PROBAS ACCESO CF 2019€¦ · • Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e...

4
DEPARTAMENTO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL Convocadas as probas de acceso a ciclos de formación profesional de grao medio e superior en Galicia 2019 Publicouse a Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2019. (DOG 25/O1/2019) PRAZOS DE INSCRICIÓN: CICLOS MEDIOS: Entre o 7 e o 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos. CICLOS SUPERIORES: Entre o 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos. REQUISITOS DE INSCRICIÓN: CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2019. CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2019. NON NECESITAN PROBA: As persoas que posúan un título de Técnico Medio (Ciclo de grao medio) ou BUP teñen acceso directo aos ciclos de grao superior, non necesitan proba de acceso. CONSULTAR EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Orde do 22 de xaneiro de 2018 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN: As solicitudes poderanse realizar de modo telemático desde o epígrafe “Solicitude de inscrición telemática” que figura na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas. A aplicación informática, que incorpora un asistente que facilita o proceso, xera unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición, xunto coa documentación que se indique na instancia. Opcionalmente, pódese optar por cubrir o formulario normalizado en pantalla, dispoñible en www.edu.xunta.es/fp/probas, imprimilo e presentalo nun centro de inscrición acompañado da documentación necesaria, A solicitude preséntase en calquera instituto que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2018/19. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Transcript of PROBAS ACCESO CF 2019€¦ · • Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e...

  • DEPARTAMENTO DE INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN PROFESIONAL

    Convocadas as probas de acceso a ciclos de formación profesional de grao medio e superior en Galicia 2019 Publicouse a Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Superior para o ano 2019. (DOG 25/O1/2019)

    PRAZOS DE INSCRICIÓN: • CICLOS MEDIOS: Entre o 7 e o 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos. • CICLOS SUPERIORES: Entre o 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.

    REQUISITOS DE INSCRICIÓN: • CICLOS MEDIOS: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos no 2019. • CICLOS SUPERIORES: Non cumprir requisitos de acceso directo e ter alomenos 19 anos no 2019. NON NECESITAN PROBA: As persoas que posúan un título de Técnico Medio (Ciclo de grao medio) ou BUP teñen acceso directo aos ciclos de grao superior, non necesitan proba de acceso. CONSULTAR EXENCIÓNS E DOCUMENTACIÓN: Orde do 22 de xaneiro de 2018 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

    • As solicitudes poderanse realizar de modo telemático desde o epígrafe “Solicitude de inscrición telemática” que figura na páxina www.edu.xunta.es/fp/probas. A aplicación informática, que incorpora un asistente que facilita o proceso, xera unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición, xunto coa documentación que se indique na instancia. • Opcionalmente, pódese optar por cubrir o formulario normalizado en pantalla, dispoñible en www.edu.xunta.es/fp/probas, imprimilo e presentalo nun centro de inscrición acompañado da documentación necesaria, • A solicitude preséntase en calquera instituto que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2018/19. • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

  • PERSOAS QUE ACREDITEN DISCAPACIDADE OU TDAH:

    - As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso.

    - Quen solicite proba adaptada deberao facer constar expresamente no momento da inscrición.

    - Ademais tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).

    - A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior.

    DATAS E HORARIOS DA PROBA: Lembrar que hai que acudir á proba co DNI e a copia do impreso de inscrición que se realizou.

    1. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Medio terán lugar o día 28 de maio de 2019 no horario que se indica a seguir: • Ás 9.00 horas: presentación. • Das 10.00 ás 13.00 horas: parte matemática (matemáticas) e parte sociolingüística (lingua castelá, lingua galega, ciencias sociais). • Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica (ciencias da natureza, tecnoloxía). 2. As probas de acceso aos Ciclos de Grao Superior terán lugar o día 10 de abril de 2019 no horario que se indica a seguir: • Ás 9.00 horas: presentación. • Das 10.00 ás 13.30 horas: Parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). • Das 16.00 ás 18.30 horas: Parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII da resolución).