiros a altas horas era algo arriscado e, sobre todo, medoñento, pero nóseramos fortes e valentes e pasabamos por calquera sitio que se nos puxese por diante. Estaba todo moiescuro e ía moito frío, pero non tiñamos medo a nada.

De súpeto, vimos un grupo de xente vestida de escuro e cunhas velas na man. Murmuraban algo, pero nonera nin galego nin castelán. Un do noso grupo falou da Santa Compaña e a min treméronme as pernas.Abofé que comezaba a crer nas lendas que me contaba a avoa. Agochámonos tras unhas árbores e ogrupo de xente pasou. Moitos do meu grupo dixeron que se trataba das monxas que facían exerciciosespirituais, pero sei que iso era só unha mentira máis das tantas que nos dicían para quitarnos o medo.

RAQUEL PORTAS ARMESTO

LENDA ANTIGA

Contan as antigas lendas que existiu unha fértil illa entre Europa eAmérica, no que hoxe chamamos Atlántico pero que os antigos ocoñecían polo nome de «Océano Tenebroso», grande case como uncontinente, chamada Atlántida.

Era a súa capital Poseidona, cidade sagrada dedicada a Poseidón, deusdo mar. Florecía nela unha extraordinaria civilización. O seu reflexogardábase quizais en ambas as dúas beiras do Atlántico, en Exipto, enMéxico e en Perú, pero un espantoso cataclismo sepultouna para semprebaixo as ondas.

LAURA COUSIÑO INFESTA

A MORTE DA NENA

Esta historia trata dunha nena de corta idade que faleceu nos seussoños. Era dunha familia rica á que lle custara moito ter fillos, xaque nacían enfermos e morrían ao pouco tempo. Esa nena morreuaos 9 anos, pero non dunha morte normal, senón asfixiada por nonpoder saír da tumba. En realidade non morrera por morte súbitacoma todos crían, senón que estaba en catalepsia. O pai non podíacrer o sucedido, enterrouna no xardín e púxolle unha campaíña nodedo coa esperanza de que fose catalepsia e espertase e así puiderandesenterrala. A nena espertou e golpeou a tapa do ataúde con todasas súas forzas. Intentou saír por todo os medios e rabuñou a tapacon tal forza que arrancou as unllas. Á mañá seguinte o pai viu acampaíña tirada no chan e cando desenterrou a súa filla, alí estabaela, pálida, coas mans ensanguentadas e as unllas cravadas noataúde... sen vida. ALISON LEMA

E vai de lendas,que nos contan 3ºB

Page 23: Ano académico 2009-2010

21

Onde eu vivo din que hai uns 40 anos había un gaiteiro que morreu por causas que aínda se

descoñecen e dende entón, todos os días, din que se escoita como o gaiteiro toca a gaita nun

gran penedo que hai en Torres, sobre as 12:00 h. da noite. Eu nunca o oín... pero nese penedo

no que toca a gaita hai unha especie de tumba coa forma do gaiteiro coa súa gaita ao lado. E

dende entón a ese penedo chámaselle a «Tumba do gaiteiro».

ALBERTO FERNÁNDEZ ESPIÑEIRA, 3º B

A LENDA DE PEPA A LOBA

Conta a lenda que PEPA A LOBA era unha

bandoleira que vivía na serra de A Loba.

Era unha bandoleira que lles roubaba aos

ricos para dárllelo aos pobres e que gar-

daba todo na súa guarida da Serra da Loba.

JUAN SÁNCHEZ

Conta unha lenda de Sada que un

mariñeiro se botou ao mar moi cedo e

cando quixo volver para casa levantouse

un forte vento que fixo que o mar

embravecera.

Nunha destas, unha onda bateu contra a embarcación e o mariñeiro caeu ó mar.

Cando xa estaba a piques de afogar, o mariñeiro rezoulle unha oración á virxe de Pastoriza e,

sen saber como, ao seguinte día o mariñeiro apareceu na praia.

JAVIER FERNÁNDEZ CASTIÑEIRA

Page 24: Ano académico 2009-2010

22

Imos á cociña?

Veña, que este ano toca outra recetiña con cebola (chata, claro!):

UNHA RIQUÍSIMA TARTA DE CEBOLA

Para a pasta quebrada utilizaremos masa quebrada (que se pode comprar conxelada).

Para o recheo utilizaremos 150 gr de mantequilla, 1 kg de cebolas chatas, 1 folla de loureiro, sale pementa.

Para a crema 500 ml de nata, 4 ovos, sal, pimenta e noz moscada.

Cortamos a cebola en tiras finas. Poñémola a «pochar» coa manteiga e a folla de loureiro, tapadapara que o vapor queda na tixola e «poche» mellor. Cando estea lixeiramente douradiña, sacámolae deixámola que arrefríe.

Facemos a crema do recheo e mesturamos todo coa cebola. Colocamos todo enriba da masaquebrada e metemos ao forno durante 25 min. aproximadamente a 170º C. Notaremos que estáfeita se a movemos lixeiramente e NON SE MOVE como un flan.

E AGORA: A COCIÑA SOFISTICADA DE 6ºA PRIMARIA

PRIMEIROS PRATOS

Rolo de primavera recheo de saltón, ourego e leituga, cubertode crema de chocolate amargo e vainilla aceda.

Sopa de cabaza cunha ramiña de canela e perexil do país.

Cogomelos á prancha con espárragos e pementos vermellos,enriquecendo o prato cun chisco de maionesa.

Espinacas á prancha con salsa de puré de pataca e frangullasde chourizo galego.

Potaxe de fabas mouras con pata de saltón e peixe cornudo.Debuxo de Elena

Page 25: Ano académico 2009-2010

23

Caldo galego con rabo de porco e xema de ovo de avestruz de curral.

Gambas e patas de cangrexo con patacas cocidas en salsa de carne asada.

Remexido de cantarelas do país con ovos de galiña quica sobre base de pementos de Padróngratinados.

SEGUNDOS PRATOS

Raxo á prancha con salsa de setas do bosquearomatizada con canela.

Costelas de touro á pedra con patacas cocidas enauga de mar da ría.

Costelas de furón salpicadas de baba de morcegoe po de allo macho.

Peixe globo á prancha con salsa de cabaciña e uvaromana e toque de canela en po.

Pescado ao espeto regado de limón, acompañado con puré de arandos e froitas do bosque.

Pata de porco ibérico con cebolas aromáticas e refrito de ortigas brancas.

Lingua de vaca cunha salsa multicolor de pementos verdes, amarelos e vermellos.

Paella de lebre vella con arroz integral e concentrado de herbas aromáticas a discreción.

PRATOS DE SOBREMESA

Mazás confeitadas bañadas en crema de chocolate confolerpas de piña esparexidas ao chou.

Xeado de caviar á escocesa con espuma de plátano deCanarias e mandarina chinesa.

Trufas con chocolate negro e xeado de menta e vainillacun toque de herbas aromáticas.

Melocotón recheo de ovos de caracol confeitados.

Copa de chocolate e tona do leite decorada con salsa rosa elaborada con selectas froitas silves-tres.

Empanada de cogomelo azulenta, azucrada con xarope de mel de chorima de toxo galego.

6ºA P

Debuxo de Francisco

Debuxo de Elena

Page 26: Ano académico 2009-2010

24

Recuncho literarioPoetizamos

MARINA GRUEIRO,

4º A ESO

CONSTANTINO BELLO

LUÍSA DOS ANJOS

ANDREA

MONTERO

Page 27: Ano académico 2009-2010

25

Fixemos tautogramasTextos escritos con palabras que comparteninicial. Que vos parece se creamos un textocon palabras que comecen sempre polamesma letra?

Medrarei mentalmente. Madurar.Marina.Marina Grueiro

Cando comín carne, cegueime. Collín carraxe.Cristina Ares

Anoitece: amámonos. Amence: adeus.Luísa dos Anjos

Chove. Choven cristais. Choven cicatrices. Choven choros... Cando cortamoscorazóns... chove calquera cousa.Miriam Anido

Cando comía castañas, Carlos contaba cartos coa carteira chea.Constantino Bello

Sara, Sariña, soñadora... Sempre serei simple, sinuosa, simpática, sagaz. Sabereisempre sentir, sacar soidades...Sara Díaz

Andalucía anda aí abaixo.Pablo López

Un palíndromo é un texto que di o mesmo do dereito que do revés: é a simetría; un eixo centralque abre ás de bolboreta e pólas de palmeira. Os palíndromos son coma moitas cousas na vida,non teñen explicación... e dan sorte.

Mmm… sugus sugus… mmm Sara Díaz

Amor Roma Luísa dos Anjos

O sono é o noso Cristina Ares

Palíndromos

Page 28: Ano académico 2009-2010

26

Eu quería a aquela rapazaque me dixo que non.Tiña o pelo marróncomo os ollos e a cor.Eu quería estar con ela,pero... ela comigo non!

RAÚL FREIRE, 2º B ESO

Había unha vez unha rapaza chama-da Noa e un rapaz chamado Mar.Coñecéronse en verán e fixeron moitaamizade, pero a Noa gustáballe Mare ... a Mar... Pois a Mar, non. PeroNoa decidiuse e pediulle saír. Mar díxolle que si para non facerlle dano. Aínda que ao final fíxollo,era mellor que lle tivese dito NON. Noa, coas ganas que tiña de estar con el, lanzouse nos seusbrazos e ... Mar, enfadado, rodeouna coas súas ondas e... Noa afogou.

DIEGO PÉREZ, 2º B ESO

Amor: doume conta de que a vida é moi fermosa sempre e cando teñamos a alguén ao noso lado,sobre todo cando temos unha persoa pendente de nós, sinceira, que non minte, que cun bico nosleve ao ceo e que un aloumiño seu nos faga sentir que somos especiais. Unha persoa que cunhapalabra nos faga sentir bolboretas no estómago, con quen o noso corazón latexe rápido... Peroque non sexa unha nube que leve o vento, unha palabra escrita na auga que corre, nin un sentimentoque esquezamos en segundos. O amor é tan inmenso como o sol, tan eterno como a beleza dossolpores. Cando temos amor, as penas vanse e as tristezas vólvense alegrías, todo é marabilloso.

