a banda sen futuro guía xerais

download a banda sen futuro guía xerais

of 12

Transcript of a banda sen futuro guía xerais

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    1/12

    A banda sen futuroMarilar Aleixandre

    XERAIS

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    2/12

    A AUTORA

    2

    Ttulo: A banda sen futuroAutora: Marilar AleixandreEditorial: Edicins Xerais de GaliciaColeccin: Fra de xogoN pxinas: 160ISBN: 84-8302-471-3

    Premio Lazarillode Literatura Xuvenil 1999

    Premio de LiteraturaInfantil e Xuvenil Lecturas 2001

    MARILARALEIXANDRE, nome literario deMara Pilar Jimnez Aleixandre, naceu enMadrid en 1947 e vive en Galicia dende1973. Estudiou Bioloxa e traballa comoProfesora de Didctica das Ciencias eEducacin Ambiental na Facultade de Ciencias da Educacin da Universidade deSantiago de Compostela. Narradora, poeta e traductora, ten no seu haber unha gran can-tidade de premios. A sa obra infantil e xuvenil conta con ttulos como A formiga coxa

    (1989), Nogard (1994), A expedicin do Pacfico Premio Merln 1994 e Premio daCrtica en 1995, O trasno de Alqueidn (1996) Premio Raolas e finalista do PremioNacional de Literatura Infantil, O chpiro verde (1999), Lapadoiras, Sacantos e Cocn(1999) ouA banda sen futuro (1999) Premio Lazarillo 1999, que, segundo ela mesmadi, a sa novela mis autobiogrfica. Tamn a guionista da serie Os Escachapedras,debuxada por Fran Bueno, que se publica na revista de banda deseada Golfio.

    FICHA TCNICA

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    3/12

    3

    Esta novela, dirixida pblico adolescente, est protagonizada por Carlota, unha rapazade dezaseis anos que nos vai contando a travs do seu diario as sas experiencias e emo-cins longo de dous meses. Deste xeito coecemos o seu malestar se ter que afacer aunha cidade nova, que vn de mudarse coa sa familia polo traballo de seu pai, e comezo do curso escolar nun instituto novo. Ademais Carlota le unha noticia no xornalque a deixa tremendo: a morte de Poch, o cantante de grupos como Derribos Ariase Labanda sin futuro, que Carlota admiraba. Case sen querer a rapaza relaciona esta noticiacoas demais cousas que lle pasan ultimamente: sente que todo lle sae mal e anda que noncanta, sntese parte dunha banda sen futuro porque cre que os acontecementos que lle

    agardan, tanto os mis prximos coma os mis lonxanos, son mis ben negros. Recorta afoto do xornal e suxitaa con chatolas no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento ocantante convrtese no confidente dos seus pensamentos mis ntimos e das sas preocu-pacins e tamn no seu interlocutor. A causa fundamental do malestar de Carlota o seuaspecto fsico, xa que por culpa dun eccema tivo que rapar o cabelo e ten que se enfron-tar s seus novos e descoecidos compaeiros cun pano na cabeza. Culpa s seus pais porobrigala a asistir s clases e teme enfrontarse s olladas e s preguntas indiscretas. Nestesprimeiros das Carlota psao moi mal, sobre todo nos recreos, e non se relaciona con nin-gun. Sente un furado na sa alma polo que entran desacougo, soidade, medo s demaise terror s espellos. Ata que un da na clase de ingls un dos seus compaeiros, Miguel,defndea dun insulto doutro rapaz e a partir de entn fxase nel e comeza a sentir algoespecial anda que non queira recoecelo, xa que considera que ningn rapaz se vai fixarnela mentres estea pelada. longo dos das Carlota vaise integrando cos seus compaei-ros, xa que todos deben unirse para solucionar un problema coa profesora de debuxo pormor dun exame e para preparar unha obra de teatro para a clase de lingua espaola na queCarlota consegue ter un papel. A preparacin do papel ocasiona que Carlota se mergulleen si mesma e mesmo consegue achegarse mis a Miguel que lle regala unha cinta de U2e lle d un bico na meixela. Carlota sntese namorada anda que tamn comeza a coecera Moncho, descubrindo que comparten algunhas afeccins e que poden falar de temas

    como o do futuro, que tanto obsesiona a Carlota. Axia descobre que a sa nica amiga,Paulina, est a sar con Miguel e daquela sntese morrer. Pero o apoio de Moncho e a noti-cia de que a sa avoa est moi enferma fan que cambie de actitude, decatndose de que odo seu cabelo das cousas que o tempo arranxa mentres que co da avoa o tempo traballaen contra e debe aproveitar os momentos que lle quedan con ela. Finalmente Monchodeclrase e todo muda de speto para Carlota: ten a Moncho, comeza a ter amigos e porfin acabou o seu pesadelo, as anlises estn ben e xa pode deixar medrar o cabelo.

    ARGUMENTO

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    4/12

    4

    PERSONAXES

    CARLOTA unha rapaza de dezaseis anos que est a vivir uns momentos difciles xa que se enfron-ta non s a unha nova cidade e a un novo instituto onde non coece a ningun, senntamn a si mesma e s seus pais. Por mor dun eccema vese obrigada a levar o pelo rapa-do cero e isto convrtea nunha rapaza acomplexada, retrada e arisca que non entendepor qu os seus pais a obrigan a pasar a humillacin de ter que comezar as clases cun panona cabeza. A sa tctica inicial de pasar desapercibida vai mudando e pouco a poucoemprende un camio cara coecemento de si mesma e dos demais e atopa a resposta ssas preguntas. Tamn aprende a sar do seu enclaustramento emocional, a se aceptar tal

    e como e a entender que case todo ten solucin menos a morte. Este cambio prodce-se cando presta atencin s sentimentos e s problemas dos que a rodean, fundamental-mente complicidade da sa avoa e amizade que xorde co seu compaeiro Moncho, que nunca prestara atencin.

    POCH o cantante morto de grupos dos oitenta como Derribos Ariasou La banda sin futuro, que Carlota coece e admira por un disco que lle regalou o seu curmn Ricardo. Poch,vctima da enfermidade de Huntington, est presente na vida de Carlota a travs do retra-

    to que esta pendura na parede do seu cuarto e ten o papel de confidente e interlocutor darapaza, xa que capaz de escoitala, entendela e de ofrecerlle os seus consellos sobre asvivencias e os problemas da rapaza. Ambos manteen longas conversas anda que nonsempre Poch est de acordo coas interpretacins de Carlota. Nestes dilogos Poch vailleproporcionando as claves para ir madurando e relativizando feitos que ela considera moiimportantes.

    A FAMILIA DE CARLOTACarlota vive nunha familia normal e ten unha irm pequena que se chama Ins. A causa

    do traballo de seu pai teen que se mudar de cidade, deixando atrs o lugar no que viviu

    toda a vida e tamn s seus amigos de sempre. A sa nai mestra e tamn se viu obriga-da a pedir traslado para outra escola e a coller o coche todos os das para ir traballo,anda que ela nunca protesta. Estes feitos, unidos seu problema co cabelo, ocasionan queCarlota non entenda por qu os seus pais a obrigan a asistir s clases sen facer caso do seucomplexo e do seu malestar. Ela pensa que estn demasiado obsesionados polas notas eque deixan de lado os seus problemas, mesmo ten que escoitar que esaxera e que usa o seupelo rapado como unha escusa para se pechar en si mesma e desdear resto da xente, dicir, que o problema o seu carcter e non o seu cabelo. Con eles vive a avoa, a nicaque mostra certa comprensin polo que est a vivir Carlota e que ademais ten unha espe-cial intuicin para detectar cndo lle ocorre algo. Carlota cntalle as sas preocupacinse ela ensnalle a non desexarlle mal a ningun e a intentar aceptar as cousas como veen.

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    5/12

    5

    OS NOVOS COMPAEIROS DE CLASECarlota, antes de coecelos, cre que son as feras que a axexan coas sas olladas e nos recre-os sntese soa e mesmo paseando polo foxo dos crocodilos. Anda que pouco a pouco assas primeiras impresins van cambiando.

