6 pasos para pasar da información ao coñecemento
Click here to load reader
-
Upload
telecocurso1 -
Category
Education
-
view
109 -
download
2
description
Transcript of 6 pasos para pasar da información ao coñecemento
6 pasos para pasar da información ao
coñecemento
Vídeo
A memoria humana – Redes.
http://www.youtube.com/watch?v=cMYaTQnkhb0
Imos ver unha serie de consellos para
aprender coa información que temos á nosa
disposición, para mellorar os nosos
resultados en traballos e exames.
Ten claro o que che piden
• A que preguntas tes que responder?
• Busca as palabras clave nos apuntamentos ou especificacións que teñas.
• Entérate de todo o relativo á tarefa – data límite, mínimo ou máximo de
palabras e/ou páxinas, temas que entran nun exame...
• Que información sabes xa do/s tema/s en cuestión?
• Que necesitas para atopar máis?
Atopa información
• Cales serán as mellores fontes que poderás empregar para atopar a
información necesaria?
• Que palabras clave e termos empregarás na busca?
• A quen lle podes pedir axuda?
Selección / Análise
• Que información precisas para responder aos problemas plantexados?
• Elabora apuntamentos e organízaos segundo a aquilo ao que dean
resposta.
• Valora como de relevante é a información.
• Ollo cos prexuízos, estereotipos, inexactitudes, ten sentido crítico sobre o
que atopas.
• Nos traballos, anota tódalas fontes das que obtiveches información para
citalas na bibliografía/sección de referencias.
Organización / Síntese
• En que parte do que che preguntan encaixa a información que tes?
• Tes suficiente información?
• Que necesitas para eliminar o irrelevante?
• Que clasificación vas a empregar para agrupar a información de diferentes
fontes?
• Prepara a túa bibliografía.
Presentación
• Cal é a mellor forma de presentar o traballo?
• Responde de xeito coherente ao que che pidan: argumentación, resposta
curta, procedemento matemático, demostración, etc...
• Ten o que escribiches cohesión e unha estrutura lóxica?
• Liches con coidado o teu exame/traballo para corrixir erros e tentar que a
presentación sexa boa?
Avaliación
• Que aprendiches facendo iso?
• Fixéchelo tan ben como esperabas?
• Como podes mellorar para a próxima vez?
Referencias
• http://library.nudgee.com/library/guides/6-
steps-turn-information-knowledge