Abril 2008 · Boletín n.º 12 - O Noso Lar · 2 O Noso Lar Como chegaba a Samos o peixe que...

35
Abril 2008 · Boletín n.º 12

Transcript of Abril 2008 · Boletín n.º 12 - O Noso Lar · 2 O Noso Lar Como chegaba a Samos o peixe que...

Abril 2008 · Boletín n.º 12

sum

ario Páx.

…………………………………………………….................…....…........1

Josefa Gómez Requejo... 2

Cristina LópezAbad ………................... 3

SorayaArmesto Cardenal .............. 4-5

Miguel Sampedro López............................................. 6-7

Xosé Luis Garza Silvela...........................................................8

Xosé Luis Garza Silvela....................................... 9

Josefa Gómez Requejo...........................................................10-11

Jaime Delgado Gómez …….........................................................…………...............12-13

Alba M. Álvarez Vergara……….............................................................14

Óscar López González ...................................15

Ángela Noguerol Seoane…………….................................................……................16-17

Carlos M. FrancoAbuín………………………..…...........18-19

Conchita Rodríguez Fernández......20

Carlos Franjo Franjo....................21-22

Grupo parroquial de Torrent (Valencia)....….…...…23

Carmen Vázquez Garza ............................................24

Araceli Pardo..........................................................25

SorayaArmesto Cardenal……………………...........……..…..... 26-27

Miguel Gómez Vázquez …….....................................………....... 28

Comunidade de Lousada ………..................…...… 29

Frei Xosé Gomez González ( ).... ….....………………..................…30-31

Cheos de Ilusión

JosefaAres González: Unha muller forte, quen a atopará?

IV Promoción de Monitores de Tempo Libre

XVII Festa de Convivencia cos Nosos Maiores.

Programación curso 2007-08.

Queremos creer en nós.

I Xornadas de Lecer e Tempo Libre.

Este ano, Cantabria.

Historia artística e arquitectónica da Igrexa de San Xulián de Teibilide.

Os Ferradores.

O Banco de Terras: unha necesidade.

Os musgos: uns vexetais a camiño entre as algas e os fentos.

Acarne de caza e a saúde.

Cando perdemos a memoria e as ganas de vivir.

Residuos urbanos (II):Aaposta pola reciclaxe.

O Priorato tamén foi o noso fogar.

Unha experiencia marabillosa.

Experiencia pascual en Lóuzara.

Baixo as estrelas.

Graciñas, Frei Xosé.

No tempo e no espazo. Máis alá...

Desde dentro.

.

Editorial

Xente

Voluntariado

Cultura e arte

Natureza

Saúde

Novas tecnoloxías

Experiencias

Relatos

AFrei Xosé in memoriam

Edita:

Fundación O Noso LarSan Román de Lousada27620 Samos (Lugo)

Tef.-fax: 982.18.70.04web:e-mail:

[email protected]

Director:

Consello de redación:

Miguel A. Gómez Vázquez

Josefa Gómez RequejoMiguel A.Gómez VázquezÁngela Noguerol Seoane

Asesor Lingüístico:

Xosé Manuel Castro Castedo

Portada e contraportada:

Depósito legal:

ISSN:

Maqueta:

Imprime:

Matilde Arrizado

LU 229-01

1579-8909

Maribel Fdez. Fdez.

Grafic-Lugo, S.L.

Volverei a vervos e alegrarase o voso corazón

e ninguén vos quitará a vosa alegría. (Jn 16, 22)

O outro día botando unha ollada á prensa do día detívenme nun anuncio que empregaba unha frasesuxerente: Un destino ideal.

A publicidade, que nos envolve, crea un mundo moi atractivo. Invita á fuxida dunha realidade cotiá moitasveces difícil. Vende doses de ilusión que rematan e fan desexar outras novas.

Efectivamente, a ilusión é moi importante para vivir. Se recibimos o don da Fe e nos preocupamos poralimentala medrará con ela unha ilusión duradeira que é esperanza de acadar unha meta moi desexada e

tamén é felicidade durante o camiño, un camiño que compartimos e no que nos precederon moitos, taméncon dificultades, e que son exemplo de amor para nós.

Matilde

sum

ario Páx.

…………………………………………………….................…....…........1

Josefa Gómez Requejo... 2

Cristina LópezAbad ………................... 3

SorayaArmesto Cardenal .............. 4-5

Miguel Sampedro López............................................. 6-7

Xosé Luis Garza Silvela...........................................................8

Xosé Luis Garza Silvela....................................... 9

Josefa Gómez Requejo...........................................................10-11

Jaime Delgado Gómez …….........................................................…………...............12-13

Alba M. Álvarez Vergara……….............................................................14

Óscar López González ...................................15

Ángela Noguerol Seoane…………….................................................……................16-17

Carlos M. FrancoAbuín………………………..…...........18-19

Conchita Rodríguez Fernández......20

Carlos Franjo Franjo....................21-22

Grupo parroquial de Torrent (Valencia)....….…...…23

Carmen Vázquez Garza ............................................24

Araceli Pardo..........................................................25

SorayaArmesto Cardenal……………………...........……..…..... 26-27

Miguel Gómez Vázquez …….....................................………....... 28

Comunidade de Lousada ………..................…...… 29

Frei Xosé Gomez González ( ).... ….....………………..................…30-31

Cheos de Ilusión

JosefaAres González: Unha muller forte, quen a atopará?

IV Promoción de Monitores de Tempo Libre

XVII Festa de Convivencia cos Nosos Maiores.

Programación curso 2007-08.

Queremos creer en nós.

I Xornadas de Lecer e Tempo Libre.

Este ano, Cantabria.

Historia artística e arquitectónica da Igrexa de San Xulián de Teibilide.

Os Ferradores.

O Banco de Terras: unha necesidade.

Os musgos: uns vexetais a camiño entre as algas e os fentos.

Acarne de caza e a saúde.

Cando perdemos a memoria e as ganas de vivir.

Residuos urbanos (II):Aaposta pola reciclaxe.

O Priorato tamén foi o noso fogar.

Unha experiencia marabillosa.

Experiencia pascual en Lóuzara.

Baixo as estrelas.

Graciñas, Frei Xosé.

No tempo e no espazo. Máis alá...

Desde dentro.

.

Editorial

Xente

Voluntariado

Cultura e arte

Natureza

Saúde

Novas tecnoloxías

Experiencias

Relatos

AFrei Xosé in memoriam

Edita:

Fundación O Noso LarSan Román de Lousada27620 Samos (Lugo)

Tef.-fax: 982.18.70.04web:e-mail:

[email protected]

Director:

Consello de redación:

Miguel A. Gómez Vázquez

Josefa Gómez RequejoMiguel A.Gómez VázquezÁngela Noguerol Seoane

Asesor Lingüístico:

Xosé Manuel Castro Castedo

Portada e contraportada:

Depósito legal:

ISSN:

Maqueta:

Imprime:

Matilde Arrizado

LU 229-01

1579-8909

Maribel Fdez. Fdez.

Grafic-Lugo, S.L.

Volverei a vervos e alegrarase o voso corazón

e ninguén vos quitará a vosa alegría. (Jn 16, 22)

O outro día botando unha ollada á prensa do día detívenme nun anuncio que empregaba unha frasesuxerente: Un destino ideal.

A publicidade, que nos envolve, crea un mundo moi atractivo. Invita á fuxida dunha realidade cotiá moitasveces difícil. Vende doses de ilusión que rematan e fan desexar outras novas.

Efectivamente, a ilusión é moi importante para vivir. Se recibimos o don da Fe e nos preocupamos poralimentala medrará con ela unha ilusión duradeira que é esperanza de acadar unha meta moi desexada e

tamén é felicidade durante o camiño, un camiño que compartimos e no que nos precederon moitos, taméncon dificultades, e que son exemplo de amor para nós.

Matilde

O Noso Lar

Ilusión ilusión

ilusiónilusión

ilusiónilusión

ilusión

ilusión

ilusión

ilusión

ilusión

ilusión

ilusión

ilusión

Fundación O Noso Lar,ilusión

!... Que significa a palabra ?Adefinición da RealAcademia, no sentido ó que nos referimos, reza como

segue: “ ”.

Persoas ilusionadas existiron sempre. Os nosos antepasados tiñan por sementar no momento oportuno, por

repoñer e ver como medraban as plantas… Sentían para planificar a colleita e coidar do gando… Con que gozo e

preparaban tamén as festas! Nas casas reuníanse familiares e amigos para celebrar o patrono e non faltaba a

música de instrumentos que, con tanta , tanxían eles mesmos enchendo o aire de melodías típicas da nosa terra…

E todo isto sen os recursos de hoxe: nin cartos, nin medios de locomoción, nin Internet, nin… Pero sentían unha forza

interior – – que os empuxaba a sacar o mellor partido dos escasos bens dispoñibles e os facía vibrar para manter

unha vida activa e en plenitude.

Son froito da dos nosos antepasados, entre outras moitas cousas, as fermosas tradicións que fan tan rica a nosa

cultura; a presenza, riqueza e beleza das nosas carballeiras e soutos… En realidade, estas persoas eran grandes

emprendedoras e tamén altruistas, porque eran conscientes de que a rendibilidade dunha boa parte dos seus esforzos e

traballos, revertería de forma exclusiva nas xeracións futuras.

Canto temos que aprender deles neste senso as novas xeracións e incluso as administracións! Hoxe en día parece que só

se considera “emprendedor” a aquel que entra nos plans promovidos pola administración ou ten algún proxecto

recoñocido por algunha das institucións oficiais. É paradóxico. Se os mencionados organismos, como sabemos, teñen

por costume recoñecer como “emprendedoras” ás persoas que ofrecen certa rendibilidade, dáse a circunstancia de que

moitos individuos ou colectividades que están a exercer con enorme o seu cometido, por non encontrarse

enrolados nesa dinámica “oficial”, quedan excluídos do concepto actual de “emprendedores”.

A actitude de ante a vida surxe da presenza de valores firmes (traballo, gratuidade, xenerosidade,

agradecemento, esforzo, sacrificio…) cos que cada persoa se identifica no seu interior e existencialmente. Son valores

que dan consistencia ó empeño que se propón cada un, de forma individual ou colectiva, e que fan brotar e manter viva a

sen que se chegue a extinguir a pesar das dificultades. Desgraciadamente, quizais algúns destes valores xa non

estean de moda; pero non cabe a menor dúbida de que hai baleiros na nosa vida que só se poderán encher se hai

xenerosidade, vivida e compartida desde a gratuidade.

Afortunadamente, no ámbito que nos rodea a é unha realidade. Mozos, rapaces e maiores, ,

comparten a Festa dos Maiores contribuíndo entre todos a dar á celebración un carisma especial. A xenerosidade e

gratuidade dos voluntarios que dinamizan a celebración dando a nota de cor, compleméntase co agradecemento dos

maiores que, participando con alegría e sorriso nos beizos, manifestan a súa gratitude polas atencións e agarimos con

que son agasallados.

Hoxe dispoñemos de máis medios que nunca para adquirir formación e debemos aproveitalos polas propias esixencias

da nosa sociedade; é máis, en moitos casos, para acometer con dignidade, sabedoría e honradez a tarefa que nos

incumbe, temos a obriga de dedicar tempo á nosa preparación, pois non esquezamos que para transmitir algo ós demais é

imprescindible levalo dentro. Visto así e tendo en conta que a é unha forza que non se pode adquirir con

metodoloxía nin ciencia, só se poderá establecer a relación formación-ilusión, se os coñecementos adquiridos serven de

axuda para consolidar os valores que a alimenten.

As persoas con verdadeira , baseada en valores profundos, acometen o quefacer de cada día como unha

marabillosa novidade que está por descubrir. Ó poñer a máxima concentración, enerxía e interese nas actividades a

desempeñar, ademais de disfrutar dunha vida persoal rica e plena, son capaces de irradiar ós demais o dinamismo, a

sinxeleza e a paz que levan dentro.

A a través das súas actividades formación, encontros, convivencias… pretende fomentar

e consolidar eses valores, como base e alimento de algo tan importante e necesario como é a .

ilusión

cheos de ilusión

é a esperanza cuxo cumprimento parece especialmente atractivo

- -

edit

oria

l

1

Cheos de Ilusión

O Noso Lar2

Como chegaba a Samos o peixe que vendía Pepita?

Desde a Coruña mandábanllo dúas veces á semana nunha

caixa, que o seu home recollía na estación de RENFE en

Sarria. El mesmo a transportaba ata Samos na súa

bicicleta. Cando se lle pregunta se isto non era moi

escravo, ela di con toda naturalidade, que facía falta un

peso na casa e que había que ilo gañar. Conta con moita

graza que un día vendeu uns calamares a un cura de

Lóuzara e que logo a súa irmá non os sabía cociñar e el

díxolle: .Ao teren que deixa-lo local do bar que rexían, Pepita,

coma tantos dos nosos paisanos ou familiares, emigrou aFrancia. A súa familia quedaba en Samos. Cando xa tiña aseguridade dun traballo, levou aos seus e establecéronseen Orleans. Alí estiveron once anos. Regresaron a Samospor falecemento do seu marido en accidente.

Case coma un milagre, aos seus anos ela conserva osarquivos da súa boa memoria, cada un no seu lugar e,coma se os estivese estrenando, vai sacando aquilo queprecisa para o momento. Pode saír en prosa ou en verso.Así falando do traballo pola familia, di que o amor todo opode e o compensa. Exprésao así:

Di, tamén, con moita emoción, que o galego debe estaridentificado coa súa terra e coa súa lingua, pois ela, aíndaque viviu fóra de Galicia, sempre pensou en galego e,sempre que puido, na súa lingua se expresou. Remata estaafirmación dicindo.

Grazas, Pepita. Ti e moitas outras persoas que, coma ti,estades grávidas dunha historia, a mellor historia, a nosahistoria, non podedes morrer. Tedes que seguir facendoque saia á luz. Grazas.

pois, bótaos no caldo

Si el querer se pagase,mucho me estarías debiendo

pero como no se paga,ni te debo ni me debes.

O galego, que non falaa lingua da súa terra,

non sabe o que ten de seunin é merecente dela.

Cando, cada día, te-la sorte de que só con abri-los ollos

atopas cunha e outra carballeira. Se te detés perante a

maxestosa presenza de cada un dos membros da súa

familia, (dos carballos que alí viven), seguro que che

xorden moitas preguntas. De seguro, tamén, que se

segues contemplando, vas escoita-la resposta: Moitos

anos, moi vellos… Moitos outonos nos espiron,

sempre a primavera nos regala novo vestido.