    A primeira coa que topa LIDIA, unha rapaza rubia e cun cabelo longusimo que nadamis coecela pregntalle qu lle pasa no cabelo, se que ten cancro ou tifo. Lidia moicoqueta cos rapaces e demostra o chistosa que facendo burla do aspecto de Carlota. Sofreunha intoxicacin con pasteis de nata que a afasta un tempo do instituto, feito do queCarlota se sente responsable porque desexou que lle ocorrese algo malo. Cando volve, cocabelo moi curto e moi delgada, recibe o cario de todos, mesmo de Carlota.

    PAULINA unha rapaza morena e con lentes que se converte na primeira amiga de Carlota

    no instituto. Comparten os seus gustos polo cine e pola msica. O primeiro da que saenxuntas van ver unha pelcula e falan do amor coma se se coecesen de toda a vida. Istoaxuda a que Carlota se sinta mellor pero a comunicacin entre elas non total; por exem-plo nunca falan do que lle ocorre a Carlota co cabelo, xa que Paulina moi diplomticae discreta. Os sentimentos de Carlota cara a ela mudan cando coece que est sando conMiguel pero axia consegue superalo.

    MIGUEL un rapaz alto de coleta que defende a Carlota dun insulto de Too, polo que oprofe de ingls o bota da clase inxustamente. Ten un carcter bastante impulsivo e pelea-dor. Carlota namrase pouco a pouco del e considrao o seu protector, anda que as inten-cins de Miguel non van por a. El tena por unha amiga e nada mis e pouco despoiscomeza a sar con Paulina.

    MONCHO est considerado o rapaz mis guapo da clase e ten moito xito coas rapazas. Vaico cranio rapado como un skinhead porque di que lle resulta mis cmodo afeitar a cabe-za cada dous ou tres das e as non ter que preocuparse de lavalo, peitealo e secalo. A par-tir da montaxe da obra de teatro comeza a se fixar en Carlota anda que consciente deque ela s ten ollos para Miguel. A pesar de todo non se rende e achgase a ela sempre quepode ata que se lle declara.

    No grupo de compaeiros da clase estn tamn ABEL, que sempre intervn nas clases;TERE, unha rapaza grandsima pero un chisco infantil; BERNAL, que vexetariano, moisimptico e deportista; TOO, un rapaz algo bocazas; NACHO, un dos graciosos oficiais daclase; MANOLO, o delegado, que anda que non moi botado para diante, ten bo carctere mis ben compangueiro, ou PEPA, unha rapaza que fala pouco e ponse encarnada,entre outros.

    OS PROFESORESNo grupo dos profesores teen un especial protagonismo aqueles que demostran preocu-

    pacin e implicacin cos rapaces coma o TITOR, o profesor de ingls, alcumado MsterBean. Primeiramente a Carlota parcelle un pedante e un antiptico pero axia descobre

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    6/12

    6

    que comprensivo co alumnado, que escoita os seus problemas e que est disposto a axu-darlles a resolvelos.

    ELVIRA a profesora de bioloxa. Sempre est inventando cousas e preguntando os por-qus de todo. Ntase que o pasa ben ensinando e consegue interesar os seus alumnos.Unha das sas clases causa un problema no instituto cando lles pide s rapaces que lleproporcionen espermatozoides para analizalos no microscopio.

    ROBERTO, o de lingua espaola, organiza unha obra de teatro para representar no Nadal.En opinin de Carlota e dos seus compaeiros un pouco inxenuo e cre que todo omundo ten o mesmo interese ca el no instituto e nas sas clases. Axuda a Carlota dndo-lle o papel na obra e dicndolle que quite da cabeza as sas ideas de que un bicho raro.

    Como contrapunto destes e en representacin do carcter impositivo do profesorado estGRACIA, a profesora de debuxo, que ten un problema cos alumnos por querer facer unexame un sbado. Quere impoer a sa opinin sen ter en conta os rapaces e finalmenteten que mudar de opinin non ter o apoio da direccin do centro.

