25 anos de sarabela teatrosarabelateatro.com/antiga/imaxes/montaxes_pdf/cama.pdf · 2010. 11....

6
54 25 anos desarabelateatro Coñecemos a Sergi Belbel nun curso de dramatur- xia en Sitges, cando estabamos a preparar o noso espectáculo. Falamos moito; comemos xuntos tres días. Sentímolo «entrañable», houbo comunicación, semellaba un amigo de toda a vida. Moi especial. Fixemos un espectáculo de reloxaría fina. O maior problema: a estrutura. Falar da selva urbana, da incomunicación, da incapacidade de amar... cunha linguaxe cómica, sen dogmatismos, sen moralinas, con crueza e compaixón... falar cunha linguaxe teatral que busca novos vieiros de expresión nesta arte. Teatro de hoxe, conectado co mundo de hoxe. (Extracto do programa de Cama —a modo de reconto—) Belbel: ‘CAMA DOUS POR DOUS PARA DOUS’ NOVAS DRAMATURXIAS

Transcript of 25 anos de sarabela teatrosarabelateatro.com/antiga/imaxes/montaxes_pdf/cama.pdf · 2010. 11....

Page 1: 25 anos de sarabela teatrosarabelateatro.com/antiga/imaxes/montaxes_pdf/cama.pdf · 2010. 11. 16. · tamén é un xogo, e as regras deste xogo deberán vostedes ilas adiviñando.

5 4

25

an

osde sarabela teatro

5 5

25 a

nos d

e s

ara

bela

tea

tro

Coñecemos a Sergi Belbel nun curso de dramatur-

xia en Sitges, cando estabamos a preparar o noso

espectáculo. Falamos moito; comemos xuntos tres

días. Sentímolo «entrañable», houbo comunicación,

semellaba un amigo de toda a vida. Moi especial.

Fixemos un espectáculo de reloxaría fina. O maior

problema: a estrutura.

Falar da selva urbana, da incomunicación, da

incapacidade de amar... cunha linguaxe cómica,

sen dogmatismos, sen moralinas, con crueza e

compaixón... falar cunha linguaxe teatral que busca

novos vieiros de expresión nesta arte. Teatro de

hoxe, conectado co mundo de hoxe.

(Extracto do programa de Cama —a modo de reconto—)

de sarabela teatro

sen dogmatismos, sen moralinas, con crueza e

compaixón... falar cunha linguaxe teatral que busca

Belbel: ‘CAMA DOUS POR DOUS PARA DOUS’

N O V A S D R A M A T U R X I A S

25anos•Sarabela[adri][ch]•4.indd54 54 25/2/06 12:40:56

Page 2: 25 anos de sarabela teatrosarabelateatro.com/antiga/imaxes/montaxes_pdf/cama.pdf · 2010. 11. 16. · tamén é un xogo, e as regras deste xogo deberán vostedes ilas adiviñando.

5 4

25

an

osde sarabela teatro

5 5

25 a

nos d

e s

ara

bela

tea

tro

25anos•Sarabela[adri][ch]•4.indd55 55 25/2/06 12:40:59

Page 3: 25 anos de sarabela teatrosarabelateatro.com/antiga/imaxes/montaxes_pdf/cama.pdf · 2010. 11. 16. · tamén é un xogo, e as regras deste xogo deberán vostedes ilas adiviñando.

5 6

25

an

osde sarabela teatro

5 7

25 a

nos d

e s

ara

bela

tea

tro

[...] Unha comedia das de toda a vida e, á vez,

coidado, unha comedia completamente distinta,

nunca vista, completamente nova [...] a comedia

que ten nas mans observa a cotidianeidade para

extrapolar, deformar, satirizar e, sobre todo, ironizar,

con humor afinadísimo, o comportamento dunhas

xentes que Belbel coñece de sobras e pola que, en

realidade, sente un obxectivado afecto que non

acepta baixar a garda. A comedia que teñen nas

mans toma o sexo como escusa —se é posible

tomar o sexo como escusa de nada— e amósanos,

ao remate, a miseria entrañable de certas relacións

humanas. Pero a comedia que teñen nas mans

tamén é un xogo, e as regras deste xogo deberán

vostedes ilas adiviñando. Un xogo, coidado, nada

gratuíto, xa que por el aprendemos que os diálogos

teñen un sentido cando podemos relacionalos co

seu contexto, pero que poden tornarse inquedan-

tes, suxerentes, ambiguos, contraditorios, cando se

nos amosan fragmentados, illados, privados do seu

marco referencial.