Falaranche das mensaxes que lles leva o regato que

pasa, do merlo, do cuco, da perdiz, da choia, da

anduriña que marchaba e voltaba… das ovellas, do

asubío dos seus pastores, da parella dos mozos, que

namoraban á súa sombra, do home e da muller que

baixo as súas pólas enxugaban a suor… Con estas e

moitas máis cousas que che dirían, queda claro que, a

fortaleza, a aceptación e a sabedoría ante as

dificultades, a solidariedade e a gratuidade, son os

alicerces da nosa vida como seres humanos.

Se te-la sorte de te atopares cunha persoa, que viviu

case un século e que pousou a súa cesta do peixe, moitas

veces, debaixo dun carballo para descansar, tamén che

xorden moitas preguntas, que xa non é preciso facerllas,

simplemente provoca-la conversa, despois sentarte a

escoitar e contemplar. Toda a súa persoa se transforma

en linguaxe. Todo fala.

Muller arriscada, forte e constante, como corresponde

a quen naceu e medrou en terras monfortinas ( Lugo).

Zumegando paz e sabedoría, vai relatando a súa vida

con toda naturalidade e sinxeleza. Orfa de nai moi

pequena, cando se fixo mociña, gustáballe bailar, mais

non había mozos porque estaban na guerra. Aos seus

dezaoito anos, mais ou menos, foise a Astorga a

traballar na casa dun mando do Exército. Gañaba 1 pta.

por día. Tamén por 1,50 pts. podía mercar un vestido.

Casou cun militar que alí coñeceu, Estanislao Belón

Campo que era de Reiriz, case veciño seu, no ano 1.939,

rematando xa a guerra civil. Por motivos familiares

tiveron que regresar a Samos, onde rexeron un bar.

Pepita facía de todo, desde atender en pensión completa

a oito obreiros, que traballaban no Mosteiro, prepara-la

comida para quen lla pedise, despacha-la cunca do

viño, ata, como xa dixemos, cargar coa cesta do peixe

camiño de Romelle, pasando polo Mesón, Gontán e

Vilamelle, lugares onde ía tendo clientes, que lle

pagaban o quilo da sardiña a 1 peseta e o da merluza a 2

pts. Ás veces recibía o importe en especies. Había

poucos cartos.

xen

te Josefa Ares González:Unha muller forte, quen a atopará?

Josefa Gómez Requejo

Josefa Aresrecibindo o agasallo

na festa dos maiores2006

O Noso Lar 3

volu

nta

riad

oIV Promocion de monitores de tempo libre

Este ano que rematou tivo lugar na prestixiosa

Universidade de San Román de Lousada un

acontecemento de grande importancia a nivel

municipal: a clausura do

As aulas desta ilustre Universidade,

de gran prestixio pola súa fonda tradición e

calidade da docencia impartida, acolleron dende

decembro de 2006 ata maio de 2007 a vintedous

novos aprendices dispostos a formarse no ámbito

das perigosas, arriscadas, pero sempre entretidas

Actividades de Tempo Libre. Ó longo deste ano os

novos pupilos fomos formados en disciplinas tan

diversas como dinámicas de grupos, expresión

corporal e musical, sesións de risoterapia, xogos,

obradoiros, veladas...

Se importantes foron os coñecementos

adquiridos, non menos importante foi a amizade

que xurdiu entre os participantes, resultado dos

longos e entretidos fins de semana reunidos ó pé da

lareira, das comidas ó aire libre, dos xogos

compartidos e dalgunha que outra clase un pouco

máis tediosa e difícil de aguantar.

Sen dúbida a característica destacable foi a

unidade do grupo dende o principio do curso e o bo

ambiente que se creou. Isto levou á realización de

numerosas actividades extraescolares como o

“Carnaval Pitufo”, a “Festa da Tortilla eAnos 60”,

a posta en práctica do cancioneiro na noite sarriá, a

inauguración anticipada da nova piscina de

Samos, o anuncio en directo do 11811, e un longo

IV curso de Monitores de

Tempo Libre.

madriña desta promoción actuou a Doutora Dna.

Saladina Villaraviz , en representación do Claustro

da Fundación O Noso Lar. Como representante

dos alumnos actuou Dna. Soraya Armesto, polo

seu esforzo e tempo empregado en realizar as

tarefas de secretaria do grupo.

Afase práctica, para a que aínda hai dous anos de

prazo, levouse e estase a levar a cabo participando

en actividades da Fundación como a Festa de

Convivencia cos Nosos Maiores, Campamento en

Cangas, Obradoiros, e outras propias do

voluntariado nas que participan os monitores non

só formándose, senón aprendendo a convivir e

fomentando o sorriso entre a xente nova e non tan

nova que vive na nosa comarca. Algúns dos

monitores puxeron en práctica os coñecementos

adquiridos en campamentos da Xunta, como foron

o e .

Actividades como estas, fan que os nosos lugares

teñan máis vitalidade e que os nosos xoves non

teñan que desprazarse lonxe da casa para

formarse.

Sinte Galiza Sons da Devesaetc. de actividades que serviu para forxar esta

amizade.

Ó final da parte teórica tivo lugar o acto de

Licenciatura, presidido polo Excelentísimo e

Magnífico Sr. Reitor D. Miguel Gómez,

acompañado dos Vicerreitores Ilustrísimos

Señores: Dna. Josefa Gómez, D. José Luís Garza,

D. Miguel Sampedro e D. Miguel López. Como

Cristina López Abad

O Noso Lar4

volu

nta

riad

o

“Señoras, Señores! Damas e Cabaleiros! Nenos e nenas! Benvidos sexan todos ao Circo da Vida! Aquí poderán

disfrutar dos fantásticos pallasos, o incrible home forzudo, do domador e das feras, do grandioso elefante africano… e

moitas, moitas máis atraccións na nosa pista.Achéguense, achéguense todos!!”

E así, , ían

achegándose todos ata o Castro de

Lourido, onde a maxia e a ledicia

que traía consigo o circo, enchían

os corazóns dos nosos maiores. Se

os mirabas atentamente, podías

ver ollos de neno nas caras cheas de

engurras.

Para eles hoxe é un día especial,

un día para estrear zapatos ou ir ao

salón de peiteado, porque hoxe é

sobre todo un día para compartir; e

non só compartir o xantar, senón

lembranzas, momentos vividos e

amigos que aínda que xa non están

connosco, seguen a vivir nos nosos

pensamentos.

Cheos de Ilusión

Para eles e por eles é todo o traballo, que ao longo de tanto tempo, levan a cabo os voluntarios da

para que non falte nin o máis mínimo detalle o día da festa. E porque o noso obxectivo é estar

, celebramos a que é xa , que non sería posible sen a entrega e

a xenerosidade dos voluntarios.

O día comezou moi cedo para todos… e iso que xa estaba case todo preparado: as mesas, os bancos, as tendas e o bar, o

palco… e a grandiosa pista do noso circo xa quedou lista o día anterior. Á primeira hora comezaron a chegar os

voluntarios que ocuparon os seus postos no bar, na tómbola, nas tendas… e pouco a pouco fomos recibindo a xente que,

XVII Festa de Convivencia cos Nosos Maiores

Fundación O NosoLar ao servizo da xente da

nosa terra

co sorriso posto e os petos cheos de ilusión de

gañas de pasalo ben, ían percorrendo a

carballeira e mirando todo con atención.

Imaxino que despois na casa comentarían:

“Este ano había unha Tómbola na que sempre

tiñas premio, e dúas raparigas moi simpáticas

animaban á xente a achegarse ata alí e mercar

boletos. Tamén tiñan dúas tendas, onde podías

mercar cousiñas que fixeron os voluntarios,

camisetas da festa e outras cousas artesanais

que a xente doa para vender. E a que non

sabes…?, ademais do bar, había un pallaso

onde podías meter a cabeza e facerche unha

foto como se foras ti o pallaso!”.

XVII Festa de Convivencia cos Nosos Maiores.Castro de Lourido (Samos) 19 de Agosto de 2007

O Noso Lar 5

volu

nta

riad

oCando todos estiveron sentados e acomodados comezou

a celebración relixiosa, onde recordamos aos que nos

deixaron e demos a benvida aos que naceron; e nada máis

terminar os “artistas” do , invadiron a pista e

fixeron as delicias de todos os presentes cos seus sorrisos e

as súas bromas.

O xantar estivo como sempre moi animado; todos

comeron, beberon, contaron contos e bromearon cos

voluntarios que os atendían, todos uniformados coas

camisetas nas que se podía ler o lema deste ano:

. E con ilusión vendéronse as rifas para o sorteo da

becerra, homenaxeouse os maiores de 90 anos e a todos en

xeral porque para eles é esta festa.

Despois do xantar e o café chegou a música e o baile; este

ano grazas á animada charanga , que levou a súa

música ata o último recuncho da carballeira e fixo bailar a

todos no concurso de baile.

E así foi pasando a tarde entre risas, música, baile, contos,

recordos…e despedímonos pensando xa na próxima festa,

a que fará o número XVIII e para a que a conta atrás comeza

desde xa mesmo.

Nunca pensei que aquilo de ( Lc. 6,

38) fora algo tan certo. Cada minuto que adicamos ós

nosos maiores, multiplícase por cen en nós, e sentímonos

cheos de ledicia e de gratitude polo que facemos. Grazas a

vós polo que somos e polo que facedes por nós. Ata o ano

que vén. Esperarémosvos !

Circo da Vida

Cheos de

Ilusión

Madialeva

“Dade e darásevos”

Cheos de Ilusión

“cheos de ilusión”

1. Vimos de moitos lugares, mozos meniños e vellos,pra celebrar compartindo, sempre “Cheos de ilusión”.Moitos encontros levamos, pero os folgos non fraquean,van medrando de ano en ano, ¡moito queda por vivir!

2. Ternos un soño na alma; ninguén nolo vai quitar,facer da terra e das xentes, con ilusión “O Noso Lar”.É a ilusión quen nos une, coma os artistas dun circo,é do Señor agasallo que nos enche o corazón.

A ilusión coa que nacemos e medramos,a ilusión que non pode apaga-lo tempo,enche hoxe o noso encontro nesta festa

e da azos a este canto de ledicia.Damos grazas pola vida e pola entrega

do tesouro que son os nosos maiorese con eles compartimo-la esperanza

que Deus Pai sementa en cada un de nós.

3. “Cheos de ilusión” nos xuntarnos, con ilusiónpreparamos canto anima esta rornaxe, non hai palabrarnellor. “Cheos de ilusión” voltaremos ás nosas casas epobos, a todos anunciaremos a grandeza que é vivir.

4.Axuntadiños agora ó redor do mantel lirnpo,no corazón desta festa aluma a lapa da fe.É Xesucristo quen fala na ilusión deste día,quen se fai Eucaristía pra nos soster e alentar.

(Canción para a festa / convivencia cos nosos maiores – 2007)

Soraya Armesto Cardenal

O Noso Lar6

volu

nta

riad

o Programación curso 2007-2008No mes de outubro os voluntarios de xuntáronse para programar as actividades a realizar durante este

curso. Previamente o Equipo de Directores de Actividades de Tempo Libre fixera un discernimento sobre os obxectivos

que se pretenden, tendo en conta os problemas e necesidades máis urxentes da zona.

O Noso Lar

Os problemas e necesidades

Arealidade rural

que se pretenden abordar

con estes obxectivos, moi resumidamente serían os

seguintes:

1.- As dificultades que a mesma realidade nos

presenta.

2.- A complexidade das relacións e da convivencia

interxeracional en tódolos ordes.

3.- O debilitamento da comunicación entre as

distintas xeracións.

4.-As novas tecnoloxías e orientacións pedagóxicas.

para a que está diseñado este plan

caracterízase por:

1.- Un progresivo envellecemento da poboación.

2.- Unha acelerada despoboación dos núcleos rurais.

3.- Un descenso considerable da presenza de xente

nova.

4.- Unha escaseza de infraestructura e recursos de

cara a fomentar a cultura da solidariedade e a vida

social comunitaria.

Os obxectivos marcados son os seguintes:

1.- Apoiar e acompañar ós voluntarios, respectando

sempre a súa autonomía e libertade.

2.- Promover a formación humana e pedagóxica

relacionada coa acción voluntaria e a participación

social.

3.- Intentar conseguir os medios humanos, materiais e

tecnolóxicos necesarios para levar a cabo as

distintas actividades.

4.- Fomentar o intercambio de experiencias de

voluntariado.

5.- Implicar a todos, sobre todo os máis novos, a que

se sintan protagonistas da nosa historia.

6.- Dar cauce de participación neste proxecto a

aquelas persoas que, non vivindo nestes pobos,

desexen implicarse activamente na dinamización

dos mesmos.

7.- Promover entre todos iniciativas de voluntariado a

favor de todos os colectivos do mundo rural.

8.- Impulsar a difusión da acción voluntaria e o

valores que representa na sociedade.

O Noso Lar 7

volu

nta

riad

o

I) Formación

II) Xuventude

1.- Veladas nocturnas: desenvólvense os días 12 e 19 de xaneiro,

16 e 23 de febreiro.

2.- Pandeireta: tódolos terceiros mércores de cada mes, desde

xaneiro ata xuño.

3.- British lareira: tódolos segundos mércores de cada mes, desde

xaneiro ata xuño.

4.- Aula de teatro: tódolos primeiros mércores de cada mes, desde

xaneiro ata xuño.

Todos estes obradoiros teñen lugar no local social da

en San Román de Lousada de 21,30 – 23,30 h.

5.- Briconatureza: 24 de febreiro e 2 de marzo de 16-18 h. Local

social o en Lóuzara.

6.- Primeiros auxilios: todo o relacionado cos nenos/as será o día

29 de marzo; e todo o relacionado cos maiores o 30 de marzo.

7.- I Xornadas de Lecer e Tempo Libre: Para voluntarios/as,

monitores/as e profesionais do lecer e tempo libre. Os días 29

de febreiro, 1-2 de marzo. Local social de Lóuzara.

Preténdese crear un espazo para expoñer, contrastar e dialogar

sobre o lecer e tempo libre, así como as técnicas pedagóxicas e

novas tecnoloxías, valores do traballo en equipo, etc.

8.- I Xornadas do Maior: destinadas a voluntarios que colaboran

coa nas distintas actividades que se

organizan cos maiores . Datas: 7-8 de xuño no local social en

Lousada. O obxectivo é ofrecerlles recursos que os capaciten

para traballar con xente maior facilitándolles coñecementos

sobre a súa psicoloxía, os seus problemas, técnicas de

animación, etc.

9.- I Xornadas do neno: orientadas aos voluntarios / as que

traballan con rapaces facilitándolles coñecementos sobre a

súa psicoloxía, os seus problemas, técnicas de animación, etc.

Desenvolveranse os días 21-22 de xuño no local social en

Lousada.

10.- Curso de Manipulador deAlimentos.

1.- Encontro de voluntariado: nos Ancares para tódolos

voluntarios/as que o desexen. Os días 11-13 de xaneiro. O

obxectivo é aprender a programar, levar a cabo e avaliar

actividades de senderismo e natureza.

Fundación

Priorato

O Priorato

Fundación O Noso Lar

2.- Antroido 2008.

3.- Viaxe cultural á Expo'08 Zaragoza.

4.- Roteiro da Natureza os días 24-25 de

maio

5.- Campamento de verán do 15 ó 24 de xullo

Perdidos en Lóuzara:

Actividades

III) Maiores

1.- Encontros de Lecer para maiores: trátase de encontros

mensuais cos maiores da zona. A finalidade é compartir a

amistade, o humor, as preocupacións, a fe. Nun clima de

familia e fraternidade. Desenvólvense en Lousada e no

en Lóuzara.

2.- Vacacións-Convivencia en Cantabria para os maiores de

todo o Municipio de Samos. Do día 3 ao 12 de abril.

3.- Acollida na das persoas que

realmente o necesiten, ofrecéndolles os coidados precisos e

axudándolles a buscar unha solución as súas situacións.

4.- Homenaxe aos maiores de 90 anos de todo o concello de

Samos. Será o día 27 de xullo no Priorato de Lóuzara.

5.- XVIII Festa de Convivencia cos Nosos Maiores o día 24 de

agosto en Santalla de Lóuzara

Priorato

Casa de Acollida O Noso Lar

Miguel Sampedro López

O Noso Lar 9O Noso Lar8

volu

nta

riad

o Queremos crer en nósdende a orixe dos tempos, ademais de axudar a embeleceras nosas vidas, empúxanos a non converternos enobxectos pasivos.

Amocidade de hoxe moitas veces é criticada por non sercreativa, e somos conscientes de que é unha realidade;pero só en parte, xa que nós non temos nada que ver conese tópico e levamos tempo demostrándoo.

E como o coñecemento dun mesmo é fundamental paraese proceso educativo do que estivemos a falar, econscientes de que temos que convencernos das nosasposibilidades para poder traballar neste eido (do quefalaremos máis en profundidade noutro artigo futuro)como aportación personal a este proceso coñecementodun mesmo-, propóñovos un exercicio práctico moisinxelo.

Existen álbums familiares que recollen as vivencias da familia,da nosa infancia, da nosa adolescencia. Propóñovos quefagamos un álbum que recolla aquelas fotografías dos momentosque viviches plenamente, momentos nos que decidiches vivir eque non foron impostos ou xustificados; onde decidiches que isoera o mellor para ti, algo que mereces. Igualmente tomaremosfotografías da xente que decidiu que te acompañaba nesemomento do camiño, só persoas que verdadeiramente queres,sentes e respectas. Por último, collerás as fotos cada vez quesintas necesidade de verte - tamén poden ser partes do teu corpo-que recuperas para ti, nas que estás ou comezas a coidarte. Oexercicio complétase creando un album diferente, incluso podesconstruílo ti mesmo, sen mercalo. O álbum converterase nunrecurso que che permitirá non só construír o que queres, senóndarte conta de que podes facelo e ter un documento vivo quemedra xunto a ti. A partir de aí, non metas calquera cousa na túavida, no teu álbum.

Lembra: cada vez que necesites un respiro, unha forza, colle o álbume pensa: “NENO, MERECESAPENA”. Haste sentir moito mellor.

Xosé Luís Garza SilvelaDirector de Actividades de Tempo Libre

Este ano, como moitos sabedes, avén de completar unha programación totalmente

novidosa para todas aquelas persoas que queiranformarse no eido do Lecer e do Tempo Libre; por iso,entre outras moitas actividades, teremos un curso demanipulador de alimentos, cursos de xogos para nenose a terceira idade, cursos de especialización demonitores de actividades de tempo libre…Sabemos que o proceso formativo da persoa comezadende o seu nacemento, amplíase na escola e, á medidaque vai pasando o tempo, é a mesma vida a que actúa decomplemento nesa ensinanza. Pero o resultado de todoeste proceso non é o mesmo para todas as persoas. Porunha banda, hainas que, por non quereren aprendermáis, rexeitan todo o que lles soa a novo, facéndoseintransixentes ante toda a información que lles chega defóra. Noutra liña - máis esperanzadora – están aspersonas que, por quereren seguir aprendendo toda avida, ata son capaces de renunciar a outrasposibilidades máis fáciles e cómodas no seu tempo delecer.

Cando falamos de proceso formativo no tempo delecer, algúns pensan que é algo aburrido e non tenporque ser así. Podemos aprender xogando; porquexogar é aprender.

Na nosa formación no lecer é tamén importante arelación humana que se establece entre os diversosparticipantes, xa que axuda a potenciar o nosocrecemento intelectual e a propia maduración personal.

Os que programamos actividades para tempo de lecertemos que traballar moi seriamente a programación aseguir, porque nada debe quedar á improvisación. Antenós temos sempre un reto que represente unha respostaconstrutiva para saír do paso ante situacións moitasveces non previsibles.

Dende a comprensión das condicións sociais que nosrodean e os efectos do noso traballo neste eido que nosocupa, pensamos que temos e debemos intervir naconfiguración dun mundo novo por medio do lecer e dotempo libre. Toda creación ou actuación, sexa do tipoque sexa, debe ser unha manifestación da beleza quetemos ao redor, porque crendo nela, poderemosfacernos copartícipes dun futuro sincero e real para nósmesmos e para todos aqueles que nos rodean.

Para afrontar un sistema de crecemento personalorientado ao estudo e fotalecemento de nós comopersonas expresivas dos potenciais humanos, a travésdo lecer, ademais de poñer todo pola nosa parte,debemos tomar nota das experiencias dos nososantepasados, da xente maior, dos nenos… e dasmanifestacións ou artes como o movemento, acomunicación, a música, o traballo en grupo e …vivencias integradoras para crear. Porque a creación,

Fundación O NosoLar

O Noso Lar 9

volu

nta

riad

oI Xornadas de lecer e tempo libre.

No programa de actividades formativas da

e a través do seu Programa de Voluntariado

vimos insistindo na formación como pilar básico do

noso traballo, e así acabamos de celebrar as

Dende a tentamos

crear un foro de encontro tanto para profesionais do

Lecer como para todos aqueles que comezan a amosar

certo interese por este eido cada vez máis emerxente.

Nesta fin de semana, a primeira do mes de marzo,

xuntáronse no en Lóuzara, unha vintena de

participantes que viñan de tódalas partes de Galicia e

que entre outras cousas buscaban compartir

experiencias, formación, divertimento, conceptos…

FundaciónO Noso Lar

Fundación

Priorato

I Xornadas

de Lecer e Tempo Libre.

As Xornadas comezaron o venres pola noite coa

celebración do módulo de creación de veladas para

campamentos, a través do cal os participantes debateron

sobre os diferentes conceptos que hai que ter en conta á

hora de crear unha actividade nocturna.

O sábado foi un día moi longo, pola mañá o módulo de

formación deportiva puxo de manifesto que o deporte é

necesario para conseguir xeitos de vida saudables e

demostrar que non todos estamos “en forma”.

Ao serán, o módulo “en-cóntate” puxo nas mans dos

participantes unha serie de dinámicas de expresión

corporal, baseadas na creación narrativa e en dinámicas

de contaconto.

E o domingo pola mañá o traballo en equipo foi oprotagonista do módulo que quería poñer de manifestoo alto rendemento do traballo cooperativo fronte aosindividualismos.

Como se pode apreciar, tódolos módulos tiñan moitointerese para os participantes. Así o manifestaron aoremate das Xornadas.

Xosé Luis Garza Silvela

A actividade formativa, pensamos dende a ,debe de ser unha constante para a reciclaxe do monitor;a formación é o pilar básico de trasmisión dos valoresque logo aplicaremos no traballo con mozos e adultos,sen isto o noso labor queda anquilosado nun pasadoindesexable.

Como un dos directores destas Xornadas, animo atodos a participar nas

, que xa estamos a preparar. Este ano fomos vinte,para o ano temos que ser trinta.

Fundación

II Xornadas de Lecer e TempoLibre

O Noso Lar10

volu

nta

riad

o Este ano, CantabriaPara a Fundación O Noso Lar, que nace con vocación

de servicio á xente da nosa terra, o valor máximo, estáclaro, é a persoa. Por iso, cada unha das actividades quese programan, fai que nos preguntemos. Desde onde?Para quen? Para que?Pois ben, desde esa vontade de servizo, levamos a cabo

a actividade, vacacións-convivencia coa xente maior.Porque consideramos vital e decisivo o

, nun marco distinto ao de tódolos días.Este Ano eleximos Cantabria polas súas posibilidades

naturais, históricas e artísticas.Cantabria superou as nosas expectativas. En todos nós

está latexando un sentimento fondo de agradecemento,polo que Cantabria é en si, polas persoas que ao longoda súa historia a souberon embelecer. Polos amigos einstitucións, que nos posibilitaron penetrar nalgúns dosseus segredos: D. Francisco Javier López Marcano,Delegado de Cultura e Deportes do Goberno deCantabria; D. Fermín Unzúe, Director da Cova delSoplao; D. Julián García Liaño, Delegado Episcopal deSantuarios y Turismo y Apostolado del Mar; Eduardo,Carmelo, Maruja …Atodos:Desde a nosa entrada en Cantabria, por Reinosa, e

visita a Fontibre, nacemento do río Ebro, ata a nosaúltima visita que foi á cova-mina de El Soplao, foi todoadmiración.Castro Urdiales e, Laredo a moi corta distancia, nelas é

de admirar o seu conxunto histórico-artístico, a belezadas súas praias, que tamén nos recordan

convivir e ocompartir

Graciñas.

acontecementos hiostóricos. Foron un marcomarabilloso para .

Que dicir de Santoña? Outra perla do mar, co seu portopesqueiro e unha florecente industria no sector. Os seusmonumentos, que tamén nos recordan feitos históricos e,un momento importante nos avances cartográficos conJuan de la Cosa, nacido no lugar.

Outros fermosos pobos costeiros, que recrearon a nosavista e o noso ánimo son: Liencres, Suances, San Vicentede la Barquera, Comillas…Santander. Quen non disfruta paseando por Santander?Esta fermosa cidade, que dorme e vixía asentada sobreeste pintoresco lugar do Cantábrico, a quen o poetabautizara como “La novia del mar”. Percorrer os seuspaseos, contemplar os seus edificios ao mesmo tempo quese percorre a súa evolución histórica, fai medrar en nós asganas de vivir.

A costa Cantábrica extasía, pero o seu interior gardaxoias de incalculable valor.A natureza e a man do home, fan que sexa indescriptibleo percorrido polo desfiladeiro de , desdeUnquera ata Fuente Dé, pasando por Potes, Liébana…Santillana del Mar onde, desde a súa Colexiata adicada a

Santa Juliana, cada monumento, cada pedra nos falan donoso pasado histórico, desde a época medieval ata outrabastante máis lonxana, na Cova deAltamira.A posibilidade de visitar o Parque da Natureza de

Cabárceno, foi, para nós unha experiencia impagable condiñeiro. As súas dimensións, a súa paisaxe, restos dunhaantiga mina, en terreo de rochas calizas, o habitáculo

convivir e compartir

La Hermida

natural das distintas familiasde animais, en réxime deampla semiliberdade e querepresentan a fanua case an ive l mundia l , e a lgoimpensable.

Felicitamos a Cantabria porestes logros, e por podermosrematar a nosa viaxe coa visitaa outro lugar do que nonpodemos falar, só podemos

e pedir perdón poraquelas notas do noso poemaque poidan desentonar:ACova de .

cantar

El Soplao

Josefa Gómez Requejo

No parque de Cabárceno

O Noso Lar 11

volu

nta

riad

o

No eterno silencio

Ti naciches no colo do tempo,cando o home dormía o seu sono,na gran calma do eterno silencio,

no silencio da noite,

Ti sentía-lo vento zoar?Sabías ti, da súa loita co mar?

Sabías do viña a pingueiraque a túa entraña estaba a atravesar?

Son preguntas da miña ignorancia.

Ti non é-la peneda caliza.Ti non é-la pingueira que a rega.Ti non es negra tebra da noite.

Ti es máis cá brancura que cega.

Ti es máis ca unha bela princesa,non hai verbas para te definir.Es acaso ti a mesma beleza?

, non sei balbucir.

Mentres pisan os pés as túas salase a mirada contempla gozosa,de xeonllos está a nosa almapra ó remate cantar xubilosa.

Que bonito atopar na túa casa,un sinal de vida compartida,

aquel home xa esperto que buscae descobre a beleza na mina.

da noite, da noite…

Asombras, superas

Quen es ti?

Que é a beleza?

Mentres pinga a suor da súa fronte,á pescuda do pan pra familia,ti acompáña-la súa dura sorte,

coa beleza e a paz que respiras.

Foise o home e quedaches soíña,outra vez na negrura da noite,

pero el espallou a noticiae a compaña diaria é a túa sorte.

Josefa Gómez Requejo

Na Cova El Soplao

Visita a conserveira de bonito (Santoña)

Nos Picos de Europa

No Nacemento do Ebro (Fontibre)

12

cult

ura

ear

te Historia artística e arquitectónica da Igrexade San Xulián de Teibilide

Unha testemuña, probablemente, dos primeiros anos do1.600, é dicir, da primeira metade do século XVII, é a

da actual igrexa.É, pois, esta porta o único que se conserva dun edificio

aínda renacentista que, sen dúbida substituíu a outroanterior, do que ignoramos o seu estilo por noncoñecermos da súa fábrica ningún vestixio.

Esta porta está coroada por un arco semicircular ou arcode medio punto, feito de grandes doelas e sustentadodirectamente sobre a xambaxe sen mochetas intermedias.Unha baquetiña.

Mais ou menos, do tempo desta porta son, sen dúbida,as dúas pías, situadas na igrexa, unha á dereita e outra áesquerda da porta de entrada. Ámbalas dúas songallonadas.Ada dereita decórase con gallóns estreitos e ada esquerda, con follas anchas.

Probablemente, deste mesmo tempo son tamén algunhadas imaxes que logo hei reseñar. Pasa o mesmo coa partedun pequeno e sinxelo retablo renacentista, que se atopafacendo de retabliño sobre a cómoda da sacristía.

porta principal

Temos que comezar dicindo que, case a totalidade doedificio, pertence a unha estrutura do final do séculoXIX ou, quizais mellor, dos primeiros anos do 1900. Édicir, do estilo artístico chamado .

Pero podemos ter a total seguridade de que, o iniciodun núcleo cristián, xa organizado aquí, é, sen dúbida,de alomenos dous séculos antes do ano mil. Polo tanto,dun moi alto medievo.

Así nolo confirma , un precoz titular dasprimeiras igrexas.

Aaxiografía deste santo foi sacadaunicamente da tradición, mais ou menos fantasiada. Deaí a carencia histórica dos datos do tempo e do lugar noque viviu, fundamentais en toda biografía. Só así seexplican certas incongruencias e anacronismoshistóricos.

De “ ”, unha célebre obra deSantiago de la Vorágine, resumo a súa vida:

Atopándose Xulián de caza, perseguindo un cervo,este díxolle que un día ía dar morte a seus pais. Paraevitar o horroroso parricidio, fuxiu da casa. Acadougrandes méritos militares e o Rei fixo que casase cunhanobre e piadosa viúva. E como agasallo de vodas, deulleun castelo. Seus pais, desesperados pola fuxida deXulián, percorren incansables o mundo na súa busca...

Un día chegaron ó castelo. Xulián non estaba, pero asúa muller recoñecéndoos, polos relatos que lle fan,hospedounos na cama da súa propia alcoba. Polamañanciña, a piadosa e fiel esposa marchou á súaigrexa. Momento no que chega Xulián. O primeiro quefai é dirixirse ansioso á alcoba matrimonial. Confundeós pais cun vergonzoso adulterio, desenvaíña a espada edálles morte.

Cando descobre tan arrepiante erro, horrorizadodecide abandonar o castelo e facer penitencia. Tamén asúa esposa vai con el. Instálanse á beiradun perigoso río para axudar ós pasaxeiros. Alí fundantamén unha pousada gratuíta para albergar óstranseúntes...

Un día, por medio dun suposto gafo, case morto defrío, a quen Xulián atende, o Señor díxolle:

E así foi.A pesar das vaguidades e das imprecisións, a súa

devoción difundiuse no pobo cristián coma un regueirode pólvora.

O seu arraigamento foi tan profundo, que queda bende manifesto no grande número de igrexas que o teñencomo patrón. Só na diocese de Lugo son 36.

É moi probable que a súa titularidade aquí en

neoclásico

San Xulián

Santa Basilisa

Teibilide

Quen é San Xulián?

La Leyenda Dorada

“A túapenitencia foi aceptada e moi axiña, coa túa esposa,entraredes no meu descanso”.

fose suxerida por ser San Xulián, xunto coa súa esposaSanta Basilisa, os titulares do cercano Mosteiro de Samos

Para maior información, sobre todo isto de Samos, seríarecomendable ler o que escribín na miña obra,

As primeiras novas documentais desta igrexa parroquial,apórtanolas en

T IV( Lugo, 1997,pxs 22-24).

Estas noticias aparecen en documentos dos séculos XI eXII. Neles atópase luz sobre o seu titular e oprimeiro nome da parroquia, que foi e taménsobre a arrevesada etimoloxía do posterior e actual nomede

“Elrománico de Lugo y su provincia” t. III.

“Concello deSamos: historia das súas parroquias”,

D. NicandroAres Vázquez

San XuliánVilaxuste

Teibilide.

O Noso Lar

Porta principal:

Como xa queda dito, é unha obra, ben dos últimos anos doséculo XIX ou dos primeiros do XX. A súa planta é de

Forma a nave o pau longo da cruz. O seu brazo trasversal éo presbiterio. A ámbolos dous lados creouse unha especie decapela. E a sacristía está constituída pola parte alta da cruz. Unpétreo arco triunfal de medio punto, apoiado no muro medianteunhas molduradas impostas, separa a nave do presbiterio.

Tamén dous arcos semellantes, un en cada lateral norte e sur dopresbiterio, definen, con certa precisión, o espazo presbiteral e ode cada capela. As capelas cóbrense con bóvedas de canón,mentres que o presbiterio faino cunha bóveda de arestas.

Remata a fachada unha lanzal espadana para dúas campás. Eentre ela e a porta ábrese unha curiosa ventaíña en forma derombo.

cruzlatina.

A fábrica da igrexa actual

O Noso Lar 13

cult

ura

ear

te

Os tres retablos e a súa imaxinería

As imaxes

:

Son os tres dun neogoticismo moi sinxelo. É posible que sexanobra de D. Amador López Vizcaíno. Este señor, como xa deixeiescrito no número anterior de , no ano 1.913 fixo osretablos de Castroncán, tamén neogóticos, pero presentan unestilo máis esmerado ca estes de Teibilide. É moi posible que oretablo maior de Suñide tamén sexa obra súa, igualmenteneogótico, aínda que de data bastante posterior, estudado no nº 10da revista .

Isto parece bastante lóxico ó ser D. Amador da parroquia deLoureiro. De ser así, sen dúbida, a máis antiga das tres obras é estade Teibilide; seguiría a de Castroncán, xa cunha maior perfección,e logo a de Suñide, na que se mostra unha singular mestría.

Unha moderna imaxe de Cristo ocupa a gran fornela do retablomaior, en postura de . É de gran tamaño e a súafaciana dun moi esmerado aspecto divino. Un manto morado,caendo ó ser do seu corpo, dálle o aspecto dunha moi singularprestancia.

Á dereita do Cristo, esquerda do que mira, aparece a imaxe dopatrón da parroquia, San Xulián, sobre unha peaña do retablo. Éunha boa talla de case un metro de altura. Podería datarse quizaiscara á metade do século XVII. Segundo outra tradición, SanXulián, no seu retiro penitencial, foi abade e a súa muller abadesa,sendo logo martirizados na persecución de Diocleciano ( 305). Deaí vén que aquí o representen coa palma do martirio na súa mandereita e un libro na esquerda coas

Sobre a peaña simétrica do outro lado, atópase unha curiosaefixie de San Roque duns 70 centímetros. É de rústica factura,pero non carente de interese. Podería ser anterior á imaxe de SanXulián.

Na fornela do retablo da capela sur, exponse unha virxe vestida.Tanto a súa vestimenta coma o seu triste rostro, de boa técnica,confirman que se trata da .

O Noso Lar

O Noso Lar

“Ecce Homo”

Regras Monásticas.

Virxe Dolorosa

Ocupa a fornela do retablo da capela norteoutra imaxe vestida tamén da Virxe. É de rostroben esculpido. Sostén un neno no seu brazoesquerdo. Varios rosarios penduran das súasmans. É moi probable que as tres imaxesvestidas sexan relativamente modernas.

Na peaña dereita deste retablo norte, atópaseunha boa talla duns 80 centímetros. Sostén noseu brazo esquerdo un pequeniño Neno Xesús.Tanto a súa coroa coma os seus escapularios,que penduran dela, fan supoñer que sexa a

Podería ser, coma algunha dasimaxes reseñadas, da primeira metade doséculo XVII.

Tamén posiblemente deste tempo ou quizaismáis anterior, sexa outro San Roque, de só uns35 cms, que ocupa a peaña esquerda destemesmo retablo.

Finalmente, en sinxelas peañas dos murostesteiros de ámbalas dúas capelas, exhíbanse unSan Antón e unha Virxe de Fátima. Ámbalasdúas de tempos modernos.

Virxedo Carme.

Jaime Delgado GómezDelegado Diocesano de Arte Sacra e Patrimonio

O Noso Lar

nas viaxes e no traballo. Polo tanto facíase necesariodarlle unha serie de coidados; un dos principais era queestivera ben ferrado. De aquí un dos oficios tradicionais:

era un home, case sempre relacionadocunha ferrería, con moitísimo traballo; xa que moito era ogando que había daquela. O seu oficio era poñerlleferraduras nas patas dos animais para que non coxeasen.Ferraba burros, mulas, vacas, pero sobre todo cabalos. Onormal era ferrar os cabalos nas catro patas, pero habíaxente que por falta de cartos só os ferraba nas patas deadiante. O proceso era o seguinte: amarrábase o cabalocunha corda e collíaselle a medida da ferradura, casesempre había que adaptala na forxa onde se lle daba aforma e o tamaño axeitado. Unha vez tiña a ferraduraadaptada collíase o , que era a ferramenta coaque se poñía o casco plano do animal para poder colocar aferradura. Despois cravábase con moito coidado tentandonon facerlle dano e xa o último toque era limar os clavoscon outra ferramenta chamada . Un traballolaborioso e constante que non moitos se atrevían a facer.

O foi un destes homes que moitasferraduras puxo ao longo da súa vida. Como tantos outros,un día a necesidade fíxoo emigrar a Cuba onde aprendeu ooficio de ferrador. Xa de volta en Santalla seguiu vivindodo oficio aprendido; a carón del chegaba xente a ferrarcabalos de tódolos lugares dos arredores. Os días que tiñamáis traballo eran os que había un enterro en Santalla ouos domingos, porque era cando a xente se tiña quedesprazar ata alí e xa aproveitaban para ferrar os cabalos.

“O Ferrador “.

O ferrador

puxavente

escofina

Álvaro de Santalla

Tamén era habitual a viaxeao muíño de Santalla paramoer o trigo ou o centeo e,mentres se esperaba polafariña, aproveitar paraferrar o cabalo.

Dende logo un oficiobásico e imprescindiblenaqueles días. Queremosdesde aquí renderlle unhas i n x e l a e a g a r i m o s ahomenaxe aos que, como ao

,adicaron gran parte da súavida ao oficio de ferrador .

Álvaro de Santal la

Os FerradoresMoitos son os oficios tradicionais que foron xurdindo

para adaptarse ás necesidades dos tempos, algúns delesaínda sobreviven hoxe en día, mais a maioría foroncaendo en desuso co avance da modernidade.

Hoxe, cando falamos de desprazarnos a algures,pronto pensamos nun automóbil, ben no noso propio ouben no de alguén que nos poida levar, e parécenos quenada podemos facer se non o temos ao noso alcance. Haialgúns anos, e digo algúns porque podemos estarfalando de 50 ou 60 anos cara atrás, ter vehículo propioera impensable para a maior parte da poboación,especialmente para a xente que vivía no rural.Poñámonos en situación: un lugar da montaña deLóuzara nos anos cincuenta.

As vías de acceso a estas aldeas eran carreiros poronde pasaban carros tirados por animais e persoas, olugar máis próximo ata onde podía chegar un vehículoera ata a Ferrería do Incio. E podía chegar ata aquígrazas ás súas augas con propiedades medicinais queatraían á xente con posibilidades económicas e quefacían que fose necesario que chegase un vehículo ataalí para o seu desprazamento. Isto axudou en granmedida á xente das poboacións dos arredores, xa benpolos servizos que ofrecía a Ferrería (banco, correos,autobús, salón de baile…) como polos postos detraballo que daba o hotel.

Como se desprazaba a xente dende os seus lugares ataa Ferrería para poder facer uso dun automóbil? Pois,xaora, a pé ou a cabalo.

O cabalo era un dos animais claves do fogar, axudaba

14

cult

ura

ear

te

Alba María Álvarez Vergara

O Álvaro de Santalla

O Noso Lar 15

nat

ure

zaO Banco de Terras: unha necesidadeHoxe hai moitas explotacións agrarias que teñen interese en aumentar as súas terras, incorporando fincas de labranza

ou prados para producir herba e forraxes, e así non depender tanto dos pensos e concentrados. Moita xente que se dedicaá agricultura e a gandería, atópase con frecuencia con dificultades para adquirir novas fincas polos altos prezos dasterras; ou mesmo alugalas, pois hai persoas que por desconfianza preferen deixalas a monte. Son moitos os casos ondeno mesmo lugar se encontra unha explotación traballada e que segue medrando, e ao lado outra que deixou de traballar epasou a matorral; de aí a necesidade e relevancia do .

Aimportancia deste móstrase tamén nos casos de xente que despois de comprar casa nunha aldea, desexaría terunha parcela para poñer una horta, por exemplo. Temos que darnos conta que o propietario das parcelas consegue que,ao estar traballadas e limpas, disminúa o risco de incendios na zona, o que beneficia por unha banda ao propietario,porque lle ingresarán ao fin do ano uns cartos por elas; e por outra banda ao que as aluga, que aumenta a súa superficiede produción e dependerá menos de traer herba e forraxes de fóra. Como vemos, os dous saen beneficiados, e a paisaxeque nos rodea tamén, pois é moi triste ver todo a monte e queimado.

Para lograr todo isto a Xunta de Galiza creou en maio do 2007 o .

Banco de Terras

Banco

Banco de Terras

Con que garantías?•

••

Garantía de devolución da propiedade rematado o periodo de

arrendamento.

Garantía de cobro do prezo establecido.

Garantía de devolución das terras en normal estado de uso.

Para que?•••

Poñer en valor terras con aptitude agraria.

Frear a perda de superficie agraria útil.

Mellorar e ampliar a base territorial das

explotacións.

Evitar a grave situación de abandono, risco de lume

e danos aos lindantes.

De que xeito?•

Creando un Banco que faga as xestións necesarias

para mobilizar as terras mediante arrendamento.

Un Banco no que poidamos inscribir as nosas

fincas permitindo que sexan arrendadas.

Un Banco onde os agricultores poidan solicitar

fincas en aluguer para ampliar a súa base territorial.

Un Banco áxil, con arrendamentos pactados entre 5

anos (mínimo) e 30 anos (máximo).

Para quen?••••

Explotacións que queiran aumentar a súa superficie agrícola.

Mozos e mozas que queiran dedicarse á actividade agraria.

Cooperativas agrarias que pretendan ampliar a súa base territorial.

Recuperación da actividade agraria en zonas afectadas polo

envellecemento.

Onde podemos atopar o Banco de Terras?•

Podemos solicitar información nas OficinasAgrarias ou de Medio Rural da

Xunta de Galiza.

O máis cómodo é entrar en internet na páxina web da Xunta de Galiza, alí

iremos á Consellería de Medio Rural e logo a BanTeGal ( Banco de Terrasde Galiza ). Nesta páxina explícannos todo o referente a como funciona oBanco de Terras:

# Para poder ver as parcelas que están incluídas no Banco de Terras escribimos o nome do concello que nos interesa. Sae unha listadas parcelas que están para alugar coa información seguinte: lugar, número de polígono e parcela, superficie, cultivo e o prezo dearrendamento.

# Para incluír unha parcela ou finca no banco de terras hai que cubrir unha solicitude.

# Se nos interesa algunha parcela que estea no Banco de Terras, teriamos que cubrir outro impreso solicitando información sobre oarrendamento da mesma.

Eu animo a todos a que se interesen por este Banco de Terras, pois é un enorme beneficio para todos e tamén para a nosa paisaxe, quecada día está máis chea de xestas, pinos e eucaliptos.

Oscar López González

O Noso Lar16

nat

ure

za

No tempo de Nadal, moitos fogares dan cabida a unbelén como fermosa expresión dun acontecemento quecambiou a historia dos crentes. Na nosa terra, portradición, case é condición indispensable a colleita de

ou para cubrir de verde a súa paisaxe e asíencher de vida e de cor estas entrañables representaciónsartísticas. Pois destas plantiñas (mofos) tan familiarespara nós, imos falar hoxe neste número.

Os mofos (aproximadamente 10.000 especies) xuntocoas hepáticas (plantiñas que poden ser parecidas peromáis delicadas) forman parte do grupo que chamamos

aparecidos na terra hai, aproximadamente, uns280 millóns de anos. Estas plantiñas de constitución etamaño reducido, que medran formando céspedes nasrochas, muros, cortizas das árbores, ríos…caracterízanse, fundamentalmente, polo seu peculiarciclo de vida e tamén porque, no seu intento de colonizaro medio terrestre, formaron envoltas estériles paraprotexer as delicadas células reprodutoras. Ó mesmotempo, desenvolveron partes no seu corpo vexetativosemellantes ás raíces, talos e follas das plantassuperiores, aínda que a diferencia destas, carecen detecidos condutores de nutrientes e han de tomar oalimento como as algas; é dicir, por toda a superficie doseu corpo. En termos evolutivos, considéranse osbriófitos como o paso intermedio entre as algas verdesacuáticas e o grupo dos pteridófitos, onde se inclúen osfentos.

O ciclo biolóxico ou ciclo de vida dos mofos é bastantecomplexo, pero se o seguimos con atención unhavez máis apreciaremos a perfección dos seres vivos edescubriremos os marabillosos procesos que ocorren na

mofo carriza

briófitos,

(Fig. 1)

natureza Pois ben, centrándonos na , mirando aplantiña verde de mofo que coñecemos vemos queconsta dunhas “raiciñas” que a fixan aosubstrato (non absorben nutrientes como as raíces) e un“taliño” portador das “folliñas”

. A estas plantiñas chamámoslles (neste

caso masculino e feminino ) porque nelas se forman

os gametos ou células de reprodución sexual.Segundo a época do ano poderase observar que en

determinados lugares dos gametófitos e entre“folliñas” especiais , encóntranse os órganos sexuais.Os masculinos ou teñen forma de saco e

agrúpanse en número bastante elevado; no seu interiorforman moitas células biflaxeladas (dous flaxelos) em ó b i l e s : s o n o s g a m e t o s m a s c u l i n o s o u

. Os femininos ou

(en número reducido) teñen forma de botella e no seuventre levan un único gameto feminino ou .Cando un anteridio está maduro libera grandescantidades de espermatozoides, que nadan cara óarquegonio grazas ós flaxelos e á fina película de augaque en tempo húmido recobre os briófitos. Se un dosespermatozoides logra fecundar á ovocélula tras penetrarno arquegonio, fórmase un ovo ou , que trassufrir unha serie de divisións celulares e formar unembrión , orixinará o que coñecemos como

que no seu crecemento irá sobresaíndo dogametófito á vez que se configuran e maduran ae no seu interior as esporas . Cando as esporas estánmaduras, libéranse en grandes cantidades axudadas polovento, a auga… e, ó caer nun substrato, se encontran

. Fig. 1(A)

(rizoides = r)

(caulidio = c) (filidios =f) gametófitos

(A)(s)

anteridios (B )

espermatozoides (B ) arquegonios

ovocélula

zigoto (C)

(D)esporófito

cápsula(E)

♂ ♀

1

2

Os musgos: uns vexetais a camiño entreas algas e os fentos

O Noso Lar 17

nat

ure

zacondicións axeitadas, xerminan oxinando una nova estrutura: o, diminuto filamento fotosintetizador (verde)

formado por filas de células que lembra ás algas. Este protonemaproduce xemas que ó medrar e independizarse darán gametófitos,pechando así un ciclo biolóxico onde as esporas, o protonema e ogametófito teñen un xogo de cromosomas (n) e o esporófito, porxurdir da fecundación ten dobre xogo de cromosomas (2n). Ameiosis ou restablecemento do número haploide de cromosomas(paso de 2n a n = ) ocorre durante a formación das esporas nointerior da cápsula.

Resumindo: o gametófito constitúe na planta a rexión asimiladora(verde) dos nutrientes e o soporte dos órganos reprodutores; e oesporófito é o resultado da fecundación da ovocélula por unespermatozoide e consta dun pedicelo que soporta unha cápsulaencargada da xénese das esporas.

Ademais desta reprodución sexual, algúns briófitos teñen taméncapacidade para se reproduciren por vía asexual, como por exemplopor fragmentación.

Os briófitos poden vivir case en calquera lugar, pero alcanzan a

maior diversidade nas zonas de climas tropicais e templados

húmedos, onde desempeñan importantes funcións dentro dos

ecosistemas por ser estabilizadores do substrato.

Dentro dun biotopo (unha rocha, un tronco…) englobado nun

ambiente xeral (bosque, matorral, pastizal…) encontramos diversas

especies que segundo as súas necesidades e capacidades ocupan

espazos puntuais, porque os factores determinantes das

comunidades muscinais son: a humidade, a superficie do substrato

(lisa ou rugosa) e a súa natureza (grao de acidez ou basicidade = pH).

Os mofos que viven moi a gusto nas rochas expostas de lugares secos

( ) presentan adaptacións morfolóxicas para

conseguir unha desecación lenta ou para captar a máis mínima

humidade presente no medio.

O gran número de briófitos que viven nos bosques xogan un papel

moi importante na súa dinámica. O tapiz muscinal dun solo forestal

contén cantidade de espazos capilares (finiños coma pelos) moi

útiles para reter auga, ademais de ser un bo lugar para a xerminación

de sementes das árbores. é un xénero ben

representado nos nosos solos forestais.

protonema (F)

R!

briofitos xerófilos

(Foto 1)Polytrichum spp

Respecto ós lugares desprovistos de árbores, onde maior significación alcanza a vexetación muscinal é nas tundras

próximas ós polos e das altas montañas. Polo contrario, é moi pobre a cuberta briofítica nos lugares áridos, nos que

queda refuxiada nas fendas e enclaves protexidos da insolación.

Os mofos souberon aproveitar as oportunidades que lles proporcionou o home, o que se pode observar nas cidades

onde os muros e troncos das árbores se encontran cubertos de manchas mofosas máis ou menos extensas segundo a

humidade do lugar. De feito, existe unha brioflora tipicamente urbana composta por especies resistentes á

contaminación, sensibilidade esta que os fai útiles como bioindicadores da polución ambiental (xunto cos liques) e con

eles elabóranse índices de pureza atmosférica. De uso común son os esfagnos que viven nas

turbeiras e por acumulación e presión forman a . Estas plantiñas, ó poder almacenar auga ata un 30% do seu peso

seco grazas a unhas células especiais dos filidios, utilizáronse como sustitutivo do algodón, e na actualidade

empréganse en xardinería (turba mezclada con terra) para aumentar a capacidade de retención de auga e a acidez. En

moitos lugares tamén se utiliza a turba como combustible.

E por certo, o mofo que se recolle normalmente para poñer bonito o belén chámase .

( sp, foto 2)turba

(Foto 3)

Sphagnum

Hypnum cupressiforme

A BFoto 3. :Hypnum cupressiforme A, gametofito.

B, esporófito sobre gametófito

Ángela Noguerol Seoane

Universidade da Coruña. Área de Botánica.

Foto 1. spPolytrichum

A: poboación.

a

b

A BFoto 2. sp.SphagnumB: filidio visto ó microscopio: a, célulafotosintetizadora; b, célula acumuladora de auga

O Noso Lar18

saú

de

monte e lebres, parentes cercanos dos coellos

domésticos; ou do xabarín, que tamén e un parente

cercano dos porcos que se crían na casa, por citar algúns

dos casos máis comúns. Mais o feito de que os animais de

caza silvestre se críen en liberdade fai que poidan ter

maior incidencia determinadas enfermidades que non

existen ou se atopan cunha baixa incidencia nos animais

domésticos. Tal é o caso da triquinose e a tularemia, entre

outras.

No caso da é unha parasitación que como

sabemos afecta de xeito especial aos porcos, sendo unha

das que se coñecen como de ciclo directo, onde é

relativamente sinxelo o control no caso das explotacións

intensivas. No caso das clásicas granxas de porcos, nos

que un dos principais axentes de contaxio desta

parasitose son os ratos, queda minimizada polos

procedementos de desratización das explotacións. Como

é lóxico, no caso de que a peza a cazar sexa un xabarín,

entón a susceptibilidade ao contaxio desta peza de caza é

moito maior, posto que durante o seu período de vida

silvestre non temos un control dos roedores que pode

inxerir este animal, e polo tanto pode resultar máis

frecuente a infestación por este parasito. Sempre se debe

de optar nos casos de caza maior, especialmente xabarín,

pola análise da musculatura das pezas cazadas cara a

determinar se poden estar infestados por este parasito.

No suposto de que isto non fose posible, hai que optar

sempre por consumir esta caza despois dun cociñado

eficaz e mellor empregando pedazos pequenos da carne

triquinose

A carne de caza e a saúdeAs carnes de caza constitúen un dos alimentos máis

xenuinos cos que nos podemos atopar nesta época do

ano, e que están destinados a ser cada vez máis

exclusivos. Practicamente a toda a xente que lle gusta a

carne, gústalle de xeito especial as características que ten

a caza, que son: unha menor cantidade de graxa, unha

carne máis escura e cun sabor moi característico,

especialmente intenso ou penetrante. As calidades desta

carne veñen determinadas polo feito de que os animais,

ao non ser alimentados polo home, non chegan a ter

tantas reservas de graxa como os animais domésticos,

como poden ser os porcos que cebamos na casa. A

escuridade da carne débese ao maior exercicio que estes

animais se ven obrigados a facer ao ter que procurar por

eles mesmos o seu sustento, o que produce unha maior

cantidade de mioglobina no músculo, que lle dá a súa

característica cor. Outra característica desta carne é que

os seus músculos teñen os tecidos máis duros debido ao

moito exercicio que fan.

Polo tanto, este tipo de carne, dadas as súas

peculiaridades, debe deixarse madurar máis tempo que

outros tipos para que poida adquirir as súas axeitadas

características organolépticas, sobre todo a brandura

adecuada. En moitos casos o exceso de maduración pode

chegar a facer difícil distinguir o que sería a maduración

propiamente dita do que xa sería unha auténtica

alteración do produto, o cal tamén debe de ser tido en

conta.

O feito de cociñala tamén é un pouco especial, pois é

ben coñecido que a graxa dos alimentos é un dos

principais compoñentes que van contribuír á calidade do

seu zume. Aínda que hai que sinalar que as carnes de

caza poden resultar en ocasións máis perigosas dende o

punto de vista sanitario polo feito de que un animal que é

cazado con artes cinexéticas non é un animal que estea

controlado sanitariamente. Deste xeito, as observacións

que o cazador fai no momento de abater ao animal poden

ser da máxima importancia para tratar de saber se a súa

saúde era boa.

Moitas son as enfermidades que poden afectar ás

especies de caza, pero en xeral poderiamos dicir que

chegan a ser os mesmos procesos que afectan aos

animais domésticos, xa que se trata de especies moi

cercanas filoxeneticamente. Tal é o caso dos coellos de

O Noso Lar 19

saú

de

12-15 días de xeito ininterrompido; tempo necesario para

evitar a infestación do parasito.

Na triquinose, a infestación polo parasito vaise

producir polo consumo de carne pouco cociñada ou ben

polo consumo de embutidos ou carnes curadas que polo

tanto non levaron tratamento térmico. Esta parasitose

non se transmite por manipulación da caza, senón por

inxestión.

Os síntomas desta enfermidade son primeiramente

gastrointestinais, e logo cando as larvas chegan aos

músculos producen dores musculares como

consecuencia do proceso inflamatorio que causan nos

músculos onde se aloxan estas formas parasitarias.

Séntense sobre todo ao mastigar e incluso tamén ao

respirar, xa que as larvas vanse localizar

prioritariamente nos músculos da mastigación ou nos

responsables da respiración.

Moito máis preocupante, pola maior incidencia, supón

na actualidade a tularemia, unha enfermidade moito

menos coñecida que a triquinose e que pode afectar

especialmente a lebres, coellos e outros roedores. Esta

enfermidade ten como axente causante unha bacteria, a

Trátase dun proceso que pode

chegar a ser grave. Ao contrario do que ocorre na

triquinose, a turalemia vaise transmitir basicamente

mediante a manipulación das pezas, e de xeito moi

especial durante o seu esfolado, sobre todo cando temos

pequenas feridas nas mans, por exemplo. Nesta

Francisella tularensis.

enfermidade ten certa importancia a transmisión a partir

de carrachas, tabáns... Outras formas de transmisión ás

persoas son quizais menos importantes. Este proceso

está a ter na actualidade unha grande importancia tras a

gran praga de toupas que houbo sobre todo na

comunidade de Castela-León, onde se declarou

recentemente un importante número de casos nas

persoas (máis de 100). Esta enfermidade cursa cun

proceso febril, calafríos e tamén infartación ganglionar.

Se ben cos tratamentos axeitados a mortalidade é moi

baixa, non se debe desdeñar este proceso, xa que no

suposto de non tratarse desembocaría nunha infección

grave que pode chegar a alcanzar un 5% de mortalidade.

A caza é un alimento bo e cunhas grandes

características culinarias, pero non debemos esquecer

nunca que poden ser fonte de enfermidades para as

persoas. Para acadar as súas mellores calidades hai que

ter en conta que a maduración da carne debe de ser a

axeitada e o tratamento culinario adaptado, para que a

carne non sexa seca e teña o intenso e característico sabor

que sempre se espera deste prato.

para que toda ela quede sometida a un bo

tratamento térmico. Nunca se debe optar por

facer embutidos, salgaduras ou produtos con

pouco tratamento por calor. O curado, o

afumado, ou a salgadura, non son efectivos para

eliminar ou facer non infestantes ás larvas de

. Tamén temos que ter en conta que a

conxelación do produto para sanealo pode non

ser efectiva se non se trata o suficiente tempo, e

asegurando que a temperatura baixe no

interior do músculo polo menos -25ºC durante

Trichinella

Carlos M. Franco Abuín

Hixiene e Inspección Alimentos

Facultade de Veterinaria de Lugo

O Noso Lar20

saúde

Xa vos teño falado dun libro que escribiron unsmédicos especialistas en cardioloxía e que se titula:

Tencapítulos moi interesantes escritos dunha forma sinxela edoada de comprender. Hoxe vou contarvos o que opinanestes eminentes cardiólogos da perda da memoria e dodesencanto da vida nas persoas maiores.

É moi frecuente que as persoas de mediana idade esobre todo os nosos anciáns se queixen na consulta domédico de “perda de memoria”.Amemoria para os feitosmáis recentes tende a diminuír co tempo. Recordamos oque comemos nunha celebración hai 30-40 años eesquecemos o que comemos onte. Tamén é normal aperda de memoria para os nomes das persoas.

As persoas maiores que se preocupan moitísimo poresa perda de memoria, non entenden que se tivesen esamesma perda dez ou vinte anos antes, que sería moitomáis importante, non lles produciría tanta ansiedade.Non sempre que esquecemos algo é síntoma de perda dememoria; moitas veces é por falta de atención.Intentamos facer varias cousas ao mesmo tempo, deforma atropelada….“A onde ía eu?”, preguntámonosna metade do corredor...

A memoria débese adestrar e exercitar para evitar asúa perda. A mellor maneira de fortalecer, desenvolver eprotexer a memoria é a lectura. Por iso se debe deexercitar lendo todos os días o xornal, revistas, novelas,segundo o gosto de cada un e tratando de recordar aquiloque se leu. Tamén é útil xogar ás cartas intentandorecordar as que saíron, as que fallou o compañeiro, ostrunfos que quedan …Non hai medicamentos capaces de conservar a memoria

que demostrasen unha eficacia considerable ou a ter enconta. É imprescindible evitar o alcohol; hai unha perdade memoria especificamente producida polo abuso doalcohol e tabaco, e cando falamos de abuso non nosreferimos a cantidades grandes de alcohol, senón a todo oque exceda dun cuarto de litro de viño ao día (2 vasos).

Non debemos de confundir a perda de memoria“fisiolóxica” polo propio proceso de envellecemento noancián coas demencias e sobre todo coa temidaenfermidade de Alzheimer. Non é o mesmo. Nasdemencias o paciente non é consciente de que a súamemoria se vai deteriorando, é a familia a que percibeactitudes chamativas.

Outras funcións superiores do sistema nervioso comoson a capacidade de comprensión, a orientación noespazo e tempo e a capacidade de reacción antesituacións novas ou estrañas tamén se poden deteriorarco paso dos anos.

As alteracións do estado de ánimo son moi frecuentesnas persoas maiores e sobre todo a depresión. Cando un

“Como disfrutar de la vida y vivir para contarlo”.

Cando perdemos a memoria e as ganas de vivir

ancián o encontramos triste, apático, sen interese, condificultade para durmir, con perda da capacidade dedisfrutar, con falta de apetito e con ansiedade, temos quedescartar que padeza unha depresión. Para a depresión siexisten fármacos cunha resposta moi favorable namaioría dos casos.

Na depresión do ancián inflúen diversos factores,como son a vivencia do propio deterioro físico oumental, a perda de seres queridos, a soidade, o temor ámorte, unha alimentación inadecuada, uso e abuso dedeterminados fármacos, abuso de bebidas alcohólicas,etc.

O desencanto da vida e a depresión poden previrsecorrixindo ou evitando estas situacións determinantes. Émoi positiva a integración no ámbito familiar; sentirsequerido pola familia é fundamental. Naqueles casos nosque non é posible deberá buscarse a compañía noutrosgrupos ou asociacións, a simple conversa ten efectospsicoterapéuticos moi positivos. As viaxes para algúnsmaiores non son só unha escapada á rutina senón unhafonte de estímulos positivos. Por iso e desde aquí queroanimarvos a acudir ás viaxes que organiza a

.O consello dos especialistas de corazón, e o meu

propio é que intentedes ler algo todos os días, a conversacon amigos e veciños, a atención a algúns programas deradio e de televisión, facer encrucillados ou pasatempos,xogar cos netos, viaxar dentro das posibilidades sonactividades importantísimas.Todo menos quedarvoshoras e horas coa mente en branco, adormecidos,aparvados pola caixa tonta ou recordando tempospasados… que nunca volverán. E lembrade que non éverdade que “calquera tempo pasado foi mellor”.Recordamos o bo e esquecemos facilmente as mágoas,os atafegos e sufrimentos do pasado.

FundaciónO Noso Lar

Conchita Rodríguez FernándezMédico de Atención Primaria – Samos

A primeira Directiva Europea relativa aos residuos(75/442/CEE) definíaos como

Unha análise desta definición conduce, en primeirolugar, á cativa concreción do termo xa queresulta moi ambiguo, e, por outra banda, ao seucarácter subxectivo, xa que o que para un posuídorpode constituír un residuo, en base a súa nula utilidade,pode resultar de grande interese como materia primapara determinadas industrias, como por exemplo as detransformación.

Cómpre salientar ademais, dentro do articulado dadevandita Directiva, que xa se destaca nela o

A partir desta Directiva, xorde unha ampla serie dedisposicións normativas sobre o tema, destacando aDirectiva 91/156/CEE, que modifica substancialmenteá anterior, e na que xa se concretan os diferentes tiposde residuos, diferenciándoos en dezaseis categorías,situando aos residuos sólidos urbanos (RSU) no grupocatorce. Define ademais as operacións de eliminacióne valorización dos residuos no anexo II(posteriormente modificado pola Decisión96/350/CE). Como entende calqueraoperación destinada a aillar os residuos do medionatural (verquido, inxección en profundidade,depósito permanente) e, pola contra, aabrangue todo tipo de operacións conducentes a obterpotenciais vantaxes dos residuos, tanto dende o puntode vista enerxético (incineración con recuperación dacalor xerada), como dende a posibilidade derecuperación dos produtos e materiais que conteñen(vidro, plástico, metais, varreduras, etc).

Nestas publicacións europeas xa se establece a ordexerárquica no tratamento dos residuos: minimizaciónna xeración, reutilización, reciclado, incineración convalorización enerxética e verquido, como última fase,aplicable unicamente á parte non aproveitable.

Como consecuencia da obrigatoridade de aplicacióndas Directivas Europeas aos Estados membros, osdiferentes países teñen de transpoñer os principios alíestablecidos ao seu propio ordenamento xurídico, e,nese contexto, aparece en España a(10/1998), na que se recollen as definicións europeas,con algunha particularidade específica.Así, concrétasea definición de (RU)como “os xerados nos domicilios particulares,comercios, oficinas e servizos, así como todos aquelesque non teñan a calificación de perigosos e que pola súanatureza ou composición poidan ser asimilables aosproducidos nos anteriores lugares ou actividades”.

“calquera substanciaou obxecto do que se desprende o seu posuídor ou ten aobriga de desprenderse, de acordo coas disposiciónsnacionais vixentes”.

residuo,

eliminación

valorización

residuos urbanos ou municipais

interés enpotenciar a recuperación e a posterior utilización dosmateriais recuperados.

Lei de Residuos

Residuos urbanos (II): A aposta pola reciclaxe

O Noso Lar 21

nov

aste

cnol

oxía

s

Inclúe asimesmo como RU aos seguintes:Residuos procedentes da limpeza das rúas, zonas verdes, áreas

recreativas e praias.Animais domésticos mortos, así como mobles, enseres e vehículos

abandonados.Residuos e entullos procedentes de pequenas obras de construción e

reparacións domiciliarias.

emprego dun produto usado para o mesmo fin para o quefoi deseñado orixinariamente.

tratamento dos residuos, dentro dun proceso de produción,para o seu fin inicial ou para outros fins, incluíndo a compostaxe e abiometanización, pero non a incineración con recuperación enerxética.

. Sistema de recollida diferenciada de materiaisfermentables e de materiais reciclables, así como calquera outro sistemade recollida diferenciada que permita a separación dos materiaisvalorizables contidos nos residuos

1.- Constatación dunha deficiente xestión ambiental.2.-3.- Instalacións insuficientes ou obsoletas.4.-

Verquido autorizado = 58,2 %Verquido incontrolado = 12,2 %Reciclado = 11,6 %Compostaxe = 13,9 %Incineración = 4,1 % (3,7% con recuperación enerxética)

Inclúense ademais outras definicións de interese que imos expoñer:

.Continuando coa normativa do Estado, o 13 de xaneiro do 2000 sae publicadoo con cobertura 2000-2006, noque se fai unha interesante análise da situación dos residuos naquelas datas,merecendo salientar os seguintes aspectos:

Apórtanse ademais datos porcentuais dos diferentes tratamentos que seestaban a aplicar:

Reutilización

Reciclad

Recollida selectiva

valorización, reciclaxe ou reutilización.

;

o:

Plan Nacional de Residuos Urbanos (PNRU),

Escaso ou insuficiente nivel de

Escasa percepción social do problema e hipersensibilidade antecalquera proposta de construción de novas infraestruturas.

Nótese que no apartado de verquido autorizado non seindica que este tipo de verquido sexa controlado, incluíndonesa porcentaxe verquidos que simplemente contan coascorrespondentes autorizacións, sen que isto implique ocontrol estrito da xestión.

Con referencia aos datos anteriores, e partindo da base deque é a propia Administración quen ten a obriga de trocar asituación exercendo o seu control sobre as instalacións e asoperacións de xestión, no senso de obter sustanciaismelloras, parece necesario, dende o punto de vista docidadán, fixarse no cuarto punto dos sinalados.

É evidente a percepción cotiá da xeneración dos residuos,e tamén da necesidade de buscar métodos axeitados detratamento, evitando así os estragos que ocasionan aomedio ambiente coas súas verteduras incontroladas(impacto visual, contaminación por arrastre das augas dechuvia, proliferación de insectos e roedores, etc). É taménfacilmente asumible a necesidade de recuperar dosresiduos aqueles materiais que enchen os vertedoiros dexeito irracional, sen contemplar a posibilidade dereinsertalos nas canles de produción e consumo. Todo istoparece unha obviedade, pero onde instalamos a planta detratamento? Como apunta o dito inglés “not in my ownyard” (non no meu patio). Polo xeral sempre aparece unhaforte oposición ás diferentes iniciativas conducentes áconstrución de instalacións para a xestión dos residuos.

Non aceptamos na nosa contorna inmediata ninvertedoiros, nin estacións de transferencia, nin plantasde compostaxe ou metanización, nin por suposto, unhaplanta incineradora. Posiblemente o cidadán teña partede razón na súa suspicacia, en base á forma en que seviñeron tratando os residuos ata hai poucos anos.

Cómpre sinalar que hoxe en día non existe motivo dealarma nese aspecto. Un vertedoiro non é un recolledorde lixo onde os residuos seguen un proceso natural defermentación ou degradación sen ningún tipo de control.Na vertedura controlada, tal como o seu nome indica,faise un seguemento continuo (incluíndo o control unhavez clausurado e selado), de xeito que tanto as augas deinfiltración como as que se xeran ou liberan no seuinterior, son recollidas e tratadas axeitadamente. Deforma similar, o gas que se forma como resultado dafermentación da materia orgánica é canalizado eaproveitado enerxeticamente. Finalmente a coberturadas sucesivas capas de lixo impide os voos de elementoslixeiros como papeis e plásticos e o desprendemento deolores desagradables.

Tampouco unha planta de compostaxe ten quepresentar problemas se o proceso está ben controlado.Unha incineradora que cumpra cos estritos controis queesixe a normativa vixente no relativo ás emisions defumes a atmosfera e a recepción, control e tratamentodas cinzas voantes e escouras, non ten que preocupar ápoboación. En resumo, e aínda que calquera método detratamento presenta problemas, a tecnoloxía actual podeminimizalos e facelos compatibles co medio ambiente.

O Noso Lar22

nov

aste

cnol

oxia

s

Tornemos ao PNRU. Entre os obxectivos que tenta acadar,figuran un forte

e a limitación do vertidounicamente á fracción non valorizable, concretados nasseguintes porcentaxes:

Tal como queda sinalado, a vixencia do PNRU rematou noano 2006 e cómpre agora valorar o grao de cumprimento dosseus obxectivos, co conseguinte replantexamento dosmesmos.

Con ese fin está a saírcon ámbito de aplicación 2007-2015, e a través do seu

borrador pódense coñecer datos relevantes sobre os logrosobtidos co plano anterior. Vexamos:

incremento da recuperación, reciclaxe evalorización dos residuos

o Plan Nacional Integral de Residuos(PNIR)

Incremento da compostaxe ata ó 24,4 % (2006)Incremento do reciclado ata ó 25 %(2006)Incremento da valorización enerxética un 9% (2001) e17,7 % (2006)Eliminación total do vertido incontrolado a finais do 2006.

1.-Executouse o 74,5 % do investimento previsto.2.-Fracasou o intento de estabilizar a xeración dosresiduos. Mantense o paralelismo entre o crecementoeconómico e a xeración de residuos, acadando no 2004 aratio de 1,437 kg/hab.día.3.- Non se conseguiron os niveis previstos de recuperaciónde envases.

4 . -Ampl iouse s ign i f i ca t ivamente a rede deinfraestruturas.5.-

.6.-Diminuíu a porcentaxe de residuos destinados avertedoiros.7.-Mantense a porcentaxe de residuos tratados porincineración.

A) Redución nun 50% do consumo de bolsas comerciaisdun só uso (2010)B) Recollida selectiva e compostaxe dos residuos verdes,públicos e privados (a partir do 2009).C) Impulso á recollida selectiva da fracción orgánica dosRU a poboacións de máis de 100.000 habitantes (2009)D)Aumento da porcentaxe de reutilización de envases.E) Incremento das ratios de reciclaxe de residuos deenvases ao 80% (2012).F) Incremento da fracción destinada a compostaxe ao 50% (2012).G) Aumento da porcentaxe de biometanización ao 10%(2012).H) Incremento da valorización enerxética 6% (2009) e6% (2012).

Incrementouse a porcentaxe de residuos destinada ávalorización

O novo Plano establece os seus propios obxectivos cara aoperíodo 2007-2015, e neste apartado é onde

. Recollemos un resumodos máis salientables:

Estes obxectivos, sen dúbida ambiciosos, esixen para a súaconsecución a adopción dunha importante serie de medidas.Velaquí un resumo das mesmas:

se incideclaramente no impulso á reciclaxe

Construcción de 1800 puntos limpos.Promoción do uso de bolsas reutilizables.Desenvolvemento de instrumentos para facilitar a recollida

selectiva.Distribución de contedores para a recollida de envases en todas

as vivendas, locais comerciais ou industrias.Distribución de contedores para a recollida selectiva de roupa

vella, na ratio de 1 por cada 3.000 habitantes.Implantación da recollida selectiva de residuos voluminosos e

de aceites vexetais usados, en núcleos de poboación que superenos 250.000 habitantes.

Preparación de medidas para crear demandas e mercadospara materiais e obxectos preparados ou fabricados a partir dareciclaxe de RSU.

Velaí as propostas daAdministación e o seu interese nareciclaxe. A consecución destes obxectivos supón aadopción das medidas previstas, cos correspondentesinvestimentos, pero iso non é todo. Cómpre que oscidadáns cumpran coa súa parte do plano, colaborandona recollida selectiva separando os residuos na orixe, (édicir, nos fogares), e depositándoos logo nos seusrespectivos contedores ou puntos limpos, minimizandoa xeración coa reutilización dos materiais ou obxectosque aínda presenten algunha utilidade, e usandoprodutos reciclados para aqueles fins nos que as súascaracterísticas permitan garantir boas prestacións.A aposta pola reciclaxe está lanzada. Estamos dispostosa afrontala?

Carlos Franjo FranjoUniversidade da Coruña. Departamento de Física

Resumir nunha carade folio o que supuxopara os 27 mozos/asv a l e n c i a n o s oc a m p a m e n t o d op a s a d o m e s d eagosto en Lóuzarar e s u l t a a l g ocomplicado. Nonobstante, é o que vouintentar transmitirneste pequeno artigoque o meu cura mepediu que escribirap a r a c o m p a r t i rc o n v o s c o am a r a b i l l o s aexperiencia que paratodos supuxo oc a m p a m e n t o e nGalicia.

O priorato tamén foi o noso fogar

Un campamento de xente moza da parroquia daAsunción de Nosa Señora de Torrent é algo que vaimoito máis alá do que poidas imaxinar. Unha cita comoa que nos levou a Lóuzara no pasado agosto supón unalto no camiño en cada un dos nosos veráns e chama áreflexión, ao descubrimento, ao gozo da natureza e, porque non, á transformación profunda.

Este cambio ao que chama o campamento, punto definal dun curso pero ao mesmo tempo liña de saída dunnovo ano, encontrou no Priorato o marco perfecto.Unha construción, un fogar para nós, aínda encrecemento, no que, como se acuñou aqueles días, asnosas pilas cristiás encontraron a conexión perfectapara iniciar unha recarga sempre necesaria.

Unha recarga coa que retomar en setembro non só aparticular e algueirada vida parroquial senón tamén apersoal e complexa rutina diaria. Os estudos e o traballoencontran nestes campamentos o combustible que oslanza cara a unha nova e renovada marcha.

Do mesmo xeito que cada mañá nos atopabamos coasforzas renovadas para iniciar un novo percorrido polazona, de indescritible beleza natural. Cada novo día,despois de ter encontrado no Priorato o merecidorepouso, nos botabamos ao camiño. Un camiño duropero grandioso. Desde O Cebreiro, punto de encontrocon decenas de peregrinos que se encamiñaban aSantiago e onde algúns puidemos sentir o que sepodería chamar o “gusanillo” do Camiño; ata O Courel,onde se puido disfrutar da enorme fermosura desteextenso paraíso natural, coa Devesa de Rogueira e a

Lagoa de Lucenza como puntos destacados do nosopercorrido.

Entre os muros do Priorato quedou tamén tempo para aaprendizaxe. Ademais de percorrer O Courelmergullámonos de cheo no tema do campamento que era“os sacramentos”. Ao longo dos once días de convivenciasucedéronse os momentos para falar, comentar, preguntare comprender todo o que ignorabamos sobre a Eucaristía,a Confirmación, a Unción ou o Sacerdocio.

O camiño da oración, punto importante dunha cita comoesta, pode percorrerse con infinidade de medios detransporte. Nós optamos pola beleza e o significadohistórico dun icono. Un icono da Virxe da Tenrura,fabricado por nós mesmos no obradoiro de iconos, que seelevou en símbolo daqueles once días de convivencia eque agora, en cada unha das nosas casas, nun recunchoreservado pero exclusivo, nos lembra cada día o vivido noPriorato e o que nos queda por vivir e a enorme axuda coaque contamos.

Os 27 mozos e mozas que invadimos Lóuzara algúnsdías de agosto e que fixemos do Priorato o noso fogar sópodemos estar agradecidos ao seu cura D. Miguel Gómez,á e ás irmás que tanto ben estánfacendo e que compartiron connosco aquela fermosaúltima noite. Grazas a Antonio, que foi o noso veciño eamigo durante eses días de convivencia, a Orlando e atodos os que fixeron posible o noso campamento enGalicia no 2007.

Fundación O Noso Lar

exp

erie

nci

as

O Noso Lar

Grupo Parroquial de Torrent (Valencia)

23

O Noso Lar24

exp

erie

nci

as

Cantabria, beleza infinita

Dez días cargados de emoción. Era a primeira vezque visitabamos Cantabria. Sorprendeunos eencantounos: a beleza das súas paisaxes, a acollidadas súas xentes, a cantidade dos seus bens culturaistan ben coidados... Toda esta riqueza fai imborrableo recordo dun pobo que ao adentrarte nel déixateprendido e enamorado por tanta fermosura.

Desde Castro Urdiales ata San Vicente de laBarquera. Desde Cabárceno ata El Soplao. Mar,ceo e terra toman nos seus regazos a beleza de Deusdepositada nesta frondosa e alegre terracántabra.Tan fermosa que parece feita no mesmomolde que a nosa Galicia.

Na nosa inolvidable experiencia queda taménesa outra beleza da comunidade que formabamos ogrupo. Comunidade que se alimentaba do tratosincero e festivo da amistade, da acollida, do cantoe a oración da mañá e da tarde. Todo esto colmabadiariamente os nosos sentimientos de gratitude óPai e de recoñecemento ós irmáns de de

e tamén a todas as persoas cántabras quexenerosa e gratuitamente nos acolleron eacompañaron nesta aventura. A nosa felicitaciónpola impecable organización, animación e climacreado entre todos.

O NosoLar

Manoli e Jesús

Unha experiencia marabillosa

O día tres de abril comezamos unha viaxe por terrasde Cantabria un grupo de xubilados, guiados por D.Miguel e acompañados pola eficiente Xosefa. Foi unhaexperiencia marabillosa.

Non vou describir a fermosura da paisaxe que tanto seasemella á nosa Galicia, e que teño que dicir, conenvexa, que está moito máis coidada que a nosa.

Quero expoñer o que supón de positivo para os quefomos a esta viaxe. Falando pola miña situación, e a damaior parte do grupo, penso que é un xeito dedesconectar da vida cotiá. O primeiro xa é aconvivencia con persoas de distintas realidades sociaisque resulta moi enriquecedora, porque todos temosalgo que aportar. Por outra parte rómpese a monotoníadiaria, porque a vida dos maiores no rural ten poucasvariacións, todo se repite, incluso, ás veces chégase ámarxinación prescindindo do vello para moitas cousas.Tamén é de destacar o compañerismo que reina entretodos nós, pero sobre todo a estupenda organización e adedicación completísima de Miguel e de Xosefa.Podería seguir mencionando todas as avantaxes perofaríase longo. Só quero dicir que desexo que se repitanestas vacacións-convivencia, pois cando voltamos,vimos todos máis ledos e… máis áxiles e lixeiros

Grazas a todos os que o fan posible.

Carmen Vázquez Garza

En Castro Urdiales

En Comillas

No parque Cabárceno

Experiencia pascual en Loúzara

exp

erie

nci

as

O Noso Lar 25

En plena montaña lucense e rodeados de nevexuntámonos un grupo de Laicos Josefinos chegados dedistintos puntos da península para lembrar a morte deXesús e festexar con gozo a súa resurrección. Aloxadosnunha fermosa casa de pedra chea de historia, na queestivo asentada unha pequena comunidade de monxesbenedictinos dependente do Mosteiro de Samos alá poloséculo XI. Despois da desamortización no século XIXempregouse como casa reitoral e agora, en pleno séculoXXI é parte dun proxecto da quedesexa acompañar aos habitantes das pequenas aldeas doVal do Lóuzara, alonxados dos núcleos urbanos ecarentes de infraestructuras sociais, culturais ou detempo de lecer ao seu alcance. Preténdese con isto que

sirva de referencia á zona e sexa un lugar deencontro e convivencia interxeneracional, un lugar ondese acollen actividades diversas para xente maior e abertaa persoas doutras zonas para darlles a coñecer así osvalores do Evanxeo. O principal impulsor deste proxectoé o crego Miguel Gómez Vázquez, unha persoaencantadora que nos facilitou en todo momento onecesario para que a nosa estadía fose o máis cómodaposible. Con el, as relixiosas franciscanas e máis osveciños da zona reunímonos para orar na Igrexa do lugar.

A noite do Sábado de Resurrección celebrámola nasinstalacións da casa con gran asistencia de fieis. Alícompartimos a ledicia de redescubrir a Cristo resucitadoque nos enche de felicidade.

No medio dun marco natural incomparable onde o aire

Fundación o Noso Lar

OPriorato

e a paz que se respira axudan a profundizar e interiorizar,refórzanse lazos de afecto e de unión entre tódolosmembros do grupo despois deste tempo de liturxia,formación e convivencia. Cargamos completamente aspilas e o corazón enchéusenos de vida, serenidade, paz,amor e esperanza, sentímonos unidos no camiño que nosleva até o Pai da man de Xesús. Vivimos momentosintensos de oración, recordando a coherencia de Xesús noseu paso polo mundo, fiel aos seus principios até asúltimas consecuencias. Vivimos a Resurrección comaunha experiencia vivencial con Él, renovámonos,purificámonos e iluminámonos… e todo isto feito en“común unión”.

E así, unha Pascua máis, pouco a pouco, pasiño apasiño, imos camiñando cara ao Pai, botando unhas

raíces cada vez máisp r o f u n d a s q u e n o sc o m p r o m e t e nintensamente con Xesús,e n t r e g á n d o n o s ác o m u n i d a d e c o nxenerosidade, afecto,d i s p o n i b i l i d a d e ,participación, serenidade,p a z , a c e p t a c i ó n ,humildade, tolerancia eservizo; sempre nun tonoalegre, posi t ivo, cunespírito aberto, acolledor ecomprensivo. En plenam o n t a ñ a l u c e n s e ,afincamos raíces xunto a“carballos” robustos efirmes.

Araceli Pardo

O Noso Lar26

rela

tos

Xa pasara o tempo da colleita. O duroinverno intensificábase e as primeirasxeadas caían sobre os tellados.

Apenas quedaban casas habitadas naaldea; non había médico nin escola e apequena igrexa derrubárase algúns anosatrás.

Polas rúas oíanse aínda quedos, antigosecos de risos infantís, de xogos de raiola ecarreiras apresuradas ao saír da misa osdomingos.

Ás veces, pechando os ollos, poderíadicirse que nada cambiou. Pero si; só assombras dos que foron e xa non estánpermanecían ocultas nos vellos muros deadobe.

Ás aforas, xunto á revolta do río, unhaventá iluminada daba calor á noite. No fogarun ancián miraba silencioso o lento crepitardas lapas.

Pola súa mente danzaban as lembranzas,como imaxes difusas do que fora a súa vida;unha vida longa, chea de traballo esacrificio, pero tamén de amor e tenrura. Si,non podía queixarse. As súas mans estabangretadas e a súa cara curtida polo sol, pero oseu corazón rebordaba de felicidade.

Fora moi feliz naquela casa, a que forados seus pais e dos avós, e na que el mesmocreara o seu fogar. Cantas lembranzas viñanagora á súa mente! Imaxes de épocaspasadas, cando as voces e os risos dos nenosenchían os recunchos e ela cantaba copliñasmentres zurcía os calcetíns.

Na vella cociña podía sentir aínda a súapresenza; cantos anos pasaran?... tres…cinco? e aínda a botaba de menos, comoaquela noite. Daquela sentiu que unha parte

moi importante do seu ser partía para sempre conela. Atopábase só e baleiro e desexou que esasoidade o levara a el tamén. Pero aínda non chegarao seu momento.

Atizou as brasas e mirou pola ventá. A lúailuminaba aquela noite de decembro como só ela osabía facer nos longos meses de inverno. Canso,recostouse na desvencellada cadeira e a súa mentevagou de novo polos gastados recordos.

Avida fora xenerosa: deulle unha boa muller, fortee traballadora… e guapa como ningunha!

Recordaba a súa cariña morena e graciosa, naquelanoite de San Xoán, cando a sacou a bailar naverbena. Con que envexa o miraban todos os mozosda aldea! Soaba entón un famoso bolero que, aíndapasados os anos, non podía recordar sen que se llefixera un nó na gorxa.

Recordaba aquela primeira vez, cando se atoparona soas no seu recén estreado dormitorio de casados.Ela, vestida de branco coma un anxo, cun sorrisoradiante na súa doce faciana de nena, entrelazaba asmans sen levantar a vista do chan.

A timidez dos seus xestos, o temor na mirada… eesa mestura de medo reverencial a non saber quefacer, que quedou esvaecido cos tenros sorrisos quelle amosou á mañá seguinte.

Baixo as estrelas

rela

tosDespois chegaron os

fillos e o traballo duropara sacar á familiaadiante. Catro fillos quenon quixeron adicarse aocampo e que se foronmarchando un a un naprocura do tan ansiadotraballo na cidade.

E ela, sempre sorrinte,s e m p r e a t e n t a á snecesidades de cada un.O campo non daba paral u x o s , p e r o e l aocupábase de que todosestiveran limpos, sans efortes; e nunca deixabade preparar aquelesmarabillosos doces cadadomingo. Que aroma aa z u c r e t o r r a d o s erespiraba pola mañá!

Toda ela estaba impregnada nun cálidoarrecendo, unha mestura de pan recén feito eauga de rosas. Canto estrañaba o seu aroma, acalor do seu corpo nas frías sabas cada noite!Sabas que ela perfumaba con lavanda fresca eque salpicaba, ao pasar o ferro, coa auga dafonte, porque segundo dicía, arrecenderían aherba fresca ao estendelas sobre a cama.

Pensaba con morriña naqueles anos nosque, despois de marchar os fillos, volveron aquedar eles sós. A tenrura e a comprensiónsubstituíron á timidez e á paixón daquelesprimeiros anos e, sen dúbida, foran estes osmáis plenos de toda a súa vida.

Aquelas tardes cálidas de agosto, candovoltaban da sega ao poñerse o sol, e sentados nasolaina agardaban ás primeiras estrelas. Ashoras pasaban sen sentir e só a escuridade eunha leve brisa, advertíalles de que xa caera anoite.

Os díasenchíanse de amor et r a b a l l o , c o nc o n v e r s a c i ó n sbanais sobre osfillos e netos, queían pouco a velos,pero aos que elanunca esquecerafelicitar no seuaniversario; facíanp l a n s p a r a oseguinte ano, sobreque terra sementarou cal deixar enbarbeito, ou se seríanecesario reparar otellado antes doi n v e r n o o u s eaguantaría un anomáis; e despois osplans deixaban pasoaos… acórdaste…?

Unha mañá, ela marchou sen dicir adeus. Nuncativo necesidade de despedirse, pero naquelaocasión houbéralle gustado poder facelo. Tiñatantos plans para o inverno! Quería viaxar ácidade e quedarse unha tempada cos fillos. Tiñapensado levala a bailar, a esas verbenas quecelebran os domingos no parque… pasaran casesesenta anos dende aquel primeiro bolero, e seguíatan namorado coma un rapaz!

Non fora xusto. Ela prometéralle que nunca odeixaría só, e porén… non, non debía culpala a ela,o único que desexaba era ter un anaco paradespedirse; pero xa non facía falta. Chegara otempo de marchar.

Saíu ao patio e xunto á solaina ficou sentadobaixo as estrelas.

Soraya Armesto Cardenal“Premio Relato Breve de Mujer 2000”

Ayuntamiento de Valladolid

O Noso Lar 27

O Noso Lar28

AF

rei X

osé

inm

emori

am Graciñas, Frei Xosé

Si, Grazas, Señor, por Frei Xosé,polos seus pais e toda a súa familia.

Grazas pola chamada que un día Ti lle fixeches

e pola resposta xenerosa e sacrificada que el che ofreceu.

Grazas pola súa entrega e fidelidade á misión que Ti,

a través da Igrexa,lle encomendaches.

Grazas polos Dons e pola Graza que Ti, Señor,

lle concediches a esta nosa Igrexa Diocesana

a través do seu ministerio episcopal.

Este sentimento de agradecemento, que nos trascendeata chegar onda Deus, maniféstase tamén coma unsentimento profundamente humano que nos leva adirixirnos con agarimo ó mesmo Frei Xosé, e asíamosarlle o que realmente sentimos:

“Grazas, Frei Xosé, pola súa constante preocupacióna prol do mundo rural;

pola súa sensibilidade e aprecio coa misión da;

polo seu alento e apoio ó proxecto pastoral

que se leva a cabo nas parroquias de toda estabisbarra.

Graciñas, Frei Xosé,

sempre o levaremos connosco no corazón”

Fundación O Noso Lar

O pasado día 8 de xaneiro, no medio do silencio danoite, discreta e suavemente deixábanos o nosobenquerido Bispo, Frei Xosé. A súa partida non foi undesentenderse das preocupacións e angurias destemundo, senón máis ben ó contrario: aceptou cargar contodas elas con sinxeleza e paz franciscanas, paraculminar así a súa misión de pastor coa entregaconfiada da súa vida nas mans do Pai Deus.

Son moitos os sentimentos que a súa morte provocanos que, por distintas razóns, tivemos a honra decolaborar máis estreitamente con el na misión daIgrexa. Eu quixera recoller aquí soamente algúnsdestes sentimentos que teñen íntima relación co seuapoio ao proxecto da e, polotanto, a toda esta zona de Samos.

O sentimento que aparece con máis forza e queabrangue a todos os demais é o de agradecemento. Si, écerto: no medio da tristura que provoca a morte dun sertan querido, dun corazón dolorido pola súa ausencia,brota unha oración confiada, esperanzada e agradecidaa Deus, que ben se podería resumir nunha palabra:

Fundación O Noso Lar

Grazas.

O Noso Lar, 1994

Confirmación en Lóuzara, 1993

Visita pastoral. Lousada, 2002

Visita ao Campo de Traballo no Priorato, 2000Miguel Gómez Vázquez

O Noso Lar 29

AF

reiX

osé

inm

emori

am

O Noso Lar30

Desde dentroCreo que este lema é algo moi importante; que

quede moi claro nas vosas actitudes e tamén nasvosas obras.

Normalmente e infelizmente, na nosa sociedade deonte, hoxe e ogallá que non sexá mañá, moitas dascousas que facemos, aínda polos demais, non saensempre do fondo do corazón. Saen do interese quemáis ou menos temos; saen das expectativas ouesperanzas que albergamos; saen dese desexo demedrar, de aparecer ante os demais, de ter unprestixio, de que mo saiban, de que nos poidanagradecer e que o día de mañá todo isto poida estarrecompensado dalgunha maneira.

Todos, quen máis, quen menos, levamos no nosocorazón tamén ese desexo de que nos sexaagradecido todo o que nós facemos, e que nolorecoñezan; e que haxa alguén que nos diga: que boa éesta persoa, que persoa extraordinaria, quemarabillosa; está sempre pendente e preocupadapolos demais!… Está claro que o que fai está ben,pero gústanos que nolo digan e está ben taméndicilo, amosalo e manifestalo. Pero, sen dúbida, oque non está tan ben é que eu o desexe, que eu obusque e que sexa o motor da miña vida; do que eufago, do que eu intento de todo aquilo que eu máis oumenos trato de conseguir. Porque lle resta xaeficacia; porque me estou a separar de Aquel que éAmor, de Aquel que o fixo todo por Amor, e deAquel que o fixo tan grande todo por Amor, que sexogou o propio tipo. Deuse totalmente e entregou asúa propia vida.

E eu, ante todo como cristián, sacerdotes e todosvós, a quen temos que mirar, a quen temos que ollar,a quen temos que ter sempre presente diante de nóspara calquera cousa que fagamos, é a Cristo. É eseque nos di: “…

”. Ese que di que paraEl a súa vida non é un servizo que lle presten osdemais: “

. “O meu alimento non é facer a miñavontade, non é que me proclamen rei.Amiña alegríanon é que me digan: que profeta, que marabilla!; quevén tratas ás persoas!; como cura!, que milagros fai!,como consola os demais!”

vide e aprendede de min que sonmanso e humilde de corazón…

Eu non vin para ser servido, vin paraservir os demais e entregar a miña vida polosdemais…”

A miña vida e todo o meu servizo é servir os demais; églorificar ó Pai que está no ceo. Esta é a actitude deCristo e debe ser a miña actitude; debe ser a actitude detodos nós. Se queremos que a nosa actividade e tódolosfeitos, por marabillosos que sexan, por eficaces queaparezan, por extraordinarios que a xente os poida ver,non perdan a forza fundamental que vai calada no fondodo corazón, é porque nace en nós de alguén, dese Deusque nos dixo que era Amor e que se manifesta semprecomoAmor.

Por iso, eu cando vin este símbolo ou este lema dixen:“Ogallá que todo isto que nós facemos e que están a facerdende tantos anos, non soamente Miguel e os seuscolaboradores inmediatos, senón tamén todos estesvoluntarios, que nos dan un exemplo extraordinario, sefixera en moitas zonas máis...

Por iso, repito, alégrome que o fagades e o fagadestódolos anos, e que para vós este servizo sexa máis quenada, iso, un servizo que sae do fondo do corazón.

Que non pretendades outra cousa, nin desexedes algoque non sexa estar ó servizo deses pequenos que naceroneste ano; desas persoas que morreron (estamos ó seuservizo para pedir por elas) e de tantas e tantas persoasque están hoxe aquí e que nós lles chamamos anciáns,pero que teñen un espírito, seguramente, tan novo comotedes vós, que ollan a vida coa esperanza que moitasveces nós, infelizmente, non ollamos. Que afrontan avida aínda con ese desexo de dicir: “Podo ser útil ásociedade; podo axudar á sociedade de hoxe; ós mozos,ós nenos e ós adultos de hoxe da nosa comarca…”

AF

rei X

osé

inm

emori

am

O Noso Lar 31

E tódolos que traballades para honrar, para agradecer,para recoñecer, para amosar a gratitude a estas persoasque chamamos “maiores”, eu dígovos unha vez máiscoa palabra única que podo dicirvos: “Grazas polo vosocheiro”.

Eu admírovos. Eu non sempre podo estar coma hoxe.Por circunstancias providenciais, que son ben distintasdas que eu quería; por motivos ben diversos dos que eupensaba, estou aquí hoxe convosco. Eu vin aínda queme costaba vir, teño que dicir que por outros motivos(acababa de falecer o Reitor do Seminario); pero vinpara estar convosco e para dicirvos, ós que estades atraballar e traballades ó longo do ano, e hoxe dun modoespecial, para dicirvos: “Tamén eu vos agradezo, deverdade, os ánimos que me dades, a axuda que meprestades, o servizo que estades a realizar, porque oestades a realizar colaborando comigo que son oprimeiro que debería facer todo isto. Porque son oprimeiro na diocese que debo ser o servidor, e vós sodesas mans longas que, onde eu non podo chegar, estades achegar para levar esa mensaxe que Cristo nos deixou:“ ” OEvanxeo do Amor, da Paz, da Caridade, da Entrega, daXenerosidade… Que moitas veces pode levar, como olevou a El, á entrega propia da nosa vida.

Graciñas a todos vós, e que este exemplo voso nonquede soamente reducido a estas persoas que estamosaquí ou que estades aquí a facelo; senón que penetre nofondo do corazón doutras persoas tamén, para que,saíndo de dentro, dese amor que nace de Deus, que Deusdeixou caer na nosa vida polo bautismo, e que debe irmedrando día a día para que outras persoas vendo,ollando, contemplando, experimenten a alegría de saberpoder dicir: “Isto que estou a facer, estouno a facer contodo o cariño porque Deus se me deu a min e estádisposto a dárseme unha vez máis. Dáseme na súaPalabra, dáseme no seu Corpo e no seu Sangue; e euquero, desexo, poder colaborar con Deus para darme ósdemais, para entregarme ós demais, para servir osdemais e facelo como as cousas deben facelas todos,pero sobre todo os cristiáns: , desde ofondo do corazón”.Graciñas a todos e en hora boa.

Ide polo mundo enteiro anunciando o Evanxeo

Desde dentro

(Homilía de Frei Xosé na festa dos maiores 2006)

AF

reiX

osé

inm

emori

am

A esas persoas, en lugar de dicirlles: “Xa non nospodedes dar nada”, o xusto é dicirlles: “Podedesdarnos moito, pero querémosvos aínda agradecer omoito que nos destes e o moito que nos podedes darde aquí en diante”.

Esta é a finalidade desta festa. Non é un retiro paradicirlles: “Agora xa podedes estar sentadostranquilamente”. Non. “Servímosvos para queesteades sentados, para que sentedes durante a festa.Que esto sexa o recoñecemento do que fixestes pornós, e do que nós estamos a esperar que continuedes afacer por nós”.

Non esquezades, queridos anciáns (a terceira idadecomo dicimos, que a min non me gusta nada),queridas persoas que tedes a xuventude acumulada navosa vida, queridas persoas que estades … persoas denoventa, noventa e tantos, setenta, oitenta, queestades no mellor da vosa vida aínda, porque podedesdarnos moito e podedes darlles moito a esta xente. Eestádesllelo a dar hoxe aquí, que viñestes para recibirnon unha esmola, non unha “limosna”, senón pararecibir o cariño duns mozos, dunhas persoas que ólongo do ano están a pensar en vós, e de xeito especialnestes días. Onte pola noite ¡ata que hora estaríantraballando! E o resultado -xa o sabedes doutrosanos- véde lo aquí ; a ta nos acompaña ,verdadeiramente, un tempo extraordinario.

Estes, todos os voluntarios, véñenvos a dicir desdeo fondo do corazón: “Queremos agradecer todo o quepor nós fixestes; querémosvos agradecer todo o queestades a facer por nós e animarvos para quecontinuedes a loitar, a traballar; a darnos o exemplo eafacernos a ollar ó ceo con esperanza”. E tamén,decídellelo, vós os maiores, que tamén vós podedescontinuar: “Porque vos demos moito, quecontinuedes a dar esperanza ós demais, a facelo comonós fixemos, que nunha situación, nunhascircustancias ben distintas das vosas, ben moito máisprecarias, ben moito máis pobres, démosvolo todo oque vos podíamos dar. Démosvos a vida,axudámosvos; e se hoxe sodes mozos e adultos etedes unha carreira e tedes un porvir, e podedes facero que estades a facer por nós, podémosvos dicir sensoberbia: estádelo a facer grazas a nós. Graciñas portodo o que nos estades a amosar, o que estades a facer,o que fixestes, o que nos queredes -o que estadesaínda a querernos- e o que estades a traballar pornós”.

O Noso Lar32

sub

scri

ción

cola

bor

ador

Festa en homenaxe ós nosos maiores: unha celebración gozosa, entrañable e solidaria;as vacacións -

convivencia para maiores: merecida recompensa tras unha vida de traballo; casa de acollida temporal:

onde os anciáns teñen un fogar, catro libros con aportacións á historia de Samos desde a nosa cultura,

o presente boletín semestral... Nestas e outras actividades vaise concretando o lema da

“ Ó servicio da xente da nosa terra.” Se queres recibi-los sucesivos números deste boletín, envía a

Fundación O Noso Lar, San Román de Lousada. 27620 Samos, Lugo, os teus datos (nome e enderezo)

fundación

O Noso Lar,

Nome.........................................................................Apelidos..............................................................................

N.I.F............................................................................ Rúa ...................................................................................

Nº ....................Piso .................................Porta ..........................................Código Postal ...................................

Localidade .......................................................Provincia ....................................Teléfono ...................................

Titular da conta....................................................................... Banco ou Caixa.........................................................

Dirección bancaria ...................................................................... Nº ........................................................................

Código Postal .......................................Población .............................................Provincia .......................................

Periodicidade ...................................... Importe ................................

Importe Periocidade Forma de Pago

Datos persoais

Se ademáis desexas colaborar económicamente cos fins da Fundación O Noso Lar, envíanos tamén os seguintes datos:

Contas para donativos a través de ingresos e transferencias: Banco Pastor - Samos. 0072 - 0247 - 92 - 0000200484Caixa Galicia 2091 - 0152 - 21 - 3000206127

Domiciliación Bancaria

Domiciliación bancaria

Talón bancario a nome de:Fundación O Noso Lar

Xiro postal

30 Euros

60 Euros

Outros...................Euros

12 Euros

Trimestral

Semestral

Anual

Única

Mensual

Código entidade Código oficina Número de contaD.C.

firma do titular

Subscrición colaborador