A vaca

75
vaca (Bos taurus) vaca cattle vache vaca

Transcript of A vaca

Page 1: A vaca

vaca(Bos taurus)

vacacattle

vachevaca

Page 2: A vaca

A vaca é un mamífero artiodáctilo co corpo de aspecto macizo e pesado cuberto por pelo curto de cor variable segundo a raza. Xeralmente o macho é máis grande e máis forte, cos músculos e os cornos máis desenvolvidos.

Os machos máis grandes e pesados poden superar 1,50 m de altura e 1.000 quilogramos. As femias case nunca superan os 800 kg.Unha vaca pode vivir aproximadamente 20 anos.

A maior parte das razas bovinas europeas proceden do uro (Bos taurus primigenius) un toro silvestre que se extinguiu no 1627, aínda que tamén as hai de orixe indoeurepeo e norteafricano.

Page 3: A vaca

CABEZA en forma de tronco de pirámide, máis ancha na frente e máis estreita no fuciño.

As femias teñen na zona inguinal traseira as ubres (4 tetos) colgantes e os machos os testículos.

Rabo longo e fino rematado nunha borla de pelo longo e duro.

TRONCO: cilíndrico e groso.

PATAS: fortes. Os brazos e os muslos forman un todo co tronco. Pousan as punta dos dedos da man e o pé verticalmente contra o chan sobre unllas reforzadas (pezuños) (teñen catro dedos dos que só dous están apoiados)

Pescozo forte cun repregue colgante, a papada.

Fuciño lampiño (sen pelos) húmido e rematado nun morro con dous grandes orificios nasais.

Orellas de forma oval, grandes e situadas lateralmente, moi móbiles.

Cornos curvados cara adiante e arriba

Page 4: A vaca

trapecio dorsais glúteocaudais

xemelgo

abdominais

triceps

mastigadores

MÚSCULOS

bíceps femoral

deltoide

extensor

flexor

Page 5: A vaca

vértebrascránio

maxilar

omóplato(paleta)

húmero

cúbito

radio

carpo

metacarpo

falanxes

costelasesternón

pelve

fémur

tibia

peroné tarso

falanxes

ESQUELETO

sacro

metatarso

Page 6: A vaca

tráqueaesófago

pulmón

corazón

cavidade nasal

cerebro médula espiñal

fígadointestino delgado

intestino groso

vexiga

uretra

ano

ril

bandullo

ÓRGANOS INTERNOS

Page 7: A vaca

pene útero

APARATO REPRODUTORMACHO FEMIA

ovario

vaxina

ubre

tetostestículo

músculo retractor

vexiga

Page 8: A vaca

FEMIA MACHO

Page 9: A vaca

COMO SE RELACIONAN AS VACAS

As vacas andan apoiándose nos pesuños que cobren os dous dedos centrais de cada pata.Os movementos son xeralmente lentos e pausados. Poden correr rápido, pero só distancias curtas -cando se asustan ou cando fuxen ou pelexan-.

Page 10: A vaca

O sentido máis desenvolvido é o olfato.Ten e bo oído, pode mover as orellas para coñecer mellor a dirección da que veñen os sons.A vista é deficiente. Non distinguen as cores.A pel é bastante sensible, aprecia deseguida calquera contacto. A zona máis sensible é o fuciño.

Page 11: A vaca
Page 12: A vaca

As vacas berran ou brúan para chamarse unhas ás outras, cando están en celo ou para pedir alimento.Diante dos ataques deféndense embestindo coa cabeza e cos cornos ou dando couces, sobre todo cando fuxen. Cando están libres viven formando mandas.

O son que emiten as vacas chámase de moitas maneiras segundo as zonas de Galiza: berrar, bruar, muar, bradar, iñar, muñar ou esborrecar.

Page 13: A vaca

ALIMENTACIÓN: É herbívora: traga unha gran cantidade de alimento, xeralmente vexetais (herba verde ou seca). Máis tarde, nun lugar tranquilo devolve a comida á boca e remóea, por eso se di que é un animal ruminante.

Page 14: A vaca

O tipo de alimentación das vacas depende do xeito de vida: as que viven en libertade comen vexetais verdes, xeralmente herbas, gromos novos de toxos e outras plantas.As que viven estabuladas aliméntanse de herba seca e pensos.Nalgunha zonas pastan de primavera a outono e os meses de inverno aliméntanse de herba seca ou ensilada.

