A Nosa Voz - DIOCESIS DE LUGO · 2016. 6. 8. · A NOSA VOZ PASTORAL 4 Cómpre unha pastoral...

8

Transcript of A Nosa Voz - DIOCESIS DE LUGO · 2016. 6. 8. · A NOSA VOZ PASTORAL 4 Cómpre unha pastoral...

Page 1: A Nosa Voz - DIOCESIS DE LUGO · 2016. 6. 8. · A NOSA VOZ PASTORAL 4 Cómpre unha pastoral corresponsable e participati- va na que tódolos fieis se sintan convocados a participar

Revista informativa da Diocese de Lugo Outubro de 2005 Nº 57 III EPOCA

A N o s a V o z

Ordenáronse diáconos o pasado día 2 de outubroOrdenáronse diáconos o pasado día 2 de outubro

Page 2: A Nosa Voz - DIOCESIS DE LUGO · 2016. 6. 8. · A NOSA VOZ PASTORAL 4 Cómpre unha pastoral corresponsable e participati- va na que tódolos fieis se sintan convocados a participar

2 EDITORIAL A NOSA VOZ

A NOSA VOZ

Revista de información diocesanaDIRECTOR: María José Campo L- Barcia.CONSELLO DE REDACCION: Manuel Varela, JoséManuel Castro Alba, Miguel Gómez, Miguel Rico Gómez,Antón Negro.ASESOR LINGÜISTICO: Manuel Varela.EDITA: Secretariado de Medios de Comunicación Social eVicaría de Pastoral da Diocese de Lugo.ENDEREZO: Bispado de Lugo. Praza de Santa María s/n.27001. Lugo.Teléfono: 982 23 11 43Teléfono-Fax: 982 25 15 93E-mail: [email protected]

A NOSA VOZDEPOSITO LEGAL: LU 649 - 1996IMPRIME: La Voz de la Verdad. Pol. Ind. O Ceao.

OUTUBRO

Día 2. Ordenación de diáconos: D. Miguel Asorey, D.

Luis Varela, D. David Varela e D. X. Luis Vázquez.Ás 19 horas, no Seminario Diocesano.

Día 3. O sr. Bispo preside a Santa Misa con motivo

da festa dos Santos Anxos Custodios, patróns daPolicía Nacional. Capela das Madres Agustinas.

Día 4. O sr. Bispo preside a Eucaristía con motivo da

Festa de san Francisco de Asís. Igrexa dosFranciscanos.

Día 5. Frei Xosé Gómez preside a Eucaristía con

motivo da Solemnidade de san Froilán na S. I. C.Basílica.

Día 12. O prelado diocesano preside a Eucaristía

con motivo da festividade da Nosa Señora do Pilar,patrona da Benemérita. Parroquia de san FranciscoXavier.

Día 14. Apertura do Curso Pastoral Diocesano ás 19h. no Seminario.

Día 17. Reunión no Bispado de Lugo da Delegación

Rexional de Pastoral da Saúde.

Días 19 - 20. O Bispo da Diocese participa na XuntaXurídica da Conferencia Episcopal Española.

Día 27 - 30. Visita ad limina apostolorum.

AXENDA

Traballemospola xustiza.

De volta das vacacións comezamos unha nova tempora-da de A Nosa Voz. Despois do descanso retomámo-lanosa laboura de comunicación, con novos ánimos e pro-xectos que irán saíndo á luz pouco a pouco. Hai poucos días que o Sr. Bispo facía os nomeamentos

de renovación do Equipo de Pastoral da Diocese. Ós quedeixan o seu cargo no labor pastoral queremosagradecérlle-los seus esforzos, as súas actuacións e asúa incansable e continuada dedicación á nosa Igrexa,que sabemos continuará producíndose. Ós que continúanno Equipo agradecémoslles de antemán o seu compromiso,xuntos asumímo-la confianza que o noso Pastor puxo ennós, conscientes de que non estamos sós, que Deus nosleva da man. E ós que son novos acollémo-los cos bra-zos abertos, agradecidos de que poñan os seus talentosó servizo da nosa comunidade e coa seguridade de que asúa ilusión e traballo contribuirá ó enriquecemento danosa Diocese. Queremos tamén dende aquí felicitar ós catro xoves queo día 30 foron ordenados diáconos. É gratificante com-probar que pese a vivir nunha época aparentemente faltade contidos profundos, nunha sociedade máis preocupa-da polo ter que polo ser, hai mozos dispostos a abri-loseu corazón á chamada de Deus e adica-la súa vida óservizo dos outros. Eles son o exemplo da fe viva danosa comunidade que dá os seus froitos. Deus segue precisando das nosas mans, e coa confian-

za posta nel abandonámonos ós seus designios cons-cientes e convencidos de que a Gracia de Deus iluminaráo noso camiño.