Moitas persoas din que isto non existe pero eu creo que ese sentimento é real, verdadeiro, algoque comparten dúas persoas, a loucura de amar e ser amado... poder dicir: QUÉROTE! e queoutra persoa che responda o mesmo.

TAMARA TENREIRO, 2º B ESO

AMOR... PODE SER ALGO PRECIOSO OU ALGO HORRIBLE. Se outra persoa sente o mesmo,podes acadar a felicidade, pero... se, polo contrario, esa persoa non sente nada por ti... a dor quesentes é MORTAL.

BRAIS LÓPEZ, 3º ESO A

L’amour, l’amour, toujours l’amour...

Agora lede unha carta de amor

Page 29: Ano académico 2009-2010

27

Homenaxe aos «Cabalos azuis» de Franz MarcHAIKUS de 3º A ESO

Azul pelaxee enormes corazóns.Son puro amor.

ÁGATA NGUEMA

Cabalos azuis.Nas pingas de xeada,gotiñas de luz.

ALEJANDRO PÉREZ

Cabalos azuis:¡Que bonita cor de pel!Son como o mar.

BRAIS LÓPEZ

Cabalos azuiscon negras cabeleiras.Fondo vermello.

NEREA E PATRICIA

Cabalos azuis,Paisaxe luminosa,Árbores brancas.

SILVIA E LUÍSA MOLINA

Corazóns azuisna pintura de Franz Marc:Vida salvaxe.

ADRIÁN E MIGUEL F.

Non é o ceo,nin a azul choiva.Só son cabalos!

MANUEL GRUEIRO

Á luz da tarde,os cabalos azuisbrillan no solpor.

DIEGO E MANUEL AMADO

As nubes baixas.Hai cabaliños azuisentre montañas.

ALEJANDRO PÉREZ

Page 30: Ano académico 2009-2010

28

Uns relatos mariñeiros

A LENDA DO MAR

Volvín a aquel recanto do areal no que afogara o meu mellor amigo. Non volvera alí dendeque acontecera a traxedia, no verán do 2005.

O meu avó contáranos unha lenda, un misterio que o mar escondía e que se mostrabasoamente o 31 de agosto cada 4 anos.

Estabamos no día exacto no que ocorrería aquel feito misterioso se a lenda fose verdade,e a curiosidade fíxome convencer a Alberte. Ámbolos dous sumerxímonos na aventura dedescubrir se tal cousa era certa ou non.

Á tardiña chegamos ó areal. Non había ninguén. Todo estaba deserto, coma se o medo seapoderase de todo o mundo –porque todo o mundo coñecía a lenda– e ninguén se quixeraexpoñer.

Roldarían as oito e media e Alberte e mais eu sentámonos na area. Ollámonos un ó outroe empezamos a falar. Acórdome que eu lle dixen: «Todo está en calma, amigo; teremosque acougar». E el respondeu: «Non creo que vaia pasar nada. Xa levamos un intre aquí exa ves, un día coma outro calquera».

Pasaron os minutos e, xa cansos de agardar por algo que nin sequera sabiamos se pasa-ría, decidimos meternos na auga e bañarnos. Como faciamos moitas veces, dispuxémonosa competir buceando. Cando subín á superficie, non vin a Alberte. Agardei un anaco, peronin rastro. Entón berrei por el todo o que me daba a voz. Alberte non aparecía. Fun pediraxuda ás casas máis achegadas. A xente foise xuntando no areal. Unha morea de persoasestiveron buscando nel pola area e polas penedas, tamén se incorporou á busca Protec-ción Civil cunha zodiac, pero todo foi inútil.

Botaron tres meses na súa procura, sen resultado ningún. Durante todo este tempo aculpabilidade roíame por dentro. Aínda así tiven que continuar cos meus estudos e amiña vida.

Catro anos despois, o mesmo día e á mesma hora, todo era diferente. Cando cheguei ápraia, quedei abraiado: a baía estaba ateigada de xente. Todos estaban ollando o mar;uns buceadores atoparan algo estraño enganchado no temón dun barco. Sacárano á su-perficie, e eran os restos dun corpo humano. Decontado chegou a Garda Civil. Achegáronoá area e, coa axuda dun forense, descubriuse que era Alberte, e que morrera por unhaparada cardiorespiratoria.

O meu pesadelo rematara. Agora sei que a lenda non se cumpría e que eu non era oculpable. Simplemente ese era o destino do meu amigo Alberte.

CARLOTA VARELA VILLADÓNIGA (1º ESO B)

NOITE DE VENTO E TRONADA

Aquela noite non puidera durmir, co vento e a tro-nada. A verdade é que tamén estaba nunha situa-ción incómoda, porque meus pais marcharan devacacións e eu estaba só na casa. Cada vez quecomezaba a cabecear, sentía unha vaga de ventona ventá e parecía que a ía romper. Entón decidíncoller un libro. E desa forma entroume un sono pe-sado e adormecín de certo.

Page 31: Ano académico 2009-2010

29

Cando me erguín, mirei pola fiestra cara á praia e todo estaba no seu lugar, pero eu tiña a sensa-ción de que algo raro estaba pasando, ou pasara xa, esa noite na praia.

Despois de vestirme, botei un chisco de auga na cara para espertar ben. Logo fun á cociña ealmorcei.

Ese día tiña gana de verme co meu amigo Xan e ó redor das doce funo chamar á súa casa, queestá a uns cincuenta metros da miña. Decidimos baixar á praia e polo camiño contoume que tiveraun soño moi inquietante e púxose a contarmo.

— Pois que un barco, o Rondiro, navegaba por aquí próximo á costa e, pola forma de vestir atripulación, aquilo parecía ocorrer no século XVIII. Máis concretamente, no 1705. E o máis curio-so, ¿sabes que é?... Que non teño nin idea como sabía eu con exactitude o ano no que aquiloestaba a acontecer.

Asusteime. Mellor dito, impresionoume moito todo o que me dixera Xan. Ó chegarmos ó areal,seguimos falando do soño mentres que andabamos polas rochas e, de repente, vimos entre aspedras un pequeno cofre que tiña unha insignia que levaba inscritos os números 1 – 7 – 0 – 5.Puxémonos moi nerviosos e intentamos abrilo dándolle á pechadura cunha pedra. De súpetosoltouse o broche e cando estabamos a punto de abrilo… ¡Erguinme dun brinco, suando!

¡Todo fora un soño!

CARLOS PENA RODRÍGUEZ (2º ESO A)

O MARIÑEIRO GALEGO

Antes de nada, situémonos. Estamos no Lago Ness, en Escocia.

Un grupo de científicos están investigando sobre a existencia domonstro. Xa levan case catro anos e aínda non conseguiron pro-ba ningunha. Os patrocinadores, xa cansados da falta de resul-tados, déronlles ata o remate deste cuarto ano de investigaciónpara atopar algo, por insignificante que fose. Se non se cumpriseesa condición, retiraríanse tódolos cartos.

Os científicos pensaron, entón, en deixar de buscar dende terracon aparatos electrónicos de última tecnoloxía e pasar a investi-gar en pleno lago. Daquela, decidiron contratar os cinco mellores mariñeiros do mundo: un finés,un estadounidense, un portugués, un sudafricano e, como non, un galego –concretamente, deRianxo-. Todos aceptaron rapidamente o emprego, agás o galego, que, despois de pedirlles variasveces «que non lle viñesen con lerias de monstros e bechos raros», acabou aceptando ó decatarsede que se trataba dun contrato serio.

Uns días despois, xa en Escocia, os mariñeiros saíron á procura con cadanseu equipo e cadansúaembarcación coa tripulación correspondente. Ao segundo día, aló pola tardiña, tódolos mariñeirosvolveron con algunha pequena proba, que, cun pouco de fe, podería xustifica-la existencia domonstro, xustificación na que o galego tamén disentiu.

E disentiu porque un cacho antes de que os demais volvesen a terra, el collera algo grande. Trashora e media de loita entre «a besta» e a tripulación, ó final a peza foi subida a bordo. O mariñeirogalego deu por feito que aquel era o monstro. En realidade, non se parecía nada ao que describenos contos. Tiña forma de peixe xigante, cunha especie de aleta no lombo con forma de cabeza.

A medio camiño cara ao punto de reunión con tódolos implicados na investigación, o galego deuseconta de que este era un ser vivo único no planeta e que, se llelo entregaba aos científicos, contódalas probas que lle ían facer e todo, acabaría morrendo. Así que decidiu volver a botalo ao

Page 32: Ano académico 2009-2010

30

lago; pero antes, arrincoulle dúas escamas: unha para el e outra como proba, e gardounas no seucamarote. Ao chegar a terra, os mariñeiros foron entregando as probas, pero as escamas xa nonestaban no lugar que o rianxeiro as deixara, cousa que ós científicos non lles importou, xa quecosas pequenas probas que os demais achegaran, xa lles abondaba para teren salvada a investi-gación.

Cando o noso mariñeiro voltou a Rianxo, amigos e os familiares organízáronlle unha festa rachada.

El seguiu saíndo a pescar de cando en cando (agora por pura afección, porque os cartos que llederan os científicos chegábanlle para vivir ben o resto da vida), e cada vez que saía, collía morease moreas de peixe.

Un día chegou a recoller no aparello un peixe que concedía desexos e mais un mapa do tesouro…Pero esas son outras historias.

Ah!, case o esquezo! As dúas escamas do monstro!… Ao remate, as escamas encontrounas nopeto do pantalón, no peto do pantalón que usaba os domingos para ir dar unha volta pola ribeira,sen chegar a explicarse nunca cómo foran dar alí. Para ser exactos, atopou unha escama e maisun diamante.

O diamante… tamén é outra historia. A escama, enmarcouna e colgouna na parede da sala da súacasa como memoria do día no que un galego pescara o monstro do Lago Ness.

CARLOS BOUZA CASTIÑEIRA (2º ESO – A)

XANTEMOS MENTRES NONESCAMPA

Xa hai ben anos, nunha casa grande da parroquia deCentroña vivía un matrimonio. Pepe, o home da casa,dicidira ir pescar luras para o xantar e quedara de vol-ver sobre a unha e media.

Alí, no peirao, o mar estaba tranquilo, era un día de sole as gaivotas víanse ó lonxe voando suavemente.

Pepe tiña moita paciencia para pescar, pero aquel díaos piexes non picaban e decidiu dar unha volta polo por-to. Alí atopou con Xoán, un amigo de vello. Estiveron falando un bo anaco e acordaron ir ó bar.

Alí perderon a noción do tempo. Mentres, sen máis nin máis, levantouse un vento ameazador.Desapareceu o sol e non se vían máis ca nubes negras. Logo comezou a chover e incluso caíaalgún que outro lóstrego.

María, a muller de Pepe, comezou a precocuparse. Xa eran as dúas e media e o seu home aíndanon chegara á casa. Pepe, como ía moi mal tempo, decidiu quedar no bar ata que o día calmara unpouco. Comeu alí e pensou en como o debería de estar pasando a muller, pero o máis razoable eraagardar alí a que pasase a treboada. Eran outros tempos e non había móbiles… E poucas casastiñan teléfono fixo.

María acendeu a radio nos informativos e escoitou unha nova que lle produciu arrepío. Dicían queno porto afundiran moitas lanchas e que se atoparan algúns corpos no fondo. Nunha arroutada,María saíu cara ó peirao. Efectivamente, alí non estaba a lancha de Pepe e deu por feito que ohome morrera. Un sentimento de perda do seu compañeiro invadíalle o corazón e a muller desfacíaseen bágoas. Deseguido, foi falar co cura e os veciños foron avisando uns ós outros para facerlleunha misa alí mesmo, no porto.

Page 33: Ano académico 2009-2010

31

Durante a misa, o ceo despexou e Pepe despediuse de Xoán para busca-la lancha e as súascousas, e alí atopou unha morea de xente reunida co cura. Entón achegouse para ver que pasara.Cando a xente o viu, asustouse porque pensaba que era unha pantasma, pero el acougounos.

— Que pasa aquí? A que se debe esta misa?

— Oh! Pero ti non estabas morto? –dixeron tódolos veciños a coro.

— É que non volvías á casa e era moi tarde. Xusto no momento no que comecei a inquietarme,saíu nos informativos que morrera moita xente no porto por causa do temporal. Como a túalancha non estabal aquí… –dixo María.

María deulle unha aperta moi forte e fóronse para a casa.

O que vos acabo de contar, por curioso que pareza, aconteceu de certo. Así que, cando vos pasealgo parecido na vosa casa, acougade e informádevos ben.

VERÓNICA FACHAL VÁZQUEZ (2º ESO A)

UN DÍA DE PESCA

Aínda non sei por que, pero aquela mañá esperteicon ganas de ir pescar. De feito, nin almorcei. Prepareiun par de bocadillos, cunha xenerosa cantidade dexamón e, xunto cunha gran botella de auga, metinosna miña mochila. Vestinme ás présas e collín o meufardelo coas cousas que se precisan para facer unhaboa pesca. Pero, para o meu desgusto, non me que-daban nin anzois nin miñocas. Sentín rabia, peroalegreime ó darme conta de que podía ir na miña dor-na a Ribeira para mercalos. Aínda que de Xuño aRibeira leva un bo anaco por mar…

Inmediatamente saín da casa. Aínda estaba a rosadana herba e o Sol non quentara a terra, pois non pasaran nin trinta minutos dende o amencer.Dirixinme cara ó embarcadoiro que o meu avó construíra había moitos anos detrás da miña casa,xusto ó lado das Furnas.Subin a bordo da miña dorna, soltei os cabos e saín ó mar. Observei agran extensión de mar diante de min, a costa de Corrubedo e o ceo, todo despexado, menos unpequeno anaco ó norte, no que se vían nubes de tormenta. Todo tranquilo. Demasiado tranquilo,pensei. Pero ese pensamento pronto se esvaeceu da miña cabeza ó dar a volta a Corrubedo.Puiden observar a gran Ría de Arousa, e as illas de Sálvora e Ons sen ningún atranco. Acerqueimea terra para poder deixar a miña dorniña na praia de Coroso. Amarrada a barca, dirixinme á tendade pesca A poutada. Alí estaba o dono, Xavier, un amigo meu. Estivemos a falar un bo anaco.Sempre facíamos iso, aínda que cada semana, por unha cousa ou outra, nos encontrabamos.Elixín, despois, uns anzois de ferro do tamaño axeitado para pescar unhas xardas, e unhas miñocasdo Carreiro. Feliz pola miña compra, que me deixaba cumprir o meu desexo de pescar, volvín saíró mar. Fun dereito ó meu sitio favorito para pescar, ao lado da Illa de Rúa. Aínda tardei un boanaco en chegar, pero pagou a pena. ¡En vinte minutos collín trece xardas! Unha cousa conseguira:non ía ter que mercar máis peixe nunha semana. Nada máis pensar niso, entroume unha famenegra. E é que entre pitos e gaitas, xa eran as doce da mañá e eu sen almorzar. Devorei un dosbocadillos que, por certo, estaba moi bo. Satisfeita a miña fame, dispúxenme a seguir pescando.Pero algo estraño ocorría; escurecera de súpeto. Estrañado, mirei cara ós lados, e axiña tiven

Page 34: Ano académico 2009-2010

32

resposta: aquela petada de nubes, convertérase nunha xigantesca tormenta que se dirixía cara amin. Ó instante púxenme a funcionar: acendín o pequeno motor da barca e puxen rumbo a Xuño.A reacción foi rápida, pero a tormenta foi máis rápida ca min. Ó pouco, vinme rodeado dunhasolas de dous metros que golpeaban a miña dorna. Non me detiven a observar, pois non queríarematar batendo contra algunha peneda. A idea do naufraxio medraba a cada tanto, xunto comedo e as olas. Aínda non comezara a chover, pero uns ameazadores raios caían relativamentepreto de min. Acelerábaseme o pulso. Respiraba cada vez máis rápido. Dei a volta e o último querecordo foi unha xigantesca ola rompendo sobre min.

Non sei canto tempo pasou, pero espertei sobresaltado aboiando preto duns anacos da miñadorna. Aferreime ó máis grande, pois as olas non cesaran aínda. Sabía que ninguén poderíarescatarme, pero comecei a pedir axuda, e o único sonido que me respondeu foi o zoar daquelvento frío.

Pouco a pouco, o cansazo ía vencendo á desesperación, e eu ía pechando os ollos, pechando osollos… para non volver a abrilos.

Polo menos ocorreu no meu lugar preferido, o mar. Aínda que se soubera que o meu final ocorreríanel, dubidaría desa preferencia.

Pero, preguntarédesvos... como estou eu contando isto, quen son eu ou que é o que son...

A verdade, non importa quen sexa. O único que importa son Ribeira, Xuño e, en especial (sobretodo), o meu mar.

ÓSCAR PÉREZ VILA (1º ESO – A)

UN ANO POR SAN XOÁN

Todos os anos, na noite de San Xoán,baixamos á praia pequena que hai en fronteda miña casa. A iso das sete e media ou oitoempezamos a baixar as toallas, uns cantospaus para prender lume e, por último, o pan,as bebidas e as sardiñas. Meu pai empeza aasalas mentres que a miña nai vai polos in-gredientes da queimada.

O ano pasado, en concreto, cando acabamosde comer as sardiñas e iso, o meu pai viu unhaluz estraña aló na praia de Sada que cada vez se acercaba máis. Uns crían que era Costas,outros, a Garda Civil… Aquilo era horrible: ver a toda amiña familia argallando como recoller ecomo esconderse para que non os visen. Uns corrían cara ás rochas, onde había unha especie deburato no que te podías agochar; outros subían escaleiras arriba para ver se chegaban á casa…E eu quedei sen moverme e sen saber qué facer mentres vía como cada un procuraba un sitio eescoitando aquel boureo horrible que armaban. De súpeto tocáronme no lombo. Pensei que medaba algo, co medo. Dei a volta e peguei un berro descomunal.

E a que non sabedes quen era? Pois o meu padriño, que viña no bote xogando coa lanterna.

Cando todos viron quen era, botaron a rir e a dicir que xa o sabían, que eles non colleran medo.

-¡Non, que va! -dicía eu, aínda co corazón a todo bater.

Aquela noite foi xenial!

ÁNGELA ALAGE (1º ESO A)

Page 35: Ano académico 2009-2010

33

Entrevista a... MIKEL

Un novo profe entrou este ano no noso cole. Sabemos que é un gran deportista e que ten unha vida moi

activa que hoxe intentaremos descubrir un pouco máis… Comezamos coas preguntas:

- ¿Que impresión che deu o cole a primeira vez?

Moi boa, estupenda, familiar.

- ¿Por que estudaches inglés, non che interesaban outras cousas?

Non había tantas oportunidades como, tantas facilidades como hoxe en día. E si queme interesaban moitas outras cousas, pero non se pode facer todo.

- Polo que sabemos, es un bo deportista, ¿que deportes practicas?

Son deportista de alto nivel en vela, campeón de España, de Europa e 6º do mundo.Practico vela, karate, mergullo, pesca, bicicleta…

- Como podes observar, estamos moi ben informadas

e sabemos que tiveches a oportunidade de coñecer

distintos lugares do mundo, ¿que tal a experiencia?

Estupenda, imaxinade! Competindo nunhadas regatas máis prestixiosas…

- Falando de regatas, ¿cal foi a última?

O Volvo Ocean Race, unha regata organi-zada polo Royal Ocean Racing Club, quepercorre todo o mundo e celébrase cada tresou catro anos.

Agora pasamos a temas máis persoais:

- As túas tatuaxes, ¿a que se deben?

Gústanme as tatuaxes.

- Defínete a ti mesmo en tres palabras.

Xusto, testán e activo.

- ¿Que levarías a unha illa deserta?

A miña Leatherman (navalla multiusos), poderíame salvar a vida.

- ¿Cal é o nome de muller que máis che gusta? ¿E o de home?

Rosa. Mikel !!!

- ¿Que propósitos tes para este curso?

Saír de aquí vivo (risas).

- ¿Participas nas tarefas do fogar?

Basicamente as fago eu.

- ¿Que recordos tes dos outros centros de traballo?

Moi bos, agás algún puntual. Gústame ensinar.

- ¿Que che gusta facer no teu tempo libre?

De todo, pero fundamentalmente deporte ou actividades na natureza, enredar notaller…

Page 36: Ano académico 2009-2010

34

-¿Que acostumabas facer de máis novo?

Deporte, saír cos amigos, coñecer mundo, escapar por aí… o que pasaba é que nontiña moitos cartos.

- ¿Onde coñeciches á túa moza?

En Ferrol.

- ¿Que é o que máis che gusta da túa vida? ¿E o que menos?

Todo. O que menos… nada, ben, gustaríame ter máis tempo libre e pelexar menoscos alumnos.

- ¿Cambiarías algo da túa vida?

Non.

- ¿Como pensas que será o teu futuro?

Estupendo! Retirado xove, con cartos e dando a volta ao mundo por pracer.

- ¿Hai algún lugar onde che gustaría especialmente vivir?

Si, en Nova Zelanda ou en Xapón.

- ¿Cal é a comida que máis che gusta?

Arroz malaca, un arroz que inventei eu no Estreito de Malaca, navegando.

- ¿Cal é a túa música preferida?

Rock and roll, Rock duro e Heavy.

Moitas grazas pola túa colaboración, Mikel, e esperamos que cumpras os teus soños e que este curso

remate ben para ti.

Entrevista a... ANTÓN PREGOEste ano, tamén lle tocou «sufrir» a nosa entrevista a Antón Prego. Fixémoslla na clase de Plástica,

comendo as súas galletiñas e bebendo o seu zumiño… Comeza o bombardeo, primeiro unhas preguntiñas

suaves, de tipo profesional:

- ¿Cantos anos levas nesta profesión?

Levo sendo mestre 18 anos…

- ¿Por que deciciches estudar isto?

Alégrome moito de que me fagades esta pregunta. Estudei Belas Artes e comeceitarde a carreira porque en Galicia non a había, pero sempre tiven o desexo de facela.

- ¿Onde realizaches entón os teus estudos?

En Salamanca. En Santiago gradueime en Artes aplicadas e especialiceime en talla-do de pedra.

-¿Cal é o mellor recordo que gardas deste cole?

Recordo as actividades de teatro que fixemos con bonecos. ¿Anécdotas? Ummmh…Quedamos un par de veces encerrados na clase de Plástica, jejeje…

- ¿Gustaríache cambiar de traballo?

Siii… todos os días, jejeje… Gustaríame ser membro do COI (Comité Olímpico Inter-nacional), gañan moitísimos cartos e só lles fan a pelota.

Page 37: Ano académico 2009-2010

35

- Temos entendido que estás moi interesado pola Arqueología e a Historia. Cóntanos un pouco sobre esa

afección.

Pertenzo a unha asociación para a protección do Patrimonio cultural. Son o Presi-dente.

Comezamos con algo máis... persoal:

- ¿Que prefires: praia ou montaña?

Jejee… síntome como Alejandro Sanz… Prefiro montaña, vivo ao lado da praia e xame cansa.

- Se foses un animal, ¿cal serías?

Pois… unha ameba, jejeje…

- Comida e bebida favoritas

O caldo galego e a auga, ben simple.

- ¿Con que estilo de música te sentes maís identificado?

Co tango, por suposto, non o dubido.

- ¿Tes algún obecto que gardes con especial cariño?

Pois… moitos, teño a casa chea de cachivaches.

- ¿Es un bo «cocinillas»?

Non, iso faino sempre a miña muller.

- ¿Axudas nas tarefas da casa?

Menos cociñar, fago todo o demais.

- Unha afección preferida:

Cantar tango, coidar do xardín, estar cos meus fillos, debuxar… non sei… ¡teño tantas!

- Defínete cunha única palabra.

Alcachofa, jejeje… Non, non, defínome como… AÍNDA (resposta dadaísta).

- ¿Que é o que máis che gusta do mundo?

A vida mesma.

- ¿Hai algo que sempre levas contigo?

Unha navalla suíza.

- Entre os profes-as, gardas algunha relación máis estreita con algún-ha? Anda, móllate…Non. ☺

- ¿Tes algunha obra de arte preferida?A fonte de Marcel Duchamp.

- ¿Cambiarías algo da túa vida?

Non.

-¿Que é o que máis che gusta da vida?

Os meus fillos.

Ben, pois xa vedes como é o noso profe. Grazas por aguantarnos unha vez máis e por facer esta entrevis-

ta tan familiar e divertida. Esperamos que agora todos te coñezan algo mellor.

MARINA, SARA e ANDREA (4º A ESO)

Page 38: Ano académico 2009-2010

36

UVL(unidade de vixilancia lingüística)

Pois este ano, como prometemos, tocounos vixiar a nós. Xa sabedes dende o ano pasado que osprofes falades moi «malamente» e que vos tivemos «arrodeados» e estivemos vixiándovos durantetodo o curso. Non vos lembrades daquelas risiñas que de cando en vez escoitabades na clase?Je, je, je...

Pois estabamos gravando no «disco duro». Así que agora aquí tedes estas historias, meteduras depata, erros, momentos nos que rimos con vós... (dixemos «CON VÓS»??? Ejem... máis ben, DEVÓS...). VAN. PREPARÁDEVOS...

1. Conversa entre Begoña, Marina e Sara:– SARA: Profe, Marina debuxa fatal, verdade?– BEGOÑA: Si, xa o sei, pero se calca...

(viva a sinceridade!)

2. Estamos en clase de Mates sen facer nada.– ROSA (cabreada): Xo! É que non facedes nada!!!

(XO é tradución galega de JO!)

3. Na clase de Mates, Aneiros cae da silla e todos rimos.– ROSA: Sois tontos a mazo!

4. En clase de Lingua galega, Andrea dá un berro.– BEGOÑA: Andrea, cala, non berres! Cada vez tes máis voz de pito! (Risas...).

5. En clase de Francés, repasando algo xa explicado. Vilariño contesta todo mal.– CARMEN: Mon dieu, mon dieu, mon dieu!!!

(Con todo de desesperación)

6. Facendo exercicios de Lengua española. Cada exercicio é máis difícil có anterior.– ANA ANDRÉS: Cada vez se ponen más capullos, eh??

7. En clase de Plástica, entrando.– SARA: Dios, profe, que frío! A ver cuando compramos radiadores!!!– PREGO: ¿Qué? ¿Que tenemos que comprar tenedores??

8. En Plástica, mirando unha foto de Frida Khalo.– PREGO: Mirade, esta é socia de UNICEJ como yo...

¿Que vos pareceron, profes?

Page 39: Ano académico 2009-2010

37

Lede un contiñoescrito por MARÍA LAGE (4º B Primaria)

Un día Perla, unha gata branca de ollos azuis, foi ao parque co seu dono Daniel. Perla viu un ratoe entón comezou a correr tras del. Daniel, desesperado, berraba:– Perla, onde estás?E ela contestáballe:– Aquí, aquí!Daniel pregontoulle a un reiseñor:– Viches unha gata branca de ollos azuis?O reiseñor díxolle:– Non, non a vin.Despois Daniel preguntoulle a un verme:– Viches unha gata branca de ollos azuis?– Non, non a vin.Ao final, Daniel preguntoulle a unha formiga:– Viches unha gata branca de ollos azuis?A formiga respondeulle:– Si, non é esa?E viu a Perla xogando cun ovillo de la dunha vella.

CREANDO EN GRUPO

O «cadavre esquís « era un antigo xogo de salón que adoptaron os surrealistas franceses. Tratábasedun xogo colectivo no que alguén anotaba unha frase nun papel e o seguinte participante continuabaa historia, dobrándoo para que o terceiro só vise o escrito por el e continuase de novo (e asísucesivamente).A nós saíunos un cadáver exquisito moi chulo. Aí vai (cada guión esta creado por un de nós lendosó o que escribiu a persoa inmediatamente anterior na escritura):– O vento facía moverse as pólas das árbores producindo un ruído arrepiante.– Dábame moito medo estar alí, polo que decidín chamara miña nai para dicirlle que viñera por min, cando desúpeto... ¡PLOF!, un estrondo terrible!– A casa en ruínas que tiña detrás miña estábase aderrubar. Por fin collín o teléfono e escoitei os berros dosmeus amigos. Pasei moito medo, seguiamos sen saberque era aquilo. Colguei. Algo me tocou nas costas...

Page 40: Ano académico 2009-2010

38

– Voltei e vin que era só unha póla pero o medo que sentía non cesou... Pola contra, foise apoderandode min.– Era noite pecha e non podía co ruído. Todo era moi confuso, ía por todas partes dando tumbossen atopar a saída do bosque. Nunha destas, caín e non espertei.– Tardei unhas cinco horas en espertar e cando o fixen vin un home.– O home apuntoume cunha pistola.– Obrigoume a darlle todo o que levaba enriba.– Pero eu non lle fixen caso e fuxín.– Ás veces é mellor pasar de todo, non facer caso e fuxir...– E cando parei de correr, mirei ao meu redor e vin moitísimos homes e mulleres mirándomefixamente.– Tiven moito, moito medo.– O medo seguía no meu corpo e eu pensei que ía seguir alí, atrapado para sempre.– Ata que me dei conta e comecei a berrar para que alguén me axudase.– Lamentablemente ninguén veu axudarme e quedei aí sen sequera moverme.– Non puiden facer outra cousa. Só quedei alí.– Xa non tiña remedio. Agora xa non hai remedio!

