PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de...

15
PONTECESURES

Transcript of PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de...

Page 1: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

P O N T E C E S U R E S

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:38 Página 1

Page 2: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

3 Guía de Pontecesures

[...]”Por de fronte da estación de Cesurese de Casa Loureiro, chama a atención oconxunto de tres edificacións de fermosacantería. As laterais, con horta e xardín,son vivendas. A central, o alfolín, fauto-ría, leva inscrita so o topete da fachada asúa función primitiva, aínda que efímera(almacéns da renda do tabaco) e data deconstrución (1795)”.

[...]”En Carreiras paramos un algo no cru-ceiro, cheo de numerosas inscricións, co-mo pode observarse, e centro tamén deritos e lendas”.

[...]”Son estas aldeas do alto polas quevén o camiño de Santiago en corredoiras,lugares encantadores e moi paseables. Osol quixo saír e non puido. Os lameirosbotan as primeiras flores, prímulas nosarrós, paxarada moita e nas pozas verdeshan cantar as arrás”.

[...]”Axiña entramos en Infesta polocamiño de Santiago. É parada obrigada oMiradoiro do Pino Manso, o máis accesí-bel sobre o Ulla e o seu esteiro, paisaxetamén industrial. Deulle nome un fermo-so e moi fungón piñeiro derrubado. Me-dra agora no sitio outro pequeno ru-moroso. As cousas máis que seren, fanse,facémolas eternas”.

[...]”Aí abaixo, pasando a estrada, ondeestá a nova Casa do Concello, era o cam-po da feira, da feira do doce, e púñasefesta no Carme. Era o primeiro domingode setembro pero foi cambiada.

A festa do Carme é de mariñeiros. Poisclaro, Cesures é mariñeiro, e Porto e Re-queixo e Infesta... Pois velaí tes Cesures.Hai tempo seguramente non máis de ca-tro casas e chabolas para alá do Lazareto,Hospital de leprosos, malatería, que tiñaa súa ermida ou capela medieval, ata aque chegaba a auga do Ulla nas cheas.Aínda hoxe se celebra intensamente afesta do San Lázaro e veñen romeiros detoda a bisbarra. O crecemento de Cesuresé recente”.

[...]”Falara con Borobó aquel día da glo-riosa Cerámica Celta, historia da súa fa-milia. De cómo iniciou o vigués Uxío Es-curedo no Cantiño a Cerámica ArtísticaGalega de Pontecesures que logo conRamón Diéguez ía ser Cerámica Celta naCaleira. Falárame dos deseñadores, deAsorey (“O tesouro”), de Castelao (“O ca-birto”, realizado polas mans de VíctorGarcía, pai de Borobó), de Maside, So-brino, Acuña, Manolo Torres, Bonome,Sesto, Oria Moreno...”.

Do libro Terra de Iria, viaxe ó país de Rosalía,

de Anxo Angueira.

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:38 Página 2

Page 3: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

5 Guía de Pontecesures

Dende o punto de vista turístico e cultu-ral, Pontecesures é un enclave funda-mental dentro do fenómeno xacobeo,pola súa estratéxica situación tanto naruta portuguesa como na do Mar deArousa e Río Ulla. Unha ruta, esta última,marítimo-fluvial que conmemora a che-gada a Galiza, por mar, do corpo doApóstolo Santiago o Maior, tras o seumartirio en Xerusalén, no ano 44. Segun-do conta a tradición, entraron pola Ríade Arousa e remontaron o río Ulla, arri-bando á cidade romana de Iria Flavia.A este especial atractivo hai que sumarlleo conxunto de estruturas arquitectónicastamén cargadas de historia e que á súavez, contribúen a que esta vila conte cungran atractivo para os turistas.

O visitante atopará neste concello, nolímite entre as provincias de Pontevedrae A Coruña –Ulla por medio–, fermososcruceiros coma o da obra Pía de San Lá-zaro, o de Carreiras... Ademais, entre aarquitectura civil cómpre salientar o edi-ficio das rendas do tabaco “Alfolí”, opazo da Cova, do século XVIII, e a capelade San Xulián, de nave única, conservavaliosos restos románicos e indubidablesvencellos coa historia das peregrinaciónsa Compostela.

Xa dentro do presente século pódese ci-tar o revulsivo experimentado por esefeito xacobeo, inseparable de Pontecesu-res, e elementos senlleiros, como o “co-che de pedra”. A antiga tradición artesádo municipio está presente no taller de

velas, na Escola Ceramista ou nas figurasda cerámica celta.

En definitiva, en certa medida Pontece-sures é, no contexto do país galego, oque a propia Galiza a nivel global. Unlugar cheo de personalidade, riqueza eatractivos que namora aos visitantes quese achegan por diferentes vías.

Toda esta riqueza patrimonial e culturalrequire a atención da Consellaría de In-novación e Industria que apoiará todasas iniciativas que, coma esta guía turísti-ca, contribúan a potenciar o sector turís-tico do concello.

Quixera loubar o traballo dos promoto-res desta publicación que constituirá unexcelente material promocional e prácti-co para o coñecemento de Pontecesurese do seu entorno.

Fernando X. Blanco ÁlvarezConselleiro de Innovación e Industria.

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:38 Página 4

Page 4: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local
Page 5: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

7 Guía de Pontecesures

A casa dos Magáns, a igrexa, os crucei-ros, a cara de serpe da fonte da praza dopobo, as vías do tren, o pino manso, asfestas, o Ulla…

Co paso dos anos cambian as perspecti-vas que un ten sobre o seu pobo. Cotempo aparecen cousas, casas, xentes…que aínda que sempre estiveron pare-cían non estar.

O noso pobo, Pontecesures, é un pobodinámico como foi historicamente, peroé tamén un lugar aberto, un lugar ondedeterse, un curruncho para pensar, paraxogar, para rir...

Veciño e viaxeiro, deixa que te sorpren-da esta normalidade aparente que estása disfrutar e permítete descubrir un Pon-tecesures amable, acolledor e tamén, co-ma nós mesmos, vulnerable.

Bo camiño aos de aquí e aos que estánde paso.

M. Luis Álvarez AngueiraAlcalde de Pontecesures

Page 6: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

01

indo dun lado para outrolevando as poucas pertenzas xuntadas

podes esquecer nalgún momentoo lugar onde empezaches a viaxe

Franck Meyer

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:39 Página 8

Page 7: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

11 Guía de Pontecesures

A San Lois vexo brillandobañado por tintas puras,sol e sombras amostrando,en reposo contemprandomontes, augas e verduras.

Rosalía de Castro

02

03

04

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:39 Página 10

Page 8: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

13 Guía de Pontecesures12 Guía de Pontecesures

...e oir o estropicio tremendo das bombas de palenque que disparan os valeiros abordo das súas dornas, ao paso polo muelle, da tradicional e típica procesión daVirxe do Carme. Pois o que non se ve nin se escoita, adivíñase ou consérvase nosmiolos da memoria máis lonxana e leda.

Raimundo García Domínguez “Borobó”

O efecto sorprendentecando de repente un ve tomatesvermellos nun currunchoamontoados sen antessequera ter pensado en tomates. Esa é unha imaxeque no acto tederriba, en pleno díaun puñetazo, suavementepegado nos dous ollos.

Rolf Dieter Brinkmann05

06

07

08

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:39 Página 12

Page 9: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

15 Guía de Pontecesures14 Guía de Pontecesures

Pola mesaesparexidosengobespinceisbarbotinaeu vernizoti dás vidaa esta deliciosa alquimia

Elvira Riveiro

Afogou o mariñeirosedento de primaveras.

Cándido Duro

16

14 15

09 10 11 12

13

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:39 Página 14

Page 10: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

Así podemos marcharno único sentido posíbelou esperar o avalo dos viaxeirospara sentirnos expandidos nas miradas estrañasque chegan arrastrando as bambolinas do mundo.

Luisa Villalta

Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar no que eu repouseenviándome unha húmida mensaxede vida e de furia necesaria.

Lois Pereiro

17 Guía de Pontecesures16 Guía de Pontecesures

17 19

20 2118

Capela de San XuliánCapela románica feita construír polo BispoXelmírez, cunha remodelación no 1918 naque se atoparon restos romanos, queforon catalogados polo Museo Provincialde Pontevedra.

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:39 Página 16

Page 11: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

19 Guía de Pontecesures18 Guía de Pontecesures

Todo pasou. A vidafoi polo tempo dando tombos.De todo me esquencín. Soio me lembrodaquil Edén, na sombra daquil horreo.

Celso Emilio Ferreiro.

22

23 25

24

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:39 Página 18

Page 12: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

21 Guía de Pontecesures20 Guía de Pontecesures

Cruceiro de CarreirasData do ano 1747. No nacentefigura a imaxe da Raiña dosAnxos, patrona do lugar.

Cruceiro de PortoCruceiro do século XX que seatopa na Praza dos Valeiros, no lugar de Porto.

Cruceiro de San XuliánCruceiro do século XIV quepertenceu á desaparecidacapela de San Lázaro. Cabesinalar que a capela forma-ba parte da Malatería ouHospital de Leprosos,tamén chamado Obra Píade San Lázaro.

Fito XacobeoInaugurado o 21 deagosto de 1966 conmotivo da Ruta FluvialXacobea a través doRío Ulla.

Canta a pedra, durmida e acochada,da terra nai no garimoso seo,esperta do seu sono milenarioe quer ser oración e pensamento,frorece nun varal, estendo os brazos,e póndose de pé faise cruceiro.

Ramón Cabanillas

26

27 28 29 30

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:39 Página 20

Page 13: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

23 Guía de Pontecesures22 Guía de Pontecesures

A PonteConstruída no século I, con remodelacións poste-riores (a máis importante deseñada polo MestreMateo no século XII). Consta de dez arcos sobre orío Ulla e une as provincias de Pontevedra e ACoruña.

A palabraRelevantes persoalidades son convidadas todos osanos para realizar o discurso inaugural da festa.

Pazo da CovaPazo galego, con escudo composto de oito linaxese brasón de liña feminina.

O Alfolí Edificio barroco do século XVIII, destinado á alma-cenaxe de sal, tabaco, xofre...Testemuña da importancia de Pontecesures naépoca ao ser o único porto habilitado para a des-carga de sal desde 1467. En 1990 sofre o incendioque destrúe todo o interior. Conserva na fachadao escudo borbónico e o seguinte texto: “LOSALMACENES DE LA RENTA DEL TAVACO CONS-TRUIDOS EN EL AÑO DE MDCCVC REINANDO ELSEÑOR DN CARLOS IV”.

Festas de San RoqueNo barrio mariñeiro de Porto, celebración do SanRoque. Puxa de ramos, mexillonada gratuíta efesta, moita festa.

Feira do automóbilEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeiraFeira do Automóbil de Ocasión de toda España.

Festa de San LázaroO fervor relixioso e a mestría da industria local dacerería xúntanse nesta romaría tradicional, tan an-tiga coma o propio pobo.

Festa do CarmeO río sempre presente: no traballo, no deporte, nolecer... e como non, no Carme.

31 32 3733

Restaurante OlivoUnha aposta pola cociña de autor nun espazo decoidado deseño.

34

38 39

36

De copasFin de semana, o pobo convértese no centro dacomarca e transfórmase para a movida.

42

Festa da lampreaA lamprea a lume lento, sen présas...paga a pena.

35

O xantarA degustación da lamprea acolle a centos depersoas chegadas de toda Galicia.

40 41

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:39 Página 22

Page 14: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

OFICINAS CENTRAIS DO CONCELLO: 986 557 125 • 986 564 415

ASISTENCIA SOCIAL: 986 564 409

OFICINA DE INFORMACIÓN XUVENIL: 986 564 410

TÉCNICO LOCAL DE EMPREGO: 986 564 403

BIBLIOTECA: 986 556 695

POLICÍA LOCAL: 986 564 411

PROTECCIÓN CIVIL: 986 557 600

CENTRO DE SAÚDE: 986 557 710 • 986 557 713

XULGADO DE PAZ: 986 564 404

TELÉFONOS DE INTERESE

CASA GÓMEZRedondo, 23 Teléf. 986 557 11236640 PONTECESURESCARABELASan Lois, 28 Teléf. 986 557 50836640 PONTECESURESCHURRASCO O´CANDILAvenida dos Namorados, 29 Teléf. 986 557 56136649 PONTECESURES A REDONDATarroeira, 1 Teléf. 986 559 06136640 PONTECESURES OLIVOAvda. de Vigo, 12 Teléf. 986 557 36336640 PONTECESURESPIZZERÍA BAMBINOSagasta, 19 (Galerías) Teléf. 986 557 47036640 PONTECESURESO CHOCOPraza dos Valeiros, 4 Teléf. 986 556 64036649 PONTECESURESPARRILLADA O ABRENTEAvda. de Arousa, 16 Teléf. 986 557 32736640 PONTECESURES

RESTAURANTES

7 de xaneiroFESTA DO PATRÓN DE PONTECESURES (SAN XULIÁN)

2º fin de semana de xaneiro:FESTA DA RAÍÑA DOS ANXOS(CARREIRAS)

Marzo - AbrilFESTA DA LAMPREA

1º fin de semana de xullo FESTAS DA VIRXE DO CARME

Xullo/AgostoSUBIDA XACOBEA DO MAR DE AROUSA E ULLA(Travesía fluvial dende Vilagarcía ata o peirao dePontecesures).

3ª semana de AgostoFESTAS DE SAN ROQUE(PORTO)

12 de outubro FESTA DO PILAR(SAN XULIÁN)

12 ou 13 de decembro FESTA DE SANTA LUCÍA(INFESTA)

FESTAS POPULARES

Esta guía de Pontecesures realizouse coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo, Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia.

Edición e coordinación xeral: Taller de Insomnios ([email protected]).

Textos:Anxo Angueira, Franck Meyer, Rosalía de Castro, Raimundo García Domínguez “Borobó”, Rolf Dieter Brinkmann, Elvira Riveiro, Cándido Duro, Lois Pereiro, Luisa Villalta, Celso Emilio Ferreiro, Ramón Cabanillas.

Fotografías:Víctor Mejuto páxinas: 2, 4, 6, 8 e portada. Fotos número: 01, 02, 03, 04, 06, 07, 08, 13, 14, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 34.Anxo Abalo páxina: 5. Fotos número: 05, 09, 10, 15, 32, 33, 35, 36, 37, 38, 39, 40.Antonio Cortés fotos número: 11, 12, 41, 42.

Deseño: Serxio Suárez

LENDACasa do ConcelloPolicía LocalInformación turísticaCentro MédicoProtección CivilCasa da CulturaCorreosEstación de Renfe

GasolineiraParadas de AutobúsFarmaciaCentro SocialParques infantísGarderíaColexioPolideportivo

PonteR. de José

NovoN

úñez

R. Víctor García

R.EugenioEscuredo

R. Sagasta R.Es

tació

n

R. Rosalíade

Cast

ro

R. SanLois

R. Nova

C.de

San

Xuliá

n

R. M. Parrado

Aven

ida

deVi

go(N

550)

R. de Ca

rlos M

asid

e

R. S. LázaroR. Otero Acevedo

R. Patifas

Paseo marítimo

“Atios”

ClubNáutico

PiscinasMunicipais

Río Ulla

DirecciónSANTIAGO

SAN XULIÁN

INFESTA

GROBASFENTEIRA

CARREIRAS

SOUTO

CAGAXOl

POZO DA CORNELIA

CONDIDE

A TOXA

COUTO

A PAXAREIRA

APrazuela

Igrexaparroquial

Escala: 1:100200 m.

100 m.

Praza dePontevedra

Cemiterio

Monte doGaliñeiro

Alfolí

Instalaciónsdeportivas

Zona de pescada lamprea

Aven

ida

dos N

amor

ados

R. Diputación

R. Gorgullón

Avenida de Arousa

R.Re

dond

oT. Bandeira

R.Po

rtarra

xoi

PLAN

O D

E PO

NTE

CESU

RES

31

15/38

16

30

17

32

19

07

13

24

14

27/37

09/12

10 11

� 22/23

33

05

04

03

21

0106

02

Concello

08

26/29

28

25

20

1834

Praza dosValeiros

Direcci

ón VILAGARCÍA

� Dire

cció

nPO

NTE

VED

RA

Ferrocarril A Coruña - Vigo

España

Galicia• Santiago

Pontecesures

N

P. Abastos

41

PORTO

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:39 Página 24

Page 15: PONTECESURES3).pdfEn 1925 celebrouse en Pontecesures a primeira Feira do Automóbil de Ocasión de toda España. Festa de San Lázaro O fervor relixioso e a mestría da industria local

Entre os meus dezaseis e vinte anos traballei decontable nas oficinas dun aserradeiro local e escri-bín moitas veces o nome de Pontecesures –ou Ce-sures simplemente–, ata cheguei aquí máis dunhavez acompañando camións cargados de madeirade piñeiro. Rematara a Segunda Guerra Mundial,Europa estaba desfeita e Galicia contribuiu á súareconstrución exportando viguetas, canteado, tá-boas de grandores diversos… á conta de despobo-ar os nosos montes. Pontecesures era un punto deembarque.Pero Pontecesures non era só un peirao para em-barcar madeira. Era tamén e segue sendo, asentode pescadores, de esforzados traballadores do mare do río nos que obteñen salmóns, lampreas, sába-los, reos, anguías, troitas e outras especies.Eu que andei 43 anos por América foi alá onde des-cubrín Galicia…

Xosé Neira Vilas

En 1970 fun destinado á Agrupación Escolar Mixtade Pontecesures que logo se trocaría en ColexioPúblico de E.X.B. onde botei algo máis dos últimostrece anos da miña vida profesional. Lembranzasmoi gratas do ensino, de moitos alumnos que lem-bro con agarimo. Aínda lembro cando chegueiaquí procedente de Zaragoza, cando prantei asárbores que aínda hoxe están diante das casas dosmestres.[…] Pero deixémonos de vellos recordos, pois ho-xe estou aquí como pregoeiro dunha festa: a Festada Lamprea que vindes celebrando desde hai anos.Di ou dicía un refrán “non comas lamprea que noné san e ten a boca fea” ao que se lle podía opór ode “o que á fea quer, bonita lle parece”. A verda-de é que xa os romanos non facían caso do primei-ro refrán e os galegos aprendemos deles a valorareste prato exquisito para bos gourmets de dentroe de fóra do noso país…

Avelino Pousa Antelo

O luns de Pascua de 1967 foi a primeira vez que medetiven en Pontecesures. En máis dunha ocasiónpasara pola “Vía per loca marítima”, a actual 550,que determina a singularidade e a excepcional be-leza do espazo portuario de Cesures. Pero nuncame detivera a pasear polos peiraos de pedra quenaceron fenicios, medraron gregos, consolidáronsecartaxineses e chegaron ao seu esplendor comoromanos.[…] Pontecesures foi para min unha revelación.Unha mestura da doce Galicia imaxinaria, que to-dos levamos dentro, cos ríos caudalosos da EuropaCentral, ateigados de barcazas e fábricas. A imaxede Pontecesures dos anos sesenta, comparada coamiña Terra de Montes, era como un anaco da con-ca do Rhur metido na miña Galicia, ou como unpresaxio das dúas Galicias que se debuxan hoxenos informes económicos e demográficos.[…] Concluirei, pois, con unha loubanza sinceira dePonteceures, do seu solar e do seu río, do seu pei-rao e da súa romántica estación do ferrocarril, quefica aínda no medio da vila como se fora unha ilus-tración dunha novela costumbrista de finais doséculo XIX.

Xosé Luis Barreiro Rivas

E o traballo daquelas mulleres de Pontecesures (aspatifas) que cargaban as patelas con peixe e, pri-meiro en burro e logo na camioneta do Mambís,vendíano na zona de Vea e A Estrada. Sacabanunhas pequenas ganancias en cartos e volvían coapatela coa “limosna” (así se chamaba) que lle da-ban nas aldeas: espigas de millo, unhas patacas, unpouco de fariña e pan de millo.Fóra da miseria desta forma de traballo sempre mepareceu moi interesante esta figura social da “ven-da”. A “venda” era un grupo de aldeas no que ca-da “patifa” tiña a exclusiva para vender o peixe.Este dereito era respectado por todas. Era case undereito de propiedade.

Nalgunha ocasión que falei disto con amigos so-ciólogos interesoulles moito esta fórmula, coidoque específica de Pontecesures, de relación econó-mica.

Gerardo García Fernández

¡Que río más hermoso! ¡Y quien me iba a decir a mi,mientras en 2002 lo contemplaba desde el monteMeda, que dos años después sería invitado por elAyuntamiento de Pontecesures a lanzar el pregónde una fiesta dedicada a las excelencias del pez rarí-simo que esconde sus caudalosas aguas. Cosas dela vida.Como es evidente, no me iba a presentar ante uste-des en ocasión tan señalada sin haberme informadoprimero acerca de las características de la lamprea.Ustedes saben –pero yo no lo sabía– que la etimo-logía más habitual que se propone para “lamprea”es el latín LAMPRETA, que viene a significar “lame-piedra”, por el hecho de pegarse este pez, con susventosas, a piedras en el fondo de los ríos. Se-bastián de Covarrubias, sin embargo, allá por 1611,no se dejaba convencer por tal etimología en suTesoro de la lengua castellana o española, y optabapor una raíz griega que significa “brillo” porque,como allí dice, la lamprea “es de los pezes que notienen escamas, su piel es muy tersa, y quando sesaca del agua parece resplandecer”.

Ian Gibson

Estiveron e dixeron

GUIA DE PONTECESURES 07 26/2/07 13:39 Página 26