1 2:44 1 3:44 14:44 1 5:44 1 6:44 1 7:24 12 ... - eco-hyogo.jp
44 2 natureza
Transcript of 44 2 natureza
O medio ambiente é entendido hoxe en día coma un sistema, é dicir, un conxunto complexo de elementos que se inflúen mutuamente e dependen uns dos outros.
Dando unha volta polas seguintes imaxes, verás cales son as características dos subsistemas ambientais en Catoira.
A xeosfera é o sustrato onde se asentan outros subsistemas. Ven definida pola forma do terreo, as estructuras e materiais xeolóxicos, mailos axentes externos (os ríos especialmente) que rematan de darlle forma.
Depósitos de fondo de canal (QT) nas Barreiras (Catoira), con estratifica-ción cruzada
Conglomerado ferruxinoso na zona das Lombas (Catoira) asociado a materiais QT
Sedimentos típicos de xunqueira (QM), na marxe do río Ulla
Depósitos na zona de praia antiga (Q1P-RL) no límite Abalo.Bamio
O granito de dúas micas é o material máis abundante en todo o concello, aparecendo nalgúns casos como xabre, e nos outeiros pode aparecer sen cuberta vexetal , e con pías debido ó ataque da auga.
Os materiais metamórficos , xistos e gneis da mesma antigüidade ca dos granitos,son moi escasos e atópanse en zonas de difícil localización. Na foto queda ilustrado o aspecto dun gneis glandular.
Foto recollida da px. www.monte.upm.es
Os materiais xeolóxicos que aparecen hoxe en día en Catoira, maila característica forma dos vales que quedan enmarcados entre O Xiabre e o Ulla son froito dunha historia, que pode resumirse do seguinte xeito:
A finais do Paleozoico( fai uns 300 millóns de anos) tódolos continentes que había entón, colisionaron. Formáronse grandes montañas por pregamento de materiais e sedimentos do fondo do mar nos seus bordes. Galicia formaba parte dunha especie de Himalaia, con rochas sedimentarias pregadas na superficie, e granitos e rochas metamórficas nas súas raíces.
Durante o Mesozoico (entre 200 e 65 millóns de anos), os continentes separáronse novamente, quedando Galicia bañada polo Atlántico e despois o Cantábrico. Os rasgos xerais do relevo quedan xa perfilados ó final desta era.
No Cenozoico(entre os 65 e 2 millóns de anos ) vaise definindo o perfil das Rías, por mor da erosión de sistemas fluviais aproveitando antigas fallas e vales. O Ulla e os seus afluentes circulaban 40 metros máis alto que agora, deixando con cada enchente depósitos de “recheo de canal” ás súas beiras.
O Ulla e os seus afluentes escavan nos seus antigos vales, quedando abandonados os seus depósitos, chegándose á actual situa-ción, represen-tada no corte xeolóxico da esquerda.
Nos últimos 200 millóns de anos do Cenozoico, é dicir, no Cuaternario, o nivel do mar varía por mor das glaciacións, o fondo da ría de Arousa sufre afundimento ,
Os depósitos de As Lombas e Borreiros son os sedimentos aluviais cuaternarios máis antigos do concello, a falta de máis datos, tamén da comarca. Quedan xa fora da acción de calquera dos ríos actuais, pero dannos pistas da historia pasada
Así sabemos que por estes lugares, nalgún tempo circulaban ríos ricos en materiais grosos, con barras de grava e area no medio da canle cambiando de posición en cada enchente.
Con cada seca, quedaría unha costra de arxilas na canle abando-nada, de tal xeito que cada nivel de arxilas marca un episodio no que a canle estivo sen auga , e foi logo erosionada na seguinte enchente.
A hidrosfera comprende todo o conxunto de augas superfi-ciais (ríos e regueiros) mailas augas subterráneas (acuí-feros). No mapa adxunto representamos as principais redes hidrográficas do concello, que van modelando a superficie.Tamén queda sinalada a posición dos manancias máis importantes, por onde saen ó exterior as augas acumuladas nas zonas onde o granito está fracturado. Ás veces na súa viaxe subterránea cárganse de partículas minerais, como as fontes de As Torres e Laxiñas, de augas sulfurosas, indicadas para problemas da pel .