(3º ESO A)

AGORA FAGO MEMORIA

E ESCRIBO UNS «LEMBRO»:

LEMBRO cando caín do bambán, pobre a miña cella!LEMBRO o meu primeiro gol. A rede estaba rota.LEMBRO a miña primeira camiseta, número 21.LEMBRO os parruliños. Eu era o máis grande.LEMBRO o meu primeiro exame, que nervios!LEMBRO o meu primeiro día na neve: todo branco.LEMBRO o meu primeiro día na piragua. Fun á auga cinco veces.LEMBRO aquel gol… Fomos campións de España.LEMBRO a excursión á Expo. Canta auga!

JUAN PICOS

ESCRIBO UNS «TEÑO MEDO»:

A que o mundo me dea as costas e quedar soaA perder o que máis quero na miña vidaA que haxa unha noite sen fin e un día sen principioA que un día non haxa mañá.A ter medo a non ser valente fronte a cousas que me parece que non deberían existirÁ perda dalgún dos sentidosÁ falta de ilusión, de felicidade, do amor, da compañía da xente… Á falta do mar, das montañas,do ceo…A desaparecer do meu mundoA viaxar a un lugar soñado e non volver nunca máisA quedar no medio do mar, soa, ou no medio dun espazo sen fin.

SARA DÍAZ

Page 41: Ano académico 2009-2010

39

Din os expertos en cómic (que oshai) que a liguaxe da banda deseñadaé un medio de comunicación baseadona sucesión de imaxes, acompañadasou non de texto, que narran unha his-toria de xeito secuenciado, é dicir, quea historia narrada ten sentido pola lec-tura de cada unidade de imaxe-textonunha orde ou secuencia determina-da. Tamén din os expertos que estamaneira de contar historias non é uninvento recente, que xa se fixo antesna historia da humanidade en distin-tas ocasións: as narracións sagradasdos templos e pirámides do antigoExipto, os relevos da columna que con-tan as conquistas do emperador Traxa-no en Roma, o tapiz de Bayeux querefire a conquista de Bretaña por par-te de Guillerme o Conquistador, etc.

Entre os precedentes do cómic, e máis achegados a nós, están as aucas ou aleluias. Estamaneira de narrar con textos e imaxes foi moi popular en España dende o século XVII ata benentrado o XX, porque era un dos poucos entretementos que a xente humilde podía disfrutar. Onarrador de aleluias era unha persoa, moitas veces cega, que recitaba historias en versosoctosílabos rimados en consonante e con moitos ripios, imitando o xeito de sermonear dos cregos(de aí o de aleluia) e, en ocasións, acompañándose dalgún instrumento musical coma a zanfonaou o violín para engadir musicalidade e dramatismo ás historias. Estes narradores achegábansepolas aldeas nos días de feira ou polo patrón, despregaban unha lona con estampas debuxadasque ilustraban o conto e o público os arrodeaba de contado, ansioso por escoitar. Lanzábase logoa recitar as historias namentres o seu axudante neno sinalaba cun pau a estampa correspondentea cadanseu verso. Ao final da actuación, o neno pasaba o cazo para recadar o pouco que ospaisanos lles podían dar en pago polo momento de lecer.

As historias que máis gustaban eran as de amores imposibles, as de crimes arrepiantes acon-tecidos nalgún lugar non moi lonxano ou as aventuras dalgún bandoleiro famoso con tráxico final.Tamén eran do agrado da xente os contos moralizantes de ton xocoso, cunha moralexa final decarácter educativo. Este foi o tema que escollín para facer a Auca dos irmáns Raposo ou

como triunfar na vida sendo un rapaz estudoso e que podedes ler nas páxinas seguintes.Espero que sexa do voso agrado e que saquedes proveito da ensinanza que leva a moralexa doremate.

ANTÓN PREGO (profe de Educación Plástica e Visual)

As aucas ou aleluias

Page 42: Ano académico 2009-2010

40

Page 43: Ano académico 2009-2010

41

Page 44: Ano académico 2009-2010

42

Trucos para aforrar enerxía

AÍ VAN UNS CONSELLOS. ESPERAMOS QUE VOS SEXAN DE UTILIDADE

- Bombillas de baixo consumo:

Para a iluminación exterior e as principais inte-riores, xa que se as poñemos nas de uso

intermitente gastamos máis porque estas bombillasnos primeiros 5 minutos quéntanse e consomenmoito, e por iso non son rendibles nos lugares deuso intermitente.

- Aforro de auga:

Para aforrar auga, nas construcións ecolóxicasúsanse griferías con topes para botar menos auga educhas que disponen de aireadores que mesturan oaire e a auga, conseguindo así reducir un 35% deconsumo de auga. Este sistema consome 10 litros/minuto, cando o habitual é consumir de 15 a 20 li-tros/minuto.

- Placas solares térmicas:

Son unhas placas que están orientadas cara aosur, para captar mellor a luz solar. Úsanse paraquentar a auga que se almacena en tanques de 1000,2000 e 4000 litros de capacidade. A auga que sobravai á piscina. Este sistema é un apoio ao sistemaconvencional. Os paneis solares térmicos tamén se

utilizan para a calefacción por chan radiante que traballa de 40 a 45ºC.

- Aproveitar a auga para o rego:

As augas negras e as augas grises sepáranse e depúranse nas súas propias depuradoras, peroaínda así esta auga non é apta para o consumo por non ser depurada con produtos químicos eóptase por vertelas ao campo porque posúen

nutrientes e serven para o rego.

- Ocos acristalados:

En dirección ao sur as portas son de cristal para aproveitar a calor, e cara ao norte, de madeira,para evitar o frío.

Page 45: Ano académico 2009-2010

43

- O compost da comida:

Os restos da comida compóstanse nunhascaixas de madeira que están ventiladas parafavorecer a degradación aeróbica da materiaorgánica pola acción de microorganismos e,deste xeito, convértese en abono natural. Oabono serve para que medren as plantas naleira.

- Limpeza de augas negras:

A auga máis sucia límpase nunhadepuradora aeróbica, que consiste en intro-ducir aire e bacterias que limpan a contami-nación orgánica. A auga más limpa depura através de plantas.

- Separación de augas negras e grises:

Sepáranse as augas do WC das augas dolavamáns e da ducha. As augas do WC, máiscontaminantes, van a unha depuradorabiolóxica que degrada a materia orgánica a ni-tratos e fosfatos e as augas menos contami-nantes, ou sexa, as da ducha e do lavamánsdiríxense a unha depuradora eficaz pero máissinxela. Unha vez depurada a auga, condúcese por unha serie de canles ata a leira onde éaproveitada para o rego, xa que non son aptas para o consumo mais conteñen nutrientes (nitratose fosfatos).

- Tratamento da madeira con Lasur:

É un tratamento que se lle dá á madeira a base de vernices ecolóxicos e menos contaminan-tes. Estes vernices teñen un acabado semellante aos tradicionais, feitos con materiais quepermiten a respiración da madeira. O Lasur é un produto altamente ecolóxico e feito a base deresinas acrílicas sobre unha base acuosa. Deixa os poros da madeira abertos, o que posibilita atranspiración.

Facede caso, así viviremos nun mundo mellor!

IAGO PENA MORADO (1ºA)

Page 46: Ano académico 2009-2010

44

Un día para a memoria

Foi un día moi divertido. Estaba de vacacións en Bar-

celona e fomos ao parque de atraccións do Tibidabo.

Subín en todas as atraccións e despois fomos comer

ao restaurante do parque. Pola tarde volvín outra vez.

Meus pais estaban cansos de perseguirme e acaba-

ron sentando nun banco para esperarme. Ao final da

tarde estaba moi canso, cansadísimo, pero pasárao

tan ben… Será un día que sempre levarei nos meus

recordos.

DAVID VIDA (3º A ESO)

Foi un día fantástico. Era o derradeiro día no cole. Sempre o gardo na memoria porque despois de

darnos as notas e ter todos case todo aprobado, saímos do cole moi felices e con ganas de que

chegase xa o bo tempo. Agora, cando o estou a recordar, póñome triste porque o verán alá se

foi…

DIEGO LÓPEZ (3º A ESO)

Foi un día especial. Nunca o esquecerei porque foi o día que naceu o meu curmán Brais. Eu fun

velo ao día seguinte ao hospital. Era a habitación 304. Entrei e alí estaba el, durmido. Cando

espertou collino no colo e el abriu os ollos, ollos dunha cor entre gris e azul, grandes. En resumo,

pareceume un bebé precioso.

IRENE (3º A ESO)

Foi un día alegre, pero triste á vez. Eu non sabía a onde ía. Só me dixeran que o pasaría moi ben

e que estaría cos meus amigos. Eran as 9,00 h. da mañá e aí comezou a catástrofe. Todos os

nenos choraban. Miña nai díxome adeus. Eu achegueime a ela e díxenlle que quedara, que non

marchase. Pero ela non me fixo caso e foise. Despois apareceu unha muller que comezou a xogar

con nós con pelotas e plastilina. Aí comezou todo: xa estaba no colexio para sempre!

MANUEL AMADO (3º A ESO)

Page 47: Ano académico 2009-2010

45

Un par de concursiños:

1. Rimos un pouco?

Fixemos o concurso con imaxes que a nós nos pareceron simpáticas. Os gañadores recolleron un

agasallo «humorístico», aínda que a algúns non lles fixo moita gracia… ☺

Un concurso que fixemos en abril. Estes foron os gañadores que recibiron a súa imaxe enmarcada.

