A prehistoriatemaesa

download A prehistoriatemaesa

If you can't read please download the document

description

A description abaur prehistory in Galice. This is recomended for Adultos that study Secundaria

Transcript of A prehistoriatemaesa

  • 1. 1. A prehistoria 1.1. A evolucin da especie humana: ahumanidade prehistrica1.1.1 A hominizacin: o camio cara ao ser humanoDentro da escala zoolxica, a especie humana pertence orde dos primates, que xurdiron hai 60millns de anos. Caracterzanse por teren extremidades longas e rematadas en cinco dedos, ollosdirixidos cara a adiante e cerebro desenvolvido. Dentro deste grupo xurdiron,hai cinco millns deanos, os homnidos, dos que forma parte a especie humana desde haimis de dous millns de anos. A aparicin do ser humano foi un proceso lento e complicado, que se denomina hominizacin. Coa axuda dos fsiles podemos establecer a sa evolucin: Mantense en posicin vertical e andan s coa axuda das extremidades inferiores (posicin bpede). Qudanlles libres as mans, coas que manipulan obxectos e fabrican ferramentas.Posen un amplo campo de visin.Aumntalles a capacidade cranial e o volume do cerebro, o que les permite desenvolver o razoamento, o pensamento, acoordinacin dos movementos e a linguaxe, para comunicrense. A evolucin dos homnidos permitiulles coecer mellor o medio en que se desenvolvan,comezar a dominalo, seren quen de lles transmitir os coecementos aos seusdescendentes e fabricaren instrumentos conscientemente, feito este que diferencia aespecie humana do resto dos homnidos. O Homo habilis, xurdido hai 2.300.000 anos, considerado o primeiro ser humano, porque fabricaba premeditadamente tiles de pedra tallada. A partir del, a especiehumana seguiu evolucionando ata chegar ao actual Homo sapiens sapiens, que,procedente de frica, chegou a Europa hai uns 40.000 anos.Na cova de Atapuerca, en Burgos, descubrronse restos humns pertencentes a unhanova especie, o homo Antecessor que estara emparentado c homol Hbilis e poderaser o nexo entre o actual e este.En Galicia tradicionalmente se dixo que os primeiros restos humns apareceron nasGndaras de Budio(Porrio, Pontevedra), pero as excavacins que dende o 2.008 levana cabo as universidades de Barcelona e Santiago descubriron restos humanos misantigos en Monforte de Lemos e, sobre todo, en Cova Eirs, Triacastela, Lugo, ondeapareceron os primeiros, e polo momento nicos restos de Neandertais de Galicia.Trtase de mandbulas, crneos e pezas dentarias1

2. 2.1.2 O Paleoltico e a Revolucin Neoltica A Prehistoria o longo perodo de tempo que abrangue desde a aparicin do Homohabilis ata a aparicin da escritura (3500 a. C).O Paleoltico: as sociedades cazadoras-colleitadorasA primeira e mis longa etapa da Prehistoria recibe o seu nome de pedra vella (pedratallada) e chega ata hai uns 11.000 anos.Unhas sociedades depredadoras. Os seres humanos que viviron neste perododependan, para se alimentaren, de depredar o ecosistema que os rodeaba. Un ecosistemaque mudou moito ao longo destes mis de dous millns de anos, a causa dos cambiosclimticos que provocaron que gran parte do planeta se cubrisen de xeopermanentemente (glaciacins). As, nun medio hostil, a caza, a pesca e a recollida defroitos silvestres e races eran as actividades s que dedicaban case que todo o seu tempoe que lles permitan sobrevivir. Logo de esgotaren os recursos alimentarios nunha zonaconcreta, vanse obrigados a se desprazaren a outro lugar para proseguiren a recolleita ea caza. Deste xeito ralles imposible residir nun sitio fixo: son nmades, xa que tianque seguiren as mandas de animais. O seu hbitat eran as beiras dos ros, onde an beberos animais, e as covas, para se refuxiaren. As ferramentas. O uso da pedra. A pedra era a materia prima fundamental para afabricacin das sas ferramentas, xa simples croios, xa posteriormente puntas de formatriangular utilizadas como coitelos e puntas de frecha, o que lles permita sacar a pel dosanimais cazados, cortar a carne, e fabricar vestidos e calzado. Co tempo usaron o slex, unha rocha que cun pequeno golpe esgaza doadamente e queda un fo moi cortante. Despoisfabricaron puntas de lanza, arpns, anzois e agullas feitas en so ou corno. Malia o grande dominio quedemostraron no tallado de pedra, vai ser outro o grande invento deste perodo, un dosmis importantes na historia da humanidade: o descubrimento do lume, hai uns 300.000anos. Dende un primeiro momento o dominio do lume permitiulles a mellora da sadieta (co cocemento dos alimentos), as como o seu propio quencemento, iluminacin eproteccin ante as feras.Unha sociedade pouco complexa. Os grupos humanos s se unan temporalmente paracazar. Non existen nin a propiedade privada nin as clases sociais. probable que aolongo do Paleoltico fose aparecendo a figura do xefe de grupo, que posiblemente serab coecedor das tcnicas de caza.Os inicios da vida espiritual. Desde mediados do Paleoltico aparece unha serie decrenzas que xorden da necesidade de lle dar explicacin a unha serie de realidades que2 3. os preocupaban: a perda dun ser querido, o que acontece despois da morte ou osfenmenos meteorolxicos. Entre elas destaca o enterramento dos mortos, cuxa prcticaritual amosa un pensamento dirixido transcendencia da vida humana despois da morte,e nas cerimonias rituais destinadas a propiciar a obtencin de alimentos, intentandoinflur na natureza mediante prcticas mxicas, para que a caza e os froitos fosenabundantes, asegurando a sa supervivencia.A arte. A pintura rupestre e a escultura. Consrvanse restos de pinturas de hai uns35.000 anos.A pintura estaba localizada en covas, e representa animais (bisontes, cabalos, cervos,xabars, etc.) e escenas de caza e de danza, pintadas con cores ocre, vermella e negrasobre a rocha (por iso o nome de arte rupestre). Aparecen tamn esculturas de figurashumanas femininas (Venus), cos seus atributos reprodutores esaxerados, simbolizan oculto muller fecunda e fertilidade da terra. Non se sabe con certeza por que xorde apintura nas covas. A interpretacin mis aceptada indica que tera un significadorelixioso: representaran os animais que desexaban cazar, como parte dun rito parafavorecer a caza, tan necesaria para asegurar a supervivencia da especie nun momentodifcil. Cran que con s pintar un cervo, o verdadeiro animal caera baixo o seu poder.A Revolucin Neoltica: o ser humano produce alimentosUn acontecemento vai mudar por completo a vida das sociedades humanasprehistricas, un cambio tan radical, que por iso considerada unha revolucin, a misimportante de toda a historia da humanidade: sobre o 10000 a.C nunha zona do PrximoOriente os homes van ser capaces por primeira vez de producir alimentos; dicir,inventaron a agricultura. A producin de alimentos. Un novo cambio climtico, que destavolta provocou un aumento gradual da temperatura na Terra, fixo que a fauna da quedependa a supervivencia da especie desaparecese e que para sobreviviren tivesen quexurdir outras actividades. As aparecera a gandara. A agricultura aparecera cando, nunmedio natural moi favorable sa prctica, se decataron de que enterrando unha sementese produce unha nova planta. O ser humano quen de producir alimentos, e coaagricultura e a gandara xurdirn, un pouco mis tarde, as actividades artesanais dotecido e a cermica, e o comercio. A agricultura nace co cultivo da cebada e o trigo enOriente Medio, o arroz en Asia ou o millo en Amrica. O primeiro animal domesticadovai ser o can. Logo domesticaranse ovellas e cabras, porcos e vacas, e o cabalo.Nun principio os animais domesticados s eran considerados como unha fonte de abastecemento de carne. Logo decatronse dovalor do esterco como fertilizante. O proceso de muxir o leite foi descuberto s despois de que o home tivera unha ampla 3 4. oportunidade de estudar en cortellospechados as cras. Pero, logo de se facer esta descuberta, o leite converteuse noutro produtoprincipal. Poda obterse sen sacrificar o animal, sen diminur o capital.Gordon Childe, V. As orixes da civilizacin. Unha parte da humanidade faise sedentaria. A producin de alimentos provocou uncambio revolucionario na vida das comunidades neolticas: tiveron que se facersedentarios, vivindo a carn dos seus cultivos e do seu gando, agrupndose en aldeas epoboados que se situaban nas beiras dos ros. O aumento da producin de alimentospermitiu unha mellora na calidade de vida, unha maior esperanza de vida e un notableincremento demogrfico, chegando algunha das aldeas a se converter en grandes vilas.A sociedade faise mis complexa. Xa non vai cumprir que todos os habitantes do grupotean que dedicarse producin de alimentos; aparecen as outros oficios, dicir,prodcese unha especializacin do traballo: tecedores, oleiros, comerciantes, etc.Entre as novas actividades destaca o desenvolvemento da primeira forma de comerciocoecida: o troco (intercambio duns produtos por outros). A vida social est organizadaen tribos ou clans, e anda non existe a propiedade privada: todos os bens son dacomunidade.Aparece o esbozo das primeiras estruturas de poder e da desigualdade social.Os avances tcnicos. No Neoltico producronse tres grandes avances tcnicos: aaparicin de ferramentas de pedra puda (ou pedra nova, que o que lle d nome a esteperodo), que lles permite fabricaren ferramentas axeitadas actividade agrcola(aixadas, foucios, etc.). Por outra banda, comezan a fabricaren tecidos, grazas utilizacin do lio, unha planta herbcea, ou da la, traballados en rudimentarios teares.Mais outro invento pode ser considerado como revolucionario: a cermica, que semodelaba a man, e que era fundamental para gardar e conservar os produtos do agro,para os cociar, as como para a extraccin e a almacenaxe da auga.Expansin do Neoltico. A Revolucin Neoltica tamn se produciu, de xeito autnomo,no val do ro Indo, na India; nas beiras do ro Amarelo, en China; e en sitios puntuais dasmesetas de Mxico e Per. Na Pennsula Ibrica, os primeiros asentamentos neolticosdatan do 5000 a.C. 2.1.3 A Idade dos metais, unha poca de grandes inventosA aparicin da metalurxia, dicir, a fabricacin de instrumentos de metal, tivo lugar arredor do 5000 a.C. Esta etapa prehistricasubdivdese noutras tres etapas, segundo o metal empregado:Idade Cobre, ata 1700 a.C. 4 5. 1. Idade do Bronce (cobre con estao), de 1700 a 800 a.C. Idade do Ferro, do 1000 ao 700 a.C. As tcnicas metalrxicas nacen tamn en puntos concretos do Crecente Frtil, e para o seu manexo cmpren complexos coecementos, polo que quen traballaban o metal eran recoecidos como tcnicos moi especializados e o seu labor tia moito prestixio. O avance que supuxo o uso dos metais foi enorme: melloraron as tcnicas agrcolas ao haber ferramentas mis resistentes (arados, foucios metlicos, coitelos, etc.), o mesmo que as armas de caza e de guerra, actividade esta que desde agora forma parte da relacin entre os grupos humanos. Tamn neste perodo houbo outros inventos que marcaron un fito na historia da tecnoloxa: a roda e o carro tirado por animais, que xunto aparicin da vela nas embarcacins favoreceron o desenvolvemento do comercio, tanto pola maior cantidade de mercadoras transportadas como pola velocidade, o que facilitou a mis rpida expansin dos novos avances cara s zonas limtrofes. A invencin do arado, do regado e a construcin de canles permitiron a expansin da agricultura. Socialmente, aparece unha incipiente divisin da sociedade en clases, en funcin da riqueza de cada unha, e estn a piques de xurdir as primeiras cidades. Coincidindo co uso dos metais, nalgunhas comunidades humanas construronse uns monumentos feitos de grandes pedras, aos que denominan monumentos megalticos. Entre eles destacan as pedrafitas ou menhires, pedras verticais con finalidade conmemorativa(como o de Arteixo); as mmoas ou dolmens, que constan dunha cmara de enterramento colectivo formada por pedras verticais e cubertas cunha lousa grande (Dombate, Axeitos, Carnac); e o crmlech, formado por un conxunto de lousas verticais e horizontais colocadas en crculo, que cumpra unha funcin relixiosa, relacionada probablemente co culto ao Sol(Stonehenge).En Galicia ate fai poucos anos tivemos un na zona de A Mourela no Concello das Pontes de Garca Rodrguez que foi arrasado pola mina de ENDESA e pola autova Ferrol- Vilalba2.1.4 A prehistoria en Galicia e na Pennsula Ibrica As persoas do Paleoltico A presenza humana na Pennsula Ibrica vn de moi antigo. Ata agora, os seres humanos mis antigos foron localizados en Atapuerca (Burgos), cunha antigidade aproximada de 800.000 anos. En Galicia a sa presenza mis recente, hai uns 250.000 anos, ocupando vales de ros (desembocadura do Mio), zonas concretas do interior (Ton, en Ourense) e zonas costeiras, onde se especializaron en5 6. actividades de marisqueo (cuncheiros: acumulacin de cunchas, resultado domarisqueo). A sa tecnoloxa e a sa arte teen as mesmas expresins que as xaestudadas, e destacan as pinturas rupestres da zona cantbrica (cova de Altamira) e as dazona levantina. O Neoltico Chegan as innovacins neolticas a Galicia polo 5000 a.C., co cultivo dotrigo e a domesticacin de ovellas, cabras e porcos.A metalurxiaDesenvlvese a tcnica do bronce desde o segundo milenio a.C., trada por buscadoresde estao, abundante en Galicia.A arteA expresin mis caracterstica da arte prehistrica de Galicia son os petrglifos,gravados da poca do Bronce, realizados sobre rochas ao aire libre, consistentes encrculos e espirais, unhas veces, e figuras humanas e de animais, noutras. Pnsase queson manifestacins de prcticas mxicas e relixiosas. Son de destacar os de CampoLameiro.O desenvolvemento da metalurxia deu orixe a unha salientable producin artstica nocampo da ourivera, como o Tesouro de Caldas de Reis. Paralelamente desenvolveuse omegalitismo, onde Galicia destaca dentro da Pennsula (dolmen de Dombate, Axeitos,Cova da Serpe, etc. ).A cultura castrexaNo remate dos tempos prehistricos, vivan no Leste e no Sur da Pennsula os iberos, eno resto os celtas; estes ltimos entraron na Pennsula a travs dos Pireneos, arredor dosculo VI a.C. Os iberos estaban culturalmente mis avanzados que os celtas debido aocontacto que mantian cos colonos gregos, fenicios e cartaxineses.A cultura castrexa constitese no sculo VI a.C. Os celtas eran agricultores e gandeiros, utilizaban o ferro e non coecan aescritura. Os seus poboados, os castros, son recintos amurallados que arrodean un outeiro, e conteen as vivendas circulares deparedes de pedra e teito de palla, cortellos e almacns: Santa Trega, Viladonga, ou Baroa son os mis salientables. En Cambredestaca o castro de Sigrs e en Carral o castro das TravesasA base econmica era a agricultura e a gandara, apoiadas coa caza e, en zonas costeiras, co marisqueo. A actividade mineira era moi importante: estao e ferro. Os metaispreciosos eran traballados cunha elevada calidade artstica: torques, diademas, fibelas,fbulas, brazais. Practicaban unha relixin naturalista (adoraban a auga, os montes eobosques) mesturada co culto a divindades protectoras dos animais. As casas erancirculares cun teito de palla para se protexer das iclemenzas do tempo, fro, calor, chuvia.En Galicia temos catalogados por fones documentais, orais ou visitados, mis de 1.0006 7. castros. Entre eles destacan o das Travesas, en Carral, A Cidade en Borneiro(Cabana de Bergantios)Viladonga Outeiro de Rei, Lugo, Troa en Mondarz, Pontevedra ou San Cibrao de Ls en Ourense. As primeiras formas artsticas A s pinturas rupestres O achdego das primeiras pinturas rupestres, nas covas de Altamira foi un dos fitos misimportantes da ciencia no trnsito do sculo XIX XX. O descubridor de Altamira, ascendente deEmilio Botn, tivo que sufrir as crticas e as burlas dos que consideraban que o home prehistriconon poda facer aquelo e que foron pintadas neste sculo. Non foi ate o ano 1.902 cando o abateBreuil divulgou o achdego de pinturas similares en Les Combarlles, Francia, para que acomunidade cientfica mudara a sa opinin. Ata hoxe, numerosas covas foron descubertas conpinturas similares nun rea que abarca Espaa e gran parte de Francia, e unha gran concentracindelas na cornixa cantbrica(Asturias e Cantabria) e Aquitania e Pirineos en Francia.No decursodunhas obras para a construccin dun embalse no ro Douro no tramo limtrofe con Zamora, foidescuberto un abrigo con pinturas rupestres descuberta foi en Foz Coa, Portugal, o que ampla oradio de accin das pinturas. En Galicia, na citada Cova Eirs, en Triacastela apareceron, no vern do 2.012, as primeiraspinturas rupestres galegas.Durante mis de 20.000 anos, estas reas desenvolveron un arte coherente nos seus mediosde expresin e rigoroso na sa temtica. A beleza dos seus resultados explica en parte a reticenciadecimonnica para aceptar algo que semellaba tan moderno. Todos os restos conservados destas pinturas foron executados sobre as paredes de profundasgrutas cun acceso moi difcil e illadas do mundo exterior. O Acceso resultaba moi complicado. Osprimeiros pintores executaron as sas pinturas coa luz de lmpadas de graxa ou antorchas vexetais.Todo indica que non as pintaban para decorar as sas estancias estilo das nosas vivendas actuaisonde poemos cadros para decoralas. Por elo, todo nos leva a pensar que estas pinturas nonrespostaban improvisacin, senn que tras un estudio moi minucioso das sas temticas eplantexamentos, obedecan a un plan moi meditado e elaborado. Seguramente, as covas eransantuarios e as pinturas cumpran unha funcin ritual. A interpretacin da arte franco - cantbrica supuxo o principal reto para os investigadores dosculo XX. Actualmente, as investigacins coinciden en torno a das teoras que explican osignificado desas obras. A primeira delas, a chamada mxica, elaborada polo abade Breuil a mis veraz naactualidade. Parta do fito histrico de que o home prehistrico tia a finalidade de cazar. Naquelapoca o sistema pua o home prehistrico na finalidade de ter que cazar para subsistir. Por iso,7 8. segundo o autor, elaborronse rituais de maxia simptica de atraccin. Crase que polo simple fitode representar a morte dun animal ase producir a sa caza. Por elo, se intentaron representar asfiguras do xeito mis realista posible, porque se pensaba que canto mis se parecesen estas animal, mis posibilidades tia de ser cazado. Ante o temor de que se extinguisen os rabaoscazables xurdiu unha maxia da procreacin consistente en representar animais preados c gallo deestimular o seu medio de alimentacin. Outra crenza semellante en sentido inverso era a de nonrepresentar animais prexudiciais para os homes. Segundo esta teora comprndense a temtica e a distribucin dos animais polas sas, nas quenon existe a composicin, xa que se representaron os animais individualmente e por conseguintenon compoen unha escena e non son partcipes de ningunha accin. Non existen referenciasespacias, as figuras estn flotando nun espacio baleiro, cada figura ten unha posicin distinta, erespecto da visin do espectador non se atopan no mesmo plano. A interpretacin sexual foi obra do investigador Andr Leroi Gourhan. Logo de sometervarios depsitos pictricos a un exhaustivo mtodo de recompilacin e catalogacin de formaschegou conclusin de que os animais mis representados eran os bisontes e les cabalos, e quecertos signos menos abstractos atopados xunto s figuras constituan sinais sexuais que as definan.Isto levouno a configurar pares de figuras segundo a orientacin sexual dos signos que osacompaaban : por exemplo o cabalo identificbase c signo masculino e o bisonte c feminino. Outros autores propuxeron unha clasificacin formal arredor da organizacin tribal porfamilias. Pero estas teoras resultaron moi polmicas para a maiora dos investigadores. A tcnica usada para a realizacin das pinturas admranos hoxe en da pola sinxeleza da saexecucin e a sa longa perdurabilidade Os instrumentos empregados para estender as cores eran osmesmos dedos ou pinceis feitos con sedas.En ocasins servanse dun buril de slex para contornar apeza a modo dun rudimentario serigrafiado. Para crear as cores usaban aglutinantede graxa animal que lle engadan diversospigmentos para a sa coloracin. Por investigacins actuais sabemos que os productos misempregados eran o xido de manganeso que produca unhas tonalidades violceas, e o xido deferro cunha tonalidade vermella ocre. Tamn se faca uso do carbn e, nalgn caso, do sangue. Esteprocedemento graxento era o ideal para asegurar un agarre sobre as paredes das covas. As, pinturasmantidas en condicins iguais de humidade, temperatura e luz permaneceron milleiros de anospracticamente inalteradas e s hoxe, despois do paso de miles de persoas e doas gases da sarespiracin, comezan a se alterar, polo que algunhas covas como Altamira e Lascaux pecharon oacceso a visitas e conducen s visitantes a unha rplica onde se reproducen as mesmas pinturas quehaba na cova primitiva8 9. Para a realizacin destas figuras, sobre todo na derradeira fase do seu desenvolvementoinstrumentalizronse recursos como poden ser os santes con fin de aumentar a sensacin de volumeou a degradacin tonal, consistente en producir cambios na intensidade das cores para suxerir ovulto, efecto especialmente visible nos vermellos ocres se fundiren con negro carbn. Con todoesto conseguase un alto grao de realidade que, xunto c tratamento das proporcins lograba unhasuxerencia realista das figuras. O tipo de perspectiva utilizada foi evolucionando coa experienciados realizadores. A temtica destas pinturas era principalmente animalstica, aparecendo nalgns casos figurashumanas que parecen ser feiticeiros disfrazados con peles animais. Para ampliar e ver imaxes: Prehistoria: http://es.wikipedia.org/wiki/Prehistoriahttp://thales.cica.es/rd/Recursos/rd98/HisArtLit/01/prehistoria.htm Parque da Prehistoria (Teverga) :http://www.parquedelaprehistoria.es/ Arte prehistrico: http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd98/HisArtLit/01/artepreh.htm Imaxes das pinturas: http://www.jimhopper.com/paleo.html Cova de Altamira: http://museodealtamira.mcu.es/cueva_altamira.html Tito Bustillo: http://www.desdeasturias.com/asturiasbasica/rutas.asp?idruta=7&loc=55 Lascaux: http://www.lascaux.culture.fr/#/fr/00.xml Arte rupestre levantino: http://www.arteespana.com/pinturarupestrelevantina.htm http://club.telepolis.com/gvb/art/artllevant.htm Nova sobre Cova Eirs:http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/08/20/galicia/1345476135_424399.html Stonehenge: http://www.stonehenge.co.uk/ Evolucin humana: http://es.wikipedia.org/wiki/Evoluci%C3%B3n_humana Atapuerca: http://www.museoevolucionhumana.com/es Dombate: http://es.wikipedia.org/wiki/Dolmen_de_Dombate Capo Lameiro: http://www.campolameiro.com/ Centro de interpretacin da arte rupestre:http://www.campolameiro.com/centro_inter_cast.html Cueva de El Soplao: http://elsoplao.es/ 9