Unha comedia de humor por veces hilarante, pode

que algo triste, e verdadeiramente sorprendente. A

radiografía pervertida dunha comedia en realidade?

Unha comedia de construción brillante e arriscada,

de contido patético e exasperado. En resumo, unha

comedia de Sergi Belbel.

J. M. BENET I JORNET

(Extracto do texto que acompañaba

o programa de man da estrea de TALEM)

NOV

AS

DRA

MAT

URXI

AS

B

elbe

l: ‘C

AM

A D

OU

S P

OR

DO

US

PAR

A D

OU

S’

25anos•Sarabela[adri][ch]•4.indd56 56 25/2/06 12:41:04

Page 4: 25 anos de sarabela teatrosarabelateatro.com/antiga/imaxes/montaxes_pdf/cama.pdf · 2010. 11. 16. · tamén é un xogo, e as regras deste xogo deberán vostedes ilas adiviñando.

5 6

25

an

osde sarabela teatro

5 7

25 a

nos d

e s

ara

bela

tea

tro

25anos•Sarabela[adri][ch]•4.indd57 57 25/2/06 12:41:07

Page 5: 25 anos de sarabela teatrosarabelateatro.com/antiga/imaxes/montaxes_pdf/cama.pdf · 2010. 11. 16. · tamén é un xogo, e as regras deste xogo deberán vostedes ilas adiviñando.

5 8

25

an

osde sarabela teatro

25 a

nos d

e s

ara

bela

tea

tro

5 9

Agora saberán vostedes que a historia non é como nola contaron e que hai un princi-pio, aínda que non moi científico, segundo o cal, se algo pode saír mal, sairá mal.Son cousas que o teatro ensina entre ri-sos para os que, un pouco cruelmente, observamos a desgracia allea como se fora gracia propia. Non é tal. Resulta que os fracasos dos personaxes do teatro se-rán os nosos a pesar de que non creamos no destino.Sarabela descobriunos na Mostra que se pode facer teatro intelixente e, ó tempo,

rirmos como se non o fose. Son ventaxas da parodia esta da comedia humana.A historia repítese moitas veces, pero no caso de Sergi Belbel e a súa cama virxe, escríbese a historia como comedia para rematar como parodia. Agora ben, segu-ramente a máis humana das dúas partes sexa a paródica, porque nela non hai esas vestiduras que presta o orgullo ou a presunción. Finalmente sempre durmi-mos no chan.Esta obra é para Sarabela como unha proba da madurez do grupo, da capacida-de de adaptación dos seus actores para rexistrar os matices e do conxunto para pór en pé unha arquitectura que o actor

da obra non elaborou.Lonxe de tantas cousas, o teatro é tamén cuestión de matices, de pequenos deta-lles que indican que hai un pensamento detrás de cada acción. Cama está chea dos matices que lle permiten ser unha comedia da que vai quedando un zume un pouco acedo. Porque, aínda que nos pese un pouco, deberemos recoñecer que nin somos galáns, nin superhomes, nin ninfómanas, nin tan siquera celesti-nas. Que somos outra cousa máis leve, e seguramente máis humana, porque non podemos ser Sinatra

Camilo Franco | La Voz de Galicia | xoves 20 de xuño de 1995

Matices

A compañía ourensán Sarabela despunta entre os grupos teatrais galegos que op-tan con claridade por unha liña de traballo escénico ben perfilada. A súa revelación produiciuse con As sillas, de Ionesco, e agora confirman a súa condición de valor en alza da escena galega con este Cama (2 por 2 para 2) que Sergi Belbel escri-biu a instancias do Centre Dramàtic cata-lán. A Sarabela non lle interesa o teatro en canto venerable activdiade cargada de séculos de gloria artística. Esta com-pañía, dirixida con tanta modestia como intelixencia por Ánxeles Cuña Bóveda, busca un teatro vivo, capaz de falarlle, aínda que sexa elipticamente, ó especta-dor real, non a ese público sublimado po-las mensaxes institucionais e polas pro-