Esperamos que vos gustasen.

2. Imaxes que falan

Page 48: Ano académico 2009-2010

46

Estivemos en Lucus Augusta

Os e as de CUCA estivemos enLugo cos rapaces e rapazas do IESAs Mariñas. O día 10 de marzosaímos do cole pola mañá. Fomosen coche ata o IES As Mariñas e alícollemos o bus co alumnado desecentro e dúas profes. Ao chegar aLugo, pola mañá, fixemos un xogoque as profes nos tiñan preparadosobre a cidade, dentro das murallas,con cousas relacionadas coa Cultu-ra Clásica, tan importante en Lugo.As preguntas eran, por exemplo, quefacían os lucenses coa lotería paraque lles tocase... Ninguén o sabía.E outras como quen eran as esta-tuas que había na portada da cate-dral... tampouco a sabiamos. Entón argallamos unha solución: ir á oficina de turismo! XD Alírespondemos todas!

Despois fomos ver a casa dos mosaicos, en pleno casco vello. Ao rematar as profes, Marisa,Joaquina, Chelo e Begoña, deixáronnos un rato libre. Fomos ver a Catedral e alí tivemos unpequeno accidente: Carla case cae polas escaleiras por culpa de Adrián... JE, JE, JE...

Almorzamos nunha cafetería da Praza Maior, tomando o sol porque ía un día precioso, e alí falamoscon moitos rapaces do IES As Mariñas, moi simpáticos por certo... :-)

Despois de comer fomos dar un paseo polo adarve da muralla, que nos gustou moito. Sacamosfotos en grupo (aí tedes unha ben chula) e pasámolo moi ben. Hai unhas bonitas vistas da cidadedende as alturas, tellados, xardíns, árbores... e a verdade é que merece a pena ir por ela paseando.

Á tarde fomos ao que fomos realmente: ver unha comedia de Plauto, OS XEMELGOS. Foi moisimpática e rimos moitísimo. Os actores eran rapaces coma nós, dun Instituro de A Coruña. Nela

o tema era o de dous irmáns xemelgos quese separaran de pequenos por un imprevistoe que nun momento se atopan dunha formamoi especial e é neses actos nos que se pro-ducen equívocos e enredos pola súaidentidade.

Pasámolo moi ben. Temos que volver!

Poderemos?

CARLA, IRENE e ADRIÁN

(CUCA 3º ESO A)

Page 49: Ano académico 2009-2010

47

Os nenos e nenas de 5 anos fixemos moitas cousaseste curso.

EDUCACIÓN INFANTILEDUCACIÓN INFANTILEDUCACIÓN INFANTILEDUCACIÓN INFANTILEDUCACIÓN INFANTIL

No Magosto e noSamaín…Comemos castañas, Corre,Corre Cabaciña…!!

No Nadal…Fixemos unha obra de teatro…”A árbore sen follas”

Na Paz…Que todos os nenoslevanten as mans... Quevivan a paz e o amor!

No Antroido...Mulleres Maravilla e Batman!!

47

Page 50: Ano académico 2009-2010

48

Saídas!!Saídas!!Saídas!!Saídas!!Saídas!!Que ben... fomos de excursión!!

MACUFArte !

BIBLIOTECADE MIÑOLectura!

PAZO DA ÓPERAMúsica!

48

Page 51: Ano académico 2009-2010

49

Chegou a PRIMAVERA ao Castro Baxoi!!Chegou a PRIMAVERA ao Castro Baxoi!!Chegou a PRIMAVERA ao Castro Baxoi!!Chegou a PRIMAVERA ao Castro Baxoi!!Chegou a PRIMAVERA ao Castro Baxoi!!

Coa colaboración dasfamilias do noso alumnadoadornamos os corredorescon flores e con muraispara darlle vida a estaestación tan fermosacomo é a Primavera.

49

Page 52: Ano académico 2009-2010

50

Qué sabemos sobreos desertos?

A nosa protagonista de contos, Muna, marchou deviaxe a un deserto e contounos a súa historia.Os nenos/as quedamos fascinados pola aventura ecomezamos a investigar!!!

E así xurdiu o nosoproxecto sobre os desertos!!Xa veredes cantoaprendemos!!

50

Page 53: Ano académico 2009-2010

51

Que serías... se foses...?

– Unha palabra: GOL, porque me encantaver os goles na tele.– Un número: 10, porque é a nota máisalta.– Unha bebida: Coca Cola porque está moirica.– Un animal: o paxaro, porque pode voar.– Unha zona do corpo: o pé, porque con elxogo ao fútbol.– Unha obra de arte: A torre de Pisa,porque me parece graciosa.– Unha flor: a rosa, porque é bonita.– Un debuxo animado: Roger, porque ésimpático.– Unha película: Os Simpson. Porque meresultan divertidos.– Unha froita: o plátano, porque é amarelo.– Un insecto: a pulga, porque é pequena.– Unha cor: a branca, porque é a do Real Madrid.– Unha estrela: o sol, porque nos dá a vida– Unha virtude: ser moi intelixente para non ter que estudar.– Un mineral: o diamante, porque é moi duro.– Un sentido: o gusto, porque con el saboreo cousas ricas.– Unha paisaxe: o mar, porque é moi grande.– Un político: Rajoy, porque me fai gracia.– Un material: o ferro, porque é moi duro.– Un libro: Harry Potter e a pedra filosofal, porque me pareceu moi entretido.– Un xogo infantil: o escondite, porque o pasaba moi ben.– Un planeta: Xúpiter, porque é moi grande.– Un instrumento musical: a guitarra eléctrica, porque soa moi ben.– Unha arte: a música, porque me gusta.– Un día da semana: o sábado, porque non hai colexio.– Un país: Brasil, porque ten bos xogadores de fútbol.– Un aroma: fresa, porque me encanta ese olor.– Un obxecto: o mando da Play, porque me gusta xogar con ela.– Un superheroe: Superman, porque é moi forte.– Un vexetal: o tomate, porque está rico.– Unha comida: a pizza, porque sabe moi ben.– Unha frase: «O Madrid gañou a liga», porque quero que iso suceda.– Unha cidade: Madrid, porque alí está o Bernabeu.– Un río: O Nilo, porque é moi longo.– Unha montaña: O Teide, porque é a máis alta de España.– Un mar: o Mediterráneo, porque está en España.– Un deportista: Cristiano Ronaldo, porque é o mellor do mundo.

RAÚL FREIRE (2º B)

Page 54: Ano académico 2009-2010

52

Este ano, ademais de entrevistar aosprofes, entrevistamos a Inés Cuadra-do, unha actriz teatral que veu dar-nos unha charla ao cole. É coordina-dora de «Axente das palabras», grupoque traballa co seguinte material(como din eles mesmos):

«A palabra pensada, a palabralembrada, a palabra soñada… As pa-labras ditas e as caladas.. asescoitadas. O silencio da palabra pen-sada. Sons de palabras como a vibra-ción das ideas potentes. O son da pa-labra como a música da alma».

Estivemos presentes todos os de 4º ESO (A e B) e os membros do Club de lectura. Falounos decomo hai que ler en voz alta, a postura corporal, os xestos, a entoación...

Antes de nada, agradecémoslle a súa atención e paciencia (porque a tivo, si, non había maneirade que participasemos...). Comezamos a entrevista na «olorosa» aula de usos múltiples:

- ¿Poderías definirte a ti mesma con tres palabras?Divertida, desordenada e bailarina.

- ¿Que levarías a unha illa deserta? Di tres cousas (ou persoas).¿A unha illa deserta? Pois… levaría a persoas amadas, como o meu compañeiro eos meus fillos, unha radio e, por suposto, non esquecería lapis e papel.

- ¿Cal é o nome de muller que máis che gusta? ¿E o de home?Gústame moito o nome de Alma e para home, Manuel.

- ¿Tes mascotas?Non.

- ¿Poderías contarnos algunha anécdota dalgún cole?Unha vez en Bos Aires, nun espectáculo para nenos, conteilles que eu era arxentina,que nacera alí en Bos Aires pero que vivía na Coruña dende os oito anos e que oque máis botaba de menos eran unhas galletiñas, as «Tita», que adoitaba comer amiúdo. Ao final da actuación unha rapaciña achegouse a min e deume unha galletiña«Tita» cunha nota que poñía: «Gracias por tu actuación. Vuelve pronto». Pareceumealgo moi bonito.

- ¿Que che gusta facer no teu tempo libre?Gústame moitísimo ler e durmir, son moi durmichona, jejeje…

Visitounos Inés Cuadrado

Page 55: Ano académico 2009-2010

53

- Dinos tres cousas que che gusten do mundoEncántame a música, a natureza e adoro as persoas que quero.

- E tres que non che gustenNon aturo a agresividade, o descoido medioambiental e os desastres climáticos.

- ¿Hai algún lugar no que che gustaría especialmente vivir?Puff… ¡ Moitos! Gustaríame pasar un tempo en Londres, nas Illas Roques, naPatagonia arxentina... pero estou moi ben aquí en Galicia. Gústame A Coruña!

- Se foses un libro, ¿cal serías?Sería un libro en branco, para ser escrito.

- Se foses un animal, ¿cal serías?O tigre.

- ¿Tes algún número preferido?O 3.

- ¿Cal é a túa cor favorita?Identifícome coa cor violeta.

- ¿Cal é a túa comida preferida?Umhhmmm…. Calamares, pero encántame en xeral o marisco.

- Dinos un título dun libro que che gustase moito.Cien años de soledad, de G. García Márquez.

- Describe o teu paraíso.Rodeada de natureza, nunha casa pequena con cheminea e moitos libros.

- ¿Cal é o teu signo do zodíaco?Capricornio.

- ¿Practicas algún deporte?Si, xeralmente natación e o que fago todos os días é camiñar. Antes practicabapatinaxe e corría. Cando teño oportunidade esquío, paréceme impresionante es-quiar.

