11º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012

4
Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 11 - agosto 2012 WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # [email protected] A CORuñA E A SúA COMARCA TEñEn un fIRMAMEnTO dE pEquEnAS E MEdIAnAS EMpRESAS quE, COMO SI fOSEn ESTRElAS, vAnSE ApAgAndO. O feito de ser pequenas resta ás súas loitas a presenza mediática; o feito de non ter presenza nos medios quítalle a relevancia e transcendencia que teñen as súas xustas reivin- dicacións. O certo é que a crise deixa un regueiro de ERE, paro e precariedade que fai que, segundo as estatísticas da Xunta, na Coruña e comarca 36.727 traballadores e traballadoras estaban des- empregados/as no mes de xuño. A empresa máis grande en situación problemática e pendente dunha posible deslocalización é Alcoa, pero, xunto a esta hai unha serie de pequenas em- presas cuxas loitas aparecen moi pouco, ou nin se nomean, nos medios de comunicación. Imos falar de algunha delas. Industrias Caamaño Os traballadores de Industrias Caamaño continúan coas mobilizacións que comezaron fai xa tempo pola reclamación de salarios á que se xunta agora a reivindicación da readmisión de cinco com- pañeiros (dos que tres son delegados sindicais) que o empresario despediu a raíz das loitas dos tra- balladores. Os traballadores sospeitan que estes despedimen- tos non serán os últimos e cren que o empresario puxo xa en marcha o mecanismo para contratar novo persoal coa finalidade de sacar adiante o tra- ballo. O problema non é a falta de traballo, o que realmente está a pasar é que o dono da empresa négase a cumprir as obrigas económicas máis ele- mentais contraídas cos seus traballadores. Man- tén tamén un comportamento discriminatorio entre os traballadores pois mentres que a uns poucos si lles paga, os que secundan as mobilizacións non recibiron un can, intentando, mediante actos coma este, aleccionar aos traballadores intentando facerlles ver que teñen que cambiar a mobilización por sub- misión . O empresario, que mantén á práctica totalidade da plantilla nunha situación económica insostible, ten unha actitude prepotente e antidialogante negán- dose a manter ningunha negociación coa lexítima representación dos traballadores. Agora mesmo ten unha débeda que supera os 6.000 euros con cada un dos traballadores e que corresponden ás nóminas de abril, maio e xuño, as pagas extraordinarias de nadal e verán e aos atrasos salariais dos anos 2010, 2011 e 2012. Os traballadores están decididos a che- gar até onde faga falta para conseguir a readmisión dos compañeiros despedi- dos e que se lles abonen os salarios im- pagados. EMESA Trefilería. A empresa EMESA Trefilería está insta- lada no Polígono Industrial de Sabon,, pertence á sociedade de capital portu- gués Previdente, da traballo a 71 traba- lladores de xeito directo e a 100 máis de xeito indirecto sendo a súa produción de arredor de 2.500Tn/mensuais Os traballadores de EMESA Trefile- ría comezaron as mobilizacións o 18 de xuño cando se anunciou o peche da factoría de Arteixo. Péchase esta empresa (a única trefilería de Galicia), unha empresa moderna cunha alta capacidade de produción, non pola falta de traballo senón porque a matriz quere realizar a produción en Portugal. Por este mesmo motivo á em- presa non lle interesa a venda da nave coa maquinaria porque a súa alta capa- cidade de produción representaría unha competencia que non queren coa insta- lada en Portugal. O problema aparece xa en febreiro mes no que o Comité de Empresa mantén unha reunión co propietario na que este lles transmite a difícil situación na que se atopa a empresa situación á que se- gundo se lles di se está a buscar solución. Nos meses de abril e maio o Comité mantivo reunións co xerente quen, a pesar das reclamacións para que pro- porcionase información sobre a situa- ción económica e produtiva manifestou que non podía achegar dita información. O Comité denunciou, no seu momento, que a falta de materia prima provocaba un incremento das perdas que calcula- ban que supoñían 7.000 toneladas desde xaneiro a xuño, dándose a cir- cunstancia adicional de que traballos confirmados non puideran realizarse. A falta de información levou a que o Co- mité de Empresa realizase unha denun- cia en Inspección de Traballo para ter coñecemento do balance e conta de re- sultados do ano 2011, previsión de fu- turo en canto ao persoal, etc. A primeiros de maio fíxose unha denun- cia pola situación da empresa na Con- sellería de Industria, solicitando unha reunión que, a día de hoxe aínda non foi confirmada nin resolveu a denuncia pre- sentada. A xuntanza solicitouse pola certeza de que Antonio Simoes, que

description

11º Boletín da Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012

Transcript of 11º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012

Page 1: 11º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012

Boletín informativo. #15M Asemblea Popular de Monte Alto. Nº 11 - agosto 2012

WWW.15M-ACORUNA.COM/MONTEALTO # [email protected]

A CORuñA E A SúA COMARCA TEñEn un fIRMAMEnTO dE pEquEnAS E MEdIAnAS EMpRESASquE, COMO SI fOSEn ESTRElAS, vAnSE ApAgAndO. O feito de ser pequenas resta ás súas loitas a presenzamediática; o feito de non ter presenza nos medios quítalle a relevancia e transcendencia que teñen as súas xustas reivin-dicacións.

O certo é que a crise deixa un regueiro deERE, paro e precariedade que fai que, segundoas estatísticas da Xunta, na Coruña e comarca36.727 traballadores e traballadoras estaban des-empregados/as no mes de xuño.

A empresa máis grande en situación problemáticae pendente dunha posible deslocalización é Alcoa,pero, xunto a esta hai unha serie de pequenas em-presas cuxas loitas aparecen moi pouco, ou nin senomean, nos medios de comunicación. Imos falarde algunha delas.

Industrias Caamaño

Os traballadores de Industrias Caamaño continúancoas mobilizacións que comezaron fai xa tempopola reclamación de salarios á que se xuntaagora a reivindicación da readmisión de cinco com-pañeiros (dos que tres son delegados sindicais)que o empresario despediu a raíz das loitas dos tra-balladores.

Os traballadores sospeitan que estes despedimen-tos non serán os últimos e cren que o empresariopuxo xa en marcha o mecanismo para contratarnovo persoal coa finalidade de sacar adiante o tra-ballo.

O problema non é a falta de traballo, o querealmente está a pasar é que o dono da empresanégase a cumprir as obrigas económicas máis ele-mentais contraídas cos seus traballadores. Man-tén tamén un comportamentodiscriminatorio entre os traballadores poismentres que a uns poucos si lles paga, osque secundan as mobilizacións non recibironun can, intentando, mediante actos coma este,aleccionar aos traballadores intentando facerllesver que teñen que cambiar a mobilización por sub-misión .

O empresario, que mantén á práctica totalidade daplantilla nunha situación económica insostible, tenunha actitude prepotente e antidialogante negán-dose a manter ningunha negociación coa lexítimarepresentación dos traballadores.

Agora mesmo ten unha débeda que supera os6.000 euros con cada un dos traballadores eque corresponden ás nóminas de abril, maio exuño, as pagas extraordinarias de nadal e verán eaos atrasos salariais dos anos 2010, 2011 e 2012.

Os traballadores están decididos a che-gar até onde faga falta para conseguira readmisión dos compañeiros despedi-dos e que se lles abonen os salarios im-pagados.

EMESA Trefilería.

A empresa EMESA Trefilería está insta-lada no Polígono Industrial de Sabon,,pertence á sociedade de capital portu-gués Previdente, da traballo a 71 traba-lladores de xeito directo e a 100 máis dexeito indirecto sendo a súa produción dearredor de 2.500Tn/mensuais

Os traballadores de EMESA Trefile-ría comezaron as mobilizacións o18 de xuño cando se anunciou opeche da factoría de Arteixo.

Péchase esta empresa (a única trefileríade Galicia), unha empresa modernacunha alta capacidade de produción,non pola falta de traballo senón porquea matriz quere realizar a produción enPortugal. Por este mesmo motivo á em-presa non lle interesa a venda da navecoa maquinaria porque a súa alta capa-cidade de produción representaría unhacompetencia que non queren coa insta-lada en Portugal.

O problema aparece xa en febreiro mesno que o Comité de Empresa mantén

unha reunión co propietario na que estelles transmite a difícil situación na quese atopa a empresa situación á que se-gundo se lles di se está a buscarsolución.

Nos meses de abril e maio o Comitémantivo reunións co xerente quen, apesar das reclamacións para que pro-porcionase información sobre a situa-ción económica e produtiva manifestouque non podía achegar dita información.

O Comité denunciou, no seu momento,que a falta de materia prima provocabaun incremento das perdas que calcula-ban que supoñían 7.000 toneladasdesde xaneiro a xuño, dándose a cir-cunstancia adicional de que traballosconfirmados non puideran realizarse.

A falta de información levou a que o Co-mité de Empresa realizase unha denun-cia en Inspección de Traballo para tercoñecemento do balance e conta de re-sultados do ano 2011, previsión de fu-turo en canto ao persoal, etc.

A primeiros de maio fíxose unha denun-cia pola situación da empresa na Con-sellería de Industria, solicitando unhareunión que, a día de hoxe aínda non foiconfirmada nin resolveu a denuncia pre-sentada. A xuntanza solicitouse polacerteza de que Antonio Simoes, que

Page 2: 11º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012

WWW.15M-ACORunA.COM/MOnTEAlTO # # # [email protected]

fACEBOOK: 15M ASAMBlEA pOpulAR dE MOnTEAlTO # TWITTER: 15Mmontealto

controla Previdente, quere potenciar a súaempresa Socitrel de Portugal para pecharEMESA trasladando o seu mercado ao paísluso.

EMESA Trefilería xenerou en cinco anos 25millóns de beneficios. Durante o tempo deconflito sóubose que a empresa rexeitoutraballos para que entrase en déficit e poderpechala aducindo problemas económicos. Afinalidade é o seu peche (deixando un re-gueiro de 71 familias sen traballo) para tras-ladar a produción a Oporto, Portugal.

Estes traballadores non son os únicos en si-tuación semellante. Existe unha morea máisde pequenas e medianas empresas cuxostraballadores viven situacións idénticas ouparecidas ás sinaladas:

MAfECCO S.A.

Esta empresa, que co esforzo de todas astraballadoras, foi medrando ata convertersenunha desas marcas integradas noque se denomina “Moda galega”acaba de presentar un “expediente deregulación con extinción de 41 contra-tos”, máis da metade da plantilla. Paraentendernos, vótannos a 41 das que vimosdesde fai moitos anos traballando na em-presa, moitas de nós empregámonos aomesmo rematar na escola (14-15 anos) eagora estamos, a meirande parte, en idadesque superan os 50 anos, e todas, indepen-dentemente da nosa idade, sen perspecti-vas laborais.

A causa dos despidos non ven derivadaexactamente da perda de valor da empresanin das prendas que confecciona, senón queo que se pretende é gañar máis, é dicir,amosa a avaricia dun empresario ao quenon lle importan as consecuencias persoaisderivadas desta medida. Seremos os “danoscolaterais” do seu proceso de enriquece-mento.

Búscase a ganancia a calquera custoaínda que isto implique deixar no paro41 familias.

Movémonos nun sector, o téxtil, no queverdadeiros piratas internacionaisestán a facer o seu “agosto”, non llesimporta a explotación bestial á queestán a someter a traballadoras en pa-íses tan lonxe do noso coma China,India, etc. con tal de ingresar os dividen-dos pertinentes. Neste sentido non trasla-dan ao consumo estes aforros ouabaratamentos, as prendas téxtiles cada díason máis caras mentres que a súa manufac-tura cada día é máis barata.

As traballadoras de MAFECCO S.A. estamosen contra da deslocalización e subcontrata-ción do traballo en peores condicións as xaprecarias e miserables que temos nós e re-xeitamos enerxicamente que se leven a pro-

dución fora, sen tan sequera manter aquí osposto de traballo.

Rexeitamos este inxusto despedimento detraballadoras, nunha comarca xa líder nadestrución de emprego, especialmente fe-minino, consecuencia das reformas laboraise das políticas feitas ao servizo do capital.

A pretensión da empresa non é só despe-dirnos, senón facelo de xeito que este des-pedimento lle saia barato é por riba a cargoda Administración.

Fai xa 6 anos intentouno, quixo despedir ámetade da plantilla e grazas a loita das tra-balladoras conseguimos parar o ERE, tantona consellería de traballo que era a que tiñaque autorizalo, como despois no conten-cioso administrativo, mais nesta ocasión careforma laboral aprobada polo goberno tenomais fácil pois nin sequera o ten que apro-bar a consellería ,se non que é a propia Em-presa quen decide.

Por todo ilo,as traballadoras de Mafecco es-tamos a mobilizarnos na defensa dos postosde traballo e contra esta reforma laboralque nos escraviza e nos fai pagar ás traba-lladoras a crise que non provocamos.

Traballadores da Torre de Hércules:

A día de hoxe, hai 3 traballadores con sen-tencias firmes, improcedentes as tres, poloque condenan á empresa SERMASA a read-mitilos noutras concesións da empresa. Enprincipio, nun primeiro momento en DE-PORTES e despois supostamente na ORA...,aínda que os tres están a negociar coa em-presa neste momento. Destes tres, dousson membros do comité que optaron polaRECOLOCACION.

O que buscamos basicamente é optar aunha recolocación segura. Sermasa tenaínda 3 anos de concesión da ORA, por isosería a nosa primeira opción, a mais segura.

Optariamos por este xeito de recolocación,porque TEMOS QUE ESPERAR A QUE PRI-VATICEN A TORRE DE NOVO, PARA VOLTARA DENUNCIAR POLO NOSO DEREITO DESUBROGACIÓN. Mentres pasa iso (pode serdentro de 6 meses, un ano ou mais, non sa-bemos), mellor estar currando, porque defeito á persoa que escribe este artigo remá-taselle o paro o 10 de Agosto. O limite sondous anos, como sabedes, o concurso deprazas temporais ten unha duración máximade dous anos, por iso, estaría ben poderestar traballando ata que denunciemos nunfuturo outra vez ao Consorcio.

Iso por parte dos tres que xa teñen senten-cia.

Os outros dous estamos aínda a espera deque saian as sentenzas..., pero agárdaseque saian proximamente e que comecemosa negociar as dúas persoas que faltamos,aínda que o delegado despedido negociaxa, xunto co seu caso particular, a recoloca-ción dos que faltan.

Isidro de la Cal:

Empresa dedicada á produción e distribu-ción de produtos do mar aplicou unilateral-mente un ERE de suspensión, cunhaduración de 18 meses e que afecta a 20 tra-balladores/as.

O ERE, xa aplicado pola dirección, supón asuspensión do contrato durante 18meses para 20 empregados/as da áreade administración, algúns/has dos/ascales levan máis de 35 anos traba-llando na empresa. A excesiva duraciónda medida, puntualizan os representantessindicais, provocará que as persoas afecta-das teñan gastado a maior parte da presta-ción por desemprego á que teñen dereitoao remate do ERE.

Para evitar esta situación, a representación

Page 3: 11º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012

WWW.15M-ACORunA.COM/MOnTEAlTO # # # [email protected]

fACEBOOK: 15M ASAMBlEA pOpulAR dE MOnTEAlTO # TWITTER: 15Mmontealto

afectadas por esta práctica (e probable-mente centos de miles as persoas afectadasa nivel estatal), vexamos como xestionouesta crise Novagalicia Banco (formado polafusión das que eran as principais caixas ga-legas), para saber como NON se deben xes-tionar as crises empresariais:

- Mauro varela, presidente de novacai-xagalicia ata xuño, tivo que presentara súa dimisión por dicir que a xenteque adquiriu eses títulos sabía o queadquiría. Como explica el que as testemu-ñas de ducias de miles de afectados quenon se coñecían entre si coincidisen?

- Cinco antigos directivos de Caixa ga-licia e Caixanova foron denunciadospola fiscalía Anticorrupción. Acúsasellesde mellorar presuntamente os seus contra-tos sen comunicalo explicitamente ao Con-sello de Administración. E estes anxeliñosson os que temos que crernos que vendíanas preferentes con total transparencia...

- Xulio fernández gayoso, copresi-dente de novacaixagalicia tardoucatro días en dimitir, a pesar de ser undos imputados, tería algo que ver coa súadimisión o feito de que algúns dos vogaisadiantasen a súa intención de pedir a súadimisión?

- A mediados de xullo, o presidente execu-tivo e o conselleiro delegado pediron perdónaos seus clientes por comercializar preferen-tes e polo que se fixo mal na etapa anterior.Non deberían dicir cando pensan devolver odiñeiro?

Como podemos ver, a situación de "curra-liño" na que realmente nos atopamos deri-vou nunha especie de "culebrónNovagalicia" nel queda claro desde o pri-meiro momento quen son os bos e quen osmalos. Pero non nos entretén,

que devolvan os cartos xa! g

As participacións preferentes son híbridosentre accións e renda fixa. As súas caracte-rísticas, teoricamente, son:

- non están cubertas polo fondo degarantía de depósitos (FGD), polo queen caso de quebra do banco pérdese o in-vestimento.

- non pagan xuros nun ano, se ese anoa empresa non tivo beneficios nin pagou di-videndos.

- En teoría só se poden vender ao prezo quediga a súa cotización (hoxe en día nin se-quera, están bloqueadas pola Comisión Na-cional do Mercado de Valores).

Seguramente, para quen teña participaciónspreferentes e non poda agora recuperar oseu diñeiro, todo iso resulta tan interesantecomo descoñecido, porque durante o longoperíodo no que se xestou a estafa das par-ticipacións preferentes (e débeda subordi-nada) foron comercializadas en todomomento como "depósitos", "algo a prazofixo", "algo que se podía recuperar facil-mente"...

Tendo en conta que é un instrumento finan-ceiro típico das caixas e non dos bancos, axente asinaba (nalgúns casos mediantepegada dactilar por tratarse de persoasanalfabetas) baseándose na confianzaexistente, polo xeral, entre o cliente e osdirectores das oficinas. Iso axudou a expan-dir o timo con facilidade.

Nas titulacións relacionadas co mundo dasempresas é típico ensinar aos alumnoscomo xestionar unha crise por parte dunhaentidade. Deixando á marxe a vergoñentafalla de actuación dos políticos neste caso(non facer nada no mellor dos casos, apoiarque só se devolva parte do diñeiro no peordeles), e aínda que son ducias as entidades

Que devolvan os cartos!

do persoal propuxo á empresa unha rebaixado tempo de duración até os doce meses eque tivese un carácter rotativo. Propostaque a dirección nin sequera se amosou dis-posta a valorar. Neste senso, as organiza-cións sindicais subliñan que polo menos 10traballadores/as poderían pasar á planta deprodución, pero estes postos están ocupa-dos por persoal que a empresa contrata através de ETTs.

Estes feitos fan sospeitar que as ver-dadeiras intencións da empresa pasanpor irse desfacendo a baixo custedos/as empregados/as máis antigos econ mellores condicións laborais, parasacar adiante a carga de traballo conpersoal contratado a través de ETT.

Por outra banda, quérese denunciar taména rebaixa salarial aplicada ao conxunto dopersoal que suporá unha perda duns 120euros anuais para os traballadores/ascun salario de até 15.000 euros, do4% para aquelas persoas que cobranaté 18.000 euros e do 5% para os

empregados/as con retribucións até23.000 euros.

Estas empresas son representativas doque está a pasar na Coruña e a súa comarcapero, desgraciadamente non son asúnicas: Autos lobelle con 18 traballado-res en ERE rotatorio de suspensión temporalde actividade aos que se lles deben mesesde salario. peche de Talleres Carral.despidos na Confraría de pescadores…

Tampouco se salva desta situación a admi-nistración pública na que se reduciron plan-tillas, se precarizaron as condicións detraballo e salarios.

Ao peche do boletín sabemos que Mafeccoxa “liquidou” ás 41 traballadoras que come-zan agora o proceso de denuncia pola víaxudicial que determinará, de xeito definitivo,si os despidos son procedentes ou improce-dentes. g

Page 4: 11º Boletín Asemblea Monte Alto 15M-agosto 2012

FACEBOOK: 15M ASAMBLEA POPULAR DE MONTEALTO # TWITTER: 15Mmonteal to

nOn ME TIRES cando me leas. Seguro que coñeces a alguén máis a quen lle intereso. pÁSAME.

WWW.15M-ACORunA.COM/MOnTEAlTO # # # [email protected]

próximas convocatorias

CONCENTRACIóNS AFECTAD@S POR TÍTULOSPREFERENTES NOVAGALICIABANCO

CONCENTRACIóN ANTITAURINA

Tódolos xoves ás 11:30 da mañá concéntranse diante da oficina deNovaGaliciaBanco do Obelisco os e as afectadas por títulos preferentes, así comotodas aquelas persoas que se solidarizan.

No mes de xullo tiveron lugar na nosa ci-dade varias reunións para estudar a posibi-lidade de constituír unha cooperativaintegral en territorio galego, ou ata inclu-índo zonas do norte de Portugal, de Asturiasou de Castela e León.

que é unha cooperativa integral?

En primeiro lugar, como o seu propio nomeindica, é unha cooperativa, é dicir, <<unhaasociación autónoma de persoas que se uni-ron voluntariamente para facer fronte ássúas necesidades e aspiracións económicas,

sociais e culturais comúns por medio dunhaempresa de propiedade conxunta e demo-craticamente controlada>>.

En segundo lugar, considéranse integraisaquelas cooperativas cuxa actividade édobre ou plural, cumprindo as finalidadespropias de diferentes clases de cooperativasnunha mesma sociedade.

Actualmente xa existen varias cooperativasintegrais en territorio español. Ao nacementoda cooperativa integral catalá en 2010, fó-ronselle sumando novos nacementos en

corunha.info

cooperativa integral galega

Tras un par de asembleas de coordina-ción entre un amplo número de colec-tivos sociais da nosa cidade, finalmentea principios de xullo aprobouse o relan-zamento da web http://corunha.infoco obxectivo de que actúe como lugaronde se centralicen as convocatorias dedistintos colectivos sociais da Coruña eárea metropolitana.

A devandita web foi creada a imaxe esemellanza de http://www.demos-phere.eu que contén a axenda alterna-tiva da rexión parisiense, que levadesde 2007 activa e mostra un amplonúmero de convocatorias ata conmeses vista de antelación.

A fortaleza deste tipo de sitiosweb radica na centralización dainformación nun único punto, asícomo na autoxestión, con participaciónactiva dos distintos colectivos sociais,cada un dos cales (incluíndo á nosaAsemblea) encárgase da correcta difu-sión das súas convocatorias.

Desde o seu nacemento, http://co-runha.info xa foi utilizada tanto para di-fundir varias convocatorias do 15M(tanto da nosa Asemblea como de ou-tras), como de plataformas afíns (A Co-runa en loita, Plataforma polo aforropúblico, Plataforma de afectados polaspreferentes...), e doutros colectivos

(CSOA Palavea, Centro Social Gomes Gaioso, etc.).Invitámosvos a que incluades nas vosas páxinas fa-voritas e a que as visitedes de cando en vez para ato-par aquelas convocatorias alternativas que poidan serdo voso interese, tanto corunha.info como 15MMonte Alto

http://corunha.info

http://www.15m-acoruna.com/montealto. g

distintos lugares, talles como Madrid, a Co-munidade Valenciana, o País Vasco, Aragón,Andalucía...

Desde a Asemblea do 15M de Monte Altovemos con bos ollos a posible constituciónda COIGA (Cooperativa Integral Galega),por ser unha fórmula factible e democrática(asemblearia e horizontal) para afrontar acrise de raíz, fomentando a participación ci-dadá e desposuíndonos dos malos hábitosda xestión empresarial actual. Estaremos,pois, atentos á posible aparición dun núcleolocal autoxestionado da mesma. g

mercado de troco: comieza o cursoA asemblea Popular de Monte Alto, cara ao comezo do novo curso e debido á si-tuación económica que atravesan cada vez máis familias e os recortes tan inxustosen educación, decidiu que o noso troco do mes de agosto vai ser exclusi-vamente de material escolar. Polo que vos pedimos aos veciños e veciñas deMonte Alto que colaboredes connosco levando o sábado 25 de agosto ás 12:00no Campo de Marte, todo tipo de material escolar en bo estado (lapis, cader-nos, folios, rotuladores, estoxos, cartafois, mochilas, etc.). Grazas a tod@s.

Se queres escribir unha carta, artigo, opinión... coa intención de que sexa publicada, ponte en contacto connosco [email protected]

Concentración antitaurina. Sábado 4 de agosto ás 19 horas na prazade María pita.

Organizada por Galicia Mellor sen Touradas e apoiada por múltiples colectivos easociacións, entre eles, o 15M de Monte Alto.