A filosofía e a súa historia

27
A filosofía e a A filosofía e a súa historia súa historia

description

 

Transcript of A filosofía e a súa historia

Page 1: A filosofía e a súa historia

A filosofía e a súa A filosofía e a súa historiahistoria

A filosofía e a súa A filosofía e a súa historiahistoria

Page 2: A filosofía e a súa historia

A filosofía divídese nas seguintes ramas

• Metafísica• Lóxica• Epistemoloxía• Antropoloxía• Ética• Estética• Política

Page 3: A filosofía e a súa historia

Ramas da filosofía

Page 4: A filosofía e a súa historia

METAFÍSICA• Do latín "metaphysica", que ven do grego

metá que significa “tras, máis aló”, e phýsis que significa “natureza”

• Defínese como algo que está máis aló do físico, dedicando o seu estudo ao abstracto do Ser e de Deus. É unha parte fundamental de la filosofía que trata o estudio do Ser e das súas propiedades, principios, causas e fundamentos de existencia.

• Subdivídese en ontoloxía (estudo do ser en xeral) e teoloxía (estudo do ser divino)

Page 5: A filosofía e a súa historia

LÓXICA• Termo con orixe no grego logos, ‘‘razón’’,

‘‘palabra’’.• Parte da filosofía e das matemáticas que se

ocupa dos razoamentos expresados lingüisticamente. Estuda a súa estrutura, a súa forma e a súa corrección e establece cando un razoamento está ben construído e podemos, polo tanto, asegura-la validez da súa conclusión.

• Ten unha linguaxe específica moi diferente á linguaxe natural que utilizamos as persoas na nosa vida.

Page 6: A filosofía e a súa historia

EPISTEMOLOXÍA• Do grego, ἐπιστήμη (epistéme),

"coñecemento"; λόγος (logos) , "teoría“.• Trata sobre os problemas filosóficos

relacionados coa teoría do coñecemento. O sentido da palabra epistéme é mellor comprendido se se compara co seu oposto, segundo Platón.

• Coñecemento teórico, coñecemento práctico

• Verdade de feitos, verdade de proposición

Page 7: A filosofía e a súa historia
Page 8: A filosofía e a súa historia

ANTROPOLOXÍA• Do grego

άνθρωπος λογος, anthropos logos, «coñecemento do ser humano».

• Analiza ós seres humanos desde distintas perspectivas como a biolóxica, a social, a humanista ou a cultural.

Page 9: A filosofía e a súa historia

ÉTICA• Do grego ēthos, "temperamento", "carácter", "costume“.• Ten como obxecto de estudo os códigos morais. É a

ciencia que estuda a moral. É dicir, a ética reflexiona sobre o comportamento humano, as normas morais, a súa fundamentación, a súa validez, a súa universalidade... A ética reflexiona sobre o uso de conceptos como bo, malo, o ben, o mal e responsabilidade e sobre o comportamento humano.

• A ética ocupouse de analizar, valorizar e desenvolver estas normas. Hoxe en día asígnaselle un carácter teórico e rexéitase o carácter normativo ou pragmático que tiña.

Page 10: A filosofía e a súa historia

ESTÉTICA• A palabra deriva das voces gregas αἰσθητική

(aisthetikê) «sensación, percepción», de αἴσθησις (aisthesis) «sensación, sensibilidade», e -ικά (ica) «relativo a».

• Analiza a natureza da beleza e das creación artísticas.

• Aínda que o interese polo artístico e a reflexión acerca del son tan antigos coma o ser humano, como disciplina filosófica ten unha orixe recente (s. XVIII), sendo o nome elixido por Baumgarten na súa obra de 1750. Outros autores denominárona caloloxía, de kalos (belo).

Page 11: A filosofía e a súa historia

POLÍTICA

• Ocúpase dos aspectos comunitarios do ser humano, como son a súa orixe social, as formas de goberno, o poder, etc.

Page 12: A filosofía e a súa historia

Historia da filosofíaHistoria da filosofíaHistoria da filosofíaHistoria da filosofía

As épocasAs épocas

Page 13: A filosofía e a súa historia

Historia da filosofía• É un reflexo da historia

da vida humana e do modo de pensar do individuo ao longo do tempo. Diversos autores, en diversas épocas, achégannos cos seus pensamentos a unha realidade que, aínda que pasada, nos axuda a comprender o noso presente.

Page 14: A filosofía e a súa historia

Época antiga.• Representantes: Sócrates, Platón e

Aristóteles, entre o século VI a.C. E o século I. Pódense distinguir cinco etapas, segundo a problemática.

Page 15: A filosofía e a súa historia

Época antiga• Período cosmolóxico.

(filosofía da natureza). Primeiros pensadores denomínanse “físicos”, dada a su preocupación polos problemas relativos á natureza ou fisis. A este labor adican os seus mellores esforzos Tales, Anaximandro, Anaxímenes, Heráclito, Parménides, Empédocles, Anaxágoras, Leucipo e Demócrito. Pensadores que se engloban no chamado presocráticos.

• Período antropolóxico, (filosofía do ser humano). O ser humano reflexiona sobre si mesmo, deixa de prestarlle atención á realidade exterior. Punto central da súa preocupación é a vida humana. A reflexión comeza con Sócrates, antes del ocupáronse os sofistas (sec. IV a.C.) Protágoras e Gorxia.

Page 16: A filosofía e a súa historia

•Período dos grandes sistemas (epistémico-ontolóxico). Con Platón e Aristóteles a filosofía chega a súa plena madurez. Estes dous pensadores ocupáronse dos grandes temas desta disciplina: o ser, o coñecemento, a cosmoloxía ou física, a ética a política e a lóxica. (este último no caso de Aristóteles) . Crearon dous grandes sistemas: o idealista (Platón), atribúe valor real ás ideas, e o realista (Aristóteles), que se basea no valor da experiencia sensible. Moitas das súas teses filosóficas están presentes en outros autores posteriores.

•Período helenístico (filosofía ética). Dúas correntes filosóficas: o epicureísmo* e o estoicismo*. Interese dos filósofos vólvese ao home, á súa interioridade, á súa salvación e á súa felicidade.

Platon

Page 17: A filosofía e a súa historia

• *Epicureísmo: (séc. IV-III a.C.) escola fundada por Epicuro de Samos. Na súa Ética sostiña que “o pracer é o principio e o fin da vida feliz” mentres que o “malo” é aquilo que nos produce dor.

• *Estoicismo: (séc. IV-III a.C.) escola fundada por Zenón de Citio, inda que en época romana destaca Séneca. O ideal sos estoicos é “vivir de acordo coa Natureza”. Para iso débense dominar as paixóns.

Epicuro de Samos

Zenón de Citio

Page 18: A filosofía e a súa historia

•Período relixioso (neoplatonismo). Derradeiro período da filosofía antiga. Trazo característico desta etapa é a expresión dun forte sentimento místico e un anhelo relixioso de salvación. Destaca Plotino.

Plotino

Page 19: A filosofía e a súa historia

Época Medieval.• Protagonizado polo cristianismo, e

islamismo, co averroísmo, e o xudaísmo. Temática principal é a relación en razón e fe, e dicir entre filosofía e teoloxía. Divídese en dúas correntes: patrística e escolástica.

Page 20: A filosofía e a súa historia

• Patrística (século I ao V). Nome derivado do pensamento chamado “Santos Pais”. Destaca Agostiño de Hipona

• Escolástica. (séculos XI ao XII). Provén da palabra latina scholasticus. Perdurou ata o século XX. Tres períodos.

1. Primeira escolástica. Influencias de Santo agostiño, Platón. Destacan Anselmo de Canterbury e Pedro Abelardo.

2. Alta Escolástica (séculos XIII ao XIV) Influencias de Aristoteles. Destacan Alberte Magno e Tomé Aquino.

3. Crise da Escolástica (século XIV). Separación entre fe e razón. Sobresae Guillerme de Ockham

Page 21: A filosofía e a súa historia

Época moderna• O renacemento, representa os albores da época moderna. • Racionalismo. Destacan: René Descartes, Baruch Spinoza e

Gottfried W. Leibniz. Os filósofos viven a revolución científica ou nova ciencia. Ven as matemáticas como un saber que parte de principios básicos evidentes (axiomas), onde se deducen todas as verdades do sistema, universais e necesarias.

• Empirismo: provén do grego ἐμπειρισμός (empeirismós), derivado de ἐμπειρία (empeiría, 'experiencia', 'coñecemento', 'habilidade'), cuxa tradución ao latín é experientia, de onde deriva a palabra experiencia. Destacan: John Locke, Thomas Hobbes, Francis Bacon, George Berkeley e David Hume.

Page 22: A filosofía e a súa historia

A teoría contractualista.

• É unha corrente da filosofía do dereito que tivo a súa maior auxe e expansión entre os séculos XVII e XVIII. Segundo os seus principais autores, o home no seu estado natural segue os seus propios impulsos e intereses ao competir cos demais individuos e ao poñer en perigo a supervivencia da especie. Por iso, os homes crean un pacto ou contrato social en virtude do cal ceden parte da súa liberdade a un home ou a unha asemblea para que os goberne.

Page 23: A filosofía e a súa historia

• Criticismo de Kant.1. Crítica da razón pura.2. Crítica da razón

práctica.

3. Crítica do xuízo.

• Idealismo alemán. Principal represante é Heggel, revaloriza o Estado fronte á sociedade civil. Outros representantes: Fichte e Schelling.

Kant

Heggel

Page 24: A filosofía e a súa historia

Época contemporánea• Séculos XIX, XX e XXI, non só en Europa, senón tamén en

América. Déronse varias achegas:• Positivismo de Augusto Comte. Representa a primeira

oposición a Heggel. Este pensador rexeita a metafísica e a aspiración dun saber absoluto e pretende implantar un saber positivo, científico, como base dunha nova organización político- social.

• Marxismo. o marxismo ultrapasou as ideas dos seus precursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrange unha ampla gama de pensadores e militantes, non sempre coincidentes e asumindo posicións teóricas e políticas ás veces antagónicas. Representantes: Karl Marx e Friedrich Engels.

Page 25: A filosofía e a súa historia

•Vitalismo: principal representante Friedrich Nietzsche, achega como innovación na filosofía a defensa da vida e do irracional fronte á racionalidade da ciencia e dos fenómenos físicoquímicos.

•Existencialismo: reivindica a orixinalidade e peculariedade da existencia individual. Esta corrente outorga prioridade, polo tanto, á existencia fronte á esencia, pero tamén á vida fronte á razón, á praxis fronte á teoría, e á liberdade fronte a determinación. Destaca: Soren Kierkegaard. Outros autores, como Martin Heidegger e Jean-Paul Sartre, recollen a idea da irredutibilidade do individuo na súa análise sa existencia individual. Destaca o existencialista francés Albert Camus.

•Filosofía analítica: é unha corrente filosófica que considera que os erros de pensamento son fundamentalmente erros lingüísticos e, polo tanto, centra a súa atención en temas lóxicos e epistemolóxicos, así como no contexto da análise da linguaxe. Os seus máximos representantes son Ludwin Wittgenstein, Bertrand Russell e George Edward Moore

Page 26: A filosofía e a súa historia

•Neopositivismo: O seu principal pensador é Rudolf Carnap. Non acepta a metafísica na convicción de que non hai máis coñecemento auténtico que o que proporcionan as ciencias empíricas ou experimentais.

•Escola de Frankfurt: Destacan Max Horkheimer, TheodorW. Adorbno, Herbert Marcuse u Júrgen Habermas.

•Posmodernismo. Destacan Jean-François Lyotard, tamén Gilles Deleuze e Jacques Derrida.

Page 27: A filosofía e a súa historia

Alba González Domínguez 1º BACHA