A vide-o viño

111
vide (Vitis vinifera) vid common grape vine vigne videira

Transcript of A vide-o viño

Page 1: A vide-o viño

vide(Vitis vinifera)

vidcommon grape vine

vignevideira

Page 2: A vide-o viño

CLASEAnxiospermasORDEVitalesFAMILIAVitáceas

Page 3: A vide-o viño

A vide é unha planta leñosa perenne e trepadora.

As vides poden vivir mais de cen anos, pero a partir dos 35 anos diminúe a produtividade.

A vide orixinouse no norte de África e na actualidade está extendida por todos os continentes e pode vivir nos solos máis variados.

Page 4: A vide-o viño

En varios lugares de Galiza consérvanse vides centenarias.

Vide de caíño que pode ter 300 anos. Mosteiro de Camanzo (Vila de Cruces).

Page 5: A vide-o viño

A cepa é parte áerea da vide na que se distinguen o talo, os brazos e a gomariza, que duran varios anos, e as follas, os gaviláns e os acios (de flores e despois de froitos) cunha duración anual.

Page 6: A vide-o viño

TALO Leñoso e retorcido, pode chegar a medir ata uns trinta metros, aínda que case nunca llo permiten os labores de poda. A tona é de cor castaña escura e despréndese en tiras finas.

Page 7: A vide-o viño

Nos nós xorden as xemas que son a orixe de todos os órganos: follas, gaviláns, acios... Cando están pechadas chámanse ollos e cando se abren gomos.

Page 8: A vide-o viño

A gomariza (ponlas herbáceas dun ano, que ao lignificaren chámanse vides ou videiras) ten nós ben marcados dos que xorden as follas, os gaviláns, as xemas e os acios.

Page 9: A vide-o viño

FOLLASCaedizas, alternas, simples co limbo de forma palmeada e, segundo a variedade, poden presentar os cinco lóbulos ben marcados ou parecer case redondas. A beira é serrada e o seu tamaño oscila entre 15 e 30 cm de longo (1/3 o peciolo) e entre 10 e 20 cm de ancho.

cabernet

albariño

espadeiro

folla redonda

Page 10: A vide-o viño

Os GABIÁNS que saen dos nós e opostos ás follas, enrólanse aos soportes para suxeitar a planta.

Page 11: A vide-o viño

FLORESPequenas e agrupadas en acios compostos (panículas). Cada flor está formada por un cálice verde ancho na base e un pistilo rodeado de cinco estames amarelos. A corola, formada por cinco pétalos verdes soldados nunha peza a xeito de capucha, despréndese ao abrir a flor.Á floración coñecese co nome de purga.

Page 12: A vide-o viño

FROITOS (uvas ou bagos). Bagas esféricas ou oblongas coa tona lisa e a polpa carnosa, con varias sementes (pebidas) pequenas e leñosas. Son de cor e tamaño diferentes segundo o tipo e a variedade, desde case negras ata verde-amarelas.Cando un acio ten poucas uvas chámase cangalla ou cangalleiro.O “esqueleto” chámase cadrazo

Page 13: A vide-o viño

CICLO ANUAL-VIDE

Folla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Page 14: A vide-o viño

1.Xema de inverno: do ano anterior, totalmente pechada e recuberta polas escamas protectoras.

Page 15: A vide-o viño

2. Lanuxe: cando a temperatura do aire acada os 10ºC de media a xema comeza a brotar, incha, sepáranse as escamas e deixase ver a lanuxe interior que a cobre.

Page 16: A vide-o viño

3.Punta verde: no gomo asoma a cor verde.

Page 17: A vide-o viño

Ciclo anual4.Saída das follas: aprécianse as folliñas pregadas protexidas aínda pola lanuxe.

Page 18: A vide-o viño

5.Follas extendidas: as primeiras follas están abertas e vese un pequeno ramo de gomariza.

Page 19: A vide-o viño

6. Acios visibles: aparecen os acios na punta do ramo da gomariza, seguidos dunhas folliñas.

Page 20: A vide-o viño

7. Acios separados: os acios espácianse ao longo do ramo cos botóns florais apegados.

Page 21: A vide-o viño

8. Botóns florais: aparecen separados os botóns florais, na forma típica do acio de uvas.

Page 22: A vide-o viño

9.Floración, purga ou esfarna: apertura da flor deixando visibles os estames e pistilo para polinizar (cando a temperatura media dos días rebasa os 15ºC).

Page 23: A vide-o viño

10.Froito purgado: os ovarios fecundados comezan o seu desenvolvemento. .

Froito tamaño chícharo.

Page 24: A vide-o viño

11. Pintado ou envero: Inicio da maduración co cambio da cor verde polo propio de cada variedade.

Page 25: A vide-o viño

12. Froito maduro

Page 26: A vide-o viño

13. Caída da folla

Page 27: A vide-o viño

A VITICULTURAOS TRABALLOS E OS APARELLOS

Page 28: A vide-o viño

PLANTACIÓN: Preparación do solo (limpeza, fertilizado...)Colocación de elementos de soporte (postes, arames...) e das plantas.

Page 29: A vide-o viño

MARCOS DE PLANTACIÓN

cepas soltas

arxóns parras

Page 30: A vide-o viño

preparando unha parra

Page 31: A vide-o viño
Page 32: A vide-o viño

PODA Eliminación das vides non axeitadas e recorte das outras ata o nivel preciso para manter o desenvolvemento da vide e a produción de uva nos niveis óptimos.Realízase despois da caída da folla, durante o descanso invernal da planta, entre os meses de novembro e febreiro.

Page 33: A vide-o viño
Page 34: A vide-o viño
Page 35: A vide-o viño

ATADO

máquina de atar

atado con bimbias

Page 36: A vide-o viño

CULTIVOS AUXILIARESNas comarcas vinícolas cultívanse vimbieiros e canas para empregar como titores, soportes e ataduras das plantas.

Page 37: A vide-o viño

FERTILIZACIÓN:Con produtos orgánicos, fertilizantes minerais, foliares...

Page 38: A vide-o viño

PROTECCIÓN CONTRA PRAGAS E ENFERMIDADESAs pragas máis importantes que padecen as vides son producidas por fungos (oídio ou polvillo, mildeu, escoriose, botrite ou podremia...), ácaros (araña vermella), insectos (pulgóns, mosquilla, avelaíñas, pedroulo...), virus, bacterias...Existen multitude de productos fitosanitarios que se presentan en forma de po para esparexer, po mollable e líquidos.

Page 39: A vide-o viño

virus do entrenó curto

pedroulo

mildeufiloxera

botrite

Page 40: A vide-o viño

OS LABORES DO SOLOCavas para eliminar malas herbas, airear a terra...

Page 41: A vide-o viño

A VENDIMA Recolleita da uva madura. Xeralmente faise nos meses de setembro e outubro, aínda que a data concreta depende da variedade das uvas, do destino da produción, do tipo de viño que se queira conseguir e das condicións climatolóxicas.

Page 42: A vide-o viño
Page 43: A vide-o viño
Page 44: A vide-o viño

TESOURA DE PODARÚsase para cortar ponlas nas faenas de cultivo.

SERRUCHOLámina de ferro cunha beira dentada e afiada e un mango para manexala. Úsase na poda para cortar ponlas gordas.

PODA ou PODADORFouce de pequeno tamaño que se usa para cortar ponlas.

APARELLOS E FERRAMENTAS

Page 45: A vide-o viño

VIRADEIRA: utilízase para facer aneis nos aramados para despois pasar por elas outros arames que o tensan

MÁQUINA DE ARAMAR OU TENSAR: tensa os arames, xa que teñen que quedar apretados e fortes para suxeitar outros elementos.

VEO e PIÑA: utilízanse para enroscar os arames para que vaian dereitos e sexan máis fortes. Traballan xuntos: a piña coida que vaia dereito e o veo enrosca os arames.

ARAMADOS

Page 46: A vide-o viño

FOL ou IXOFRADEIRARecipiente en forma de bolsa con dúas pezas de madeira que serven de mangos e unha boquiña pola que colle o aire e expulsa os produtos. Úsase para administrar tratamentos en po.

MÁQUINAS DE SULFATARBombas, accionadas por unha manivela ou conectadas a un motor, que se usan para aplicar tratamentos líquidos.