No tocante ás augas superficiais , hai que destacar que o propio territorio do concello queda delimitado pola divisoria de augas natural que son os cumios do Xiabre e Fontebecha.
Entre estas zonas altas e o Ulla flúen un conxunto de ríos de curto precorrido, sendo o principal o río Catoira, de mais lonxitude e maior número de afluentes. No curso alto, coa súa erosión, marcan estreitos vales en V encaixados nas rochas graní-ticas.
No curso medio os ríos modelan vales máis amplos nos que deixan depósitos en zonas planas: As chairas de inundación , (QI/Qal no mápa xeolóxico).
Estas chairas son mais exten-sas en Oeste (no curso do Rego de Pozas) e en Dimo e Catoira (no curso do río Catoira e algúns afluentes). En Abalo, os ríos Freixeiro e Souto da Vila non chegan a crear chairas de inundación de superficie comparable.
No curso baixo, a pendente pola que van estes ríos redúcese fortemente. As augas vense freadas ó confluir coas do Ulla e polo tanto a corrente perde enerxía . Nestas circunstancias deposítanse os materiais mais finos: limos e arxilas que dan lugar ás zonas de xunqueira (materiais QM no mapa xeolóxico). As máis importantes corresponden coa desembocadura do Rego de Pozas e do Río Catoira.
A Biosfera comprende a capa de atmosfera, xeosfera e hidrosfera habitada por seres vivos e modificada por eles. Ou dito doutro xeito, sería o conxunto de ecosistemas que podemos atopar. No caso de Catoira temos os seguintes: As xunqueiras, os bosques de ribeira, as zonas de monte baixo, e os bosques autóctonos e de replantación.
As xunqueiras que temos en Catoira son humedais de tipo esteiro ou estuario, incluidas na Rede Natura 2000 e catalogadas como LICs ou Lugares de Interese Comunitario dentro do Sistema Fluvial Ulla-Deza, debendo axustarse a súa xestión ás direc-trices europeas e auto-nómicas para este tipo de entidades protexidas.
Estas zonas de “estuario” ca-racterízanse pola mestura das augas doces do río na súa desembocadura coas augas salgadas mariñas. A influencia da subidas e baixadas das mareas é forte.
O complexo de sedimentos finos do seu substrato está cargado de bacterias e outro microorganismos que xogan un papel decisivo no reciclado da materia no ecosis-tema. Poderíamos afirmar que estas xun-queiras actúan como auténticos “riles”, que depuran as augas. De aí a importancia da súa protección e conservación.
Fotos obtidas da px web da Universidade de Florida
A vexetación dominante nestes ecosistemas son os xuncos e carrizos, ainda que tamén é posible observar especies como a Cotula coronopifolia (na foto da esquerda) florecendo nas zonas menos sometidas ás subidas da marea.
Os bosques de ribeira forman franxas que bordean os distintos ríos do concello, especialmente no seu curso medio e baixo. A especies típicas é o ameneiro (Alnus glutinosa). Aparecen tamén manchas de carballo (Quercus robur) e freixos ,o que a veces aparece reflectido na toponimia (caso do río Freixeiro en Abalo). Cabe destacar a abundancia do fento Osmunda regalis.
Os bosques autóctonos non pasan de ser pequenas manchas de pouca extensión, asociadas a bosques de ribeira, ou bordeando zonas de cultivo. As poucas carballeiras que quedan están situadas en zonas de uso comunitario, como en San Mamede de Abalo, ou a Carballeira da ermida de San Xibrán (na foto da dereita).
As zonas de mato ocupan case máis da metade da extensión do concello. Concéntran-se nas áreas de máis pendente e menos profundida-de do solo.
A especie dominante é o toxo (Ulex europaeus e Ulex minor). Nos casos en que o terreo é moi probe poden aparecer intercalacións de carqueixa (Chamaespartium tridentatum).