- ¿Por que escolliches esta profesión?Porque me dá moito pracer facer o que fago.

- ¿Onde tes posto o teu corazón?Nos soños por cumprir.

Dámoslle as grazas a Inés por esa entrevista tan bonita e dende aquí, se a le, pedímoslle quevolva pronto e que nos contaxie a todos o seu entusiasmo e bo humor. ¡UN BICO!

ANDREA, MARINA e SARA (4º A ESO)

Page 56: Ano académico 2009-2010

54

Xogamos cos gregos?

Ola, somos os alumnos e alumnas de CuCa de 3º A e ímosvos contar a historia deste ano ☺.

Pasámolo moi ben, aínda que a profe é moi maniática (Todo o quere perfecto!!!). A meta deste anofoi facer un xogo con todo o que aprendemos: deuses e heroes clásicos, a importancia do mundogreco-latino na astroloxía, na lingua, nos deportes, na literatura e no pensamento. Porque…sabiades que os primeiros xogos olímpicos se celebraron en Grecia? Ou que os horóscopos quecoñecemos hoxe en día son deuses da mitoloxía grega que o todopoderoso Zeus colocou no ceo?Pois todo iso poderédelo aprender no noso xogo, que estará á vosa disposición.

E agora, unhas anécdotas da clase:

Pregunta Begoña: «Sabedes quen é Afrodita?» Non sei quen contestou que era a deusa do amor.Entón Begoña volve preguntar: «E sabedes algunha palabra relacionada con ela e co amor queempreguemos hoxe?» Dicimos nós: «Si, os afrodisíacos». E a profe: «E que son?» E di NEREA:«Umhhhh... pois os que viven en África»... je, je, je, je...

Esta é unha. Aí vai outra, e seguimos con Afrodita. Cando a profe nos explicou como nacera esadeusa, contounos que Cronos lle cortara os testículos a Urano, que os tirara ao mar e que daunión deles coa escuma das augas nacera Afrodita. Entón IRENE dixo: «Pois non é tan raro, se opensades ben de aí nacemos todos...» je, je, jee...

Outra máis: Begoña deunos mal a árbore xenealóxica e cando se deu conta... tivemos que facerun apaño e cambiala e pola súa culpa quedou mal. Ai, que cabeciña!!

Aquí vedes a xenealoxía dos deuses(menos mal que non se nota a trampiña…):

LUÍSA, ADRIÁN, IRENE, CARLA, BRAIS e NEREA

(CUCA 3º A ESO)

Page 57: Ano académico 2009-2010

55

Estivemos con... Xavier Alcalá

Na biblioteca do pobo tivemos unencontro con Xavier Alcalá o día 17de novembro.

Contounos un pouco a súa expe-riencia como escritor. Primeirointentou ser poeta pero… non llesaíu ben. Ramón Piñeiro, a quenXavier enviaba os seus poemaspara que os lese, díxolle un día: «Imi-tas moi ben aos poetas». E... den-de entón, Xavier abandonou parasempre a poesía e dedicouse a es-cribir narrativa.

Contounos tamén que lle encanta-ban os libros de aventuras, en especial os de Salgari e Verne e que tiña como libro de cabeceirao titulado Papillón.

Escribiu A nosa cinza e Contra el viento, este en español. Este último está dándolle proble-mas xa que a gañadora do Premio Planeta deste ano, Ánxeles Caso, escribiu un libro con esemesmo título e Xavier acúsaa de plaxio do título. Anda en xuízos con ela e de feito durante otempo que durou a charla con nós, el tivo que pedirnos tres veces desculpas porque o seu móbilnon paraba de soar. Contounos que era precisamente por ese tema que está nos tribunais.

Falou tamén de costumes, contou anécdotas e deunos consellos moi valiosos, xa que nos dixo quese a alguén lle gusta escribir debe facelo a base de «tirar papeis», de romper e cambiar frases,palabras... ata dar coas palabras precisas.

Pareceunos un tipo especial, ameno e gustounos moito ter asisitido á súa «conferencia», como eldicía polo móbil: «Perdoa pero é que estou nunha conferencia e agora non podo falar».

CRISTINA e LAURA (4º A ESO)

Debuxo de SING YING LI (1º ESO)

Page 58: Ano académico 2009-2010

56

A Banda DeseñadaANDREA, MIRIAM e MARINA (4ºA) e SING YING LI (1ºESO)

debuxaron personaxes de BD:

Batman

Picapiedra

Mafalda

Superman

Popeye

Mortadelo

Songoku

Page 59: Ano académico 2009-2010

57

UN POUCO DE HISTORIA SOBRE A BD

O nacemento da banda deseñada foi obxectodunha polémica entre os especialistas docómic. Existe sen embargo un acordo á horade fixar o que é unha BD, diferenciada dochiste ou serie de chistes. Considérase quea primeira BD apareceu nas páxinas do xornal«New York World». A historieta titulábase«YELLOW KID AND HIS NEWPHONOGRAPH» e nela aparecía un loroagochado nun fonógrafo tomándolle o pelo aKid, un neno vestido de amarelo. O seu autorfoi Richard F. Outcault e a partir desaprimeira aparición a tirada do xornalmultiplicouse.

En España a BD é unha das máisimportantes a nivel europeo, pero ao longoda historia sufriu certas crises. Os seumaiores centros de produción foronBarcelona, Valencia e Madrid.

TBO foi unha revista de historietas españolade periodicidade semanal que apareceu en1917 e publicouse, con interrupcións, ata1998. Tivo unha gran importancia na historia do cómic español, ata o punto de que do título darevista xurdiu o termo «tebeo», que en España é sinónimo de «historieta».

Houbo revistas moi importantes como: Cairo, Chicos, Jaimito, Madriz, El Papus, Pulgarcito, TBO,

El Víbora, Trinca.

Tamén houbo en España personaxes tan famosos como: El Capitán Trueno, Makinavaja, Makoki,Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape...

A BD galega, nun flash rápido podemos falar de 35 ou 40 anos dende o nacemento da BD engalego. Destacan: Miguelanxo Prado, Carlos Giménez (autor de Paracuellos), Fran Bueno (traballacon regularidade en EEUU), Jacobo Fernández (premio Castelao 2007), Norberto Fernández (OCastelo Regadeira) ou Pepe Carreiro (Os bolechas), para chegar ao «boom» destes derradeirosanos, con álbumes de BD como As serpes cegas que recibiu o premio Nacional de Cómic, entreoutros.

JUAN, ANEIROS e ANTONIO (4º A ESO)

Page 60: Ano académico 2009-2010

58

EXPOSICIÓN DE BD NO COLE

No cole tivemos unha exposición de BD moi importante: o IV PREMIO CASTELAO DE BANDADESEÑADA 2008, outorgado a MARIANO CASAS.

Algúns de 4º ESO amañamos a sala de usos múltiples... Vai a historia do proceso.

O venres pola mañá a titora veunos buscar para limpar a sala de usos múltiples. Subimos ebaixamos escaleiras durante todo o recreo, cargados como burros: armarios, papeis, libros, focos,proxectores, cadeiras, mesas, plásticos, colchonetas... todo baixaba ou ía para a clase deagrupamento.

Nesta clase observamos algo moiestraño: unha porta, ao final da aula, queestá pechada a cal e canto... Alguéntocou a porta para ver o que había dentropero vimos con sorpresa que NON SEPODÍA ABRIR!!! QUE HABERÁ AÍDENTRO??? Comezamos a maquinar...Haberá drogha? Xente morta? Apuntes?Begoña díxonos que había un gnomo...Isto permanecerá sempre como a granincógnita do colexio.

Agora imos ao que imos. A exposiciónconsiste nunha serie de carteis feitos apartir dos debuxos do libro de BD Imaxes, obra de Mariano Casas, o autor premiado. Un bonitolibro que conta unha historia apocalíptica. Lédeo. Merece a pena.

PABLO, BRAIS, CONSTAN,JESÚS, VILARIÑO e BRAIS

Page 61: Ano académico 2009-2010

59

Pasatempos

Sopa de letras: Atopa sete palabras relacionadas co San Valentín.

LAURA COUSIÑO (3º B)

HORIZONTAIS

1. Árbore pequena da familia da cerdeira que dá guindas.

2. Glándula do aparello reprodutor feminino, de forma ovoide.

3. Líquido que se obtén aoespremer froitos e certos vexetais.

VERTICAIS

4. Cortar en anacos pequenos,miúdos ou superficialmente duro.

5. Actitude violenta con respectoas opinións, teorías, ou ideas dosdemais.

6. Substancia mineral, máis oumenos dura e compacta.

7. Pensar ou dicir cousas que vanen contra da lei de Deus.

JAVIER (3º B de ESO)

Encrucillado

Page 62: Ano académico 2009-2010

60

Elaboramos unha enquisa en toda a ESO para saber que cousas que NON HAI nonoso cole vos gustaría que SI HOUBESE. Aí vai. Contestade que xa recolleremosos resultados...

¿Que che gustaría que cambiase no noso cole?(ESCOLLE SÓ UNHA RESPOSTA, a túa preferida):

Que houbese unha cafetería.

Poder traer aparatos electrónicos (móbiles, mp3, mp4...) para os recreos.

Ter taquillas para gardar as mochilas.

Ter máquinas expendedoras de refrescos, café...

Ter xogos no patio como futbolín, mesa de ping-pong...

Ter un lugar axeitado para poder falar, ler, xogar ao xadrez e outros xogos de mesa ... nosrecreos.

Saír nos recreos os alumnos-as de segundo ciclo de Secundaria cunha autorización.

Tamén elaboramos outra para saber que che gustaría cambiar do MUNDO (escollesó unha):

As guerras

A crise

A fame

A contaminación

A gripe A

A falsidade

A envexa

O maltrato

¿Qué cambiarías?

