A eiruga da seda

50
a bolboreta da seda

Transcript of A eiruga da seda

Page 1: A eiruga da seda

a bolboreta da seda

Page 2: A eiruga da seda

Unha lenda chinesa conta que o descubrimento da seda fixoo unha antiga emperatriz á que, mentras tomaba o te debaixo dunha moreira, lle caeu un casulo na taza e cando o quixo coller empezou a desfiañarse e ela, á que lle gustaban moito os labores de tecido, admirada pola finura e o brillo de aquel fío, comezo a traballar con el.O secredo da elaboración dos tecidos de seda gardouse celosamente durante moito tempo.

Page 3: A eiruga da seda

A bolboreta da eiruga da seda (Bombix mori) é orixinaria do norte de China, onde se cría desde hai uns 5.500 anos para aproveitar o fío co que a eiruga constrúe o casulo no que se agocha para facer a súa metamorfose a adulto.

Page 4: A eiruga da seda

A bolboreta da eiruga da seda é un insecto de cor blanca-crema, de corpo voluminoso e peludo, duns 3 cm de longo e entre 4 e 5 cm de envergadura alar. Non se atopa en estado silvestre nin pode voar.

Page 5: A eiruga da seda

Bolboreta macho. Os machos recoñécense polas antenas máis prumosas e o abdome máis estreito.

Bolboreta femia. As femias son algo máis grandes e teñen o abdome máis voluminoso

Page 6: A eiruga da seda

A bolboreta como insecto ten o corpo dividido en tres partes: cabeza (con ollos compostos, boca e antenas), torax (con tres pares de patas e dous pares de ás) e abdome (ocupado, case todo, polos órganos reprodutores)

CABEZA

TÓRAX

ABDOME

Page 7: A eiruga da seda

A eiruga ten o corpo dividido e 13 segmentos. O primeiro correspóndelle á cabeza, os tres seguintes son os segmentos torácicos, que levan patas, e os restantes son os segmentos abdominais, os catro intermedios e o derradeiro levan unhas falsas patas con sistemas de suxección.

CABEZA

TORAX

ABDOME

Orificios respiratorios

Tubo dixestivoGlándulas seríceas Tubo de

Malpigi

Vaso sanguíneo dorsal

Vaso sanguíneo ventral

Tubo dixestivo

Boca

Fieira

Page 8: A eiruga da seda
Page 9: A eiruga da seda

As eirugas aliméntanse de follas de moreira. As bolboretas non comen

Page 10: A eiruga da seda

En canto saen do casulo os machos buscan ás femias para emparellarse.

Page 11: A eiruga da seda

Un pouco despois as femias poñen de 400 a 500 ovos.

Page 12: A eiruga da seda

O ciclo vital é o propio dos lepidópteros e pasa polas catro fases básicas: ovo, larva ou eiruga, crisálida ou pupa e imago ou adulto.

Page 13: A eiruga da seda

Os ovos miden entre 1 e 1,5 mm de longo. Entre 1.000 a 1.500 ovos pesan 1 gramo.

Page 14: A eiruga da seda

O desenvolvemento do embrión dura arredor de 15 días. En climas fríos a eclosión non se produce ata que pasa o inverno, e depende da temperatura ambiental, para coincidir coa aparición das follas da moreira das que se alimenta.

Page 15: A eiruga da seda

Nos 30 ou 35 días que dura a fase de larva realizan catro mudas.

Page 16: A eiruga da seda

Cando saen do ovo as eirugas miden uns 3 mm de longo e son de cor gris. Xa producen seda.

Eirugas de 1 día de vida

Page 17: A eiruga da seda

Aos 6 días fan a primera muda, que dura unhas 24 horas.

Page 18: A eiruga da seda

Na segunda idade (fase larvaria despois da primeira muda) que dura 3 ou 4 días, empezan a diferenciarse os caracteres de cada variedade de eiruga.

Page 19: A eiruga da seda

Despois da segunda muda (terceira idade larvaria) é cando mellor se diferencian as distintas variedades das eirugas

Page 20: A eiruga da seda

Eirugas de distintas variedades de bolboretas produtoras de seda.

Page 21: A eiruga da seda

Na cuarta idade as eirugas fanse máis brancas. O período de muda desta fase á seguinte é moito máis longo e dura varios días.

Page 22: A eiruga da seda

Eiruga da quinta idade, a última da fase larvaria.

Page 23: A eiruga da seda

Ao remate da fase larvaria a eiruga acada os 8 ou 9 cm de lonxitude.

Eiruga completamente desenvolvida

Page 24: A eiruga da seda

A eiruga da seda está considerada o animal que máis come. Ao longo da súa curta vida, de 30 a 35 días, medra ata 30 veces o tamaño que tiña ao nacer, aumenta ata 9.000 veces o peso e unhas 6.000 veces o volume .

Page 25: A eiruga da seda

Cando completa o desenvolvemento a eiruga busca un lugar seco e illado para construir o casulo no que pasará a fase de pupa. Un proceso no que invirte de 2 a 3 días

Page 26: A eiruga da seda

Para transformarse en crisálida a eiruga péchase no casulo, para iso produce, en dúas glándulas que ten na parte de abaixo e ao longo do corpo, un líquido, que se solidifica en contacto co aire, co que forma arredor de sí unha envoltura dun único fío de ata 1.500 metros de longo.

Page 27: A eiruga da seda

A forma, o tamaño e a cor dos casulos depende da variedade da bolboreta que o produce.

Page 28: A eiruga da seda

Corte dun casulo. No interior podemos ver os restos da muda e a crisálida.

Page 29: A eiruga da seda

Para saíren do casulo as bolboretas fúrano cunha secreción aceda que rompe a seda.

Page 30: A eiruga da seda

Logo viven entre 3 e 15 días nos que só buscan parella, as femias poñen os ovos e logo morren.

Page 31: A eiruga da seda

O ciclo de vida da bolboreta da seda complétase nuns 60 días, que é o tempo que transcorre entre o nacemento da larva, o desenvolvemento da eiruga, a crisalidación, a saída do adulto e a morte deste despois da pósta.

Page 32: A eiruga da seda

Son árbores de tamaño medio, entre 13 e 15 m de altura, oriundos das zonas temperadas de Asia que medran rápido cando novas. Usáronse como árbores de sombra nas beiras das estradas e utilízanse en xardíns porque soportan ben as podas. Nas zonas produtoras de seda cultívanse para alimentar as eirugas.

As moreirasmoreira branca (Morus alba),

moreira vermella (Morus rubra) moreira negra (Morus nigra).

Variedade ornamental pendula de moreira

Page 33: A eiruga da seda

Teñen follas alternas, ovais, enteiras (de lobuladas a fortemente lobuladas nos exemplares novos da moreira branca). De cor verde brillante, lustrosas pola cara e máis claras polo revés.

Follas de moreira branca

Page 34: A eiruga da seda

As flores, pequenas e agrupadas en espigas, transfórmanse en froitos compostos, de 2 a 3 cm, de cor vermella, negra ou branca, segundo a especie. Os froitos son comestibles e de bo sabor, agás os da moreira branca que son insípidos.

Froitos de moreira negra

Page 35: A eiruga da seda

Pódense criar eirugas da seda como pasatempo, a pequena escala e a nivel industrial. Para levar a cabo esta actividade é necesario dispoñer de espazo e, sobre todo, dun número de árbores produtores de alimento axeitado á cantidade de eirugas que se queren criar.

Page 36: A eiruga da seda

A cría industrial de eirugas da seda faise en grandes espazos acondicionados con temperatura, luz e humidade controladas, que acollen moitos milleiros de individuos de variedades seleccionadas, para conseguir unha uniformidade no desenvolvemento e a calidade requerida. As eirugas teñen que dispoñer constantemente de alimento fresco suficiente, que se lles suministra dúas veces ao día, e hai que hixienizar e limpar os espazos regularmente.

Bandexas de cría de eirugas

Page 37: A eiruga da seda
Page 38: A eiruga da seda

Logo “afóganse” ou escáldanse as crisálidas.

A partir do décimo día da formación, recóllense os casulos retirándos dos soportes

Page 39: A eiruga da seda

Os casulos límpanse, retíraselle a seda frouxa de fóra, e selecciónanse.

Page 40: A eiruga da seda

Casulos limpos e seleccionados, listos para a saca da seda

Page 41: A eiruga da seda

Para sacar 1 kg de seda crúa son necesarios 5.500 casulos.

Page 42: A eiruga da seda

Para ter o fío, ou facer a saca da seda, métese o casulo en auga a ferver para que se disolva o aglutinante que mantén as febras apegadas. Logo cóllese a febra e tirando dela desenfíase para facer madeixas. A seda que se obtén con este proceso chámase seda crúa.

Page 43: A eiruga da seda
Page 44: A eiruga da seda
Page 45: A eiruga da seda
Page 46: A eiruga da seda

Con varias febras faise un fío. Con varios fíos enrolados outros fíos de maior resistencia.

As madeixas cócense e blanquéanse con auga e xabón e sécanse ao sol para que gañen elasticidade, brillo e suavidade.

Page 47: A eiruga da seda

Por último tínguense ou déixanse coa súa cor orixinal, e xa quedan listas para tecer.

Page 48: A eiruga da seda

Teas e complementos feitos con seda.

Page 49: A eiruga da seda

A seda máis fina do mundo faise en Kawamata (Xapón). Coñécese como “Ás de fada”, os fíos son a sexta parte de gordos que un pelo humano. As prendas son case transparentes e tan lixeiras que case non se sente o seu contacto coa pel.

Page 50: A eiruga da seda

Algunhas imaxes foron collidas da internet.Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas.

Mon DaportaCOUSIÑAS FEITAS NA CASA