A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

20
Alexandro, Amador, Paco, Ovidio... Escritos da xeración galegoasturiana de 1936 para nenos e nenas Escolma e notas de Xoán Babarro

description

Alejandro Sela García, Amador Fernández Mejeras, Francisco Fidalgo Villaveirán e Ovidio Martínez Álvarez "Ovidio de Queipo". Escritos da xeración galegoasturiana de 1936 para nenos e nenas. Escolma e notas de Xoán Babarro

Transcript of A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

Page 1: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

1

Alexandro, Amador, Paco, Ovidio... Escritos da xeración galegoasturiana de 1936 para nenos e nenas

Escolma e notas de Xoán Babarro

Page 2: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

2

Alejandro Sela García Amador Fernández Mejeras

(Vilavedelle, 1911 – Navia, 1982) (Ribadeo, 1913-1971)

Francisco Fidalgo Villaveirán Ovidio Martínez Álvarez

(El Franco, 1913 – Oviedo, 1998) “Ovidio de Queipo” (Boal, 1915-1945)

Page 3: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

3

A Xeración galegoasturiana de 1936 está consituída por un grupo de

autores nacidos na segunda década do século XX que, a pesar de seguiren mantendo a

tradición decimonónica, presentan nos seus escritos unh serie de elementos estéticos

innovadores. A súa integración na vida sociocultural do occidente do Principado non

impide que manteñan relacións con escritores de Galicia e que contemplen, uns máis

que outros, a integración das falas comarcais dentro da lingua literaria común. A

guerra civil e a situación política posterior condicionou profundamente o seu labor

creativo así como a opción idiomática. A pesar diso, seguen facendo incursións no

galego ao longo da década dos corenta.

Dentro do grupo queremos destacar as obras de Alejandro Sela, Amador F.

Mejeras, Francisco Fidalgo Villaveirán e Ovidio Martínez de Queipo. Os catro,

coñecidos e amigos, participaron durante a súa mocidade, en diversos actos de

carácter literario, en actividades relacionadas coa divulgación de bibliotecas e

colaborando en periódicos locais e mesmo contribuíndo na súa fundación. Sela, en El

Aldeano de Castropol; Fidalgo e Mejeras, en Atalaya de Figueiras, e os catro (varias

veces coincidindo dous no mesmo número), no ribadense Las Riberas del Eo.

Alejandro exerceu a profesión de avogado, función que tamén compartiu

Francisco co maxisterio, que foi a súa ocupación primordial, igual que a de Amador e,

durante algún tempo, ade Ovidio.

A prosa de Sela foi editada, en 2000, por Xosé Miguel Suárez en El Tío Pepe.

Colaboracióis periodísticas en gallego-asturiano (1931-1948). A poesía de Mejeras

escolmouna Félix Villares, en 2007, en Un alpendre de sombra e de luar. A escola

literaria da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, ademais de celebrar, en 2013, o centenario

do seu nacemento na revista Amencer. Tamén en 2013 conmemoramos o de Fidalgo

facendo público o seu sainete As dúas riquezas e preparando a edición da súa obra en

galego. En 1915, cando se cumpren os cen anos do nacemeto de “Ovidio de Queipo”,

esperamos contar cunha visión máis completa dos seus escritos. Así, chanzo a chanzo,

chegaremos a ter unha visión global da Xeración galegoasturiana de 1936 e da súa

transcendencia literaria e cultural no occidente do Principado.

Page 4: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

4

1

OS SANTURROIS

[…] Dúas ou tres casas en cada pueblo son abondas pra que se xunten os devotos dos

santurrois, que son muitos. Van os novos de cada casa, i unha vez que outra, os

santurrois vellos, pra acompañalos . [...] Escríbense nun papel os nombres das mozas i

os dos mozos noutro, i recóntanse un por un. Métense os das mozas nun saqueto,

enroscados, i noutro saqueto, del mismo xeito, os dos rapaces. Sácase un nombre dun

saqueto i, case al mismo tempo, un del outro, que se len berrando abondo pra que

oigan todos. Deste xeito xa temos a primeira parexa de comprometidos [...]. Despois

cóyese unha liñada de filo cunha aguya pra coser as pareyas unha por unha,

deixándolas un pouquín separadas pra que nun se confunda demais, i xa tán os

santurrois feitos. [...] Dispois que tán os santurrois feitos hai que levalos, de noite

mismo, a deporondalos a un árbol calquera, para que al outro día as vellas, cuando

vaian á fonte ou salan da misa, se enteren1. [...] Fulano de Tal

(El Aldeano, nº 30, 30-XII-1930)

Alejandro Sela

1 VARIANTES: *Pueblo = lugar. Pra = para (o texto tamén rexistra para). Oigan = oian. Muitos = moitos. I

= e. *Nombres = nomes. Del, al = do, ao. *Mismo = mesmo. *Parexa, pareya, cóyese, aguya = parella, cóllese, agulla (o autor escribe, en cambio, nesta mesma colaboración, vellos e vellas). Nun = non. Filo = fío. Tán = están. Dispois = despois. *Un arbol = unha árbore. Salan = saian. Cuando = cando. *Enterarse = decatarse, informarse. SINÓNIMOS: Os santurrois = as cédulas, as estreas, botar os noivos, sorteos de mozos. Novos = xente moza. Deporondar = Pendurar, colgar. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Como se clasificaban os nomes das mozas e os dos mozos? 2. ¿De que formas se emparellaba o nome dunha moza co dun mozo?

Page 5: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

5

2

EL ANTROIDO

[...] Cuando eu era rapacín ¡aquelo si que era Antroido! Xuntábamonos unha recua

delos, todos del meu tempo máis ou menos, i unhos vestidos de muyer i outros de

home, armábamos cada rebumbio temible. Pero lo máis gracioso –i del que agora nun

se fai nada– era el que faguíamos, xa desde ben días antes de antroido, cos cacharros

veyos i os calabazois podridos: coyíamos, ei ás nove ou dez da noite, ¡i cacharrada

calabazón!, i íbamos petar ás portas pra que nos abrisen, i cando taba aberta,

¡pumba!, tirábamos todo pra dentro, hacia a cucía, i armábase el boureo del demo col

ruído das trangayadas i os insultos dos da casa2. [...] El Tío Pepe

(El aldeano, nº 34, 28-II-1931)

Alejandro Sela

2 VARIANTES: Antroido = entroido. Cuando = cando (neste mesmo texto, tamén cando). Delos = deles.

Del, el, col = do, o co. I = e. Unhos = uns. Muyer, veyos, coyíamos, trangayadas = muller, vellos, colliamos, trangalladas. Nun se fai = non se fai. Faguíamos = faciamos. Calabazois = calabazóns (cabazos). Ei, eí = aí. Íbamos = iamos. Pra = para. *Hacia = cara a. Taba = estaba. Cucía = cociña.

SINÓNIMOS: Boureo = barullo, balbordo, alboroto. Trangallada = trapallada, trampullada. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Como ían disfrazados? 2. ¿En que consistía a broma?

Page 6: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

6

3

EL MONDONGO

[…] Unha das cousas en que máis se esmeran as muyeres é nas morciyas, pois

en muitas casas, eu téñolo visto, danlas ás amistades, pra que, en cuanto estas maten,

yes dían a proba das súas.

–¡Salíronche boas! ¡Botácheyes ben almendras! ¡Nun che saliron tan ben as del

ano pasado! ¿Estoupáronse muitas?

–Non que las pinchei cun alfiler de monxa.

Esto, máis ou menos, é el que se yes oi decir todos os anos.

Einda poin máis esmero, se máis pode poñerse, nos chourizos. Como duran

todo el ano i van al pote diariamente, a responsabilidá é inda máis grande, que nas

morciyas. Condo chega unha visita, un parente, un cualquera, bótase máis axina mau

dun chourizo que de cousa algunha3. […] El Tío Pepe

(El Aldeano, nº 54, 30-XII-1931)

Alejandro Sela

3 VARIANTES: Muyeres, morciyas, yes... = mulleres, morcillas, lles... Muitas = moitas. Téñolo, danlas =

Téñoo, danas. Pra = para. Cuanto, conto = canto. Condo = cando. Dían = dean. Salíronche = saíronche. Nun = non. *Almendra = améndoa. Del, el, al = do, o, ao. Las = as. *Pinchei = piquei. *Alfiler = alfinete. Oi = oe. Einda, inda = aínda. Poin = poñen. I = e. Responsabilidá = reponsabilidade. Cualquera = calquera. Axina = axiña. Mau = man. *Que cousa algunha = que cousa ningunha. SINÓNIMOS: Mondongo = mondongada, preparación dos embutidos. Alfinete de monxa = Alfinete moi fino. Estoupar = rebentar. Axina, axiña = decontado, deseguida. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Que lles fan ás morcillas para que non estoupen? 2. ¿Por que poñen máis esmero nos chourizos?

Page 7: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

7

4

EL VAREXADOR

[…] Todos anos el Penelo varexaba. A xornal. Pra este, pral outro ou pra quen lo

chamase i tuvese –xa se sabe– castañeiros. Tíase meyor que naide entrepernado

nunha cana sin agarrarse. ¡Ei tá a cencia! Si se agarrase nun podería varexar, porque

preiste labor fain falta as maus pra maniobrar con a varexa i tirar os pinelos de arizos,

si estos tán en pinelo, ou pra feiryes arrestelar as castañas, cuando estas nun

arrestelan por a súa voluntá.4 […] El Tío Pepe

(Las Riberas del Eo, nº 3820, 5-X-1948)

Alejandro Sela

4 VARIANTES: Todos anos = todos os anos. Pra = para. El, pral = o, para o. Lo = o. I = e. Tuvese = tivese. Ei,

eí = aí. Tá, tán = está, están. Si = se. Tíase = tíñase. Meyor = mellor. *Naide = ninguén. Nun = non. Preiste, pra este = para este. Feiryes, faeryes = facerlles (obsérvese a evolución ae > ei en preiste e feir) . Fain = fan. Maus = mans. Arizos = ourizos. Estos = estes. Cuando = cando. Por a súa voluntá = Pola súa vontade (de seu). SINÓNIMOS: Varexar = Golpear cunha vara. Cencia = saber, habilidade. Entrepernado = escarranchado. Cana = Póla, rama. Pinelo = ramallete, piña. Arrestelar = Pingar. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿En que consiste traballar a xornal? 2. ¿Como se sostiña no alto dos castañeiros?

Page 8: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

8

5

POSTAS DE SOL A D. Justo Trashorras Pacios, fraternalmente.

¡Postas do sol de agosto que na terra

de Asturias eu recordo, cando amence,

cuya imaxen augusta non me esquence,

cando o astro pinta co seu ouro a serra!

¡Horas de ensono, bendición, paisaxe,

momentos cando as brisas se desmaian

e os xilgueiros de amor seu trino ensaian

nos seus niños, cubertos de follaxe!

No ceio azul, as nubes pequeniñas,

lus vagorosa as raudas anduriñas;

na aldea solo de campás repique5. […]

(Las Riberas del Eo, nº 3563, 30-X-1943)

Amador F. Mejeras

5 VARIANTES: *Cuya = cuxa. *Imaxen = imaxe. *Ensono = soño. Ceio = ceo. Lus = luz. Solo = só.

SINÓNIMOS: Amencer = amañecer. Soño = fantasía, ilusión. Xilgueiro = xílgaro, pintasilgo, picacardos. Raudas = veloces. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿En que época do ano sitúa o poeta a posta de sol? 2. ¿Que elementos salienta no ambiente?

Page 9: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

9

6

PRÁ MIÑA ALDEA

A Ramón F. de Soto en prueba de gratitud.

Cando a aurora sonrosada

aparece polo Oriente

i os merliños na enramada

saludan o sol nascente,

e cando entre os piñeirales

se percibe a fresca brisa

i os douradiños trigales

brilan do sol coa surrisa,

deixo a solitaria aldea

i o meu paterno fogar,

nos que tanto me recrea

dos xilgueiros o cantar,

pra ver que os traballadores

baixan cara ós labradíos

e que os sencillos pastores

alindan preto dos ríos.

¡Que alegría feiticeira

dormir baixo dos castiros

e da brisa pracenteira

escoitar soaves suspiros! 6 [...]

