Á sombra da muralla 13

56
A SO.BIlADA .,1A1lA 2004-2005 (TIno \III) 'Rllvista do I.e.~. Xo€lnJ\s1ontlls bugo

description

Número 13 da revista do IES Xoán Montes de Lugo, correspondente ao curso 2004-2005

Transcript of Á sombra da muralla 13

Page 1: Á sombra da muralla 13

A SO.BIlADA .,1A1lA2004-2005 (TIno \III)

'Rllvista do I.e.~.Xo€lnJ\s1ontllsbugo

Page 2: Á sombra da muralla 13
Page 3: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 1

EDITORIAL

Tempos de cambio

Comezou este ano con noticias de cambios. Cambiou a directiva do

centro, cambiamos na revista… Agora somos un pouco máis nós e para

nós. Unha redacción formada completamente por alumnos, nesta nosa

revista para alumnos. Cambiou a mellor ou a peor? Vós diredes.

Cambios no instituto en xeral. Comezo de curso cun goberno

distinto… e a natureza volta a amosar a súa cara máis tráxica para o ser

humano. O mar non recuperou o seu: levou o noso. Levou vidas, levou

parte do mundo. E para contrarrestar a auga: lume. Ardía hai unhas

semanas a torre Windsor de Madrid e especúlase aínda: incendio

provocado? Utiliza o ser humano o coñecemento do lume que adquiriu na

antigüidade? E a terra trae novos tremores. Queda o aire. Cambios

meteorolóxicos: temporais de frío e neve. Os elementos rebélanse con

máis ou menos violencia. E o mundo cambia, e nós cambiamos, por

deixarnos arrastrar.

Pero non cambia o de sempre: poucos fondos no instituto, xogos

malabares para chegar a fin de curso sen estar en números vermellos, e

aquí seguimos, reuníndonos cada venres para sacar adiante este novo

número da vosa revista, que agardamos sexa do voso agrado.

Desfrutade da lectura tanto coma nós desfrutamos escribindo.

Page 4: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 2

Leilía nunha das súas actuacións

Cantar das Eiras: grupo lucense de recente creación

Música Folk

Sara Pérez Cruz Violeta Núñez Martínez

A música folk é unha corrente musical

anglosaxona realizada por cantautores a finais dos

cincuenta. O cantante de folk utiliza temas

folklóricos, pláxiaos ou invéntaos acompañándose

el mesmo por unha guitarra, acordeón, banxo ou

harmónica.

Os grandes nomes do folk foron, nun

principio, grandes poetas-intérpretes que loitaban

pola paz e pola xustiza social. Existen varias

variantes do folk: protest song (canción protesta),

folk-rock, novo folk ou folk actual.

Neste apartado, falaremos principalmente

de grupos de música actual galega e dalgún outro

grupo internacional.

GRUPOS GALEGOS

LUAR NA LUBRE

Este grupo naceu no ano 1986 na cidade

da Coruña. Hoxe en día é un dos referentes da

música folk en Galicia. O tema máis emblemático

de Luar na Lubre é “O son do ar”, que tras ser

escoitado por Mike Oldfield, este decidiu incluilo no

seu disco “Voyager”.

Este grupo recibiu algúns premios como o

“Premio Ideal ó mellor grupo de música folk en

Galicia”. O seu último disco chámase “Espiral” e

ten temas moi interesantes como unha cantiga de

Santa María ou “El derecho de vivir en paz”.

BERROGÜETO

É un grupo bastante coñecido (en

Galicia). Os seus componentes formaron parte

anteriormente doutros grupos. O seu último

traballo é un disco chamado “Hepta”.

Page 5: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 3

Milladoiro é un dos grupos galegos máis veteranos

ÁVALON

Fundado no 2002, é un grupo moi xoven

formado íntegramente por mulleres, que consegue

que o público non pare de moverse nos seus

concertos. Posúen dous discos, o primeiro

chamado “Lúa Meiga” e o segundo “Beltaine”,

neste último mezclan tradición con influencias

árabes e elementos electrónicos.

Hai outros grupos e compositores

galegos moi coñecidos como son: Milladoiro,

Fuxan os Ventos, Fía na Roca, Na Lúa,

Noitébregos, Cristina Pato, Mercedes Peón,

Susana Seivane e Carlos Núñez, entre outros.

GRUPOS INTERNACIONAIS

THE CORRS

Grupo irlandés formado por catro irmáns,

fillos de pais músicos. A súa música é unha

mezcla de música tradicional irlandesa, música

celta, música pop e música folk. O seu último

disco chámase “Borrowed Heaven” e está tendo

moito éxito.

DULCE PONTES

Nacida en Montijo (Portugal). En 1992

publica o seu primeiro álbum “Lusitania”. A súa

fermosa voz fixo revivir un estilo de música xa

morto ou case morto.

Existen outros moitos grupos

internacionais de música folk a parte dos

momeados.

NOTIC IAS

A nosa cidade, afortunadamente, tamén

conta con bastantes grupos de música folk ou

tradicional como: Cántigas e Flores, Leña Verde,

María Castaña, O Trasniño do Bosque e Cantar das

Eiras, que é un novo grupo formado no mes de

outubro do 2004.

Unha mala noticia para os amantes do

folk é que Rosa Cedrón, a cantante de Luar na

Lubre, decidiu separarse do grupo para comezar

unha carreira en solitario. Segundo ela, non tivo

ningún tipo de problema cos demais compoñentes

do grupo, pero ela prefire probar novas

experiencias musicais.

Page 6: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 4

Máis Música Lorena Boquete Vilariño Mª Jesús Abeledo Lameiro Natalia Sánchez Maseda

As orixes da Música Gótica

A historia

O primeiro en empregar o termo de gótico, referíndose á música, foi Anthony H. Wilson. Este describiu como gótico a Joy Divison nun programa de BBC de Londres. Se cadra Joy Divison non representa o Gótico como o coñecemos agora pero ben puido se-la raíz do termo. Todo isto ocorreu no ano 1978, pero non acabou alí. Un ano despois, en 1979, Bauhaus foron considerados góticos cando lanzaron Bella Lugosi´s Death.

Os periodistas da época foron rápidos para

acuñar o termo e aplicárono indiscriminadamente a un número de bandas arredor dos temperáns 80 (a maioría dos cales non soaban nin sequera como Siouxie ou calquera outra banda desta materia). Os periodistas estaban máis ocupados no aspecto. Poñemos por exemplo a Southern Death Cult: foron calificados de góticos xa que vestían como Siouxie and the Banshees, moito negro, prata e tiñan un cabelo negro extremo.

Outros grupos etiquetados de góticos foi

The Sisters of Mercy pero cando se separaron, Wayne Hussey fundou The Mision, e levouse a etiqueta con el, a pesar de que a música (supostamente o máis importante) era diferente, pero como ía vestido de negro....

Finalmente apareceron The Fields of the Nephilim e foron eles mesmos os que se etiquetaron de góticos, a pesar de que a súa música era totalmente diferente á que se tomara como música gótica preferentemente.

A música de Joy Division, The Sisters of Mercy e Bauhaus reflicte algo de medo, pero todo o odio foi botado cara dentro e a música caracterízase por líricas introspectivas. Moitos dos novos seguidores de movemento Gótico éranche introspectivos tamén. Esta nova xeración de introspectivos xurdiu de que o Gótico estaba conectado co Renacemento Gótico Victoriano e co Horror Gótico; o curioso é que todo isto converteuse nunha realidade se cadra inducida. E por suposto revistas como NME e Sounds non pasaron isto por alto e publicaron moitos artigos que facían diversión dos góticos entre os seus lectores, dicindo que ser góticos era sentarse arredor dun círculo (nos chans dos bares) fumar moito e falar de vampiros. Demos gracias que a

Page 7: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 5

maioría dos góticos tiñan un gran sentido de humor para rirse de vez en cando deles mesmos. Deixando isto vamos defini-la música .

A MÚSICA

Os góticos apareceron non só no Reino Unido, a finais dos 70 aparecen tanto no resto de Europa como nos Estados Unidos, nos inicios dos 80 chegaron a México. Actualmente Alemania é considerada o pilar do Gótico, alí denomínanse "Grufties". Isto está moi ben, pero como é a música? Este estilo de música estache ligada, en certo modo persoal e onírico ao culto e á necrofilia, pero non como parafilia. Os instrumentos que se usan son tanto acústicos coma electrónicos, o que en verdade interesa é o culto, a morte, a soidade, a dor, os sentimentos en xeral. En moitos casos Gótico remóntase a cantos antigos e crenzas da Europa que se atopan

entre os 80 e o fin de período medieval. No Gótico tamén atopamos moitas novas bifurcacións, como o dark-etéreo, o rock-gótico e o deep-goth e as veces o gótico–ambiental é catalogado como gótico.

Pero como todo nesta vida, co paso do

tempo dentro do xénero foron cambiando, agora non hai un tipo de gótico e iso reflíctese nos grupos musicais. Onde grupos como Siouxie and The Banshees ou The Cure deixaron de ser grupos clásicos de rock gótico de finais dos setenta para ter un toque máis de Pop dos oitenta. Outros coma Stoa ou Love Spirals Downwards, Chandeen déixannos abraiados con voces femininas que nos fan ver as portas do ceo. Unha fermosa visión dende o meu punto de vista. Atopamos outros grupos clásicos que realizan mesturas etéreas e sons medievais cunha atmosfera escura e densa capaz de levarnos a séculos anteriores, e sen ter que aguantar atascos e atrasos; é o caso de Dead Can Dance ou Love is Colder than Death. E por suposto non podían faltar os case pioneiros de xénero “coma os proxectos do selo 4AD coma This Mortal Coil e os Cocteu Twins”. Tamén son importantes os sons dark máis puros que corren a conta de Garden of Delight e de Lacrimosa. Pero como non, tamén atopamos música de aspecto máis escuro, coma para vampiros (esta debe de ser a única que coñecían os das revistas: NME e Sounds. Pero hai moito máis gótico, é que hai reporteiros e prensa do corazón; nos somos reporteiros), é o caso de Crhistian Death, Gitane Demonde, Diamanda Galas, Nina Hagen e ata Sisters of Mercy. Existen grupos de mellores sons e que representan moi ben o etéreo (que se supón que é gótico, aínda que máis sutil do que en verdade se propón), algúns deles máis estructurados e realmente innovadores. Un bo exemplo é Sopor Aeternus & The Ensamble of Shadows que con música medieval narran historias moi ácidas, empregan voces e a atmosfera que xeran unha sensación de ocultismo que poucos poderían facer.

Como se pode comprobar o gótico é un

xénero moi extenso, pena que as revistas

Page 8: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 6

recentemente mencionadas non o souberan, ademais de que tampouco souberan informarse, pero que se lle vai facer. O que si sabemos é que co gótico chegamos a desfrutar dunha doce e amigable depresión.

O movemento Gótico

Ó principio dos oitenta orixinouse o

movimento gótico. Sisters of Mercy é

probablemente dos clásicos góticos máis

coñecidos, caracterizados por vocalizacións

profundas, e un baixo simple pero prominente

acompañado con ritmos de percusión simples.

Líricamente, o gótico tende a letras escuras

e a un son desolado y deprimente aínda que

non toda a música gótica está suxeita a esta

clasificación.