Nas plantación modernas ordeadas, úsanse motobombas accionadas por tractores para aplicar os tratamentos

fitosanitarios.

Page 47: A vide-o viño

A VENDIMA: é a colleita da uva. Faise á man cortando os acios coa axuda de tesoiras, podas, vendimadoiros ou coitelos.

CESTOS e CESTASRecipientes de formas e tamaños variados feitos con materiais vexetais entretecidos (palla, xunco, bimbias, vergas...).

RECIPIENTES DE PLÁSTICODe forma prismática ou cilíndrica e tamaños variados.

Cesto culeiro da Ribeira Sacra.

Page 48: A vide-o viño

BOCOIS, CUBAS, TINALLASRecipientes de madeira construídos con duelas suxeitas con aros de ferro e pechados polas cabezas con pezas circulares (fondos).

Recipientes de plástico

En terreos de dificil acceso da Ribeira Sacra o transporte das uvas faise con barcos ou con raíles montacargas.

Page 49: A vide-o viño

PRINCIPAIS ZONAS DE CULTIVO DA VIDE NO MUNDO

Page 50: A vide-o viño

CULTIVO DA VIDE EN GALIZA

Page 51: A vide-o viño

O cultivo da vide ten unha longa tradición en Galiza. Na segunda metade do século XIX as vides sufriron os ataques de pragas (primeiro o oidiun e despois o mildeu e a filoxera) que diminuíron moito a produción e levaron ao abandono dos cultivos nas zonas onde resultaba traballoso, e á substitución das especies tradicionais de calidade (treixadura, brancellao, caíño, godello, albariño) por foráneas e híbridos de calidade inferior.

A partir da década de 1980 iníciouse unha profunda transformación recuperando especies autóctonas e tradicionais. Nalgunhas zonas, o cultivo da vide, pasou de ser un produto de subsitencia e autoconsumo a ser o cultivo principal.

Na actualidade cultívanse máis de 24.000 ha de viñedos.

Page 52: A vide-o viño

En Galiza cultívanse máis de 200 variedades de vides, das que 77 (41 de tinto e 36 de branco) son autóctonas.

caíño

godello

albariño

mencía

Page 53: A vide-o viño

PRINCIPAIS ZONAS DE CULTIVO DA VIDE EN GALIZA

Page 54: A vide-o viño

ZONAS CON VIÑOS DE CALIDADE

DENOMINACIÓNS DE ORIXE PROTEXIDAS: O Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra

VIÑOS DA TERRA: Val do Miño Betanzos.Barbanza e Iria

Page 55: A vide-o viño

ZONAVARIEDADES DE UVA AUTORIZADAS

Brancas Tintas

Cinco subzonas perfectamente individualizadas: Ribeira do Ulla (A Coruña), Val do Salnés, Condado do Tea, O Rosal e Soutomaior (Pontevedra).Superficie: 4.064 ha.

albariña, loureira ou marqués, treixadura, caíña branca, torrontés e godello.

caíña, sousón, espadeira, loureira, mencía, brancellao e castañal.

DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS(aprobada en 1988)

Uva albariña, a principal variedade do vino Rías Baixas

Page 56: A vide-o viño

RÍAS BAIXAS-O SALNÉS

Page 57: A vide-o viño

RÍAS BAIXAS-O ULLA

Page 58: A vide-o viño

RÍAS BAIXAS-O O ROSAL

Page 59: A vide-o viño

ZONAVARIEDADES DE UVA AUTORIZADAS

Brancas Tintas

Confluencia dos vales dos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño na provincia de Ourense. Superficie: 2.685 ha

treixadura, torrontés, godello, loureira, albariña, macabeo, albilla e Palomino.

caiña, mencía, ferrón, sousón, brancellao, garnacha ou alicante e tempranillo.

DENOMINACIÓN DE ORIXE O RIBEIRO(aprobado en 1976)

Page 60: A vide-o viño

O RIBEIRO (Beade)

Page 61: A vide-o viño

ZONA VARIEDADES DE UVA AUTORIZADAS

Brancas Tintas

Concellos de Larouco, Petín, O Bolo, A Rúa, Vilamartín, O Barco, Rubiá e Carballeda de Valdeorras (Ourense).Superficie: 1.352 ha.

godello, dona branca (moza fresca) e palomino

brancellao, mencía, merenzao (maría ardoña ou bastardo), sousón, garnacha tintorera, gran negro e tempranillo.

DENOMINACIÓN DE ORIXE VALDEORRAS(aprobada en 1957)

Socalcos no val do Bibei

Page 62: A vide-o viño

VALDEORRAS (a Rúa e Petín)

Page 63: A vide-o viño

VAL DO BIBEI-XARES

Page 64: A vide-o viño

ZONAVARIEDADES DE UVA AUTORIZADAS

Brancas Tintas

19 concellos nas Ribeiras dos ríos Miño, Sil e os seus afluentes, no sur da provincia de Lugo e norte de Ourense. Cinco subzonas diferenciadas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil.Superficie: 1.250 ha.

godello, albariño, loureira, treixadura, dona branca, torrontés e palomino

mencía, brancellao, merenzao, mouratón ou negreda e garnacha tintorera.

DENOMINACIÓN DE ORIXE RIBEIRA SACRA(aprobada en 1995)

Page 65: A vide-o viño

RIBEIRA SACRA-Sil (Cristosende)

Page 66: A vide-o viño

RIBEIRA SACRA-Sil (Sober)

Page 67: A vide-o viño

RIBEIRA SACRA-Miño

Page 68: A vide-o viño

ZONAVARIEDADES DE UVA AUTORIZADAS

Brancas Tintas

Concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Verín (Ourense) Superficie: 650 ha.

Verdello (godello), dona branca, treixadura (verdello louro) e palomino.

Bastardo (maría ardoña, mencía e tempranillo (arauxa).

DENOMINACIÓN DE ORIXE MONTERREI(aprobada en 1992)

Page 69: A vide-o viño

VAL DE MONTERREI(Oímbra)

Page 70: A vide-o viño

ZONA VARIEDADES DE UVA AUTORIZADAS

Brancas Tintas

A maioría das parroquias dos concellos da Peroxa, O Pereiro de Aguiar, Coles, Ourense, Barbadás, San Cibrao das Viñas e Toén.

treixadura, torrontés, godello, albariño, loureira e palomino (xerez).

mencía, brancellao, mouratón, sousón, caíño e alicante (garnacha).

VIÑO DA TERRA VAL DO MIÑO-OURENSE(aprobada en 2001)

Toén

Page 71: A vide-o viño

ZONAVARIEDADES DE UVA AUTORIZADAS

Brancas Tintas

Concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, e varias parroquias dos de Abegondo, Oza dos Ríos e Sada.

godello e palomino. mencía, brancellao, merenzao, gran negro e garnacha tintureira.

VIÑO DA TERRA DE BETANZOS (aprobada en 2001)

Page 72: A vide-o viño

ZONA VARIEDADES DE UVA AUTORIZADAS

Brancas Tintas

Concellos de Boiro, Catoira, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira e Valga, así como as parroquias de Camboño, Fruíme e Tállara, do concello de Lousame, as parroquias de Iria Flavia e Padrón, do concello de Padrón, e as parroquias de Baroña, Caamaño, Queiruga, Ribasieira, San Pedro de Muro e Xuño, do concello de Porto do Son.

albariño, godello, palomino, caíño, loureiro, treixadura e torrontés.

mencía, caíño, brancellao, espadeiro, loureiro e sousón.

VIÑO DA TERRA DE BARBANZA E IRIA (aprobada en 2007)

Page 73: A vide-o viño

USOS DAS UVAS:Consumo en fresco, elaboración de zumes, viño, vinagre, licores, confituras, aromatizantes...Pasas (uvas secas).

