A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

75
Educación secundaria para persoas adultas Páxina 1 de 75 Ámbito social Unidade didáctica 9 A humanidade en evolución: dunha economía depredadora ao mundo feudal

Transcript of A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Page 1: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Educación secundaria

para persoas adultas

Páxina 1 de 75

Ámbito social

Unidade didáctica 9

A humanidade en evolución: dunha economía depredadora ao mundo feudal

Page 2: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 2 de 75

Índice

1. Programación da unidade ............................ ............................................................3

1.1 Encadramento da unidade no ámbito social ................................................................. 3 1.2 Descrición da unidade didáctica ................................................................................... 3 1.3 Obxectivos didácticos ................................................................................................... 3 1.4 Contidos de aprendizaxe .............................................................................................. 4 1.5 Actividades e temporalización....................................................................................... 5 1.6 Recursos materiais ....................................................................................................... 5 1.7 Avaliación ..................................................................................................................... 6

2. A evolución da especie humana. A humanidade prehist órica ..............................7

2.1 Para sabermos ............................................................................................................. 7 2.2 Secuencia de actividades ........................................................................................... 13

3. A Idade Antiga ..................................... ....................................................................20

3.1 Para sabermos ........................................................................................................... 20 3.2 Secuencia de actividades ........................................................................................... 37

4. A Idade Media ...................................... ....................................................................47

4.1 Para sabermos ........................................................................................................... 47 4.2 Secuencia de actividades ........................................................................................... 66

Page 3: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 3 de 75

1. Programación da unidade

1.1 Encadramento da unidade no ámbito social

– Unidade 1 ���� Bloque 1

– Unidade 2

– Unidade 3 Módulo 1

���� Bloque 2 – Unidade 4

– Unidade 5 ���� Bloque 1

– Unidade 6

– Unidade 7 Módulo 2

���� Bloque 2 – Unidade 8

– Unidade 9: A humanidade en evolución: dunha economía depredadora ao mundo feudal

���� Bloque 1

– Unidade 10

– Unidade 11

Módulo 3

���� Bloque 2

– Unidade 12

– Unidade 13 ���� Bloque 1

– Unidade 14

– Unidade 15 Módulo 4

���� Bloque 2 – Unidade 16

1.2 Descrición da unidade didáctica

Esta unidade denomínase A humanidade en evolución: dunha economía depredadora ao mundo feudal, e aborda o proceso de hominización, o paso dunhas sociedades humanas depredadoras a outras produtoras de alimentos, as primeiras civilizacións históricas en Mesopotamia e en Exipto, as civilizacións clásicas de Grecia e Roma, a orixe do cristia-nismo, a situación de Europa despois da desaparición do Imperio Romano, o nacemento e a expansión do islamismo, e a evolución dos reinos cristiáns medievais na península Ibéri-ca.

1.3 Obxectivos didácticos � Explicar o proceso de hominización.

� Coñecer o modo de vida das comunidades humanas paleolíticas.

� Explicar as causas da revolución neolítica.

� Identificar as manifestacións artísticas da prehistoria.

� Coñecer as causas que motivaron a división dos seres humanos en clases sociais.

� Describir o modo de vida das civilizacións mesopotámica e exipcia.

Page 4: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 4 de 75

� Coñecer os aspectos sociais, económicos e políticos do mundo grego, exemplificados na cidade de Atenas.

� Recoñecer e valorar a influencia que o mundo grego tivo no Occidente europeo.

� Coñecer a evolución económica, social e política da civilización romana.

� Explicar o proceso de expansión do cristianismo.

� Identificar as causas da desaparición do Imperio Romano e identificar as tres áreas cul-turais en que se segmentou.

� Explicar os cambios sufridos na península Ibérica como consecuencia da súa conquista por Roma.

� Valorar a importancia do legado romano na nosa cultura.

� Identificar os elementos económicos, sociais e políticos do reino visigodo.

� Describir a formación e a expansión do reino suevo.

� Analizar as principais etapas desde a prehistoria ata o século XV en Galicia.

� Identificar os motivos que conduciron á aparición do sistema feudal

� Comprender o funcionamento do sistema feudal.

� Explicar a relación entre os estamentos da sociedade feudal e o seu xeito de vida.

� Coñecer como estaba organizada a Igrexa na Idade Media.

� Identificar as causas que motivaron o renacemento urbano.

� Identificar os grupos sociais das cidades medievais e coñecer as actividades que desen-volvían.

� Coñecer os principais trazos económicos, sociais e políticos de Al-Andalus.

� Entender a orixe, a formación e a evolución dos reinos cristiáns da península Ibérica na Idade Media, así como os seus aspectos económicos, sociais e políticos máis salienta-bles.

� Recoñecer a importancia do Camiño de Santiago.

� Identificar os trazos máis característicos dos estilos artísticos de todo este período.

� Obter información de documentos audiovisuais.

� Interpretar a información incluída en textos e gráficos.

� Diferenciar nos textos a información da opinión.

� Procurar en internet información relacionada coa unidade.

1.4 Contidos de aprendizaxe � Da sociedade depredadora á sociedade produtora: o Paleolítico e o Neolítico, a interac-

ción da humanidade co seu medio natural, os avances e logros técnicos.

� A prehistoria na península Ibérica. A arte rupestre. O megalitismo atlántico.

� A cultura castrexa. A vida cotiá nun castro.

� As primeiras civilizacións urbanas do Crecente Fértil. A orixe da sociedade clasificada e do poder institucionalizado. A vida cotiá en Exipto.

� As principais contribucións das civilizacións urbanas clásicas: Grecia clásica e o Impe-rio Romano. A vida cotiá nunha polis.

Page 5: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 5 de 75

� Hispania e Gallaecia. As pegadas da civilización hispanorromana no territorio galego.

� A arte clásica. As principais achegas materiais e culturais clásicas e a súa contribución á civilización occidental.

� A expansión do cristianismo: do politeísmo ao monoteísmo.

� A crise do mundo romano. As invasións bárbaras. O reino suevo.

� A ruralización do occidente europeo.

� O mundo medieval: fundamentos demográficos, e trazos económicos, sociais, políticos, ideolóxicos e culturais.

� Orixe e expansión do Islam.

� A península Ibérica na Idade Media: Al-Andalus e os reinos cristiáns.

� O Camiño de Santiago.

� A baixa Idade Media: o rexurdimento das cidades e do comercio, a aparición da bur-guesía.

� Galicia e as crises baixomedievais.

� O papel da espiritualidade na arte medieval: as catedrais do románico e do gótico. As mesquitas.

� Utilización de mapas históricos. Elaboración de eixes cronolóxicos.

� Procura, análise e interpretación de información de fontes, arqueolóxicas, escritas e iconográficas; uso das TIC para obter esa información.

� Valoración dos vestixios do pasado no contorno do alumnado e do patrimonio inmate-rial como manifestación da memoria colectiva.

� Recoñecemento e valoración das pegadas do pasado histórico galego na linguaxe, nos costumes, nos restos materiais, nas manifestacións artísticas e na vida cotiá como ele-mentos constitutivos da nosa identidade individual e colectiva.

� Valoración crítica das interpretacións subxectivas que ás veces se dan da historia e inte-rese por explicacións máis obxectivas sobre ela.

1.5 Actividades e temporalización � Primeira semana: actividades 1 a 10.

� Segunda semana: actividades 11 a 20.

� Terceira semana: actividades 21 a 32.

� Cuarta semana: actividades 33 a 44.

1.6 Recursos materiais � Consellería de Educación. Libro de texto para a educación secundaria a distancia: O devir da sociedade humana. 2000. ISBN: 84-453-2695-3.

� Editorial Vicens Vives. Libros de texto para 1º e 2º de ESO. Fisterra 1 (ISBN: 978-84-316-1250-4) e Fisterra 2 (ISBN: 978-84-316-8908-7). Son moi recomendables pola claridade e a concisión dos textos, e pola alta calidade das súas ilustracións.

Dentro da secuencia de actividades que segue, nas actividades do profesorado veñen indi-cados documentais e películas recomendadas relacionados cos contidos.

Page 6: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 6 de 75

Ao remate da unidade recóllese un conxunto de páxinas web, que servirán para ampliar coñecementos e para introducir o alumnado adulto no manexo das TIC.

1.7 Avaliación

A avaliación dos aspectos procedementais realizarase a través da observación e da valora-ción do traballo proposto na secuencia de actividades.

A valoración da participación nas actividades de grupo e nos debates propostos polo profesorado farase a través da observación.

A avaliación dos contidos conceptuais faraa o profesor ou a profesora mediante os cuestionarios que crea oportunos, á parte dos que aparecen nesta unidade.

Page 7: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 7 de 75

2. A evolución da especie humana. A humanidade prehistórica

2.1 Para sabermos

A especie humana, dentro da escala zoolóxica, pertence á orde dos primates, que aparece-ron hai 60 millóns de anos e que se caracterizan por teren extremidades longas, rematadas en cinco dedos, ollos dirixidos cara a adiante e cerebro moi desenvolvido.

Dentro dos primates está o grupo dos homínidos, que aparecen hai cinco millóns de anos, a partir duns antepasados comúns aos dos chimpancés e gorilas, dos que xurdirá a especie humana. O grupo dos homínidos comprende, desde hai 2.300.000 anos, o homo habilis, considerado como o primeiro humano porque fabricaba útiles de pedra tallada e era capaz de falar. A partir do homo habilis a especie humana seguiu evolucionando ata chegar ao actual homo sapiens sapiens, caracterizado como tal en Europa desde hai 40.000 anos.

En conclusión, considéranse primeiros seres humanos, diferentes dos restantes animais, os que andaron permanentemente de pé, deixando libres as extremidades superiores, e cun maior campo de visión; os que utilizaron as mans para manipular e fabricar ferramentas e, nomeadamente, os que aumentaron a capacidade cranial e o volume do cerebro, o que lles permitiu desenvolver o razoamento, o pensamento, a coordinación dos movementos e a linguaxe. Con estas novas aptitudes, coñeceron mellor o medio en que se desenvolvían, comezaron a dominalo, foron quen de transmitir os coñecementos aos seus descendentes,

Page 8: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 8 de 75

e fabricaron instrumentos, feito este que diferencia a especie humana do resto de primates.

O Paleolítico

Co homo habilis iniciouse a primeira etapa prehistórica, o Paleolítico (pedra vella), que chega ata hai uns 10.000 anos.

� Ocupacións e modo de vida. Non saben aínda producir alimentos, polo que teñen que depredar sobre o ecosistema que os rodea: recollen froitos silvestres e raíces, cazan e pescan, na medida en que os seus útiles en constante perfeccionamento llelo permiten. Unha vez esgotados os recursos alimentarios nunha zona concreta, non lles quedaba máis remedio que írense a outro lugar para proseguir a recolleita e a caza. Deste xeito élles imposible residir nun sitio fixo: son nómades. O seu hábitat eran as beiras dos rí-os, onde ían beber os animais, e as covas, para se refuxiaren.

� Tecnoloxía. Para fabricaren ferramentas empregaban simples croios, e logo puntas en perfecto triángulo utilizadas como coitelos e puntas de frecha, o que lles permitía sacar a pel dos animais cazados, cortar a carne, e fabricar vestidos e calzado. Co tempo usa-ron o sílex, unha rocha que cun pequeno golpe esgaza doadamente e queda un fío moi cortante. Despois fabricaron puntas de lanza, arpóns, anzois e agullas feitas en óso ou corno. Xunto co perfeccionamento das técnicas do tallado, tivo lugar, hai uns 150.000 anos, un dos inventos máis importantes de toda a historia da humanidade: o lume. Xa nun principio, as súas aplicacións foron de grande transcendencia: cocemento dos ali-mentos, co que melloraron a dieta; quecemento, iluminación e protección ante as feras.

� Sociedade. Non tiñan unha organización social complexa; só se unían temporalmente para cazar. Non existen nin a propiedade privada nin as clases sociais. É probable que ao longo do Paleolítico fose aparecendo a figura do xefe de grupo, coñecedor das técni-cas de caza.

� Relixión. Desde mediados do Paleolítico xa aparecen as crenzas, xurdidas da necesida-de de lle dar explicación a unha serie de realidades que os preocupaba: a perda dun ser querido, o que acontece despois da morte ou os fenómenos meteorolóxicos. O feito re-lixioso maniféstase nos enterramentos dos defuntos, que evidenciarían un culto aos mortos e un pensamento dirixido á transcendencia da vida humana despois da morte, e nas cerimonias rituais destinadas a propiciar a obtención de alimentos, intentando influ-ír na natureza mediante prácticas máxicas, para que a caza e os froitos fosen abundan-tes, asegurando a súa supervivencia.

� Arte. Comezan a pintar hai uns 25.000 anos. A pintura estaba localizada en covas, e representa animais (bisontes, cabalos, cervos, xabarís, etc.) e escenas de caza e de dan-

Page 9: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 9 de 75

za, pintadas con cores ocre, vermella e negra. A realización de figuras humanas femini-nas (Venus), acentuando os seus atributos reprodutores, simbolizan o culto á muller fe-cunda e á fertilidade da Terra. Existe unha teoría, a máis aceptada para explicar o na-cemento da arte: tería como función propiciar a caza e a fertilidade, aspectos ambos esenciais para asegurar a supervivencia da especie nun momento difícil. Crían que con só pintar un cervo, o verdadeiro animal caería baixo o seu poder.

A Revolución Neolítica

� A produción de alimentos. Hai uns 10.000 anos, nunha zona do próximo Oriente chamada o Crecente Fértil, prodúcese un cambio tan importante como o invento do lu-me: os humanos aprenden a producir alimentos cando se decatan de que enterrando unha semente se produce unha nova planta. A anterior economía depredadora dá paso a unha economía produtora: xorden a agricultura e a gandaría, e, un pouco máis tarde, as actividades artesanais do tecido e a cerámica, e o comercio. A agricultura nace co culti-vo da cebada, o trigo, as lentellas e os garavanzos. O primeiro animal domesticado, como garda, foi o can. Logo domesticaron ovellas e cabras, porcos e vacas, e o cabalo.

Para os cazadores, os nenos representan unha carga. Non obstante, os fillos dos labregos poden axu-

dar a desherbar as leiras e a espantar os paxaros. Se hai ovellas ou vacas, os rapaces pódenas atender. Gordon Childe, V. As orixes da civilización

� O comercio. Cos excedentes alimentarios e cos produtos artesanais non necesarios, ini-ciouse un intercambio comercial coas comunidades veciñas, e logo máis lonxe, grazas á navegación fluvial, nun principio, e despois á marítima costeira. A navegación foi, pro-bablemente, o medio de difusión das innovacións neolíticas, a través do Mediterráneo e do río Danubio. Na península Ibérica, os primeiros asentamentos neolíticos datan do 5000 a.C.

� A sociedade. Tendo cubertas as necesidades alimentarias nun lugar concreto, xa non cómpre levar a vida nómade do Paleolítico; a partir de agora, as persoas vólvense se-dentarias. A existencia de alimentos suficientes permite unha mellora na calidade de vida, maior esperanza de vida e un notable incremento demográfico. Tamén supón que non todos os habitantes do grupo teñan que dedicarse á produción de alimentos; apare-cen así outros oficios: tecedores, oleiros, comerciantes, etc. A vida social está organi-zada en tribos ou clans, e aínda non existe a propiedade privada: todos os bens son da comunidade.

� Os avances técnicos. Neolítico quere dicir “pedra nova”: aprenden a puír a pedra, é di-cir, a deixala lisa. Isto vailles reportar melloras considerables nos seus útiles habituais: frechas, machadas e puñais. Comezan a traballar a madeira grazas ás novas ferramen-tas, e a agricultura vese beneficiada grazas aos sachos e ás fouces, feitos de madeira con pedras incrustadas a xeito de dentes. Hai épocas en que teñen excedentes de ali-mentos e a súa conservación en bo estado é esencial para as estacións de escaseza. A invención da cerámica, en torno ao 6000 a.C. foi un feito revolucionario, comparable

Page 10: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 10 de 75

na actualidade aos plásticos: vailles proporcionar a seguridade da súa conservación e o cociñado, así como a extracción e a almacenaxe da auga. Determinadas plantas herbá-ceas, como o liño, ou a la das ovellas, serán a materia prima ideal para o inicio da acti-vidade téxtil, realizada en teares de madeira.

� A arte. Seguen coa pintura, que representa persoas e animais. A innovación artística dáse na decoración que practican nas vasillas de cerámica, feita con obxectos punxen-tes, peites ou co contacto de cordas.

� Expansión do Neolítico. A Revolución Neolítica tamén se produciu, de xeito autóno-mo, no val do río Indo, na India; nas beiras do río Amarelo, na China; e en sitios pun-tuais das mesetas de México e Perú.

A Idade dos metais, unha época de grandes inventos

Divídese en tres etapas, segundo o metal empregado: Idade do Cobre, ata 1700 a.C.; do Bronce (mestura de cobre e estaño), de 1700 a 800 a.C.; e do Ferro, do 1000 ao 700 a.C.

As técnicas metalúrxicas nacen tamén en puntos concretos do Crecente Fértil, e para o seu manexo son precisos complexos coñecementos, polo que os que traballaban o metal eran recoñecidos como técnicos moi especializados e o seu labor tiña moito prestixio. O avance que supuxo a utilización dos metais foi enorme: melloraron as técnicas agrícolas ao haber ferramentas máis resistentes (arados, fouciños metálicos, coitelos, etc.), o mesmo que as armas de caza e de guerra, actividade esta que entra agora a formar parte da rela-ción entre os grupos ou as comunidades humanas.

Tamén neste período houbo outros inventos que marcaron un fito: a roda e o carro tira-do por animais. Estas innovacións revolucionaron o comercio, tanto pola maior cantidade de mercadorías transportadas como pola velocidade, e facilitaron a máis rápida expansión dos novos avances cara ás zonas limítrofes. As técnicas da guerra víronse revolucionadas ao aparecer o que se podería chamar o primeiro carro de combate.

Comeza agora a aparecer unha incipiente división da sociedade en clases, en función da riqueza de cada unha, e están a piques de xurdir as primeiras cidades.

Page 11: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 11 de 75

Coincidindo coa utilización dos metais, nalgunhas comunidades humanas construíronse uns monumentos feitos de grandes pedras (monumentos megalíticos), como os menhires, ou pedras verticais con finalidade conmemorativa; as mámoas, constituídas por un dol-men, que é unha cámara de enterramento formada por pedras verticais e cubertas cunha lousa grande, e un túmulo de pedras e terra que o arrodea; e o crómlech, formado por un conxunto de lousas verticais e horizontais colocadas en círculo, que cumpría unha función relixiosa, relacionada probablemente co culto ao Sol.

A prehistoria en Galicia e na península Ibérica

� As persoas do Paleolítico. A presenza humana na península Ibérica vén de moi antigo. Ata agora, os seres humanos máis antigos foron localizados no xacemento de Atapuer-ca (Burgos), cunha antigüidade aproximada de 800.000 anos. En Galicia ocuparon va-les de ríos (desembocadura do Miño), zonas concretas do interior (Toén, en Ourense) e zonas costeiras, onde se especializaron en actividades de marisqueo (cuncheiros: acu-mulación de cunchas, resultado do marisqueo). A súa tecnoloxía e a súa arte teñen as mesmas expresións que as xa estudadas, e son salientables as pinturas rupestres da zona cantábrica (cova de Altamira) e as da zona levantina.

� O Neolítico. Chegan as innovacións neolíticas a Galicia polo 5000 a.C., co cultivo do trigo e a domesticación de ovellas, cabras e porcos.

� A metalurxia. Desenvólvese a técnica do bronce desde o segundo milenio a.C., traída por buscadores de estaño, abundante en Galicia. Paralelamente desenvolveuse o mega-litismo en varios lugares da Península, sobre todo en Galicia (dolmen de Domaio).

� A arte. A expresión máis característica da arte prehistórica de Galicia son os petrógli-fos, gravados da época do Bronce, realizados sobre rochas ao aire libre, consistentes en círculos e espirais, unhas veces, e figuras humanas e de animais, noutras. Pénsase que son manifestación de prácticas máxicas e relixiosas. Son de destacar os de Campo La-

Page 12: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 12 de 75

meiro. O desenvolvemento da metalurxia deu orixe a unha salientable produción artís-tica no campo da ourivería, como o Tesouro de Caldas de Reis.

No remate dos tempos prehistóricos, vivían no Leste e no Sur da Península os iberos, e no resto os celtas; estes últimos entraron na Península a través dos Pireneos, arredor do século VI a.C. Os iberos estaban culturalmente máis avanzados que os celtas debido ao contacto que mantiñan cos colonos gregos, fenicios e cartaxineses.

� A cultura castrexa. Cultura é un conxunto de ideas, costumes, ciencias, artes, lingua, coñecementos, leis, moral e relixión que caracterizan un grupo social. É a única carac-terística propia da especie humana. A cultura castrexa constitúese no século VI a.C. Os celtas eran agricultores e gandeiros, utilizaban o ferro e non coñecían a escritura. Ao mesturárense coa poboación indíxena, os oestrimnios, aparece esta cultura, cos exem-plos máis notables en Galicia. Os seus poboados, os castros, son recintos amurallados que arrodean un outeiro, e conteñen as vivendas circulares de paredes de pedra e teito de palla, cortellos e almacéns: Santa Tegra, Viladonga, Baroña, etc. A base económica era a agricultura e a gandaría, apoiadas coa caza e, en zonas costeiras, co marisqueo. A actividade mineira era moi importante: estaño e ferro. Os metais preciosos eran traba-llados cunha elevada calidade artística: torques, diademas, fibelas, fíbulas, brazais.

Practicaban unha relixión naturalista (adoraban a auga, os montes e os bosques) mesturada co culto a divindades protectoras dos animais.

Page 13: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 13 de 75

2.2 Secuencia de actividades

S1. Actividade do profesorado: breve presentación da unidade.

O tempo histórico. A hominización. A Prehistoria: concepto e períodos. O paso da Prehistoria á Historia. As primeiras civilizacións urbanas: cronoloxía, localiza-cións, avances tecnolóxicos e entrada na Historia. As civilizacións clásicas: Gre-cia e Roma, o cristianismo. A Idade Media: as invasións xermánicas, ruralización de Europa, os primeiros reinos europeos, o islamismo, o feudalismo, o renace-mento das cidades. Metodoloxía que se seguirá.

S2. Avaliación inicial: indique o significado destas palabras.

���� Nómade

���� Sedentario

���� Pedra tallada

���� Pedra puída

���� Paleolítico

���� Neolítico

S3. Actividade do profesorado: explicación dos contidos que aparecen deseguido, na sección Para sabermos.

Pódese facer simultaneamente coa visión comentada, total ou parcial, do docu-mental en DVD La odisea de la especie (Divisa Home Vídeo. 2003. 90 min.), es-truturado en 5 partes: Australopithecus, Homo habilis, Homo erectus, Home de Neanderthal e Homo sapiens, ou da película Na procura do lume, de J. J. Annaud (1981).

Page 14: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 14 de 75

S4. Describa os principais trazos morfolóxicos dos seres humanos observados no documental. Comentario acerca da evolución das aptitudes e das destrezas que ían adquirindo, centrándose nomeadamente nas dos considerados primeiros humanos.

O Paleolítico

S5. Actividade do profesorado: explicación dos contidos do Paleolítico, de xeito si-multáneo coas imaxes do documental anterior referidas ao Homo habilis.

S6. Describa as principais actividades que realizaban os seres humanos do Paleolí-tico e o tipo de ferramentas que utilizaban.

Que vantaxes lles reportou a utilización do lume?

Page 15: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 15 de 75

Relacione as súas manifestacións relixiosas coa súa arte.

O Neolítico

S7. Actividade do profesorado: explicación dos contidos da Revolución Neolítica.

S8. Explique a orixe da agricultura.

Describa os avances tecnolóxicos do Neolítico en comparación cos do Paleolíti-co.

Que diferenzas fundamentais hai entre a sociedade paleolítica e a neolítica?

Page 16: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 16 de 75

Que quere dicir que a revolución neolítica se produciu de xeito autónomo en lu-gares distintos do Crecente Fértil?

Por que a este período prehistórico se lle chama “pedra nova”?

Por que no Neolítico os nenos non supoñen unha carga?

A Idade dos metais

S9. Actividade do profesorado: explicación de “A Idade dos Metais”.

S10. Cite os primeiros metais que se utilizaron. Que melloras se produciron como consecuencia da utilización dos metais?

Page 17: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 17 de 75

A roda e o carro tirado por animais, que cambios produciron?

Que tipos de monumentos megalíticos foron construídos e que función cumprí-an?

Socialmente, que cambios se están a producir?

A prehistoria en Galicia e na península Ibérica

S11. Describa as actividades económicas que se realizaban na Galicia do Neolítico.

Page 18: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 18 de 75

Como xorde a metalurxia en Galicia?

Faga un resumo sobre os monumentos megalíticos en Galicia.

S12. Por que se lle chama así á cultura castrexa?

Cal é a súa base económica?

Page 19: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 19 de 75

Por que se di que os castrexos practicaban unha relixión naturalista?

Page 20: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 20 de 75

3. A Idade Antiga

3.1 Para sabermos

O tránsito á Historia

Tradicionalmente considerábase a aparición da escritura como o feito que marcaba o co-mezo da Historia. Actualmente, tense en conta o desenvolvemento económico xeral para marcar o seu inicio: o nacemento das cidades, o comercio a grande escala e as necesidades de comunicarse con mensaxes gráficas.

Á primeira etapa da Historia dáselle o nome de Idade Antiga, que se inicia cos cambios que se acaban de citar, e remata no 476 d.C., cando se derruba o Imperio Romano.

As primeiras civilizacións urbanas: Mesopotamia e E xipto

A revolución urbana no Crecente Fértil: a base da organización humana actual

Nestas civilizacións aparece por primeira vez a cidade, como evolución dos anteriores po-boados. Esta revolución urbana iníciase na xa citada rexión do Crecente Fértil, nos vales dos ríos Éufrates e Tigris, ao redor do 4000 a.C. Foron tamén estas civilizacións as que in-ventaron a escritura, é dicir, as primeiras comunidades humanas que entraron na Historia.

Page 21: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 21 de 75

Foi este un feito revolucionario, tendo en conta o que en Historia significa revolución: cambio rápido e brusco que se dá nunha sociedade, e que trae cambios profundos na eco-nomía, na sociedade, na política e na cultura, aparecendo despois unha sociedade radical-mente distinta á anterior. Estes cambios urbanizadores danse tamén, de xeito independen-te, noutro vales: Nilo, Indo e Amarelo.

A revolución urbana supón uns cambios sen precedentes na historia da humanidade:

� Comercio. A abundancia de auga, a fertilidade das terras dos vales, a temperatura ade-cuada e os avances técnicos acadados nas técnicas de regadío, traen como consecuencia unha agricultura de notables rendementos, ata o punto de ter excedentes de produtos agrícolas: cos alimentos que sobran poden comerciar. Esta alta produción agrícola per-mite unha mellor e máis abundante alimentación, que a súa vez provoca un forte au-mento da poboación. Así é como moitas aldeas se transforman en cidades.

� Oficios. O feito de teren alimentos de sobra, permite que non toda a man de obra teña que estar dedicada á produción de alimentos. Algunhas persoas realizan outras tarefas: artesanía, metalurxia, obras hidráulicas. Aparece deste modo a división e especializa-ción do traballo: labregos; gandeiros; artesáns; comerciantes; funcionarios que levan a administración da cidade; militares encargados da defensa da cidade e dos excedentes alimentarios almacenados; un xefe militar, que, moitas veces, exerce o poder político debido á importancia que adquire a súa función protectora; os sacerdotes, intermedia-rios entre os humanos e o misterioso e o sagrado.

� Clases sociais. E así a riqueza comezou a acumularse nas mans duns poucos, os que ti-ñan máis habilidades. Desde agora, a diferenza de riqueza convértese automaticamente en diferenza de poder político: unha pequena parte da poboación, grazas a súa superio-ridade económica, vai controlar aquelas actividades económicas máis rendibles, subor-dinando a meirande parte da poboación, asumindo o mando na guerra e controlando as funcións sacerdotais.

Asistimos ao nacemento dunha sociedade dividida en clases sociais, entendendo por clase social un grupo de persoas que se definen polo lugar que ocupan nas estruturas económica, de poder e de prestixio dentro da sociedade á que pertencen. Cada clase diferénciase das outras pola maior ou menor riqueza que posúe e polo grao de poder económico e político que exerce.

� Poder político e militar. A organización, a dirección e o control da cidade require unha autoridade política, que exerce o poder e a autoridade, elementos que sempre es-tán presentes en calquera organización social. Esta autoridade é exercida ás veces, polo xefe militar; outras, polo sacerdote; noutras ocasións, e para facerse obedecer mellor, din ser parentes dalgún deus, unindo así a autoridade civil e a autoridade relixiosa.

O gobernante exerce sempre un poder absoluto, que abarca o militar, o relixioso, o lexislati-vo (el só elabora as leis), o executivo (ordena o cumprimento das leis), o xudicial (xulga as condutas) e a recadación dos impostos para manter o funcionamento do Estado.

O gobernante, xunto cos funcionarios que o axudan nas tarefas administrativas, constitúen o Estado, institución que nace tamén nestes momentos históricos que estamos a tratar. O Estado é un territorio no que se recoñece a autoridade suprema dun goberno, que entre outras funcións realiza a de manter a paz interior e a defensa contra a agresión exterior a través do control ex-clusivo do uso da forza (o exército). A política leva consigo, ademais, a disputa polos cargos que teñen autoridade e o intento por gobernar.

O Estado dirixe, organiza, controla e administra a vida dos habitantes das cidades. A necesi-dade de tomar anotacións para fixar as leis, para controlar a produción agrícola, os intercam-bios comerciais e os impostos fixo xurdir a escritura, no 3300 e no 3150 a.C. en Mesopotamia e Exipto, respectivamente.

Por motivos demográficos (incremento da poboación), de supervivencia (escaseza de ali-mentos) ou por ansias de poder, todos os pobos ao longo da súa existencia se viron na necesi-dade de expandirse xeograficamente mediante conquistas de territorios pertences a outras co-munidades humanas. Co paso do tempo estas ocupacións xeográficas adquiriron un carácter

Page 22: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 22 de 75

violento porque se viu cada vez con máis claridade que a guerra era un medio para acumular excedentes de riqueza (alimentos, metais) e, tamén, excedentes de enerxía humana: escravos. Estes aforraban traballo á comunidade que os posuía e proporcionaban un aumento da produti-vidade, constituíndose así a escravitude nun dos piares fundamentais da economía antiga, me-dieval (servos) e mesmo, aínda que nomeada con eufemismos, nos inicios da Revolución In-dustrial no século XIX, así como nunha ferramenta poderosa de acumulación de riqueza por parte dos que posúen o poder económico e, consecuentemente, o político.

MESOPOTAMIA

Localízase entre os ríos Éufrates e Tigris (Mesopotamia quere dicir “entre ríos”), unha zo-na do Crecente Fértil, de fácil regadío e suficientes horas de sol, calidades propicias para a agricultura. Aquí naceron as primeiras cidades-estado, independentes unhas das outras: Ur, Lagash, Uruk

Logo formáronse imperios, é dicir, a ocupación de territorios alleos por parte dalgunha cidade-estado: foi o caso de Babilonia, que ocupou e dominou as outras cidades de Meso-potamia; despois fixeron o propio outros pobos mesopotámicos como os asirios e os per-sas, nesa tendencia humana explicada máis arriba e citada no texto de Clara Barreiro.

� Economía. Baseábase na agricultura (cereais, legumes, froitas) e no comercio, practi-cado nun principio en forma de troco e, máis adiante, introducindo a moeda. O centro comercial era o templo (cigurat), dirixido por sacerdotes, que fixaban os impostos e le-vaban tamén o control e o rexistro escrito dos intercambios mercantís.

Page 23: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 23 de 75

Se un home lle baleira un ollo a outro home, privaráselle dun ollo a el. Se un médico opera ao escravo dun home libre e lle causa a morte, pagará escravo por escra-vo.

Código de Hammurabi.

� Sociedade. Estaba estruturada en grupos ou clases pechadas: o ascenso de clase social era imposible. Formábana o rei ou monarca (era o xefe dos sacerdotes), que tiña o po-der de por vida e deixáballo en herdanza a un dos seus fillos; os sacerdotes; os grandes propietarios; os comerciantes; os campesiños; os artesáns e os escravos.

O rei era considerado coma un deus; nesta consideración baseábase o seu poder absoluto.

O ano 1765 a.C. marca un fito na historia da humanidade: redáctanse as primeiras leis escri-tas coñecidas: o Código de Hammurabi.

� Ciencia. No campo científico fixeron achegas notables, algunha das cales están hoxe vixentes: inventaron a división do tempo en horas, minutos e segundos, e o sistema se-saxesimal para a división dos ángulos; tiñan un sistema fixo de pesas e medidas; inicia-ron os estudios astronómicos e, baseados neles, elaboraron un calendario.

� Relixión. Era politeísta (adoraban a varios deuses). Os seus deuses personificaban os astros coñecidos.

� Arte. As realizacións escultóricas estaban constituídas por pequenas estatuíñas e figu-ras en relevo, feitas en barro. Na arquitectura construíron cigurats, unhas torres con chanzos e ramplas, que utilizaban para a observación astronómica. Debido a que a se-quidade do clima impedía o crecemento de árbores, as construcións eran realizadas en adobe: ladrillo feito cunha mestura de palla e barro cocida ao sol.

Coñecían o arco de medio punto (semicircunferencia) e a bóveda de canón.

EXIPTO

En só 2.500 anos os exipcios pasaron do Neolítico á Historia. Esta civilización urbana es-taba asentada no val do Nilo, río que lle proporciona a razón de ser: as inundacións cícli-cas que acontecen no verán proporcionan regadío e fertilidade a un val emprazado no me-dio do deserto.

Page 24: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 24 de 75

Sálvame, oh, Hapi, que chegas en paz a esta terra, fas que Exipto viva e dás de beber á Terra; ti fas medrar o gran; ti es o dono do teu pobo!

Himno en honor do Nilo

Comprende un período cronolóxico que vai desde o século XXVII ata o I a.C., cando os romanos conquistan Exipto.

� A economía. Fundamentábase na agricultura: cereais, vide, liño e produtos de horta. Tamén criaban vacas, cabalos e aves de curral, e practicaban a caza e a pesca. O co-mercio era monopolio do Estado, e practicábase coas rexións limítrofes.

� A sociedade. Estaba dividida en grupos pechados, nos que a posibilidade de ascenso social era nula. No cumio estaba o faraón, xefe do Estado, posuía todas as terras e era considerado dun deus. Despois viñan os altos funcionarios do Estado (xefes militares e da administración) e os sacerdotes; todos eles posuían terras que o faraón lles entregaba para garantir a súa fidelidade. Cara a abaixo estaban os pequenos funcionarios (os es-cribas, que dominaban o cálculo e a escritura, o que lles daba certa consideración so-cial), comerciantes, artesáns e os campesiños, que estaban vinculados ás terras e consti-tuían a maioría da poboación. No derradeiro nivel, os escravos, ferramenta humana uti-lizada nos traballos máis duros.

Page 25: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 25 de 75

� A política do Estado. O faraón exercía o poder con carácter absoluto. Estaba asistido por funcionarios que se ocupaban da recadación e administración dos impostos, de re-dactar as leis, de controlar a orde da sociedade, do exército e do comercio.

� A vida cotiá. A meirande parte da poboación era rural. Só o faraón e os nobres vivían en cidades, onde o comercio e a artesanía tiñan un notable desenvolvemento.

As clases baixas tiñan o pan como alimento básico, máis as legumes e o mel. Os privilexia-dos consumían carne e froita.

A familia era unha institución básica para o coidado dos fillos, aos que se lles concertaba o matrimonio. A autoridade familiar recaía no pai. As mulleres ocupábanse da atención domésti-ca e asemade traballaban as terras.

� A relixión. Estaba intimamente relacionada co poder: xa vimos que o faraón tiña a con-sideración dun deus. Era politeísta: Ra, deus do Sol; Horus; Isis; Osiris, deus dos mor-tos; Anubis, Amón, etc

Foron os creadores dunha relixión transcendente: rendían culto ao mortos porque a súa crenza era que a alma se mantiña viva trala morte. En consecuencia, había que manter en per-fecto estado o cadáver, o cal momificaban, é dicir, cunhas técnicas moi avanzadas trataban de mantelo nun estado o máis semellante posible a cando estaba vivo. Esta crenza na inmortalida-de levábaos tamén a acompañar o cadáver dos mesmos bens que precisaba na vida terreal: ali-mentos, vestidos e serventes.

� Ciencia e tecnoloxía. Practicaron a cirurxía, elaboraron catastros (censos de fincas), ti-ñan o sistema decimal, coñecían os números naturais e a proporción fixa entre a lonxi-tude da circunferencia e o seu diámetro. Algúns problemas de xeometría resolvéronos con raíz cadrada, e outros con ecuacións de segundo grao.

Aínda que os babilonios os avantaxaban en astronomía, os exipcios coñecían algúns plane-tas e as fases da Lúa. Crearon un calendario para controlar as enchentes do río: dividiron o ano en 365 días e o día en 24 períodos.

� A arte. Estaba destinada fundamentalmente á tumba do faraón e a edificios relixiosos: pirámides e templos, construídos en pedra. En escultura realizaron relevos e estatuas. Tamén é notable a realización de pinturas murais.

As civilizacións clásicas: Grecia e Roma

Denomínanse civilizacións ou culturas clásicas porque foron culturas modelo, imitadas en séculos posteriores nas súas manifestacións culturais e artísticas. A nosa vida actual está presidida por elementos da súa cultura: democracia, moedas, lóxica, Dereito, a lingua, Pi-tágoras, Arquímedes, drama, comedia, ciencia, Olimpíadas, etc

Page 26: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 26 de 75

GRECIA: a base da nosa cultura

Xorde esta civilización nas terras en torno ao mar Exeo e espallouse polas costas do Medi-terráneo, nun período de tempo que vai desde o 1000 ata o século I a.C.

� As polis. Nunca existiu un Estado chamado Grecia: cada lugar concreto formaba unha cidade-estado politicamente independente, chamada polis, formada por unha cidade e un territorio circundante con pequenas aldeas.

O centro da cidade tiña dúas partes, a acrópole, lugar onde se situaban os templos e refuxio en caso de guerra, e a ágora, praza pública e centro da vida política e económica.

Os motivos polos que non houbo un Estado unitario son variados: mentalidade tribal, estado de guerra case permanente, un relevo moi accidentado e as diferentes economías entre as dis-tintas rexións.

Así e todo, os habitantes das distintas polis sentíanse pertencentes a unha mesma cultura ba-seada nunha lingua común e na relixión.

� A economía. Tiña como base a agricultura, cos produtos típicos mediterráneos (cereais, vide e oliveiras), a gandaría de ovellas e cabras, a artesanía e o comercio a través das

Page 27: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 27 de 75

colonias que fundaron por todo o Mediterráneo, onde facían intercambios comprando á poboación autóctona metais valiosos (ouro e prata) e vendéndolles produtos artesáns elaborados por eles (cerámica, tecidos). Cómpre destacar dentro da actividade comer-cial o uso da moeda, xunto co habitual troco.

� O sistema político. Nun principio, as polis tiñan como sistema de goberno a oligarquía, na que un pequeno número de nobres ou aristócratas exercía o poder, sen ter en consi-deración aos cidadáns (homes libres, de pai cidadán e nai ateniense).

Pero na polis de Atenas, durante o século VI a.C., algúns políticos realizaron reformas polí-ticas e sociais que conducían cara á democracia e melloraban a situación do pobo: os cidadáns acadaron o dereito de participar no goberno da polis e que ninguén caese na escravitude por ter débedas.

Pero non era unha democracia tal como a entendemos hoxe, senón que a participación das persoas na vida política estaba restrinxida a unhas poucas: só os cidadáns tiñan dereitos políti-cos. Quedaban fóra do sistema as mulleres, os metecos ou estranxeiros e os escravos.

Reunidos catro veces ao mes nunha asemblea chamada Ecclesía, que sería o equivalente aos actuais Parlamentos, os cidadáns participaban no goberno da polis: aprobaban as leis e os im-postos, e elixían ao poder executivo ou goberno, formado por maxistrados ou funcionarios que tiñan diferentes funcións (militar, económica, relixiosa, xudicial, política exterior).

O poder xudicial estaba formado por 6.000 cidadáns elixidos por sorteo e repartidos en dez tribunais presididos por un maxistrado.

Por natureza, o máis débil é tamén o peor. A pesar disto, no Estado son os débiles e a gran masa

os que dan as leis, facéndoo no seu propio proveito; por iso tratan de amedrentar os fortes, é di-

cir, a aqueles que teñen forza de por si para teren máis cós outros, co fin de que non aspiren a

máis. (... ) Non obstante, a natureza proba que é xusto que o home hábil posúa máis có que non o

é, e o máis forte máis có débil.

Calicles.

A base do sistema democrático é a liberdade; esta caracterízase por ser un goberno por quendas.

A xustiza democrática baséase en ter todos o mesmo. Sendo todo isto o xusto, a multitude ten que

ser evidentemente a soberana: o que aprobe a multitude ha de ser o xusto.

Aristóteles. Política.

� A colonización grega. Acontece entre 750 e 550 a.C., e estendeuse polas costas do Mediterráneo: Asia Menor, sur de Italia, illa de Sicilia, península Ibérica e norte de África. A causa desta expansión foi a falta de terras para manter unha poboación en aumento.

Emigraban en grupos dirixidos por un xefe. Unha vez chegados a un punto da costa ben pro-texido, procuraban entenderse pacificamente coa poboación indíxena e fundaban unha colonia independente da polis grega da que partiran, coa que só mantiñan relacións comerciais.

No 550 a.C. chegaron á península Ibérica e fundaron Emporion (mercado), hoxe Ampuries, na costa de Xirona. Durante os 200 anos seguintes foi un importante centro comercial, onde vendían aceite, viño, armas e cerámica, e adquirían cobre, ferro, prata, trigo e sal. O comercio practicábase mediante o troco e as moedas.

Atenas ten ventos favorables para as naves; é moi cómoda para o intercambio de mercadorías.

Xenofonte

Page 28: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 28 de 75

� Goberno das polis de Atenas. Esta polis, moi poderosa e culta, situada preto da costa, acadou gran importancia, sobre todo no século V a.C., pola grande actividade comer-cial e colonial que despregou.

A sociedade ateniense estaba dividida en tres grupos:

– Os cidadáns, fillos de pai e nai de Atenas; tiñan todos os mesmos dereitos políticos, aínda que estes dereitos estaban matizados polo seu nivel económico: a maior rique-za, maior participación política; as mulleres estaban excluídas da actividade política.

– Os metecos, ou estranxeiros, eran libres, pero non tiñan a condición de cidadáns nin dereitos políticos; pagaban impostos e prestaban servizos militares.

– Os escravos eran persoas totalmente carentes de liberdade, propiedade da clase do-minante e considerados como mercadoría humana que se compra e se vende; traba-llaban nas minas, nas obras públicas, na agricultura, no servizo doméstico e nos obradoiros artesáns; constituían a metade da poboación ateniense, de aí que se con-sidere a Atenas como un sistema económico e social escravista.

... O mesmo que ocorre nas artes, hai que ter ferramentas adecuadas. Entre as ferramentas, unhas

son inanimadas e outras animadas: o cicel é inanimado; o garda, animado. Desta consideración

dedúcese cal é a natureza do escravo: o que pola súa natureza non se pertence a si mesmo, senón

a outro. Aristóteles. Política.

Page 29: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 29 de 75

� Goberno das polis de Esparta. Era unha sociedade militarista: a educación baseábase no adestramento militar, e ata os 60 anos tiñan que prestar servizos ao Estado. Estaba dividida en tres grupos: Os cidadáns, fillos de espartanos, dedicábanse á guerra. Un grupo de persoas libres pero sen dereito a voto, que traballaban no comercio, na artesa-nía e tiñan obrigacións militares. Os escravos traballaban o campo.

O réxime político de Esparta era moi distinto ao de Atenas. Era unha oligarquía: o poder re-sidía nun reducido número de persoas da clase alta, e o goberno estaba formado polos xefes mi-litares e relixiosos, por un consello de anciáns e por cinco representantes elixidos polos cida-dáns.

� A vida cotiá. A meirande parte da poboación era urbana. As clases baixas tiñan como alimento básico o pan, figos, verduras e froitas. Os privilexiados consumían preferen-temente carne e peixe. A autoridade familiar recaía no pai. As mulleres pasaban case todo o tempo na casa, e estaban sempre baixo o control dun home: seu pai, o marido ou o fillo máis vello se enviuvaba. Ocupábanse da atención doméstica e asemade traballa-ban as terras.

� A cultura. Foi das máis salientables en toda a historia da humanidade, e constitúe a ba-se da cultura europea e occidental actual. É antropocéntrica, é dicir, ten á persoa huma-na como punto de partida e como fin.

� O pensamento. Desde a Prehistoria ata o século VI a.C., en todas as culturas se utiliza-ban mitos (seres ou forzas imaxinarias) para explicar os fenómenos naturais que os hu-manos observaban: quen move as ondas do mar, o porqué dos terremotos, a sucesión dos días e as noites, a chuvia, etc.

Aínda que os gregos posuían unha grande variedade de mitos, foron eles, nas colonias de Asia Menor, os que comezaron a aplicar a razón para intentar explicar a realidade que os rode-aba: esta revolución no pensamento humano deu lugar ao nacemento da filosofía e sentou as bases do pensamento científico.

� A ciencia. Incrementaron notablemente os coñecementos dos exipcios e dos mesopo-támicos. Conseguiron grandes avances en Matemáticas, da man de pensadores como Pitágoras e Arquímedes. Foron os creadores de novas ciencias, como a Física, Bioloxía, Historia, Medicina, Antropoloxía, etc.

Page 30: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 30 de 75

� A literatura. Naceu tamén aquí a literatura occidental. Destacou Homero, autor de A Ilíada e Odisea.

� A relixión. Era politeísta. Os deuses representaban elementos da natureza. Tendo en conta o antropocentrismo desta cultura, os seus deuses eran case humanos: comían, choraban, loitaban... Crían que eran inmortais e que interviñan en moitos feitos da vida dos humanos. A narración dos feitos nos que interviñeron os deuses coñecese co nome de mitoloxía. Non había sacerdotes, nin catecismo nin predicación.

� A arte. A función primordial da arte grega é a representación da beleza, entendida co-mo unha mestura de proporción, harmonía e equilibrio entre as partes.

En arquitectura destacan os templos, lugar de residencia dos deuses aos que están consagra-dos. Foron construídos á medida do ser humano e cunha preocupación pola aparencia exterior. Utilizaban o mármore como material e descoñecían o emprego do arco.

A escultura grega ten como finalidade plasmar na figura humana os seus ideais de beleza fí-sica e equilibrio psíquico: proporción, anatomía harmoniosa, expresión dos sentimentos e figu-ras en movemento.

Da pintura só se conserva a que realizaron sobre recipientes de cerámica. Representaron es-cenas da vida cotiá e dos deuses, que nos serven como valiosa fonte de información.

� O deporte. No 776 a.C., na cidade de Olimpia, crearon uns concursos deportivos cua-drianuais: as Olimpíadas.

ROMA e o seu imperio

� Evolución. No 753 a.C., os poboadores de sete outeiros uníronse fundando a cidade de Roma, gobernada por Rómulo. Desde este momento ata o 509 a.C., foi gobernada por reis. É o período chamado da Monarquía.

Page 31: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 31 de 75

A partir do 509 a.C., os romanos acabaron co poder monárquico e instauraron un novo sistema político: a República, palabra que procede da expresión latina res publica, e que significa cousa pública, é dicir, todo aquilo que importa a toda a comunidade, pois pensaban que os asuntos públicos ou políticos pertencían a todo o pobo. O poder residía nunha asemblea (conxunto de persoas que se reúnen para tratar algún fin) elixida por parte do pobo.

No 27 a.C. remata a República e inaugúrase un novo sistema de goberno coa figura de Oc-tavio Augusto: o Imperio, un sistema ditatorial, no que todos os poderes estaban na man do emperador.

� Expansión territorial. Desde o 300 a.C. ata o século II d. C., Roma expandiuse territo-rialmente, ata formar un enorme imperio.

Un exército perfectamente organizado e a dispoñibilidade dunha gran cantidade de soldados (todo cidadán entre os 17 e os 60 anos podía ser soldado) foi a clave desta expansión territorial.

Cada soldado pagaba o seu uniforme e armamento, e a duración do servizo militar era de un ano, prorrogable ata doce. A negativa a servir no exército traía como consecuencia a perda da cidadanía e a conversión en escravo.

� Remate. No ano 395 d. C. o imperio dividiuse en dous: o de Occidente e o de Oriente. O primeiro desapareceu no 476 debido ás invasións dos pobos xermánicos; o segundo, coñecido como Imperio Bizantino existirá ata 1453, destruído polos turcos.

� Economía. Tiña tres características:

Page 32: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 32 de 75

– Urbana. O centro económico era a cidade e, en primeiro lugar, Roma. Toda a pro-dución se orientaba cara as necesidades de Roma.

– Escravista. Todas as tarefas produtivas eran realizadas polos escravos. – Predadora. Explotaron masivamente os recursos humanos (escravos) e as riquezas

dos territorios conquistados. As terras de labor, as minas e as manufacturas eran propiedade do Estado; por iso, orientaron as distintas provincias do Imperio a pro-ducir aqueles bens que máis beneficio lles reportaban.

Para mover esta grande cantidade de produtos estableceron un sistema de rutas comerciais, tan-to terrestres (calzadas) como marítimas, de gran eficacia.

Posuían un sistema monetario, co denario como unidade de prata, e de pesas e medidas.

� Sociedade. Ten a mesma estrutura que observamos desde as primeiras civilizacións. É unha sociedade desigual, pero aberta, pois o ascenso social é posible. Cada un dos gru-pos ten un distinto nivel de riqueza, de poder, de dereitos e de deberes. Aínda que ao longo da civilización romana houbo diferenzas, a estrutura social podemos resumila así:

Na época da Monarquía, os patricios, descendentes dos fundadores de Roma, eran a clase aris-tocrática, rica, que tiña o poder, elaboraba as leis e elixía os cargos políticos. Os plebeos, basi-camente formados por pobos estranxeiros conquistados, non tiñan ningún dereito político; tra-ballaban no campo, nos obradoiros artesáns e no comercio.

Durante a República e o Imperio, segundo se ían conquistando novos territorios, a sociedade fíxose máis complexa: persoas libres (patricios e plebeos), os libertos (escravos semiliberados) e os escravos.

As persoas libres dividíanse, a súa vez, en cidadáns romanos e non cidadáns (poboación es-

Page 33: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 33 de 75

tranxeira). Só os primeiros podían chegar a exercer cargos políticos: era o grupo que tiña o po-der.

� A vida cotiá. A familia está baixo a autoridade do pai, quen tiña potestade de vida e de morte sobre todos os membros, incluídos os escravos.

As mulleres estaban baixo a potestade dun home (pai, esposo), e tiñan como funcións bási-cas a reprodución e o coidado da casa. Politicamente carecían de dereitos: non podían votar, herdar nin testar. Pero socialmente tiñan unha alta consideración e eran moi respectadas.

A comida das clases baixas consistía basicamente en pan, cereais e touciño. As clases altas facían da comida unha cerimonia farturenta cun gran número de pratos.

� Os órganos de poder en Roma e nas provincias. Durante a Monarquía, o rei controlaba o poder militar, político e relixioso; o seu cargo era de por vida. Logo xurdiron as Asembleas e o Senado, un consello de anciáns; as dúas institucións eran só consultivas.

No período republicano tres institucións políticas se reparten o poder:

– O Senado. Pasou de ser órgano de consulta a dirixir a República: controlaba a apli-cación das leis, a economía e a política exterior.

– As asembleas populares (comicios). Estaban formadas por todos os cidadáns; elixían os maxistrados e aprobaban as leis propostas.

– Os maxistrados. Só podían selo os cidadáns. Había varias clases de maxistrados: dous cónsules, que tiñan o poder executivo e o mando do exército; os pretores exer-cían o poder militar e político nas provincias; os censores elaboraban o censo da po-boación e da riqueza e administraban os impostos; os edís controlaban as cidades; os tribunos da plebe, pertencentes aos plebeos, representaban á súa clase e podían votar en contra das leis que lesionaban os seus intereses.

Pode parecer que o sistema republicano era democrático; pero para ser elixido maxistrado, senador ou para asistir ás asembleas, era preciso ter unha gran fortuna. En realidade tratábase dunha forma de goberno chamada oligarquía, que quere dicir “o goberno duns poucos”.

O reparto do poder mantido ata agora desaparece na época imperial: o Senado entregoulle todo o poder a Octavio, no ano 27 a.C., primeiro emperador. A continuación deulle o título de Augusto, que significa “elixido polos deuses”, o cal lle engadía o poder relixioso. Estamos ante un exemplo de poder absoluto na figura do Emperador: xefe político, militar e relixioso. As demais maxistraturas seguiron existindo, pero quedaron sen poder efectivo, ao asumir as súas funcións o Emperador. No século III d. C. os emperadores foron divinizados, considerados de-uses, co que o seu poder viuse notablemente incrementado.

Para administrar un territorio tan enorme, Roma tivo que crear unha poderosa administra-ción. Fixeron unha división en provincias, á fronte das cales estaba o gobernador, que rendía contas ante o Senado de Roma; había provincias imperiais, controladas directamente polo em-perador, e senatoriais, dependentes do Senado de Roma.

� Cultura e arte romanas. A súa lingua, o latín, estendida por todo o Imperio, foi o ele-mento cultural que lle deu unidade ao inmenso imperio conquistado. Desa lingua deri-

Page 34: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 34 de 75

varon, entre outras, o galego, o castelán, o portugués, o catalán, o italiano, o francés, o romanés.

As nosas leis actuais teñen como base o dereito romano, que, daquela foi, xunto co latín, o outro elemento que deu unidade a todo o Imperio.

No mundo da arte, copiaron aos gregos, dos que se diferencian basicamente na concepción da arte: mentres que os gregos buscaban a consecución da beleza, os romanos tiñan como meta a procura da utilidade, do práctico; por isto hoxe son considerados máis como enxeñeiros que como artistas.

Utilizaron o arco e as bóvedas, descoñecidos polos gregos. Construíron calzadas e pontes, básicos para a actividade comercial; acuedutos; basílicas, que eran lugares para actividades comerciais e para a administración da xustiza; termas, para o baño; circos, teatros e anfiteatros, para a diversión; arcos e columnas, para conmemorar os triunfos sobre os inimigos.

Na escultura destacan polos retratos, que conseguen elaborar cun enorme realismo, tanto fí-sico como psicolóxico.

Os mosaicos son tamén moi notables. Utilizábanse para a decoración de edificios públicos e as casas dos patricios.

� A relixión. Era politeísta, e tiña como función consagrar e dar transcendencia aos asun-tos políticos e da vida diaria. Moitos deuses tiveron a súa orixe en deuses propios das terras conquistadas, principalmente dos gregos, os que rebautizaron, aparecendo unha mestura de deuses das distintas provincias. Así se creou en todo o Imperio outro ele-mento de unión.

� A Hispania Romana. O interese por conquistar a península Ibérica foi, tendo en conta o fundamento depredador da económica romana, a obtención de materias primas mine-rais, agrícolas e escravos.

Page 35: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 35 de 75

Hispania produce cereais, viño, aceite, metais e rexos escravos. Ten xacementos abundantes de

ouro, prata, ferro e chumbo. Plinio. Historia Natural.

Iniciaron a conquista no 218 a.C. polas costas mediterráneas. Despois de 200 longos anos de loita, someteron os últimos núcleos de resistencia na franxa costeira cantábrica no 19 a.C. en operacións militares dirixidas persoalmente polo emperador Augusto.

A partir de aquí, a península converteuse en Hispania, dividida en varias provincias, cuxa máxima autoridade era o gobernador. Os pobos peninsulares perderon todos os seus trazos cul-turais e asimilaron os propios da cultura invasora por medio do contacto co exército e cos diri-xentes políticos e económicos chegados de Roma.

� Gallaecia. Galicia interesáballes aos romanos pola explotación mineira, fundamental-mente o ouro, a prata e o estaño.

O ouro atópase nos ríos en estado puro. Gallaecia, Lusitania e Asturica proporcionan 200.000 libras de ouro ao ano. Non hai ningunha outra parte da terra onde se dea esta abundancia.

Plinio. Historia Natural

Co fin de vixiar os territorios conquistados e permitir unha explotación mineira tranquila, Ro-ma estableceu campamentos permanentes en sitios estratéxicos; un destes lugares foi Lucus Augusti, hoxe Lugo.

A pegada romana en Galicia foi moi considerable: introduciron o arado e a vide; construíron calzadas para dar saída fácil aos metais extraídos; realizaron obras públicas, como o faro da To-rre de Hércules, pontes e termas; a lingua nai do galego, o latín, e mesmo o propio nome de Ga-licia, Gallaecia.

� O cristianismo. En plena época imperial nace na parte oriental do imperio, na provin-cia de Palestina, unha nova relixión, baseada na vida de Xesús de Nazaret e nos Evan-xeos, escritos que recollen a vida de Xesús. É unha relixión monoteísta (que adora a un só deus).

Eu, Constantino Augusto, reunido en Milán para tratar proble-mas que afectan á seguridade pública, creo meu deber tratar aqueles nos que radica o respecto da divindade, a fin de con-ceder tanto aos cristiáns como a todos os demais, a facultade de seguir libremente a relixión que cadaquén queira.

Edito de Milán

Page 36: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 36 de 75

Os principios básicos desta nova relixión foron dous: a igualdade de todas as persoas ante Deus e unha vida eterna trala morte.

Os discípulos de Cristo propagaron a nova relixión polo Imperio, creando unhas comunida-des chamadas ecclesiae, termo este que xa vimos cando estudamos Grecia; neste caso, eran asembleas constituídas polos cristiáns dunha cidade.

Dedúcese doadamente que, tendo en conta os seus principios, fose unha relixión moi perse-guida polo poder romano, pois remexía os fundamentos da sociedade escravista romana e ne-gaba o culto debido ao Emperador.

A persecución levada a cabo polas autoridades romanas foi implacable, botando á clandesti-nidade aos seus practicantes, que se refuxiaban nunhas galerías soterradas chamadas catacum-bas.

Pero no ano 313, o emperador Constantino concedeu a liberdade de culto relixioso, cando promulgou o Edito de Milán. No 380, o emperador Teodosio converteuse ao cristianismo, pa-sando así a constituírse na nova relixión oficial do Imperio.

Page 37: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 37 de 75

3.2 Secuencia de actividades

O tránsito á Historia

S13. Actividade do profesorado: explicación dos contidos seguintes, ata “As pri-meiras civilizacións urbanas”.

S14. Actualmente, que criterios se seguen para afirmar que unha civilización xa se atopa dentro da Historia?

S15. Lea o texto de V. Gordon Childe e responda á seguinte cuestión: seguen a ter valor hoxe aqueles inventos feitos por comunidades humanas “pobres e ignoran-tes”? Razoe a resposta.

Texto Con anterioridade á revolución urbana, nos milenios V e IV a.C., comunidades comparativamente pobres e ignorantes fixeron unha serie de contribucións grandiosas ao progreso humano (... ) que afectaron á prosperidade de millóns de persoas e fomentaron dun xeito manifesto o benestar da nosa especie: as técnicas de regadío, o arado, os aparellos para aproveitar a forza animal, o bote de vela, a roda, o carro, a fermentación, o uso do cobre, o ladrillo, o arco arqui-tectónico, o vidro e o selo.

Gordon Childe, V.: As orixes da civilización.

Page 38: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 38 de 75

As primeiras civilizacións urbanas: Mesopotamia e E xipto

S16. Actividade do profesorado: explicación de “As primeiras civilizacións urbanas”. Pode acompañarse da visión comentada, total ou parcial, dos documentais en DVD Egipto, la construcción de un imperio (Canal de Historia, 2007, 120 min.) e Imperios: Egipto (Lion Television, 2001, 3 DVD de 55 min. cada un), ou da pelí-cula Terra de faraóns, de H. Hawks (1955).

S17. Defina os termos seguintes.

���� Revolución

���� Clase social

���� Estado

S18. Responda ás seguintes cuestións referidas ás primeiras civilizacións urbanas:

���� Por que se producen excedentes agrícolas?

���� Como é posible a división do traballo?

���� Consecuencias sociais da acumulación da rique-za en mans duns poucos

���� Como exerce o poder o gobernante?

���� Que factores inflúen na aparición da escritura?

Page 39: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 39 de 75

���� Explique as razóns polas que aparece a escravitu-de.

���� Segue a ser hoxe a guerra un instrumento para a acumulación de riquezas?

���� Os cambios nestas primeiras civilizacións son a base da nosa or-ganización política, social e económica actual?

S19. Lea o seguinte texto de Clara Barreiro Barreiro e responda ás cuestións.

... a Historia preséntasenos nas súas liñas básicas como a evolución das sociedades humanas, en-

tre as que se establecen contactos baseados nunhas relacións de dominio, relacións nas que se

descobre o síndrome do poder. Esta apetencia de poder amósasenos como unha constante históri-

ca. Sendo todos os homes iguais pola súa idéntica natureza racional e libre, todos deberan parti-

cipar comunitariamente no goce dos dereitos humanos. Pero (... ) as sociedades humanas organi-

záronse en grupos: uns, que dispuñan do poder, que se apropiaron dos dereitos humanos; outros,

desposuídos e dominados, que quedaron excluídos do exercicio dos seus lexítimos dereitos. A His-

toria, así, é un repetido drama no que os dereitos dos débiles son pisados polos fortes.

Barreiro Barreiro, C: Derechos humanos (Trad.)

���� En que se basean as relacións entre as socie-dades humanas?

���� Como se organizaron as sociedades humanas?

���� Segue a darse a organi-zación da sociedade en grupos que teñen derei-tos e outros que non?

S20. Conteste estas cuestións relacionadas con Mesopotamia:

���� Onde se localiza esta civilización?

Page 40: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 40 de 75

���� Cales son as súas carac-terísticas físicas?

���� Describa as característi-cas sociais.

���� Cite os avances científi-cos.

���� Por que tiñan que reali-zar as súas construcións con adobes?

S21. Conteste ás seguintes cuestións.

���� Que importancia tiñan as inundacións do río Nilo na economía?

���� Cal é a base da econo-mía exipcia?

���� En que produtos se basea?

S22. Por que se di que a sociedade exipcia estaba dividida en grupos pechados? Ca-les eran eses grupos sociais?

Page 41: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 41 de 75

S23. Conteste ás seguinte cuestións.

���� Como exercía o poder o faraón? Con que axuda contaba?

���� Describa a vida cotiá dos exipcios, distinguindo en-tre clases sociais.

���� Que quere dicir que a relixión dos exipcios era politeísta e transcenden-te?

���� Cite os progresos cientí-ficos e tecnolóxicos.

���� Razoe por que tanto a civilización mesopotámi-ca como a exipcia se ori-xinaron en vales de ríos.

S24. Actividade para o profesorado: explicación dos contidos que aparecen desegui-do, que se pode facer simultaneamente coa visión comentada, total ou parcial, dos documentais en DVD Imperios: Grecia, crisol de civilización (Lion Television, 2001, 3 DVD de 55 min. cada un), Roma, la construcción de un imperio (Canal de Historia, 2006, 93 min.), ou coas películas Alexandre Magno, de O. Stone, (2004); Troya, de Wolfgang Petersen; Cleopatra, de J. L. Manckiewicz (1963); Espartaco, de S. Kubrick (1960); Xulio César, de J. L. Manckiewicz (1953); Quo Vadis?, de M. Le Roy (1951); Ben-Hur, de William Wyler (1959); e Gladiator, de Ridley Scott (2000). A alta calidade da ambientación e da dirección artística, así como a adecuación aos feitos históricos da serie Roma (HBO-BBC-RAI) fan dela un apoio didáctico de primeira orde.

As civilizacións clásicas: Grecia e Roma

S25. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Por que reciben estas culturas a denominación de clásicas?

���� Localice nun mapa a civilización grega.

Page 42: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 42 de 75

���� Explique o que eran as polis.

���� Por que non se chegou a formar un Estado único?

���� Que dous elementos facían sentirse aos gre-gos como pertencentes a unha mesma cultura?

S26. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Razoe por que ao siste-ma político ateniense se lle chama democracia.

���� En que se diferencia das democracias actuais?

���� Quen formaba a ecclesia e que funcións tiña esta institución?

���� Tire as ideas básicas dos textos de Aristóteles e Calicles. Cal xustifica o sistema político de Ate-nas?

S27. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Sintetice as diferenzas entre o sistema político de Atenas e o de Espar-ta.

���� Está Aristóteles a favor ou en contra da escravi-tude? Por que?

Page 43: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 43 de 75

���� Relacione o texto de Aristóteles sobre as polis de Atenas coa división social.

���� Resuma os trazos da vida cotiá nas polis.

S28. O capítulo La espina dorsal de la noche, da serie Cosmos, de Carl Sagan (Tur-ner Pictures Worldwide), constitúe un complemento audiovisual de grande valor para tratar o nacemento do pensamento científico na Xonia grega.

S29. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Que a cultura grega é antropocéntrica quere di-cir...

���� Á parte dos mitos, os gregos usaron unha cali-dade humana para expli-car a realidade que os rodeaba. Que calidade ?

���� Que consecuencias trouxo a aplicación prác-tica desta calidade?

���� Enumere os elementos da civilización grega que forman parte da nosa ciencia e cultura actuais.

S30. Elabore un eixe cronolóxico en que se reflictan as etapas do Imperio Romano.

Page 44: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 44 de 75

S31. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Cales eran as caracterís-ticas da economía roma-na?

���� A sociedade era aberta, por que?

���� Describa os trazos bási-cos da sociedade ao lon-go da súa evolución.

���� Cal era a situación das mulleres na sociedade romana?

S32. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Quen tiña o poder duran-te a Monarquía?

���� Como se reparte o poder durante a República?

���� Por que o sistema políti-co da República non é democrático? Como se chama este réxime e por que?

���� Cando se volve a un poder absoluto concen-trado nunha soa persoa?

���� Comparando o sistema político de cada etapas, cal parece o máis mo-derno?

Page 45: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 45 de 75

S33. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Que elemento cultural unificou o Imperio? En que se basea a súa im-portancia?

���� Cal é o fundamento das nosas leis actuais?

���� Para os romanos, cal era a función principal da ar-te?

���� Que elementos arquitec-tónicos empregaron os romanos e que descoñe-cían os gregos?

���� Cal era a finalidade dos acuedutos?

���� Cal era a finalidade das basílicas?

���� Cal era a finalidade das termas?

���� Cal era a finalidade dos circos?

���� Cal era a finalidade dos teatros?

Page 46: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 46 de 75

S34. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Por que motivos se achegaron os romanos a Hispania e a Gallaecia?

���� Resuma o proceso de conquista da península Ibérica.

���� Destaque o legado que nos deixaron os roma-nos.

S35. Actividade do profesorado: de xeito simultáneo á explicación do seguinte aparta-do, pódese ver o documental en DVD: El cristianismo (Koval Films, 2002).

S36. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Cales son os principios básicos do cristianismo?

���� Por que as autoridades romanas perseguiron aos cristiáns?

���� Expoña a idea principal do fragmento do Edito de Milán.

���� Cite o emperador que o promulgou o Edito e a súa data.

Page 47: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 47 de 75

4. A Idade Media

4.1 Para sabermos

Como xa vimos anteriormente, para nós, os occidentais, a Idade Antiga remata cando os pobos chamados xermánicos ou bárbaros entran definitivamente no Imperio Romano e o destrúen. Estes pobos fóranse achegando desde o século III á fronteira norte do Imperio Romano, nos vales dos ríos Rhin e Danubio, debido á falta de terras e de alimentos, ao aumento da súa poboación e á atracción que sobre eles exercía unha civilización de maior grao de evolución que a súa.

Ao irse debilitando o Imperio Romano, penetraron violentamente, saqueando a capital, Roma, no ano 476, e facendo desaparecer todo rastro de poder e de autoridade romanos. Agora comeza a chamada Idade Media.

Desde este momento, a unidade cultural romana que había ao redor do Mediterráneo rompeuse e repartiuse, nos séculos seguintes, entre tres culturas:

� Parte oriental do Imperio Romano, o chamado Imperio Bizantino, rexeitou as inva-sións xermánicas. O emperador Xustiniano (482-565) levou a cabo unha expansión xe-ográfica, conquistando amplos territorios no entorno do Mediterráneo, recompilou as leis romanas (Código de Xustiniano) e acadouse un alto nivel de desenvolvemento eco-nómico, grazas a un comercio de mercadorías de alto valor. En 1054 a liturxia e as normas cristiás empezaron a se diferenciar das de Occidente, producíndose unha sepa-ración (Cisma de Oriente) entre a Igrexa cristiá de Roma (católica) e a cristiá de Bizan-cio (ortodoxa) que perdura ata hoxe. Este imperio desapareceu en 1453, cando foi inva-dido polos turcos.

� Europa occidental. Na que fora parte occidental do Imperio Romano, os pobos xer-mánicos estableceron varios reinos independentes. Estes reinos tomaron elementos da cultura romana, como a lingua e as leis. Co tempo constituíron a Europa Occidental, cristiá católica. A economía destes reinos empobreceuse enormemente, quedando redu-cida á agricultura e a gandaría; desapareceron as cidades e toda a actividade comercial; é dicir, a vida de Europa occidental ruralizouse. A cultura empobreceuse, e os coñece-mentos eran exclusivos dos eclesiásticos, o que lle deu gran poder á Igrexa. Tamén de-sapareceu a autoridade do Estado. Estas circunstancias supuxeron unha enorme regre-sión en todos os eidos da vida humana.

Page 48: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 48 de 75

� Mundo islámico. A relixión islámica, tamén monoteísta como o xudaísmo e o cristia-nismo, naceu da man de Mahoma, en Arabia, no século VII. Desde alí estendeuse rapi-damente, dando orixe a unha civilización moi diferente ás anteriores.

Desde agora, os cristiáns de Europa Occidental (católicos), os cristiáns de Bizancio (orto-doxos) e os musulmáns van ocupar o espazo xeográfico do antigo Imperio Romano, cre-ando nel distintas áreas culturais durante varios séculos.

Coa caída do Imperio Romano péchase a Idade Antiga, a das grandes civilizacións fluviais e ma-

rítimas, a que formou grandes imperios, a que volveu a cabeza a Oriente, onde xurdiu a súa pro-

pia vida. Agora, entramos na Idade Media, a da civilización europea, a das pequenas nacionali-

dades, a que viaxa cara a Occidente, a Idade un pouco misteriosa e escura na que se funden os

compoñentes que formarán as nacións modernas.

Ferrandis Torres, M. Historia General de la Cultura (Trad.)

Os reinos xermánicos da península Ibérica: visigodo s e suevos

Os visigodos

Un dos moitos pobos xermánicos, os visigodos, entrou no ano 415. Antes xa o fixeran os suevos, instalados en Galicia, os vándalos e os alanos. Entre todos remataron co poder ro-mano na Península.

Pouco a pouco, os visigodos someteron aos demais pobos; unificaron o territorio da Península baixo o seu poder; estableceron unha monarquía con capital en Toledo; unifica-ron as leis deles máis as dos hispanorromanos (Libro dos Xuíces ou Foro Xulgo) e conver-téronse ao catolicismo. O rei contaba co apoio dos Concilios de Toledo, que eran asem-bleas de bispos, iniciándose así a intervención da Igrexa nos asuntos políticos de Occiden-te. No ano 711 penetraron os musulmáns na península e puxeron fin ao reino visigodo.

Page 49: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 49 de 75

O creador da grandeza visigoda foi o rei Leovixildo (568-586), pacificando grandes zonas. Man-

dou executar o seu fillo Hermenexildo por converterse ao catolicismo. Leovixildo deuse conta do

impopular deste feito e recomendou a Recaredo que se convertera ao catolicismo para salvar a

monarquía.

Grimberg, C. Historia universal (Trad.)

� A economía. Tamén aquí a vida se ruralizou; só se producían produtos agrícolas e gan-deiros para as necesidades da aldea: é o que se lle chama unha economía de autoabaste-cemento ou subsistencia, sen sobrantes. Polo tanto, o comercio era practicamente ine-xistente.

� A sociedade. Os visigodos, aínda que eran unha minoría, controlaban o poder, é dicir, o Estado e o exército; os hispanorromanos eran os dominados, moitos deles en calidade de servos que traballaban as terras.

� A cultura. En arquitectura construíron igrexas pequenas co característico arco de fe-rradura: Santa Comba de Bande (Ourense), San Juan de Baños (Palencia). Traballaron con moito primor a xoiería, fabricando pezas para ofrecer como votos relixiosos.

Os suevos

Os suevos foron un dos pobos xermánicos ou bárbaros que entraron na península Ibérica. Instaláronse pacificamente en Galicia, mesturáronse coa poboación autóctona e establece-ron un reino independente durante 170 anos, con capital en Braga (Portugal). Neste perío-do levouse a cabo a definitiva cristianización de Galicia. O rei visigodo Leovixildo púxo-lle fin en 585.

O imperio de Carlomagno

Que ocorreu no resto de Europa Occidental logo das invasións xermánicas?

Pois que os francos, outro pobo xermánico, ocuparon un territorio equivalente ao que hoxe é Francia, Países Baixos, Bélxica, Alemaña, Suíza e parte de Italia. No ano 800, Car-lomagno, rei dos francos xa cristianizado, foi coroado emperador, e pretendeu en balde restablecer o antigo Imperio Romano de Occidente. Cristianizou todos os territorios por el dominados e constituíuse no defensor da relixión fronte aos musulmáns.

Para poder controlar un territorio tan extenso, dividiuno en provincias, chamadas con-dados e marquesados, á fronte das cales puxo condes e marqueses, que dependían da súa autoridade.

O imperio foi finalmente dividido entre os seus netos.

Page 50: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 50 de 75

O Islam

No século VII, en Arabia, Mahoma (580-632) predicou e estableceu os fundamentos du-nha nova relixión monoteísta, baseada nestes preceptos:

� Crenza nun só Deus, Alá, e nunha vida despois da morte.

� Os fieis han de someterse á vontade de Alá (islam quere dicir sometemento).

� Alá dáse a coñecer a través do seu profeta Mahoma.

O Corán é o libro sagrado do Islam, que recolle as revelacións que lle fixo Alá a Mahoma.

O Islam non é só unha relixión, senón que é unha lei que regula o comportamento do musulmán en todas as circunstancias da súa vida relixiosa, política, social, económica, doméstica e individual: os dirixentes políticos son tamén xefes relixiosos; toda a propie-dade pertence a Deus; as decisións xudiciais teñen que seguir o que prescribe o Corán; as cerimonias do nacemento, do matrimonio, da morte, a condición da muller seguen tamén o que indica o Corán.

Na actualidade en moitos países islámicos están implantando nas leis civís estes pre-ceptos relixiosos: son os chamados países islámicos integristas ou fundamentalistas, que

Page 51: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 51 de 75

se opoñen aos cambios que lles trae a sociedade occidental e defenden o modelo social tradicional.

Pedíronlle a Alí detalles sobre a aparencia exterior do Profeta. Alí dixo: “Era de estatura media-

na, nin moi alto nin moi baixo; a súa pel era branca rosada; os seus ollos, negros; os seus cabe-

los, espesos, brillantes, fermosos. A súa maneira de camiñar era tan enérxica que se diría que a

cada paso arrincaba unha pedra. Pero non camiñaba con fachenda como os príncipes. Había na

súa face tanta dozura que era imposible separarse del”.

� A expansión do Islam. Desde A Meca (Arabia), onde Mahoma comezou a súa predi-cación, os sucesores do profeta espallaron esta relixión polos territorios veciños, che-gando á súa máxima expansión no século VIII. Os actuais países islámicos coinciden en parte co territorio islámico daquela época.

Actualmente, os musulmáns, contan o tempo a partir do ano 622 d. C., ano no que Mahoma tivo que fuxir á cidade árabe de Medina. A esta fuxida chámanlle a Héxira. Para saber cal é o ano no que se atopan os musulmáns, ao ano da nosa era hai que restarlle 622, e o que resulte divídese entre 0,97.

� Al-Andalus. Este foi o nome que lle deron os musulmáns ao territorio que conquista-ron na península Ibérica e sobre o que estableceron un Estado. No 711, os musulmáns entraron aquí a través do estreito de Xibraltar procedentes do norte de África xa islami-zado, ocupárona case toda en pouco menos de dez anos, agás unha estreita franxa no norte da Península, e, en consecuencia, remataron co reino visigodo.

A poboación non presentou resistencia. A nobreza terratenente pactou con eles para conservar as súas terras e o seu poder

Desde a invasión ata 1492 os musulmáns foron perdendo territorio paulatinamente. Es-te territorio foi recuperado polos cristiáns durante case 800 anos, repartidos en épocas de paz e convivencia entre as dúas culturas. Este proceso de recuperación do territorio coñé-cese como Reconquista. A súa presenza aquí durante tantos séculos deixou unha forte pe-gada na nosa cultura.

Cómpre ter en conta que os musulmáns de Al-Andalus eran habitantes da península Ibérica igual cós cristiáns: viñeron sen mulleres, desde un principio se mesturaron coa po-boación visigoda e permaneceron aquí ao longo de 32 xeracións; o único que diferenciaba a uns cidadáns dos outros era a relixión: uns eran cristiáns e outros musulmáns.

Durante a Idade Media unha maioría da poboación peninsular practicou a relixión musulmá. Por

iso, é absurdo que consideremos os mouros como algo alleo a nós. Como é ben sabido, Afonso II

de Aragón e Henrique IV de Castela vestían á usanza musulmá. Pedro I de Aragón firmaba os do-

Page 52: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 52 de 75

cumentos exclusivamente en árabe. E Sancho o Forte de Navarra ía ata Marrocos en expedición

guerreira só porque unha princesa musulmá, que se namorara del de oídas e non de vistas, pedí-

ralle axuda.

Ubieto, A., Reglá, J., Jover, J.M. e Seco, C. Introducción a la Historia de España (Trad.)

� Economía. As súas características eran:

– Urbana. As cidades eran os principais centros de comercio e de consumo.

– Comercial. O comercio era a base da actividade económica.

– Monetaria. Os intercambios realizábanse con moedas.

Baseábase na agricultura: trigo, vide, oliveiras, froitas, arroz, laranxas; introduciron o algo-dón, o arroz, as laranxas e a cana de azucre, e puxeron en práctica modernas técnicas de rega-dío. A gandaría, a pesca e as actividades artesanais realizadas nas cidades (xoiería, curtidos, te-cidos) formaban tamén parte da actividade económica.

Pero a actividade económica que tiña máis peso era o comercio a longa distancia: metais e armas de Europa; especias e seda de Asia; e ouro, marfil e escravos de África.

� Sociedade. Por unha banda, a clase alta posuía o poder político, militar, económico, re-lixioso e militar, e estaba constituída polos árabes, é dicir, polos que procedían de Ara-bia.

Logo estaban os non árabes, que formaban un grupo moi variado:

– Muladís. Cristiáns que se converteron ao islam. Constituían a meirande parte da po-boación. Dedicábanse á agricultura.

– Mozárabes. Cristiáns que podían seguir practicando a súa relixión a cambio de tribu-tos.

– Xudeus. Practicaban o xudaísmo. Eran comerciantes e prestamistas.

– Bérberes. Musulmáns procedentes do Norte de África. Eran pastores.

– Escravos. Considerados sempre e en todos os lugares como mercadoría humana, eran empregados nos traballos máis duros: minas, agricultura e servizo doméstico.

� Organización do poder:

– No cumio, o califa ou o emir, segundo a época, eran á vez o xefe político, militar, re-lixioso e xudicial. Gobernaban cun poder absoluto.

– Para axudarlles nas tarefas do goberno, contaban cun corpo de funcionarios residen-tes no seu pazo, e que formaban a administración do Estado.

– Todo este aparato do Estado precisaba de fortes cantidades de diñeiro, que se desti-naba á fortuna persoal do califa ou do emir e para o mantemento da administración do Estado (funcionarios e exército). O diñeiro obtíñase do cobro de fortes impostos, que recaían sobre os cristiáns e xudeus, e sobre os intercambios comerciais.

– O exército. Estaba ben pagado, sostiña o poder do xefe do Estado e controlaba as fronteiras.

Page 53: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 53 de 75

� Tecnoloxía, cultura e arte. Como comerciaban entre pobos de culturas moi diferentes, coñeceron todos os adiantos da época: modernas técnicas de regadío aínda usadas hoxe, muíños de vento, pólvora, papel.

A súa cultura acadou un elevado nivel e tivo a consideración de ser a máis desenvolvida de todo o mundo na Idade Media.

A maior diferenza que existe entre os cristiáns e nós non é a relixión, senón a forma de entender e

vivir a vida. (... ) Os cristiáns son aínda máis esgrevios e rudos do que eu cría. (... ) O seu sentido

da intimidade, ao redor da que se pechan como ourizos de mar, tamén é rudo.

Gala, A.: El manuscrito carmesí (Trad.)

Como no resto de Europa a decadencia cultural fora enorme á caída do Imperio roma-no, grazas a eles, todos os elementos fundamentais da cultura grega que hoxe coñecemos, a ciencia e o pensamento filosófico, chegaron ata nós, que os recolleron e nolos transmiti-ron.

Ademais, proporcionaron un trazo humano de alto valor ético en todos os tempos: a to-lerancia, fronte á intransixencia relixiosa dos reinos cristiáns.

O seu desenvolvemento científico foi extraordinario en todos os campos do saber: ma-temáticas, medicina, cirurxía, astronomía e botánica. Substituíron os números romanos po-los números actuais.

Crearon moitas bibliotecas, como a de Córdoba, que chegou a ter medio millón de li-bros.

Na arquitectura, as obras que realizaron estaban destinadas ao poder e á relixión: pazos e mesquitas. Nas construcións danlles máis importancia ao interior có exterior. A decora-ción non ten figuras humanas ou de animais, ao estaren prohibidas pola relixión, polo que a pintura e escultura son practicamente inexistentes.

Córdoba contaba entón cunha poboación máis do dobre que a de hoxe, cidade de importancia ex-

cepcional na Idade Media, cando París e Londres non pasan de seren grandes poboados. (…) A

cidade parece iluminada con lanternas; oito séculos máis tarde, aínda os londinenses tropezarían

a escuras polas rúas de Londres. A poboación, en xeral, vivía feliz. Unha cidade con 300 baños

públicos, amósanos o seu enorme poder. Case ninguén viaxa a pé: aínda o cidadán máis modesto

tiña un cabalo para trasladarse dun lugar a outro. Aquí vivían traballando xuntos homes de toda

raza e relixión (…) Este mesmo nivel tiñan a industria, a artesanía e a economía do país. Había

uns 15.000 tecedores de la. (…) Adquiriu tal prestixio o curtido e repuxado das peles e coiros que

a súa produción recibiu para sempre o nome de cordobán. (…) Un cordobés inventou o cristal.

Gimberg, C. Historia Universal (Trad.)

Page 54: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 54 de 75

O feudalismo

Chámaselle así ao sistema económico, social, político e ideolóxico que se deu en practi-camente toda Europa entre os séculos IX e XV, aínda que restos del permaneceron nal-gúns lugares ata finais do século XIX.

Xa vimos que o poder do Estado desapareceu cando o fixo o Imperio Romano. Este poder foi substituído polo poder duns poucos señores, que dominaban dun xeito absoluto, e en todos os aspectos da vida, ao resto da poboación.

Os dominadores eran os nobres, señores ou aristócratas (condes, marqueses, duques, …) e unha parte do clero da Igrexa (bispos e abades).

Os dominados eran o resto da poboación, maioritariamente formada por campesiños, que pasaron a depender do señor a cambio de protección.

� Como se chegou a esta situación? Como tratamos anteriormente, os sucesores de Car-lomagno non foron quen de manter o control do poder no seu Imperio. Nesta situación, os señores que os sucesores de Carlomagno puxeran á fronte das distintas provincias fi-xéronse donos das mesmas, e nelas pasaron a exercer todo o poder e toda a autoridade. Este poder transmitíronllo aos seus fillos en herdanza.

Por outra banda, os campesiños, que constituían o 90% da poboación, para buscar protec-ción nun tempo de temor e inseguridade física e social, motivada polas invasións de norman-dos, musulmáns e húngaros, sometéronse a estes señores e entregaron as poucas terras que po-suían e a súa liberdade a cambio de protección física e de traballo, converténdose en servos dos señores feudais.

Con esta crise o poder dos reis estaba moi debilitado: éralles moi difícil recadar impostos e manter un exército que protexese á poboación. E así se chegou á desaparición do Estado e á súa substitución por milleiros de “pequenos estados” controlados absolutamente cada un deles por un señor. A cada un destes “pequenos estados” chamóuselle señorío, que eran grandes exten-sións de terreo ou latifundios, propiedade do señor feudal, que vivía protexido no seu castelo.

Á parte dos señores feudais, os altos cargos da Igrexa, bispos e abades, posuíron tamén lati-fundios ou señoríos.

� Funcionamento do sistema feudal. O elemento característico é o feudo, é dicir, a con-cesión de bens a cambio de servizos. Na base deste sistema está un contrato mediante o

Page 55: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 55 de 75

cal un home (o rei, ou un nobre con moitas posesións) concede a outro (un nobre) a po-sesión de determinados bens (beneficio), case sempre terras, para que as administre e viva delas. A cambio do beneficio, o beneficiado ten que renderlle homenaxe ou vasa-laxe, o que o compromete a prestarlle determinados servizos: combater a cabalo para el, pagarlle tributos por diversos motivos, darlle consello, contribuír ao seu rescate se cae-se prisioneiro, dotar as súas fillas cando casen, etc.

Este contrato realízase cunha cerimonia solemne chamada investidura.

Outra peza esencial do sistema é a inmunidade, que consiste en que o beneficiado queda exento de moitas obrigacións e está liberado dos controis propios dunha xerarquía de poder: re-dúcenselle ou anúlanselle moitos impostos; ten dereito de xurisdición: dita leis, exerce o poder xudicial, impón tributos ás persoas que viven nas súas terras, cobra pola utilización de servizos como o paso polas pontes, utilización de muíños, uso dos fornos, paso por camiños, pola her-ba…; e, o máis importante, pode transmitir en herdanza o beneficio.

É dicir, o beneficiado asume toda a autoridade e todo o poder no seu territorio, como se fose un “pequeno rei” independente: ten o monopolio da economía e do poder.

Á súa vez, moitos nobres repartían entre outros nobres de menor categoría unha parte das súas terras en calidade de beneficio, creando así unha rede de dependencias.

Foi a este conxunto de nobres a quen os campesiños asustados e inseguros entregaron as sú-as facendas buscando protección, pagando por ela o prezo da súa liberdade. Así vemos que o señor feudal recibe riquezas tanto de arriba (rei, nobre rico) como de abaixo (campesiños), cre-ando unha sociedade cada vez máis diferenciada: señores e campesiños (servos e libres).

Unha vez instalado este sistema, a primeira consecuencia do monopolio do poder por parte dos nobres é que a lei non é igual para todos, e, de feito, ningunha lei protexe a quen non está ligado por un contrato feudal.

� A economía feudal. Era unha economía totalmente baseada na agricultura e na ganda-ría. As terras son traballadas polos servos do señor feudal e por algúns campesiños li-bres. Estes últimos tiñan que pagar unhas rendas moi elevadas ao señor, e a décima par-te da colleita (o décimo) á Igrexa.

Era unha economía de autoabastecemento: vivíase só do que se producía no lugar. O comer-cio era case inexistente.

� A sociedade feudal. Formábana grupos sociais extremadamente pechados, chamados estamentos. A cada estamento accedíase por nacemento ou ingresando no clero como frade ou sacerdote.

Page 56: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 56 de 75

A diferenza entre uns estamentos e outros radicaba na distinta riqueza, nos distintos dereitos e nas distintas obrigacións que tiña cada persoa. O ascenso de estamento era practicamente im-posible, agás no eclesiástico, que era aberto: todo home libre podía acceder a el.

– Estamento dos privilexiados. Estaban os nobres ou señores feudais, e o alto clero, coa función de rezar. Os nobres eran os propietarios dos feudos ou señoríos. Non traballaban. Só se dedicaban á guerra: eran cabaleiros guerreiros que formaban unha casta militar que explota a unha morea de campesiños vinculados á súa terra e de-fendían o territorio co seu pequeno exército particular. A guerra era a miúdo un re-curso para aumentar a riqueza. Exercían os cargos propios da súa autoridade, como se viu anteriormente. Vivían protexidos nos seus castelos; as terras que se reserva-ban eran traballadas polos servos.

– Estamento dos non privilexiados. Formábano o resto da poboación, os que traballa-ban para manter ao estamento privilexiado e vivían nunha situación moi dura: cam-pesiños libres, artesáns e os servos. Estes últimos pertencían ao señor e vivían nun réxime preto á escravitude; o señor tiña dereito sobre a súa vida. Os poucos campe-siños libres que había eran teoricamente libres para írense do feudo se querían; pa-gaban rendas ao señor e o décimo á Igrexa. Vivían en aldeas, en casas de baixa cali-dade, convivindo cos animais domésticos; a súa dieta era escasa e repetitiva: pan, verduras e, ás veces, ovos.

Esta estrutura social vai perdurar ata que os cambios económicos preindustriais convertan a clase feudal nun elemento inadecuado para dirixir un novo sistema económico, rematando a súa función histórica. Pero defenderá encarnizadamente os seus privilexios, ata que a Revolución Francesa revise a situación.

Encomendación con renuncia de liberdade

“Eu, Berterio, puxen a corda no meu pescozo e entregueime baixo o poder de Alariado e a súa dona Ermengarda, para que desde hoxe fagades de min e da miña descendencia o que queirades, o mesmo vós que os vosos herdeiros, podendo gardarme, vender-me, darme a outros e, se eu quixera deixar o voso servizo, pode-des determe”.

BANTRUCHE, Apud: Señorío y feudalismo (Traduc. ).

Encomendación con entrega de patrimonio

“Dámosche todo o que hai dentro destes termos, por expresa vontade nosa, co fin de que sexades noso señor, defensor contra todos os homes do voso condado. E se calquera outro home trata-ra de estorbar o cumprimento deste acordo, siga en pé o contrato aquí presente.

ABADAL, Ramón: Catalunya Carolingia (Traduc. ).

� Organización política. Máis que de relacións sociais, que son as que forman a política, hai que falar de relacións persoais. Hoxe, a nós énos moi difícil imaxinar un territorio dividido en señoríos nos que só mande un nobre, e que o nobre non estea sometido ao poder dunha autoridade superior ou xefe de Estado, como, por exemplo, o rei. Pero du-rante o período feudal a realidade foi así.

A terra é a fonte de toda riqueza e poder; o señor feudal absorbe todas as funcións do Estado: ordena, obriga e castiga.

O rei era un señor feudal que ocupaba o cumio da sociedade, e era o representante de Deus na Terra, segundo establecera a Igrexa, sen máis poder có que tiñan os demais seño-res. Era considerado como o primeiro entre os nobres

O que había era un sistema de relacións persoais entre homes libres. O resultado desta rede foi un sistema político no que cada señor dependía doutro que estaba sobre el; e el a

Page 57: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 57 de 75

súa vez tiña a outros por debaixo. O de enriba dáballe ao vasalo un beneficio, do que obti-ña todo o que precisaba para vivir, como vimos anteriormente.

“Eu, Afonso II, pola graza de Deus, rei de Aragón, conde de Barce-lona e marqués de Provenza, dou e concedo a ti, Guillem de An-glesola, o meu castelo de Mur, e teralo con servizo e fidelidade. Douche e concédoche este castelo con todas as súas terras e per-tenzas e as melloras que fagas nel; ademais, recibirás 60 medidas de trigo, as que todos os anos me daban os labregos das terras do castelo. Doucho e concédocho; ti farasme servizo e terasme fidelidade per-petua, tanto a min coma aos meus sucesores. Teralo ti e os teus descendentes a perpetuidade”.

Fragmento da concesión dun feudo por Afonso II. 1192.

Os reinos cristiáns da península Ibérica

Cando no ano 711 os árabes entraron aquí, pequenos grupos de cristiáns refuxiáronse nas montañas do norte. Desde elas comezaron a Reconquista: a recuperación dos territorios da Península conquistados polos musulmáns, que durou case 800 anos.

� Nacemento e evolución. Nos primeiros séculos aparecen uns pequenos reinos, que pouco a pouco van medrando:

– O astur-leonés, que a comezos do século X chegaba ata o río Douro.

– Do reino anterior separouse o reino de Castela. Máis tarde, no 1230, uníronse defini-tivamente Castela e León co rei Fernando III.

– Nos Pireneos aparecen os reinos de Navarra e de Aragón e unha serie de condados cataláns. O reino de Aragón e os condados cataláns uníronse no século XII, forman-do a Coroa de Aragón. Esta unión foi só a nivel de rei, pois cada territorio seguiu coas distintas institucións de goberno que tiñan antes da unión. Esta coroa recon-quistou a parte oriental da Península (Valencia e Murcia), que era a que tiña asigna-da polos acordos co reino de Castela. Cando remata este labor, expandiuse polo Me-diterráneo: Baleares, Sicilia e o Sur de Italia, converténdose así nunha potencia co-mercial, cunha poderosa burguesía dedicada ao sector téxtil, ao comercio e á banca.

– Portugal. Era parte do reino de Castela e León. No ano 1128 independizouse de Cas-tela e León, e comezou unha expansión territorial cara ao sur.

Page 58: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 58 de 75

� Os motores que moveron a reconquista. Foron varios: a necesidade de ocupar máis terras coas que alimentar unha poboación que ía en aumento; os impostos que os cris-tiáns impoñían aos musulmáns; a unión temporal entre algún dos reinos para conquistar novas terras; e, sobre todo, o cambio de ideoloxía entre os cristiáns, no sentido de darlle á Reconquista un carácter relixioso: a loita contra os infieis (os que non profesan a reli-xión considerada como verdadeira).

Acabamos de ver unha palabra importante que vai aparecer ao longo desta área, e coa que convivimos a diario: ideoloxía. Con ela referímonos ao conxunto de ideas fundamentais que forman parte do pensamento dunha persoa, dun conxunto delas, dunha época ou de movemen-tos políticos, culturais ou relixiosos.

� O forte impulso reconquistador dos séculos XII e XIII. Durante estes dous séculos, dentro do ámbito cristián da península Ibérica hai catro reinos: Castela e León, Navarra, Coroa de Aragón e Portugal, que lle deron un forte pulo ao proceso reconquistador.

A mediados do século XII chegaron ata o río Texo e recuperaron o val do Ebro.

No XIII o avance foi notable: o reino de Castela e León alcanzaron o Guadalquivir, e mes-mo Cádiz e Murcia; o de Aragón ocupou Valencia ata Murcia e as Baleares; Portugal rematou a conquista do seu actual territorio. Na batalla das Navas de Tolosa, no 1212, uníronse os reinos de Castela, Aragón e Navarra para asegurar o control das terras situadas entre o río Texo e Se-rra Morena. En todo este século o avance cristián foi considerable: reconquistaron a cuarta par-te da superficie peninsular.

Da ocupación de case todo o territorio peninsular por parte dos musulmáns no século VIII, só lles quedaba a finais do século XIII o reino nazarí de Granada, que comprendía o que hoxe son as provincias de Málaga, Granada e Almería.

No 1469, Isabel, raíña de Castela, e Fernando, rei de Aragón, casaron, recibindo o sobreno-me de Reis Católicos. Produciuse así a unión dos dous reinos máis importantes da península. Remataron a Reconquista cando conquistaron o reino de Granada en 1492. Conquistaron Cana-rias en 1496 e anexionaron o reino de Navarra en 1515.

� A repoboación. Segundo os reinos cristiáns ían incorporando novos territorios, había que repoboalos con xente para ter forza neles. Estas novas terras eran propiedade do rei, e este dáballas aos nobres, como pago aos seus servizos militares prestados, aos monxes, para que fundasen novos mosteiros, e a campesiños libres. A repoboación fí-xose grazas ao aumento da poboación que se producía en épocas de alimentación abun-dante e sen epidemias; á inmigración de francos, procedentes de Francia; e á perma-nencia de musulmáns nos territorios conquistados.

Unha vez asentados nas novas terras, os repoboadores recibían unha serie de beneficios, que se recollían nun documento chamado carta de poboamento: redución de impostos, liberación da prestación militar, liberdade persoal…

A repoboación do século XIII levouse a cabo mediante a entrega de grandes latifundios ou

Page 59: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 59 de 75

señoríos aos nobres que prestaran axuda militar, e á Igrexa, sendo a orixe das grandes propie-dades agrícolas que persisten na actualidade.

� A sociedade nos reinos cristiáns. Estaba formada na súa meirande parte por campesi-ños, cun réxime de vida idéntico ao que xa vimos no apartado dedicado ao feudalismo.

� A economía. Tivo moita importancia en Castela e León a gandaría ovina, propiedade dos nobres, que xeraba un importante comercio de exportación aos Países Baixos. Criábase en réxime de transhumancia, dirixíndose os rabaños no verán cara ao Norte e no inverno cara ao Sur. Para ordenar e resolver os problemas que xurdían polo paso dos rabaños e polo reparto das terras cos agricultores, creouse o Consello da Mesta no sécu-lo XIII. A agricultura baseábase nos cereais, vide e oliveiras.

No reino de Aragón tamén era importante a gandaría ovina; a agricultura dedicada a froitas e hortalizas tivo un gran desenvolvemento. Nas cidades acadou moito relevo a actividade arte-sanal e manufactureira, sobre todo naquelas onde se concentraba un importante comercio marí-timo polo Mediterráneo: Barcelona, Valencia, Palma de Mallorca.

� O poder político. O sistema feudal implantouse desde a formación dos reinos cristiáns.

Os nobres ou señores, como xa vimos, obtiñan a riqueza dos rendementos que lles propor-cionaban os seus feudos ou señoríos. Ademais, como señores da guerra, obtiñan grandes bene-ficios dos botíns e das terras que obtiñan na Reconquista.

Esta riqueza dáballes un enorme poder: exercían unha forte influencia diante dos reis dos Estados cristiáns e prestábanlles os seus exércitos.

Por outra banda, os altos cargos da Igrexa, bispos e abades, pertencían á nobreza, que a súa vez eran donos de feudos eclesiásticos.

� A figura do rei. Ocupaba o cumio do edificio feudal. Os demais señores eran vasalos seus. Era o xefe do exército, formado pola xuntanza dos exércitos dos señores.

Cobraba algúns impostos, o mesmo que o facían os nobres. Non podían tomar decisións im-portantes no goberno do seu Estado (políticas, de defensa, xudiciais e administrativas) sen con-sultar a un Consello formado pola alta nobreza e polos altos cargos da Igrexa.

Pouco a pouco, os reis procuran cambiar esta situación e intentan impoñer a súa autoridade sobre os señores feudais. Para esta tarefa contaron co apoio económico dos burgueses, a cam-bio de darlles cartas de liberdade que os independizaban dos nobres.

Para a toma de decisións de goberno, os reis reuníanse con representantes dos nobres, da Igrexa e dos burgueses. A estas reunións déuselles o nome de Parlamentos ou Cortes.

A Igrexa durante a idade media

Despois das invasións xermánicas, a Igrexa foi a responsable da recristianización de Euro-pa Occidental. O seu interese principal era manter a toda a Cristiandade unida, perseguin-

Page 60: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 60 de 75

do as outras relixións. Desde agora, a Igrexa pasou a controlar todos os aspectos da vida de Europa Occidental: dáballe lexitimidade ao poder político e ditaba as normas a seguir en todos os aspectos da vida das persoas, desde o traballo ata a vida persoal e íntima.

VIAXE DE PEDRO II DE ARAGÓN A ROMA PARA RENDER VASALAXE AO PAPA INOCENCIO III NO 1204

“Eu, Pedro, rei de Aragón, prometo e confeso que sempre serei fiel e obediente ao meu señor papa Inocencio, aos seus católicos sucesores e á Igrexa romana, conservarei fielmente o meu reino na súa obediencia, defendendo a fe católica e perseguindo os herexes, custodiarei a liberdade das igrexas e defenderei os seus dereitos, esforzareime por conservar a paz e a xustiza en toda a miña terra, así Deus me axude e estes Santos Evanxeos”

Artola, M. Textos fundamentales para la Historia (Trad.)

Nun principio, aportou a ideoloxía que sostiña o sistema feudal. Ao final da Idade Me-dia elaborou a ideoloxía que sustentaba as monarquías totalitarias. Daba normas de moral, de costumes e ditaba os fundamentos das leis que se impoñían á sociedade.

Para poder acadar a vida eterna trala morte, o cristián tiña como obrigacións a práctica da caridade, a entrega de bens á Igrexa, a oración e a asistencia obrigatoria aos oficios re-lixiosos.

Co fin de manter ás persoas submisas a estes principios relixiosos e ás leis civís, pre-sentaba nos oficios relixiosos unha enorme contraposición entre o Ceo e o Inferno.

Como xa vimos, posuía enormes feudos que fixeron da Igrexa unha enorme potencia económica.

Practicaba a caridade cos pobres e mantiña escolas e hospitais.

� Organización da Igrexa. As persoas pertencentes á Igrexa formaban parte do outro grupo privilexiado. No cumio estaba o Papa, en Roma. A continuación viñan os bispos, que exercían o poder nas súas dioceses, e os abades, máxima autoridade dun mosteiro, que tiñan os mesmos privilexios cós nobres. Logo estaban os sacerdotes, que vivían nas parroquias; e os monxes e monxas, que vivían illados nos mosteiros, todos eles cun ni-vel de vida parecido ao dos campesiños.

Os mosteiros eran case sempre o centro dun feudo, onde campesiños e servos traballaban as terras do mosteiro.

Xuramento de vasalaxe dun nobre a un señor eclesiástico

“Eu, Suero Gómez de Soutomaior, vasalo que son desta Santa Igrexa de Santiago e de vós, señor arcebispo, fago homenaxe como cabaleiro (... ), que do día de hoxe en adiante serei fiel e obedien-

te vasalo da dita Igrexa e a vós, señor arcebispo,heivos servir leal e verdadeiramente con todas as

miñas forzas e poder, ao que estou obrigado polas terras, servos, rendas e dereitos que da dita

igrexa eu teño e posúo (... ). E obedecerei e cumprirei os vosos mandamentos; e farei que se cum-

pran en ditas terras que eu teño e posúo”.

Armas, Moreno, Ulloa e Villares. Textos e materiais para a historia de Galicia

Page 61: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 61 de 75

Dentro dos mosteiros, a oración era a función principal de monxes e monxas, os cales tiñan que cumprir unhas normas moi estritas que rexían a súa vida cotiá. O conxunto destas normas dáselle o nome de regra.

Na Idade Media houbo varias ordes monásticas: beneditinos, franciscanos, dominicos...

En moitos mosteiros, os frades realizaron un labor importante como copistas de textos: eran os únicos que sabían ler e escribir, pois ata o final da Idade Media non se inventará a imprenta.

� A arte do mundo feudal: o Románico. Nace en Francia e está intimamente unido ao feudalismo e á Igrexa. Desenvolveuse entre finais do século X e principios do XIII. Na Península entrou polo Camiño de Santiago, e sitúase principalmente nas zonas rurais. A catedral de Santiago de Compostela é o exemplo máis egrexio desta arquitectura.

As construcións arquitectónicas (igrexas, mosteiros e castelos) son fortes, sólidas, de grosos muros e con poucos ocos, o que provoca que sexan escuras: retratan o mundo escu-ro, pechado e centrado en Deus da época feudal. Teñen arcos de medio punto e están cu-bertas por bóvedas de canón.

A escultura son relevos feitos principalmente nos capiteis das columnas e nos pórticos, con figuras que narran historias ou simbolizan feitos e temas relixiosos, co fin de ensinar-lles aos fieis os Evanxeos porque eran analfabetos.

A pintura faise nos muros dos edificios, e trata temas relixiosos.

O renacemento das cidades en Europa occidental

Xa vimos como coa desaparición do Imperio Romano, as cidades e a vida urbana chega-ron a desaparecer; toda Europa se ruralizou.

Pero a partir do século XI as cidades volveron a agromar. Eran lugares onde había máis liberdade que no mundo pechado e duro do campo feudal. Foron lugares a onde emigraron moitos campesiños para escaparen das condicións de vida extremadamente duras que lles impoñían os señores feudais.

A estas novas cidades chamóuselles burgos, e aos seus habitantes, burgueses.

Para que este rexurdimento fose posible tiveron que darse unha serie de circunstancias: aumento da produción agrícola e gandeira para xerar excedentes cos que alimentar a unha poboación que non produce alimentos; un aumento da poboación no campo debido á unha mellor alimentación, que xerou unha emigración cara ás cidades; seguridade polo cesa-mento das invasións dos séculos anteriores.

� A burguesía: un novo grupo social. É un grupo non privilexiado, que ten como base económica o comercio, os obradoiros artesanais e o diñeiro.

Un feito fundamental que hai que considerar é o cambio de mentalidade que se opera dentro da burguesía: o afán de enriquecerse para aumentar os negocios e o patrimonio persoal, é dicir, aumentar o capital. Con esta nova ideoloxía e a súa posta en práctica nace o sistema económico coñecido como capitalismo.

A burguesía dividiuse en alta e baixa, segundo o seu nivel de riqueza. Dentro da cidade, re-

Page 62: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 62 de 75

presentaba unha pequena porcentaxe da poboación. A maioría estaba formada por xente que vivía na miseria: aprendices dos obradoiros, criados, xente sen oficio que fuxía do mundo rural, mendigos...

� Feiras e mercados. Nas cidades celebrábanse mercados semanais e feiras anuais, onde se intercambiaban produtos do entorno da cidade e de lugares afastados, que chegaban a través das rutas comerciais do Mediterráneo, do Norte de Europa ou polo Camiño de Santiago. O comercio europeo tiña a súa base nas cidades do norte de Europa e do Me-diterráneo, que comerciaban cos musulmáns. Estes traían produtos exóticos de Asia (seda especias, perfumes) e África (ouro, marfil e escravos), e levaban ferro, armas e tecidos de luxo.

Señores, grazas á paz, a nosa cidade (Venecia) negocia un capital comercial de 10 millóns de du-

cados a través do mundo enteiro. Temos 3. 345 embarcacións tripuladas por 36.000 homes. (... )

A nosa cidade acuña cada ano 1.200.000 ducados de ouro e 800.000 de prata, que se distribú-

en por Siria, Exipto, Inglaterra (... )

Os florentinos subminístrannos cada ano 16.000 pezas de pano. Nós distribuímolas por Nápo-

les, Sicilia, Cataluña, Exipto, Siria, Chipre, Lisboa... E cada semana, os florentinos mércannos

por valor de 7.000 ducados todo tipo de produtos: la francesa e catalá, cereais, seda, cera, ouro,

prata, azucre, sal, índigo, coiro, xoias, con grandes beneficios para nós.

Fourquin, G: Historia económica del occidente medieval (Trad.)

Como consecuencia deste comercio a gran escala, vólvese á economía monetaria, créanse bancos para a concesión de créditos e invéntase a letra de cambio, que permite cobrar unha cantidade onde se desexe sen necesidade de levar diñeiro.

� Os gremios. Á parte da actividade comercial, nas cidades medievais foi moi importante a actividade artesanal, realizada nuns obradoiros propiedade dun mestre artesán. Os obradoiros dun mesmo oficio situábanse na mesma rúa, existindo ata hoxe rúas co no-me dos oficios medievais.

Os mestres artesáns dun mesmo oficio agrupábanse nunhas asociacións chamadas gremios. Non se podía exercer a profesión sen pertencer a un gremio.

A función dos gremios era regulamentar as condicións nas que se tiña que desenvolver o la-bor: conceder ou denegar permiso para a instalación de novos obradoiros; control do horario laboral, que tiña que ser o mesmo para todos; obrigación de usar materias primas compradas ao mesmo prezo; control de calidade dos produtos elaborados; prezos fixos de venda ao público, pois non se podía vender por debaixo do prezo oficial marcado polo gremio.

Como podemos comprobar, os gremios dificultaban a libre actividade e a libre competencia. Co paso dos séculos esta situación terá que cambiar.

Ningún tecedor de la pode exercer o oficio dentro dos arrabaldes de París se non é fillo de mestre.

Cada tecedor pode ter na súa casa dous teares anchos e un estreito.

O mestre tecedor non pode ter instalados estes teares fóra da súa casa.

Cada tecedor pode ter na súa casa un só aprendiz. Ningún tecedor que vaia ás feiras de Champa-ña debe vender pano de ningunha parte mestu-rado co de París.

Calquera que sexa tecedor en París, se ten tenda nos mercados para vender os seus pa-nos, cada ano debe pagar ao rei cinco soldos polo dereito de mercado por cada tenda ou posto que posúa.

Boileau. Libro de los oficios (Trad.)

Page 63: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 63 de 75

� O goberno das cidades. Moitas cidades dependían dun señor feudal, nobre ou eclesiás-tico, que cobraba fortes impostos aos seus habitantes. Esta situación era moi prexudi-cial para os burgueses, pois necesitaban liberdade para realizaren a súa actividade eco-nómica sen trabas.

Coa riqueza acumulada acabaron comprando a liberdade aos señores feudais e establecendo un goberno propio: os concellos, gobernados por membros da alta burguesía.

Como xa se viu máis arriba, os reis foron cómplices dos burgueses na súa procura de inde-pendencia dos señores feudais. Os reis buscaban o apoio da burguesía enriquecida (diñeiro e armas) para quitar de enriba deles o poder feudal e así poder afianzar o propio. Pouco a pouco, a burguesía conseguiu estar representada nas Cortes dos reis, xunto coa nobreza e os altos ecle-siásticos.

� As universidades. Este mundo de finais da Idade Media en profundo cambio (renace-mento das cidades, aparición dunha nova clase social, fortalecemento do poder dos reis fronte aos señores feudais) esixía xente ben instruída e formada culturalmente: expertos en leis, en medicina, en economía, profesores.

Satisfacer estas esixencias foi o labor das Universidades, que aparecen no século XIII. Son famosas as de Boloña, Oxford, París, Palencia, Salamanca…

� A arte das cidades medievais: o Gótico. Nace en Francia e desenvólvese entre media-dos do século XII e finais do XV. É un arte urbano, relixioso (catedrais) e tamén civil, unido intimamente á burguesía (palacios, lonxas e concellos).

As construcións son altas, esveltas, luminosas e cheas de luz de diversas cores debido ás vi-dreiras: son o símbolo dunha nova época, máis aberta, máis rica, máis optimista. O arco de me-dio punto do románico é substituído polo arco apuntado, e a bóveda de canón convértese en bóveda de cruzaría.

A escultura está asociada á arquitectura: nos pórticos, nos sepulcros. As representacións fan referencia a modelos naturais. A pintura é moi expresiva e localízase en retablos e muros.

� A crise dos séculos XIV e XV. A principios do século XIV tivo lugar en Europa unha perturbación climática prolongada que orixinou malas colleitas, sobre todo de cereais, e que provocaron unha fame xeneralizada. Coa fame debilítanse as defensas inmunolóxi-cas e increméntanse as enfermidades infecciosas: é así como, a partir de 1347 se inicia a Peste Negra, que provocou unha enorme mortalidade en todo o continente.

O descenso da man de obra no campo fixo que as rendas dos señores feudais diminuíran substancialmente, o que os levou a incrementar os impostos ata límites insoportables e prohibir que os campesiños abandonaran os señoríos.

Nesta situación é comprensible que aparezan os conflitos sociais, de campesiños contra se-ñores, pedindo a suavización das condicións impostas.

O conflito tamén se estendeu ás cidades, onde a mortalidade fora superior á das zonas rurais,

Page 64: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 64 de 75

levando á ruína a meirande parte dos negocios. Como ocorrera no campo, as persoas máis des-favorecidas provocaron revoltas, esixindo traballo e incremento dos salarios.

Esta situación tan crítica trouxo unha onda de fanatismo relixioso, ao relacionar tanto mal cun castigo de Deus polos pecados cometidos.

Galicia na Idade Media

No século IV foi cristianizada. No 411 chegaron os suevos e formaron un reino indepen-dente, con capital en Braga. No 585 os visigodos absorberon o reino suevo.

A invasión musulmá apenas afectou a Galicia. Afonso I, rei de Asturias, reconquistou Galicia no século VIII. Nos séculos posteriores foi repoboada polos nobres galegos. Poste-riormente integrouse no reino astur-leonés co apoio dos nobres e da Igrexa, outorgándolles os reis privilexios para gañar a súa confianza. A formación do reino de Portugal impediu a expansión de Galicia cara ao Sur.

Nos séculos XIV e XV acadaron gran importancia as familias nobres dos Andrade, Osorio, Soutomaior, Ulloa e Sarmiento.

As tensións propias do mundo feudal a finais da Idade Media en toda Europa, debido as malas colleitas e á Peste Negra, provocaron o enfrontamento de campesiños e pequenos burgueses contra os abusos dos nobres, que culminaron na Revoltas Irmandiñas a media-dos do século XV, consideradas as primeiras loitas antiseñoriais da Europa medieval. A Primeira Guerra Irmandiña estala en 1431 contra os Andrade, polo maltrato exercido con-tra os seus campesiños; os irmandiños, dirixidos polo fidalgo Roi Xordo, foron derrotados. En 1467 ten lugar a Segunda Guerra Irmandiña, que se estende por toda Galicia; nun prin-cipio, os irmandiños levan a dianteira, moitos nobres foxen de Galicia e son derrubadas moitas fortalezas; pero en 1469, os nobres, co apoio do rei, e dirixidos por Pedro Madruga e Pardo de Cela, derrotan aos campesiños.

� A sociedade. Galicia comezou a feudalizarse cando os reis de Asturias e León lles en-tregaron aos nobres galegos e a bispos e abades dos mosteiros grandes extensións de te-rras (señoríos) para gañar a súa fidelidade e manter o territorio controlado.

Como no resto de Europa, os que rexen a sociedade son os nobres, os bispos e os abades. A nobreza eclesiástica tivo moita máis importancia cá nobreza laica: o arcebispado de Santiago e os mosteiros de Samos, Sobrado, Armenteira e Celanova foron uns dos señoríos máis ricos de toda a Península.

Os campesiños, que constituían o 90 % da poboación, nun principio eran donos de pequenos lotes de terras pero, ante a inseguridade da que falamos anteriormente, foron entregando as súas propiedades aos nobres e á Igrexa, materializándose así o proceso de feudalización de Galicia, perdurando algúns dos seus elementos ata o século XX (os foros). Vivían en pequenos núcleos rurais ou aldeas, no mesmo emprazamento que o actual.

Page 65: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 65 de 75

� A economía. Era basicamente agrícola, cunha pequena actividade artesanal. Nos sécu-los XII e XIII desenvolveuse a agricultura e provocou un aumento da poboación; isto obrigou a ampliar as terras de cultivo e mesmo a crear novos núcleos de poboación: son as aínda hoxe chamadas vilas novas.

Os monxes, os bispos e os abades, que eran os únicos donos da terra, cedíanlles parcelas aos labregos cun contrato de foro, para que as cultivasen a cambio dunha renda fixa a longo prazo e da prestación de servizos persoais aos señores.

Nas cidades fóronse asentando os artesáns: toneleiros, zapateiros, ferreiros, xastres… En Santiago abondaban os prateiros e acibecheiros, para atender a demanda dos peregrinos. Nal-gunhas vilas da costa había salgaduras de peixe, debido a un aumento da actividade pesqueira.

Este incremento xeral da produción activou o comercio, multiplicándose as feiras e os mer-cados.

� A cultura. A lingua galega tivo un gran desenvolvemento. A lírica acadou gran impor-tancia e está recollida en Cancioneiros. O rei Afonso X de Castela compuxo en galego as Cantigas de Santa María. No século XV o galego comezou a declinar como lingua escrita.

� A arte. O románico ten en Galicia unha das súas mellores manifestacións: a catedral de Santiago de Compostela. O gótico ten como expresións máis significativas as igrexas de San Francisco en Betanzos e Ourense.

� O Camiño de Santiago. Cando a Reconquista chegou ao río Douro, os contactos do Norte da Península cos países de Europa foron máis intensos. Estes contactos propor-cionaron influencias de todo tipo: viñan guerreiros para axudar na loita contra os mu-sulmáns, comerciantes e, a partir do século XI, cristiáns para visitar a tumba do apósto-lo Santiago nunha igrexa mandada construír polo rei asturiano Afonso II no lugar onde, segundo a lenda, se atoparan os restos do apóstolo, converténdose, xunto con Roma e Xerusalén, nun dos principais centros de peregrinación da Cristiandade.

A sociedade da Idade Media era profundamente relixiosa, e nela reinaba un forte sentimento de espiritualidade, mesturado co medo á morte e ao pecado, un gran sentimento de culpa e o temor á condena eterna. A todo isto úneselle a crenza do perdón dos pecados a través do arrepentimento, o que marca un mundo no que é fundamental a penitencia, xa que se con-sidera que a culpa só desaparece logo dun castigo: as peregrinacións son un instrumento ideal para facerse perdoar os pecados.

Entre os distintos camiños que seguían estes visitantes, o que tivo máis tráfico foi o que atravesaba os Pireneos por Roncesvalles ata Pamplona; desde aquí partían outras rutas distin-tas, aínda que a que tivo máis importancia foi o chamado actualmente Camiño Francés, o de máis ao Sur. Ao longo do Camiño edificáronse moitas igrexas, hospitais e hospedarías en po-bos e cidades: Jaca, Pamplona, Estella, Logroño, Santo Domingo de la Calzada, Burgos, León, Santiago…

Consecuencias das peregrinacións:

– Incremento do comercio.

– Aumento da produción agrícola para poder atender aos peregrinos.

– Debido ao anterior, enriquecemento dos señores feudais e dos mosteiros.

– Maior importancia na sociedade galega dos nobres eclesiásticos cós non eclesiásti-cos, debido aos beneficios que lles reportaban as súas terras e ás importantes doa-zóns que recibían dos fieis e dos reis. O arcebispo de Santiago foi a autoridade máis importante de Galicia, destacando Diego Xelmírez (1065-1140), primeiro arcebispo de Compostela.

Page 66: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 66 de 75

4.2 Secuencia de actividades

S37. Explicación dos contidos da Idade Media, co apoio visual de fragmentos dos do-cumentais El Islam (Gardner Films, 2000), Las Cruzadas (Atlantic Productions, 2005) ou La España medieval (Canal de Historia), ou das películas A caída do Imperio Romano, de Anthony Mann (1964), A furia dos bárbaros, de G. Malates-ta (1960), Os nibelungos, de Harld Reinl (1967), Os vikingos, de R. Fleischer (1958), Dies irae, de Carl Dreyer (1940), O nome da rosa, de Jean-Jacques An-naud, O sétimo selo, de Ingmar Bergman (1956), O señor da guerra, de F. Schaffner (1965) e Robin Hood, de Kevin Reynolds (1991).

Os pobos xermánicos

S38. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Os pobos xermánicos, de onde procedían?

���� Por que motivos penetra-ron masivamente no Im-perio Romano? En que ano o fixeron definitiva-mente?

���� Resuma as ideas princi-pais do texto visto de Fe-rrandis Torres.

S39. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Destaque as característi-cas do sistema político dos visigodos.

���� Resuma as característi-cas da economía e da sociedade visigodas.

���� Segundo o texto de Carl Grimberg, que lle reco-mendou Leovixildo ao seu sucesor?

Page 67: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 67 de 75

���� Quen eran os suevos? Que importancia ten a súa instalación en Gali-cia?

���� Cal foi a pretensión de Carlomagno? Conse-guiuna? Por que?

O Islam

S40. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Quen fundou o islamis-mo?

���� Cales son os principais preceptos do Islam? Cal é o seu libro sagrado?

���� O Islam é algo máis ca unha relixión? Razoe a resposta

���� No texto lido, que trazos do carácter de Mahoma se destacan?

���� Que é a Héxira? Que importancia ten para os musulmáns?

S41. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Coa axuda dun diciona-rio, aclare o significado destas palabras: árabe, musulmán, mouro, ma-hometano e islámico

Page 68: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 68 de 75

���� A que se refire a expre-sión Al-Andalus?

���� Por que os musulmáns conquistaron tan rapida-mente a Península?

���� Destaque a idea que lle pareza máis importante no texto de Ubieto e ou-tros.

���� Indique as características da economía de Al-Andalus e destaque as principais actividades económicas

���� Faga un resumo da estrutura social e da or-ganización do poder

���� Por que coñecían todos os adiantos técnicos da súa época?

���� Destaque a idea que máis lle chamou a aten-ción no texto de A. Gala.

���� No texto de Ubieto e outros referido á convi-vencia, que é o que lle resulta máis salientable?

���� Segundo o texto de Grimberg, que opinión ten da cidade de Córdo-ba no século X, compa-rada con outras do mo-mento?

Page 69: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 69 de 75

O feudalismo e a Idade Media cristiá

S42. Conteste ás seguintes cuestións:

���� No sistema feudal, o poder que antes tiña o Estado, a quen pasou?

���� Por que os campesiños se someteron volunta-riamente a un señor? Que perderon?

���� Que é un señorío?

���� Caracterice cada ele-mento do sistema feudal: feudo, beneficio, vasala-xe ou homenaxe, e in-munidade.

���� Sintetice as característi-cas básicas da economía feudal. Que é o décimo?

���� No feudalismo, que nome recibe cada grupo social? Era fácil o ascenso dun estamento a outro? Que define cada grupo?

���� Enumere as funcións que tiña cada un dos tres es-tamentos da sociedade feudal.

���� Resuma a organización política da sociedade feudal.

Page 70: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 70 de 75

���� Analice o texto visto: “Fragmento da concesión dun feudo por Afonso II”. Para o facer pode seguir estas pautas: – Lea o texto con moita atención, as veces necesarias, consultando o dicionario se cómpre. – Subliñe as ideas principais. – Indique a natureza do texto: Se é xurídico (leis), político (discurso ou programa), histórico (memorias), historio-gráfico (texto dun historiador).

– Sitúe o texto no espazo e no tempo, se é posible. – Consulte internet e busque información sobre o autor. – Comentario e análise: defina as palabras técnicas e as expresións que teñan significado; explique as expresións pouco claras.

���� Conclusión: dea opinións sobre o texto, sen deixarse levar dos seus propios sentimentos. Exprese o interese do texto para vostede: achegoulle novos coñecementos?

S43. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Como comezaron os cristiáns a resistencia contra os invasores islá-micos?

���� Cales foron as causas que levaron aos cristiáns á Reconquista?

���� Defina “ideoloxía”.

���� Cales foron os primeiros reinos cristiáns que se formaron e que territorios comprendían?

���� Cite os principais reinos cristiáns dos séculos XII e XIII e sinale as con-quistas territoriais que le-varon a cabo.

Page 71: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 71 de 75

���� Por que destaca a batalla das Navas de Tolosa?

���� Explique como se levou a cabo a repoboación dos territorios reconquista-dos.

���� Que diferenzas había entre a economía dos distintos reinos peninsu-lares?

���� Resuma o funcionamento do sistema político nos reinos cristiáns medie-vais.

���� Tiñan os reis autonomía para gobernaren segun-do a súa vontade? Razoe a resposta.

S44. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Cal era o interese princi-pal da Igrexa durante a Idade Media?

���� Describa a influencia da Igrexa na sociedade.

���� Segundo o texto recollido por Artola, cal era a rela-ción do rei Pedro II de Aragón co papa Inocen-cio III?

���� Que obrigas tiña todo cristián se quería acadar a vida eterna?

���� No texto “Xuramento de vasalaxe…”, quen é va-salo de quen? Que bene-ficios recibe o vasalo?

Page 72: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 72 de 75

���� A escuridade propia das igrexas románicas, que simboliza?

S45. Conteste ás seguintes cuestións:

���� En que século rexorden as cidades? Como se lles chamaba entón? Quen foi vivir nelas?

���� Que factores influíron no renacer das cidades?

���� Como se chama o novo grupo social que nace nas cidades? A que acti-vidades económicas se dedica? Pertence ao grupo dos privilexiados?

���� Dentro desta nova clase nace unha nova ideolo-xía, que ten repercusións na economía: explique o seu fundamento.

���� Compare o texto de G. Fourquin coas caracterís-ticas da economía feudal. Que diferenzas atopa?

���� Como se chaman as asociacións de mestres artesáns? Que aspectos regulamentaban? Que dificultades representa-ban para a produción ar-tesanal?

���� A quen mercaron os burgueses a liberdade das súas cidades?

���� Como se chamaba o órgano de goberno das cidades? Quen controla-ba o poder neste órga-no?

���� Quen apoiou os burgue-ses na súa loita por inde-pendizárense dos seño-res feudais? Por que?

Page 73: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 73 de 75

���� Que factores determina-ron a aparición das uni-versidades?

���� As igrexas e catedrais góticas son moi lumino-sas. Que simboliza esta luz?

���� Resuma a crise dos séculos XIV e XV: consi-dere as causas, describa os feitos e estableza as consecuencias.

S46. Conteste ás seguintes cuestións:

���� Cantos anos durou o reino suevo en Galicia?

���� Quen reconquistou Galicia e en que século? Como se fixo a repoboa-ción de Galicia?

���� Como se produciu o proceso de feudalización de Galicia?

���� Resuma as revoltas Irmandiñas, facendo fin-capé nas causas e nas consecuencias.

���� Describa a base econó-mica da Galicia feudal.

���� Que eran as vilas novas. E os foros?

���� Busque en internet diferentes imaxes da ca-tedral de Santiago de Compostela e dos distin-tos camiños de Santiago.

Page 74: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 74 de 75

���� Estableza a relación entre as peregrinacións e o sentimento relixioso

���� Cite as consecuencias das peregrinacións.

Page 75: A humanidade en evolución: dunha economía ... - Galicia

Páxina 75 de 75

Sitios na web para consultar:

���� http://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos ���� http://w3.cnice.mec.es/tematicas ���� http://www.cantabriainter.net ���� http://www.dearqueologia.com ���� http://www.fundacionatapuerca.com ���� http://www.arterupestre-c.com ���� http://clio.rediris.es ���� http://www.proel.org ���� http://www.mesopotamia.co.uk ���� http://www.eternalegypt.org ���� http://www.egipcios.net ���� http://www.egiptologia.org ���� http://www.egiptomania.com ���� http://www.egipto.com ���� http://recursos.cnice.mec.es/latingriego ���� http://iris.cnice.mec.es ���� http://www.santiagoapostol.net ���� http://www.geocities.com ���� http://www.culturaclasica.com ���� http://www.elhistoriador.com.ar ���� http://www.biografiasyvidas.com ���� http://www.historia-antigua.com/roma ���� http://www.liceodigital.com/historia/roma ���� http://www.roman-empire.net ���� http://www.primeroscristianos.com ���� http://www.gloriaderoma.com ���� http://www.antropos.galeon.com

���� http://aliso.pntic.mec.es ���� http://www.portalplanetasedna.com.ar ���� http://www.spanisharts.com ���� http://www.artehistoria.com ���� http://www.arteespana.com ���� http://www.arteguias.com ���� http://www.artehistoria.jcyl.es ���� http://www.imperiobizantino.com ���� http://www.hiru.com ���� http://www.portalplanetasedna.com.ar/carlomagno ���� http://www.hiru.com ���� http://www.edu.xunta.es/contidos ���� http://www.aaviladonga.es ���� http://www.fundacionlasmedulas.com ���� http://gl.wikipedia.org/wiki/Reino_Suevo ���� http://www.ucm.es/info/hisdere/mednet/mednet.htm ���� http://www.larutadelcister.info ���� http://www.legadoandalusi.es ���� http://www.alhambradegranada.org ���� http://www.webislam.com ���� http://www.medievalismo.org ���� http://www.bcn.es/guia ���� http://www.legadoandalusi.es ���� http://www.alhambradegranada.org ���� http://www.webislam.com ���� http://www.aragob.es/pre/cido/historia ���� http://www.iternet.es/navarra/navhis1.htm ���� http://www.cervantesvirtual.com/historia

Procedencia das ilustracións da unidade:

���� http://www.armenian-history.com ���� http://www.content.answers.com ���� http://www.ccs.k12.in.us ���� http://www.romanguide.com ���� http://www.wikimedia.org ���� http://www.omerique.net ���� http://www.monasterio-medieval.es ���� http://www.farm3-static.com ���� http://www.eccn.edu.pt ���� http://www.juntadeandalucia.es ���� http://www.imagesencar.men.com ���� http://www.libreria-mundoarabe.com ���� http://www.lengua.laguia2000.com ���� http://www.arteyfotografia.com ���� http://www.usuarios.lycos.es ���� http://www.bhofman.edublogs.org ���� http://www.kalipedia.com ���� http://www.egiptologia.com ���� http://www.todomonografias.com

���� http://www.phistoria.net ���� http://www.telocuento.es ���� http://www.wissenmitlinks.de ���� http://www.culturaclasica.com ���� http://www.dkimages.com ���� http://www.domitilla.it ���� http://www.geocities.com ���� http://www.ibl.uni-bremen.de ���� http://www.josenclim.nl ���� http://www.bikefriday.com ���� http://www.educastur.princast.es ���� http://www.yaop.org.com ���� http://www.leon.es ���� http://www.neoteo.com ���� http://www.imageshack.us ���� http://www.fotologs.net ���� http://www.partidogaleguista.org ���� http://www.centrodramatico.org ���� http://www.smh.com.au