A Sisters of Mercy seguiron outras bandas

góticas como Bauhaus que predominaron nos

oitenta e que estableceron unha subcultura

inspirada na escuridade, morte, tristeza,

desolación y beleza. Bauhaus capitaneado

por Peter Murphy, que revolucionou a historia

da música radicalmente, é outro dos clásicos

góticos más recoñecidos.

Conta a xente que un día Peter Murphy

saíu ó escenario a interpretar "Bella Luggosi's

Death" vestido como Drácula, imitando a

actuación do actor Bella Lugosi nunha das

películas de horror mas afamadas da primeira

metade do século XX. Este performance de

Bauhaus, motivou a moitos para vestirse coma

vampiros e usar esa maneira de vestir coma

unha maneira de identificarse coas bandas

post-punk dese tempo. A música gótica esta

relacionada co culto á tristeza, melancolía e

morte.

No seu inicio o estilo gótico tendía a un

baixo e percusión prominente, guitarras e

sintetizadores atmosféricos, e vocalizacións

profundas e depresivas, líricamente os temas

son recorrentes obsesións cara á morte, sexo,

tolemia, depresión, relixión, horror, agonía,

melancolía, tristeza etc. Actualmente o son e

estilo foron cambiando.

Así temos que agora a etiqueta de “gótico”

en música pasou a referirse sobre todo a

grupos nos que se mesturan anxelicais voces

de soprano con sons que moitas veces

mesturan doces melodías de violín con

atronantes guitarras e rápidos golpes de

Page 9: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 7

baquetas na batería. Se a todo isto lle

engadimos unha voz extrema de home (ou

muller, coma no caso de My Ruin), atopamos

unha música capaz de transportarnos do

inferno ó ceo en cinco minutos. Aí temos a

Tristania, que pese ó que lles pese ós seus

verdadeiros fans van camiño de converterse

nun grupo de adoración de popeiros

redimidos, senón que lles pregunten ós que

len a publicación “Loka”. Pero sempre nos

quedará Sirenia, escisión dese gran grupo que

recolle o testigo máis radical da banda: ritmos

rápidos, atmosferas de violín e voces

contrastadas con fortes riff de guitarra

eléctrica.

Pero se queredes algo máis suave Within

Temptation nos seus

días de “Enter”,

“Mother Earth” ou

“The Dance” ofrece a

magnífica voz de

Sharon Den Adel en

todo o seu poderío,

non apagada por

tons máis graves como en Stand My Ground.

“Ice Queen” é unha desas cancións en que

queda demostrada a magnífica potencia de

voz desta muller, e “Deep Within” é unha

verdadeira mostra de voces extremas e

guitarras. Tamén Theatre of Tragedy,

meténdonos algo máis en materia progresiva é

un exemplo de voz fermosa, a de Liv Kristine,

que tamén ten disco en solitario e que

marchou de Theatre por problemas co resto

do grupo e formou Leave´s Eyes. A súa irmá

Carmen Elise herdou tamén unha voz

espectacular, como o demostra en Midnattsol,

un grupo que se alonxa un pouco máis do

gótico para facer o que eles mesmos definen

como “Nordic Folk Metal”, o que ven a mostrar

a inmensa variedade de estilos que nos ofrece

este tipo de música (senón que lle pregunten a

Apocalyptica, grupo de catro violonchelistas e

un batería que fan “Cello Metal”, a menos iso

din algunhas revistas...), que está sempre en

continua renovación e cambio.

Pero o que non cambia é a posición das

revistas en moitos casos, polo menos en

España. Así, nunha revista para adolescentes

ensínanche a “Ser gótico en cinco pasos”, din

que Avril Lavigne está comezando a ser

gótica... E saen tamén presuntos góticos

(aínda que sobre todo rapazas) que escoitan

Evanescence e Stand my Ground de Within

Temptation e din que o seu é o movemento

gótico, postura que amola profundamente ós

verdadeiros góticos, clan altivo onde os haxa,

que conta coa súa propia xerarquía nas

grandes cidades á máis clásica maneira dos

vampiros dos xogos de rol : os góticos que

máis tempo levan no movemento son os máis

influintes e,citando a un gótico lucense, “ir

contra eles é un suicidio político, social e

persoal”.

Page 10: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 8

lendas Natalia Sánchez Maseda

A San Andrés de Teixido vai de morto

quen non vai de vivo

Atopamos en Cedeira o santuario de Santo Andrés de Teixido, e como bo

santuario ten a súa propia lenda.

San Andrés, vía como á tumba de Santiago ían moitos peregrinos mentres

que a súa estaba practicamente baleira. Un día, mentres estaba melancólico,

atopouse con Noso Señor Xesucristo que ía visitalo. Este ao velo tan deprimido

preguntoulle: “Como é que estás tan triste?" San Andrés respondeulle: “Ai meu

Señor! A pesar de que eu tamén fago milagres como Santiago ninguén se acerca

por estes paraxes e está o meu santuario baleiro". O Noso Señor mirouno e

sorrindo díxolle: “Non serás menos que Santiago. Prométoche que todo o mundo

pasará ao menos unha vez na vida polo teu Santuario” “Moitas grazas Señor,

pero como será iso posible?” “Porque todo aquel que non o faga en vida, terá

que facelo despois de morto”. Por iso ninguén se atreve a molestar aos

animaliños que andan polos sendeiros do santuario, xa que di a lenda que eles

levan as almas dos que non peregrinaron en vida.

Page 11: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 9

Tres cousas hai en Ourense

que non as hai en toda España,

o Santo Cristo, a Ponte

e as Burgas fervendo auga.

Haiche en Ourense capital fontes de augas termais. As fontes ourensáns sonche

dúas: A burga de Arriba con dous caños e estructura sinxela con adorno de piña, e as

populares burgas de máis rica ornamentación. E como che é normal neste apartado

poñerémo-la lenda.

Habíache en Ribadavia un ermitán chamado Pedro e que era coñecedor do segredo

das canles de auga quente do pobo. Unha vez sentiuse enfermo e pensou: "Xa vou vello

e algún día ha de acabar a miña vida". Sentouse entón á porta de ermida cando pasou

por alí un pastor que ao velo tan decaído lle preguntou se precisaba algo. "Atópome

mal, pero Deus dispoñerá". E o pastor dixo: "Irei deixa-las ovellas e traereiche o

médico". Así o fixo e a partir dese momento, tódolos días pasaba o pastor pola ermida

para ver como ía Pedro. Había unha moza no pobo que estaba namorada do pastor, e

como el non lle facía caso algún ela decidiu vingarse. O día da vinganza a moza colleu

o cáliz da Igrexa e ocultoullo nas alforxas, despois acusouno de roubo. Os aldeáns, ao

oílo, perseguírono e cando o deron atoparon, déronlle morte. Pedro, ao saber da morte

do seu amigo desviou os canles das augas quentes de Ribadavia a Ourense, onde

afloraron as Burgas.

Page 12: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 10

A torre de Hércules

Quen non oíu falar da Torre de Hércules? Quen non a viu? E quen

sabe a súa lenda? Pois se che apetece sabela e se xa a sabes recordala, está

aquí para ti.

Conta a lenda que na antigüidade existiu un xigante chamado Xerión, este

era moi forte e poderoso, e tamén moi moi avaricioso, e isto en realidade

foi polo que morreu. Xerión obrigaba aos seus súbditos a entregarlle a

metade dos seus bens, incluso os seus fillos. Pero un día chegou Hércules

por eses paraxes e a xente pediulle axuda. Hércules aceptou e foi retar a

Xerión. Este aceptou. Ambos pelexaron moi ben, pero foi Hércules o

gañador. Hércules matou a Xerión e sobre o seu corpo levantou un gran

túmulo o cal coroou cunha gran antorcha. Máis tarde fixo poboar a zona, e

mandou escribir o nome dos que viñeran a vivir alí. A primeira persoa que

chegou foi unha muller chamada Cruña e Hércules empregou ese nome

para bautiza-la nova cidade, A Coruña.

Page 13: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 11

© Laura Abeledo Lameiro

Page 14: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 12

Narrativa

Ángel Boquete Vilariño

A Historia dun samurai

“Limpei a miña katana logo de

observala un intre. Axudárame

moitas veces. Enfundeina de novo.

Logo asegureime de que a armadura

estivera ben apertada. Meu cabalo

estaba intranquilo. Collín aire e

lanceime, xunto os meus

compañeiros samurais, contra os

inimigos. Estabamos practicamente

igualados en canto a número. Era

unha “pequena” guerra entre

señores. Mil cincocentos guerreiros

por bando, aproximadamente.

Pensei nun próximo movemento.

Non dubidei, Onori-no-hazo. O

nome aflorou na miña mente e

lembrei cada movemento do mortal

ataque. A cabeza dun dos inimigos

voou envolta en lume, e outros tres

guerreiros quedaron calcinados. Isto

era posible gracias ao adestramento

no dojo do señor Yoshitume dende os

dez anos. Aminaraky. Dous

segundos despois, dous inimigos

quedaron separados das súa

correspondentes pernas. Bonita

imaxe, por certo.

De súpeto o meu cabalo ergueuse

sobre as dúas patas traseiras e case

conseguiu derrubarme. Menos mal

que tiña ben agarradas as rendas.

Mirei ó chan na busca do que

causara esa reacción e encontrei no

chan unha kodachi. Brillaba cun

resplandor extraordinario. Collina e

sentín un gran poder. Gardeina.

Logo de derribar a case tódolos

guerreiros os restantes rendéronse.

Volvemos coa cabeza alta, pois no

noso bando estabamos case todos.

Nas seguintes semanas só me

concentrei na kodachi. Un día

decidín levarlla a Oroshi, posto que

era o que se ocupaba diso. Era un

dos mellores samurais que coñecín

na miña vida. O seu nome era

coñecido e temido por tódolos clans.

Agás o da Serpe. Para eles non

Page 15: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 13

existía o medo. Nuns días

devolveume a kodachi e díxome

“Kenshin, esta kodachi está

imbuída con antigos poderes. É

imposible saber se son benignos ou

malignos, así que eu no teu lugar

desfaríame dela.”

Pensei que sería o mellor, pero

non podía. Algo impedíamo. Agora

concentrábame aínda máis na

kodachi. Xa non durmía nin me

adestraba. Nunha das moitas noites

que pasei en vilo saín a pasear polo

pobo. Era unha noite espléndida. A

lúa, branca e maxestosa, erguíase

alto, moi alto no ceo. Sorrín por

primeira vez dende había moitos

anos. Entón, preto do dojo, vin a

dous ninjas subindo polo tellado

dunha casa. Prepareime para

realizalo ataque Komunerasabe.

Cabeza baixa, man dereita na

katana.

Entón acordeime da kodachi e

agarreina coa esquerda. Prepareime

para saltar no tellado e, de súpeto,

sentín unha punzada no costado. E

tamén sentín correr o sangue pola

perna. Un berro saíume de dentro.

Con todo o alboroto o pobo espertou do

sono.

As mulleres e os nenos berraban.

Os homes colleron as armas. Caín ó

chan inconsciente. Non sei canto

tempo pasou dende que caín ata que

espertei, pero creo que non moito.

Busquei a ferida para intentar deter

a hemorraxia, pero alí non había

nada. Nin unha marca. Nada.

Erguinme e loitei. Empreguei a

kodachi, pero observei con horror que

cando a cravei no inimigo o fixo

Page 16: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 14

retorcer de tal maneira que

semellaba de goma. Algo azul

recorreu a arma. Enfundeina.

Repelemos o ataque, pero moitas

persoas morreron.

Ese día puiden durmir. Pero pola

noite escoitei algo. Busquei ó que

provocaba o ruído. Era a kodachi.

Collina. Tiña unha cor azulada.

Acerqueina á orella. Escoitábase un

berro lonxano. Era como o berro da

propia Morte. Comenteillo a Oroshi.

Insistiu en desfacerse dela. Canto

antes. Pero agora dependía máis

dela. Provocábame un terror

profundo, pero iso era o que facía

que non puidera desfacerme dela.

Cando llo dixen a Oroshi enfadouse.

Funme para a miña casa. Ó día

seguinte o pobo amenceu con terror.

Oroshi fora asasinado brutalmente.

Algunhas partes do seu corpo

estaban unidas ó corpo soamente por

un tendón ou dous. Sentinme triste

e culpable. Fixeime na kodachi. Era

máis azul. Pola noite escoitei o berro

de Oroshi. Nos días seguintes os

asasinatos sucedéronse por todo o

pobo. Cada un era máis cruel có

anterior. Moi poucas persoas viron ó

asasino. Tódalas descricións eran

distintas, agás nun detalle. O

asasino levaba un kimono

totalmente vermello. A xente

comezou a chamarlle “A Chama”.

Cada día a kodachi era máis azul.

Cada noite escoitaba un berro

distinto, xunto cós que xa escoitara

antes. A historia chegou a tódalas

cidades. Algúns asasinos

intentaron imita-lo, pero todos eran

capturados nuns poucos días.Todos

tiñan medo de que “A Chama”

chegara a eles. Pero a desgracia

chegou de verdade cando o señor

Yoshitume tamén foi asasinado.

Ese día eu fora ó dojo para falar con

el do motivo polo que me expulsara

do exército. El dixo que era porque

non prestaba os servicios

necesarios.Fun ó barranco que

estaba preto de alí. Estaba

amencendo, e os berros da muller do

mestre Yoshitume alertaron ó pobo.

Page 17: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 15

O meu kimono vermello ondeaba ó vento. A kodachi xa era totalmente azul, agora cunhas pingas vermellas do sangue recente. Os berros da arma eran xa os de medio pobo. Os que sobreviviran xa non tiñan que temer: A Chama marchaba cara unha cidade coa xente suficiente para saciar de sangue a súa kodachi. O seu obxectivo era Xapón enteiro.” Esta é a miña historia, e ti serás a seguinte víctima. Engadirás un eslavón á miña historia. Deberías sentirte honrado.

Page 18: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 16

herbolario Nuria Sánchez Pena

AS NOSAS PLANTAS

CEBOLIÑO: Pertence á familia da cebola e do allo. É unha planta moi popular tanto polo seu uso culinario como polas súas propiedades curativas.

A variedade máis coñecida é Allium Schoenoprasum, que se emprega moito en cociña e o seu sabor semella ó de unha cebola suave.

Usos:

- Culinario: Espolvorear as flores e follas picadas en ensaladas e potaxes en xeral. É delicioso para elaborar manteigas compostas e cremas de queixo.

- Medicinal: Tanto as follas como as flores frescas teñen propiedades lixeiramente dixestivas.

- Doméstico: En infusión, sirve para rocia-las plantas do xardín como insecticida para os pulgóns.

TOMELO: É unha planta moi

pequena e moi aromática con tendencia a medrar como arbusto.

Usos: - Culinario: Utilizar as follas

frescas para sazoar salsas ó viño branco, caldos, sopas... e preparar platos de peixe e marisco.

- Medicinal: As súas follas en infusión teñen propiedades dixestivas. Combinado con mel, alivia a dor de gorxa e as infeccións das vías respiratorias. É beneficioso para a

asma, catarros e bronquites, pero é convinte non tomalo máis de tres semanas seguidas.

- Doméstico: O seu aceite

mesturado con alcool rocíase sobre papel ou flores prensadas secas para aromatizalos.

- É un eficaz antimofo e como desinfectante utilízase mesturado con auga fervendo.

PIRIXEL: É orixinario do sur de Europa. Introducido polos romanos obtivo unha gran popularidade como herba culinaria. As súas follas son ricas en vitaminas A e C, minerais e ferro.

Usos: - Culinarios:

Engadir ás ensaladas. Picado, é un ingredinte sabroso en potaxes e preparacións a base de ovos, peixe e patacas.

- Medicinal: Unha infusión de follas de pirixel facilita a dixestión. É eficaz para as persoas que sofren de retención de líquidos.

Page 19: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 17

LOUREIRO: Máis que unha planta

é unha árbore. Emprégase para sazoar doces e pratos principais.

Usos: - Culinario: Empregar en sopas e

salsas. Como guarnición engádeselle unha folla a caldos etc. Retirar antes de servir.

Tamén serve para conservar o arroz seco.

Engadir a unha infusión de leite para perfumar as natillas e outros postres.

- Medicinal: As súas follas en infusión favorécena.

É bo para a eliminación da caspa. - Cosmético: Como infusión,

mezclala coa auga do baño para tonifica-la pel e aliviar as dores musculares

- Decorativo. - Doméstico: Colgar as súas

ramas para perfumar o ambiente.

LAVANDA: É unha planta moi apreciada polo seu perfume, polo prateado do seu follaxe e as súas delicadas flores.

Cecais foron os romanos quen a introduciron en Europa.

Desde sempre, emprégase para espantar insectos e polo seu perfume.

Hai 300 anos, a lavanda xa se utilizaba contra a dor de cabeza.

Usos: - Doméstico: Espanta ós

insectos. Débese plantar preto das fiestras.

- Medicinal: Preparar unha infusión suave para combatir a

dor de cabeza e reducir a tension arterial. Engadir unhas gotas do seu aceite á auga do baño se se dá o caso anteriormente nomeado, ou dores musculares.

É moi boa contra as picaduras dun insecto.

- Culinario: Pódense cristalizar as flores e decorar posteriormente con elas pasteis e outros postres. As flores frescas poden engadirse a unha compota ou xelado.

- Ornamental: Utilizar en adornos florais.

ROMEU: O cheiro desta herba identifícase inmediatamente.

É unha planta moi popular, tanto na menciña coma na cociña. Empléase para sazoar asados de carne, año e porco.

Usos: - Culinario: As follas frescas ou

secas, para sazoar pratos de carne.

É agradable en maceracións de aceite e vinagre. Fresco é delicioso en ensalada. As pólas queimadas dan sabor á carne

- Medicinal: Ten propiedades tónicas moi interesantes: favorece a circulación e é un remedio contra o endurecemento arterial. En infusión, tres veces ó día, é eficaz para as depresións leves e en dores de cabeza.

- Cosmético: Utilice o seu aceite esencial para elaborar auga de colonia e as súas follas frescas ou secas, para inhalacións que servirán para estimula-la circulación sanguínea facial.

En infusión aclara o cabelo. - Ornamental: Para a elaboración de

guirlandas.

Page 20: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 18

- Doméstico: As polas frescas perfuman o ambiente e espantan ós insectos.

VALERIANA: A planta verdadeira

é unha das máis populares e potentes para o tratamento do sistema nervioso: tanto en dores de tipo crónico como nas graves, cando se precise un efecto relaxante.

Foi moi utilizada durante a

Primeira Guerra Mundial para trata-los afectados polos bombardeos.

Usos: - Doméstico: Colocando unha

raíz nunha ratoeira como cebo atrae ós gatos e as miñocas.

- Medicinal: Tomar en infusión para aliviar as dores menstruais ou calmar os

nervios. Pode utilizarse en tratamentos de insomnio durante cortos períodos de tempo; carece de efectos secundarios anque se mezclen con alcohol.

- Cosmético: Engadir unha infusión de valeriana á auga do baño para que esta seña relaxante. Tamén sirve para tratar o acné facial, irritacións da pel e casos de ecema.

ASUBIOTE: É orixinaria da India e

cultívase na Europa mediterránea fai tempo. É unha herba moi utilizada na cociña e ten un delicioso sabor cando se agrega ó tomate, allo e berenxenas.

É rica en vitaminas A y C, calcio e ferro.

É moi popular entre as bailaríns e os atletas polas súas propiedades beneficiosas para a musculatura.

Usos: - Culinario: Por regra xeral, o

asubiote debería cortarse cos dedos en lugar de utilizar un coitelo.

Engade un delicioso sabor nas ensaladas e é un ingrediente esencial en moitas salsas.

- Unha infusión cunha culler sopeira de follas de asubiote por taza de auga fervendo alivia resfriados, gripe, catarro e afeccións dixestivas.

- Doméstico: As plantas de asubiote fresco aplicado sobre a picadura dun insecto calmará a irritación.

Page 21: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 19

© Laura Abeledo Lameiro

Page 22: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 20

Cómic Iván Mouronte Barreiro

Page 23: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 21

HEAVY METAL Anxo Vizcaíno López

Según moita xente, actualmente o

panorama de heavy-metal en España está empeorando bastante con respecto ós anos pasados. Guitarras en moitas ocasións salvadas pola excesiva distorsión, letras repetitivas sobre “deuses do metal”, “libertade sen fin” ou “dragóns e mazmorras” entre outros moitos tópicos e “voces de falsete” sucédense nas composicións dos novos grupos españois deste estilo, considerado o de máis virtuosismo despois da música clásica. Falamos de bandas como Red Wine ou Northwind, entre outros. Pero non só hay que falar de

decadencia. Tamén se debe falar doutros grupos que realmente merecen ser mencionados, como Saratoga que, a pesar do seu fracaso no extranxeiro, seguen a grabar discos cada un mellor có anterior, cousa realmente difícil dado o seu increíble nivel tanto técnico coma compositivo. Desta banda cabe destacar os dous últimos discos: “Agotarás” e “El Clan de la Lucha”, entre os que aínda non está claro cal deles é o mellor. Saratoga combina unha guitarra limpa e rápida, unha batería demoledora e un excelente baixo, cunha increíble voz da que se di que é a mellor de toda España, cuns agudos poucas veces escoitados.

Trashnos é outro dos grupos dos que cómpre falar. A banda, natural de Miño, está logrando pouco a pouco facerse un oco entre os grandes, sobre todo co seu último redondo: “Alén”. O grupo non se basa en grandes solos de guitarra ni de batería para facer que as súas excelentes cancións sexan cada vez máis coñecidas en toda España, e iso, unido ó feito de ter empezado sen as facilidades que se lles deron a outras bandas, dálles aínda máis mérito ós componentes da banda. O que si sobresae neste grupo é o cantante, cunha voz increíble que podería chegar incluso a facer sombra a grandes coma Leo (cantante de Saratoga).

Existen outros grupos dos que se teñen diversas opinións. Tierra Santa, por exemplo, do que se dí tanto que é un grupo boísimo coma que é unha banda penosa. A pesar de todo, o que é certo é que no seu tempo foi a banda de heavy español de máis éxito internacional. Algo parecido sucede con Mägo de Oz, sen dúbida o grupo deste estilo máis escoitado en España. Deste grupo renega moita xente na actualidade, xa que o feito de saír nos “40 Principales” e outros medios deulles a fama de “vendidos” que perdura hoxe.

Page 24: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 22

Expedientes “x” Natalia Sánchez Maseda

Os zombis existen e non é unha parida

En pleno Caribe, entre

tópicas palmeiras e praias de

augas cálidas existe un país

símbolo da maxia e o misterio.

Compartindo a illa A Española

atopámonos coa República

Dominicana, e Haití, o país dos

zombies, o vudú e a maxia. Si, non

é un mito no que se basearon

libros e películas, por moito que

custe crelo, é real, e arrepiante.

Non se sabe con certeza quen

goberna en Haití, pero coñécese o

feito de que cando a comunidade de

haitianos é víctima de asasinatos

e delitos graves, o laku soe

encargarse deles... O laku ou

mosteiro vudú reúne ao tribunal.

Este sentencia ao criminal, que

non soe estar presente. Deciden a

pena e se é converti-lo nun zombi

ocorre isto: primeiro fan chamar a

un hungan, é o sacerdote, (se é

unha muller chámaselle manbo)

traballa cunha man (tanto os

hungan como as manbo) o cal

significa que son practicantes da

maxia branca, e a un verdugo.

Durante semanas, o hungan e o

verdugo atópanse no cemiterio, a

pé da tumba do barón Samedi, o

gardián dos mortos (que

corresponde á primera tumba que

foi profanada en calquera

cemiterio), alí elabórase o polvo

zombi, os compoñentes do cal só

coñecen os altos xerarcas do vudú.

Rematado o polvo entra en acción o

verdugo, este observa a súa

víctima, o suposto culpable, e

decidirá o momento e lugar no que

soprará o polvo á víctima, de tal

xeito que a víctima o aspirará e

ós poucos días morrerá de forma

natural para todo o mundo,

familiares, amigos e incluso

médicos; pero non está morta..

Atópase nun profundo estado de

catalepsia, casi imposible de

detectar. Ás 18 horas da súa

suposta morte será rescatada y

reanimada polo hungan, e este

levarao ante o laku. E entonces

decidirase o seu destino final,

soen ir a traballar ao campo ou

de criados según sexa o seu estado

de lucidez. Agora analicemos isto,

ao mellor é preferible isto a

mete-los no cárcere e que saían

aos poucos anos ou incluso meses,

ou que nin siquera entren, non?

Pero hai un problema, que é polo

cal a xente anda tan amedrentada.

O hungan, o practicante da maxia

branca, unha vez coñecedor dos

secretos do polvo zombi pode

cambiar de camiño e convertirse

Page 25: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 23

nun bokor. Que non xuzgan as suas

víctimas, zombifican por diñeiro,

e alí está o problema, cantas

venganzas se terán levado a cabo?

Cantas persoas inocentes perderían

a súa identidade, non a vida, pero

case? Quen sabe... É por isto

polo que cando alguén morre de

forma natural, o seu cadáver ou

suposto, córtanlle a cabeza, ou

inxectanlle estricnina (un

veleno).

Pero, como chegamos a saber todo

isto? Todo comezou grazas á obra

do antropólogo, etnobotánico e

biólogo da Universidade de

Harvard, Wade Davis; o cal creou:

“El Enigma Zombie”, obra que deu a

Davis o seu doctorado, e inspirou

a película “La Serpiente” e “O

Arco iris”. Esta obra narra as

investigacións que fixo en Haití,

en torno aos lendarios zombies; os

"mortos vivintes". Wade Davis

comenzou a sua investigación sobre

os zombies en abril do 1982, e

prolongouse durante varios anos

coa axuda do Social Science and

Humanities Research Council of

Canada, a International

Psychiatric Research Foundation, a

Wenner-Gren Foundation for

Anthropological Research e a

National Science Foundation. A

pesar de que a maioría dos

científicos, incluindo os médicos

haitianos, que trataban o mito dos

"mortos vivintes", como "tonterías

de negros", "supercherías", "mitos

populares", etc.; e de que incluso

chegaron a aparecer certificados

médicos de defuncións e os

supostos defuntos por aí

camiñando, a ninguén se lle

ocorreu antes que a Davis estudiar

este fenómeno dende un punto de

vista científico e non relixioso.

Foi este e os seus patrocinadores

os que souberon atisbar unha

realidade de grande interese

científico ocultada polo velo do

misterio e a superstición.

Voltando ao tema dos certificados

de defuncións, existen dous casos

coñecidos dos cales non só

existían os historiais clínicos e

certificados de defunción se non

que incluso se puido falar cun

deles, é o caso de: Clarvius

Narcisse. No caso Ti Femme, temos

constancia de que a nai foi quen a

recoñeceu.

• Clarvius Narcisse morreu no

1962. Tras unha sintomatoloxía

crecente, Narcisse ingresou no

hospital haitiano Albert

Schweitzer, en Gonaives, un

martes. Tiña nauseas, mareos,

Page 26: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 24

tos e respiraba con

dificultade. O día seguinte

entrou en agonía e pouco

despois morreu. O seu

certificado de defunción está

firmado por tres médicos de

dito hospital. O cadáver de

Narcisse foi enterrado e, co

tempo, esquecido. Sen embargo,

no 1980, 18 anos despois de

morrer, Clarvius Narcisse

apareceu na sua antiga casa.

Excepcionalmente, para os casos de

zombies, Narcisse conservaba unha

certa lucidez e a capacidade de

expresarse, e puido explicar como

estivo consciente durante todo o

tempo que durou a súa morte e

enterro. Escoitou aos médicos

certifica-la súa defunción. Sentiu

a sábana caendo sobre su cara ao

considera-lo cadáver. Oiu a súa

irmá chorar sobre o seu ataúde.

Incluso conservaba unha ferida na

cara provocada por un clavo que

atravesou a tapa do féretro

rasgando o seu rostro. E despois

o terrible silencio e a

escuridade do cemiterio. Despois,

segundo contaba Narcisse, escoitou

a voz do bokor pronunciando o seu

nome. Foi desenterrado e

salvaxemente golpeado, e despois

conducido a unha plantación en

Ravine-Trompette, no outro extremo

do país. Tra-la morte do seu amo,

tódolos zombies escaparon vagando

sen rumbo pola illa. Este é o caso

dunha víctima relativamente

inocente pois foi un bokor e non

un hungan, o máis seguro é que

fora un non moi experto de alí a

lucidez de Clarvius, normalmente

non é así...

• O caso de Francina Illeus

(coñecida polo apodo de Ti

Femme) era similar. Aqueixada

de serios trastornos dixestivos

foi ingresada no Hospital Saint

Michel de l'Attalaye. Uns días

despois de recibir a alta, o 23

de febreiro do 1976, falecía na

súa casa, sendo expedido o

certificado de defunción con

esa data. Anos despois a súa

propia nai recoñeceuna, por

unha marca de nacemento que

tiña na sien. A conmoción de

esa reaparición motivou que se

exhumase o cadáver para

intentar resolve-lo misterio. O

ataúd estaba cheo de pedras. E

a Ti Femme non a volveron ver.

Evidentemente estes casos de

zombificación, avalados por un

historial clínico e certificados

de defunción oficiais resultan un

chisco incómodos para a medicina.

A única xustificación racional, é

que os médicos que certificaron a

morte de zombies son un grupo de

incompetentes, ou ben que os

supostos zombies son uns farsantes

que suplantaron a identidade de

persoas falecidas. Por que a

terceira posibilidade é

totalmente irracional, algo que

desafía seriamente á ciencia:

Page 27: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 25

que a bruxería permitise matar a

un ser humano e despois revivi-lo

para utiliza-lo como criado é

imposible. Pois non é curioso que

a solución correcta era a máis

improbable? E foi Davis e os seus

patrocinadores os que atoparon o

secreto que agochaban as fórmulas

máxicas, os feitizos e

sortilexios vudús. Era un

excepcional anestésico capaz de

limita-las constantes vitais do

corpo producindo un profundo

estado de catalepsia, imposible de

recoñecer por ningún médico, e un

antídoto que permitise "revivir"

ao "morto" da súa tumba,

provocándolle ademáis unha amnesia

permanente e un estado

alucinatorio constante, que o

convertise nun dócil, sumiso e

obediente escravo de a saber quen,

non eran parvos nin nada. O polvo

zombie contén extractos de

plantas, ósos humanos (cráneos,

por exemplo), tarántulas, sapos

velenosos, gusanos e outros

ingredientes non menos

pintorescos, pero o principal

elemento é a tetradotoxina

contida no pez-globo.

A tetradotoxina é o veleno

de orixe animal máis potente que

existe. Coñecido xa no Xapón, o

pez-globo é un exquisito manxar

que os cociñeiros nipóns

consideran un auténtico plato de

luxo. Pero precisamente a

mortífera toxicidade dos ovarios

das femias, que só un chef experto

sabe identificar, provocou

numerosos casos de morte por

envelenamento nos restaurantes

xaponeses. A precisión coa que os

practicantes do vudú empregan este

perigoso veleno, xunto co centear

de ingredientes que compoñen o

polvo zombie resulta asombrosa. Ao

igual que o seus efectos tanto nas

víctimas como na poboación: xente

asustada e tumbas profanadas das

cales raptaron aos seus ocupantes

sen intención algunha de

devolverlles a vida e a

liberdade robada. É moi posible

que entre as plantacións de caña

ou bananas se poida observar a

algún home de aspecto descoidado e

mirada perdida que traballa sen

descanso e se cadra, ese mismo

home sexa un zombi.

Page 28: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 26

© Laura Abeledo Lameiro

Page 29: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 27

Fútbol sala Adrián Bouso Parga. Maitane Fernández Núñez

O AZKAR LUGO

O Prone foi fundado en 1984 por un grupo de traballadores dun taller, que pouco a pouco foron gañando trofeos, ligas, ata chegar á División de Prata. Alcanzaron o soño de chegar á División de Honor, pero a ilusión destrozouse nun polémico partido contra o F.C.Barcelona; na seguinte tempada conseguiron de novo o éxito, e con moito esforzo, dedicación e sufrimento mantivéronse e foron consolidando pouco a pouco un moi bo equipo, que demostrou ser un equipo revelación que sabe plantarlle cara ós máis grandes. O Prone, patrocinado pola empresa Azkar, conta con grandes xogadores, e algo moi importante: a afección, que sofre con eles, grita por eles e non aminora ante os grandes

equipos. Esta afección demostrou ter unha gran deportividade, honestidade, e sobre todo moito respecto por este deporte. Os seguidores do Azkar Lugo demostraron esta tempada 2004-2005 a gran admiración polo seu equipo, seguíndoos a onde foran sen importarlles nin as horas de viaxe nin o resultado do partido, destaca o caso da Copa del Rey

en Pamplona, onde foron un xogador máis, e aínda que a copa non veu para Lugo, festexouse o gran papel realizado tanto polo equipo como pola afección, que aínda que non teñen trofeo de mellor afección, si teñen o orgullo de saber que son unha afección admirada e un gran apoio para o equipo.

Nestes momentos o Azkar pasa un mal momento debido a uns partidos perdidos de maneira consecutiva, pero tanto eles como a afección teñen a esperanza de saír adiante. As escolas deportivas de Fútbol Sala Prone están a realizar un papel moi importante no mundo futbolístico, xa que dan esa oportunidade que tantas persoas queren dedicarse ó

fútbol de forma

profesional. Cabe recordar algúns antigos

canteiros como Diego,

Carlitos, Miguilla... que

puideron desfrutar de eses minutos que tanto

desexaron na pista, e agora David Silva e Diego Habeiras son as novas promesas polas que aposta o equipo. Con este equipo e o Barcelo Euro Puebla, o fútbol sala lucense queda elevado a un alto nivel. ¡¡FORZA PRONE!! ¡¡FORZA LUGO!!

Page 30: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 28

Entrevista

E para ter un punto de vista diferente que opinase, contamos coa participación de Fernandinho, que moi amable aceptou respondernos a unha serie de cuestións: P:¿Cándo comezaches a xogar? R: Máis ou menos ós 8 anos P: ¿en que outros equipos xogaches? R: San Paulo, Barueri, Ulbra... P: ¿Algún xogador que admires ou que che servira de exemplo? R: Mmmm...Lenisio, Vander Jacovino, pero este xa non xoga... P: ¿Porqué pensas que na televisión dedican máis tempo ó fútbol campo que ó fútbol sala? R: Bueno, o fútbol ten máis afeccionados, a moitas persoas gústalles o basket, por exemplo, e aínda así teñen un equipo predilecto de fútbol campo, iso non pasa co fútbol sala. P: ¿Como pensas que acabará o equipo a liga? R: Oxalá en play offs. Estamos pelexando todo o que podemos para conseguilo. P: ¿Que che levou a aceptar entrar neste equipo? R: Os amigos brasileiros que teño no equipo (Gustavo) P: Na copa tivestes un papel moi destacado ¿algo que vos motivara en especial? R: Non, nós, ninguén creu en nós, xogamos ben para demostrar que o Azkar é un bo equipo P: ¿Que che parece a afección lucense? R: Moi boa, unha das mellores se non a mellor P: Cando estades na pista, ¿axúdavos o seu apoio? R: Moito, ademais gústame moito cando berran o meu nome, axúdame a coller forzas e facelo o mellor posible...

Page 31: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 29

baloncesto Nuria Sánchez Pena Laura Álvarez Rodríguez

¡¡¡¡¡Ola de novo, un ano máis estamos aquí para

falarvos do Leite Río Breogán no seu mellor momento da tempada e cun balance de 11 victorias e 16 derrotas.

Empezabamos o ano cunha plantilla maioritariamente

formada por novos xogadores, e aínda que estes a nivel individual posuían unha gran

calidade, o xogo en equipo deixaba moito que desexar, xa que procedían de distintos

equipos e nunca antes xogaran xuntos. Por riba, o corpo directivo intentou vender unha

imaxe esaxerada das facultades destes xogadores, marcando como obxectivos doados de

conseguir a participación do Leite Río Breogán nos Play-offs e na Copa do Rei.

A primeira volta foi todo un pesadelo. A afección estaba desgustada e sentíase

enganada, xa que os resultados que se estaban a producir eran desastrosos, só cinco

victorias en dezasete xornadas. O descenso víase preto, xa que nalgunhas xornadas

ocupou os últimos postos.

Por sorte na segunda volta todo foi a mellor, o número de victorias aumentou e o xogo

en equipo mellorou. Todo iso foi posible gracias á labor desempeñada por Charlie Bell,

actual máximo anotador da Liga ACB e mellor xogador do mes por tres veces

consecutivas.

Nestas últimas xornadas matematicamente a posibilidade de entrar nos Play-Offs

estaba aí pero a derrota contra o Gran Canaria acabou con esta aspiración.

So dicir que esperamos que a tempada seguinte sexa mellor e que sobre todo

mostremos un bo nivel de xogo ante os outros equipos.

Page 32: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 30

CHARLIE BELL

Charlie Bell, o escolta estadounidense do Leite Río Breogán é toda unha estrela, e aínda esta palabra non é suficiente para designa-la labor deste xogador. Xornada tras xornada deixa abraiados ós afeccionados co seu dominio do xogo, o excelente traballo defensivo e a súa facilidade anotadora. Estas xa eran coñecidas antes da súa chegada ó equipo, converténdose na tempada pasada no máximo

anotador da Liga Italiana co Mabo Livorno (con 868 puntos, 25.5 por partido). Este ano non quixo ser menos e conseguiu ser máximo anotador da liga ACB ó acadar os 41 puntos que o levaron a 43 de valoración. Pero este non foi o seu único logro, Bell durante tres xornadas consecutivas foi considerado “mellor xogador do mes”. Ademais, o xogador de Flint é xa o máis valorado da competición, por diante de Lou Roe. Ó final da primeira

volta Bell era decimoterceiro en valoración, con 276 puntos, moi lonxe do líder, Roe, que xa acumulaba 438 puntos. Nas últimas nove xornadas o breoganísta sumou 287 puntos de valoración por 164 do ala-pívot do Caixa San Fernando.

En definitiva Charlie Bell é, sen dúbida, o xogador de moda no baloncesto español. Os afeccionados do Breogán pregúntanse se hai algunha posibilidade de que poida seguir en Lugo na próxima tempada e a resposta do presidente (Jesús Lence) e o entrenador (Moncho López) é que realizarán un gran esforzo por conservalo un ano máis, xa que se considera imprescindible. O propio xogador,que afirma encontrarse moi a gusto no equipo e na cidade, non ten decidido o que vai facer ó remate da tempada, pero é honesto e admite que a súa primeira opción e xogar na NBA.

Pola nosa parte seguiremos apoiando ó Breogán e particularmente a este grandioso xogador, xa que pasarán moitos anos antes de que por Lugo e pola Liga ACB pase un xogador da categoría de CHARLIE BELL.

Page 33: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 31

Unha nova época na NBA Pablo Ouro Barba Esta tempada na mellor liga de baloncesto pode marcar unha nova época. O

dominio amarelo pasará a ser morado na conferencia oeste, liderada polos Phoenix

Suns; e de cor vermello na este, liderada polo pívot máis decisivo da liga, Shaquille

O’Neal.

Los Ángeles Lakers. Os Lakers pasaron de ser o claro favorito para o

anel do ano pasado, a ser un equipo novo con só unha

estrela, Kobe Bryant, da época de Phil Jackson, é dicir, da

época na gañaron tres títulos consecutivos, 1998, 1999 e

2000. Daquela o seu dúo dinámico formado por K. Bryant

y S. O’Neal, convertiuse nun dos dez mellores dúos da

historia, como por exemplo, Magic Johnson e Kareem Abdul-Jabbar;eran o

pesadelo de todos. Pero este ano, coa marcha de O’Neal, P. Jackson e os seus dos

fichaxes estrela da anterior tempada, Karl Malone e máis o base Gary Payton, provocou

a maior crise do equipo onde todo xogador quere xogar, sobre todo pola historia do

mesmo, e a súa actual loita e para estar nos play-offs.

Pero nada dura para sempre, polo tanto este equipo volverá a ser histórico, por

boas fichaxes ou por xogadores procedentes da universidade ou estranxeiro.

Phoenix Suns. O equipo de moda. Pódese dicir que este equipo da cidade de Phoenix, é un dos claros

dominadores da conferencia oeste, xunto cos San Antonio Spurs. Este

equipo é todo o contrario ós anteriormente

mencionados Lakers. O ano pasado, era un equipo

normal, sen destacar moito. Pero este ano ficharon a un

dos mellores bases puros da historia, Steve Nash, procedente dos

Dallas. Nash é o mellor pasador que hai na actualidade. O seu

recente título no Playstation Challenge do recente all-star demóstrao. Este xogador é o

factor que necesitou a franquicia para ser unha das mellores sen dúbida algunha. O seu

pívot Stoudemire, está a promediar uns 26 puntos e 8.5 rebotes por partido, logrando en

Page 34: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 32

máis de cinco partidos unha puntuación maior a 40 puntos e inclusive logrou 50 contra

Portland. Outro xogador que axuda moito na pintura é o ala Shawn Marion,

promediando 19 puntos e 11 rebotes, é un factor máis neste equipo de maxia. Pero

ademais dunha boa zona, ten ó gañador actual do concurso de triples da NBA, Quentin

Richarson e ó escolta Joe Johnson, tamén participante do concurso de triples.

En conclusión, o quinteto “Suns” é un dos mellores, promediando 92 puntos por

partido. Que non nos estrañe se vemos a este equipo gañar o anel ou polo menos na

final.

Miami Heat. A flota do este. Miami é indudablemente unha das cidades máis ricas no ámbito baloncestístico.

Este ano pode ser o ideal para dar o salto cara o triunfo. Dous dos

artífices desta “explosión” son Dwane Wade e o ex-Laker

O’Neal. Este último xa formou un dos 10 mellores dúos na historia

da NBA, pero con case total seguridade que formará o mellor

da presente década co base Wade. O pívot máis decisivo da liga e o

“base dinamita” aportan 45 puntos, 10 asistencias e 15 rebotes, para que o seu equipo

logre alcanzar o título. O seu último fichaxe, Alonzo Mourning, aporta a cerradura á

zona máis grande da liga.

All-star 2005, Denver. O fin de semana das estrelas da NBA, celebrado en Denver, Colorado, tivo un

color dominante, o laranxa. Os xa mencionados

anteriormente Suns, gañaron tres dos catros, o de bases, tiro e

triples. E no restante, Stoudamire, quedou segundo por detrás

de J.Smith. No partido das estrelas, entre o “east” e o “west”,

houbo pouco espectáculo respecto a outros anos. Pero para os

frickies o mellor espectáculo do mundo. Allen Iverson, o escolta de Philadelphia,

levouse o trofeo de MVP para a casa, despois de unha gran actuación tanto en ataque

como defensa.

I love this game!!

Page 35: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 33

UN MUNDO COMPARTIDO Violeta Núñez Martínez

Cada ano, o día oito de marzo, celébrase o dia da muller, data na que se levan a cabo numerosos actos para reivindicar os dereitos das mulleres e tratar de facerlles unha pequena homenaxe. Pero non pasa de aí.

A muller, dende sempre foi considerada o sexo débil, o máis fráxil e o menos capacitado tanto física como psíquicamente. Por suposto, a maioría da xente non declara isto abertamente, senón que só é unha opinión que cren certa. Aparentemente parece que as cousas cambiaron, pero na realidade, e na práctica, non é así. A muller traballa as mesmas horas que os homes e incluso a veces máis, pero en moitos casos, recibe un soldo menor. E por riba debe ocuparse das tarefas domésticas e dos nenos. Porque, que un día sexa o home o que lave a louza non significa que comparta as tarefas da casa, ó contrario, parece que che está facendo un favor. E ás veces, somos nós mesmas as que tratamos de xustificalos dicindo que veñen cansos do traballo, sen reparar en que nós tamén temos un emprego fóra do fogar e que temos o mesmo dereito a estar cansas e poder descansar.

Tamén hai que ter en conta que, por desgracia, ainda existen moitos traballos aos que unha muller non pode nin soñar acceder. Exemplos?

Presidenta do goberno. Aquí, en España nunca houbo unha muller ao cargo deste posto, nen sequera unha candidata. Ben é certo que agora hai mulleres na política, pero segue a parecernos raro.

Futbolista: Ben, todos sabemos que hai mulleres futbolistas, pero alguén imaxina un partido televisado no que se disputen a copa equipos mixtos? Sendo relistas, penso que terá que pasar moito tempo ata que poidamos ver unha imaxe parecida.

Claro que tamén existen postos de traballo considerados especificos para a muller: empregada de fogar, caixeira do supermercado, señora da limpeza…

Outro dos problemas é que hai oficios coma albanel, fontaneiro, carpinteiro etc, aos que muller, a pesar de ter aptitudes, cóstalle moito acceder, posto que pouca xente quere contratalas.

Entón, cal é a conclusión final? Loitar pola igualdade de sexos, non polo feminismo, nin polo machismo, por suposto. Cando alguén defende os dereitos da muller, enseguida é tachado de feminista. Non, as cousas non deben ser así. Non hai un sexo superior nen un inferior, simplemente dous seres distintos que, o un sen o outro, non valerían de nada. Temos que loitar para que, a partir de agora non sexa preciso celebrar un día específico para a muller e que as novas xeracións reciban unha educación non sexista, porque aí, na educación, é onde comeza todo.

Page 36: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 34

Os compañeiros que se van

Page 37: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 35

Test

Lorena Boquete Vilariño Mª Jesús Abeledo Lameiro

Responde a estas poucas cuestións e apunta os símbolos que aparecen ó lado da

opción que mellor che acaia.

1. Que cor prefires para vestir habitualmente?

a) Rosa.

b) Calquera fosforito.

c) Calquera escuro.

d) Negro.

e) Calquera, mentres teña unha sudadeira floxa...

2. Que grupos adoitas escoitar?

a) Calquera de OT

b) Green Day, Blink 182...

c) Metallica.

d) Marylin Manson.

e) Evanescence.

f) Dance, Techno...

g) Nach, VKR, Doble V...

3. Que fas no teu tempo libre?

a) Saír de compras

b) Xogar a rol, Warhammer, Magic...

c) Ir a cibers.

d) Bailar breakdance...

4. Cando saes, por onde o fas?

a) Discotecas

b) Pubs estilo La Playa.

c) Cervecerías, bares...

d) Garitos tipo Inferno, Garçon...

e) É igual, mentres as copas sexan baratas...

5. Que tipos de libros adoitas ler?

a) Novelas románticas

b) Literatura fantástica

Page 38: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 36

c) Adaptacións de series e películas tipo Embrujadas, Las Gemelas de

Sweet Valley...

d) Libros de misterio, terror...

e) Non leo, para algo está o cine.

6. Que película prefirirías?

a) Señor dos Aneis

b) Matrix

c) El Cuervo

d) Titanic

e) El silencio de los corderos

f) Scary Movie

g) 8 Millas

7. Se puideras elixir, quen serías?

a) Unha actriz ou actor famoso

b) Non te cambiarías por ninguén.

c) Cantante de OT

d) Unha estrela do rock

e) Cantante de rap famoso

8. Para unha noite, que refires?

a) Facer botellón.

b) Saír de pubs cos amigos

c) Ir ó cine (só ou acompañado)

d) Ir a un concerto de pop.

e) Ir a un concerto de metal.

9. Se puideras, resucitarías a...

a) Kurt Cobain.

b) Brandon Lee( El Cuervo)

c) John Lennon (The Beatles)

d) A nai de Bambi

e) Bob Marley

10. Elixe un complemento:

Rapazas:

a) Bolso de Pucca.

b) Colar de pinchos.

Page 39: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 37

c) Aneis grandes de cores vivas.

d) Calquera cousa que teña imperdibles.

e) Pendentes de aro.

Rapaces:

a) Buff(braga para o pescozo)

b) Brazalete de pinchos

c) Gorra

d) Pañuelo para o pelo.

e) Calquera cousa que teña imperdibles.

Maioría de

Poperos. Son o grupo máis habitual. Gústalles seguir a moda, tanto en cuestión

de roupa como de música. Soen rexeitar un pouco ós outros grupos por

consideralos fóra da moda.

Maioría de

Bacalas. Van alí onde vai a xente. Gustan de bailar ó son de música onde se

distingue Chunda-Chunda máis que nada. As súas grandes reunións, nas discotecas.

Gana o que chame máis a atención.

Maioría de

Gótico-heavy. O que conta é ir en contra do sistema. Non se levan moi ben cos

bacalas e cos rapeiros, sobre todo. Non atoparás a un verdadeiro heavy ou gótico

vestindo de rosa xamais. Os seus heroes son os vampiros e todo aquel que consiga

arrincarlle un bo riff a unha guitarra eléctrica.

Maioría de

Punk. Ás veces non se distinguen dos heavies en aparencia, aínda que todos eses

imperdibles na roupa non pasan desapercibidos. Parece que non lles gusta demasiado a

roupa limpa...

Page 40: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 38

Maioría de

Rapero. Pantalóns debaixo de onde a espalda perde o seu nome, andares que

non pasan desapercibidos e chulería, moita chulería. Saben levar o ritmo e a maioría son

capaces de rimar incluso un bó insulto.

Se tés dúas opcións empatadas, tranquilo, es inclasificable, case se pode dicir que

“normal”.

Se tes tres empatadas, tes un problema de personalidade!

Se tes catro empatadas non te aclaras nin ti.

Se tes cinco ou máis empatadas, ou liches mal ou mentiches, así que volve face-lo test!

Historia dun diario Sara Pérez Cruz

Martes, 18 de Xullo de 1830 Levo xa dous días no “Deep Heaven”, e aínda faltarán moitísimos máis ata que a travesía remate e poida chegar ao meu destino, América. John e máis eu temos pensado criar en Virxinia os supostos cativos que vaiamos ter, xa que a súa familia ten alí moitas terras. Se miro no meu interior sei que eu non desexo ter fillos con el, non estou namorada del, meus pais quixeron que casara con el porque pensan que é un bo home e me convén. Teño a esperanza de chegar a amalo, pero co paso dos días esvaécese... É tan frío... En fin, o mellor será que vaia deitarme e deixe de escribir neste diario, polo menos, por hoxe. Domingo, 23 de Xullo de 1830 Hoxe foi un día terrible... non podo crer que aínda estea viva...Non recordo cómo sucedeu (cada vez que o penso cáenme de novo as bágoas), sei que eu estaba na miña cámara peiteando o cabelo mentres que John lía un libro ao meu carón, pero sen dirixirme a palabra. Foi entón, cando John e máis eu caimos ó chan polo violento vaivén que facía o barco, John levantouse

de seguida e saiu correndo ata a cuberta, eu non sabía que facer, e fun tras del. Estabamos no medio dunha tempestade, todo o barco se avaneaba e eu estaba todo o tempo tirada polo chan mentres as enfurecidas ondas do mar salpicaban a cuberta e me arrastraban dándome golpes contra todo o que había ao meu paso. Era algo horrible, a xente caía ó mar sen poder evitalo, John axudaba ós mariñeiros no que podía, pero era imposible facer nada...De súpeto, John foi arrastrado por unha xigantesca onda e caeu do barco, pouco despois caín eu tamén,John estaba moi preto de min, estaba sen sentido, intentei subilo para a superficie xa que estaba a afundirse, agarreino por unha cadea de ouro que lle colgaba do pescozo, por desgracia quedóuseme na man mentres o seu corpo caía para non volver a subir nunca máis. A partir de entón non recordo con claridade. Sei que ao día seguinte, esperteime nunha gran praia, coas miñas vestimentas desgarradas, non recordaba nada, ata que vin a cadea dourada de John preto dunha rocha. Rompín a chorar, John era un bo home, ¡pobre John!.Non sei cánto tempo estiven

Page 41: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 39

chorando por todo o sucedido... Supoño que ata que me entrou a fame e fun buscar alimentos ata un mesto bosque que había naquela estraña illa. Ese lugar era moi estraño, había exóticas plantas que antes nunca vira, aves cheas de cores... Pero o máis estraño de todo foi que eu estaba andando por un camiño, que, desde logo, tería que ter sido construido por homes. Seguín o camiño e cheguei ata unha pequena aldea, vin a unha muller que me falaba, pedinlle comida pero estaba tan cansa que me desmaiei. Agora estou nun cuarto do que parece un pazo (pola decoración e o tamaño) cun camisón branco e cun prato de carne asada ao meu carón. Hai un rato que falei coa muller que vira ao chegar a aldea e explicoume que xa me explicarían todo mañá, dixo: -Non se preocupe por nada, mañá os señores lle contarán o sucedido ¡Coitada!. Durma ben... ¡Ah! Atopamos este libriño no seu vestido-entrégame o meu diario- Boas noites. ¡O diario!¡Intacto! Aínda que todo o escrito antes do 18 de Xullo borrouse...Pero aínda queda moito por escribir. Luns,24 de Xullo de 1830 Acabo de espertar, xa estou escribindo outra vez. Voume vestir para ...Vaia... Na mesiña de noite, hai unha nota: “Se desexa vestirse, ten roupa no armario que está a carón do estante. En canto esté lista, por favor, baixe almorzar. Asdo: James Shadow” Fixen o que ponía a nota, púxenme un elegante vestido verde e a cadea de John...Ó vela, acordeime del e decidín poñela... nunca me fixara... Tiña a figura dun cabalo galopando, e debaixo, as súas iniciais:J.A.(John Alleyn). Despois de peitearme un pouco, fun almorzar.

Son as doce en punto e eu aínda estou esperta... Por fin me aclararon o sucedido. Á mañá saíra do meu cuarto para almorzar, o certo é, que non sabía onde me atopaba nin ata onde tiña que ír... Por sorte un home moi agradable que limpaba as ventás indicoume o camiño ó comedor. Estaba no certo, isto realmente é un pazo, moi fermoso e de gran tamaño. O feito foi que cando cheguei ata o comedor, na cabeceira da mesa había dúas persoas agardando por min. Eran un home e unha muller, ámbolos dous tiñan o cabelo dun louro tan branco que case parecía prata. O home era xoven e tiña uns ollos verdes que lle daban un aspecto algo arrepiante, cando me miraba, chegaba a meterme medo; o seu louro cabelo chegáballe case ata a cintura,era moi alto e delgado e vestía de negro. Case tódolos dedos das súas mans estaban engalanados cuns aneis de prata e azabache( tiña un aspecto un tanto tétrico pero aínda así pareceume un home atractivo). A muller era moi semellante a él pero vestía de maneira distinta, leva un longo vestido vermello de felpa e a expresión do seu rostro era agradable e doce aínda que parecía estar triste. Comezamos a falar e puiden descubrir que aquel home era James Shadow, o que me deixara a nota; e a muller, era a súa irmá: Catherine Shadow (eles eran os señores do pazo). A maior parte do tempo estiven falando co señor Shadow mentres que a súa irmá só decía cousas coma “Tes toda a razón” ou “Estou dacordo”, todo dirixido ó seu irmán, por suposto. James díxome que eu estívese tranquila aquí, que me sentise coma se estivera na casa (cando dixo isto, Catherine fixo un pequeno aceno que me fixo entender que ela non me quería alí). Realmente, sentinme moi sorprendida, tratáronme moi ben ... Pero o que eu realmente desexo é regresar a casa.

Page 42: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 40

Venres, 23 de Agosto de 1830 Xa estaba chegando o momento no cal debería seguir escribindo de novo no meu diario, pero é que os días pásanseme voando... Esquéceseme ... Estou moi contenta, levo xa case dous meses aquí e síntome coma se estivese na miña casa, a verdade é que me sinto moito mellor ca na miña casa. Polo momento, non teño pensado marchar, aquí pódome comportar coma verdadeiramente son, non teño que estar gardando sempre a compostura. James é fantástico, ó principio pareceume algo estraño ata chegar ao punto de parecerme malo... Pero é moi boa persoa e trátame moi ben... Durante todos estes días estivo comigo amosándome a illa mentres dabamos longos paseos a cabalo, anque non lle gustaba pasar preto da aldea, de feito, nunca pasamos. ¡Ah! Esquecéuseme explicar algo moi importante... O pazo está moi lonxe da aldea, só hai dúas casas preto, a da familia Cook e a da familia Marlowe. A James non lle gusta a xente do pobo e gústanlle aínda menos os Cook e os Marlowe, con toda a razón. Segundo me contou James, tanto os Marlowe coma os Cook, traballaran coma criados para a familia de James había xa moito tempo, pero un conflicto que houbo cos avós de James fixo que as cousas cambiasen; os Marlowe e os Cook maltrataban ó avó de James cando aínda era un bebé pero cando os pais destes se deron conta despedíronnos de inmediato... Desde entón, moita xente da aldea está en contra da familia Shadow agás uns poucos coma a familia Reed, que son os primos de James e Catherine. James di que os Cook e os Marlowe covenceron ó pobo con moitas mentiras sobre a súa familia. Non me contou nada máis sobre este tema porque non lle gusta falar diso... É encantador, é tan diferente de John... Apenoume moitísimo a súa morte pero eu non o amaba... En fin... Co agradable que é James, así de desagradable é Catherine,

sempre criticándome, James di que non é mala persoa, pero que odia os descoñecidos. Desde logo, que paciencia debe de ter este home para aturala tódolos días, eu non podería... Sábado, 24 de setembro de 1830 Hoxe estiven na biblioteca do pazo... James tiña que rematar uns asuntos pendentes, dixo que fora á biblioteca con Catherine, pero eu non atopei a Catherine por ningunha parte, non a vin en todo o día e foi mellor así, non podería estar con ela nin por un momento, sempre coas súas indirectas desagradables... “¿ Non estarán preocupados por ti na casa? Xa é tempo de regresar “ ou “ Meu irmán non fai caso ás mulleres, a ningunha...”¡Por Deus! ¡¿Non calara-la boca?! ... En fin, o mellor é ignorala. Pasei todo o día na biblioteca e pasoume algo raro: atopei un pequeño caderno que resultou ser o diario de Anthony Shadow (o avó de James), sei que non estivo ben, pero senteime na cadeira que había no centro da inmensa biblioteca, puxen unha vela sobre a mesa e comecei a ler. A primeira páxina estaba completamente ocupada pola mesma frase: Anthony ama a Josephine. Cavilei un pouco e decateime de que a avoa de James, se non recordaba mal se chamaba Elizabeth... De súpeto, entrou James na biblioteca, deume tempo a agacha-lo libro debaixo da mesa sen que vise nada. -¿Viche-la miña irmá?-preguntoume, eu neguei coa cabeza-É que levo todo o día buscándoa... -James -interrumpín eu- ¿A túa avoa chamábase Elizabeth non si? -Si –contestou- ¿Por qué o dis? - Por nada... Deume un bico na cara e díxome que ás veces era un pouco rara... O do bico alegroume o día pero o que me dixera da súa avoa inquietábame ... Non o puiden evitar, volvín coller o diario de embaixo da

Page 43: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 41

mesa e seguín mirándoo. Poñía por tódalas partes: Josephine Cook. Mércores , 28 de setembro de 1830 Non puiden escribir antes, foron uns días de moito trafego. O feito foi que onte pola mañá, apareceu morta a filla maior dos Cook, era a maior, pero era moi noviña, tan só tiña dezasete anos... Apareceu decapitada no xardín que había entre a casa dos Cook e dos Marlowe. Foi algo arrepiante, non podo comprender como alguen foi capaz de facer unha cousa así, porque está claro que fou asasinada... James tamén o pensa, díxoo despois do enterro. -Pobre mociña, quedáballe moito por vivir- dixo James Si, pobre mociña... Catherine, non dixo nada en toda a semana e non amosou o menor interés pola morte de rapaza... Non teño nin idea de quen fixo isto, o que sei é que xa non podo durmir tranquila. Xoves, 30 de Setembro de 1830 Se onte era incapaz de conciliar o sono, hoxe aínda menos. Onte pola noite, apareceu outro cadáver, esta vez o do fillo dos Marlowe, que só tiña dezaoito anos. Apareceu decapitado, o igual ca rapaza... Agora estou moito máis asustada, os dous asasinatos cometéronse tan preto de aquí... É moi posible que o seguinte en morrer sexa James, Catherine ou eu... Isto é terrible... Non podo comprendelo... Ademais non paro de escoitar estraños sons, coma golpes na palleira do lado da casa dos Marlowe e estou pasando moito medo...Non deixo de pensar se o que vin no diario do avó de James ten algo que ver co sucedido... No souben máis dese diario, ó día seguinte de atopalo, xa non estaba no estante da biblioteca. Venres, 1 de Outubro de 1830 Onte conseguín durmir gracias a James, veu ó meu cuarto e axudoume a relaxarme, dixo que non me preocupara

por nada, pero deu me unha pistola porque dixo que el tamén estaba preocupado e que non quería que me pasara nada. Durmín ben, pero agora mesmo levo gardada a pistola porque hoxe aínda estou máis asustada que onte... Catherine desapareceu, non a vira desde o xoves pola mañá e James non sabe onde pode estar. Estamos preocupados e espavorecidos... Fun ata o cuarto de Catherine para ver se deixara algunha nota ou algo... Non había ninguna nota pero atopei algo que non vira desde algúns días atrás: o diario do avó de James... Comecei a ler de novo, tódalas páxinas estaban cheas da mesma frase: Josephine Cook... Agás a última páxina que poñía o seguinte: Josephine Cook Robert Marlowe Margaret Cook Peter Marlowe O terceiro e o cuarto nome, son os nomes dos rapaces decapitados uns días atrás... Estaban escritas cunha letra distinta á do resto do diario que supuxen, era de Catherine. Non entendía nada ... Luns, 4 de Outubro de 1830 Teño moito medo...Non podo durmir tranquila despois de todo o sucedido... O único conforto que teño é que James me convidou a ir con él esta tarde ata o cantil que hai ó norte da illa. Hoxe pola tarde tódalas miñas dúbidas quedaron aclaradas porque cando fun con James ó cantil descubrino todo. Fomos a cabalo e mentres me estaba a falar eu non deixaba de pensar no diario de Anthony Shadow. Foi entón, cando apareceu alguen de entre as árbores do monte, ó principio non souben quen era, pero descubrino de seguida. Era Catherine, tiña un aspecto horrible, estaba sucia e moi delgada e a súas roupas estaban desgarradas. James foi ata ela para abrazala pero ela sacou unha pistola e apuntou a James con ela.

Page 44: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 42

-¿Qué diaños fas?-dixo James moi desconcertado-. -Deixa xa de finxir- respondeu ela- Non podo pasar máis tempo vivindo neste estado- percátase da miña presencia- ¿Qué fai ela aquí? ¿Cómo me podes facer isto?-Vai andando cara a James coa pistola na man- ¡A min! -Está ben, está ben-interrompe James sorrindo, os seus ollos verdes refulxían como o primeiro día en que o coñecín, agora recordo porqué me daba medo- Xa non te engano máis – dixo mirando para min- os asasinatos de Margaret Cook e Peter Marlowe, tal e coma ti sospeitabas, teñen moito que ver co meu avó- Non sabía qué dicir, sabía todo o do diario- Vouche contar a verdadeira historia. O feito é que meu avó tiña dezaoito anos cando os Cook e os Marlowe traballaban no pazo, os que traballaban no pazo eran Josephine Cook e Robert Marlowe; como liches no diario, o meu avó amaba a Josephine aínda que fora unha simple plebea, pero estaba prometido con Clare Reed (a miña avoa). Aínda que ese non era o maior problema: Josephine non amaba ao meu avó, amaba a Robert Marlowe. Meu avó non o puido soportar, e unha noite foi ao xardín dos Cook e viunos ós dous xuntos, decapitounos (coa axuda da súa irmá, claro). Daquela, Josephine tiña dezasete anos (ao igual que Margaret), e Robert dezaoito (ao igual que Peter). Agora entendes todo ¿non si?.Morreron porque debían morrer, ó igual cós seus derradeiros. Ninguén fai dano á miña familia, o que o fai págao eternamente. -Por iso me tivo aquí- di Catherine- Tróuxome aquí para que a xente da aldea non me matase (según el), pero é mentira, el quere que morra e non o vou permitir-

Ergue de novo a pistola para disparar a James-. -Non es capaz de matarme irmanciña-empuxa a Catherine ata o borde do cantil mentres ela mantiña o equilibrio como podía- Xa sabes que debes morrer, a irmanciña pequena do avó tamén morreu (suicidouse neste mesmo cantil, xa o sabes). Non puido soporta-lo mal que fixera por axudar ao seu irmán, ao igual que ti agora- unha lágrima cae do ollo de Catherine mentres o seu irmán pronuncia esas palabras- Debes morrer. -¡Non!- gritei eu, pero xa era tarde, Catherine caera do cantil co coitelo do seu irmán cravado no corazón- . -Ti e máis eu poderiamos ter sido moi felices xuntos, pero tiveches que le-lo diario- contéstame James- Ti tamén morrerás. Non sei cómo fixen para saca-la miña pistola antes ca el e disparar pero mateino. Martes, 4 de Outubro de 1830 Ninguén sabe o sucedido, a xente da aldea pensa que se suicidaron... Os Cook e os Marlowe mandaron cartas (mediante pombas mensaxeiras) a Inglaterra para que trouxeran un barco mañá marcharei de aquí e deixarei todos os recordos deste lugar. Asdo: Jane Alley E isto foi todo o que atopei no antigo pazo abandonado da familia Shadow, nun día chuvioso no que non había nada que facer máis ca ler ou mirar vellos diarios sen importancia. Asdo: Matt Cook 17/05/05

Page 45: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 43

Música dance Laura Álvarez Rodríguez

A música dance naceu grazas á

evolución do sonido negro americano: o Rhythm & Blues e o Soul. A finais dos 70 a Psicodelia e o Funky fixéronse donos das pistas de baile. Artistas como Earth, Donna Summer e moitos outros enchían as discotecas de todo o mundo. Por outra banda, dende Alemania, catro universitarios creaban as bases do que sería o sonido techno. A principios dos 80, o rap convertiuse en estandarte da xuventude. O fenómeno do Breakdance foi sen dúbida o que propiciou a fusión entre o Rap e os sintetizadores, creando así un son máis comercial que se podía “pinchar” en calquera sesión. Paralelamente a este feito, Productores como Bobby O’ e Patrick Cowlwy transformaron o son Disco en High Energy. Pola súa parte, os músicos tomaron o camiño de Kraftwerk e crearon un son chamado Techno Pop (movemento que combinaba as letras románticas co sintetizador).

No 1983 desde Italia creouse un novo estilo: o Italo-Disco ou Spaghetti. As bases desta nova creación foron o High Energy e o Techno Pop. Destacaron neste estilo Ryan París e Den Harrow. Nos EEUU Madonna convertiuse na “raíña do pop”. As súas cancións eran unha mezcla de música Disco e Pop. Tamén destacou nesta época Michael Jackson, ainda que iste prefería mezclar o Funky co Pop. Polo que respecta ao Reino Unido as produccións de Techno Pop de Erasure, Depeche Mode ou Eurythmics, alcanzaron as cotas máis altas nas listas de éxitos.

En 1986 o spaghetti deixou de se-lo centro de atención para os discjokeys Europeos. Europa sucumbiu baixo o poder do House, que se convertiu no primeiro estilo musical para os DJ. As sesións de Frankie Knuckles, que combinaban o son electrónico co ritmo Disco e a calidade vocal do Soul, foron o punto de partida para a consolidación deste movemento.

Unha vez consolidado empezou a evolucionar a finais dos 80, desembocando en novos estilos como o Hip House de DJ Fast

Eddie, o Italo-House de Black Box ou o Flamenco-House de Raúl Orellana, ainda que a creación do Acid-House foi a máis revolucionaria. O disco “Acid Trax” de Phuture iniciou unha nova etapa para o sonido House. Casi ao mesmo tempo, xente como Nitzer Ebb fusionaron o Techno Pop co Hard Rock, creando así o Son Industrial. O Acid extinguiuse rápidamente e desenvolveuse o New Beat a partir do Son Industrial. Este movemento musical ainda durou menos que o anterior, a principios dos 90 os éxitos do Technotronic imperaban nas pistas de baile. O bombardeo de produccións era constante, grupos como Front 242 apostaban polo Son Industrial e convertíanse en ídolos para o público que aborrecía a música comercial. O radicalismo e o culto o Techno Pop de Krafwerk crearon un novo estilo en España que se denominou Máquina. De novo os Djs convertíronse en productores e crearon a súa propia música. Cando o Máquina se consolidou tamén comenzaron a surxir novos subxéneros: o Trance, o Gabber, o Happy Hardcore…

A aportación actual máis importante do Reino Unido é sen dúbida o rescate do House. A evolución convertiu o Underground (House) en Progressive House. Tal e como o seu nome indica é unha música que vai cambiando progresivamente, os temas empezan tranquilos, frean e posteriormente suben ata un punto máximo.

Actualmente existe unha “febre” por etiquetar a “Dance music”, fálase de Hard House, Intelligent Techno e de moitas outras ramificacións. Nestes últimos dous ou tres anos xurdiron alguns estilos como o Eurotrance , que combina características do Trance e do Dance. Os temas soen ter un paradón no que normalmente canta unha rapaza e a continuación vai unha melodía típicamente Trance, ainda que lixeiramente diferente, xa que está estudiada para que sexa máis bailable. Así mesmo, tamén acaba de aparecer un estilo totalmente novo chamado Europop.

Page 46: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 44

Poesía

SENTIMENTO OCULTO

Escoito as súas risas e os seus murmurios Escoito os seus insultos e desprezos Son diferente a eles e non o podo evitar. Viñen doutro sitio e viñen a estorbar, Ninguén me comprende, ninguén me respecta, ninguén me quere, Por que será? Sempre se rin de min, da miña forma de falar, non son unha beleza e por iso desprézanme aínda máis. Quero volver á miña casa, quero volver ao meu fogar, Quero estar coa miña familia, cos meus amigos de verdade. Escribín esta poesía para baleirar o meu corazón, escribín estas liñas para que todos Saiban o sufrimento de ser nova, de vir doutro lugar e que ninguén te comprenda Capricornio.

O AMOR

Das cousas máis fermosas do mundo,

Só unha perdura ata a morte, o amor.

O amor é un espellismo na nosa mente

Un sentimento que non acabas de comprender,

É transparente como a auga do mar,

Mais cando se sente de verdade,

Relaxante e tenro cando está preto de ti;

Baleira queda a túa alma cando ten que partir.

É que, cando un se namora

Pensa que endexamais ha rematar,

Sentes que un val inmenso de lindas frores te arrodea

E que esa fermosa persoa, contigo sempre estará.

En ocasións fainos parvos

O pensamento non o empregamos,

Cando a torres de naipes se derruba

Os teus ollos transfórmanse en fonte de bágoas,

Nun amargo recordo queda gravado

E acaba con tódalas túas ilusións,

Tódolos teus sentimentos quedan esnaquizados

E comeza a loita de dous corazóns.

Brian Eliecer Segura Zambrano

Page 47: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 45

11M

Érache tarde de máis,

estabas, por sorte demasiado lonxe.

Eras demasiado xoven,

para saber o que alí ocorría.

Anque nin os máis maiores

sequera o sabían.

Ti unicamente chorabas,

coma tantos outros

neste tráxico día.

Tantas vidas destrozadas,

tantos feridos,

tantos mortos.

Tantos soños rotos

e tantos soñadores desfeitos.

Ti fuches un deles.

Na túa plena xuventude e xa orfo.

Na túa clase por sempre

faltarán compañeiros.

No colexio inténtanvos explicar

e dar consolo.

Mais ti escapas

Da túa clase.

E coa cara

empapada en bágoas,

vas á clase de teu irmán.

Ábre-la porta

e alí o ves.

El, rapaz forte e decidido,

para ti un verdadeiro ídolo.

Mais nestes tráxicos momentos

onde reina a túa incomprensión

e a de tantos outros,

velo pálido e débil.

Abrazádevos e chorades,

no silencio da clase.

Onde outros compañeiros

comparten as vosas penas.

E ti dislle con amedrentada voz,

esperando non oír a fatídica

resposta.

- Dime... dime que os nosos...

non... non están...

El abrázache máis forte.

Pero ti segues demandando unha

resposta

e bérraslle.

-DIMO, DIMO!!!

PORQUE NON MO DIS!!!!!!!

El abrázache aínda máis forte.

Se é que cabe esa posibilidade.

- NON PODO DICIRCHO...

E cun fío de voz engade.

-Síntoo....pero non podo. Non

podo!!!

De repente alguén na clase entrou.

E cos ollos inundados

en novas bágoas exclama:

- Fillos...

Ambos xíranse.

E o xirarse,

ven a unha muller.

Unha muller

de roupas ensanguentadas

e coa cara máis pálida

que se haxa visto

no mundo dos vivos.

- Fillos... voso pai..

Os nenos lánzanse aos seus brazos

cunha nova esperanza no corazón.

E a nai é incapaz

de proseguir co seu horror.

E choran tódolos presentes.

Mais a nai toma alento e algo de

aire

e a duras penas puido dici-la súa

cruz maior,

símbolo dun amor eterno.

- Voso pai... Voso...

ESTÁ MORTO!!!!!!

E con estas palabras

o corazón da nai desgárrase

ao igual co dos fillos.

A nai intenta

dicir algo máis

pero xa non pode.

Quen sabe o que pasaba

pola súa cabeza,

e pola dos seus fillos.

Pasan as horas

e os horrores confírmanse,

ao igual que algún pequeno

milagre.

Pois o é o feito de atopar

entre ferros e amasixos

a alguén vivo e enteiro.

¡Alguén vivo!

Unha única persoa nestes tráxicos

momentos,

nos que o sangue

que corre polas vías do tren

aínda quente.

Tenche moito que ver

co que se está xear

no corazón da pobre xente.

Tres amigos buscan a un

compañeiro

nunha clase falta o profesor;

e na túa rúa amigo meu.

Na túa rúa reina

o doloroso silencio

dos fortes prantos.

Natalia Sánchez Maseda

Page 48: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 46

© Laura Abeledo Lameiro

A NEVE

A neve, linda como o sorriso da felicidade

Cae dende o máis alto das alturas

É branca e pura como a sinceridade.

Xogar coa fermosa neve e vivir

Sentí-la súa extensión de frío é morrer

As árbores cheas de folerpas permanecen

Xogando e sorrindo os nenos ao abrente

As túas pupilas entretéñense ollando nevar

Despois da choiva de xeo raiado

Quedan cubertos quilómetros cadrados

Sentes emoción cando todo vai comezar.

Brian Eliecer Segura Zambrano

Page 49: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 47

Agora que volta a túa cara A lembrarme o dano que causaches Agora que recordo as bágoas No chan, ós teus pés cando marchaches Hoxe, que neste meu corazón Cae o último gran de area Tan só a ti imploro, meu amor Que me leves contigo ó fin da terra. Alí onde endexamais sae o sol Onde non hai aire nin marea Onde non queda máis que a miña dor E un poema escrito na lúa chea A única equipaxe que vou levar Será a rosa que crece na maleza Para que ó vela poida lembrar O que é a infinita beleza E cando murche esta miña rosa, Amor, non te preocupes por ela, Pois ó verte a ti, tan fermosa, Rexurdirá inflamada pola envexa. Guíame neste mundo de tebras Amósame a túa branca cara Arríncame así da vida mesma, E leva contigo a miña alma.

Lorena Boquete Vilariño

Page 50: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 48

Pasatempos

Polos seus ditos os coñeceredes Tenta adiviñar quen son os autores das seguintes frases célebres. As solucións, durante calquer recreo.

Usted... usted... ¡usted se va a ir para abajo! ¿eh?

Lóxicamente. As cousas non se guindan. ¡Un puntito menos! Corazón de melón. Efectivamente. Meu querido, estimado e nunca ben

ponderado Pombo... Aquí ule a cadáver.

Os voy a meter un puro. Copien por el libro, ya. Esto es un

cachondeo. Non sei por qué me chamarán Bin

Laden... como non seña pola metralleta...

Me cago en Satanás.

Page 51: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 49

Busca e captura Isabel Alonso Vicente

2º de eso a Isabel Alonso Vicente

Page 52: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 50

Un día ¿normal? Anxo Vizcaíno López

Page 53: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 51

SUMARIO

Editorial ........................................................................................... 1

Música Folk ...................................................................................... 2

As orixes da música gótica ............................................................... 4

Lendas galegas................................................................................. 8

A historia dun samurai ................................................................... 12

As nosas plantas............................................................................. 16

Cómic ............................................................................................ 20

Heavy-metal................................................................................... 21

Os zombis existen e non é unha parida.......................................... 22

O Azkar Lugo ................................................................................. 27

Baloncesto ..................................................................................... 29

Unha nova época na NBA............................................................... 31

Un mundo compartido .................................................................. 33

Os compañeiros que se van............................................................ 34

Test ................................................................................................ 35

Historia dun diario......................................................................... 38

Música dance ................................................................................. 43

Poesía ............................................................................................ 44

Pasatempos.................................................................................... 48

Busca e captura.............................................................................. 49

2º de ESO A .................................................................................... 49

Un día ¿normal?............................................................................. 50

Page 54: Á sombra da muralla 13

Á SOMBRA DA MURALLA Nº 13

Páxina 52

Á Sombra da Muralla

Directora: Lorena Boquete Vilariño

Consello de Redacción

Ángel Boquete Vilariño

Anxo Vizcaíno López

Laura Abeledo Lameiro

Laura Álvarez Rodríguez

Mª Jesús Abeledo Lameiro

Natalia Sánchez Maseda

Nuria Sánchez Pena

Sara Pérez Cruz

Violeta Núñez Martínez

Colaboran ademais:

Adrián Bouso Parga

Brian Eliécer Segura Zambrano

Isabel Alonso Vicente

Iván Mouronte Barreiro

Maitane Fernández Núñez

Pablo Ouro Barba

Tamara López López

Page 55: Á sombra da muralla 13
Page 56: Á sombra da muralla 13

INSTITUTO DE EDUCACION SECUNDARIA

XOAN MONTES

SUBVENCIONADA POLA DIRECCION XERAL DE POLITICA LINGUfSTICAXUNTA DE GALICIA