4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os...

13
4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS DE 4º B Envíovos un tema novo onde resumimos moitos contidos (guerra fría, descolonización, terceiro mundo, conflitos actuais). Lédeos con calma, intentade entendelos e facede as tarefas. As tarefas poden ser un pouco longas pero creo que son sinxelas. Xa sabedes, enviádeas a [email protected] e calquera dúbida dádeme un toque ao whatsapp Moito ánimo!!

Transcript of 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os...

Page 1: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9

OLA, QUERIDOS AMIGOS DE 4º B

Envíovos un tema novo onde resumimos moitos

contidos (guerra fría, descolonización, terceiro

mundo, conflitos actuais).

Lédeos con calma, intentade entendelos e facede

as tarefas. As tarefas poden ser un pouco longas

pero creo que son sinxelas.

Xa sabedes, enviádeas a [email protected]

e calquera dúbida dádeme un toque ao whatsapp

Moito ánimo!!

Page 2: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

TEMA 10: GUERRA FRÍA E DESCOLONIZACIÓN

1. CONCEPTO DE GUERRA FRÍA E FORMACIÓN DOS

BLOQUES

Chamámoslle guerra fría ao sistema de relacións internacionais que

abrangueu desde 1947 e 1990 . Este sistema caracterizouse polo

enfrontamento entre dúas grandes potencias , Estados Unidos e a Unión

Soviética e a división do mundo en dous bloques, cada un deles encabezado

por unha superpotencia con sistemas económicos, sociais e políticos opostos.

Estados Unidos e a Unión Soviética almacenaron gran cantidade de armamento

, incluído o nuclear, para ameazar ao contrario coa destrución total. Por iso os

enfrontamentos resolvéronse por medio de conflitos locais en diversos puntos

da Terra evitando unha guerra directa entre as potencias. Sobre 1947 a

desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que

ten como orixe no caso americano no medo a unha expansión do comunismo a

Europa occidental e no caso soviético a unha invasión por parte dos EEUU.

A. O bloque occidental ou capitalista está liderado por EEUU

e inclúe á maioría dos países situados arredor do Atlántico norte e Europa occidental.

Como elementos de cohesión dentro do bloque destacan:

a) Ideoloxía: A doutrina Truman baséase na “contención” do comunismo e

establece o dereito dos EEUU a axudar a todo país que loitase para impedir o avance

comunista. Como consecuencia desa política de contención EEUU instala bases

militares en moitos países do planeta.

b) Cooperación económica: xa que os países de Europa occidental quedaran

arrasados pola Segunda Guerra Mundial EEUU decidiu axudalos economicamente por

medio do Plan Marshall (así evitábase o contaxio comunista e, de paso, se

beneficiaban as empresas americanas).

Page 3: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

c) Cooperación militar: A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)

é unha alianza militar de varios países occidentais liderados por EEUU para protexerse

mutuamente en caso de ataque por parte dun terceiro país.

B. O bloque oriental ou comunista está liderado pola URSS e inclúe

á maioría dos países de Europa oriental. Como elementos de cohesión destacan:

a) A súa ideoloxía está baseada na doutrina Idánov que defende a unión

entre os países socialistas fronte ao imperialismo.

b) Cooperación económica que dará lugar a un espazo económico común

(CAME).

c) Cooperación militar por medio dunha alianza, o Pacto de Varsovia.

2..A GUERRA FRÍA

A Guerra Fría non foi una guerra convencional, senón un enfrontamento

político, económico, ideolóxico, tecnolóxico (ex. carreira espacial) e de potencial

militar pola hexemonía mundial.

En todo caso, nunca foi unha guerra directa (por medo á destrución militar).

Hai guerras pero estas estallan en áreas remotas do planeta onde os dous bloques

miden as súas forzas.

Hai que destacar que nesta competición EEUU parte con gran ventaxa fronte a

unha URSS arrasada pola II Guerra Mundial.

Períodos na guerra fría:

a) Inicio da Guerra Fría e de máxima tensión (1947-1953): É cando se

produce a división de Alemaña en República Federal e República Democrática, así

como Corea e Vietnam .