Page 15: A vaca

Vacas estabuladas

Page 16: A vaca

A vaca ten un gran estómago dividido en catro partes, cada unha cunha función diferenciada: a primeira, de maior tamaño (bandullo), almacena a herba que tragan enteira, alí é atacada polas bacterias que empezan a súa transformación; desde o bandullo a herba, xa amolecida, volve á boca para ser remoída e dalí vai á segunda parte do estómago (retículo) onde é atacada polos ácedos, desta pasa á terceira parte (cenfollas) onde se absorben algunhas das substancias e dela ao calleiro onde continúa a transformación antes de pasar ao intestino. Con este estómago especializado os ruminantes aproveitan as substancias da herba mellor que os outros herbívoros.

bandullo

retículo

calleiro

cenfollas

Page 17: A vaca

As crías desenvólvense dentro da nai durante 9 meses (de 280 a 300 días).Normalmente teñen unha cría e máis raramente dúas.

REPRODUCIÓN:A vaca é vivípara. Emparéllase unha vez no ano. Cando está en celo dise que anda ao boi ou que está de lúa.

Page 18: A vaca

As crías pesan ao nacer entre 30 e 40 quilos, están ben desenvolvidas e desguida érguense para dar os primeiros pasos e para mamar. Son iguais aos adultos, sen cornos e coas patas proporcionalmente máis longas A nai lámbeas para limpalas e recoñecelas polo seu olor. Os xatos ou cuxos maman entre 90 e 100 días dos diferentes tetos.Aos poucos días intégranse coas nais no rebaño e acompáñanas constantemente. A nai protéxeos e deféndeos dos perigos.

Normalmente destétanse un pouco antes dos 100 días para aproveitar máis o leite da nai.

Page 19: A vaca

AS VACAS E AS PERSOASA vaca é un animal ligado á vida e o traballo das persoas desde a antigüidade, especialmente nas comunidades agrícolas. •Das vacas obtense a maior parte da carne que se come, o leite e os seus produtos derivados (queixos, iogur, manteiga, ...).•A súa pel curtida, o coiro, úsase para facer roupa, calzado e outros obxectos.•Os seus cornos aprovéitanse para facer recipientes ou obxectos de adorno.•Os seus excrementos, a bosta, úsase nalgúns países como combustible e como material de construción.•O esterco das cortes úsase para abonar as terras.

Page 20: A vaca

obxectos de coiro

Page 21: A vaca

No mundo existen 1.200 millóns de vacas. En Galiza arredor de medio millón.

Page 22: A vaca

COIDADOS QUE PRECISA:-Limpalas, manterlle a corte en condicións e proporcionarlle o alimento necesario.-Cando están en celo lévanse ao boi ou insemínaas o veterinario. -Hai que vacinalas contra as enfermidades infecciosas para manter a súa saúde e garantir que o leite e a carne non poidan transmitir enfermidades.

Page 23: A vaca

A vaca múnxese diariamente.

Algúns exemplares superan os 8.000 litros de leite ao ano.

Page 24: A vaca

Xeralmente o leite é recollido por unha central leiteira onde é tratado, hixienizado, homoxeneizado e nalgúns casos engádenselle vitaminas ou minerais. Logo envásase e comercialízase.

Unha parte do leite destínase á fabricación de queixos artesanais ou industriais.

Page 25: A vaca

Case todas as crías machos son cebadas para carne. As de algunhas razas engordan máis de 1 quilo cada día. As tenreiras sacrifícanse entre os 4 e os 8 meses. A idade á que se obtén un maior rendemento e aos 14 meses de vida, cando acadan os 500 quilos aproximadamente.

Page 26: A vaca

Cando se despeza a carne os músculos reciben outros nomes segundo as súas cualidades ou o lugar onde están situados.

lombo ou raxo

agullarabo

folla dura

folla branda

corte redondo

tapa

peito

blanquita

croca

xarrete

pescozo

falda

man

xarrete

costelar

solombo

Page 27: A vaca

HISTORIAA domesticación comezou probablemente na India hai dez mil anos. Os primeiros restos atopados en Europa son aproximadamente de hai seis mil anos.