Page 3: A Nosa Voz - DIOCESIS DE LUGO · 2016. 6. 8. · A NOSA VOZ PASTORAL 4 Cómpre unha pastoral corresponsable e participati- va na que tódolos fieis se sintan convocados a participar

1) Ó servicio do poder económicoOs sistemas educativos están en fun-

ción do sistema económico. Xa a leiVillar Palasí de 1970 se fixo en funcióndas esixencias dos créditos do BancoMundial e do Fondo MonetarioInternacional. Así, as reformas educati-vas teñen que servir ó neocapitalismo,cousa que di con suficiente claridade oNobel de Economía, J.K. Galbraith: "Oseducadores cren vaidosamente que soneles os que dan forma ó sistema educa-tivo de acordo coas súas preferencias. Éposible que non carezan totalmente deinfluencia, pero a forza decisiva é o sis-tema económico. O que o educador con-sidera posibilidade súa de decidir é namaioría dos casos só a marxe dentro daque pode dar resposta ás necesidadesdo sistema económico" (J.K. Galbraith, Onovo estado industrial, p. 298).Hoxe a economía necesita as persoas

como consumidoras e non tanto comoproductoras; isto explica as reconver-sións industriais, as escolas taller, asemana branca e as mal chamadas via-xes de estudos que son iniciación ó con-sumo.O educador debe ser consciente de que

o sistema educativo está organizadopara servir ás necesidades do capital, ósintereses do sistema neocapitalistabaseado na especulación financeira e noconsumismo, pero non para servir ásnecesidades das persoas en canto sereshumanos con dimensión solidaria etrascendente: "A educación prepara para usar técnicasde comunicación e para saber competirno mercado, pero cuidarase moito deensinar valores que poidan perturbarminimamente o xogo do mercado...(Carlos Díaz, El libro del militante per-sonalista y comunitario, Edit. Mounier, p.56).2) Ó servicio do poder político:

Os gobernos queren someter a edu-cación e os plans de estudio ós seusintereses ideolóxicos e de poder. Por isoé frecuente que cando cambia o partidogobernante, haxa unha nova lei educati-va, que busca a permanencia no poderdese partido. Pero deberían xa ter apren-dido que o franquismo perdeu este obx-ectivo como tamén o perdeu o PSOE nosanos 1982-1996, que non lle garan-tironno 96 o voto dos mozos, pois foi maiori-tariamente ó PP, e o mesmo lle pasou óPP no 2004. Se ben é certo que o controlideolóxico o perden, tamén é verdade

que o nivel formativo baixou amplamentee sobre todo no que a valores ante a vidase refire. Así, debemos ter claro que non se trata

de ir só a cambia-la escola, senón atransforma-la sociedade, re-creandounha nova. Os proxectos transformado-res da sociedade que se centren só noescolar rematarán nun gran fracaso, xaque non terán consecuencias sociaisimportantes. Non é aceptable o controlestatal-gubernamental da educaciónpara proveito seu.3) A escola está para reproducir o sis-tema de dominación e explotación. O sistema socioeconómico encárgalle á

escola facer crible á sociedade que oseu papel é da-las mesmas oportu-nidades a todos cando en realidade oque fai é reproduci-las clases sociaisexistentes, como ben escribe C. Lerena:"Os sistemas educativos son clasificato-rios e discriminatorios. O noso tamén."(Citado en R.D.S.* p. 138). A isto serve o fracaso escolar, que se dáespecialmente entre os pobres e excluí-dos. Por iso cómpre dedicarlles tempoextra que compense a desigualdade deoportunidades de partida, aínda que omáis importante é construír unha novasociedade fraterna e xusta, para que nonse dea o que escribe C. Díaz: “A edu-cación non ofrece case nada á maioríados mozos, que intúen dende o comezoque nesta competencia mercantil levantódalas de perder se non son fillos depapá nin lumbreiras. A eles a escola nonlles ofrece cousa algunha, pois, fóra dossaberes competitivos para o mercadolaboral que non lles abrirá as súas por-tas, tampouco aprenderán algo valiosopara a vida. A escola só axuda a quen sesupón que vai vencer no mercado labo-ral“ (o.c. pax. 57). ¿A escola contribúe efizcamente á alfa-betización?.Persoa alfabetizada é aquela que:-sabe interpretar un texto de mediana

dificultade,-é capaz de cubri-los impresos normais

da sociedade na que se vive,-pode expresar por escrito coherente-

mente as súas ideas, valores, sentimen-tos e experiencias:"Sabe ler, interpretar, dicir, narrar, expre-sarse e comunicar o que se quere dicir eo que nos din; domina a linguaxe, e conela, a información e a súa análise... tenconciencia de si mesmo e do mundo enque lle toca vivir..." (R.D.S., p. 147).

Pola contra, vivimos nun país cun 42 %de poboación absolutamente non lectora(R.D.S. p. 132) e: "Para dicilo con suavidade, é excesivo o

número dos que rematan a escola ós 16ou 18 anos con graves lagoas nestascapacidades de ler e escribir. A case un30 %, despois de tantos anos de esco-larización, o sistema educativo non osdotou debidamente das ferramentasbásicas para ver e dicir, observar eexpresar minimamente o mundo no queviven..." (R.D.S.*, p. 141)

*R.D.S. = Revista de DocumentaciónSocial nº 124

Antón Negro

A educación (I)OPINIÓN 3A NOSA VOZ

"Se planificas por un ano, sementa trigo. Se planificas por unha década, planta árbores.Se planificas para toda a vida, educa persoas" (Kwan-Tzu, 300 a.C.)

No sistema educativo español vese desánimo nosprofes, desmotivación e aumento da violencia nosestudantes. E percíbese que se pode chegar ó deUSA (detectores de armas á entrada de colexios) ouó de Francia (policías adscritos a institutos).Socioloxicamente sábese que a principios do século

XX a primeira instancia educativa era a familia, segui-da da escola e a rúa. Pero hoxe é ó revés, a familia

en está en terceiro lugar. Non podemos entende-la escola fóra da sociedade

como se fose un ente ahistórico e independente dosdiversos aconteceres sociais. O sistema educativoforma parte do sistema cultural, económico esociopolítico, e está en función dos poderes dasociedade. Deles trata esta primeira entrega sobre aeducación.

Algúns datos para pensar:

- A 2ª empresa de Lugo por beneficiosdeclarados a Facenda no ano 2001 foiunha discoteca. Daquela dicíase que: "osmozos españois invirten hoxe en diversióne concomitantes preto dun cuarto de billónde pts. ó ano, e dedícanlle interminablesfins de semana de, ás veces, máis de 50horas (...). O gasto medio mensual endiversión ascende, no grupo de 15 a 29anos, a unhas 35.000 pts" (R.D.S., p. 25)

- Segundo un estudo do Instituto deOpinión Pública Gallup, ter convicciónsfortes fai ás persoas máis respectuosascos demais.- No 2004 houbo 5.100 denuncias de pais

agredidos polos fillos. Unha macroenquisado Instituto da Muller en 1999 xa recollíaque 80.000 españolas recoñecían ser mal-tratadas polos seus fillos.

Page 4: A Nosa Voz - DIOCESIS DE LUGO · 2016. 6. 8. · A NOSA VOZ PASTORAL 4 Cómpre unha pastoral corresponsable e participati- va na que tódolos fieis se sintan convocados a participar

PASTORAL 4A NOSA VOZ

Cómpre unha pastoral corresponsable e participati-va na que tódolos fieis se sintan convocados a participarna vida da comunidade nos sectores pastorais organiza-dos pola Unidade Pastoral para servir mellor o Evanxeo.Así o di Xoán Paulo II en Christefideles Laici (14 e 31):“Os fieis laicos participan, segundo o modo que lles é

propio no triple oficio -sacerdotal, profético e real- deXesucristo... Trátase dunha participación donada a cadaun dos fieis laicos individualmente, pero élles dada encanto que forman parte do único Corpo do Señor.“Todos, fieis e pastores, estamos obrigagos a favorecer

e alimentar continuamente vínculos e relacións fraternasde estima, cordialidade e colaboración entre as diversasformas asociativas dos laicos”. O Concilio invitou ós laicos a participar e colaborar cor-

responsablemente expresando así a súa pertenza áIgrexa particular:

“Para responder ás necesidades das cidades e daszonas rurais, non limiten a súa cooperación dentro doslímites da parroquia ou incluso da diocese, senón quehan de procurar ampliala ó ámbito interparroquial, inter-diocesano... Vivan, pois, preocupados polas necesi-dades do Pobo de Deus disperso por toda a terra”(Apostolicam Actuositatem 10).

Criterios eclesiais - pastorais para asUnidades de Acción Pastoral (II)

Trala suspensión da materia de Sociedade, Cultura e Relixión,prevista na LOCE, a confusión sobre a ensinanza da Relixión émoi notable entre pais e alumnos, e incluso entre diversos sec-tores educativos.Convén clarificar, pois, cal é a regulación actual, que se man-

tén polo menos ata este curso 2006-2007, sobre o ensino daRelixión. Entre outras cuestións, cómpre dicir que é unha mate-ria avaliable e computable, a tódolos efectos, coa única excep-ción da nota media de Bacharelato para bolsas de estudio eselectividade.Temos que ser conscientes de que na nova lei de educación

será necesario abordar, outra vez, a presencia do saber relix-ioso no sistema educativo, superando por unha parte, a insufi-ciente regulación de 1994 e, por outra, a suprimida proposta daLOCE. Estamos ante unha nova oportunidade para alcanzarun consenso educativo que nos aporte unha solución establepara a clase de Relixión.Neste diálogo reclámase a participación activa de tódolos sec-

tores implicados na ensinanza relixiosa escolar.Conviría non desbotar de antemán o mellor das distintas solu-

cións que a ensinanza da Relixión tivo desde a democracia(tempos de UCD, do PSOE e do PP):- a solución de 1994 é insuficiente, pero aporta a avaliación damateria de Relixión e o valor de Sociedade, Cultura e Relixióncomo alternativa;- a solución de 1980 pode terse en conta polo seu equilibrioacadémico entre os que queren a ensinanza relixiosa escolar e

os que non a elixen;- a solución LOCE de 2002 supón un plano educativo aborda-do academicamente pola súa importancia para a formaciónintegral.A Igrexa, desde logo, debe favorecer e participar cívica e acti-

vamente no diálogo, e así está facendo nos últimos tempos.Todos debemos cooperar para facer posible unha soluciónestable e consensuada para a educación en xeral e para aensinanza da Relixión en particular.Temos que repensar creativamente que a ensinanza escolar

da Relixión é basicamente unha cuestión de cidadanía. Tendoisto en conta, a Igrexa, como as outras tradicións relixiosaspresentes na sociedade, poden e deben participar no debatesocial á vez que cooperar coas administracións na súa regu-lación lexislativa.

Luís Manuel Rodríguez Pérez

Os profesores de relixión tiveron o pasado día 30 unha xorrnada deformación impartida polo Teólogo José Román Flecha

Para clarifica-lasituación do ensino

da Relixión

Page 5: A Nosa Voz - DIOCESIS DE LUGO · 2016. 6. 8. · A NOSA VOZ PASTORAL 4 Cómpre unha pastoral corresponsable e participati- va na que tódolos fieis se sintan convocados a participar

UN VERÁN NO ESTRANXEIRO 5A NOSA VOZ

Chegamos a Bolivia un 13 de xullo coaincógnita e a ilusión que durante un anofomos acumulando e compartindo cosnosos compañeiros do IV Curso de xovesmisioneiros da Alianza.

En Bolivia sentimos que o Señor estáregalándono-la posibilidade de atoparnoscon El a través da fe viva existente en cadacomunidade visitada. Resulta emocionantelembra-la imaxe do noso envío de 2 en 2polo monte para visita-las familias, como seduns discípulos se tratase.Un día especial foi aquel no que chegamosá comunidade de Santo Corazón e visita-mos a dona Juliana, dona Juana e a don

Purifico. Tres entrañables persoas que nosabriron a súa humilde casa e nos deron dasúa comida e compartiron connosco a súasabedoría de homes e mulleres de campo.O día finalizou cunha fermosa oración debeizón da casa. Para iso, dona Julianasacou a súa Biblia dunha vella caixa decartón como se dunha funda se tratase eagarrada a ela lía unha pasaxe e recitabaunha oración. No medio daquela pobrezaencheu o corazón dos presentes e levá-monos un gran regalo: unha oración real-izada desde o corazón, cunha enorme fe.

Antonio, Josefina e Susii

“É fermoso ver baixar das montañas os pés do mensaxeiro da paz…”

Misión en vivo e en directo

Do 15 ó 21 de agosto de 2005 celebrouse en Colonia, Alemaña,a Xornada Mundial da Xuventude. Alí xuntáronse neses días óredor dun millón de xoves unidos todos pola mesma fe.Podemos dicir que este acontecemento é coma un regalo deDeus. Os mesmos organizadores do evento animaban ós partici-pantes a manter unha actitude aberta a todo o que aconteceseneses días, para que tódolos xoves se enriquecesen no seuempezar a camiñar pola vida e para que se desen alento uns ósoutros. Para saber cales foron as cousas que trouxeron na equi-paxe do corazón os que asistiron á Xornada Mundial daXuventude, temos aquí os testemuños de tres persoas que acu-diron ó encontro con distintos grupos da Diocese.