    A novela recolle moitas das preocupacins tpicas da adolescencia, preguntas que come-zamos a facernos nesa idade, modelos de actuacin e temas actuais cos que o lectoradoxuvenil se sente identificado. Esta temtica non s convida lectorado lectura senn quelle d p reflexin e expresin das sas opinins ou crticas. Algns dos temas e valo-res presentes na novela son:

    A INCERTIDUME ANTE O FUTURO. Un tema recorrente no pensamento de Carlota e demoitos dos adolescentes actuais que se senten parte dunha banda sen futuro, expresinque d ttulo novela e que serve para expresar esa vertixe a non saber cmo ser a savida, a ameaza do paro pese posibilidade de facer unha carreira universitaria e tamncerta impaciencia.

    Eu non canto pero poda formar parte dunha banda sen futuro como a de Poch.Total, o futuro mis ben negro. Farei unha carreira, supoo, pero da universidadeirei de cabeza paro (p. 15).

    O futuro non unha torta, senn ma e pasado ma, vivir aqu e non na nosa

    casa de sempre, ter que ir instituto. Non sei que outro futuro terei por diante, peroeste non o quero (p. 16).

    OUTROS TEMAS E VALORES

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    7/12

    7

    A INCOMUNICACIN cos demais e especialmente cos pais e os profesores. Carlota snten-se incapaz de expresar as sas preocupacins porque non est segura de si mesma e mesmo tempo sntese incomprendida polos seus pais. Esta inseguridade e a incomunica-cin familiar lvaa creacin dun confidente, o pster do cantante, que lle serve de apoiomoral e que non desaparece ata que consegue unha estabilidade emocional.

    (...) na mia casa, comunicacin entre eles e eu, cero. Como se pode vivir xuntos enon saber nada do que pasa pola cabeza do outro? Como pretenden que poa todaa mia vida en funcin das notas? (p. 122).

    Psalle a todo o mundo o mesmo que a min, que no que mis cismo o nico doque non son capaz de falar?(p. 78).

    Tratbante as os profesores, Poch? Pensaban que tian o burro pola corda e quepodan facer o que quixesen sen contar cos alumnos?(p. 76).

    O DESCUBRIMENTO DO AMOR E DAS SENSACINS que produce, da sexualidade e do desexoe a chegada de desamor. En Carlota e os seus compaeiros de instituto xorden as primei-ras dbidas sexuais e emocionais presentes nos adolescentes cando se namoran ou se sen-ten atrados por primeira vez por outra persoa. Un mundo descoecido para eles e que pro-voca miles de preguntas que irn respondendo pouco a pouco.

    As debe ser namorarse, tremer porque el, teu amor, acaricie os teus pulsos cun s dedo.E despois bicarse metendo a lingua dentro. Nunca me biquei as cun rapaz(p. 66).

    Por que este to consegue deixarme a lingua feita un n?(p. 97).

    Se o recreo o foxo dos crocodilos, hoxe consigo atravesalo non sobre unha tboa,senn sobre un arame polo que vou bailando como unha trapecista. Sinto como selevase na meixela un letreiro luminoso: AQU BICO, BICO, BICO... isto estarnamorado? Este zunido que ocupa a metade da cabeza e non deixa pensar con cla-ridade? Carlota, non podes quedar colgada dun to porque te bique amigablemente!

    O malo que xa estaba colgada antes... (p. 97).

    Pola noite soo con Miguel. Eu teo o gorro quitado e el vaime acariciando a cabe-za moi a modo, faime como cxegas que se transforman nun calafro que me sobe portodo o corpo. Logo as sas mans van baixando polos ombros e por debaixo do xerseiata chegar s peitos. Non sei que pasa despois porque acordo. Estou toda mollada. Osoo liscou e Miguel non est aqu. Hai que ver como magoa isto os xeonllos e todo odemais (p. 105).

    Quero desaparecer, converterme en fume. Para que vivir? Para que namorarse se

    despois vn este sufrimento? Quizais s unha de cada cen veces a persoa da que ti tenamoras se namore de ti. Tal vez a min non me ocorra nunca. Non sei como vou facer

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    8/12

    8

    para quitar isto da cabeza, este bater como agullas dun reloxo que din Miguel ePaulina, Paulina e Miguel(p. 124).

    A DIFERENCIA E A SA ACEPTACIN tanto cara a un mesmo coma cara s demais. A ten-dencia no ser humano a prexulgar sen coecer tendo en conta s os comentarios doutraspersoas, dos rumores ou de especulacins.

    Antes de coecer a Bernal eu pensaba que os vexetarianos eran todos uns msticos,xente que andaba levitando por a e s que s lles gustaba a msica brandia e aspelculas con mensaxe. Un estereotipo coma calquera outro (p. 96).

    A INSEGURIDADE, A FALTA DE AUTOESTIMA E A IMPORTANCIA DA IMAXE. Temas moi inte-rrelacionados dada a preocupacin dos adolescentes pola sa imaxe ante os demais. A pro-

    tagonista considrao un factor necesario para a sa integracin, sntese insegura e infra-valrase debido angustia e influencia do medo que pensen os demais, medo a serrexeitada polo seu aspecto fsico. longo da novela apreciamos cmo a protagonista sofreun proceso de superacin persoal favorecido pola convivencia con xente da sa mesmaidade e cos mesmos problemas e pola educacin.

    En fin, Carlota, esquceo. Polo menos ata que teas cabelo novo. Ata que consigasdesfacerte dese inimigo que est agochado no espello e que che pon diante, cada vezque te asomas a el, un mutante coa cabeza pelada no que non te recoeces. Antes sem-

    pre que pasaba onda un espello, ou mesmo por unha porta de vidro, miraba como meacaan os vaqueiros ou abaneaba a melena. Agora danme arrepos e volvo a cabeza

    para outro lado (p. 81).

    A MORTE como nico feito irreversible e a aprendizaxe de que preciso relativizalo todoxa que nada tan importante como poida parecer nun principio. Carlota descobre quenon a nica, no mbito familiar, que sofre o cambio de cidade e que peor que non terpelo saber que non disfrutars da vida, como no caso da sa avoa.

    O nico que vive de ns cando pasamos deste lado a memoria que deixamos nos

    demais. Que ela comprenda que a sa memoria vivir en ti(p. 150).

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    9/12

    9

    A seguir propoemos un grupo de posibles actividades entre as que se poden seleccionaraquelas que se consideren mis adecuadas s nosos fins e dependendo do nmero de lec-tores, dos destinatarios (actividade grupal ou individual) e dos medios cos que se podencontar.

    Consideramos que a biblioteca realiza un labor fundamental na promocin da lectura ena formacin do lector, polo tanto consideramos necesario manter informadas s persoasresponsables das lecturas e actividades que realicemos, co fin de que lles proporcionendocumentacin lectorado, en caso de necesitala, e propoan actividades paralelas e

    complementarias como a elaboracin de exposicins sobre a obra da autora ou sobrelibros que traten a mesma temtica.

    ANTES DA LECTURA:

    Tanto a portada como a contraportada do libro e o resumo que aparecen nela son fun-damentais hora de escoller un libro xa que poden incentivar ou non lectura, de a quesexan un elemento a traballar. Podemos propoer a deduccin do contido a partir dafrase que d ttulo obra, preguntarlles se relacionan esta expresin por exemplo conome dun grupo musical, ttulo dunha pelcula..., comentar se a ilustracin da portadanos desvela ou suxire algn dato mis e finalmente, despois da lectura do resumo da con-traportada, comentarase se comprenden o por qu do ttulo proposto e da ilustracin.

    Para estimular lectura pdese narrar un pouco do argumento ou ler algn fragmentoco fin de atraer a sa atencin.

    A bsqueda por parte dos rapaces da biobibliografa de Marilar Aleixandre, autora da

    obra, pode servir de reforzo lectura que realizarn a posteriori e para outro tipo deactividades como a entrevista coa autora. Esta actividade pdese dividir en grupos demaneira que unha parte do lectorado se encargue da biografa e outra parte da biblio-grafa. Sera interesante que en subgrupos se buscase a informacin por diferentes vas(na biblioteca, en internet, en revistas, na editorial...) co fin de que se relacionen cosdiferentes modos de documentarse sobre un tema. final entre todos completan ainformacin acadada.

    Presentacin da obra no centro coa presencia da escritora ou a preparacin dun enco-tro, esta segunda opcin convn realizala despois da lectura da obra.

    ACTIVIDADES A REALIZAR

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    10/12

    10

    DURANTE A LECTURA:

    Crear foros de debate nos que se comente: a evolucin da historia, as reaccins da pro-tagonista e dos seus compaeiros ante certas situacins, cmo ven s personaxes e seevolucionan longo dos captulos, se coecen algun que tea unha enfermidade seme-llante, cmo reaccionaran eles ante as vivencias polas que pasa a protagonista...

    Nos momentos nos que se comente a lectura, por exemplo finalizar cada captulo oucada certo nmero de captulos, poden imaxinar qu acontece a continuacin e qufinal lles espera s protagonistas. A medida que avanza a lectura poden comprobar sealgunha das versins se axusta que lle acontece a Carlota e os seus amigos.

    Estas actividades poden realizarse a nivel aula, a nivel centro ou con outros centros de

    maneira que se poidan comunicar e propoer debates sobre o transcurso da historia, adefensa de posturas e a creacin de finais a travs de e-mail, foros en internet ou encon-tros nos centros de representantes.

    DESPOIS DA LECTURA:

    Retomando as actividades do primeiro bloque cuestionarase se o ttulo o idneo e aelaboracin de posibles ttulos substitutivos, se o resumo da contraportada responde contido do argumento e se adecuado ou enganoso. Proposta de elaboracin de posi-bles resumos.

    Reflexionar entre todos sobre a visin que Carlota nos transmite do universo cotin dosadolescentes (a vida no instituto, as rebeldas familiares, a relacin amor-odio cosirmns, as dbidas, a inseguridade, as relacins de amor...) e se esta visin responde oureflicte a situacin actual dos adolescentes.

    Realizacin de coloquios en torno temtica da obra ou dos personaxes da novela: cmocualificaran a reaccin de Carlota inicio da novela, a necesidade dunha boa imaxe

    fsica para integrarse socialmente, comentar certos comentarios da protagonista comopor exemplo os recollidos no apartado da temtica...

    A presencia longo da narracin dos versos dunha cantiga medieval de Osorio Anes eas citas das letras das cancins de Aerosmith, dolo da protagonista, dan p para comen-tar certos aspectos relacionados coa obra: este tipo de msica indcanos algo sobre ocarcter de Carlota?, podemos deducir algo da sa personalidade a travs das letras?,estes fragmentos reflicten o conflicto interno de Carlota? Proposta de substitucin dascitas por cancins de grupos que o lectorado escoita na actualidade sempre que sexanadecuadas temtica. Para esta actividade todos deben coecer a traduccin das letras

    estar en ingls. En caso de que descoezan o grupo pdeselles facilitar a posibilidadede escoitar algunha grabacin.

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    11/12

    11

    Proporcionarlle lectorado crticas ou comentarios que se realizaron da obra en revistasou xornais e que eles mesmos comenten se se axustan sa visin da obra. Elaboracindas sas propias crticas ofrecendo as razns para recomendar ou non a sa lectura erecompilacin destas nun dossier para proporcionar biblioteca como material de con-sulta para futuros lectores. En caso de que no centro exista unha revista, poden selec-cionar a que consideren mellor e envirllela s redactores para a sa posible publicacin.

    As declaracins que a autora realizou en diferentes medios de comunicacin e/ou pren-sa sobre a sa obra sera interesante poelas a disposicin do lectorado para que com-parasen o punto de vista da escritora coa lectura que acaban de realizar.

    No caso de que non se buscara a informacin da autora pdese realizar agora.

  • 8/12/2019 a banda sen futuro gua xerais

    12/12

    Pedidos a:

    Comercial Grupo AnayaPol gono de Bergondo

    1 Travesa - Parcela B115.165 Bergondo (A Corua)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

    EDICINS XERAIS DE GALICIA

    XERAIS

    Doutor Maran, 12. 36211 Vigo

    Apartado Postal 1446. 36200 Vigo

    Telfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80

    T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6

    Correo electrnico: [email protected]

    h t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /