A matanza do porco: Isa

5
A MATANZA Mª Isabel Aguiar López nº 2

description

Traballo sobre a matanza do porco

Transcript of A matanza do porco: Isa

Page 1: A matanza do porco: Isa

A MATANZA

Mª Isabel Aguiar López nº 2

Page 2: A matanza do porco: Isa

A MATANZA DOS COCHOS

A matanza dos cochos é un costume moi antiguo que, a

parte de proporcionar alimento durante un ano para toda a

familia, tamén adoita ser un día de festa e celebración.

O matachín, actualmente, utiliza unha pistola especial para

matar os cochos, para que o animal non sufra tanto ao

morrer, dipáralle un tiro entre os ollos, e inmediatamente

crávalle o coitelo para proceder ao sangrado do cocho.

O sangrado é moi importante que se faga ben para que non

quede sangue acumulado na carne.

Unha vez que o animal estea morto, procédese a

escaldalo; adoita meterse nun baño onde hai auga fervendo

a uns 70º grados, e ráspase o pelo da pel con coitelos

lavando e limpiando a cabeza e as orellas.

A continuación, cólgase o cocho nunha viga e ábrese ao

medio, retirando as visceras, tripas, estómago e unto,

limpiándoas, traballo feito principalmente por mulleres;

antigamente lavábanse en ríos e regatos, pero hoxe en día

Page 3: A matanza do porco: Isa

faise nas propias casas xa que se dispón de auga corrente.

O cocho déixase colgado, durante toda unha noite ao frio e

ao día seguinte comeza o traballo de partir o cocho.

.

Vaise cortando, e despezando en distintas partes, xamóns,

lacóns; e a carne picada destinada a chourizos,salchichóns,

chorizóns, bótanlle allo, pemento e sal, remexendo a masa

durante dous ou tres días para o cuarto día embutilos, con

axuda da mesma máquina, coa que se picou a carne,

introducíndoa nas tripas do cocho e posteriormente

Page 4: A matanza do porco: Isa

colgalos e curalos con fume dun lume.

O resto da carne introdúcese nun baño, cheo de sal,

durante 15 días para que como se adoita dícir “ tomar o

sal”.

DO COCHO GUSTANME ATA OS

ANDARES.

Page 5: A matanza do porco: Isa