Xurxo, seminarista de B.A.C. que viaxou co grupo do Seminario:A miña experiencia en Alemaña foi moi boa e enriquecedora paraun mozo coma min. Ver tanta xente xunta movida pola mesmascrenzas era algo novo. Tiven a sensación de que a Igrexa nonestá tan soa como se di. Alí coñecémonos moitos xoves, e todoscoa mesma ilusión e alegría, non importaba de onde foses. Undos momentos que mellor lembro é cando eu e os meus com-pañeiros vimos por primeira vez ó Papa na Catedral de Colonia.Outro aspecto que non esquecerei é o da acollida en casas defamilias alemanas, o que nos supuxo, a tódolos do grupo, un granenriquecemento e coñecemento da cultura alemana, a pesaresdas dificultades lingüísticas. Outro dos moitos momentos espe-ciais que recordo, foi o encontro da xuventude española cos seusbispos na cidade de Bonn: gustoume, sobre todo, o espírito xoveque nos mostraron.

José Antonio, seminarista maior que viaxou cun grupo daparroquia de Lalín:Este encontro afianzou, potenciou e renovou o meu desexo de

chegar a ser ordenado sacerdote de Cristo. O que máis me gus-tou da Xornada foi a vixilia co Santo Padre, onde os xoves vibra-mos ante o anuncio de Cristo, sen escandalizarnos da cruz.Seguimos a Pedro sexa quen sexa a persoa que ostente tan gran-de ministerio. Ante as incomodidades respondiamos con alegríaporque o viviamos por Cristo. Os xoves que alí estabamos eramoscristiáns, membros da Igrexa, que é xove e está viva. Vendo omillón e medio de xoves que alí estabamos, ¿quen pode dicir quea Igrexa é un rolo ou que está anticuada? Viva a Cristo, viva aIgrexa e viva a xuventude do Papa.

Eliseo Fernández Bamio, do Camiño Neocatecumenal:Fomos 7 irmáns. A experiencia resultou moi positiva para todos.

Do encuentro destacámo-la impresión que nos causou BenedictoXVI: todos coincidimos en que é o Papa que necesitamos para osnosos tempos. Fomos exhortados a vivi-la comuñón co Papa e conoso Bispo. En Alemaña puidemos experimenta-la universalidadeda Igrexa e sentirnos membros dunha Igrexa Viva que segue ani-mada polo Espírito de Xesucristo e na que podemos experimen-ta-la comuñón entre as distintas nacións, idades e sexos. En Bonn xuntámonos neocatecumenais de 75 nacións e entre

eles 2.000 rapaces levantáronse dispostos a ir ós seminarios e1.000 rapazas a mosteiros e conventos. Puidemos experimentarque non estamos sós, senón que no mundo hai moitos máis queviven o mesmo Espírito que nosoutros. Os laicos fomos exhorta-dos a anuncia-lo Evanxeo coa nosa vida cotiá nos nosos distintosambientes, sendo mártires se é preciso, soportando a persecu-ción como unha gracia e non deixando de dar testemuño do quesomos aínda que se burlen, se rían ou nos tachen de anticuados.Ós presbíteros pedíuselles que fosen humildes, santos e misio-neiros.

Xornada Mundial daXuventude

Page 6: A Nosa Voz - DIOCESIS DE LUGO · 2016. 6. 8. · A NOSA VOZ PASTORAL 4 Cómpre unha pastoral corresponsable e participati- va na que tódolos fieis se sintan convocados a participar

“Eucaristía: Misterio, celebración e vida", foi o tema que presidiu asXornadas de Liturxia, organizadas polo Arciprestado de Lugo-cidade e o Seminario Diocesano de Lugo. Realizáronse os días 20e 21 de setembro.Os relatores foron Jaume González e Monseñor Pere Tena. Ámbo-los dous son destacados especialistas en liturxia vinculados óCentro de Pastoral Litúrxica de Barcelona. Ante un bo número delaicos e sacerdotes, falaron da importancia do domingo e a súavivencia; da pregaria eucarística; do sacerdote "en" e "diante" daasemblea; do Ano da Eucaristía e os seus froitos; dos nomes daEucaristía; da mellor maneira de celebrar; da nova IntroducciónXeral do Misal Romano; e do estupor e o agradecemento, o silen-cio e a adoración ante a Eucaristía.

Unha comunidade que programa,coordina e avalía a súa acción pastoral

LITURXIA 6A NOSA VOZ

Despois da paréntese do verán, cheo decelebracións festivas, xuntanzas veciñais efamiliares, comeza un novo curso. Paramoitas comunidades parroquiais é volver afacer, monotonamente, o que se fixo sem-pre así. Nós imos propoñervos facer algodistinto, en grupo, organizadamente, quenos axude a saber que temos que facer,cando, como e por que.O inicio do curso é o momento de xuntá-

rense os axentes da pastoral da comuni-dade (sacerdote, catequistas, animadoresde liturxia...) para programa-lo traballo pas-toral. Seguramente moitas comunidades xao fixeron os outros anos, e agora volveránfacelo. Pero hai comunidades que nunca ofixeron: a súa acción pastoral limítase ó "irtirando", "facendo o que se fixo sempre"¿Por que non nos animamos a programaralgo conxuntamente este ano? ¿E se nonsae ben? Peor sairá se non programamosnada. "É que nós facemos tan poucascousas que non paga a pena programalas".Non é certo, unha pastoral programada érealista, encarnada, viva, comprometida,axúdanos a medrar como persoas, comocristiáns e como comunidade; facéndonossentir corresponsables no labor pastoralparroquial.