Os bosques de replantación forman realmente máis do 80% da masa forestal do concello, dominando o Pinus pinaster (piñeiro do pais) e o Eucaliptus glóbulus , que con frecuencia aparecen en masas mixtas.No estrato arbustivo abundan toxos(Ulex) , xestas e codesos(Sarotamus e Cytisus sp), sendo significativas tamén as carrouchas ou carrascos (dos xéneros Erica, Cayuna e Daboecia, respectivamente).É de destacar igualmente a presencia frecuente de plantas de carballo dominando este estrato, xa que na súa fase xuvenil medran mellor á sombra, competindo con vantaxe frente ós brotes de piñeiro, que precisan de zonas máis abertas.
No estrato herbáceo é posible observar especies como a Arenaria sp (na foto da dereita) ou o ouropés (Simethis planifolia), na foto da esquerda.
Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelánPeixes Salmo salar Salmón Salmón
Salmo trutta Reo Trucha asalmonadaPleuronectes platessa Solla Solla/platijaAnguilla anguilla Anguila AnguilaPetromyzum marinus Lamprea Lamprea
Anfibios Salamandra salamandra Sarabanduxa Salamandra comúnChioglosa lusitánica Sarabaduxa rabilonga Salamandra rabilargaTriturus boscai Limpafontes Triton ibéricoTriturus marmoratus Limpafontes Tritón jaspeadoRana ibérica Rá patilonga Rana patilargaRana ridibunda Rá verde Rana comunDiscoglossus pictus Sapo pintojoAlytes obstetricans Sapo parteiro Sapo parteroBufo bufo Sapo común Sapo común
Réptiles Lacerta viridis Lagarto arnal Lagarto verdeLacerta schreiberi Lagarto Lagarto verdinegroPodarcis bocagei Lagarta Lagartija de bocageAnguis fragilis Escáncer LuciónChalcides sp Eslizón tridáctiloNatrix natrix Cobrega /cobra Culebra de collarNatrix maura Cobrega/cobra Culebra viperinaCoronella austríaca Cóbrega lisa Culebra lisa europeaCoronella giróndica Cobra Culebra lisa meridionalVipera seoanei Vibora de Seonae Víbora de Seonae
FAUNA DE VERTEBRADOS (I)
Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán
Mamíferos Erinaceus europaeus Ourizo cacho Erizo
Talpa europaea Toupa Topo
Suncus etruscus Muraño Musaraña
Ratus ratus Rata Rata
Arvícola sp Rato de auga Rata de agua
Microtus Rato do campo Ratilla agreste
Apodemus silvática Rato do campo Ratón listado
Genetta Genetta Xineta Gineta
Lutra lutra Lontra Nutria
Meles sp Porco teixo Tejón
Mustela erminea Armiño Armiño
Mustela nivalis Denociña Comadreja
Putorious putorius Turón Hurón
FAUNA DE VERTEBRADOS (II)
Clase taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán
Aves Phalacrocórax carvo Corvo mariño Cormorán
Ardea cinerea Garza real Garza real
Anas platirhincos Alabanco real Anade real
Accipiter nissus Gabián Gavilan
Buteo buteo Miñato Ratonero
Falco subbutueo Azor Azor
Falco peregrinus Falcón Halcón
Falco tinunculus Falcon pequeno Alcotán
Coturnix coturnix Paspallas Codorniz
Gallinula chloropus Galiña de río Polla de agua
Vanellus vanellus Avefría Avefría
Tringa sp Pastoriña Andarríos
Larus argentatus Gaivota crara Gaviota argéntea
Streptopelia turtur Rula Tórtola
Columba palumbus Pombo Paloma torcaz
Tyto alba Curuxa Lechuza
FAUNA DE VERTEBRADOS (III)
Categoría taxonómica Nome científico Nome galego Nome castelán
Aves Pica pica Pega rabuda Urraca
Hirundo daurica Anduriña Golondrina
Fringila coelebs Pinpín Pinzón
Passer domesticus Pardal Gorrión
Carduelis carduelis Xílgaro Jilguero
Alcedo atthis Martiño peixeiro Martín pesacdor
Cinclus cinclus Merlo rieiro Mirlo acuático
Upupa epops Bubela Abubilla
Cuculus canorus Cuco Cuco
Erithracus rubecula Paporrubio Petirrojo
Corvus corone Corvo Corvo
Athene noctua Moucho Mochuelo
Picus viridis Peto verdeal Pico real
As táboas anteriores están elaboradas a partir de datos do “Proxecto Brañas”, realizado no ano 1985 pola Sociedade Galega de Historia Natural para os concellos da desembocadura do Ulla. Nelas quedaban reseñadas as especies que, en teoría, poderíamos atopar en ecosistemas como as xunqueiras, brañas e bosques lindantes. Pero hai que ter en conta que toda a zona está intensamente afectada polas actividades humanas, coa conseguinte perda de biodiversidade.
Aínda asi, é posible engadir dúas especies máis a esa lista : O xabarín (Sus scrofa) , mailo esquío (Sciurus vulgaris) que tamén teñen medrado pola influencia humana.
Marcas de xabarín despois de comer raíces
Piñas rilladas por esquíos e ratos de campo
Tampouco hai que esquence-la importancia da fauna de invertebrados. Como mostra, este exemplar de “Papilio machaon”, atopado nas inmediacións da Fonte Gaiteira.
O solo é a capa superficial formada pola alteración da rocha e a interacción dos seres vivos, na que se desenvolve a vida vexetal, a vida animal asociada.
A edafosfera , ou conxunto dos solos da zona, é a fronteira e intersección entre tódolos subsistemas, xa que entre os seus compoñentes teremos:
• Atmosfera: formada polo aire nos poros máis grandes.
•Hidrosfera: formada pola auga retida por capilaridade nos poro máis pequenos.
•Xeosfera: Formada polos minerais e rochas dos distintos horizontes.
•Biosfera: Formada pola flora, fauna e microorganismos que viven no solo.
Tal e como se aprecia no mapa anterior, os principais tipos de solos que atoparemos no concello de Catoira serán:
Fluvisoles e Gleysoles: Nas zonas de xunqueira, onde son de tipo “tiónico” por teren acumulación de sulfuros.Tamén están na beira dos ríos e teñen capas enchoupadas de auga case todo o ano.
Antrosoles: Nome que se lle da ós solos alterados polos seres humanos (por compactación, recheos,etc) para facer construccións enriba (casas, estradas, industrias...). Coinciden coas zonas urbanizadas.
Regosoles: Solos máis delgados e menos fértiles ca os cambisoles, en zonas de máis pendente, e normalmente sobre granito alterado.
Leptosoles: Teñen un espesor de menos de 25 cm, ou presentan moi alta pedregosidade, pouco espesor do horizonte A (ou capa “abonada”). Estan normalmente nas zonas de cumios.
Cambisoles/Umbrisoles: Nas zonas de cultivo ou onde hai pouca pendente e boa vexetación. Teñen unha capa de terra escura abonada (horizonte A) de mais de 25 cm, ou unha capa debaixo desta, chamada horizonte B.
Cambisol /UmbrisolLeptosol Regosol
FACTORES DE FORMACIÓN
Rocha, clima,topografía, seres vivos,tempo
TIPOS DE SOLOS
Cambisoles, regosoles, leptosoles...
dan como resultado
van determinar
USOS DO SOLOCultivos, pasto,forestal, urbano, protección
A sociosfera está formada por todo o conxunto de asentamentos e accións humanassobre o entorno. Todas estas accións sempre van encamiñadas a explotación de recursos naturais. Na actualidade en Catoira hai recursos ,como a pesca artesanal, que xa non son relevantes.
Ordenación do territorio
axuda a xestionar os
RECURSOS NATURAISpoden ser
RENOVABLES NON RENOVABLES
•BIOMASA
•RECURSOS HÍDRICOS
•Enerxía hidráulica
•Pesca
•ENERXÍA EÓLICA
•ENERXÍA MAREMOTRIZ
•ENERXÍA SOLAR
•ENERXÍA XEOTÉRMICA
•Augas termais
SOLOS DE ORIXE MINERAL
ELEMENTOSRADIACTIVOS
COMBUSTIBLESFÓSILES
•Carbón
•Petróleo
METÁLICOS NON METÁLICOS
• Sedimentarios
(ouro, casiterita)
•Magmáticos
(galena, pirita)
•Meteóricos
(ferro)
• Minerais
•Materiais de construcción:
•Rochas ornamentais
•Áridos e gravas
•Caolín, arxilas, feldespatos, seixo
•Cultivos
•Pastos
•Forestal
•Gandería
RECURSOS MINERAIS
Aínda que hai no concello empresas que traballan con recursos minerais para a fabricación de materiais de construcción, os recursos que as abastecen veñen de fora.