(Publicada baixo o epígrafe “Poetas da terra”,

figura no arquivo de Antolín S. Mediante)

Amador F. Mejeras

6 VARIANTES: I = e. Saludan = saúdan. Nascente = nacente. Piñeirales, trigales = piñeirais, trigais. *Brilan

= brillan. Surrisa = sorriso. Pra = para. *Sencillos = sinxelos. Dormir = durmir. Soaves = suaves. SINÓNIMOS: Aurora = abrente, alborada. Labradío = labrado. Alindar = apacentar. Castiro = castiñeiro. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Como describe o autor a natureza? 2. ¿Que sentimento produce no poeta?

Page 10: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

10

7

MOITOS ANOS... A D. Eduardo Lence Santar, caro amigo.

¡Moitos anos pasaron dende o día

cando triste marchei de Mondañedo

craro mencer primaveiral e quedo,

para vivir na miña Asturias fría!

Semanas fai, ás miñas mans chegaron

unhas follas, envío dese bardo

galego, meu insigne D. Eduardo

Lence Santar. El e outros as mandaron

imprimir ó cumprirse o Centenario

do nascemento en pobo lexendario

de Mondañedo, do ilustre Pascual Veiga,

o músico xenial, autor famoso,

que compuxo a Alborada… Foi dichoso

e nobre fillo desa Ciudá meiga,

que o bendice piadosa e que o adora,

cal o poeta, que, ó contalo, chora7…

(Las Riberas del Eo nº 3522, 16-I-1943)

Amador F. Mejeras

7 VARIANTES: Mondañedo = Mondoñedo. Craro = claro. *Primaveiral = primaveral. Nascemento =

nacemento. *Dichoso = ditoso. Ciudá = cidade. SINÓNIMOS:Bardo = poeta. Quedo = tranquilo. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Que momento da propia vida recorda o poeta? 2. ¿Quen foi Pascual Veiga?

Page 11: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

11

8

VILLASELÁN

A su digno Párroco D. José Antonio

Lodos Villarino, fraternalmente.

¡Quen me dera de Ti hoxe encontrarme

non tan lonxe; sinón cerca, cerquiña,

como cando ás túas prantas, Virxenciña,

me levaban meus pais, a arrodillarme!

Agora que eles faltan, pois morreron…,

¿a quen hei de chamar nos meus doores,

mais que a Ti, craro sol dos meus amores,

a quen eles ¡meus probes! me ofreceron?

Solo me queda, de Ti separado,

doce recordo, teu Santuario amado,

e da túa festa seus encantos mil…,

que me inspira tamén outra Capilla

preto da miña Escola; marabilla

da Asturias grata e fermosa: Villaoril8.

(Las Riberas del Eo, nº 3541, 29-V-1943)

Amador F. Mejeras

8 VARIANTES: *Villaselán = Vilaselán. Sinón = senón. Prantas = plantas. Virxenciña = Virxiña.

*Arrodillarme = axeonllarme. *Os meus doores = as miñas dores. Craro = claro. Probes = pobres. Solo = só. *Capilla = capela. SINÓNIMOS: Ás túas plantas = aos teus pés. Preto = cerca. Grata = agradable. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Que sentimento íntimo transmite o poeta? 2. ¿Cales son as dúas localidades que figuran no poema?

Page 12: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

12

9

NANA PRA DORMIR OS NENOS

Duérmete, nenito,

que viene el coco

a llevarse a los niños

que duermen poco.

Nun durmas, nenín,

nin peches os oyos

que el coco i as bruxas

levan solo aos tollos. [...]

Nun durmas, pequeno,

berra canto poidas,

espernexa i grita

i, si queres, chora. [...]

A noite tá moura,

ximben os carballos,

el vento i a lluvia

turran nel teyado. [...]

Nun durmas con medo,

meu neno pequeno,

que el demo non lleva

aos neníos buenos9.

(Fiestas Patronales de Santiago Apóstol de Boal, 1988)

Francisco Fidalgo Villaveirán

9 VARIANTES: Nun durmas = non durmas. Oyos, teyado = ollos, tellado (o autor escribe, en cambio,

carballos). El, nel = o, no. Tollos, lleven, llume, lleva = tolos, leven, lume, leva. I = e. Si = se. Tá = está. Tou

= teu. *Lluvia = chuvia. Neníos = neniños. *Buenos = bos.

SINÓNIMOS: Ximben = zoan. Turran = baten con insistencia. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Como describe o autor a noite fóra da casa? 2. ¿Por que lle di ao neno que non durma con medo?

Page 13: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

13

10

ANTONÓN NO INFERNO

[...] –Ahora vas saber que[n] é Antonón i que conmigo nun valen demos, nin

grandes nin pequenos... ¡Toma!

I soltouye úa patada na barriga, que largou al demo nel medio del lume. I,

volvéndose pa detrás, coyeu a tres demos pequenos que taban queimándoye as

cachas con us ferros calentes i, agarrándolos por el rabo, deuyes tres voltas por el aire i

chimpoulos núa caldeira de agua fervendo.

–Aquí nun hai más demo que eu, Antonón. I el que nun teña contento, que se

vaia prá terra.

En esto, viu a S. Bartolo i, soltando grandes carcajadas, dixo:

–¡Esto xa é outra cousa! Aquí é verdá que lle zorregan a un; pero tamén las levan. En

todo el día nun paro de sacudir aos demos. Queimar si que me queiman; pero douyes

cada centellazo..., que los volvo tolos. Pásolo mui ben i mui entretenido10. [...]

(Fiestas de San Bartolo 1987, Piñeira de Castropol)

Francisco Fidalgo Villaveirán

10

VARIANTES: *Ahora = agora. *Conmigo = comigo. Nun valen = non valen. I = e. Soltouye, coyeu, deuyes... = soltoulle, colleu, deulles... El, al, del, nel = o, ao, do, no. Pa = para. Prá = para a. Con us = cuns. Calentes = quentes. Taban = estaban. Agarrándolos, chimpoulos = agarrándoos, chimpounos. Úa, núa = unha, nunha. Agua = auga. *Más = máis. Teña, esteña = estea. *Carcajadas = gargalladas, risas. Verdá = verdade. Las, los = as, os. *Centellazo = Golpe. Mui = moi. *Entretenido = entretido. SINÓNIMOS: Cachas = nádegas. Zorregar = zoupar, zoscar, zumbar. DÚAS PREGUNTAS:

3. ¿Que lles fixo Antonón aos demos? 4. ¿Que lle dixo a San Bartolo?

Page 14: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

14

11

NAMORADOS

[I]

PEPA: Pois o que che digo i che repito… Éche que Bonifacio é un bocado ben

bon; ¡ai é, ho! Pos mira tu que vir de América despós de tar alló diecioito

anos… Éche que vén ben forrao; ¿nun che parece? [...]

JUANITA: Home; pois a min dáme pena por Antón; ¡tan infelizón i tan nemorado!

[II]

BONIFACIO: La prinsesa está triste… ¿Qué tendrá la prinsesa? [...]

¿Piensa; acaso en el prínsipe de Golconda o de China

o en el que ha detenido su carrosa argentina,

para ver de sus ojos la dulsura de luz?...

ANTÓN: Xa empezou el mui cabrito;

pos un raio me parta

si antes de salir desta casa

nun vai haber un bon cisco. ¡Ai, vai, ho!

PEPA: ¡Cuantas cousas sabe! ¡Estos homes de mundo aprenden tanto…! ¡Ah,

Bonifaciño! ¿Tuviche en París de Francia, ho?

ANTÓN: ¿Este? ¡Boo…! Si, muyer, si tuvo; ¿Non iba a tar? Pos ben se ye nota que

tuvo i tá… en Babia11. [...]

(Fragmento d’As dúas riquezas, orixinal conservado por Everardo Fernández)

Francisco Fidalgo Villaveirán

11

VARIANTES: I = e. Pos, despós = pois, despois. *Diecioito = dezaoito. Alló = aló. Forrao = forrado. Nun = non. Eo = eu. Nemorado = namorado. Prinsesa = princesa. Mui = moi. Si = se. Cuantas = cantas. Estos = estes. Tuviche, tuvo, tá = estiveches, estivo, está. Muyer, ye = muller, lle. SINÓNIMOS: Cisco = lío, pelexa, agarrada... DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿De onde acaba de chegar Bonifacio? 2. ¿Quen está realmente namorado de Xoana?

Page 15: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

15

12

BÁGOAS E TRISTURAS

Dicen que a pena se marcha,

xunto das bágoas discretas

i que esas frores de escarcha

con que soñan os poetas,

son como unhas anduriñas

de alas mouras e pintadas,

que cantan amor e riñas

i fuxen entre alboradas. [...]

Hai espiñas entre frores

i os susurros do regato,

son muitas veces dolores.

Amarguras e clamores,

cando “Ela” finxe alegato.

Vén a noite tras do día

i o queixume que atormenta,

é como a pasión tardía

que a foi levando a tormenta,

mentras que no peito ardía12.

(Las Riberas del Eo, nº 3384, 27-IV-1940)

Ovidio Martínez de Queipo

12

VARIANTES: Dicen = din. I = e. Frores = flores. *Escarcha = xeada. Alas = ás. Fuxen = foxen. Muitas = moitas. *Susurros = murmurios. Pasión = paixón. Mentras = mentres. SINÓNIMOS: Bágoas = lágrimas. Regato = regueiro. Queixume = laio, queixa. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Con que compara as flores o poeta? 2. ¿Que simbolizarán as espiñas?

Page 16: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

16

13

SEMBLANZA

Rapaza do pelo de ouro

que en Chao do Campo da Sela,

cos ollos me falache

de amargura e de tristeza, [...]

consinte que, nas ruadas,

vaia con ti i as estrelas

navegando pola ría,

recitando os meus poemas

i facendo cos refrexos

que a lúa dibuxa nas penas,

idilios interminabres

de añoranzas mariñeiras…

Rapaza do pelo de ouro

que en Chao do Campo da Sela,

cos ollos me falache,

de amargura e de tristeza13.

(Las Riberas del Eo, nº 3395, 13-VII-1940)

Ovidio Martínez de Queipo

13

VARIANTES: I = e. Refrexos = reflexos. Dibuxa = debuxa. Interminabres = interminables. Añoranzas = señardades. Falache = falaches. SINÓNIMOS: Ruadas = festas. Señardades = nostalxias, morriñas, soidades. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿En que lugar se prendou o poeta da moza? 2. ¿Como se imaxina coa namorada?

Page 17: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

17

14

XA CHO DIREI ALGÚN DÍA

Quérote moitiño, moito

porque es feiticeiriña,

i ademais tes úos oyos

que son dúas xoias diviñas.

Quérote porque me escribes

con frases de sempatía

i porque nos labios levas

el azucre das rosquillas.

Condo vexo nas silveiras

amoras i paxariñas,

i cando nos prados nacen

as rosas de campanillas,

entós sinto na mía alma

úa nostalxia delorida14. [...]

(Versión mecanografada por Ángel Arias)

Ovidio Martínez de Queipo

14

VARIANTES: Quérote = quéroche. Úos = uns. I = e. Oyos = Ollos. *Diviñas = divinas. Sempatía = simpatía. El = o. Condo = cando (esta segunda forma tamén aparece no poema). *Campanillas = campaíñas. Entós = entón, entoncias. Mía = miña. Úa = unha. Delorida = dolorida, dorida. SINÓNIMOS: Silveiras = silvas. Paxariñas = bolboretas. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Como describe o poeta a súa namorada? 2. ¿Cando sente nostalxia?

Page 18: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

18

15

AÑORANZA

Arrimado ás columnas de granito

que sosteñen o peso do portal,

cúa alegría que rebosa o peito enchido,

sinto das anduriñas o parlido

que úas e outras deixan al pasar.

As máis delas son aves lexanas

que da quente Abisinia chegaron,

e os colores que levan nas alas

son o fogo que abrasa a dúas almas

que nun mes de maio queimaron. [...]

Mais o idilio que un día forxamos

concruirá con frores de querer,

porque ti, xa pra min representas

algo fino de amores e querencias…

…es ti a escoyida e ti has de ser15…

(Versión mecanografada por Ángel Arias)

Ovidio Martínez de Queipo

15

VARIANTES: Úas, cúa = unhas, cunha. Anduriñas = andoriñas. Al = ao. *Lexanas = de lonxe. *Os colores = as colores, as cores. Alas = ás. Concruirá = concluirá. Frores = flores. Pra = para. Escoyida = escollida. Querencias = querenzas. SINÓNIMOS: Parlido = conversa, parolar, canto. Idilio = relación amorosa. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Onde está situado o poeta? 2. ¿Que representan para el as dúas colores das andoriñas?

Page 19: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

19

Abril de 2014

Page 20: A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

20

OS TEIXEDAIS

2