5 º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-febreiro 2012

4
Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 5 - febreiro 2012 WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # [email protected] BanCa ÉtiCa. Hai uns días, o pasado martes 17 de xaneiro de 2012, tivo lugar no local coruñés da a.C. alexandre Bóveda, a presentación do proxecto de BanCO ÉtiCO FiaRE. Sendo o contexto financeiro certamente desalen- tador, e tendo unha convocatoria de boca-orella e sobre todo a través de redes sociais, xa que ningún xornalista ousou aparecer pola porta, destacouse o cheo total, con máis de 70 persoas sentadas e case 15 de pé, o cal dá unha idea do cansazo xe- neralizado por parte de moitas persoas sobre as formas habituais de actuación por parte da banca convencional. E que é isto de Fiare? Pois é unha iniciativa, xur- dida xa no ano 2003, de creación dun banco ético, que dea crédito de forma restritiva, pero ca- nalizando os cartos cara proxectos transformado- res. Deste xeito, xa durante o ano pasado concedeu préstamos por importe de máis dun mi- llón de euros mensualmente a iniciativas de loita contra a exclusión social, de cooperación ao des- envolvemento e comercio xusto, de agroecoloxía e de promoción de valores solidarios. Este impacto en facer unha economía solidaria é moi destacable, e máis aínda ao partir dunha acti- vidade bancaria. Un dos piares precisamente vén da rexeneración social da que Fiare non quere ser un mero espectador, senón colaborador necesario e directo de que son válidos outros xeitos de facer economía, onde a persoa sexa o centro, e non so- mentes o capital. Outro valor relevante no quefacer deste proxecto de banca ética vén dado da proximidade e cercanía das bases que forman parte de Fiare, respecto ao tecido social en cada territorio. É dicir, que o feito de coñecer de preto a colectivos, asociacións e en- tidades, e sobre todo a súa forma de traballar con respecto aos traballadores, ao medio ambiente e, en xeral, aos fins de Fiare, fai que a taxa de moro- sidade dos préstamos sexa moi inferior ao 1%, moi afastada dos 7-8% que rolda a banca convencio- nal. Por isto, un requisito para poder prestar cartos é que as entidades e persoas destinatarias estean vencelladas a algunha rede solidaria, no campo de actuación correspondente á súa actividade econó- mica, ou que formen parte de Fiare. E iso precisa- mente chama a atención por canto vén a fomentar que fronte á exclusión social e económica de moi- tas persoas, se queira animar a crear redes solida- rias, economía de proximidade e favorecer relacións interpersonais humanizadoras. Para facer isto de forma legal, Fiare ten asinado un acordo coa Banca Popolare Ética, un banco italiano de referencia para o terceiro sector, do que é axente financeiro en España, co cal está lexitimado para ofertar produtos propios de Fiare en todo o territorio. Non só é posible pedir cartos, senón que ofér- tanse depósitos, con máis ou menos in- tereses dependendo dos periodos de tempo que se desexe deixar os cartos. Con datos na man de agosto de 2011, xa se levan recadados máis de 30 millóns de euros en aforro de particulares e entida- des, o que dá unha idea da dimensión e o espallamento que está a ter de facto. Pero ollo!, é posible incluso que as per- soas que deixan os seus cartos en Fiare, opten por non cobrar os intereses dos seus depósitos, elixindo en concreto ás entidades que teñen algún convenio de colaboración con Fiare, na libreta deno- minada Redes. Isto xa traspasa o ámbito capitalista para entrar de cheo nunha esfera parabancaria: no caso concreto de que unha entidade que non teña un proxecto económico excesivamente via- ble financeiramente, ou ben con escasos activos para facer fronte ao préstamo, lle pida cartos a Fiare, esta ten que ava- liar tamén a viabilidad económica, diso non cabe dúbida. Pero no suposto de que non sexa posible que esa entidade solicitante entre nas condicións de Fiare, si pode entrar ese préstamo... axudado polos intereses que os depositantes na libreta Redes prefiren non dispor e ceder a outras entidades sociais. Por outra banda, unha das característi- cas principais que caracteriza a Fiare é que a toma de decisións é partici- pativa, que a transparencia é consus- tancial a todas as deliberacións e acordos que se adoptan (e hai un Co- mité de Ética que vela polo seu cumprimento), o filtro ético das enti- dades financiadas, a actuación ao ser- vizo da xustiza, a participación de redes cidadás e a actividade rendible pero non lucrativa. E isto non son palabras boni- tas, senón que se plasma na práctica: todo proxecto que se presente para pedir préstamo, necesariamente ten que ser aprobado por unha Comisión ético- social da zona onde estea o solicitante dos cartos, que avalía que este cumpre coas condicións que impón Fiare.