Os recursos minerais que foron explotados no concello foron os granitos de dúas micas de Outeiro da Vila, e os sedimentos aluviais de A Balastrera (Borreiros) e As Barreiras, cun uso preferente para áridos. Hoxe estas explotacións están abandonadas, convertidas en lagoas ou aproveitadas para a construcción de instalacións deportivas.
RECURSOS ENERXÉTICOS
A excelente orientación dos outeiros da zona cara os ventos dominantes, fixo que a enerxía eólica fose aproveitada de xeito tradicional para a moenda de grans de cereal (trigo, millo).
Os muíños de vento mellor conservados e nos que se fixeron restauracións nos últimos anos son os de Catoira (Outeiro da Vila) e Abalo (Cores). Pero aínda se conservan ruínas de antigos muíños en Monte Cabreira (preto do camiño de Vilar) mais en Oeste(nas cercanías de Fonte do Xeixo).
Outra das singularidades é a existencia dun muíño de marea (Muíño do Cura) na desembocadura do río Catoira, no enclave coñecido como O Machón. É dos escasos exemplos de aproveitamento de enerxía maremotriz na ría de Arousa.
Actualmente está en ruínas, ainda que se acometeron algunhas labores de acondicionamento e limpeza no entorno nos últimos tempos.
A enerxía hidráulica tamén foi intensamente aproveitada de xeito tradicional nos diversos ríos do concello: 13 muíños no Río Patiño, 2 no Río Freixeiro, 2 no Rego de Gondomil e 1 no de Pozas, 25 en total no Río Catoira, 17 no Rego de San Xibrán, 1 no rego de Collariñas e 1 no regueiro de Beco.
Un total de 62 muíños catalogados, dos que 48 atópanse en estado de abandono. Algúns foron parcialmente restaurados nos últimos anos, pero a meirande parte deles están en ruínas.Na actualidade só 11 funcionan normalmente.
O SOLO COMO RECURSO
No mapa, ademáis de representarse a explotación doutros recursos, como muíños e canteiras, quedan recollidos os principais usos do solo:
• Urbano e industrial: non toda a zona marcada está dedicada plenamente a ese uso na actualidade, pero si está previsto nun futuro, pola calificación dos terrenos .
• De protección Inclúe toda a zona de xunqueiras preto do Ulla, pero no futuro debería incluir tamén as canteiras abandonadas sobre materiais aluviais antigos, dada a súa peculiaridade.
• Uso agronómico : O uso adicado a prado queda limitado a certas zonas das ribeiras dos ríos e non supera un 5% do total do concello. Os cultivos sitúanse sobre o 20% , e son dirixidos ó autoconsumo. O máis frecuente é a vide, e zonas de rotación millo-raigrás ou pataca-raigrás.
• Uso forestal : representa máis dun 60% do total, sendo ata os anos 80 máis importante o sector de monte baixo que de zona arborada . Como no resto de Galicia, o porcentaxe de árbores autóctonas nos supera o 20%.
As comunidades de montes veciñais en man común teñen levado a cabo nos últimos anos as seguintes actuacións:
En xeral,a especie preferida para as repoboacións en montes veciñais é o Pinus pinaster, por adaptarse mellor ó clima e o solo, dando máis producción e menos risco de incendio que o eucalipto. Esta última especie aparece en montes privados principalmente, aínda que nos montes da parroquia de Catoira aparecen 3 Ha de eucalipto conservadas de talas anteriores.
O COIDADO DO ENTORNO Unha xestión planificada dos recursos na sociosfera ten que contemplar sempre a corrección de impactos e o coidado do entorno.
Sen dúbida, os desafíos para o futuro serán a total eliminación de puntos de vertido incontrolado de lixo, a protección integral dos enclaves naturais catalogados de interese, e a ampliación e maior acondicionamento das rotas de sendeirismo, que permitan disfrutar e apreciar a riqueza ambiental do Concello de Catoira.
Ata o momento, os esforzos feitos neste campo no concello son a canalización e depuración de augasresiduais, a incorporación á recollida selectiva de lixo, mailo acondicionamento das primeiras rotas de sendeirismo e puntos de observación de paxaros.
BIBLIOGRAFÍA:
Cartografía Militar de España. E=1:50.000. Hoja Nº 4-8(120)PADRÓN.” Servicio Geográfico del Ejército .Madrid.1980.
Cartografía Militar de España. E=1:50.000. Hoja Nº 4-9(152) VILAGARCÍA.” Servicio Geográfico del Ejército .Madrid. 1981.
Mapa geológico de España.E=1:50.000.Padrón. Hoja Nº 120. Servicio de Publicaciones del Ministerio de Industria y Energía.IGME.Madrid.1981.
Mapa geológico de España .E=1:50.000. Villagarcía de Arosa . Hoja Nº 152”. Servicio de publicaciones Ministerio de Industria y Energía.IGME. Madrid.1978
Mapas de suelos, hojas 120 y 152 , escala 1:50.000. Servicio de publicacións da Coselleria de Medio Ambiente. Santiago 2000
Catálogo dos muíños de auga do Concello de Catoira, característica e estado de conservaciónInforme do “Proxecto Brañas” realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural
BLAS ARITIO,L (1984): “Guia de Campo de los mamíferos españoles”.Ed Omega.Barcelona
FITZ-PATRICK,E.A.(1984): “Suelos”. Ed CECSA. México
FONT QUER, P (1982): “Plantas medicinales”.Ed Labor.Barcelona
MACIAS, F /CALVO DE ANTA,R (1992) :“Tipos de suelo” y “Usos del suelo en Galicia” Guía de la Naturaleza de Galicia. Fascículos nº 118 y 19. Ed. Faro de Vigo. Vigo
NONN, H. (1966) : “ Les régions côtiéres de la Galice ( Espagne ).Étude géomorphologique. Pub. Fac. Lettres. Strasbourg.
PANNEKOEK, A.J.(1966) : “The morfology of the surroundings of the Ría de Arosa (Galicia,NW Spain) Leidese Gologische Mededelingen.Vol 37 pp 7-32
PANNEKOEK, A.J (1970) : “ Additional data on the ría area of western Galicia” Leidese Gologische Mededelingen.Vol 37 pp 185-194
READING, H.G. (1986 e 1996) : “Sedimentary environments: Processes, facies and stratigraphy” .Blackwell Science.Hd Oxford .Massachusetts.
VARIOS AUTORES (1986) : “O meio natural galego.Cadernos do Seminario de Sargadelos.Nº 47”. Edicións do Castro. Sada (A Coruña)
VARIOS AUTORES (2002): “Ciencias de la Tierra y medio ambiente” .Editex .Madrid
VARIOS AUTORES (2002): “Geología” .Editex .Madrid
AGRADECEMENTOS:
FOTOS E ILUSTRACIÓNS:
• Fondos persoais de A.L. López Regueiro (Portada e perfil do Machón)
• Fondos persoais da autora (solos, materiais xeolóxicos, historia xeolóxica, rastros de seres vivos, vexetación herbácea e de bosque, e mapas)
•Fondos do Concello de Catoira: Vistas aéreas e panorámicas, ríos e muíños, canteira, depuradora , cultivos e carteis de observación de aves
•Ó Concello de Catoira, polo material e facilidades para levar a cabo este traballo
•Á profesora Marta Pérez Arlucea da Universidade de Vigo, á profesora Carlota García Paz , e persoal do Museo Luis Iglesias da USC, pola bibliografía e mapas proporcionados
•Ás persoas representantes das Comunidades Veciñais de Montes en Man común de Abalo, Catoira, Dimo e Oeste pola información facilitada
Rematado de redactar e montar o 1 de Maio de 2003