A vaca e o touro deberon ser desde sempre animais importantes xa que aparecen representados en lugares de privilexio na maioría das culturas antigas (asirios, babilonios, persas exipcios e gregos).

Pintura nunha parede dunha cova en Lascaux (Francia) de máis de 10.000 anos de antigüidade.Cabeza da deusa exípcia Hator

Page 28: A vaca

URO (Bos tauros primigenius)

Especie europea primitiva da que descenden a maior parte das vaca europeas. Extinguiuse en 1627.Tiña unha altura media na cruz de ata 2 m (os machos) e 1,5 (as femias). Eran de cor escura, e os machos tiñan os cornos longos e curvados cara arriba. Vivían en mandas.

Page 29: A vaca

Nun comezo a función principal do gando vacún nas explotacións agrarias era o traballo. A mecanización do campo fixo reducir drasticamente o número de vacas, que case chegaron a desaparecer nalgunhas zonas, aínda que a cantidade xeral mantense pola concentración de cabezas nas áreas gandeiras onde se especializaron na produción de carne e leite. Tradicionalmente en Galiza as vacas máis comúns eran as do país (rubias e morenas). A partir de comezos do século XX introducíronse a Frisona e a Pardo Alpina e outras en menor cantidade.

O tesouro de Francisco Asorey

Page 30: A vaca

Rubia ou vaca do paísÉ a máis común das razas autóctonas de Galiza e máis numerosa da Península Ibérica. Os machos miden 1,45 m e poden pesar máis de 1.000 kg. As femias son algo máis pequenas. Ten a pel fina e crara, coas zonas espidas de cor rosada, e o pelo curto de cor uniforme rubia vermella que pode variar dende moi craro, sen chegar a branco. ata vermello escuro sen facerse pardo.

RAZAS GALEGAS

Os machos enteiros teñen os cornos curtos e horizontais, e as femias e os bois (machos capados) téñenos máis longos, case horizontais ao principio, abertos, e logo dirixidos cara adiante, arriba e atrás.Os machos son adultos a partir dos 18 meses. As femias comezan a criar aos tres anos e poden ter 15 partos durante a súa vida que é duns 20 anos de media. Os xatos nacen con 35 a 40 quilos de peso e maman durante 90 a 100 días, aínda que xeralmente destétanse antes. A “SUPREMA DE TENREIRA GALEGA” mama ata que se vende con 7-8 meses.

Page 31: A vaca

A rubia é unha raza de aptitude triple que se usa para producir carne e leite, e como animal de traballo. A mecanización do agro case as fixo desaparecer como forza de traballo e a introdución das razas de vacas leiteiras de alta produtividade tamén a está apartando da produción de leite, aínda que a súa produción media é de máis de 2.500 litros ao ano.Na actualidade críase case exclusivamente para producir carne, pola súa calidade e o bo rendemento (os becerros machos engordan máis de 1 kg cada día). Atópase por toda Galiza e tamén nas zonas próximas de León, Zamora e Norte de Portugal. Nalgunhas serras hai mandas en estado semisilvestre.

Page 32: A vaca

As rubias de tono escuro chámanse Vermellas e as craras Marelas.

Existe unha asociación de criadores e un centro técnico para a protección e o desenvolvemento da rubia galega que se adican ao seu control e á súa mellora.

Page 33: A vaca

RAZAS MORENASEn Galiza existen cinco razas de vacas morenas autóctonas (morenas do Noroeste) que están en risco de desaparecer. Son vacas resistentes e rústicas que aproveitan os pastos pobres, e boas para a cría. A conservación e recuperación destas razas é fundamental para manter o patrimonio xenético e a biodiversidade, para aproveitar o potencial gandeiro de comarcas rurais de baixo rendemento, co que tamén se contribúe a manter a poboación nas zonas de montaña e axuda a fixar a poboación ao medio.

En Fontefiz (Ourense) hai un CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS que depende da Xunta de Galiza onde se traballa na conservación e recuperación de Razas Autóctonas nun programa con familias colaboradoras para introducir exemplares no seu hábitat natural a través da cesión gratuíta de reses aos gandeiros. No centro de recuperación consérvase semen e embrións.

Page 34: A vaca

CaldeláDe cor escura cunha liña máis crara ou algo vermella polo lombo e co fuciño case branco. Cornos grosos en gancho e estirados cara a fora nas femias, orellas de tamaño mediano, horizontais e con abundante pelo de cor crara. Son de temperamento tranquilo, moi aptas para o traballo (especialmente os bois domados) e para a produción de carne.Atópase nas Serras Orientais de Ourense (Castro Caldelas, Manzaneda, Maceda,...) e sur de Lugo.

Page 35: A vaca

Vianesa:De cor castaña, case negra nos machos, co fuciño craro. A cabeza é pequena cos cornos en gancho, curto nos machos e máis separados nas femias, as orellas grandes e peludas. Moi adaptada á montaña, boa produtora de leite e apta para o traballo.Atópase en Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso... Existen distintas variantes dentro da raza en tamaños e aptitudes, que dependen das zonas nas que viven (as da montaña son máis pequenas), do tipo de alimentación que reciben e da selección que se vai facendo.

Page 36: A vaca

LimiáDe tamaño grande, cor castaña co fuciño máis craro. A cabeza é mediana, cos cornos en gancho, curtos nos machos e máis longos nas femias, e as orellas grandes e peludas. É boa para producir leite e carne e para o traballo.É a raza autóctona máis escasa. Atópase en Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Allariz, Rairíz da Veiga, Baltar, Cualedro ...

Page 37: A vaca

Frieiresa De cor castaña lavada, máis escura nos machos, co pelo longo na testa, cabeza pequena e corta, frente e fuciño anchos e cornos longos. Moi mansa e apta para o traballo e a produción de carne.Atópase na comarca da Frieira (A Gudiña, Vilardevós), Verín, Laza, Monterrei...

Page 38: A vaca

Cachena ou pisca:É a raza máis pequena de Galiza. Os machos miden 1,30 e pesan 500 kg, as femias 1,20 m e non pasan dos 300 kg. De proporcións moi armónicas, de cor castaña crara, máis escura na rexión do pescozo, de pelo curto e cunha perrera na testa, e orellas e rabo con pelo abundante. A cabeza é pequena, de perfil cóncavo, cos ollos oblícuos e os cornos grandes en forma de lira alta. Son boas produtoras de leite e carne, paren ben e son moi aptas para o traballo en medios difíciles.Atópase na serra do Xurés, (en Entrimo, Lobios, Padrenda...).

Page 39: A vaca

FrisonaÉ a vaca leiteira máis común en Galiza (é a vaca máis abundante) onde se crían frisonas de moi boa calidade. É de orixe holandés, é unha das máis extendidas en todo o mundo. Intruduciuse en Galiza a comezos do século XX, e xeralizouse a partir dos anos 50. As primeiras reprodutoras importáronse de Holanda e despois de Canadá e Alemania.É de cor branca con manchas negras ou vermellas irregulares repartidas por todo o corpo agás polo abdome. As femias poden acadar 1,50 de altura e pesar 700 kg. Os machos 1,70 e 1.100 kg.

A media de produción das frisonas galegas é de aprox 7.051 l/ano, aínda que algunhas chegan a producir máis de 20.000 litros.

Page 40: A vaca

Parda alpinaÉ orixinaria dos Alpes suízos. É un animal de bo tamaño, de capa uniforme de cor marrón grisácea que varía de crara ata escura, un pouco máis crara arredor do fuciño e das patas. Ten o fuciño, a punta dos cornos e os pezuños negros. É unha vaca forte, resistente, pouco esixente, que se adapta facilmente ás condicións adversas, lonxeva e prolífica. Boa produtora de leite e carne. É a segunda vaca leiteira en importancia despois da Frisona, tivo moita importancia hai uns anos. Actualmente o seu número é máis reducido.

Page 41: A vaca

Outras razas que podemos atopar son a Flevik (antes Simmental, de orixe austríaca) e a Jersey (de Dinamarca). Ademais hai un bo número de diferentes cruces entre as distintas razas.

CENSO VACÚNGALIZA 2012

 

CACHENA 5.448CALDELÁ 1.614

CONXUNTO MESTIZO

230.337

FRIEIRESA 900FRISONA 520.609

LIMIÁ 964RUBIA GALEGA 147.094

VIANESA 2.650OUTRAS 23.717

Total 933.333

Flevik

Nos últimos dous anos o número de vacas reduciuse drasticamente (case nun 50%)

Page 42: A vaca

OS NOMES DA VACA:Macho: boi e máis raramente touro.Macho reprodutor: boi, almallo, boi de posto.Femia: vacaCrías: segundo a idade e a zona:xato ou xata, pocho ou pocha, cuxo ou cuxa , becerro ou becerra, tenreira.Femia nova: xuvenca, toura.