description

4 º Boletín da Asemblea Popular de Monte Alto 15M-xaneiro 2012

Transcript of 5 º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-febreiro 2012

Page 1: 5 º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-febreiro 2012

Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 5 - febreiro 2012

WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO

WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # [email protected]

BanCa ÉtiCa. Hai uns días, o pasado martes 17 de xaneiro de 2012, tivo lugar no local coruñés da a.C. alexandre

Bóveda, a presentación do proxecto de BanCO ÉtiCO FiaRE.

Sendo o contexto financeiro certamente desalen-tador, e tendo unha convocatoria de boca-orella esobre todo a través de redes sociais, xa que ningúnxornalista ousou aparecer pola porta, destacouseo cheo total, con máis de 70 persoas sentadas ecase 15 de pé, o cal dá unha idea do cansazo xe-neralizado por parte de moitas persoas sobre asformas habituais de actuación por parte da bancaconvencional.

E que é isto de Fiare? Pois é unha iniciativa, xur-dida xa no ano 2003, de creación dun bancoético, que dea crédito de forma restritiva, pero ca-nalizando os cartos cara proxectos transformado-res. Deste xeito, xa durante o ano pasadoconcedeu préstamos por importe de máis dun mi-llón de euros mensualmente a iniciativas de loitacontra a exclusión social, de cooperación ao des-envolvemento e comercio xusto, de agroecoloxía ede promoción de valores solidarios.

Este impacto en facer unha economía solidaria émoi destacable, e máis aínda ao partir dunha acti-vidade bancaria. Un dos piares precisamente vénda rexeneración social da que Fiare non quere serun mero espectador, senón colaborador necesarioe directo de que son válidos outros xeitos de facereconomía, onde a persoa sexa o centro, e non so-mentes o capital.

Outro valor relevante no quefacer deste proxectode banca ética vén dado da proximidade e cercaníadas bases que forman parte de Fiare, respecto aotecido social en cada territorio. É dicir, que o feitode coñecer de preto a colectivos, asociacións e en-tidades, e sobre todo a súa forma de traballar conrespecto aos traballadores, ao medio ambiente e,en xeral, aos fins de Fiare, fai que a taxa de moro-sidade dos préstamos sexa moi inferior ao 1%, moiafastada dos 7-8% que rolda a banca convencio-nal. Por isto, un requisito para poder prestar cartosé que as entidades e persoas destinatarias esteanvencelladas a algunha rede solidaria, no campo deactuación correspondente á súa actividade econó-mica, ou que formen parte de Fiare. E iso precisa-mente chama a atención por canto vén a fomentarque fronte á exclusión social e económica de moi-tas persoas, se queira animar a crear redes solida-rias, economía de proximidade e favorecerrelacións interpersonais humanizadoras.

Para facer isto de forma legal, Fiare ten asinado unacordo coa Banca Popolare Ética, un banco italiano

de referencia para o terceiro sector, doque é axente financeiro en España, co calestá lexitimado para ofertar produtospropios de Fiare en todo o territorio. Nonsó é posible pedir cartos, senón que ofér-tanse depósitos, con máis ou menos in-tereses dependendo dos periodos detempo que se desexe deixar os cartos.Con datos na man de agosto de 2011, xase levan recadados máis de 30 millóns deeuros en aforro de particulares e entida-des, o que dá unha idea da dimensión eo espallamento que está a ter de facto.

Pero ollo!, é posible incluso que as per-soas que deixan os seus cartos en Fiare,opten por non cobrar os intereses dosseus depósitos, elixindo en concreto ásentidades que teñen algún convenio decolaboración con Fiare, na libreta deno-minada Redes. Isto xa traspasa o ámbitocapitalista para entrar de cheo nunhaesfera parabancaria: no caso concretode que unha entidade que non teña unproxecto económico excesivamente via-ble financeiramente, ou ben con escasosactivos para facer fronte ao préstamo,lle pida cartos a Fiare, esta ten que ava-

liar tamén a viabilidad económica, disonon cabe dúbida. Pero no suposto deque non sexa posible que esa entidadesolicitante entre nas condicións de Fiare,si pode entrar ese préstamo... axudadopolos intereses que os depositantes nalibreta Redes prefiren non dispor e cedera outras entidades sociais.

Por outra banda, unha das característi-cas principais que caracteriza a Fiare éque a toma de decisións é partici-pativa, que a transparencia é consus-tancial a todas as deliberacións eacordos que se adoptan (e hai un Co-mité de Ética que vela polo seucumprimento), o filtro ético das enti-dades financiadas, a actuación ao ser-vizo da xustiza, a participación de redescidadás e a actividade rendible pero nonlucrativa. E isto non son palabras boni-tas, senón que se plasma na práctica:todo proxecto que se presente parapedir préstamo, necesariamente ten queser aprobado por unha Comisión ético-social da zona onde estea o solicitantedos cartos, que avalía que este cumprecoas condicións que impón Fiare.

Page 2: 5 º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-febreiro 2012

W W W . 1 5 M - a C O R U n a . C O M / M O n t E a L t O # W W W . S O M O S M O n t E a L t O . C O M

[email protected] # FaCEBOOK: 15 aSaMBLEa POPULaR DE MOntEaLtO

SOS TOrre de HérculeS

Tras 16 anos de traballo e tres subroga-cións, os traballadores e traballadorasda torre de Hércules atópanse na in-certeza de saber se continuarán ounon nos seus postos de traballo.

Actualmente a Torre permanece pechada eseguirá así durante dous meses co fin derealizar nela unha restauración. A raíz dasobras, sae á luz un conflito laboral queafecta aos 13 traballadores da Torre. Sonempregados da empresa Sermasa e reali-zaban labores de mantemento e control domonumento.

Segundo o goberno municipal a empresanon ten concesión nin contrato co concelloque agora quere convocar un concursopara legalizar a situación. A empresa polasúa banda di que os traballadores perten-cen agora ao Consorcio, é dicir, ao Conce-llo, á Autoridade Portuaria e á Cámara deComercio.

Mentres se pasan a pelota uns a outros, ostraballadores non entenden como, tras tressubrogacións, ninguén lles pode garantirque haberá unha cuarta que lles permita

conservar o seu posto de traballo.

Os traballadores están abertos a falar conquen sexa para que lles dea informaciónsobre a súa situación actual. Hoxe en díanon tiveron unha resposta.

Por todos estes motivos dous sindicalistaspermaneceron cinco días encerrados no mi-radoiro da Torre. “Non entendemos o queestá a pasar, simplemente buscamos alguénque nolo explique e nos dea unha solución"afirman os traballadores e engaden: "Nonpode ser que o Concello se lave as mansante o símbolo da cidade que ademais éPatrimonio da Humanidade".

O pasado 15 de xaneiro máis de medio mi-llar de persoas mostraron o seu apoio aostrece traballadores nunha concentración naTorre de Hércules.

Tres días despois, dous empregados daTorre permaneceron dous días consecuti-vos na Feira Internacional de Turismo(Fitur) en Madrid para informar aos asisten-tes sobre o conflito laboral que os enfrontaco Concello.

Quizais o que chama a atención é que esteproxecto de banca ética xurdiu dendeabaixo, de grupos e colectivos pertencen-tes ao tecido social e asociativo a nivel es-tatal, e no que conflúen, con datos a 31 deagosto de 2011, 2.046 persoas e 282 enti-dades e colectivos. En Galiza hai na actua-lidade 25 persoas xurídicas, que abranguengrupos ecoloxistas (Adega, Verdegaia, So-ciedade Galega de Educación Ambiental),sindicais (Sindicato Labrego Galego), co-mercio xusto (Amarante, Solidariedade In-ternacional), consumo responsable (Panxea,Zocamiñoca, Árbore), cristiáns (ParroquiaCristo da Victoria de Vigo, Arela, Irimia), co-operación (Enxeñería sen fronteiras, Alter-mundo), etc.

Ben, pensará alguén xa: e podo deixar osmeus cartos alí? Si, pero non domiciliar nó-

minas, nin ter banca virtual, nin tarxetasvisa, nin... Lóxico, un gran non fai celeiropero axuda ao compañeiro... Fiare atópasena fase de captar capital social, é dicir, deque cantas máis entidades comprometidascoa transformación da sociedade queiranformar parte de Fiare, máis forte e resistenteante perdas ou problemas financeiros será.

E dende logo que máis de 126 proxectos,por un valor superior a 26 millóns de euros,tiveran o apoio económico de Fiare, garan-ten o fluxo cara a proxectos solidarios, emáis aínda nestes intres de pechar billas aniveis financeiros. Con dicir que neste ano2011 cada mes se ten derivado en présta-mos 1 millón de euros, podemos visualizaro impacto positivo e, sobre todo, de tamañoconsiderable, que se está a provocar no díaa día. g

Para máis información:

http://www.fiaregz.com/

http://www.fiare.org/

Correo electrónico de contacto:

[email protected]

Ademais, o sábado 21 de xaneiro, aprovei-taron o partido Deportivo-Villareal para des-pregar unha pancarta reivindicativa enRiazor. Tamén repartiron cinco mil panfletosinformativos.

Os traballadores non teñen intención deparar ata que as súas reivindicacións sexanescoitadas e continuarán na liña de paci-fismo e sentido común que caracterizaronas súas accións dende o mes de decembro.

Dende a Asemblea Popular de Monte Altodo 15M damos todo o noso apoio aoscompañeiros e compañeiras da Torre. g

Page 3: 5 º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-febreiro 2012

W W W . 1 5 M - a C O R U n a . C O M / M O n t E a L t O # W W W . S O M O S M O n t E a L t O . C O M

[email protected] # FaCEBOOK: 15 aSaMBLEa POPULaR DE MOntEaLtO

nOn á PrivaTización da educación

educación Pública Precaria

Un cancro que se espalla

noutras Comunidades autónomas a si-tuación é parecida; en particular as queestán gobernadas polo PP como é o caso daComunidade Valenciana.

O pasado 21 de xaneiro saíron 180.000 per-soas á rúa, colectivos de profesores, pais,nais, alumnado e moitos máis, cun lema:"Menos corrupción e máis educación".A cidadanía está indignada por tanta co-rrupción, moi importante nesa comunidade,unha das máis corruptas do Estado españole con moitas débedas debido aos seus go-bernantes.

Aos docentes reduciúselles o soldo ao quese suma o 5% que o Goberno Central llesquitou hai un ano ao funcionariado, suprí-meselles tamén o sexenio (un plus aos 6

anos), suba do IRPF que pasa do 16% ao22%, aos interinos que superen os 15 díasde baixa perciben o 75% do soldo.

As bolsas concedidas pola Consellaría deEducación para os comedores escolares nonse pagaron polo que en moitos centrostiveron que suprimir os comedores.Non hai calefacción e si carencia de moitascousas onde van as axudas? Como siga-mos así, desaparecerá a educación públicaen todo o Estado. Por iso, dende o 15 Mdefendemos e loitamos por unha es-cola pública e de calidade para todose todas e apoiamos as mobilizacións cida-dás na súa defensa. g

As Galescolas comezaron a súa andaina coainauguración da primeira delas no concellode Portas, Pontevedra, o 17 de marzo de2007.

intentábase cambiar o modelo tradi-cional da gardería polo dunha escola in-fantil (0 a 3 anos) que fose o comezo dasocialización e da primeira fase daeducación integral que se pretende nassociedades máis avanzadas. A educación ar-ticulábase ao 50% entre galego e castelántal e como determinaba a Lei de Normaliza-ción Lingüística vixente no momento e apro-bada no Parlamento de Galicia.

O PP, durante a campaña electoral, fixocampaña en contra destas escolas infantísdando a imaxe, falsa, de que neses centrosa educación era monolingüe e que era unniño nacionalista onde se educaba sen liber-dade.

Coa chegada do PP ao goberno de Galiciaproduciuse, polo tanto, un cambio de mo-delo educativo e comezaron os ataques aomodelo do bipartito que tiña como preten-sión estender estas escolas infantís a todosos lugares do territorio galego, parando e li-mitando a súa expansión.

A apertura de novos centros non foi o únicoque sucedeu, reduciuse, tamén, o tempo deapertura, pechándose durante o período deverán.

Agora, e froito da filosofía que a Xunta em-prega en todos os servizos públicos, come-zan as licitacións para a construción e

xestión de xeito privado das novas escolasinfantís facendo que un servizo básicoda cidadanía, un dereito, pase a mansprivadas.

A primeira na que se procede por este sis-tema é a de Monte Porreiro, Pontevedra,cuxa licitación aparece no DOG do 17 dexaneiro.

Polo que sabemos, a esta uniranse proxima-mente as de Carballo e Betanzos iníciaseunha fase na que se pretende, en defini-tiva, que a educación na etapa de 0 a3 anos retorne ás mans privadas.

Paralelamente increméntanse as taxas nun20%, co que o servizo afástase claramentedo principio de gratuidade.

no 15M somos conscientes que os ser-vizos públicos universais e de calidadeson o único elemento que asegura oestado de benestar.

Mediante os servizos públicos redistribúesea riqueza facendo, neste caso a Xunta deGalicia, de elemento corrector das desigual-dades sociais posibilitando que os servizoscheguen e poidan ser gozados por toda acidadanía. Posibilítase, polo tanto, que osmáis desfavorecidos teñan a atención á quenon chegarían se os servizos se rexen ex-clusivamente polas regras do mercado (aganancia e, polo tanto, o pago directo dosservizos).

no 15 M opoñémonos frontalmente acalquera xeito de privatización que sequeira impoñer na Administración Pública,polo tanto, tamén nos opoñemos á privati-zación das escolas infantís. g

Page 4: 5 º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-febreiro 2012

WWW.SOMOSMONTEALTO.COM # FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTOWWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # [email protected]

nOn ME tiRES cando me leas. Seguro que coñeces a alguén máis a quen lle intereso. PÁSaME.

#15M #15MaSEMBLEa POPULaR MOntE aLtO# # # #

radiO SOcial aTlánTicO Si TivO un eSPazO Para O 15M

Por invitación da Floraría Fran, o venres 13dous colaboradores foron presentar as ini-ciativas da Asemblea de Monte Alto 15M aoprograma Buena Onda, de Radio SocialAtlántico.

Todo comezou cando a finais do pasado anorealizamos unha enquisa para coñecerdunha forma directa e de primeira man osproblemas reais, do día a día, dos pequenoscomerciantes e Pemes do noso barrio, bus-cando dar voz ao individuo, para entretodos e todas chegar a posibles solucións.

As conclusións da enquisa pódense ler noboletín informativo de decembro, dispoñiblena nosa web.

Pero estamos moi contentos porque a ini-ciativa nos permitiu establecer boas rela-cións co pequeno comercio, e tamén por terparticipado no programa Buena Onda, ondeinformamos non só desa enquisa, senón decomo comezamos, os nosos grupos de tra-ballo, as nosas principais actuacións e rei-vindicacións (como a utilización do CentroCívico), e avisos de vindeiras actividades(como a manifestación en defensa da Sani-dade Pública do 15 de xaneiro).

Reiteramos o noso agradecemento pola in-vitación e o trato recibido durante a entre-vista, así como o noso apoio ao pequenocomercio. g

O 15M e OS MediOS de cOMunicación

"Só tres persoas acoden a defender asanidade pública". Así titulaba o xornal LaVoz de Galicia do 16 de xaneiro a noticiaacerca da repercusión na cidade da convo-catoria que o 15M e colectivos afíns lanza-ron en toda España para o domingo 15."Máis de 200 persoas marcharon enapoio da sanidade pública". Así titulabao xornal La Voz de Galicia do 17 de xaneiroa noticia acerca da repercusión na cidade daconvocatoria que o 15M e colectivos afínslanzaron en toda España para o domingo15. Non é preciso dicir máis para facernosunha idea da credibilidade dun dos princi-pais medios de comunicación da Coruña ede Galicia.

Obviando o ton xeral da nota do 16 de xa-neiro, que parece seguir ao pé da letra osmanuais de estilo de Intereconomía, prefe-rimos chamar a atención en dúas cuestiónsque nos parecen especialmente graves.Ante todo, evidentemente a falta de profe-sionalidade. Sen ningunha informaciónsobre a convocatoria e os horarios, sen nin-gún intento de recadala e contrastala comodebe facer un xornalista, e por suposto senningunha vontade de informar veraz e im-parcialmente, o asinante sentencia "Por fasou por nefas, o certo é que todo o esforzoda semana chamando á mobilización, axente inmobilizouse na cama ou no bar”.

O que nos leva á segunda cuestión. O rela-tivo fracaso da convocatoria na nosa cidadedébese só a que esta vez, as redes sociais(factor clave noutras ocasións) xogaronunha mala pasada ao 15M e a convocatoria

chegou precipitadamente, confusa e sentempo a difundila en condicións. Pero LaVoz de Galicia permítese nin máis nin menosque insultar a toda a cidadanía da Coruñaafirmando que nos interesa máis o bar, acama ou o fútbol que a defensa na rúadunha sanidade pública, de calidade e uni-versal, utilizando como escusa o erro orga-nizativo dos convocantes. Tachar de vagose borrachos aos habitantes de toda unha ci-dade en catro liñas é un exercicio de fa-chenda, condescendencia, sectarismo,curtidade de miras e sobre todo de manipu-lación da realidade, lanzando a falsa men-saxe de que este tipo de convocatorias noninteresan ao conxunto da cidadanía.

A publicación da nota do 17 de xaneiro domesmo autor “acláranos” todo. O eventoagora pasa de 3 a 200 participantes, pásasede afirmar que non apareceron colectivos

médicos a mencionar a presenza deses co-lectivos, dun despectivo "máis pancartasque persoas" a un "Pola mañá, tres dos con-vocantes reuníronse no Obelisco para orga-nizar a marcha e deseñar as pancartas", etodo isto sen rectificar a nota anterioren ningún momento. Se engadimos aburda escusa de que os convocantes utili-zaron as redes sociais en secreto sen infor-mar á prensa indúcenos a sospeitar queseguramente o responsable da noticia sique estivo no bar ou na cama todo o do-mingo 15. E sen dúbida algunha, os man-daríns dos responsables deste panfletofundado en 1882 non están en absoluto in-teresados en que o xornal se faga eco daloita pola defensa do público que a cidada-nía de toda España comezamos a articular.

No noso blog poderás ler os dous artigos. g

Mercado de HérculesAndar: 01 Posto: 07Tel.: 981229137