A RUTA DE SENDEIRISMO CIRCULAR DE CORRUBEDO

2

description

Esta é a primeira das nove rutas que vai deseñar o Concello co dobre obxectivo de divulgar a nivel turístico os múltiples encantos que atesouran todas as parroquias e, doutra parte, promocionar entre os veciños a práctica de hábitos saudables na natureza. Para a confección deste sendeiro, que tamén toca algún punto da parroquia veciña de Olveira, contouse coa asistencia de técnicos do Concello e persoas afeccionadas a esta modalidade de ocio idónea para calquera idade, entre elas Moncho Sampedro, de As Miñoteiras. Puntos de interese Cun itinerario de 12 quilómetros de percorrido e que ten ao porto desta parroquia como lugar de saída e finalización, ten un perfil de dificultada baixa para que calquera interesado poida disfrutar da mesma. Transitaranse por diante de numerosos puntos de intetese, como o faro e as súas impresionantes vistas, as praias de Balieiros e Espiñeirido, a cruz dos mariñeiros, Laxa da Gata, a Gran Duna, Outeiro dos Corvos, o faro ou a igrexa parroquial de Corrubedo. A ruta vai estar apadriñada pola Comisión de Festas da parroquia, que velará polo mantemento da mesma.

Transcript of A RUTA DE SENDEIRISMO CIRCULAR DE CORRUBEDO

Page 1: A RUTA DE SENDEIRISMO CIRCULAR DE CORRUBEDO
Page 2: A RUTA DE SENDEIRISMO CIRCULAR DE CORRUBEDO