UNHA PASTORAL POR OBXECTIVOS.Esta pastoral é un proceso educativo que

leva a cabo unha comunidade (grupo, pa-rroquia, institución...) para repensa-la súafinalidade e as súas metas nunha situaciónconcreta que está vivindo, e a partir desasituación establecer unha estratexia deacción axeitada, cunhas determinadasactividades que a fagan posible. Este pro-ceso leva consigo dúas esixencias:1.Non planificar en función do "sempre se

fixo así", nin en función de estructuras outarefas xa existentes, senón en función darealidade da comunidade concreta.2. Non programar a partir duns principios

ou verdades, senón en función da perso-nalización e profundización da fe doscrentes e da transformación dos ambientesda nosa comunidade concreta.Con esta pastoral por obxectivos non tra-

tamos de usar na Igrexa técnicas de merca-do. A acción do Espírito, que é a que guía áIgrexa, non pode programarse, pero si podemellorarse a obra dos homes, a través dacal Deus se fai presente no mundo.Preténdese transforma-la realidade humanada Igrexa nun proxecto serio, crible e con-vincente de evanxelización, e para iso pro-grama, coordina e avalía a súa tarefa cotiáno medio do mundo. Cando nas nosas comunidades parroquiais

facemos unha pastoral por obxectivos o queintentamos é sair da rutina, da monotonía,da repetición mecánica e aburrida, dasuperficialidade, da comodidade, para mirarcara a un proxecto de evanxelización, quenos comprometa, no que nos sintamosimplicados, e ordenar, en función dese pro-xecto, as actividades dos axentes de pas-toral, tendo sempre presente a situaciónreal da que se parte, valorando os recursoshumanos e materiais dos que se dispón e

marcándonos uns obxectivos que han deser operativos, concretos e realizables.

ELEMENTOS BÁSICOS DUNHA PAS-TORAL POR OBXECTIVOS1. Punto de partida. A realidade cotiá da

xente da comunidade, os novos signos dostempos, o contexto sociocultural no queestá inmerso o home de hoxe, destinatarioda evanxelización. De non tomar en serioeste punto de partida, a pastoral corre operigo de ser algo morto, sen sentido ninsignificado, reducida a unhas cantas accióndispersas e ineficaces.2. Medios humanos e materiais. Temos

que saber con que axentes e estructuraspastorais contamos, de que recursos instru-mentais dispoñemos. Unha vez máis a reali-dade márcano-la programación. A clave doéxito non está en que sexan moitos, senónen adaptarse ós que haxa, aínda que sexanmoi poucos, e traballar coordinada e corre-sponsablemente.3. Obxectivos pastorais. Sinalarémolos

segundo as necesidades e circunstanciasde cada tempo e lugar. Serán poucos, con-cretos, realizables, flexibles e avaliables."Quen moito abarca, pouco apreta".Fixemos metas que poidamos acadar.4. Finalidade. A meta da nosa pastoral ha

de se-la construcción dunha Igrexa servido-ra do mundo dende o Evanxeo, descubrido-ra e dadora de sentido; en definitiva, sacra-mento, signo eficaz da salvación de Xesúspara tódolos homes.Non nos conformemos nas nosas comu-

nidades parroquiais cunha pastoral anodinado "ir tirando". Necesitamos urxentementeencamiñarnos cara a unha pastoral por ob-xectivos seria e realista, que se opón a unhapastoral de mantemento e identifícasecunha pastoral de crecemento que consisteen que as persoas e os grupos, partindo dasúa propia vida e experiencia, van medran-do no descubrimento de Xesucristo.

20 - 21 de setembro

Xornadas de Liturxia

Page 7: A Nosa Voz - DIOCESIS DE LUGO · 2016. 6. 8. · A NOSA VOZ PASTORAL 4 Cómpre unha pastoral corresponsable e participati- va na que tódolos fieis se sintan convocados a participar

O próximo 21 de outubro celébrase o IIISimposio do Voluntariado PenitenciarioGalego co título “O diálogo Islamo-Cristianonas prisións de Galicia”.A organización corre a cargo da Pastoral

Penitenciaria de Galicia (coordenada polocapelán de Bonxe, Jesús Redondo) e doscinco centros penitenciarios galegos. OsSubdirectores de Tratamento de cada undos centros terán cadansúa intervención. Acontinuación, o señor Director doSecretariado de Relacións Interconfesionaisda Conferencia Episcopal, D. Carlos deFrancisco Vega, presentará unha panorámi-ca do islamismo en España. Pola tarde do día 21 de outubro, Odilo

Cougil Gil, misioneiro padre branco, falarádo encontro do cristianismo co islamismodesde un punto de vista práctico. Este III Simposio, presentado por María

José Campo López-Barcia, tamén contarácoa presencia da Directora Xeral deInstitucións Penitenciarias, o Director Xeralde Voluntariado e o Delegado deEcumenismo da Arquidiocese de Santiago.Para máis información, dirixirse á sede

do Voluntariado Penitenciario Lucense(R/ Milagrosa, 68). O número de fax é oseguinte: 982 20 22 22. E o correo elec-trónico: [email protected]

ACTUALIDADE 7A NOSA VOZ

In Memoriam

D. Francisco Somoza Vila.Naceu o ano 1926 en S. Miguel de

Senande e foi ordenado sacerdote en1953. Levaba as senguintes parroquias:Coence (S. Mamede), Pedraza, Fufín eLodoso. Celebrouse o funeral o 16 demaio.D. José Río de la Fuente.Naceu en Calde en 1926, ordenándose

sacerdote en 1952. Tiña ó seu cargo asparroquias de Bacurín, Vilafiz (Friol),Santalla de Bóveda e Prógalo. O funeralfoi celebrado o 13 de xuño.D. Manuel Asorey Moure.Nacido en Galegos en 1926. A súa orde-

nación como sacerdote foi en 1951.Ecónomo de Sta. Eulalia de Xestoso(Courel), de Sta. María de Lusío,Salvador de Sambreixo, S. Andrés deDirgal, Sta. María de Dozón, Sta. Maríade Luaces e S. Lorenzo de Torneiros.Estaba xubilado. Faleceu o 27 de xuño.D. Ángel Vilela Busto.Nacido en Xiá (1926), ordenouse sacer-

dote en 1952. Era párroco de Mouricios,Muradelle e Laxe (Chantada). O seuenterro tivo lugar o 5 de setembro.D. Honorato Regal Vázquez.Naceu en Asma (Chantada) en 1932. Foi

ordenado como sacerdote en 1957.Estivo nas parroquias de Escuadro,Xestoso e Graba. Estaba xubilado.Faleceu en setembro deste ano.

III Simposio do VoluntariadoPenitenciario de Galicia

O Bispo de la Diócesis de Lugo, Frei Xosé Gómez, efectuou osseguintes nomeamentos, por un periodo de tres anos:Vicario Xeral: D. Gonzalo Fraga VázquezRector do Seminario: D. Ángel T. Lorenzo SánchezVicario Episcopal de Coordina-ción Pastoral: D. Miguel A. Gómez

VázquezVicario Episcopal de Ensinanza: D. Luis Manuel Rodríguez PérezVicario Episcopal para os Insti-tutos de Vida Consagrada: D. José

Julio Quindós PardoDelegado de Acción Caritativa e Social: D. José Fernández

FernándezDelegado de Apostolado Segrar: D. Jesús Cando FreireDelegado de Catequese: D. José Pérez BarreiroDelegado do Clero: D. Manuel López LópezD. Rafael Mella Vázquez, Subdelegad.Delegado de Mocidade: D. Jesús Fernández AiraD. Antonio Cascudo Extremeiro, Subdelegado.Delegado de Liturxia: D. José Antonio Ferreiro VarelaDelegado de Misiones. D. Ramón Jacobo BernárdezDña. Josefina Escariz Quintás, Subdelegada.Delegado de Pastoral de la Salud. D. Edelmiro Ulloa Rodríguez e

Dna. Carmen Méndez Couso, SubdelegadaDelegados de Pastoral Familiar: D. Manuel Jesús García Pérez e

Dna. Carolina R. Navas ArangurenDelegado de Pastoral Vocacional: D. Daniel García García.D. Miguel Álvarez Pérez, Subdelegado.Directores do Secretariado de Medios de Comunicación Social: D.

José Manuel Castro Alba, Dna. María José Campo López-Barcia, D.Mario Vázquez Carballo.Presidente do Secretariado de Cursiños de Cristiandade: D. Jesús

Corredoira Veiga,D. José Pena Mouriz, Asesor relixioso do Secretariado de Cursiños

de Cristiandade.Comisión Diocesana de Arte Sacro: D. Gonzalo Fraga Vázquez,

D. Jesús Guerra Mosquera, D. Nicandro Ares Vázquez, D. AmadorLópez Valcárcel, D. Jaime Delgado Gómez, D. José LebónSánchez, D. Pedro Arrojo Fernández, D. Manuel Soengas López,D. César Manuel Carnero Rodrí-guez, D. José A. Ferreiro Varela.Representante do Bispado de Lugo na Comisión Mixta bispos-

Xunta de Galicia para o Patrimonio Histórico e Documental: D.Jaime Delgado Gómez.

Novo Equipo Diocesanode Pastoral

Dende A Nosa Voz queremos facer chegara nosa máis sincera felicitación áComunidade das Fillas da Caridade por tanmerecido premio. Recoñecemento do queben sabemos son merecedoras e que servepara agradecer esa laboura e entrega cons-tante ós máis necesitados. As Fillas da Caridade teñen unha grande

presencia na nosa Diocese, á que chegaronno ano 1879 co obxecto de facerse cargo daBeneficencia, que comprendía o Hospital,

Asilo e Hospicio reunidos nun só edificio,sito na praza da Soidade. Actualmente con-tamos con dous centros das Fillas daCaridade: o Colexio da Milagrosa, fundadoen 1900; e o Centro de DiscapacitadosPsíquicos de San Vicente de Paúl, en 1984.Tamén colaboran no Comedor San Froilándende a súa fundación. Moitas gracias pola vosa entrega ó servizo

dos máis necesitados.

Premio “Príncipe de Asturias” á Comunidade dasFillas da Caridade

Toma de posesión do Novo Equipo Diocesano de Pastoral

Page 8: A Nosa Voz - DIOCESIS DE LUGO · 2016. 6. 8. · A NOSA VOZ PASTORAL 4 Cómpre unha pastoral corresponsable e participati- va na que tódolos fieis se sintan convocados a participar

A NOSA VOZ12 DIOCESE

A NOSA VOZ * PARROQUIAS* MOVEMENTOS* ASOCIACIONS* AXENDA DIOCESANA* LITURXIA* E todo o que desexa saber

sobre a Igrexa en Lugo.

SUBSCRICIONS:– ORDINARIA: 10 euros/ano– BENEFACTOR: 15 euros/anoIngresos: Banco de Galicia. Nº conta0600631224Información: Nas parroquias, na Vicaríade Pastoral ou no Secretariado deMedios de Comunicación Social.

De outubro a xaneiro

Historia da FilosofíaPsicoloxíaSocioloxíaFilosofía da LinguaxeMetodoloxíaLibros ProféticosCartas ApostólicasEscatoloxíaPatroloxíaMarioloxíaAntropoloxía TeolóxicaDereito Canónico EspecialHomiléticaAnálise Socio-económicaHistoria da Teoloxía

De outubro a xuño

Historia da filosofíaIntroducción á Sagrada EscrituraLatínGregoSacramentos (Bautismo e Confirmación)Historia da IgrexaTeoloxía Dogmática FundamentalTeoloxía Moral FundamentalTeoloxía Moral SocialTeoloxía Pastoral FundamentalEvanxeos SinópticosFeitos dos ApóstolosCorpus Paulino Cristoloxía

Instituto Teolóxico Lucense

Materias impartidas no curso 2005 - 2006

De febreiro a xuño impartirase o cursiño “Cruces procesionais: as mostras artísticas comotestemuñas de correntes teolóxicas”

Na Igrexa diocesana hai un empeño en facerrexurdi-los Estudos Eclesiásticos, en ofertarensinanzas de Teoloxía con rango universitario.Isto é algo que repercute no profesorado (partedo cal terá obrigatoriamente a máxima titulación:doutorado) e por suposto no alumnado. Este,ademais de satisface-la curiosidade polas mate-rias teolóxicas, ten unha serie de saídas:- docencia da relixión e humanidades en cole-

xios públicos ou privados,- investigación teolóxica,- medios de comunicación,- dirección de cursos de formación para move-

mentos e institucións,- dirección de exercicios espirituais,- animación de grupos cristiáns…Ó final, ademais de obte-lo título de Diplomado

en Estudos Eclesiásticos, o alumnado, en casode superar unha proba específica, tamén podete-lo grao de Bacharel en Teoloxía. Esta titu-lación é convalidable civilmente polo título deLicenciado en Estudos Eclesiásticos. Outra posibilidade é a de asistir como oínte.

O Instituto Teolóxico Lucense comparte instalacións co SeminarioDiocesano de Lugo.

Para máis información, dirixirse a:Secretaría do Instituto Teolóxico Lucense, na rúa

Anxo López Pérez, s/n (Seminario), apartado 36(27080 Lugo)Teléfono 982 22 01 00Correo electrónico: [email protected]