A vaca

20

Transcript of A vaca

Page 1: A vaca
Page 2: A vaca

A vaca tivo a súa orixe nos herbívoros prehistóricos. A súa domesticación empezou probablemente na India hai case dez mil anos.

A maior parte das razas bovinas europeas proceden do “uro”, un toro silvestre que se extinguiu no 1627, aínda que as hai tamén de orixe indoeuropeo e norteafricano.

As primeiras vacas europeas eran animais grandes e fortes. Na Idade Media, tal vez como consecuencia dunha alimentación deficiente, a talla reduciuse.

Page 3: A vaca

En Galicia a vaca era a principal fonte de riqueza e a forza de traballo máis importante do agro; desde sempre foron utilizadas como animais de traballo para labrar as terras e carretar cargas, pero agora xa non se utiliza para tirar dos carros, agora serve principalmente para dar alimento como carne, leite, etc.

Tamén aproveitamos a súa pel (o coiro) para facer roupa, calzado e outros obxectos, os seus cornos aprovéitanse para facer recipientes ou obxectos de adorno, os seus excrementos (o esterco) úsase para adubar as terras.

Page 4: A vaca

Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que forman parte da historia ou da cultura do noso país: carros, grades,arados… pero agora ao deixar de usarse como forza de traballo están a desaparecer.

Grade Arado

As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e dende o ano de idade ata que paren, xovencas.

Existen unhas 800 razas de vacún en todo o mundo, das que unha ducia son comúns en Galicia.

Page 5: A vaca

DESCRICIÓNAnimal de bo tamaño, corpo de aspecto macizo e pesado cuberto de pelo

curto de cor variable segundo a raza. As máis comúns en Galicia son as rubias ou do país (marelas) de cor castaña clara e as frisonas, de cor branca e negra.

Xeralmente o macho medra máis , é máis grande cos músculos e os cornos máis desenvolvidos.

Os machos poden superar 1,50 m de altura e son 10 cm máis altos que as femias. Poden chegar a pesar máis de 1000 Kg. As femias case nunca superan os 800 kg.

O ESQUELETO OS MÚSCULOS

Page 6: A vaca

MOVEMENTOS

As vacas andan apoiándose nos pezuños que cobren os dous dedos centrais de cada pata.

Page 7: A vaca

SENTIDOS

O máis desenvolvido é o olfacto.Ten bo oído, pode mover as orellas para coñecer mellor a dirección da que

veñen os sons.A vista é deficiente. Non distingue as cores.O gusto está pouco desenvolvido.A pel é bastante sensible, aprecia deseguida calquera contacto. A zona

máis sensible é o fociño.

Page 8: A vaca

COMUNICACIÓNAs vacas berran ou brúan para chamarse unhas ás outras, cando están

en celo ou para pedir alimento.O son que emiten as vacas chámase de moitas maneiras segundo as

zonas de Galicia: berrar, bruar, muar, bradar, iñar, muar ou esborrecar.Cando está libre viven formando mandas.

Page 9: A vaca

ALIMENTACIÓN

É herbívora, come unha gran cantidade de alimento, xeralmente vexetais (herba verde ou seca). Máis tarde, nun lugar tranquilo devolve a comida á boca e remóea, por iso se di que é un animal rumiante.

As que viven en liberdade comen vexetais verdes, xeralmente herbas.As que viven estabuladas aliméntanse de herba seca e pensos.Nalgunhas zonas pastan de primavera a outono e os meses de inverno

aliméntanse de herba seca ou ensilada.As das pequenas explotacións teñen unha alimentación máis variada:

pastan cando saen, dáselles herba ou palla seca na corte e se traballan ou producen leite refórzaselles a alimentación con fariñas, patacas, remolacha e pensos.

Page 10: A vaca

As variedades tradicionais galegas son: Rubia galega: Ten a pel fina e clara, coas zonas espidas de cor rosada, o

pelo curto de cor rubia vermella. É de tamaño medio-grande. As rubias de ton escuro chámanse Vermellas e as claras Marelas.

Page 11: A vaca

Cachena: Cor castaña clara, máis escura na rexión do pescozo, de pelo curto e cun floquiño na testa, e orellas e rabo con pelo abundante.Ten a cabeza pequena cos ollos oblicuos e cornos de grandes proporcións.Ten as coxas e os cadrís pouco desenvolvidos,É a de raza mais pequena.

Page 12: A vaca

Caldelá: De cor escura cunha liña máis clara ou algo vermella polo lombo e co fociño case branco. Cornos grosos en gancho e estirados cara a fora nas femias, orellas de tamaño mediano, horizontais e con abundante pelo de cor clara.

Page 13: A vaca

Vianesa: cor castaña, case negra nos machos, co fociño claro. A cabeza é pequena cos cornos en gancho curto nos machos e máis separados nas femias, as orellas grandes e peludas.

Page 14: A vaca

Frieiresa: tamaño medio a grande. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara adiante e cara abaixo. De cor castaña lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella rubia dourada característica.

Page 15: A vaca

Limiá: Teñen unha cabeza de medianas proporcións, con fronte ancha, cara longa e fociño ancho. Os cornos en gancho curto nos bois e máis grandes e longos nas vacas. Orellas grandes e peludas.

Page 16: A vaca

HERÁLDICAPola súa mansedume e a súa fecundidade, a vaca simboliza o señorío sobre as terras vizosas e ben traballadas. Non é difícil atopalos en algúns brasóns galegos . A miúdo aparecen varias vacas nun mesmo brasón, ou ben só as súas cabezas. As becerras son empregadas tamén, debuxadas sen cornos e con ubres pequenos.

Becerreá Boborás Baiona

BIBLIOGRAFÍA• A VACA Edicións A Nosa Terra

• https://gl.wikipedia.org/wiki/Vaca• https://gl.wikipedia.org/wiki/Refraneiro_galego_da_v

aca

Page 17: A vaca

Para producir 1 litro de leite, debe consumir 2 litros de auga.

Múxese dúas veces ao día: pola mañá e a noitiña.Algúns exemplares superan os 8.000 litros de leite ao ano.

Unha vaca pode vivir aproximadamente ata 25 anos.

Producen ao redor do 90% do leite no mundo.

Page 18: A vaca

Case todas as vacas mastigan polo menos 50 veces por minuto.

De media, unha vaca fai máis de 40 mil movementos de mandíbula ao día.

As vacas teñen case 360 graos de visión panorámica.

Page 19: A vaca

O gando bovino é o maior expulsor de gas metano á atmosfera.

Unha vaca de 450 kg de peso pode producir 10 toneladas de abono cada ano.

Os seus excrementos, a bosta, úsase nalgúns países como combustíbel e como material de construcción.

Page 20: A vaca

Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores.

Catro na cama, catro na lama, dous que lle aguzan e un que lle abana.

Catro pernas, catro fontes, un dálle-dálle e dous reviramontes.

Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle abana.