9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 CA MPIONATO DE GALICIA DE RALLYES … · 2017. 11. 3. ·...

5
“PROXECTO” 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 CAMPIONATO DE GALICIA DE RALLYES COMUNICADO Nº 241/17 3 de Novembro de 2017

Transcript of 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 CA MPIONATO DE GALICIA DE RALLYES … · 2017. 11. 3. ·...

  • “PROXECTO”

    9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018

    CAMPIONATO DE GALICIA DE RALLYES

    COMUNICADO Nº 241/17

    3 de Novembro de 2017

  • Artigo 1.- ORGANIZACIÓN:

    “Pirelli Neumáticos, S.A.U.”, a Federación Galega de Automobilismo, e AMF MotorSport organizan para

    o ano 2018 a 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018.

    O presente Regulamento complementarase co ANUARIO DE GALICIA 2018, da Federación Galega de

    Automobilismo, nos apartados que non figuren neste documento, coa expresa finalidade de estimula-la

    participación nas competicións automobilisticas de Galicia.

    Artigo 2.- COMITÉ ORGANIZADOR.

    O Comité Organizador ten entre as súas competencias a de emitir anexos que formarán parte do presente

    regulamento, modificalo, interpretalo e tamén resolver tódolos casos non previstos. Os devanditos anexos

    e modificacións, deberán ser aprobados pola Federación Galega de Automobilismo e publicados na web

    www.fga.es.

    O comité estará integrado por dous representantes da Federación Galega de Automobilismo, e un

    representante de “Pirelli Neumáticos, S.A.U.”, e un representante de AMF MotorSport.

    En tódalas probas puntuables haberá un comisario representante do Comité que coidará de informar a

    tódolos participantes sobre a interpretación do presente Regulamento, e de transmitir ó Comité os

    problemas e incidencias que se plantexen, así como de controlala perfecta ubicación da publicidade nos

    vehículos.

    Artigo 3.- ASPIRANTES.

    Os aspirantes a participar na 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 teñen que reuni-las seguintes

    condicións:

    1.- “Pirelli Neumáticos, S.A.U.”, a Federación Galega de Automobilismo, e AMF MotorSport resérvanse

    o dereito a rexeitar calquera inscrición a 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 sen ter que

    xustificalo.

    2.- Licenzas: Posuílas licenzas dacordo co Anexo I do Anuario da F.G. de A. que habilite o concursante,

    piloto, copiloto, e asistencia a participar nas probas indicadas no art. 6, e que sexan expedidas pola

    Federación Galega de Automobilismo.

    3.- Terá que adxuntarse unha factura orixinal, da compra de alomenos 6 pneumáticos, e posteriormente

    unha segunda de 4 pneumáticos, durante as tres carreiras seguintes "PIRELLI" (Artigo 3), ao axente

    designado por "Pirelli Neumáticos, S.A.U.", AMF MotorSport, S.C.G., telf.: 986 640 715 - 616 784 863, así

    como mercar tamén, en AMF MotorSport, unha caixa de 4 latas de 4 litros de aceite "Castrol 10/60

    Supercar", e posteriormente unha segunda caixa a metade de tempada.

    4.- Tódolos gañadores das Fórmulas de Promoción, de tempadas anteriores, poden volver a participar

    nas mesmas, puntuando e optando ós premios en metálico.

    5.- Os pilotos que se inscriban nunha Fórmula de Promoción, dos Campionatos de Galicia, por

    especialidade e tempada, non poderán mudar de Copa, Trofeo, Reto, ou Challenge ata a tempada

    seguinte.

    6.- A participación, na 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018, está aberta a calquera licenza da

    Comunidade Económica Europea (ADN, ou Autonómicas de España) con dereito os premios en metálico

    e puntuacións finais.

    Artigo 4.- VEHÍCULOS ADMITIDOS:

    A 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 está aberta a:

    A) TOP TEN “A” (ANTIGOS VEHÍCULOS DA COPA TOP TEN 2017 DE DÚAS E CATRO RODAS

    MOTRICES).

    Aberta a tódolos vehículos dos grupos N, A, X, G, H, N5 (Maxi Rally), e N6 (Maxi Rally Galego) superiores

    a 1600 c.c., que o soliciten e sexan admitidos pola Comisión Directiva da Federación Galega de

    Automobilismo.

    http://www.fga.es

  • Non teñen que solicitar ningún tipo autorización para ser admitidos pola Comisión Técnica da Federación

    Galega de Automobilismo os vehículos Kit Car 1600, Super 1600, R2, R5, R3C 2000, S2000, Maxi Kit Car

    2000 “F2", C2 R2 Max.

    B) TOP TEN “B” (ANTIGOS VEHÍCULOS DO VOLANTE F.G.A. 2017).

    Grupo A: ata 1600 c.c.

    Grupo XA: ata 1600 c.c.

    1.- Multimarca Grupo A ata 1.600 c.c. (extensión V.O.), agás as permitidas según o comunicado 024/08,

    admítese a montaxe de Variantes V.K. e V.S. de admisión máis de escape, coa, prohibición das variantes

    V.O. de caixas de cambios secuenciais e tódalas variantes V.R.

    Grupo X, provinte de Grupo A e que perderan a homologación nos anos 2006, 2007, 2008, 2009, 2010,

    2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, e 2017 coas especificacións anteriormente indicadas.

    Artigo 5.- INSCRICIÓNS:

    Unha vez aceptada a inscrición no 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 o participante estará

    oficialmente inscrito neste.

    Tódolos interesados en inscribirse no 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 terán que facelo

    enviando a folla de inscrición en formulario “online” sita na www.fga.es

    FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO

    Ctra. de Vigo 43, Baixo, O Pino - 32001 Ourense. • Fax: 988-271461

    nun prazo non inferior a 10 días hábiles antes da celebración da primeira proba na que se desexe

    participar. Non se aceptará ningunha inscrición incompleta, podendo chamar telefonicamente (Consulta)

    ó Departamento das Fórmulas de Promoción para a información da correcta inscrición.

    Artigo 6.- PROBAS:

    Para a 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 , serán válidos os nove Rallyes, que son puntuables

    para o Campionato Autonómico de Galicia, debidamente aprobados pola Federación Galega de

    Automobilismo.

    RALLYES 2018

    DATA PROBA ESCUDERÍA COEF.

    17/18-02-2018 22º RALLYE CORUÑA ONE SEVEN ---

    17/18-03-2018 24º RALLYE DO COCIDO LALIN-DEZA ---

    14/15-04-2018 34º RALLYE RÍA DE NOIA BERBERECHO ---

    12/13-05-2018 1º RALLYE RIA DE VIGO MIXRALLYESPORT ---

    16/17-06-2018 31º RALLYE CIDADE DE NARÓN SIROCO NARON ---

    07/08-07-2018 15º RALLYE SUR DO CONDADO SURCO ---

    22/23/09/2018 7º RALLYE OURENSE-RIBEIRA SACRA LUINTRA ---

    27/28-10-2018 40º RALLYE SAN FROILAN MIÑO-LUGO ---

    17/18-11-2018 11º RALLYE COMARCA DA ULLOA COMARCA DA ULLOA ---

    Artigo 7.- PREMIOS:

    A) En cada un dos Rallyes puntuables para a 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018

    otorgaranse os premios segundo a seguinte táboa:

    Premios POR PROBA:

    ORD. TOP TEN “A” ORD. TOP TEN “B”

    1º 1.200€ 1º 1.000 €

    2º 800 € 2º 600 €

    3º 500 € 3º 400 €

    4º 200 € 4º 166 €

    5º 100 € 5º 100 €

    http://www.fga.es

  • Tódolos premios deste apartado son concedidos pola F.G.A., e “Pirelli Neumáticos, S.A.U.”, e están afectados, no seu caso, polaretención vixente aplicada polo Ministerio de Facenda a conta do IRPF.

    Premios finais SCRATCH 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 (TOP TEN “A”):

    VENCEDOR PILOTOS TROFEO DE BRONCE

    VENCEDOR COPILOTOS TROFEO DE BRONCE

    SUBCAMPIÓN PILOTOS TROFEO DE BRONCE

    SUBCAMPIÓN COPILOTOS TROFEO DE BRONCE

    Premios finais SCRATCH 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 (TOP TEN “B”):

    VENCEDOR PILOTOS TROFEO DE BRONCE

    VENCEDOR COPILOTOS TROFEO DE BRONCE

    SUBCAMPIÓN PILOTOS TROFEO DE BRONCE

    SUBCAMPIÓN COPILOTOS TROFEO DE BRONCE

    Serán entregados por Directivos de Pirelli, e de Castrol ,na Gala da entrega de premios dos Campionatos

    e Copas de Galicia 2017-2018.

    Artigo 8.- PUNTUACIÓN:

    En cada unha das probas puntuables, para a 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018, otorgaranse

    os seguintes puntos segundo o posto e coeficiente da proba, individualmente Top Ten “A” e Top Ten

    “B”.

    PUNTUACIÓN POR PROBA

    CLASIFICACIÓN 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018 ( C )

    1º 30 PUNTOS 9º 8 PUNTOS

    2º 25 PUNTOS 10º 6 PUNTOS

    3º 20 PUNTOS 11º 5 PUNTOS

    4º 18 PUNTOS 12º 4 PUNTOS

    5º 16 PUNTOS 13º 3 PUNTOS

    6º 14 PUNTOS 14º 2 PUNTOS

    7º 12 PUNTOS 15º 1 PUNTO

    8º 10 PUNTOS

    Os puntos P acadados na proba obteranse pola seguinte fórmula: P= K*C. sendo (K) o coeficiente da

    proba multiplicado por (C) os puntos obtidos nas clasificacións do Campionato. A clasificación final da

    9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018, (individualmente Top Ten “A” e Top Ten “B”), será

    establecida entre aqueles pilotos e navegantes que participasen nun número de probas igual a metade

    máis unha das probas celebradas ( Top Ten “A” e Top Ten “B”). Para a clasificación final sumaranse

    as puntuacións acadadas en tódalas probas celebradas (Pilotos e Copilotos) menos unha ( Top Ten “A”

    e Top Ten “B”).

    Artigo 9.- PUBLICIDADE:

    Tódolos vehículos deberán levar un parasol coa inscrición PIRELLI-CASTROL (parabrisas dianteiro) na

    parte superior, 4 pegatinas de PIRELLI (36X11cm.), dúas nas esquinas superiores da defensa dianteira,

    e dúas pegatinas na parte superior da defensa traseira (Nota: Obrigatoriamente teranse que ver na parte

    dianteira e traseira do vehículo, ou sexa, nunca postas nas partes laterais das defensas), e dúas pegatinas

    debaixo do número de competición, nas portas dianteiras (47X24cm.), coa inscrición CASTROL-PIRELLI.

    Baixo ningún concepto estará permitido recorta-la publicidade nin tapa-la parcialmente. O incumprimento

    implicará a perda dos puntos e premios da proba de referencia. A reiteración do antedito implicará a

    descalificación a tódolos efectos da 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018. O parasol dianteiro

    ten que portarse en exclusiva o da 9ª COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018, so pena de exclusión.

  • Artigo 10.- COMISARIO DE SEGUIMENTO:

    O Comité organizador nomeará a unha persoa, a cal estará debidamente acreditada e identificada, para

    facelo control da publicidade e tódolo concernente ó bo desenrolo e imaxe da 9ª COPA TOP TEN

    PIRELLI-CASTROL 2018, así como da comprobación do marcaxe dos pneumáticos, e do debido control

    da perfecta colocación das pegadas.

    NOTAS:

    • O vehículo gañador publicitará o cartel da Copa do ano seguinte.

    • Pirelli, crearán unha liña de roupa especial para a Copa.

    • Polos negros.

    • Monos de traballo.

    • Guantes de Traballo.

    • Gorras Pirelli personalizadas cos nomes do Piloto e Copiloto.

    • Chaquetas de abrigo.

    Artigo 11.- PNEUMÁTICOS:

    .- Tódolos vehículos terán que competir con pneumáticos de tipo:

    - Pirelli PZERO en versións: RK/RKW , RE e RX

    - Admítense tódolos pneumáticos asimétricos comercializados por “Pirelli Neumáticos, S.A.U.”, e

    comercializados por AMF MotorSport, S.C.G., telf.: 986 640 715 - 616 784 863.

    - Terá que adxuntarse unha factura orixinal, da compra de alomenos 6 pneumáticos, e posteriormente

    unha segunda de 4 pneumáticos, durante as tres carreiras seguintes "PIRELLI" (Artigo 3), ao axente

    designado por "Pirelli Neumáticos, S.A.U.", AMF MotorSport, S.C.G., telf.: 986 640 715 - 616 784 863, así

    como mercar tamén, en AMF MotorSport, unha caixa de 4 latas de 4 litros de aceite "Castrol 10/60

    Supercar", e posteriormente unha segunda caixa a metade de tempada.

    Modelos:

    Para a tempada 2018 terán un selo (Pegada) identificativo. O non posuilo implica a descalificación da 9ª

    COPA TOP TEN PIRELLI-CASTROL 2018.

    Artigo 12.- POSTOS DE SAÍDA:

    No primeiro rallye, terase en conta as clasificacións da Top Ten 2017, e do Volante 2017, para a

    confección-outorgamento dos números de saída. A partir do segundo rallye mesturarase a Top Ten “A”

    e a Top Ten “B”, segundo os puntos acadados indistintamente en cada unha delas. No caso de empate

    aos mesmos puntos terá prioridade o de menor cilindrada.

    COMISIÓN DAS FÓRMULAS DE PROMOCIÓN

    DA FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO

    CAMPIONATO DE GALICIA DE RALLYES