A CIG mantén unha reunión coa Xerencia do Consorcio

1
Confederación Intersindical Galega iNFORMA www.galizacig.com febreiro 2009 A CIG mantén unha reunión coa Xerencia do Consorcio para afrontar distintas problemáticas que afectan ao seu persoal O primeiro que lle reiteramos foi a esixencia de que, dado que agora, unha vez celebradas as eleccións sindicais, xa hai órganos de representación dos traballadores e traballadoras, como son os Comités de Empresa Provinciais e a Mesa de Negociación que se constituíu, debe mudar a dinámica de funcionamen- to, de xeito que todos aqueles asuntos que afecten ás condicións de traballo e salariais do persoal, como algúns dos que tratamos nesta mesma reunión, de- ben pasar por estes organismos, para o seu debate previo e negociación coas/ cos súas/seus representantes. Este é un exercicio democrático de negociación colectiva e, ademais, evitaría moitos problemas por tomar de xeito unilateral algunhas decisións e aplicar algunhas medidas, como as que siguen. Nesta liña criticamos a circular que trasladaron para o persoal de ser- vizos centrais sobre o control da súa xornada, funcionamento das máquinas de char, consideracións sobre as horas de traballo fóra da xornada habitual, etc. Consideramos moi desafortunada esa circular tanto na súa redacción como nas conclusións que dela se desprenden, dando a impresión que se cuestiona a profesionalidade das persoas ás que vai dirixida. Presentámoslle sinaturas da xente afectada manifestando o seu melestar pola circular. Manifestou que esa non era a intención da circular e que estudiarán o xeito de matizalo e corrixir algunhas desas medidas. Tamén manifestamos o noso total rexei- tamento á circular que enviaron aos centros sobre o dereito do persoal ao uso dos comedores. Parécenos total- mente inxusticable que se tomen medi- das deste tipo que supoñen un retroce- so con respecto á situación anterior. O persoal debe ter dereito ao uso gratuíto dos comedores nos seus centros porque o seu horario así o require, o seu salario non xustica que sexa doutro xeito e por- que, ademais, se o punto de referencia de cara ao futuro vai ser o Convenio Úni- co do Persoal Laboral da Xunta, así se recolle no mesmo. Para nós este tema non tén discusión. Comprometeuse a es- tudiar a posibilidade de aceptar a nosa proposta e modicar a circular para que o persoal poida comer gratuitamente. Proceso selectivo que xa está en marcha.- Rematado xa o prazo de ins- crición para unha parte das prazas, hai que agardar a que remate para as pra- zas de xericultoras/es e PSX dos centros de atención a persoas maiores, o día 23. Unha vez revisadas a totalidade, farán pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. O tempo virá marcado polo nº de solicitudes total, que aínda non coñecían porque parte delas foron presentadas nos concellos. O pra- zo de reclamación ás listas provisionais será de cinco días e, unha vez estudia- das as reclamacións, farase pública a lista denitiva. Comprometeuse a facer pública a composi- ción dos Tribunais a nais do mes de febreiro así como, posiblemente, a data e lugares de celebra- ción das probas. Haberá un único tribunal para os Servizos Centrais e no resto, aínda que será un por centro de traballo, os membros que designará o Consorcio serán os mesmos para cada provin- cia e categoría. As probas serán iguais para cada categoría e celebraranse todas o mesmo día e á mesma hora. Negociación do Convenio.- Demandá- moslle axilizar o inicio das negociacións, tomando sempre como referencia de obxectivo a acadar o Convenio do Per- soal Laboral da Xunta, e ir abordando xa aqueles aspectos que, para nós, son máis importantes: aplicar canto antes a xornada de 37 horas e media para todo o persoal, e negociar as retribucións, mar- cando un calendario que poida homolo- galas nun prazo razoable co persoal da Xunta. Manifesta que desde o Consorcio calqueira negociación terá que ser dentro do marco do Convenio, e non por apar- tados diferenciados, e que son os primei- ros interesados en dotarse canto antes dese marco que regule as condicións e relacións co seu persoal. Presionámoslle para que a xornada se aplique canto an- tes e as subas salariais se comprometan con prazos concretos. Condicionou os dous temas ás posibilidades presuposta- rias, sobre todo tendo en conta que ata o 2010 teñen previsto facer unha oferta de emprego público estable de aproximada- mente 600 prazas, e comprometeuse a estudiar a súa execución, sobre todo no tema da xornada. En calqueira caso, as negociacións non se darán antes do mes de abril. Protestamos polos reiterados retrasos no pago das dietas do persoal de I+B. Recoñece que eses pagos deberían fa- cerse efectivos ao mes seguinte e que tomaría as medidas para corrixilo no fu- turo. Preguntamos polo retraso no cobro do Complemento de Dirección nalgunhas galescolas. Respostou que se pagará con efectos retroactivos desde que se estea cumprindo esa función unha vez que ese persoal teña os corresponden- tes nomeamentos. Listaxes de agarda e sustitucións .- Comprometeuse a nomear unha Sub- comisión dentro da Mesa para negociar e acordar uns criterios claros a aplicar e tratar de que haxa unha soa lista. Sobre o problema que plantexan algun- has persoas que acadaron praza como persoal laboral xo no último proceso selectivo polo xeito de reexalo no seu contrato e a súa negativa a asinalo, quedaría zanxado toda vez que a inten- ción do Consorcio é enviarlle a todo o persoal un nomeamento no que se espe- cicará a súa condición laboral, así como un modelo de contrato especíco. A petición da CIG, e trasladando as demandas que o propio persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igual- dade e Benestar, nos vén comunicando, o pasado día 10 de febreiro de 2009 celebrouse unha reunión de represen- tantes do sindicato co Xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, para plantexarlle algúns temas relacionados con algúns aspectos que afectan ás condicións de traballo do seu persoal, e dos que informamos a continuación:

description

A petición da CIG, e trasladando as demandas que o propio persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, nos vén comunicando, o pasado día 10 de febreiro de 2009 celebrouse unha reunión de representantes do sindicato co Xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, para plantexarlle algúns temas relacionados con algúns aspectos que afectan ás condicións de traballo do seu persoal, e dos que informamos a continuación:

Transcript of A CIG mantén unha reunión coa Xerencia do Consorcio

Page 1: A CIG mantén unha reunión coa Xerencia do Consorcio

Confederación Intersindical Galega iNFORMAwww.galizacig.com

febreiro 2009A CIG mantén unha reunión coa Xerencia do Consorcio para afrontar distintas problemáticas que afectan ao seu persoal

O primeiro que lle reiteramos foi a • esixencia de que, dado que agora, unha vez celebradas as eleccións sindicais, xa hai órganos de representación dos traballadores e traballadoras, como son os Comités de Empresa Provinciais e a Mesa de Negociación que se constituíu, debe mudar a dinámica de funcionamen-to, de xeito que todos aqueles asuntos que afecten ás condicións de traballo e salariais do persoal, como algúns dos que tratamos nesta mesma reunión, de-ben pasar por estes organismos, para o seu debate previo e negociación coas/cos súas/seus representantes. Este é un exercicio democrático de negociación colectiva e, ademais, evitaría moitos problemas por tomar de xeito unilateral algunhas decisións e aplicar algunhas medidas, como as que siguen.

Nesta liña criticamos a • circular que trasladaron para o persoal de ser-vizos centrais sobre o control da súa xornada, funcionamento das máquinas de fi char, consideracións sobre as horas de traballo fóra da xornada habitual, etc. Consideramos moi desafortunada esa circular tanto na súa redacción como nas conclusións que dela se desprenden, dando a impresión que se cuestiona a profesionalidade das persoas ás que vai dirixida. Presentámoslle sinaturas da xente afectada manifestando o seu melestar pola circular. Manifestou que esa non era a intención da circular e que estudiarán o xeito de matizalo e corrixir algunhas desas medidas.

Tamén manifestamos o noso total • rexei-tamento á circular que enviaron aos centros sobre o dereito do persoal ao uso dos comedores. Parécenos total-mente inxustifi cable que se tomen medi-das deste tipo que supoñen un retroce-so con respecto á situación anterior. O persoal debe ter dereito ao uso gratuíto dos comedores nos seus centros porque o seu horario así o require, o seu salario non xustifi ca que sexa doutro xeito e por-que, ademais, se o punto de referencia

de cara ao futuro vai ser o Convenio Úni-co do Persoal Laboral da Xunta, así se recolle no mesmo. Para nós este tema non tén discusión. Comprometeuse a es-tudiar a posibilidade de aceptar a nosa proposta e modifi car a circular para que o persoal poida comer gratuitamente.

Proceso selectivo que xa está en • marcha.- Rematado xa o prazo de ins-crición para unha parte das prazas, hai que agardar a que remate para as pra-zas de xericultoras/es e PSX dos centros de atención a persoas maiores, o día 23. Unha vez revisadas a totalidade, farán pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. O tempo virá marcado polo nº de solicitudes total, que aínda non coñecían porque parte delas foron presentadas nos concellos. O pra-zo de reclamación ás listas provisionais será de cinco días e, unha vez estudia-das as reclamacións, farase pública a lista defi nitiva.

Comprometeuse a facer pública a composi-ción dos Tribunais a fi nais do mes de febreiro así como, posiblemente, a data e lugares de celebra-ción das probas. Haberá un único tribunal para os Servizos Centrais e no resto, aínda que será un por centro de traballo, os membros que designará o Consorcio serán os mesmos para cada provin-cia e categoría.

As probas serán iguais para cada categoría e celebraranse todas o mesmo día e á mesma hora.

Negociación do Convenio.-• Demandá-moslle axilizar o inicio das negociacións, tomando sempre como referencia de obxectivo a acadar o Convenio do Per-soal Laboral da Xunta, e ir abordando xa aqueles aspectos que, para nós, son máis importantes: aplicar canto antes a xornada de 37 horas e media para todo o persoal, e negociar as retribucións, mar-cando un calendario que poida homolo-galas nun prazo razoable co persoal da Xunta. Manifesta que desde o Consorcio calqueira negociación terá que ser dentro

do marco do Convenio, e non por apar-tados diferenciados, e que son os primei-ros interesados en dotarse canto antes dese marco que regule as condicións e relacións co seu persoal. Presionámoslle para que a xornada se aplique canto an-tes e as subas salariais se comprometan con prazos concretos. Condicionou os dous temas ás posibilidades presuposta-rias, sobre todo tendo en conta que ata o 2010 teñen previsto facer unha oferta de emprego público estable de aproximada-mente 600 prazas, e comprometeuse a estudiar a súa execución, sobre todo no tema da xornada. En calqueira caso, as negociacións non se darán antes do mes de abril.

Protestamos polos reiterados • retrasos no pago das dietas do persoal de I+B. Recoñece que eses pagos deberían fa-cerse efectivos ao mes seguinte e que tomaría as medidas para corrixilo no fu-turo.

Preguntamos polo • retraso no cobro do Complemento de Dirección nalgunhas galescolas. Respostou que se pagará con efectos retroactivos desde que se estea cumprindo esa función unha vez que ese persoal teña os corresponden-tes nomeamentos.

Listaxes de agarda e sustitucións• .- Comprometeuse a nomear unha Sub-comisión dentro da Mesa para negociar e acordar uns criterios claros a aplicar e tratar de que haxa unha soa lista.

Sobre o problema que plantexan algun-• has persoas que acadaron praza como persoal laboral fi xo no último proceso selectivo polo xeito de refl exalo no seu contrato e a súa negativa a asinalo, quedaría zanxado toda vez que a inten-ción do Consorcio é enviarlle a todo o persoal un nomeamento no que se espe-cifi cará a súa condición laboral, así como un modelo de contrato específi co.

A petición da CIG, e trasladando as demandas que o propio persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igual-dade e Benestar, nos vén comunicando, o pasado día 10 de febreiro de 2009 celebrouse unha reunión de represen-tantes do sindicato co Xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, para plantexarlle algúns temas relacionados con algúns aspectos que afectan ás condicións de traballo do seu persoal, e dos que informamos a continuación: