Vocabulario sobre Grecia...Gran praza das antigas polis gregas. Era o centro administrativo,...
Transcript of Vocabulario sobre Grecia...Gran praza das antigas polis gregas. Era o centro administrativo,...
Vocabulario sobre Grecia
Nome dado ao conxunto de helenos ou gregos e ao territorio habitado por aqueles.
Hélade
Cidade-Estado independentes da antiga Grecia, como Atenas, Esparta ou Corinto.
Polis
Gran praza das antigas polis gregas. Era o centro administrativo, relixioso e comercial daquelas.
Ágora
Territorio ou cidade grega da que dependía unha colonia, territorio co que mantiña vínculos políticos, económicos e culturais.
Metrópole
Unidade militar de orixe macedónica. formada por soldados de infantería (hoplitas) armados con escudos e longas lanzas, cabalería e máquinas de asedio.
Falanxe
Conxunto de guerras entre as polis gregas e os persas, entre o 500 e o 479 a.C
Guerras Médicas
Período comprendido entre a formación do imperio de Alexandre Magno e a conquista romana de Exipto, caracterizado pola expansión da cultura grega e a fusión de elementos gregos e orientais.
Helenismo
Conxunto formado por elementos sustentantes verticais (colmna), sustentados horizontais e un capitel característico. As tres ordes gregas foron a dórica, a xónica e a corintia.
Orde arquitectónica