4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro...

12
229 A análise do medioambiente realizado neste capítulo estructúrase en catro grandes apartados, que se centran nos as- pectos relacionados co cambio climático, a natureza e biodiversidade, os residuos sóli- dos e, finalmente, os incendios forestais. Cambio climático O fenómeno do cambio climático é un dos maiores retos ambientais aos que se en- fronta na actualidade a nosa sociedade de- bido ás súas implicacións sociais, económi- cas e ambientais. O principal responsable deste fenómeno é o efecto invernadoiro, que está causado polos denominados gases de efecto invernadoiro (GEI). A Estratexia Europa 2020 establece como un dos seus obxectivos prioritarios o de aca- dar un crecemento europeo sostible, no que a economía faga un uso máis eficaz dos seus recursos. No marco desta estratexia si- nálanse como obxectivos de sostenibilidade os de acadar no ano 2020, reducir as emi- sións de gases efecto invernadoiro nun 20% en comparación cos niveis de 1990, incre- mentar a porcentaxe de enerxías renovables sobre o consumo final de enerxía e aumen- tar nun 20% na eficiencia enerxética. No que respecta ao cumprimento por parte do Estado español dos indicadores de cre- cemento sostible, o cadro 4.4.1. mostra como para o período 2012-2020 o obxectivo proposto para España é o dun incremento máximo do 5,6% das emisións de GEI, así como incrementar necesariamente un 5,7% o seu consumo de enerxías renovables. Aínda que Galicia non contraeu expresa- mente ningún acordo vinculante en relación coas súas emisións, si que contribúe ao ob- xectivo definido para España no Protocolo de Kioto de non aumentar as súas emisións en máis dun 15% respecto ao ano base de 1990. As emisións de GEI en Galicia no ano 2012 situáronse un 6,3% por riba do ano 1990, lonxe do obxectivo fixado na Estrate- xia Europea 2020 para un crecemento inte- lixente, sostible e integrador de situar nese ano as emisións de gases efecto inverna- 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sosble

Transcript of 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro...

Page 1: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

229

A análise do medioambiente realizadoneste capítulo estructúrase en catro

grandes apartados, que se centran nos as-pectos relacionados co cambio climático, anatureza e biodiversidade, os residuos sóli-dos e, finalmente, os incendios forestais.

Cambio climático

O fenómeno do cambio climático é un dosmaiores retos ambientais aos que se en-fronta na actualidade a nosa sociedade de-bido ás súas implicacións sociais, económi-cas e ambientais. O principal responsabledeste fenómeno é o efecto invernadoiro,que está causado polos denominados gasesde efecto invernadoiro (GEI).

A Estratexia Europa 2020 establece comoun dos seus obxectivos prioritarios o de aca-dar un crecemento europeo sostible, no quea economía faga un uso máis eficaz dosseus recursos. No marco desta estratexia si-nálanse como obxectivos de sostenibilidadeos de acadar no ano 2020, reducir as emi-sións de gases efecto invernadoiro nun 20%

en comparación cos niveis de 1990, incre-mentar a porcentaxe de enerxías renovablessobre o consumo final de enerxía e aumen-tar nun 20% na eficiencia enerxética.

No que respecta ao cumprimento por partedo Estado español dos indicadores de cre-cemento sostible, o cadro 4.4.1. mostracomo para o período 2012-2020 o obxectivoproposto para España é o dun incrementomáximo do 5,6% das emisións de GEI, asícomo incrementar necesariamente un 5,7%o seu consumo de enerxías renovables.

Aínda que Galicia non contraeu expresa-mente ningún acordo vinculante en relacióncoas súas emisións, si que contribúe ao ob-xectivo definido para España no Protocolode Kioto de non aumentar as súas emisiónsen máis dun 15% respecto ao ano base de1990. As emisións de GEI en Galicia no ano2012 situáronse un 6,3% por riba do ano1990, lonxe do obxectivo fixado na Estrate-xia Europea 2020 para un crecemento inte-lixente, sostible e integrador de situar neseano as emisións de gases efecto inverna-

4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible

Page 2: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

CONSELLO ECONÓMCO E SOCIAL

230

doiro nun 92% respecto ás de 1990 e redu-cir as emisións entre 1990 y 2020 nun 20%.

Atendendo aos datos facilitados polo Minis-terio de Agricultura, Alimentación y MedioAmbiente, Galicia emitiu un total de 30,1millóns de toneladas de CO2, 1,7 millónsmáis que no ano base de 1990. O 81,7% dototal destas emisións corresponden ao sec-tor de procesamento de enerxía, seguidomoi de lonxe polo sector da agricultura edos procesos industriais, responsables dun11,3% e 5,6%, respectivamente.

Este incremento explícase pola forte medraexperimentada no caso do transporte(48,1%), outros sectores (residencia e co-mercial), cun incremento superior ao 40%,o sector de tratamento e eliminación de re-siduos, cun 39,1%, e o sector agrícola e ode combustión en industrias manufacturerase da construción, cun crecemento lixeira-mente superior ao 15%. Pola contra, dimi-nuíron con respecto ao ano 1990 as emi-sións asociadas ás industrias do sectorenerxético e aos procesos indistriais(–11,4% e –6,9%, respectivamente). Encomparación co rexistrado no ano 2011,cómpre mencionar que tan só as industrias

do sector enerxético aumentan as súas emi-sións de GEI (37,6%), descendendo en máisdun 7,5% no caso do transporte e dos pro-cesos industriais.

Tal como se mostra no cadro 4.4.2., das30,1 millóns de toneladas de CO2 equiva-lente emitidas por Galicia no ano 2012, o48,3% proveñen das instalacións sometidasao comercio de dereitos de emisión (sectordirectiva) e o 51,7% restante, aos definidoscomo sectores difusos. Mentres que o sectordirectiva aumentou as súas emisións nun31,2% respecto ao ano anterior, as emisiónsno sector difuso reducíronse nun 4,8%.

Os protocolos medioambientais, tanto euro-peos como internacionais, baséanse, funda-mentalmente, na redución das emisións degases con efecto invernadoiro. Por eso, o se-guimento e verificación das ditas emisiónsconstitúen un elemento clave no deseño doréxime de comercio de dereitos de emisión.Mediante este mecanismo, determínasecales foron as emisións de cada unha dasinstalacións e operadores aéreos afectadose, polo tanto, qué cantidade de dereitos deemisións deben entregar. O Regulamento601/2012 da Comisión Europea sobre o se-

n 4.4.1.

Page 3: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

231

n 4.4.2.

n 4.4.3.

Page 4: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

CONSELLO ECONÓMCO E SOCIAL

232

guimento e a notificación das emisións degases de efecto invernadoiro establece asnormas aplicables ao seguimento e á notifi-cación das emisións de gases de efecto in-vernadoiro para as actividades que se reali-cen a partir do 1 de xaneiro de 2013.

O cadro 4.4.5. mostra datos das inscriciónsdas emisións e entrega de dereitos de emi-sións das instalacións suxeitas á aplicaciónda Lei 1/2005. No período de notificación de2013, o volume total de emisións declaradaspolas 50 instalacións afectadas pola devan-dita lei (oito menos que no ano anterior) as-cendeu a 13,9 millóns de toneladas de CO2.Unha análise a nivel individual reflicte que

destas 50 instalacións, quince aumentaronas súas emisións respecto ao ano anterior evinte e dúas as reduciron, en tanto que astrece restantes non participaron no comer-cio de dereitos de emisión no ano anterior.As dúas terceiras partes das emicións totaisdeclaradas corresponden ao sector da xera-ción de enerxía eléctrica, por diante do sec-tor da produción de alumnio e o do refino eprodución de hidróxeno, co 10,8% e 8,5%das emisións, respectivamente.

No último ano a cantidade de dereitos deemisión supera en 9,7 millóns a cantidadede dereitos asignados gratuitamente, dosque a meirande parte (9,3 millóns) corres-

n 4.4.4.

n 4.4.5.

Page 5: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

233

ponde á actividade de xeración de enerxíaeléctrica, quen dende o 1 de xaneiro de2013 xa non recibe ningún tipo de asigna-ción gratuíta. Das devanditas 50 instala-cións, 33 declararon emisións de GEI nunhacantidade superior á asignación concedida.

Segundo os datos do Rexistro estatal deemisións e fontes contaminantes, no ano2013 son 35 as actividades industriais con-taminantes, ascendendo a 121 os comple-xos industriais clasificados tamén como con-taminantes. Galicia mantense como acuarta Comunidade por número de activida-des industriais contaminantes situándosecomo a sétima en canto ao número de com-plexos industriais así clasificados (cadro

4.4.6.).

• Gasto e investimento das empresas

en protección medio ambiental.

Tendo en conta que as emisións de gases deefecto invernadoiro son o indicador utilizadopara medir a evolución da loita contra o

cambio climático, un aspecto importante ater en conta tamén é a evolución e o volumede gasto que realizan as empresas do sectorindustrial para reducir ou eliminar as emi-sións de contaminantes ao aire e a conta-minación acústica, no tratamento das augasresiduais e dos residuos sólidos xerados epara poder utilizar materias primas menoscontaminantes ou en menor cantidade.

O gasto da industria galega en protección domedioambiente descende en 2012, últimodato dispoñible, ata os 161,7 millóns deeuros, un 6,7% menos que no ano anterior.Os gastos correntes destinados á protecciónmediambiental aumentaron un 4,8%, aca-dando os 111,6 millóns de euros, mentresque o investimento diminúe un 25% en taxaanual, para situarse en 50,1 millóns deeuros (cadro 4.4.7.). Atendendo ao seupeso no conxunto do Estado, o gasto totalrepresenta o 6,9% do total estatal, sendodo 8% no caso do investimento.

No caso da industria manufactureira, o

n 4.4.6.

Page 6: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

CONSELLO ECONÓMCO E SOCIAL

234

gasto total nas medidas de protección redú-cese ata os 121,2 millóns de euros, o 5,8%do gasto en España, sendo o investimentode 25,3 millóns (5,3% do Estado). En com-paración co ano anterior, os gastos na indus-tria manufactuira son inferiores ao do con-xunto de actividades, cunha caída do 17,9%no caso do investimento e do 4,8% no gastototal.

Atendendo á distribución do investimentosegundo o tipo de equipo e instalación, cóm-pre mencionar que Galicia e España presen-tan un comportamento desigual. Mentres

que na Comunidade Autónoma galega o74% do investimento realizouse en equipose instalacións integrados e o 26% restanteen equipos e instalacións independentes, noconxunto do Estado estas porcentaxes sondo 57,5% e 42,5%, respectivamente.

O principal destino dos investimentos noque respecta á protección ambiental son asaugas residuais e as emisións de aire, queacollen o 36,2% e 30,6%, respectivamente.No caso concreto da industria manufactu-reira, o ámbito de protección de aire e climaconcentra o 49% do investimento, seguido

n 4.4.7.

Page 7: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

235

polo relativo á xestión de augas residuais,cun 20%.

Natureza e biodiversidade

A conservación do patrimonio natural e cul-tural asociado proporciona á sociedade im-portantes beneficios para a súa saúde e be-nestar. Tal e como indica a Lei 9/2001, deconservación da natureza, os espazos na-turais protexidos son aqueles espazos ouecosistemas máis representativos e signifi-cativos do territorio galego que dispoñendun réxime especial de protección. Se-gundo os datos proporcionados polo anua-rio Europarc-España 2013, a superficietotal cualificada como espazos naturaisprotexidos en Galicia representa o 5,6% dototal estatal.

En comparación co resto das CC.AA., o de-vandito anuario indica que Galicia é a sétima

Comunidade con menor superficie protexidaen relación á súa superficie territorial total.

Antes de analizar os espazos de proteccióndeclarados en Galicia, cómpre mencionar aaprobación da lei estatal 30/2014, de 3 dedecembro, de parques nacionais. Esta leiten por obxecto establecer o réxime xurídicobásico para asegurar a conservación dosparques nacionais e da Rede que forman,así como os diferentes instrumentos decoordinación e colaboración. Establece quetodos os poderes públicos, nos seus respec-tivos ámbitos competenciais, velarán polaconservación dos parques nacionales, fo-mentarán a colaboración e participación ac-tiva da sociedade no logro dos obxectivos fi-xados e garantirán o acceso á informacióndispoñible nesta materia, así como a divul-gación dos datos que se consideren de inte-rese público. En particular, promoverán aimplicación dos titulares de dereitos priva-

n 4.4.8.

Page 8: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

CONSELLO ECONÓMCO E SOCIAL

236

dos nos parques nacionales, así como da po-boación residente nos seus entornos.

No que atinxe á Rede Galega de EspazosNaturais Protexidos, que representa entorno ao 12% da superficie total de Galicia,esta recolle aqueles espazos naturais da Co-munidade Autónoma que dispoñen dun ré-xime especial de protección en virtude dasdiferentes normativas autonómicas, estataisou comunitarias así como convenios inter-nacionais. Segundo os datos da Conselleríade Medio Ambiente, Territorio e Infraestru-turas, a devandita Rede abrangue unha su-perficie de 397.660 hectáreas, das que o99,5% conta con instrumento de planifica-ción.

A rede galega está formada polas seguintescategorías de protección:

• Seis parques naturais declarados (BaixaLimia-Serra do Xurés; Complexo dunar deCorrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán;Fragas do Eume; Monte Aloia; O Inverna-doiro e a Serra da Enciña da Lastra), que seextenden por unha superficie de 49.087hectáreas.• O parque nacional marítimo terrestre dasIllas Alánticas, con 8.332,8 ha (7.138 hamariñas).• Oito zonas declaradas como monumentosnaturais por ter un valor natural, paisaxís-tico, xeolóxico ou histórico singular (a praiadas Catedrais; a Carballa da Rocha; Costade Dexo; Fraga de Catasós; Serra de PenaCorneira; Souto da Retorta; Souto de Roza-bales e o pregamento xeolóxico de Campo-dola-Leixazós), que suman en totan 1.394ha.• Cinco humedais protexidos, cunha super-ficie de 7.709 ha (Complexo das praias,lagoa e duna de Corrubedo; Complexo in-termareal Umia-O Grove, A Lanzada, PuntaCarreirón e Lagoa Bodeira; Lagoa e areal deValdoviño; Ría de Ortigueira e Ladrido e aRía de Ribadeo);• Dúas paisaxes protexidas (Penedos de Pa-

sarela e Traba e o Val do río Navea), con 903ha.• 71 zonas de especial protección dos valo-res naturais, que abarcan unha superficie de389.593 hectáreas.

Seguindo as pautas contidas na Directiva92/43 CEE, de 21 de maio, relativa á Con-servación dos hábitats naturais e da fauna eflora silvestres, no ano 2014 aprobouse odecreto 37/2014, do 27 de marzo, polo quese declaran zonas especiais de conservación(ZEC) os lugares de importancia comunita-ria de Galicia e se aproba o Plan director daRede Natura 2000 de Galicia. Tras sete ac-tualizacións, Galicia conta como espazosprotexidos da Rede Natura 2000, con 59ZEC e 16 zonas de especial protección dasaves (ZEPA).

O devandito anuario Europarc-España 2013indica que a superficie protexida polas de-nominadas Zonas de especial conservaciónascende a case 380.000 hectáreas, o 11,7%do territorio galego (23,2% no conxunto doEstado), acadando as 16 zonas especiais deprotección para as aves un total de 101.135ha, o 3% do territorio de Galicia (20% enEspaña). Comparado co resto das CC.AA.Galicia é a Comunidade con menor superfi-cie de Rede Natura sobre a súa superficie te-rritorial.

Fóra da Rede Galega de Espazos Protexidos,cómpre mencionar dous tipos de espazosnaturias protexidos: os espazos naturais deinterese local (Xunqueira de Alba, Loio-Ru-xidoira, Puzo de Lago, Voutureira, Illas deSan Pedro, Río Garfos e o Ecosistema dunarpraia América-Panxón) e un espazo privadode interese natural, Sobreiras do Faro. A súasuperifice é de 782 ha e 9,7 hectáreas, res-pectivamente.

Existen tamén áreas protexidas por instru-mentos internacionais, que son todos aque-les espazos naturais formalmente designa-dos de conformidade co disposto nos

Page 9: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

237

convenios e acordos internacionais corres-pondentes. Dentro desta terceira categoríaGalicia conta con tres figuras:

• Humidais Ramsar, que é un convenio rela-tivo a humidais de importancia internacionalespecialmente como hábitats de aves acuá-ticos. Na actualidade Galicia conta con cincolugares Ramsar: o Complexo intermarealUmia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreiróne Lagoa Bodeira; as Rías de Ortigueira e La-drido; o Complexo das praias, lagoa e dunade Corrubedo; a Lagoa e areal de Valdoviño;e a Ría do Eo.

• As reservas da biosfera, que presentancomo principal obxectivo o de armonizar aconservación da natureza co desenvolve-mento socioeconómico. As seis áreas decla-radas como tal en Galicia son Os Ancares lu-censes e Montes Navia, Cervantes eBecerreá; Río Eo, Oscos e Terras de Bourón;Terras do Miño; a Área de Allariz; a Baixa

Limia- Serra do Xurés; e por último, As Ma-riñas Coruñesas e Terras de Mandeo.

• A rede OSPAR, relativa a áreas de protec-ción do medio ambiente mariño do Atlánticonordeste. Os Estados membros teñen aobriga de propoñer zonas de interese dentrodas súas respectivas augas xurisdicionais,incluíndo a Zona Económica Exclusiva ouaquelas zonas mariñas onde o Estadoexerza a súa soberanía. España aporta dúaszonas das 81 que forman parte da rede:parque nacional das Illas Atlánticas de Gali-cia, con 8.480 hectáreas, e a área mariñaprotexida de El Cachuco, en Asturias, con234.966 hectáreas.

Incendios forestais

Galicia ten unha extensión total de2.957.842 ha, da que máis do 60% corres-ponde a uso forestal, o que supón case o10% da superficie forestal nacional. Aproxi-

n 4.4.9.

Page 10: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

CONSELLO ECONÓMCO E SOCIAL

238

madamente dous terzos da superficie fores-tal galega é arborada.

No que atinxe aos incendios forestais, queconstitúen a maior ameaza que sofren osbosques, os datos correspondentes ao ano2014 destacan especialmente polo significa-tivo descenso tanto o número de conatos(<1ha) como de incendios forestais(–64,1% e –71,7%, respectivamente). Estaredución leva aparellada, a diferenza doacontecido no ano anterior, unha caída do65,9% da superficie total queimada en re-lación aos datos de 2013 (cadro 4.4.9.).

Ao longo do último ano declaráronse 1.237sinistros (3.623 no ano anterior), dos que1.004 teñen menos dunha hectárea e 233afectan a unha superficie superior á hectá-rea. Se no ano 2013 sete dos dezasetegrandes incendios forestais (500 ou máishectareas forestais afectadas) que se rexis-traron en España tiveron lugar en Galicia, noano 2014 non sufriu ningún incendio destamagnitude. En relación ao conxunto do Es-tado, Galicia sufriu o 12,7% dos sinistros re-xistrados, representando a superficie totalqueimada o 5,1% da superficie total afec-

tada polo lume a nivel estatal, fronte ao39,2% que representou no ano 2013.

Ao igual que en anos anteriores, Ourensevolve a ser a provincia onde se rexistrarono maior número de sinistros, cun total de456 lumes. É dicir, o 36,9% dos incendiosen Galicia tiveron lugar nesta provincia, re-presentando a superficie queimada o 55,4%do total (1.110,8 hectáreas). No que atinxeá superficie queimada, séguelle en impor-tancia a provincia de Lugo, con 454,8 ha, o22,7% da superficie afectada polo lume, e ACoruña, con 325,8 hectáreas, o 16,2% dototal.

Residuos sólidos

A recollida de residuos sólidos urbanos(RSU) descende un 6% no ano 2012 (últimodato dispoñible) para situarse nos 1,1 mi-llóns de toneladas, o 4,9% do total estatal.En termos anuais por habitante, en Galiciarecolléronse un total de 405,9 kg, o que asitúa como a terceira Comunidade Autó-noma con menor recollida de RSU, tras Ma-drid (399,1 kg) e A Rioxa (378,3 kg).

n 4.4.10.

Page 11: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

239

Atendendo á desagregación segundo tipo deresiduos, este descenso rexístrase tanto nocaso dos residuos mesturados como dos re-collidos selectivamente. Dunha banda, a re-collida de residuos mesturados reduciuse un6,5% respecto ao ano anterior, acadando os940,2 miles de toneladas, en tanto que ovolume de residuos recollidos selectiva-mente, tras un descenso do 3,5%, acadouas 167,4 miles de toneladas (cadro

4.4.10.).

A Sociedade Galega do Medioambiente S.A.(Sogama), que realiza a recollida a travésde 20 plantas de transferencia, xestionou entodo o ano 2014 máis de 814 mil toneladasde residuos urbanos, o que supón un incre-mento do 4,3%. O volume total de residuosreciclados ascende ata os 51.247,6 tonela-das, das que 25.420,7 toneladas correspon-den a vidrio recuperado e 9.166,9 tonela-das, a produtos férricos. o

n 4.4.11.

Page 12: 4.4.- Medio ambiente e desenvolvemento sostible · plexos industriais así clasificados (cadro 4.4.6.). • Gasto e investimento das empresas en protección medio ambiental. Tendo

CONSELLO ECONÓMCO E SOCIAL

240