Page 74: A vide-o viño

O VIÑO

Page 75: A vide-o viño

O viño é un líquido formado na súa maior parte por auga (un 80 a 90%) alcohois, sales, azucres, ácidos e outras substancias que lle dan cor, olor e sabor.Obtense da fermentación do mosto (zume das uvas maduras) producida por lévedos que usan para nutrirse o azucre e producen alcohois, dióxido de carbono e calor. Azucre lévedos alcohol + dióxido de carbono+ calor C6H12O6 → 2 C2H5OH + CO2 + calorías

Como resultado da transformación do azucre do mosto o viño adquire un determinado grao alcólico (concentración de alcol etílico que se expresa en % ou en volume). Unha vez rematada a fermentación alcohólica, no viño séguense a producir modificacións biolóxicas e químicas. Unha delas, a fermentación maloláctica, producida polas bacterias (Leuconostoc oenos) que transforman o ácido málico en ácido láctico, redúcelle a acidez e suavízalle o sabor. Despois desta fermentación o viño acada o estado de madurez.A fermentación alcohólica dura entre 40 e 60 días. A maloláctica entre 30 e 40 días.

Page 76: A vide-o viño

Unha pinga de mosto en fermentación pode conter de 5 a 6 millóns de lévedos.

Para a formación de 1 grao de alcohol necesítanse 17 gramos de azucre.

OS LÉVEDOS ou FERMENTOS

Son uns fungos microscópicos unicelulares que están presentes na tona das uvas e, cando se dan as condicións axeitadas, participan na fermentación do viño. Pertenecen ao xénero Saccharomyces (fungos que

transforman azucre).

Page 77: A vide-o viño

PROCESO DE ELABORACIÓN DO VIÑO -Prénsase a uva para extraerlle o mosto. -Bótase en recipientes para que ferva ou continúe a fermentación.-Rematada a fermentación atéstanse ou bárranse os recipientes e zápanse. Máis adiante realízanse diferentes procesos destinados a mellorar o aspecto e a conservación do viño:

-Trasegas ou resacas: para eliminarlle pousos.-Recheo dos recipientes: para impedir a entrada de aire-Clarificación: incorporándolle substancias que fagan precipitar as partículas en suspensión e arrasten incluso xermes de enfermidades.-Filtración: para eliminar os enturbamentos e as impurezas da clarificación. -Embotellado

Page 78: A vide-o viño

ADEGA TRADICIONAL

Page 79: A vide-o viño

Nas adegas tradicionais consérvanse unha gran diversidade de aparellos e recipientes que varian case tanto como zonas e casas.

Lagar.O Rosal

Lagar.O Salnés

Estruchadora. Museo da Fonsagrada

Page 80: A vide-o viño

Prensas

Museo da Fonsagrada

Museo de Artes

Museo do Pobo Galego

Monterrei

Page 81: A vide-o viño

Recipientes

Page 82: A vide-o viño

Bocoi nunha cova de Valedorras

garrafónfunil

tina

olas arroba

Page 83: A vide-o viño

Máquinas de embotellar

Page 84: A vide-o viño

varios

Mazos, chazos, tirafondos...

Pisóns, paus, enviñadeiras.

billa

Page 85: A vide-o viño

ADEGA INDUSTRIAL

Page 86: A vide-o viño
Page 87: A vide-o viño

VIÑOS GALEGOS CON

DENOMINACIÓN DE ORIXE

DENOMINACIÓN DE ORIXE

CONSELLO REGULADOR

Page 88: A vide-o viño

VALDEORRAS

Os viños máis característicos son os monovarietais, da variedade Godello en brancos e Mencía en tintos, elaborándose tamén viños co resto das variedades.Os viños brancos elaborados a partir da variedade Godello posúen cores amarelo-palla con matices verdosos, os seus recendos son francos e intensos lembrando algunha variedade de mazá. Teñen unha acedume natural que os fai frescos e unha graduación media arredor dos 12,5º.

Os monovarietais tintos, elaborados con Mencía, son de cor entre vermello-rubí e picota, con aromas de intensidade media que lembran as froitas do bosque como a grosella, framboesa e amora.

Page 89: A vide-o viño

RIBEIRA SACRA

Os viños máis característicos da D.O. Ribeira Sacra son os tintos elaborados sobre a base da variedade mencía.

Tamén se elaboran monovarietais brancos das variedades godello e albariño, e viños plurivarietais das distintas variedades preferentes e autorizadas.

Page 90: A vide-o viño

RÍAS BAIXASRías Baixas albariño: viño monovarietal elaborado co 100% de uvas da variedade albariño.Rías Baixas Condado do Tea: elaborado con uvas das variedades albariño e treixadura nun 70% como mínimo, e outras variedades producidas na subzona.Rías Baixas Rosal: elaborado a partir de uvas das variedades albariño e loureira nun 70% como mínimo, e outras variedades producidas na subzona.Rías Baixas Salnés: elaborado a partir de uvas albariño nun 70% como mínimo, e outras variedades producidas na subzona.Rias Baixas Ribeira do Ulla: elaborado a partir de uvas albariño nun 70% como mínimo, e outras variedades producidas na subzona.Rías Baixas: elaborado a partir das variedades brancas recoñecidas, producidas en calquera das subzonas pertencentes á D.O., sendo cando menos cun 70% de uvas das variedades preferentes.Rías Baixas barrica: procedente dos viños definidos anteriormente, que no seu proceso de elaboración permanece en envases de madeira de carballo por un período mínimo de tres meses.Rías Baixas (tinto): elaborado a partir das variedades tintas recoñecidas, producidas en calquera das subzonas pertencentes á D.O.

Page 91: A vide-o viño

RIBEIRO

Os viños brancos son lixeiros, frescos, secos, afroitados, de cor de palla pálida, elevada acedume fixa e unha graduación alcólica entre 9,5º e 13 º. Estes viños deben consumirse preferentemente no primeiro ou segundo ano, ao non ser sometidos a procesos de avellentado.

Os viños tintos son de cor vermella morada e compensados de acedume, sendo a graduación comprendida entre 9,5º e 12º. O seu consumo, igual cos brancos, deberá ser no primeiro ano.

Os viños tostados elabóranse a partir de uvas secadas previamente a cuberto e á sombra, durante un tempo mínimo de 90 días

Page 92: A vide-o viño

MONTERREIOs viños brancos son de cor amarela pálida ou cor de palla, con irisacións douradas, potentes en nariz con aromas frescos e a froita madura. Na boca, frescos, afroitados e cunha certa punta de acedume que equilibra e compensa o grao alcólico (12-12,5º) e un final lixeiramente amargo.

Os tintos son dunha intensa cor morada, con tons violáceos ou cereixa, sobresaíndo o seu potente aroma con notas de froitas do bosque e froitos vermellos (framboesa e amorodo). Cunha graduación de 12,5º.

Page 93: A vide-o viño

FESTAS DO VIÑO

Page 94: A vide-o viño
Page 95: A vide-o viño

Anuncio de 1922

Anuncio de 1958

VIÑOS ESPUMOSOS

Son viños con gas disolto. O gas conséguese facendo que se produza una segunda fermentación dentro da botella pechada e, nalgúns casos, en pequenos. P CO2 que se produce non pode escapar e disólvese no viño.Os máis coñecidos son champagnes franceses e os cavas cataláns.En Galiza fixéronse diversas experiencias hai anos e na actualidade estanse volvendo a relanzar.

Page 96: A vide-o viño

VIÑOS AROMATIZADOS

Elabóranse a partir de viños de calidade (en Galiza mencía e albariño) nos que se maceran distintas herbas e especias: loureiro, sabugueiro, clavo, canela, fraboesa, limón...

Coñecidos co nome xeral de vermú, unha palabra de orixe francés.

Page 97: A vide-o viño

VINAGRE

É un líquido de sabor agre, picante, de olor agradable, transparente e de cor variable da vermella á amarela ou branca.A composición varía segundo a súa procedencia. Contén xeralmente do 3 ao 8% de ácido acético, sales orgánicas e minerais, aceites esenciais...Obtense de forma natural expoñendo o viño ó aire para que o Mycoderma aceti, un microbio que adoita vivir nel, poida actuar sobre o alcohol e transformalo en ácido. Iste labor pódese acelerar engadíndolle ó viño “nai do vinagre”.O vinagre úsase como condimento e como conservante.

En Galiza hai varias empresas que producen vinagres de calidade

Page 98: A vide-o viño

PRODUTOS DESTILADOS

A partir do viño e do bagazo obtense, por destilación, alcohol etílico. Con el elabóranse augardentes e licores.

AUGARDENTE OU CAÑA BRANCA Obtense a partir da destilación do bagazo da uva en alambiques Ten una graduación alcohílica entre 40 e 45º.AUGARDENTES VÍNICASObtéñense por destilación de viños sans en alambiques. Son líquidos incoloros e totalmente transparentes. Teñen unha graduación etre 40 e 60º. Son a base da elaboración dos coñacs, brandys e licores. ALCOHOL VÍNICO (alcohol etílico ou etanol)Obtense a partir do viño por sucesivas destilacións ata acadar a concentración de 95%. Utilízase como antiséptico, como disolvente de graxas, en preparacións farmacéuticas, como combustible...

Page 99: A vide-o viño

A elaboración da caña ou augardente ten una longa tradición nas zonas vitícolas galegas. Xeralmente facíao un especialista: o cañeiro, poteiro ou augardenteiro.Era costume que fose polas casas co seu equipo para destilar o bagazo. Actualmente esta actividade está regulada e controlada.

A augardente úsase para o consumo en directo ou, mesturada con distintos froitos e esencias, para a preparación de licores. Tamén se pode deixar envellecer en bocois de carballo, de onde toma a cor e se suaviza (augardente vella).

Page 100: A vide-o viño

Para facer a augardente ou caña branca destílase o bagazo mesturado con auga nunha pota ou alambique. O vapor pasa pola trompa ao serpentín (que vai dentro dun bidón de auga fría), alí condénsase e sae como líquido. Cada potada tarda en facerse catro ou cinco horas e sácanse arredor de 15 litros.A calidade e a cantidade varían segundo o tipo de bagazo e do ben conservado que esté. Ten maior graduación se a uva estaba ben madura, se tivo unha boa fermentación e se a caste produce máis grado alcohólico. Tamén é importante que o bagazo estivese ben empaquetado para evitar que se altere.

Page 101: A vide-o viño

Recoñecida en 1989Elaborada a partir de bagazos de viños colleitados nos viñedos situados en territorio galego. Augardentes de bagazo, comercializadas no ano da súa obtención ou despois dun período de repouso, e augardentes de bagazo envellecidas que deberán permanecer en envases de madeira durante un período mínimo dun ano.Establecense 9 subzonas tradicionalmente produtoras, con peculiaridades propias: Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei, Val do Miño-Ourense, Betanzos, Ribeira do Ulla e Portomarín.

CARACTERÍSTICASAroma e sabor intenso, fino e delicado, incoloro e de aspecto transparente e limpo nas augardentes de bagazo e ambarino-tostado nas augardentes envellecidas. Graduación alcohólica entre 37,5 e 50% Vol.

Page 102: A vide-o viño

Recoñecida en 1999Bebida tradicional elaborada a partir de augardentes amparadas pola denominación xeográfica Augardente de Galicia, mediante maceración e/ou destilación do alcohol en presenza das herbas que a caracterizan. Empréganse un mínimo de tres plantas da seguinte relación: menta, macela, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, azar, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela.

CARACTERÍSTICASA “Augardente de herbas de Galiza” deberá ter un contido en azucres inferior a 100 gramos por litro. A súa graduación alcohólica oscila entre os 37,5 e 50% Vol.

Page 103: A vide-o viño

Recoñecida en 1999Bebida espirituosa tradicional obtida a partir de augardentes amparadas pola denominación xeográfica Augardente de Galicia e alcohol etílico de orixe agrícola, mediante maceración e/ou destilación do alcohol en presenza das herbas que a caracterizan.

CARACTERÍSTICAS: Dberá ter un contido en azucres mínimo de 100 gramos por litro. A súa graduación alcohólica oscilará entre os 15 e 40% Vol. O contido mínimo de augardente acollida á denominación xeográfica Augardente de Galicia será do 50% do total do alcohol absoluto.

Page 104: A vide-o viño

Recoñecida en 1999Bebida espirituosa tradicional obtida a partir de augardentes amparadas pola denominación xeográfica Augardente de Galicia e alcohol etílico de orixe agrícola, mediante maceración e/ou destilación do alcohol en presenza de café de tostadura natural. CARACTERÍSTICAS

Deberá ter un contido en azucres mínimo de 100 gramos por litro. A súa graduación alcohólica oscila entre os 15 e 40 % Vol. O contido mínimo de augardente acollida á denominación xeográfica Augardente de Galicia será do 50% do total do alcohol absoluto.

Page 105: A vide-o viño

VIÑO E SAÚDE O resultado final da combinación das técnicas de viticultura e vinicultura é un produto natural, san e con extraordinarias cualidades organolépticas. Compañeiro inseparable do ser humano desde os albores da historia, o viño forma parte da civilización e da cultura e constitúe algo máis que un produto de consumo.O viño úsase como parte da alimentación e, en moitos casos, como elemento de relación social. O viño e as bebidas alcólicas consúmense sobre todo nas festas e en actividades de ocio, ás veces de maneira excesiva.

As virtudes do viño foron recoñecidas en todas as épocas: tranquilizate, anestésico, diurético, vasodilatador. Se o consumo é moderado, e acompañando ás comidas, é bo para asimilar os alimentos e axuda a actividade dos fermentos intestinais producindo un efecto tónico xeral.

Releve renacentista que representa un episodio da Biblia que relata a embriaguez de Noé.

Page 106: A vide-o viño

Todos os compoñentes do viño actúan sobre o organismo, sobre todo o alcohol. EFECTOS DO ALCOHOL NO ORGANISMO O alcohol afecta ao cerebro e ao sistema nervoso central provocando a destrución das neuronas e alteracións no comportamento. Diminúe a capacidade de reacción, polo que dificulta os traballos que precisen concentración (conducir, manexar máquinas...).Produce ansiedade e irritabilidade. O alcol é perigoso, sobre todo, porque actúa no organismo como unha droga que crea dependencia.

Canto maior grao alcohólico teña unha bebida máior é o dano que produce.Nos rapaces estes efectos son máis graves. Nas mulleres embarazadas pode provocar o síndrome alcólico nos fillos, o que produce un menor desenvolvemento físico e unha perda da capacidade intelectual.

Page 107: A vide-o viño

O espadeiro! Asios mouros, cepas tortasfollas verdes, douradas e vermellas,gala nas terras vivas de Castrelo,nos Casteles de Ouviña e nas areas de Tragove e Sisán, do mar de Arousae o Umia cristaíño nas ribeiras!O espadeiro amante! O viño doce!Alegría de mallas e espadelas,compañeiro das bolas de pan quentee as castañas asadas na lareira!

RAMÓN CABANILLAS

ESCOLMA LITERARIA

Page 108: A vide-o viño

REFRÁNS:

•Polo San Simón, apreta o baldón.•Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar.•Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.•O que en marzo non poda perde a vendima toda.•Gomo de marzo, non vai ó cabazo.•O vello pon a viña, o mozo vendímaa.•Nin viña no baixo, nin trigo no cascallo.•Casas cantas mores, viñas cantas podes.•San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras.•Amoria madura, pinta a uva.•Polo San Mateu vendima ti, vendimo eu.•Vendima enxoito se queres coller bo mosto.•Boca que canta non come uvas.•En agosto, nin viño nin mosto.•No San Martiño xa se coñece o bo viño.•Chuvia de agosto, mel e mosto.

TRADICIÓN ORAL

Page 109: A vide-o viño

ADIVIÑAS:

Unha vella xorobada, ten un fillo enredador, unhas netas moi fermosas e un xenro predicador (A CEPA)

Estou encarnado e ben maduriño, antes do outono de min farán viño (O ACIO DE UVAS)

Dous irmáns son, un vai á misa e o outro non (VIÑO E VINAGRE, VIÑO BRANCO E TINTO)

Unha vella moi enrugada, leva no cú unha palla atrancada(UVA PASA)

Page 110: A vide-o viño

CANTIGAS

Vendimai, vendimadeiras,na vendima do meu pai.Vendimai e comer uvasque outra cousa non a hai.

Meu amor eu quero viño,a iauga non sei beber,a iauga ten samesugas,teño medo de morrer.

Page 111: A vide-o viño

MONTAXE: Adela Leiro, Mon DaportaTEXTOS: Adela Leiro, Hernando MartínezFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Juan Maceira, InternetDEBUXOS: Mon DaportaDecembro 2014