A integración das TIC na area de lingua e literatura

29
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura Román Cerqueiro Landín

description

A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura

Transcript of A integración das TIC na area de lingua e literatura

Page 1: A integración das TIC na area de lingua e literatura

A integración das TIC na

Área de Lingua e Literatura Román Cerqueiro Landín

Page 2: A integración das TIC na area de lingua e literatura

ÍNDICE

As competencias básicas no currículum

TIC e comunicación lingüística: unha oportunidade para o cambio metodolóxico na didáctica da lingua

Aplicacións educativas da web 2.0

Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística

Page 3: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Para que?

E como?

E terá que ser, non?

E onde o di? Sendo así...

E se lle dou aquí?

Page 4: A integración das TIC na area de lingua e literatura

1. As competencias básicas no currículo

Page 5: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Competencia en comunicación lingüística

É o conxunto de coñecementos, destrezas e estratexias que permiten interactuar mediante a linguaxe en diferentes ámbitos da vida social.

Fai referencia á linguaxe como instrumento tanto de comunicación oral e escrita como de aprendizaxe e de regulación de condutas e emocións.

Page 6: A integración das TIC na area de lingua e literatura

escoitarler e escribir

dialogar

Poñerse no lugar do outro

Considerar

outras

opinións

Expre

sión oral e

escrit

a

Autorreg

ular o

coñecem

ento

expoñer

organizar

analisar

Empregar

distintos

tipos de

discurso

Compre

nsión

oral e

escrita

Relaciona

rse e desenvol

verse noutros

contextos

Ser quen de comunicar nunha lingua A/B, L2

Expresar

ideas e

emocións

Page 7: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Tratamento da información e competencia dixital

É o conxunto de habilidades para procurar, obter e procesar información para transformala en coñecemento.

Posibilita a comunicación e a trasmisión de información en diferentes soportes, sobre todo, a través das Tecnoloxías da Comunicación e a Comunicación.

Page 8: A integración das TIC na area de lingua e literatura

deducir

Procurar e

seleccionar

información

Sintetiz

ar informa

ción

Relacio

nar informa

ción

Analizar

informa

ción

Desenvol

vemento

de traballo

cooperati

vo

Ferramen

tas para o

traballo e

o ocio

Organiz

ar informa

ción

Técnicas e

estratexias

axeitadas ás

fontes de

información

Relacionar

contornos

sociais e

físicos

simples

inferir

Uso para organiz

ar informa

ción

Desenvol

vemento

do traballo

persoal e

autónomo

Comprender

o efecto e a

natureza das

novas

tecnoloxías

Comunicarse

en diferentes

linguaxes e

técnicas

Page 9: A integración das TIC na area de lingua e literatura

As TIC propician novas prácticas discursivas e novas competencias lingüísticas pois danse...

Novas situacións de lectura e escrita (hipertexto, combinación de códigos verbais gráficos ou sonoros...).

Novas clases de texto e novos xéneros textuais (novas posibilidades na comprensión e produción de textos orais en novas situacións de aprendizaxe nas que o alumno organiza o discurso: conversa e debates en rede).

Novas competencias (ampliación do concepto de alfabetismo) en novos ámbitos de comunicación e interacción.

2. TIC e comunicación lingüística: unha oportunidade para o cambio metodolóxico na didáctica da lingua

Page 10: A integración das TIC na area de lingua e literatura

“Profe, traballei moi duro neste traballo, levoume 8 horas realizar a miña tarefa!!! Unha hora en ir á tenda na procura dun cartucho de tinta, dúas horas agardando soporte técnico, outros 45 minutos á espera dunha folla en branco, 30 minutos escollendo o mellor tipo de letra…”

De que non falamos á hora de contribuír á competencia dixital dende a nosa área?

Page 11: A integración das TIC na area de lingua e literatura

“Alumnos, aínda temos moita materia que ver, así que por favor consulten na rede todo o que poidan e envíenmo por e-mail.”

“Imaxina que estás a participar nun “Reality Show” sobre un

rapaz que vai facer realidade os seus soños se traballa duro e

obtén boas notas”

Page 12: A integración das TIC na area de lingua e literatura

“Aquí non hai iconas para facer “click”, isto é un taboleiro”

Page 13: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Implicacións metodolóxicas das competencias básicas

A competencia é a forma na que unha persoa emprega os seus recursos persoais (habilidades, actitudes, coñecementos e experiencias) para actuar de manera activa e responsábel na construción da súa vida.

As competencias son aquelas que teñen que ser desenvolvidas polo alumnado ao rematar o ensino secundario.

Page 14: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Cal é o papel do alumnado neste contexto educativo? O alumno debe acadar nese proceso autonomía

accedendo aos coñecementos por si mesmo e mediante actividades críticas e aplicativas, asumindo un papel activo e interdisciplinario no manexo da información no seo de grupos de traballo.

Page 15: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Cal é o papel do docente neste contexto educativo? Máis ca nunca asume o papel de mediador: o

docente estabelece obxectivos, deseña e planifica os contidos, regula o proceso de aprendizaxe, fomenta a adquisición de aprendizaxes significativas, estimula a capacidade e a autonomía do alumnado, así como o desenvolvemento de actitudes positivas.

Page 16: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Unha reflexión necesaria para iniciarse nas edutics: tecnoloxía ou metodoloxía?

Page 17: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Tense apuntado que o proceso de asimilación e acomodación das TIC nos docentes atravesa as seguintes fases (1): Acceso Adopción Adaptación Apropiación Innovación

Con todo, para integrar as TIC na práctica docente: non é obrigado manexar as ferramentais dixitais á

perfección mais si coñecer o seu potencial didáctico mentres se avanza na súa experimentación segundo as necesidades de cada un;

orientar a formación cara a experiencias concretas, sinxelas, diversas e flexíbeis; e

cómpre crear comunidades virtuais colaborativas. (2)

1. Jordi Adell (Universidade Jaume I de Castelló) Páxina e blogue Vídeos sobre competencia dixital e contornos persoais de aprendizaxe.

2. Remexer na Lingua (Luciano Fernández). A voltas coa formación en Tic-Tac.

Cando e como integrar as TIC na aula: estamos preparados?

Page 18: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Nativos ou inmigrantes dixitais? (Marc Prensky)

Nativos dixitais • Reciben moi rapidamente a información, a miúdo recibida en doses breves. • Gustan dos procesos paralelos e multitarefa.• Prefiren gráficos e imaxes a textos.• Acceden á información ao azar: hipertexto.• Traballan mellor en rede con comunidades.• Aprenden co xogo e a diversión.• Aprenden de maneira autónoma mediante tutoriais interactivos.

Inmigrantes dixitais • O procesamento de información é lento.• Gustan dos procesos secuenciais e monotarefa.• Prefiren o itinerario lineal, único, instrutivo.• Danlle prioridade ao texto escrito e extenso.• Traballan individualmente e illados.• Aprenden co traballo serio e pesado, e actualízanse mediante consulta física (libros, revistas, cursos).

Page 19: A integración das TIC na area de lingua e literatura

As TIC son unha boa oportunidade para o cambio e a innovación educativa.

O alumnado está inmerso nunha sociedade tecnificada, e nós?

Só se integrarán na práctica educativa cando se empreguen con fins curriculares e para estimular o desenvolvemento de aprendizaxes no alumnado.

A innovación coas TIC non consiste en facer máis do mesmo. Quizais non debamos usar a tecnoloxía para algo que

facemos MAL na versión analóxica. Quizais non debamos usar a tecnoloxía para o que

facemos BEN na versión analóxica. Quizais debamos usar a tecnoloxía para facer MELLOR

algo que facemos BEN na versión analóxica. Que tememos máis? Ao uso dos medios ou o cambio

metodolóxico que iso conleva?

Conclusións

Page 20: A integración das TIC na area de lingua e literatura

3. Aplicacións educativas da WEB 2.0

Que precisamos? As necesidades, os saberes e os recursos O dominio do usuario medio de internet para se

lanzar á Web 2.0. Recursos materiais e humanos.

A vontade-obriga de inserir as TIC na práctica educativa.

A necesidade de crear materiais propios e facelos confluír cos alleos.

Page 21: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Usuarios: participación e

creación.

Contidos

Servizos

Web 2.0

Interacción: redes sociais

Ferramentas: vídeo, documentos,

audio, imaxes... todo á vez

Que á Web 2.0 ou web social?

Page 22: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Dous exemplos: o blogue e os wikis

é un espazo comunicativo, de manexo sinxelo e intuitivo para o usuario

medio de internet, gratuíto en grande parte dos tramos de uso, o seu contido é hipertextual e multimedia

(imaxe, vídeo e audio), os contidos organízanse cronolóxica e

xerarquizadamente en categorías, relaciónase con outras bitácoras a través de

ligazóns, que pode integrar tamén a través das “sementes”,

acolle tamén outras aplicacións web 2.0, e permite a interacción cos lectores e lectoras.

Page 23: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Felipe Zayas

Tipos e usos dos edublogues

Page 24: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Os edublogues educativos

Page 25: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Caderno do alumnado

Obxectivos Realizar as tarefas que propostas no blogue do

profesorado no blogue da materia ou da aula seguindo as instrucións marcadas.

Amosar os traballos da materia, tanto aqueles planificados para os contornos TIC (presentacións, pod-cast, etc.) como os máis comúns (textos de creación literaria, redacción de noticias, de artigos de opinión, de reseñas, etc.).

Desenvolver temas de libre elección que garden relación cos intereses propios do alumnado: deportes, música, xogos, etc.

Page 26: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Resultados Desenvolve a autonomía e asume responsabilidades. Dá visibilidade ao seu traballo ao traspasar as paredes do

centro educativo, polo que adquire unha nova dimensión social.

Crea ámbitos de comunicacións reais. Fomenta a aprendizaxe construtiva nun marco de

aprendizaxe e ensino colaborativo. Aumenta a motivación e proporciona motivos para escribir. Fomenta reflexións sobre os novos discursos textuais de

carácter social e do texto como hipertexto. Integra diversas linguaxes. Visibiliza a necesidade de

adecuar a linguaxe ás diversas funcións e temas das entradas do blogue, ademais da necesidade de contar con normas e respectalas.

Page 27: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Webs colaborativas: as wikis

Son sitios webs conformados por varias

páxinas que son editadas polos usuarios

para elaboralas. Permiten a participación simultánea de varios autores

nunha tarefa colectiva e colaborativa na que destaca a construción do documento e na elaboración dos contidos por riba da autoría.

A wiki créase baixo control dun(s) editor(es) e a corresponsabilidade dos creadores de contidos, que poden ser revisados e alterados continuamente. É, xa que logo, atemporal xa que quen marca o seu desenvolvemento son os contidos.

Ao igual ca o blogue, é hipertextual.

Page 28: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Usos educativos Elaboración de proxectos de creación conxunta de

contidos. Creación de antoloxías, compilación e presentación de

fontes documentais, traballos en grupo, intercambio de información entre alumnado de diversos centros.

Almacena información estábel que pode ser empregada e/ou editada posteriormente.

Inclúe contidos nos que se dá un alto nivel de traballo creativo.

Page 29: A integración das TIC na area de lingua e literatura

Diario dixital

Aplicacións web 2.0 para o ensino

Redes sociais

Sitios colaborativos

Liñas do tempo

Documentos en liña

Presentacións

Audio e vídeo

Galerías de imaxes

Sementes

Cadros sinópticos

Narracións dixitais

Fedellos

Ecos xeorreferenciados

4. Propostas TIC para o desenvolvemento na competencia en comunicación lingüísitica