Os conflitos máis grandes son : O Bloqueo de Berlín polos soviéticos:En 1948

EEUU, Gran Bretaña e Francia uniron as súas administracións e crearo a República

Page 4: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

Federal de Alamaña (RFA). A Unión soviética non o aceptou e bloqeou Berlín

occidental . O bloqueo fracasou porque os aliados abasteceron por aire á cidade.

Como resposta, na súa zona a URSS creo a República Democrática Alemaña (RDA).

A guerra de Corea : Tras a derrota de Xapón, Corea fora dividida nunha

zona norte comunista e unha zona sur capitalista. En 1950 o goberno

comunista invadiu Core ado Sur . A ONU condenou a invasión e aprobou unha

intervención encabezada polos EEUU . China apoiou militarmente a Corea do

Norte . En 1953 asinouse a paz e mantívose a fronteira entre ambos no paralelo

38.

b) Distensión (1953-1977): É un período que se caracteriza pola rebaixa

da tensión entre os dous bloques. A iso contribúe o acceso ao poder de

dirixentes máis moderados (Kruschev na URSS e Kennedy nos EEUU). Con todo

neste período tamén hai conflitos: 1) Construción do muro de Berlín en 1961

para evitar a fuxida a occidente de alemáns do este. 2) Crise dos mísiles

cubanos, debido á instalación en Cuba de bases de mísiles nucleares soviéticos.

Os EEUU bloquearon coa súa flota militar a illa mentres a flota soviética se

dirixía a Cuba para rachar o bloqueo. Realmente foi o momento no que máis

cerca se estivo de chegar á guerra directa. 3) A guerra do Vietnam que

enfrontou a Vietnam do Sur apoiado por EEUU contra unha guerrilla comunista

(Vietcong). A pesar do envío masivo de tropas americanas os EEUU tiveron que

retirarse. Foi a primeira derrota da súa historia.

c) Reactivación e fin da Guerra Fría: En 1979 a URSS invadiu Afganistán

e despregou misiles fronte a Europa (euromisiles). O presidente dos EEUU,

Ronald Reagan, reaccionou desenvolvendo a iniciativa “Guerra das Galaxias”

que suporía levar a tensión militar ao espazo. A guerra fría reactivouse pero a

URSS non foi capaz de manter a tensión xa que en Afganistán os soviéticos non

eran capaces de someter á guerrilla islamista apoiada por EEUU e tiñan que

retirarse en 1989. Ademais en 1985 a URSS iniciou a “perestroika” promovida

por Gorbachov buscando a amizade con EEUU e a firma de tratados de

redución de armamentos. Iso transmitiu aparencia de debilidade que estimulou

as demandas de cambio dos países do bloque socialista e da propia URSS. O

Page 5: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

resultado é a caída do muro de Berlín en 1989, a unificación de Alemania en

1990 e a desaparición da propia URSS en 1991. Coa desaparición dun dos

bloques remataba a Guerra Fría.

3. O BLOQUE DO OESTE: POLÍTICA, SOCIEDADE E

ECONOMÍA

. Sistema político: A democracia liberal, baseada na defensa dos

dereitos individuais, o sufraxio universal, o multipartidismo, a separación de

poderes,… foi implantada despois da guerra nos países que sufriran os réximes

fascistas e tamén no Xapón. Con todo, tamén se apoiou a férreas ditaduras que

servisen para conter o comunismo (España, Grecia, Portugal) e non se tivo

ningún escrúpulo en promover a represión, golpes de estado,… en calquera

parte do mundo onde puidese trunfar o socialismo (Arxentina, Chile,…)

Neses sistemas políticos conviven distintas ideoloxías políticas: -

Extrema dereita: En xeral neofascistas, racistas e xenófobos

. -Democracia cristiá: Conservadora e moi influída pola Igrexa Católica.

Ex: Democracia Cristiá en Italia en PNV no País Vasco. -Liberalismo: Baseado na

defensa a ultranza do sistema capitalista e dos dereitos individuais. Ex: os dous

partidos que se alternan no poder nos EEUU (Republicano e Demócrata) aínda

que é máis radical no liberalismo o Republicano. -Socialdemocracia: Defende

reducir de forma progresiva as diferenzas de riquezas no seo das sociedades.

Tamén un Estado forte que proporcione a toda a poboación servizos sociais

básicos (sanidade, educación, salario mínimo,…) Ex: PSOE español, Partido

Laborista británico,… -Comunismo: Ao principio partidarios de implantar un

réxime socialista semellante aos do bloque do Leste. Logo evolucionaron a

defender ideas de esquerda máis extremas que as dos socialistas pero

respectando a democracia liberal. -Outros partidos: Sería o caso das forzas de

extrema esquerda antisistema ou os partidos verdes.

Page 6: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

A sociedade: Será unha sociedade plural onde conviven moitas

perspectivas diferentes. Na maior parte deste período a participación do

Estado na economía por medio dunha economía social de mercado

(capitalismo mixto) eleva moito o nivel de vida de poboación. Nesta época a

muller incorpórase ao mundo laboral, avanzan as clases medias e a poboación

ten garantido unha gran variedade de servizos (sanidade, educación,

pensións,…) Neste momento tamén xorden movementos sociais e de protesta

como os da poboación negra nos EEUU (liderados por Martin Luther King) e en

Sudáfrica (dirixidos por Nelson Mandela), movementos da xuventude

relacionados coa música e as actitudes (hippies, punkies,…), movementos

estudantís (ex. maio do 68), feminismo, ecoloxismo,…

A economía: É unha economía capitalista que promove o consumo

masivo dos produtos elaborados por grandes empresas multinacionais. Tivo

dous grandes períodos: a) Ata 1973 houbo unha gran expansión económica e

un gran incremento do nivel de vida baseada nun sistema de acordos

económicos entre EEUU e os seus aliados polo que as moedas tiñan un cambio

fixo fronte ao dólar (sistema de Bretton Woods), na axuda dos EEUU aos seus

aliados para a reconstrución dos danos da guerra (Plan Marshall), na

intervención do estado na economía para garantir servizos a todos os cidadáns

e prezos baixos das materias primas. b) A partir de 1973 este modelo entrou en

crise por unha serie de razóns: -A suba dos prezos do petróleo a partir da Crise

do petróleo de 1973. -A caída do sistema de Bretton Woods porque a economía

dos EEUU estaba débil (gastos de armamento, da guerra do Vietnam, gastos

sociais,…) e o cambio das moedas comezou a oscilar libremente. Como

consecuencias de todo isto comeza a haber altas taxas de desemprego, de

bolsas de pobreza e marxinalidade, da economía somerxida e o modelo de

Estado de Benestar entra en crise (recórtanse os gastos sociais e o estado

intervén menos na economía co trunfo das políticas neoliberais ).

Page 7: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

4. O BLOQUE DO LESTE: Está formado polas chamadas

“democracias populares”: URSS, países de Europa oriental (Polonia,

Checoslovaquia, Hungría, Romanía, Iugoslavia, Albania, Alemaña Oriental)

ademais de China, Cuba, Mongolia, Vietnam do Norte e Corea do Norte.

Caracterízase polos seguintes rasgos: -Predominio do Estado en todos

os ámbitos da vida política e económica. -Partido único: o Partido comunista. -

Control ideolóxico e político da URSS ao resto dos países (China, Iugoslavia e

Albania apartaranse dese control). -Economía planificada e colectivización

agraria. -Dominio da industria pesada e militar fronte á produción de bens de

consumo.

Este modelo foi acumulando unha serie de dificultades e problemas:

a)Aparición de disidentes (contrarios ao sistema) que foron duramente

reprimidosb) Sublevacións e revoltas en países de Europa oriental contra o

control da URSS. Ex. a “primavera de Praga” en 1968. Remataron coa

intervención militar da URSS. c) Pese a que durante os anos 50 e 60 o

crecemento económico foi espectacular a partir de aí estes países caeron no

estancamento económico.

En 1985 o líder soviético Mijail Gorbachov establece dúas políticas:

perestroika (reestruturación) e glasnost (transparencia) que queren rematar co

estancamento. En pouco tempo a situación fóiselle das mans. En 1991 a ala

máis dura do PCUS deu un golpe de Estado que fracasou e, en poucos días, o

propio PCUS é ilegalizado, as repúblicas bálticas proclaman a independencia e

Rusia, Ucraína e Bielorrusia forman a CEI (Comunidade de Estados

Independentes). Era a fin da URSS e do “socialismo real”. Os países de Europa

Oriental seguen o exemplo e abandonan o comunismo. Neses países cabe

destacar a unificación alemá, a separación pacífica de Chequia e Eslovaquia e,

por último, a traumática disgregación de Iugoslava en varios estados despois de

anos de guerra. China desde 1992 tamén abandonou o “socialismo real” para

dar lugar a un modelo onde se introduce progresivamente o capitalismo. Con

todo, no terreo político o control segue nas mans do Partido Comunista Chino.

Page 8: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

Hoxe os réximes políticos comunistas ou de “socialismo real” son residuais:

Cuba, Vietnam e Corea do Norte.

5. A DESCOLONIZACIÓN

Denominamos descolonización ao proceso que leva ás colonias a

converterse en estados independentes. Este proceso se producirá sobre todo

entre 1945 e 1975 e ten estas causas:

A) Nos territorios colonizados cada vez hai máis vontade de acceder á

independencia estimulada por ideas nacionalistas.

B) A obriga das colonias a participar xunto coas metrópoles nas guerras

mundiais sen ningún tipo de compensación estimula a vontade de liberarse do

dominio europeo.

C) A Organización das Nacións Unidas promove a autodeterminación

dos pobos colonizados

. D) As potencias coloniais (Francia e Reino Unido) quedan debilitadas

despois da II Guerra Mundial e xa non son grandes potencias.

E) EEUU e a URSS (as novas superpotencias) son partidarias da

descolonización.

As colonias acadaron a independencia xeralmente por dúas vías

distintas: coa negociación pacífica (o habitual no Imperio colonial británico) ou

por guerras (o habitual nas colonias francesas e portuguesas). Vemos dous

exemplos característicos: a) A India acada a independencia do Reino Unido por

medio da negociación coa metrópole e a presión non violenta promovida por

Gandhi. Esta consistía en accións espectaculares como folgas de fame, marchas

para recoller o sal que os británicos tiñan en exclusiva,… O resultado foi o

Page 9: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

acceso á independencia da India pero as tensións entre as distintas relixións

(hindús, musulmáns, sikhs,…) provocaron grandes matanzas, a separación da

colonia en dous Estados (a India hindú e Paquistán musulmán) e o asasinato do

propio Gandhi por un extremista hindú que o consideraba demasiado tolerante

cos musulmáns. b) Alxeria era a colonia máis importante de Francia no norte de

África. A negativa de Francia de aceptar as ansias de independencia da

poboación da colonia provocou unha durísima guerra desde 1954 a 1962 que

rematou coa independencia da colonia. En moitos casos pese á independencia

política o control dos recursos das antigas segue en mans das antigas

metrópoles ata o punto de que moitas desas colonias independizadas son

“estados títere” das antigas metrópoles ou doutras potencias que as sucederon

no control (ex. EEUU). É o que se denomina “neocolonialismo”

. 6. O TERCEIRO MUNDO

É un concepto utilizado para referirse aos pobos descolonizados que

loitaban por liberarse da dependencia económica das antigas metrópoles.

Consistía en considerar a existencia de dous mundos poderosos (capitalista e

socialista) e un terceiro mundo que equivalía ao “Terceiro estado” da

Revolución francesa. Posteriormente o termo pasou a ser sinónimo de 7

“subdesenvolvemento”. Hoxe fálase de Norte e Sur, desenvolvidos e

subdesenvolvidos, centro e periferia, primeiro mundo e terceiro mundo como

sinónimo da desigualdade no planeta. As características principais dos países

do Terceiro Mundo son: -Estados fráxiles e moitas veces artificiais xa que os

novos estados non respectaban os límites das tribos ou pobos senón os das

colonias. -Dependencia económica e subdesenvolvemento con todo o que

implica (desnutrición, predominio do sector primario e da extracción de

materias primas que se exportarán ao Primeiro Mundo;…) -Inestabilidade

política que se caracteriza pola proliferación de réximes ditatoriais, revoltas e

golpes de estado.

Page 10: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

7. OUTROS ASPECTOS DESTACADOS NO PERÍODO

A.- A CHINA COMUNISTA: China convértese nun estado socialista

despois da guerra que enfrontou aos comunistas liderados por Mao Zedong e

os nacionalistas liderados por Chiang Kai-shek. En 1949 todo o territorio chino

excepto a illa de Formosa (Taiwan) están en mans dos comunistas. Mao

instaura un réxime socialista aplicando as teses de Marx a un contexto non

previsto no marxismo clásico: o dun estado que case carece de proletarios.

Nese período prodúcese a ruptura coa URSS, de forma que o socialismo real

pasará a ter dous modelos alternativos: o soviético e o maoísta. Tras a morte

de Mao o país comezou unha apertura económica que ao longo levou á

convivencia de prácticas capitalistas co control político do Partido Comunista.

B.- CUBA: EEUU expulsou aos españois de Cuba en 1898 e proclamou a

independencia da illa. En todo caso, o novo estado estaba baixo o seu control:

eles controlaban a economía da illa, ocupaban a área de Guantánamo para

instalar unha base militar e obrigaban a introducir un artigo na constitución

cubana (Enmenda Platt) pola que os cubanos aceptaban o dereito de EEUU a

invadir o país cando a política cubana fose contraria aos intereses

norteamericanos. Nos anos 50 a illa estaba controlada pola ditadura de

Fulgencio Batista, un goberno corrupto e completamente pregado aos

intereses dos EEUU e no país convivían a riqueza duns coa pobreza estrema

doutros. Nesa época un grupo de revolucionarios nacionalistas (Fidel e Raúl

Castro, Ernesto “Che” Guevara,…) inician unha guerra de guerrillas en Sierra

Maestra que culmina en 1959 coa toma da capital polos guerrilleiros. 8 As

medidas do novo goberno van contra os intereses dos EEUU. Ao mesmo tempo,

moitas das familias adiñeiradas da illa exílianse nos EEUU. O goberno

norteamericano decide financiar e proporcionar armas para un desembarco de

exiliados cubanos que fracasa estrepitosamente (Desembarco da baía de

Cochinos). O goberno liderado por Fidel Castro decide buscar a protección da

URSS e Cuba adopta o comunismo. Como forma de evitar outra posible

intervención estadounidense Castro acepta instalar mísiles nucleares soviéticos

na illa, o que dará lugar á crise dos mísiles cubanos (probablemente o

Page 11: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

momento de maior tensión da guerra fría). Ao final, retiráronse os mísiles pero

EEUU comprometeuse a non invadir a illa pero mantivo un bloqueo económico

á illa que aínda continúa hoxe. Cuba recibiu unha gran axuda económica

soviética e desenvolveu espectacularmente sectores como a educación ou a

sanidade pero tras a caída do bloque socialista entrou nunha grave crise

económica que fai moi precaria a vida dos seus habitantes.

8. A NOVA ORDE INTERNACIONAL

Tras a caída do bloque comunista EEUU converteuse na única

superpotencia e o seu peso internacional aumentou . O final do enfontamento

entre bloques parecía outorgalle á ONU un papel sen precedentes na

resolución dos conflitos internacionais . Sen embarqo isto non aconteceu e as

Nacións Unidas foron en gran medida relegadas da escena política

internacional a favor de EEUU ou doutras organizacións como a OTAN . A.- Os

conflitos internacionais. Nos últimos anos sucedéronse unha serie de conflitos

en que interveu a comunidade internacional, unas veces baixo o patrocinio das

Nacións Unidas e outras dirixidas por EEUU ou pola OTAN. a) En 1991

desatouse a guerra do Golfo tras a invasión iraquí de Kuwait promovida polo

ditador irquí Sadam Husein . As Nacións Unidas esixiron a retirada iraquí e

organizaron un continxente internacional que acabou expulsando pola forza ás

tropas de Iraq. O réxime irquí quedou obrigado a desmantelar o seu

armamento baixo a supervisión da ONU. b) Un conflito que abrangueu case

toda a década de 1990 foi o de Iugoslavia. Neste país, tras a caída do réxime

comunista , xurdiron numerosos movementos nacionalistas secesionistas que

se enfrontaron entre sí e conta o nacionalismo de Serbia , que pretendía

manter o país unido. Estas guerras foron dunha gran virulencia e moi dañinas

para a 9 poboación civil , o que provocou varias intervencións armadas da

OTAN .Na década de 1990 alcanzaron a súa independencia Croacia, Eslovenia,

Page 12: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

Bosnia-Hercegovina e Macedonia, mentras que a rexión de Kosovo obtivo un

estatuto de autonomía ( declaróu unilateralmente a súa independencia de

Serbia en 2008 co apoio de EEUU e de gran parte dos países europeos,

actualmente é recoñecida por 90 dos 193 membros das Nacións Unidas .

Serbia, Rusia China , España e moitos de Ámerica, Asia e África non a recoñecen

) c) A guerra de Afganistán : Tras os atentados terroristas do 11 de setembro

de 2001 en EEUU promovidos pola organización terrorista AlQaida , formouse

unha coalición internacional para derribar o goberno islamista dos Taliban en

Afganistán , que lle daba protección ao grupo Al-Qaida e ao seu dirixente

Osama Ben Laden . A intervención militar logrou acabar co goberno dos talibán

pero non coa ameaza terrorista. d) No ano 2003 produciuse a chamada

segunda guerra do Golfo , Os EEUU e outros países invadiron Iraq , sen a

aprobación das Nacións Unidas, e derribaron a Sadam Husein.

B.- Os conflitos locais Outros conflitos continúan ou resolvéronse sen a

intervención directa da comunidade internacional , a pesar de que algún deles

se mesturan con conflitos máis xerais ou afectan a varios países. a) África é un

continente ameazado polos desastres. Aos problemas como a fame en moitas

rexións , os desastres naturais e o subdesenvolvemento , hai que engadirlle as

guerras continuas ( na década de 1990 estouraron guerras en Ruanda, Sudán

Eritrea,Etiopia, Serra Leoa,Liberia etc ). b) En Oriente Medio prolongouse dende

1948 o conflito entre Israel e Palestina, que provocou varias guerras. c) Outro

conflito sempre latente é o que enfronta ä India con Paquistán pola soberanía

sobre Caxemira. d) No territorio da antiga Unión soviética , tamén estouraron

na década de 1990 varias guerras de carácter nacionalista das que destaca a de

Chechenia.

Page 13: 4ESO B HISTORIA TAREFAS SEMANA 9 OLA, QUERIDOS AMIGOS … · Sobre 1947 a desconfianza entre os dous bloques da lugar a unha situación de tensión que ... defender ideas de esquerda

4 ESOB HISTORIA TAREFAS PARA A SEMANA 9

TEMA A GUERRA FRÍA – DESCOLONIZACIÓN 1

1 Truman A Rexión en disputa

2 Berlín B Líder soviético cando os misiles cubanos

3 Cachemira C Frear aos imperialistas

4 Fidel Castro D Presidente dos EEUU asasinado

5 Kruschev E Nome do que promoveu un plan de axuda económica

6 Vietnam F Dirixente soviético ao principio da guerra fría

7 Varsovia G Onde se firmou un pacto militar

8 Stalin H Derrota militar dos EEUU

9 Kennedy I Bloqueo e muro

10 Idanov J Presidente da bomba atómica e da contención

11 Gorbachov K Líder revolucionario cubano

12 Marshall L Último dirixende da URSS

2DEFINIR : GUERRA FRÍA – PLAN MARSHALL - A CRISE DE BERLÍN –MURO DE BERLÍN – GUERRA

DE VIETNAM – PACTO DE VARSOVIA- CAME (COMECON)-OTAN- VIETCONG- GLASNOST-

PERESTROIKA - GANDHI – SADAN HUSEIN – ALQAIDA - CAXEMIRA – GUERRA DO GOLFO

3FAI UN ESQUEMA DAS DISTINTAS ETAPAS DA GUERRA FRÍA

4FAI UNHA TÁBOA QUE COMPARE OS DOUS BLOQUES DA GUERRA FRÍA (Política, sociedade,

economía,…)