Tradicionalmente as vacas duha casa teñen un nome propio xeralmente asociado á cor e ás formas:Aquelas nas que predomina a cor branca: “Palomas”.Ás de cor negra: “Mouras”Ás brancas e negras: “Pintas”Ás demais: “Roxas”, “Morenas”, “Marelas”, “Vermellas” ...

xuvenca

Marela e Moura Xato

Page 43: A vaca

Asociadas ás vacas e ao traballo creáronse moitísimos aparellos que forman parte da historia e da cultura do noso país e que ao deixar de usar a estas como forza de traballo están a desaparecer: aparellos para traballar a terra (arados, grades, cavadoras, sementadoras...) para o transporte (carros), para conducir ao gando, para manexar o forraxe, para o leite...

APARELLOS

Buzos, bozos ou vetillos: Póñense no fuciño do gando cando están a traballar para que non coman e se entreteñan. Tamén se usa para as crías, para que non mamen. poden ser de vergas de castaño, de bimbias ou de rede metálica.

Vetillos. Museo do Pobo GalegoNarina. Aparello para suxeitar ás vacas polo fuciño (na monta...)

Page 44: A vaca

ARADOS

Cambela: é un arado tradicional galego moi primitivo. Está feito aproveitado a camba natural dunha árbore á que se lle engadía unha rella de ferro. Usábase nas montañas do Cebreiro, Ancares e O Courel.

Arado romano: é o arado tradicional máis común. Usouse desde a prehistoria ata a actualidade. Está construído en madeira agás a rella ou ferro que cobre o dente.

Museo da Fonsagrada

Page 45: A vaca

Arado de volteo ou veso: está feito de ferro. A disposición asimétrica da súa rella fai que a terra, á vez que se abre, dea a volta, deixando sempre cara abaixo a parte superficial.

 

O soliño usábase para xunguir os aparellos ao gando.

Page 46: A vaca

CANIZO:Estrutura rectangular feita de paus e varas ou bimbias entretecidas. Usábase para achanzar a terra.

RASTRO ou GRADE:Estrutura de madeira ou ferro, xeralmente de forma rectangular, con dentes de ferro, que se usa para achanzar o terreo despois de labrado e romper os terróns.

 

Museo Liste (Oseira)

Page 47: A vaca

PELADEIRA, CACHADEIRA PEQUENA OU ESCARPADEIRA: estrutura de ferro con ganchos rematados en dentes, que servían para abrir a codia da terra e desarraigar as herbas, e unhas rabelas para conducila.

CAVADORAFormada por un marco de ferro no que van suxeitos diferentes tipos de sachos que desarraigan as malas herbas e achegan terra ás plantas para protexelas.An antigas eran de tracción animal.

Page 48: A vaca

SEMENTADORASDistribúen en ringleiras sementes ou plantas.Abren a terra, depositan a semente e logo apretan a terra enriba. Teñen un depósito para a semente e un mecanismo que regula a súa caída.

Page 49: A vaca

CARROS Plataformas sobre rodas arrastrados por animais. Existen multitude de tipos de dúas ou catro rodas. Úsanse para transportar fertilizantes, aparellos e produtos. Para transportar produtos miúdos póñense uns adrais, e cando transporta obxectos moi voluminosos mantéñense entre os estadullos e átanse cun adibal. Actualmente están desaparecendo.

Page 50: A vaca

O CARRO DO PAÍS

O carro galego é un carro de estrutura moi primitiva, de dúas rodas que forman un só corpo co eixo móbil, tirado por unha parella de animais, xeralmente bois ou vacas.Aínda que hai moitas variantes ao longo do país, en función, sobre todo, do terreo e dos costumes de cada zona, a estrutura segue unhas pautas comúns. Os carros da montaña son máis lixeiros que os das zonas baixas. Xaquín Lourenzo rexistrou perto de noventa variedades de rodas.Ata hai moi poucos anos o carro foi o principal medio de transporte da Galiza campesiña. A orixe do carro galego remóntase á prehistoria e mantivo a súa estrutura ata a actualidade con poucas variacións.

Page 51: A vaca

O carro está formado por dúas partes, O CHEDEIRO (plataforma) e o RODADO (conxunto de rodas e eixo).

CHEDEIRO

chedas

estadullos ou fungueiros

ladrás, adrais, ladraias, ou canizas. Na parte traseira pechábanse co recadén ou canizo.

lanza, cabezalla ou timón

chavella (une o carro ao xugo).

cadeas

sollo ou soallo (piso)

chumaceira, coucón ou coucillón (o rebaixe onde se asenta o eixo chámase zoca ou cantadeira).

apeladoiras ou treitoiras

eixo, encaixa entre as treitoiras por medio duns rebaixes, os luidoiros.

O burato central da roda, na que penetra a ampela do eixo, chámase ulló.

tillas ou cuñas

llanta

escabo, galga ou ceo

mildeiras, rilleiras ou sunchos camba

ampela, tufo ou turro

mión ou milde

Page 52: A vaca

Xugo de molidas É típico de gran parte da provincia de Ourense e da zona oriental de Lugo.

Xugo de bregueirosÉ típico do Sur da provincia de Pontevedra, centro da de Lugo (centro) e o Val do Miño en Ourense. 

Xugo de cangallas É o máis común e atópase na provincia da Coruña, no norte e norleste da de Pontevedra e no oeste e norte da de Lugo.

O xugo é un complemento indispensable para a utilidade do carro. É a peza que une aos animais ao carro. En Galiza hai tres tipos diferentes con moitas variantes. Dous que xunguen aos animais polo pescozo (de canga) e un que xungue polos cornos (de molida).

Page 53: A vaca

Curioso xugo mixto para xunguir polos cornos (vaca, boi) e polo pescozo (burro, mula, cabalo, ou animais novos cos cornos pouco desenvolvidos).

Algúnhas variantes de xugos.Museo da Fonsagrada.

Page 54: A vaca

Nalgunhas zonas da costa usáronse carros de eixo fixo e un só animal que se xunguía entre as lanzas.Nos últimos tempos a algúns carros puxéronselle as rodas de goma.

Page 55: A vaca

Carro cos adrais de bimbias tecidas. Xuño.

Carro coa estrutura do chedeiro e as rodas de ferro. Allariz.

Carro coa estrutura típica da montaña: chedeiro e rodas lixeiros. O Cebreiro.

Page 56: A vaca

Recipientes para o leite

Pucheiro

Xerra de muxir. O Cebreiro

A canada era un recipiente para recoller o leite na muxidura. Facíase de madeira ou latón para evitar que as vacas os romperan coas patas. Tamén se utilizaba como medida de capacidade (4 litros, a cuarta parte dunha ola)

Canada da zona Oriental de Lugo (Museo do Pobo Galego).

Ola ou cántara Leiteiras

Os recipientes tradicionais convertéronse en pezas de museo coa aparición dos novos materiais e dos equipos de refrixeración.

Page 57: A vaca

Todas as granxas cun certo número de animais teñen instalados equipos de muxidura e tanques de frío.As instalación de muxidura deben ser doadas de limpar e desinfectar e deben estar lonxe de fontes de contaminación. O chan debe permitir o drenaxe dos líquidos e a eliminación dos refugos. Deberá ter unha boa ventilación e iluminación e abastecemento de auga potable.A máquina de muxir é un elemento que entra en contacto co ubre polo menos dúas veces ao día e debe garantir unhas medidas sanitarias mínimas xa que constitúe un dos elementos fundamentais de control das mamites.

O EQUIPO DE MUXIDURA

Page 58: A vaca

A máquina de muxir extrae o leite dos tetos da vaca de xeito semellante a como o fan os cuxos, mediante succión para producir un baleiro. A máquina fai unha extracción intermitente (unhas 60 veces por minuto), permitindo así un descanso do teto á vez que lle da unha masaxe que evita a conxestión. Nas instalacións máis modernas a muxidura contrólase con equipos informáticos. Cada animal leva un colar que o conecta ao equipo. Este identifícao e rexistra a súa produción.

Page 59: A vaca

Empregábanse para facer leite mazado e manteiga.