Page 63: Ano académico 2009-2010

61

Horóscopo poéticoFRAN, PLABO E CONSTANTINO (4º A ESO)

ARIES: 21 de marzo ao 20 de abril-Saúde: Se non morres mañá, pa outro día quedará.-Diñeiro: Se morres mañá, hache chegar, se non polas portas has mendigar.-Amor: Pagafantas!

TAURO: 21 de abril a 20 de maio-Saúde: Para boa saúde ter, Red Bull has de beber.-Diñeiro: O Red Bull está careiro, vaiche escasear o diñeiro.-Amor: Red Bull te da aaaaaalas !

XÉMINIS: 21 de maio a 21 de xuño-Saúde: Ti vas ter un accidente, vai asegurando o dente.-Diñeiro: Para aforrar, siga a frecha!-Amor: Rizo está cachondo, pero Balumba está redondo.

CÁNCER: 22 de xuño a 22 de xullo-Saúde: Un día has morrer, pero non sei cando ha ser.-Diñeiro: O calvo da lotería non toca cada día. Pero… para que queres que che toque o calvo?-Amor: Un día calvo has quedar, por iso pouco has ligar.

LEO: 23 de xullo a 23 de agosto-Saúde: o mellor terás un catarro, ou as moas cheas de sarro.-Diñeiro: Vai escasear, moitas multas vas pagar.-Amor: Atoparás o teu amor no remolque dun tractor.

VIRGO: 24 de agosto a 23 de setembro-Saúde: Non sei por que nin por que non, pero atropelarache un camión.-Diñeiro: Vaiche sobrar sen ter que traballar.-Amor: Desta vez vas ben escaso pois a ti non che fan caso.

LIBRA: 24 de setembro a 23 de outubro-Saúde: Estás fresco como unha rosa e forte como un carballo… non te fíes moito que só che queda atamaio!-Diñeiro: Na abundancia has nadar, pero… ¡ coidado de non afogar !-Amor: Tomando Cola Cao, de amor andarás «sobrao».

ESCORPIO: 24 de outubro a 22 de novembro-Saúde: Para que non che doa a cabeza, teraste que bañar en cervexa.-Diñeiro: Como sempre, has ter pouquiño, pero coidado !, vaiche roubar o veciño.-Amor: Co veciño vas casar para o teu diñeiro recuperar.

SAXITARIO: 23 de novembro a 21 de decembro-Saúde: De ferro tes a saúde pero vaise enferruxar, báñate no galvanizo que axuda a conservar.-Diñeiro: Tes un furado no peto, vas tirando a «calderilla», fúchela deixando toda dende aquí ata Melilla.-Amor: Non te namores xamais, deixa iso para os demais.

CAPRICORNIO: 22 de decembro a 20 de xaneiro-Saúde: Donuts Mini Bombón, sairache duro o cagallón.-Diñeiro: Vaiche tocar un pastón con Donuts Mini Bombón.-Amor: Namoraraste dun Donnete cando o vexas nun retrete.

Page 64: Ano académico 2009-2010

62

ACUARIO: 21 de xaneiro a 19 de febreiro-Saúde: Sempre che custa durmir, no acuario non se pode vivir.-Diñeiro: Do mar non vas sacar nada, vai para a terra e colle a «hazada» (para que rime…)-Amor: Namoraraste dunha robaliza que cunha mirada enfeitiza.

PISCIS: 20 de febreiro a 20 de marzo-Saúde: Escamas hanche saír e non vas poder durmir.-Diñeiro: Peixe barato terás que mercar porque os cartos para o caro non che van chegar.-Amor: Pezqueñines, NON. Hai que deixalos medrar. (É un consello do Fran, do Pablo e do Costán).

GHE, GHE, GHE

Entra un cativo na casa cando vén da escola e di:- Mamá, mamá, na escola chámanme despistado.- Pasa para a túa casa, neno, que esta non é!

¿Por que os de Lepe teñen a torre máis alta do mundo?Porque non saben apagar a amasadora.

¿Por que os de Lepe soben á torre máis alta e tiran un bolígrafo dende ela?Para facer AEROBIC.

Un galego, un francés e un inglés atopan unha piscina máxica na que pedindo un desexo e saltando nelacaes o que pides.Primeiro salta o inglés e di: «ouro» e cae no ouro.O francés salta e di: «prata» e cae sobre a prata.O galego colle carreira, esvara e di: ¡MERDA!...

Ábrese o telón, aparece un pitufo ensinando o cu. ¿Cómo se chama a película?VERANO AZUL

Ían tres nunha moto. O que estaba sentado no medio era tatexo. Cando corrían por unha recta a 180 km/h. o piloto dille ao do medio:-¿Que, Manolo, tes medo?E Manolo di:-Ja, ja, ja...Seguen acelerando e cando van a 220 km/h, Manolo volve:-Ja, ja, ja...O piloto dille:-¿Por que ris? ¿Tes medo?E Manolo responde:-Ja, ja, Javier caeu...

PABLO LÓPEZ, FRANCISCO OTERO, CONSTANTINO BELLO (4ºA)

Page 65: Ano académico 2009-2010

63

Aquí tedes unha serie de frases célebres pronunciadas por personaxes moi

coñecidos. A ver se sabedes quen foron… (dámosvos unha pistiña):

– «Casa cun arqueólogo: canto máis vella sexas, máis encantadora te atopará». (Pista: Escritorabritánica de novelas de misterio coñecida como «A raíña do crime»).

– «Hai dúas cousas que son infinitas: o Universo e a estupidez humana. E do Universo non estou

tan seguro». (Pista: Científico de orixe alemana que publicou a teoría da relatividade).

– «Déanme un punto de apoio e moverei o mundo». (Matemático grego, físico, enxeñeiro, astrónomoe inventor considerado un dos científicos máis importantes da antigüidade clásica que se aproximoumoito á valoración do número Pi).

– «O que non sabe gozar da ventura cando lle vén, non debe queixar se se vai». (Novelista edramaturgo español coñecido polo alcume de «O manco de Lepanto»).

– «Ollo por ollo e todo o mundo acabará cego». (Pensador e político indio cuxo nome significa«gran alma» e que foi coñecido por ser un gran defensor da Paz mundial).

– «O talento é algo bastante corrente. Non escasea a intelixencia, senón a constancia». (Escritorabritánica que recibiu o Nobel de Literatura en 2007 e escribiu obras como Memorias de Adriano

e El cuaderno dorado).

– «Eu son libre soamente na medida en que recoñezo a humanidade e respecto a liberdade de

todos os homes que me rodean». (Filósofo anarquista ruso, contemporáneo de K. Marx, consideradocomo un dos pais do Anarquismo).

– «O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos».(Político, pintor, debuxante e sobre todo escritor galego da Xeración Nós coñecido por obrascomo Un ollo de vidro, Cousas, Retrincos…).

– «Todos somos afeccionados. A vida é tan curta que non dá para máis». (Director de cine, escritor,produtor e actor británico mundialmente coñecido polas súas películas de cine mudo e polo seuaspecto: un sombreiro negro, un peculiar bigote e un bastón).

– «Se choras por perder o sol, as bágoas non che deixarán ver as estrelas». (Poeta bengalí,filósofo, autor de cancións que hoxe son himnos de Bangladesh e India. Foi nobel de Literatura no1913).

– «Prefiro morrer de pé que vivir sempre axeonllado».(Líder militar da revolución mexicana. Hoxe en día contacon seguidores, entre os que destaca o subcomandanteMarcos).

ANDREA e ALBA (4º ESO A)

¿Quen o dixo?

Page 66: Ano académico 2009-2010

64

Solucións

¿Quen o dixo?: Ágatha Christie, Albert Einstein, Arquímedes, Cervantes, Gandhi, Doris Lessing,Bakunin, Castelao, Charles Chaplin, R.Tagore, Zapata.

Solución ao encrucillado de Javier

HORIZONTAIS VERTICAIS

1. Guindeira 4. Roer

2. Ovario 5. Intolerancia

3. Zume 6. Pedra

7.Pecar

Sopa de letras de Laura Cousiño

Debuxo deSING YING LI

Page 67: Ano académico 2009-2010

adeus!!!Como todos os anos, esta é a nosa despedida.

Un ano máis unha nova xeración traballa, levando o peso, da nosa revista escolar.

Nela queda recollido o noso paso por este cole xa que este é o noso DERRADEIRO

curso aquí.

Entramos sendo «ananos toliños» e saímos sendo «nenos feitos e dereitos, madu-

ros (algúns máis que outros, claro...!) e cheos de razón» (un dicir...). Algúns, pobriños,

entraron sós; outros, con algún amiguiño xa, pero todos saímos de aquí cunha chea

de amigos e amigas inesquecibles, e algúns ata con mozo-a!!!

Este cole viunos medrar, chorar, rir, estresarnos, sufrir, desfrutar, madurar en fin…

Nel pasamos moito tempo, máis tempo que na nosa casa, por iso será sempre

parte de nós. Todo: libros, aulas, profes, conserxe, compañeiros que quedan, ca-

bras, parrulos, árbores… todo formará parte de nós sempre. Moitas veces dicimos:

«bah... éche todo unha trapallada!»... pero no fondo imos botar este cole de menos

xa que todos os traballiños que pasamos, conflitos, discusións, riñas... fixéronnos

medrar e todo serviu para aumentar a nosa cultura, para saír ao mundo con algo

máis de experiencia e coñecementos. Como vimos nos comentarios de texto: esta

foi a nosa viaxe iniciática, como a que fixo Ulises na súa Odisea.

Dende aquí queremos despedirnos e darvos as grazas a todos os profes que nos

apoiastes, aos que fixestes que traballasemos para ser mellores, aos compañeiros,

aos amigos que sempre estiveron ao noso lado, á nosa titora por estar sempre aí e

aturarnos aínda que sabemos que iso non é nada fácil...

Un bico e unha vez máis: GRAZAS!

Page 68: Ano académico 2009-2010

CONCELLO DE MIÑO

Colabora: