A cocina tradicional do Entroido galego xira en torno aos€¦ · da gastronomía galega que nesta...

24

Transcript of A cocina tradicional do Entroido galego xira en torno aos€¦ · da gastronomía galega que nesta...

FESTAS GASTRONÓMICAS DE INTERESE TURÍSTICO RELACIONADAS CO ENTROIDO

e a boa mesa é un dos sinais de identidade de Galicia, o Entroido non o é menos. Por iso cando

se unen, Entroido e gastronomía forman unha parella irresistible que dá as mellores festas do ano.

A cocina tradicional do Entroido galego xira en torno aos atractivos do porco. Despois da matanza en novembro e dun par de meses de curación, as chacinas alcanzan o seu punto óptimo coincidindo co Entroido. É o momento de levar á mesa o mellor da casa: lacón, androlla, chourizo, orella, cacheira (ou cachucha), botelo... Todo ben acompañado de patacas, grelos, garavanzos, galiña...

Para os máis larpeiros, o Entroido sabe a gloria. Un non sabe por onde comezar: filloas doces ou salgadas, soas ou cun toque de mel, chocolate, castañas... Tamén, orellas, flores, bica... E imprescindibles, uns bos groliños de xastré e de licor café. Que non falte nada! En Galicia a abundancia é unha norma de cortesía.

Se ben é certo que do porco se aproveita todo, en Galicia ademais festéxase todo: hai Festa do Botelo, Festa da Androlla, Festa da Cachucha ou Festa do Lacón con Grelos. En moitos lugares, estas festas gastronómicas multitudinarias son a grande atracción do Entroido; celebracións nas que non faltan degustacións gratuítas, banquetes, showcooking, música, baile, comparsas e moita, moita diversión.

S

4 FESTAS GASTRONÓMICAS DE INTERESE TURÍSTICO RELACIONADAS CON ENTROIDO

9 OUTRAS FESTAS GASTRONÓMICAS RELACIONADAS CON ENTROIDO

10 PROGRAMACIÓN FESTAS DO ENTROIDO DE GALICIA DE INTERESE TURÍSTICO

13 ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES NO ENTROIDO GASTRONÓMICO

3

Cocido de Lalíncocido galego é o máis variado e consistente dos cocidos que dan fama á gastronomía española. E

en Lalín, no corazón de Galicia, é ademais un prato tan sublime que se fai unha festa na súa honra, unha festa na que se saborea a chegada do Entroido.

Verdadeiro expoñente da cociña feita con produtos de proximidade, o cocido galego é unha exaltación dos atractivos do porco e acompáñase de tenreira, galiña, verduras e garavanzos. Por iso o grande escritor e gastrónomo Álvaro Cunqueiro dicía que para servir un bo cocido, sempre en compañía duns bos amigos, fan falta tres fontes “... que nunha vai a carne de porco, noutra a galiña coa carne fresca, e na outra as patacas con chourizos e garavanzos”. E pan, pan de Lalín.

A celebración de Lalín, que se achega ao seu 50 aniversario, inclúe un variado programa cultural e gastronómico; e por suposto desfile de carrozas, comparsas e verbena. O seu atractivo é tal que á edición do 2013 acudiron unhas 60.000 persoas.

Galicia ten catro grandes festas gastronómicas relacionadas co Entroido e declaradas de “interese turístico”: Festa do Cocido de Lalín (primeira festa gastronómica declarada de Interese Turístico Internacional), Festa da Filloa de Lestedo, Festa do Lacón con Grelosde Cuntis e Festa da Androlla de Viana do Bolo.

O

Festa de IntereseTurístico Internacional

DATA:Domingo anterior aoDomingo de Entroido

LUGAR:Lalín (Pontevedra)

PARA NON PERDER:Desfile de carrozase comparsas

4

Filloa de Lestedos filloas son a sobremesa por excelencia dos carnavais galegos. Así que en Lestedo, na

comarca do Ulla, despiden as celebracións do Entroido dedicándolle un día de festa.

As filloas tradicionais adoitan tomarse soas ou con mel, aínda que nalgunhas zonas de Galicia son tamén típicas as filloas salgadas, elaboradas con caldo de cocido. Hoxe as filloas doces acompáñanse de crema de chocolate, de castañas, de marmelo e, as salgadas, de setas, lacón... Cuestión de gustos.

Na festa de Lestedo, entre música e comparsas, pódense degustar filloas á pedra, feitas como manda a tradición sobre unha pedra plana e quente; e tamén as feitas nunha máquina inventada por un pasteleiro local, a un ritmo de 1.500 por hora! Un invento que fai as delicias de nenos e maiores.

A festa ten outro prato forte: O atranque dos Xenerais do Ulla. Trátase dunha divertida batalla dialéctica entre dous xenerais, personaxes representativos do Carnaval desta zona, que a cabalo e pomposamente vestidos, satirizan sen piedade a actualidade política e social.

A

Festa de Galicia deInterese Turístico

DATA:Domingo seguinte aoMartes de Entroido

LUGAR:Lestedo, Boqueixón(A Coruña)

PARA NON PERDER:O atranque dosXenerais da Ulla

5

Lacón con Grelosde Cuntis

untis, unha recolecta localidade famosa polas súas augas termais e as súa camelias, celebra a

fin do Entroido cunha contundente festa gastronómica dedicada ao lacón con grelos. Dous nobres ingredientes da gastronomía galega que nesta época do ano se xuntan para formar unha exquisita parella, á que adoitas acompañar cachelos e chourizo; de sobremesa, unhas deliciosas filloas.

A festa está aberta a todo o mundo, con degustacións gratuítas de tapas e talleres gastronómicos; e nas rúas, a alegría das comparsas do Carnaval.

O broche final é un brillante enterro: O Enterro do Chapante. Unha variante do enterro da sardiña que se recuperou despois de anos no esquecemento e que fai referencia aos chapantes, alcume que reciben os habitantes de Cuntis, a grandes lupandas.

C

Festa de Galiciade Interese Turístico

DATA:Domingo seguinte aoDomingo de Entroido

LUGAR:Cuntis (Pontevedra)

PARA NON PERDER:O enterro do Chapante

6

Androlla deViana do Bolo

iana do Bolo leva a gastronomía adherida ao seu nome. Un sinal de identidade que se mostra

espléndida coa chegada dos carnavais, un dos máis antigos e auténticos de toda Galicia. Gastronomía e Entroido fúndense na denominada Festa da Androlla e do Entroido.

A androlla é un embutido de porco típico da zona de Viana. Faise con tripa gorda (non co estómago) e reénchese de costela adubada. Logo, afúmase durante uns dez días e déixase curar durante un par de meses... ata a chegada do Entroido. Nese momento a androlla é un manxar.

O Domingo Gordo é o día da androlla, con degus-tacións de petiscos gratuítas e un gran banquete no que ademais hai caldo, grelos, lacón, cordeiro e bica. É tamén o día grande do Entroido de Viana, con boteiros e folións. O boteiro é a máscara emblemática deste Carnaval; personaxe delirante e fascinante que recorre as rúas nunha procesión ritual acompañando o folión, unha comparsa que toca con estraños instrumentos. A diversión está servida.

V

Festa de Galicia deInterese Turístico

DATA:Domingo de Entroido

LUGAR:Viana do Bolo(Ourense)

PARA NON PERDER:Desfile de folións, acom-pañados polos boteiros, o Domingo Gordo (Domingo de Carnaval).

7

Esta é unha festa gastronómica que anticipa xa as delicias do Entroido.

O botelo é un embutido de porco cunha curación moi curta; isto convérteo nun manxar perecedoiro e moi cotizado, xa que só está no seu punto durante uns días. No xantar colectivo que se celebra cada ano na festa, cómese con repolo, chourizo, patacas e un bo tinto da zona, berce da D.O. Valdeorras. E de sobremesa, a torta de roxóns

Na elaboración do botelo utilízase o estómago do animal como contedor e é o máis grande de todos os embutidos. Ten outras denominacións como butelo ou bitelo. Malia existir unha proximidade evidente, o botelo do Barco non é exactamente o mesmo co seu parente berciano, que viría sendo máis ben o que nesta bisbarra se coñece como pigureiro.

E

Festa de Galiciade Interese Turístico

DATA:Finais de xaneiro

LUGAR:O Barco de Valdeorras(Ourense)

PARA NON PERDERSE:O gran xantar colectivo

Botelo

8

Pero a celebración da boa mesa non acaba. Aquí está a proba.

Tradición, festa e gastronomía nunha contorna natural espléndida, en plena montaña lucense. Ademais dunha auténtica androlla pódense desgustar outros embutidos típicos como o botelo.

(Navia de Suarna, Lugo)

Celébrase o sábado de Entroido, despois do desfi le de carrozas. Hai degustación gratuíta de cachucha e dos excelentes tintos da zona, encadrada na D.O. Ribera Sacra. Tamén, premios aos mellores disfraces e por suposto, moito baile.

(Sober, Lugo)

A tradición di que o botelo leva o máis saboroso do porco, un animal do que nos gustan ata os andares. O botelo da Fonsagrada ten ademais un sabor único, afumado con madeira de carballo, e moitas veces provén de porco celta, unha raza autóctona que agora se está a recuperar.

(A Fonsagrada, Lugo)

Os entendidos din que aquí se poden tomar os grelos máis tenros de Galicia. E na mellor compañía: lacón, costela, orella, chourizo e patacas. De sobremesa, outra delicia local: requeixo con mel ou marmelo. E animando a festa e a rúa, charangas durante o día.

(Monfero, A Coruña)

O Luns de Entroido, Allariz celebra unha gran cea de Entroido que reúne a veciños e visitantes. Todo o mundo é benvido. O prato estrela é a saborosa cachucha e de acompañantes, lacón, touciño, chourizo, bica... Imprescindible, un bo disfrace e moito humor.

(Allariz, Ourense)

É a festa de despedida do Entroido e celébrase o primeiro domingo despois do Martes de Entroido. Ese día, os restaurantes do Carballiño compiten entre si para ofrecer o mellor e máis completo cocido de cachucha. As lupandas transcorren nun ambiente caldeado por charangas e comensais disfrazados.

(O Carballiño, Ourense)

Laza celebra o Entroido por todo o alto e o Terceiro Venres de Folión é un dos días grandes. Desde a mañá hai charangas animando as rúas e degustacións gratuítas das delicias locais. Pola noite, unha multitudinaria festa gastronómica coa cachucha como prato estrela. E a partir de medianoite, un espectacular folión.

(Laza, Ourense)

9

Xinzo de LimiaF E B R E I R OSábado, 1 (Sábado do Petardazo)00:00 h: Comezo do Entroido na praza Carlos

Casares.Animación das rúas da vila (Xituma)

e actuacións de charangas Batuke e Festicultores.

Domingo, 2 (Domingo Fareleiro)17:00 h: Comezo das fareladas na Praza Maior Sábado, 8 (Colgamento do Meco)Entre luscofusco, saída do Meco desde a

praza de Oriente ata a Praza Maior pola vila acompañado pola súa comitiva.

23:00 h: Concerto na Praza Maior (Xosé Lois Romero & Aliboria).

01:00 h: Concerto na Praza Maior (Baiuca),02:30 h: Foliada polo centro histórico da vila.Domingo, 9 (Domingo Oleiro)12:30 h: Saída do carro das Olas desde o

Museo Galego do Entroido.13:00 h: Oleiro Infantil na Praza Maior.16:00 h: Segunda saída do carro das Olas

desde o Museo Galego do Entroido.16:30 h: Oleiro polas rúas e prazas do centro

histórico da vila.21:00 h: Baile de “mascaritas” na Praza Maior

(Pepe Bahamonde Grupo).Durante todo o día acompañarán polas

rúas os grupos Rebulir, Candaira, Lirolaio, Cantarelai, Os Ghalos d’Antioquía e Os da Pedra Alta.

*Agradecemos a todos os participantes nesta fin de semana de Oleiro que vistan con corozas ou traxes vellos e apeiros de labranza dos anos 20 e 30.

Sábado, 15 (Noite de Corredoiro)22:00 a 03:00 h: Charangas Achicoria e

Fanfarria Pepe el Chelo.

Domingo, 16 (Domingo Corredoiro)Primeiro día do ano que as Pantallas de Xinzo

saen á rúa.12:00 a 15:00 h: Charangas Fanfarria Pepe el

Chelo e XL.18:00 a 22:00 h: Charangas Fanfarria Pepe el

Chelo e XL.Venres, 21 (Venres de Entroido)11:30 h: Gran Desfile Infantil con charangas

Manía, Nova Soreha, Albor, Charangan de Bande e Achicoria.

18:00 h: Animación infantil na Praza Maior a cargo de Divercóxegas con concursos, agasallos e moita diversión.

22:00 h: Charanga Manía.23:00 h: Concerto na Praza Maior a cargo de

King África coa colaboración de Colectivo Danzón.

00:00 h: Charanga Manía.01:00 h: Charanga Achicoria.Sábado, 22 (Sábado de Entroido)O lugar de comezo das charangas alternará

nas prazas Maior, de Oriente e de Xoán XXIII12:00 a 15:00 h: Actuacións das charangas

Cubalibre, La Nota e Bongo Band.18:00 a 03:00 h: actuacións das charangas

Cubalibre, La Nota, Bongo Band e XL Domingo, 23 (Domingo de Entroido)O lugar de comezo das charangas alternará

nas prazas Maior, de Oriente e de Xoán XXIII11:30 h: Alborada a cargo da Agrupación

Cultural Limia12:00 a 15:00 h: Actuacións das charangas

Alambique, Achicoria e Bongo Band.18:00 h: Concerto na praza Maior a cargo da

Agrupación Cultural Limia.18:00 a 03:00 h: Actuacións das charangas

Bongo Band, BCB, Alambique e Los Fugitivos

10

19:00 h: Verbena coa orquestra Gran Parada no parque do Toural.

Luns, 24 (Luns de Entroido)O lugar de comezo das charangas alternará

nas prazas Maior, de Oriente y de Xoán XXIII.12:00 a 15:00 h: Actuacións das charangas

Los Fugitivos e Nova.17:30 h: Animación infantil con Uxía Lambona

e Banda molona.19:00 a 02:30 h: Actuacións das charangas

Achicoria, BCB, Nova e XL .Martes, 25 (Martes de Entroido)12:00 a 15:00 h: actuacións das charangas

Cubalibre, Achicoria e XL.18:00 a 23:00 h: actuacións das charangas

Cubalibre, Achicoria e XL.19:00 h: Verbena coa orquestra Marbella no

parque do Toural.Mércores, 26 (Mércores de Cinsa)20:00 h: Solemne procesión coa Sardiña

acompañada pola Agrupación Musical de Limia.

21:00 h: Lectura do testamento da Sardiña na Praza Maior.

M A R Z ODomingo, 1 (Domingo de Piñata)12:00 h: Gran desfile de comparsas e

Carrozas coas charangas XL, Los 4 Gatos Caliqueños e Sorcha.

14:00 h: Charanga Los 4 Gatos.17:00 h: Xogos e animación infantil na Praza

Maior con Ocioavia.18:00 a 22:00 h: Actuacións das charangas

Los 4 Gatos e XL.19:00 h: Verbena coa orquestra Nebraska no

parque do Toural e entrega dos premios do desfile.

Pódense seguir os percorridos na app do Entroido de Xinzo de Limia.

No caso de choiva as charangas tocarán nas carpas habilitadas na Praza Maior e nas prazas de Oriente e de Xoán XXIII.

VerínF E B R E I R OXoves, 13 (Xoves de Compadres)00:00 h: Os Compadres percorrerán

as rúas Montemaior (saída), Praza Maior, Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza Maior, onde celebrarán o xuízo e a queima do Maragato. Animación musical: charanga Los Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín.

01:00 h: A festa rematará na Praza Maior coa discomóbil Enjoy.

Domingo, 16 (Domingo de Corredoiro)11:30 h: Popular concentración de

cigarróns na praza do Concello. Como é tradición, os fregueses serán recibidos á saída das igrexas RR.PP. Mercedarios e Parroquial polos cigarróns.

13:30 h: Pregón na Praza Maior. Charangas mañá e tarde: Los Támega, Tómalle Outra e Noroeste.

18:30 a 23:00 h: O Grupo Aramio e a discomóbil A Gramola amenizarán a festa na Praza Maior.

Xoves, 20 (Xoves de Comadres)11:45 h: Desfile Infantil de Entroido.

Percorrido: desde o entroncamento da Canella Cega coa rúa Cabreiroá e seguindo polas rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar na Praza Maior. Nesta ocasión o desfile contará coa música das charangas Támega, Jalácticos, Mil9, A Chicoria e Terra de Trives e Banda de Gaitas do Concello de Verín.

00:00 h: Animación musical a cargo das discomóbiles Enjoy e A Gramola.

00:30 h: (Casa do Escudo, no Barrio de San Lázaro) A Raíña do Entroido recibirá a comitiva encabezada por Don

11

Luns, 24 (Luns de Entroido)11:30 h: Ruada coas charangas Noroeste

e CLK. 16:30 h: Entroido infantil con obradoiros,

xogos e karaoke no Pavillón Municipal de Deportes.

17:00 h: Baile de Entroido coa charanga Los Támega no Centro da Terceira Idade da Alameda.

A tarde estará amenizada polas charangas Los Támega e Noroeste que percorrerán a vila entre máscaras e disfraces.

17:00 h: Praza Maior: actuación de Dj Nell. 19:00 h: Degustación de empanada e bica. 19:00 a 22:00 h e 00:30 a 03:30 h:

Orquestras na Praza Maior: Nevada e De Moda.

Martes, 25 (Martes de Entroido)11:30 h: Ruada coas charangas Jalácticos e

Vai de Baile.16:30 h: Derradeiro desfile repleto de

máscaras, disfraces e grandes doses de humor. Animación musical a cargo das charangas Támega, Mil9, Jalácticos, Terras de Trives e Fuego.

19:00 a 22:00 h e 00:30 a 03:30 h: Orquestras Miramar e Finisterre

Mércores, 26 (Festivo Local - Mércores de Cinsa)

M A R Z ODomingo, 1 (Domingo de Piñata)Gran comida popular para os participantes

nos desfiles. Entrega dos tradicionais premios “Pescadilla”, “Cigarrón de Honra” e “Fidelidade”.

12

Carnal que descenderá polo camiño Real e dirixiranse á praza Maior para dar a benvida ás longas noites de festa. Charangas: Los Támega, Jalácticas, Mil9, Europa, Noroeste e Terra de Trives.

Venres, 21 (Venres de Compadreo)11:30 h: Ruada coas charangas Támega e

Terras do Bibei.19:00 h: A Carrada sairá do barrio de San

Lázaro cara á rúa Irmáns Moreno, lugar no que os entroideiros degustarán viño e o tradicional porco ao espeto. Animación musical Festicultores Troupe e discomóbil Space.

00:00 h: Na Praza Maior, Charanga Europa na rúa Montemaior.

00:30 h: Na Praza Maior, Grupo Claxxon Sábado, 22 (Sábado de Entroido)11:30 h: Ruada coas charangas Vai de Baile e

Terras do Bibei. 17:00 h: Na praza da Mercé o “Bautizo do

Cigarrón”, momento solemne e esperado polos novos cigarróns no que serán investidos por primeira vez.

18:00 h: Baile de capuchóns e “mascaritas”, amenizado pola discomóbil Son de la Nuit.

19:00 h: Circuíto de charangas con Vai de Baile, Los Támega e Terras de Bibei.

00:00 h: Na praza Marior, charanga Bicoia 19:00 a 22:00 h e de 00:30 a 03:30 h:

Orquestras na praza Maior: Huracán e Nebraska.

Domingo, 23 (Domingo Gordo)12:00 h: Gran Desfile Matinal ofrecendo aos

asistentes un espectáculo cheo de cor, orixinalidade e humor que se prolongará ata a hora de xantar. Animación musical: charangas Los Támega, Vai de Baile, Jalácticos, Terra de Trives e Fuego.

19:00 h: Circuíto de charangas. Participan: Vai de Baile, Terras de Trives e Jalácticos.

19:00 a 22:00 h e 00:30 a 03:30 h: Orquestras na Praza Maior: Capitol e Garibaldi.

Viana do BoloF E B R E I R OMércores, 12Colga do lardeiro ás 12:00 H. Fulión.Xoves, 13 (Xoves de Compadres)Mañá: Visita do fulión das nenas e nenos do

CEIP Bibei ás Residencias de Maiores.Tarde-noite: Fariña, disfraces, fulión e cea de

compadres.Mércores, 19Colga da lardeira ás 24:00 H. Fulión.Xoves, 20 (Xoves de Comadres) Mañá: Visita do fulión das nenas e nenos do

CEIP Bibei polas principais rúas da vila.Tarde-noite: Fariña, disfraces, fulión e cea de

comadres. Charangas.Venres, 21 e sábado, 22Fariña, disfraces e fulión.Domingo, 23 (Domingo Gordo)12:00 h: Desfile de fulións, boteiros, carrozas

e disfraces ata a Praza Maior.14:30 h: L FESTA DA ANDROLLA. Comida no

Pavillón Municipal e na carpa. Tarde-noite: fulión. Actuación grupo musical

na praza Maior.Luns, 24 (Luns de Entroido)Día dos Nenos. 16:00 h: fulión Infantil, disfraces, xogos

tradicionais, música e chocolatada. 20:00 h: Fulión trapalleiroMartes, 25 (Martes de Entroido)Mañá: percórrense as rúas da vila co desfile

de fulións ata o Cabo da Vila. Sesión vermú e xantar para os fulións.

16:00 h: Fariña e fulión22:00 h: Cea dos fulións e comparsas23:30 h: Entrada dos fulións na Praza Maior

para proceder á Queima dos Lardeiros ás 24:00 h. Ao remate, Concurso de disfraces, discomóbil e baile.

Mércores, 26 (Mércores de Cinsa)Tarde-noite: Enterro da Sardiña, que consiste

nun percorrido polas rúas ata o Cabo da Vila coa Sardiña para a súa queima. A continuación, sardiñada popular e torrexas.

CobresF E B R E I R ODías 22, 23, 24 e 25Durante o sábado, domingo, luns e martes

de Entroido, realizaranse actuacións de Madamas e Galáns (Entroido de Cobres) polas rúas durante todo o día.

Martes, 25 (Martes de Entroido)Día Grande do Entroido (en Riomaior).

• Corrida do Galo .• Galo no río.• Galo na vara.• Entrada do Entroido de Cobres.• Actuación das comparsas.• Predicador e Corrida do Galo.• Despedida das comparsas do Entroido.• Queimada do Galo e fogos de artificio.

13

14

LazaF E B R E I R OVenres,723:00 h: Folión.Venres, 1423:00 h: Folión.Xoves, 20 (Xoves de Comadres)14:30 h: Folión do CEIP O Castiñeiro polas

rúas de Laza.Pola Noite: Cea das Comadres e verbena

discomóvil Space.Venres, 21 (Venres de Folión)Pola tarde: Cantigas, xastré e licor café polos

bares de Laza, Cimadevila e Souteliño.Pola noite: 00:00 h. Gran Folión. Saída desde

o fondo da Cerdeiriña que percorrerá as rúas e barrios da vila.

Pasacalles tarde e noite co grupo de música tradicional Tanto Nos Ten-TNT.

Sábado, 22 (Sábado das Cabritadas) Pola tarde: Fariñada na Picota e arredores co

protagonismo dos máis cativos.Pasacalles coa charanga Vaite Xa!Pola noite: Cabritada dos mozos. Verbena con

Grupo3.com.Domingo, 23 (Domingo da Estrea) Estrea dos peliqueiros desde primeira hora da

mañá.Pasacalles mañá e tarde coas charangas Vaite

Xa! e Europa.Saída da Misa, saúdo dos Peliqueiros e subida

da Bica desde a Cerdeiriña, co reparto na praza da Picota .

Pola tarde: desfile de carrozas típicas.Baile e verbena. La Ola ADN e XacobeoLuns, 24 (Luns Borralleiro)Pasacalles mañá e tarde con Caliqueños e

Europa.Pola mañá: Farrapada, Maragatos e Xitanada

dos Burros.Pola tarde: Baixada da Morena desde

Cimadevila, coa compaña do burro, as formigas, toxos e cobelleiros e despois reparto da Cachucha.

Baile e verbena. Miramar e Metrópolis

Martes, 25 (Martes de Entroido)Pola mañá: Pasacalles con Vaite Xa! e Europa.

Saída dos Peliqueiros Veteranos.Pola tarde: Pasacalles con Vaite Xa! e desfile

das carrozas típicas, e no luscofusco, Testamento do Burro co reparto aos veciños. Depois o Enterro do Entroido e Loito dos Peliqueiros. Verbena. Nevada e discomóvil Space.

Haberá carpa restaurante de venres a martes

ManzanedaO programa do Fulión de Manzaneda para 2020 vai desde o 25 de xaneiro e remata o 25 de febreiro.F E B R E I R ODesde o 25 de xaneiro comézase a tocar o fulión nas distintas aldeas do concello, dentro das propias aldeas e faise pola noite para ir dándolle a benvida aos días posteriores.

Venres, 14Cea do lardeiro (Xoves de Compadres, día 13)

Sábado, 15Visita do fulión de Bidueira a Requeixo, en

Requeixo ás 21:00 h.

Sábado, 22Cea da lardeira (Xoves de Comadres día

20, que organiza a Asociación de Mulleres Algueirada).

Visita do fulión de Requeixo a Bidueira, en Bidueira ás 21:00 h.

Visita do fulión de Langullo a Borruga/Cubeiros, en Borruga ás 18:00 h.

Fuliada da Mourela, a partir das 11:30 h (na aldea de Requeixo).

Visita do fulión de Raigada a Vilarmeao. A partir das 21:00 h.

(As datas tanto do Lardeiro como da Lardeira corresponden co seu respectivo xoves, o de compadres e o de comadres, aínda que as ceas se celebren en data diferente por razóns de traballo).

Domingo, 23 (Domingo Gordo)A Fuliada de San Martiño, en San Martiño de

Manzaneda, ás 15:00 h.

Martes, 25 (Martes de Entroido)Celébrase unha concentración das distintas

fuliadas das aldeas do concello polas rúas da vila de Manzaneda e remata cun xantar popular.

Os Xenerais da UllaOs xenerais e correos, acompañados de coros e comparsas, percorren o día enteiro as parroquias ata chegar ao final do día aos campos da festa onde se celebran os atranques.

F E B R E I R O

Sábado, 1 17:30 h. Santiago de Compostela

Praza de Europa (Área Central)

Sábado, 8 19:00 h. Vilanova (Vedra)

Campo da Festa de Picón GPS: 42º 47’17.28” / 8º 26’ 34.98”

19:30 h. Castiñeiriño (Santiago de Compostela) Campo da Festa (detrás da Igrexa) GPS: 42° 51’ 38.4” / 8° 32’ 21.4”

Domingo, 9 20:00 h. Rarís (Teo)

Campo da Festa GPS: 42º 46’ 51.28” / 8º 33’ 48”

Sábado, 15 18:00 h. Lamela (Silleda)

Campo da Festa GPS: 42º 44’ 15’’ / 8º 19’ 21’’

19:00 h. Marrozos (Santiago de Compostela) Campo da Festa GPS: 42º 50’ 22’’ / 8º 29’ 50’’

19:30 h. Reis (Teo) Campo da Festa GPS: 42º 46’ 17.9’’ / 8º 33’ 10.1’’

Domingo, 16 16:30 h. Bama (Touro)

Campo da Festa GPS: 42º 52´45” / 8º 21´58”

16:30 h. Merza (Vila de Cruces) Campo da Festa GPS: 42º 46’ 9’’ / 8º 15’ 34’’

15

16

19:00 h. Angrois (Santiago de Compostela) Campo da Festa de Soutiño GPS: 42º 51’ 35’’ / 8º 31’ 41’’

19:30 h. Reis (Teo) Campo da Festa GPS: 42º 46’ 17.9’’ / 8º 33’ 10.1’’

Sábado de Entroido, 2217:30 h. A Bandeira (Silleda)

Pr. Juan Salgueiro (antiga Praza da Feira) GPS: 42º 43’ 49’’ /8º 18’ 1’’

18:30 h. Aríns (Santiago de Compostela) Campo da Festa - r/ San Martiño GPS: 42º 51’ 50’’ / 8º 30’ 14’’

19:30 h. Santa María de Teo (Teo) Campo da Festa GPS: 42º 45´ 52.5” / 8º 31´ 14.3”

Domingo de Entroido, 2316:30 h. Piloño (Vila de Cruces)

Campo da Festa GPS: 42º 47´55” / 8º 15´31”

19:00 h. Sergude (Boqueixón) Campo da Festa GPS: 42º 49´38” / 8º 27´48”

19:00 h. O Eixo (Santiago de Compostela) Carballeira do Souto – Santa Lucía GPS: 42º 50´52.74” / 8º 31´25.36”

Martes de Entroido, 2516:00 h. Fao (Touro)

Campo da Festa GPS: 42º 50’ 53’’ / 8º 17’ 58’’

19:00 h. Entroido Municipal (A Estrada) Campo da Feira GPS: 42º 41’ 25.43’’ / 8º 29’ 11.83’’

Sábado de Piñata, 2919:00 h. San Xián de Sales (Vedra)

Campo da Festa GPS: 42º 48’ 55.1’’ / 8º 30’ 41.4’’

M A R Z O Domingo de Piñata, 1XXXVII Festa da Filloa - Lestedo (Boqueixón)

12:30 h. V Gran Desfile dos Xenerais da Ulla 17:30 h. Atranque dos Xenerais GPS: 42º 47´55” / 8º 28´11”

16:00 h. Salgueiros (Vila de Cruces) Campo da Festa GPS: 42º 49’ 2’’ / 8º 15’ 42’’

19:00 h. Santeles (A Estrada) Campo da Festa GPS: 42º 44´24.8” / 8º 29´27.8”

Xoves, 512:00 h.“Feira do 5” - Fonte Díaz (Touro)

Rúas principais GPS: 42º 51’ 5’’ / 8º 18’ 55’’

Información suxeita a cambios, especialmente por mor do tempo.

Vilariño de ConsoF E B R E I R OXoves, 13 (Xoves de Compadres)Ás 20:00 h, ronda de Fulión pola localidade

de Vilariño de Conso e colga do lardeiro. Ás 21.00 h cea dos homes nun dos restaurantes da localidade.

Venres, 21 (Xoves de Comadres)Pola mañá (12:00 h) os nenos e nenas

do C.E.I.P. San Martiño, subirán á praza de Vilariño para amosar á xente os seus disfraces. Ás 20:00 h haberá unha ronda de fulión pola vila de Vilariño, colga da lardeira e a continuación (21:00 h), a cea de mulleres noutro restaurante da localidade.

(O Xoves de Comadres celébrase o venres seguinte para facilitar a asistencia dos mozos e mozas que están fóra).

Sábado, 2213:00 h: Pregón e apertura dos desfiles a

cargo da Banda de Gaitas Municipal.12:00 h: Desfile de folións.14:30 h: XXXI Festa do Cabrito (Menú:

empanada, chourizo escaldado, cabrito asado ao xeito tradicional, bica manteigada, bebida e licores) Venda anticipada ata o día 16 de febreiro: 17,00€, o día da festa: 25,00€

18:00 h: Exhibición de boteiros e bombos.19:00 h: Disco Gramola, orquestra Olympus.Concurso de disfraces, premios e moitas

sorpresas ata altas horas da madrugada.

Domingo, 23 (Domingo Gordo)18:00 h: Representación de versos e foliada

tradicional.Luns, 25 (Luns de Entroido)18:00 h: Ronda de folións. Cea a base de

porco ao espeto. Martes, 25 (Martes de Entroido)18:00 h: Queima dos lardeiros e última ronda

de folións. Mércores, 26 (Mércores de Cinsa) 19:00 h: Enterro da Sardiña e sardiñada.

MacedaF E B R E I R OSábado, 15 (Sábado de Desmadre)20:00 h: Comezo na praza das Toldas.21:00 h: Fiadeiro en Carguizoi.Domingo, 16 (Tarde de Bolouros)16:00 h: Na praza de Cervantes.Venres, 21 (Venres de Comadres)20:00 h: Festa de Comadres na praza das

Toldas.Sábado, 22 (Percorrido dos Felos)Percorrido dos felos polas localidades19:30 h: Baixada da Marela desde o Toural

coas charangas BCB e Zes Pereiras.00:00 h: A Marelada coa charanga Los

Fugitivos.Domingo, 23 (Percorrido dos Felos)Percorrido dos Felos polas localidades.Luns, 24 (Festa infantil)17:00 h: Inchables no pavillón de deportes.

Actuación do mago Delmi e desfile infantil. Martes, 25 (Desfile de felos, carrozas e

comparsas)18:00 h: Desfile de disfraces con saída da rúa

das Canteiras.21:00 h: Entrega de premios do concurso de

disfraces.Mércores, 26 (Enterro do Entroido)20:00 h: Na praza das Toldas.

17

Hotel ScalaLugar de Pazos, s/nPadrón (A Coruña)Tel.: 981 811 312 -659 637 612Mail: [email protected]: www.hscala.comDatas: Do 19 de febreiro ata o 1 de marzo

(ambos incluídos)

Entrantes: Croquetas de Cocido / Carpaccio de lacón e chourizo

Primeiro prato: Brick de CocidoSegundo prato: CocidoSobremesa: Sobremesa a escollerBebidas: Viños da casa, augasOutros: Café e licores da casaPrezo: 30 €

A Casa da Viñar/ San Lázaro, 54Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 586 459Mail: [email protected]: www.acasadavina.galDatas: Do 28 de xaneiro ao 1 de marzo

Entrantes: Tosta de trigo e chicharronesPrimeiro prato: Caldo ou sopa de cocidoSegundo prato: CocidoSobremesa: Flores e filloasBebidas: Viño Ribeira Sacra ou Rioja, augaOutros: Café e licoresPrezo: 30 €

Restaurante Andalucíar/ Calvo Sotelo, 40A Estrada (Pontevedra)Tel.: 649 933 791Mail: [email protected]: 23 de febreiro

Primeiro prato: Caldo ou sopa de cocidoSegundo prato: CocidoSobremesa: Orellas, filloas, queixo con

marmeloBebidas: Viño, auga, refrescosOutros: Café, groliñoPrezo: 25 €

A Grella Braseríar/ 25 de Xullo, 35Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 580 266Web: http://www.agrella.es/Datas: Do 22 ao 25 de febreiro

Primeiro prato: Caldo gallegoSegundo prato: Lacón con grelos, patacas e

chourizoSobremesa: Cañitas rellenasBebidas: Auga e botella de Mencia (Cepa Vella)Outros: Café e groliñoPrezo: 25 €

18

Bellacor/ Concepción Arenal, 8Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 609 560 956 /699 396 536Mail: [email protected]: Do 21 ao 26 de febreiro incluídos

(pecha 26 á noite)

Entrantes: Croquetas de chourizoPrimeiro prato: Filloa de porco, queixo

do país e bertónsSegundo prato: Lacón con grelos, codelos e

garavanzosSobremesa: Filloas de limón con prebe

de licor caféBebidas: Media botella de viño branco ou

tinto por persoaOutros: un café e un groliño de licor caféPrezo: 30 €

Restaurante Vía da PrataAvda. do Vinte e seis, 89 - LestedoBoqueixón (A Coruña)Tel.: 981 502 102 / 630 941 372Mail: [email protected]: www.viadaprata.comDatas: Todo o mes de febreiro e marzo

Entrantes: Empanada de cocidoPrimeiro prato: Sopa de cocidoSegundo prato: Cocido completo: cachucha,

lacón, xarrete de tenreira, costela, rabo, barriga da boa, orella, chourizo, polo, uñas, óso rabelo con grelos, garavanzos e cachelos

Sobremesa: Filloas reenchidas de queixo e marmelo con mel de Boqueixón / Orellas doces de Entroido

Bebidas: Viño mencía, auga e refrescosOutros: Cafés e infusións / groliñosPrezo: 20 €

A Táboa de PicarRúa do Pombal, 17Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 583 364Mail: [email protected]: www.ataboadepicar.weebly.comDatas: Febreiro e marzo por encargo

(excepto luns)

Entrantes: Entrantes variadosPrimeiro prato: Sopa de cocido ou caldoSegundo prato: Cocido Sobremesa: Filloas reenchidasBebidas: Viño tinto e branco D.O. Ribeiro

e/ou mencía/godelloOutros: Café de pota, groliños de licor café,

herbas e augardente Prezo: 23 €

Bodeguilla de San LázaroRúa de San Lázaro, 104Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 566 607Mail: [email protected]: www.labodeguilla.gal Datas: Do 22 de febreiro ao 1 de marzo

Entrantes: Croquetas de chourizoPrimeiro prato: Sopa de cocidoSegundo prato: Lacón con grelosSobremesa: Tarta de filloasBebidas: Viño tinto mencía da D.O. Ribeira Sacra: Finca Cuarta de AutorOutros: Café e licores da casaPrezo: 22 €

19

El OlivoRúa Raxeira, 50 - As FontiñasSantiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 881 977 409Mail: [email protected]: Do 1 de febreiro ao 15 de marzo

(reserva con 24 h, mínimo 6 persoas)

Entrantes: Sopa do cocidoPrimeiro prato: Grelos, patacas, garavanzos.Segundo prato: Cocido con filloas (chourizo,

costela, touciño entrefebrado, lacón, orella, morro, tenreira e polo)

Sobremesa: Filloas doces con mel ou nata e orellas

Bebidas: Viño da casa, auga, refresco ou caña de cervexa

Outros: Café ou infusión e groliño de herbas ou licor café

Prezo: 25 €

Bodeguilla de Santa MartaAvda. da Liberdade, 11Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 813 520Mail: [email protected]: www.labodeguilla.gal Datas: De 22 de febreiro ao 1 de marzo

Entrantes: Empanadilla de roxóns con queixoPrimeiro prato: Pimientos do piquillo

reenchidos de lacón con prebe de grelosSegundo prato: Lacón con grelosSobremesa: Filloa reenchida de prebe de

castañas con chocolateBebidas: Viño tinto mencía da D.O. Ribeira

Sacra: Finca Cuarta de AutorOutros: Café e licores da casaPrezo: 22 €

Mesón de LázaroAvda. San Lázaro, 73Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 576 525Mail: [email protected]: www.mesondelazaro.esDatas: Domingo, luns e martes de Entroido

Entrantes: Sopa de cocidoPrimeiro prato: Cocido completoSobremesa: Filloas e orellasBebidas: Media botella de Ribeiro tinto por

pesonaOutros: Café, groliños de licores gallegosPrezo: 28 €

María CastañaRúa da Raíña, 19Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 560 137Mail: [email protected]: 22, 23, 24, 25 e 26 de febreiro

Entrantes: Sopa de galiñaPrimeiro prato: Verduras do cocidoSegundo prato: Carne do cocidoSobremesa: FilloasBebidas: Viño do paísOutros: Café e infusiónsPrezo: 25 €

20

Restaurante BarrigolaAvda. de Ferrol, 54Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 881 978 880Mail: [email protected]: Do 2 ao 5 de marzo

Entrante: Tostas de pan de noces con grelos e queixo San Simón

Primeiro prato: Revolto de chourizo ceboleiro e carochos

Segundo prato: Lacón con grelos Sobremesa: Leche frita e chulasBebidas: Refrescos, cervexa, auga, viños

(mecía e ribeiro)Outros: CaféPrezo: 20 €

O QuitapenasRúa de Sar, 80Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 564 136Mail: [email protected]: De martes a domingo en febreiro

Primeiro prato: sopa de cocidoSegundo prato: cocido completoSobremesa: Filloas / orellas / queixo con marmeloBebidas: Auga / viño mencíaOutros: café de pota, licoresPrezo: 30 € (sen bebida: 22 €)

Restaurante Berenguela (Hotel Puerta Do Camino)r/ Miguel Ferro Caaveiro, s/nSantiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 569 400Mail: [email protected]: www.ocahotels.como/hoteles/hotel-

puerta-del-caminoDatas: Do 15 de febreiro ao 1 de marzo

Entrantes: Empanada, croquetas e hummus de garavanzo e grelos

Primeiro prato: Sopa de cocidoSegundo prato: Carnes (lacón, chourizo,

costela, touciño, orella, morro, xarrete, rabo e uñas) garavanzos, grelos e patacas

Sobremesa: Filloas reenchidas de crema de castañas

Bebidas: Viño Rioja “Solar Viejo”, Ribeiro “Dimia” auga e refrescos

Outros: Augardentes e café de potaPrezo: 25 €

Restaurante Don QuijoteRúa Galeras, 20Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 586 859Mail: [email protected]: www.quijoterestaurante.comDatas: Do 20 28 de febreiro

Primeiro prato: Sopa de cocidoSegundo prato: Cocido gallego completo

(cacheira/costela/touciño entrefebrado/lacón) con grelos, patacas e garavanzos.

Sobremesa: Filloa reenchida de cremaBebidas: Viño branco godello (D.O. Monterrei)

e viño tinto mencia (D.O. Ribeira Sacra)Outros: CaféPrezo: 35 € (Sen bebida: 18 €)

21

Rst. Triacastela 2Monte da Vila, 2. A PeregrinaSantiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 577 528Mail: [email protected]: Todo el ano

Primeiro prato: Sopa de cocidoSegundo prato: Cacheira, costilla, rabos,

botillo, lacón, morros, chouriz, panceta, orella, chourizo de cebola, ósos de lombelo, grelos, pataca

Sobremesa: Filloas con mel e nata / Queixo con marmelo

Bebidas: Auga, refrescos, viñoOutros: incluídosPrezo: 25 €

Restaurante Doña AnaAvda.. San Lázaro, 85Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 935 344 / 698 108 569Mail: [email protected]: Facebook: Rogelio Doña AnaDatas: 15 a 29 de febreiro

Entrantes: Filloas salgadasPrimeiro prato: Sopa de cocidoSegundo prato: Cocido con 14 ingredientes Sobremesa: Torta de queixo ao forno /

Torta da avoaBebidas: Viño da casa, cervexa, refresco,

augaOutros: Café de pota, augardentePrezo: 25 €

Rst. San Francisco Hotel MonumentoCampiño de San Francisco, 3Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 581 634Mail: [email protected]: www.sanfranciscohm.comDatas: Febreiro. 20, 21, 22 e 24: xantar e cea.

23 e 25: xantar

Entrantes: Croquetas do noso obradoiroPrimeiro prato: Sopa de cocidoSegundo prato: Cocido (cacheira, lacón,

xarrete de terneira, chourizo, costela de porco, pataca, garavanzos e verdura)

Sobremesa: Filloa reenchida de crema de queixo do Cebreiro e mel / Orellas de Entroido / Leite frito

Bebidas: Augas minerais, refrescos, cervexas, Burgáns,(D.O. Rías Baixas ), Lagariza mencía (D.O. Ribeira Sacra)

Outros: Cafés e infusiónsPrezo: 28 €

Rst. Paz NogueiraO Castiñeiriño, 14Santiago de Compostela (A Coruña)Tel.: 981 591 436 / 981 592 016Mail: [email protected]: www.restaurantepaznogueira.comDatas: 22, 23 e 25 de febreiro

Entrantes: Sopa de cocidoPrimeiro prato: Patacas, grelos,

garavanzos, chourizo, androlla, botelo, lacón, galiña, carne fresca

Segundo prato: Costela, touciño entrefebrado, cacheira, orella, uñas

Sobremesa: Filloas e orellasBebidas: Augas, refrescos, viños branco e

tinto da casa Outros: Café, licor Prezo: 30 €

22

Pazo Vista AlegrePonte Ulla, s/nVedra(A Coruña)Tel.: 981 51 20 78 / 610 529 590Mail: [email protected]: www.pazovistaalegre.comDatas: Calquera día con reserva

tres días antes

Entrantes: Empanada de trigo / Croquetas cremosas

Primeiro prato: Caldo de cocido ou sopa de cocido

Segundo prato: Tenreira, polo e porco nas súas diferentes partes, chourizo de Lugo e chourizos ceboleiros, grelos, patacas, garavanzos e filloas de cocido

Sobremesa: Orellas, filloas doces, queixo con marmelo

Bebidas: Mencía, augas minerales, refrescos, zumos, cervexas

Outros: Licor café, augardente branca e de herbas

Prezo: 30 €

Pazo de AndeadeLugar da Casa Grande, 1. AndeadeTouro (A Coruña)Tel.: 981 517 359Mail: [email protected]: www.pazodeandeade.comDatas: Sábados e domingos de febreiro e 24

e 25 de febreiro

Primeiro prato: Porco: lacón, cachucha, lombelo, costela, uña, rabo e chourizo. Tenreira: xarrete. Polo. Patacas, garavanzos, grelos e repolo

Segundo prato: Caldo limpo de cocidoSobremesa: Filloas reenchidas e orellasBebidas: Viño branco Ribeiro e tinto MencíaOutros: Café e licores da casa Prezo: 30 €

Rst. San RoqueEstrada de Castela, 67Verín (Ourense)Tel.: 609 980 065 / 988 411 429Mail: [email protected]: www.facebook.com/roqueverinDatas: 23 de febreiro

Entrante: EmpanadaPrimeiro prato: CocidoSobremesa: Bica de Laza, orellas e rosquillasBebidas: Unha botella de viño branco D.O.

para catro persoasOutros: CaféPrezo: 22 €

Rst. Mesón ou CandilEstrada Nacional 525, km 169, nº 31Pazos - Verín (Ourense)Tel.: 988 411 120Mail: [email protected]: 23 de febreiro

Primeiro prato: EmpanadaSegundo prato: CocidoSobremesa: Bica de LazaBebidas: Auga ou viño MonterreiOutros: Café ou infusiónPrezo: 21 €

23

Cube

rtas

: Sté

phan

e Al

ler