Albixenses

11
OS CÁTAROS

Transcript of Albixenses

Page 1: Albixenses

OS CÁTAROS

Page 2: Albixenses

Os cátaros

● Os cátaros ou albixenses practicaban unha doctrina extendida a partir do s.XI en Europa

● A Igrexa católica os consideraba herexes, é dicir, contrarios á fe verdadeira. Eles crían que Deus creara o ceo e as almas, pero Satán creara a terra e todo o mundo físico (incluída a Igrexa Católica).

● Tamén crían na reencarnación, levando unha vida de pureza e prohibían comer carne, leite ou ovos porque proceden da reprodución de animais

Page 3: Albixenses

Expansión

● Esta doctrina expandiuse por todo o Languedoc (sur de Francia), e o seu centro principal foi a cidade de Toulouse.

● Foron apoiados pola nobreza occitana (do Languedoc), que admiraba o seu estilo de vida.

Page 4: Albixenses

● O papa Inocencio III quixo eliminar aos cátaros e mandou un enviado á zona, Pedro de Castelnau. Pero este foi asasinado despois de reunirse co conde de Toulouse, Raimundo VI, polo que o papa decidiu enviar unha cruzada ou guerra santa contra os albixenses.

Persecución

Page 5: Albixenses

● O papa permite que todo aquel que loite cos cátaros poida quedarse con terras dos nobres occitanos, polo que moitos nobres do norte de Francia acuden á chamada.

A cruzada contra os albixenses

Page 6: Albixenses

● O exército do norte toma case todas as cidades salvo Carcasona, defendida por Ramón Roger Trencavel (vasalo do rei Pedro II de Aragón). A cidade cae pola fame, e Trencavel morre no sitio.

A caída de Carcasona

Page 7: Albixenses

● Os dominios de Trencavel son entregados ao nobre francés Simón de Montfort, e a partir dese momento os cátaros son castigados coa fogueira.

Simón de Montfort

Page 8: Albixenses

Batalla de Muret

● Os nobres occitanos solicitan axuda do rei de Aragón e prodúcese a batalla de Muret, onde morre Pedro II e os cátaros son derrotados.

Page 9: Albixenses

Jaime I de Aragón

● Simón de Montfort faise co condado de Toulouse, expulsando a Raimundo VI. Ademais tenta quedar coa custodia do fillo de Pedro, o futuro Jaime I de Aragón, que estaba prometido coa filla de Simón.

● Pero o papa lle obriga a entregalo aos templarios, que o devolven a Aragón, onde será educado xunto co seu primo Ramón Berenguer, conde de Provenza

Page 10: Albixenses

Morte de Simón de Montfort

● Aínda que Simón morrerá nunha revolta nos seus dominios, finalmente o rei de Francia e o papa acabaron controlando o Languedoc.

Page 11: Albixenses

A fin dos cátaros

● Pero os cátaros non se extinguiron ata a chegada da Inquisición, un tribunal dependente da Igrexa que os perseguiu ata conseguir a súa eliminación total.

● Moitos deles resistiron no castelo de Montsegur, pero finalmente máis de 200 foron queimados na fogueira.