Aparellos para mazar o leite

Moldes para o queixo

Page 60: A vaca

Neste momento en Galiza hai 9.908 explotacións leiteiras (novembro 2014) que producen o 40% do leite de todo o Estado Español, cun prezo por debaixo da media do resto das comunidades. As áreas con máis vacas de leite son as provincias da Coruña, Lugo, e o noreste da de Pontevedra. A cota de produción que ten asignaga pola Comunidade Europea é de 2.400.000 toneladas, aínda que a capacidade de produción está moi por enriba. Estas limitacións e os baixos prezos do leite están levando ao peche a moitas explotacións.A produción de carne é dunhas 88.000 toneladas ao ano, o 15% da produción do estado.

Page 61: A vaca

O comercio de animais realízase en lugares especialmente axeitados: as feiras de gando.As feiras celébranse en moitos lugares de Galiza e nelas, ademais do gando, tamén se mercan e venden outros produtos relacionados co campo e a casa.

Santiago Monterroso

Silleda

Page 62: A vaca

PRODUTOS GALEGOS DE CALIDADE

-Queixos con Denominación de Orixe protexida: Cebreiro, San Simón, Arzúa-Ulloa e tetilla.-Indicación Xeográfica protexida: Tenreira Galega.

Page 63: A vaca

REFRÁNS:-A vaca é ouro, o porco tesouro -Sardiñas e tenreiras, as galegas as primeiras.-Boi marelo escuro ara no mol e ara no duro.-Vaca leiteira non vai á feira.-Á vaca vela ir, ao boi velo vir.-O boi ruín máncase na corte.-Boi que remoe nada lle doe.-Gando na cortes, pouco leite e queixo forte.-A vaca que non come a cando os bois, ou comeu antes ou come despois.

TRADICIÓN ORAL

Page 64: A vaca

LEITE

•O que non muxe marela, non fai queixo nin manteiga.•Vaca de leite, pouco traballo.•Gando na corte, pouco leite e queixo forte.•Vaca leiteira non vai á feira.•O que merca boi por vaca, ao munxir se despotraca.•Vaca de moitos?, ben muxida e mal mantida.•Queres leite?, dille á vaca que cho deite.•A vaca do meu amo, cando non come trae o leite no rabo.•A vaca do vilán, se dá leite no inverno millor o dá no verán.•O leite e o viño fan do vello mociño.•Leite con viño fai ao vello, meniño.•Leite, mel e mosto tiran ao home pra mozo.•Cunca de leite por cunca de aceite.•Encol do leite, o viño ausente.•Non hai feitizo como o pantrigo i o leite macizo.•Nos meses que non teñan erre, nin peixe nin leite.•O leite sae do moxo e non do óso.•A vaca, canto máis se munxe máis grande ten o teto.•Vaca amoscada, leite que se perde.•Vaca estransillada (ou estrullada), nin bo leite, nin boa crianza.•Canto máis se munxe a vaca, máis remollo saca.

Page 65: A vaca

DITOS •Ter as vacas no millo.•Outra vaca vai no millo!•A paso de boi•Traballar coma a vaca do pobre•Ter lingua coma a vaca rabo•Se non é boi é vaca•Ter o leite nos beizos•Seica te lambeu a pucha?•Falar do xato e esquecer o trato•Andar como os bois no monte•Ser gando mal gardado•Atoparlle o teto á vaca•A onde irás boi que non labres•Amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale•O que queira leite, que o munxa.

Page 66: A vaca

CANTARES:

O que compra vaca cegapensando que sanará,¡Aínda os sans se volven cegos!¿E os cegos que farán?.

San Antoniño garda o gando,San Xoán garda as ovellas,Santa Lucía ás costureiriñasque andan polas casas alleas.

ADIVIÑAS:

•Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores.•Catro pernas, catro fontes, un dalle-dalle e dous reviramontes.•Catro na cama, catro na lama, dous que lle aguzan e un que lle abana.•Catro na cama, catro na lama, dous parafusos e un que lle abana.

Page 67: A vaca

A vaca esquenceuse dos cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. No-nos pode dar máis.O can será o amparo dos ricos, que defende a propiedade do amo e ladra ós probes que van polos camiños. En troques a vaca é o amparo dos probes libres. Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os "concursos de belleza".A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila.  As "señoritas" que choran pola morte dun can ridículo non comprenden a door dunha familia labrega cando se lle morre unha vacaSe non fose polo leite das vacas a piolleira das cidades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cría da Humanidade. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida. A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: "O albre xenealóxico dunha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico dun aristócrata”.

CASTELAO O PUCHO.- Agora xa sei por qué non me deixaban mamar a min.

Page 68: A vaca

CRENZAS:-O leite muxido na véspera de San Xoán non se debe deixar para o día seguinte, porque veñen as meigas a lavar o traseiro nel. Para evitalo había que deixar en todas as fiestras e portas un ramo de herbas olorosas (que teñen a virtude de espantar as meigas).

Recollidas nas montañas de Lugo: -Cando se muxían as vacas ao mencer poñíase unha cunca mirando ao nacente co primeiro leite recollido en ofrenda á Aurora. -Ao leite das vacas que pasaban por un lugar por onde corría a auga había que botarlle sal, se nón daban sangue no canto de leite.

Page 69: A vaca

Algunhas razas do mundo

Page 70: A vaca

TOUROS DE LIDIA (Bos taurus ibericus).É unha raza típica do centro-sur de España. Considérase o descendente máis directo do uro. De cor maioritariamente negra ou escura, ben musculada, coa cabeza ancha, os cornos longos e afiados, abertos, dirixidos cara adiante e arriba. Críanse seguindo canons que combinan a perfección das formas coa bravura. Os machos lídianse aos cinco anos, cun peso aproximado de 500 kg.

HEREFORD.De orixe inglesa. É a raza de vacúns de carne máis extendida polo mundo. Son típicos o pelo lixeiramente rizado, a súa cor vermella coa cabeza e o abdome brancos, o corpo macizo e as patas curtas. Os cornos tamén son curtos e faltan nun 10% dos exemplares. As femias poden acadar 1,35 m de altura e pesar 750 kg. Os machos 1,45 m e 1.100 kg.

Page 71: A vaca

IAK (Bos grunniens).Vive no Tibet entre os 4.000 e os 6.000 m de altitude. Está cuberto dun pelo longo e espeso que o protexe das baixas temperaturas da zona. Úsase para cargar e transportar obxectos e persoas e para producir leite. O iak salvaxe é máis grande, pode acadar 1,50 m de altura e 700 kg de peso..

CEBÚ (Bos indicus)É de orixe india e está extendido como animal doméstico por todas as zonas tropicais e subtropicais do mundo pola súa resistencia á calor e ás enfermidades. O que máis destaca nel é a xiba de graxa enriba da cruz. Ten o pelo curto e a cor cor variable.Os machos poden acadar entre 1,50 e 1,70 de altura e pesar ata 1.000 kg.

Page 72: A vaca

BOI ESCOCÉS, VACA DAS HIGHLANDS Pequeno, de cor crara a marrón escura, co pelo longo e duro entre o que cría no inverno unha la espesa que lle permite soportar ben o frío ao aire libre. Críase pola súa carne. Aínda existe silvestre.As femias non superan 1,20 m de altura nin os 400 kg. Os machos poden chegar a 1,30 m e pesar 600 kg..

GAUR (Bos gaurus).Vive en estado silvestre nos bosques do Nepal e da India. Os machos adoitan ser de cor escura e as femias roxas e coas patas brancas.

Page 73: A vaca

BOIS CORNILONGOS AFRICANOS.Son descendentes dos cebús. Existen distintos tipos e críanse como animais produtores de leite ou de traballo. Algunhas tribus africanas (como os masai) sácanlles sangue que usan directamente como alimento. Os cornos de algúns exemplares de boi watusi poden acadar máis de 2,5 metros.

BANTÉNG (Bos javanicus).Orixinario dos bosques de Indochina e Indonesia. É un animal de pequeno tamaño (entre 1,10 e 1,25 de altura e 250 e 400 kg de peso). Os que se conservan en estado silvestre son máis grandes.

Page 74: A vaca

ESPECIES SEMELLANTESBúfalo de auga ou carabao (Bubalus bubalis bubalis).É o búfalo doméstico da India e do Sur de Asia. Úsase como animal de traballo e produtor de carne e leite. As femias teñen os cornos máis longos, acadan 1,40 m e 600 kg e os machos 1,70 m e 900 kg. O leite úsase para facer o queixo “mozarella”

Page 75: A vaca

Montaxe: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet, arquivo Corel.DEBUXOS: Mon DaportaDecembro 2014