clamaas do nacionalismo voluntarioso. Sarabela non se resigna a un teatro deca-dente, convertido por mor dos tempos e as inercias nunha convención rutinaria e nun oficio triste. Buscan a comunicación, a renovación perceptiva e outro modo de estar sobre o escenario.No epicentro poético de Cama (2 por 2 para 2) anícase o desexo, simboliza-do por unha gran cama-tótem en torno á cal deambulan dúas parellas. Falan da cama, soñan coa cama, loan a cama, mais non chegan a usala nunca, nin sequera para durmir. Arredor dese motivo prin-cipal, constrúe Belbel unha dolorosa co-media de frustración e desencontros na que os pesonaxes pasan o tempo falan-do, prometendo, imaxinando, sen que a súa disparatada logorrea sexa, máis ben ó contrario, un camiño de achegamento. É unha comedia urbana que retrata nun-has poucas pinceladas verbais un mundo de tópicos fronteirizo entre unha moder-nez e unha mesocracia que acaban por

fundirse e confundirse na mesma desa-zón. Quizais non estea de máis recordar a Woody Allen.Cama (2 por 2 para 2) é un texto apro-piado para un grupo como Sarabela. Con varios anos de antelación sobre Tarantino, Belbel compuxo esta peza de estructura dislocada e circular na que o rompecabe-zas vai perdendo sentido a medida que as súas pezas van recobrando a súa aparien-cia correcta e a súa lóxica temporal. Lóxi-ca das apariencias, sensentido do real: o binomio tan explotado no texto de Belbel e radicalizado por Sarabela na súa adap-tación á escena. O resultado e efectivo e desconcertante. Non hai concesións ós automatismos perceptivos nin ás conven-cións espacio-temporais. Tampouco ó cos-tumismo. Os actores (Fernando Dacosta, Elena Seijo, Suso Díaz e Sabela Gago) son a clave. O seu exercicio interpretativo é difícil e magnífico, perfectamente instala-do nun rexistro moi delicado que semella o propio para este tipo de traballo.

Damián Villalaín | Revista Galega de Teatro, Nº 11 | 11 de setembro de 1995

Cama (2 por 2 para 2): o dolor do desexo

NOV

AS

DRA

MAT

URXI

AS

B

elbe

l: ‘C

AM

A D

OU

S P

OR

DO

US

PAR

A D

OU

S’

25anos•Sarabela[adri][ch]•4.indd58 58 25/2/06 12:41:08

Page 6: 25 anos de sarabela teatrosarabelateatro.com/antiga/imaxes/montaxes_pdf/cama.pdf · 2010. 11. 16. · tamén é un xogo, e as regras deste xogo deberán vostedes ilas adiviñando.

5 8

25

an

osde sarabela teatro

25 a

nos d

e s

ara

bela

tea

tro

5 9

Crúzanse varios textos na última obra de Sarabela, como se cruza o destino nas in-tencións dos seus personaxes. Hai un pri-meiro texto de Sergi Belbel que se sabe televisivo, e por mor, intencionadamente coloquial, poderiamos decir sobrio, pero sería máis exacto pobre porque o seu o papel é instrumental, porque reflecte eso que tan socioloxicamente se denomina vida cotián e porque os seus personaxes non soñan tan longo como para necesitar grandes palabras.Hai un segundo texto, máis importante, que é o xestual que Sarabela inventou para que cada palabra tivese verdadeira-mente un contido (poderiamos falar aquí da comunicación non verbal, pero sería

pedante), para dar color e lustre a unha vida absolutamente normal (pero que lles vou decir que non saiban: vivimos marcando as datas cos cambios dos elec-trodomésticos).No terceiro dos textos é no que se des-envolve verdadeiramente o conxunto de Cama. Outro logro de Sarabela, de in-terpretación do texto inicial. Un cambio se queren revolucionario porque antes se sabía que a historia se escribía como traxedia e se repetía como comedia. Ago-ra cambiaron os tempos, e en Sarabela decatáronse, a historia escríbese como comedia e repítese como parodia. A vida é así de dura, promete ser unha comedia de Wilder e acaba sendo un culebrón. Pode parecer un pouco absurdo, pero ese é o punto no que se desenvolve; na frontei-ra donde o humor deixa de ser finalidade para ser tamén instrumento.Os textos crúzanse na obra. Cara adiante

como a vida, cara atrás como o recordo, para que o espectador se decate de que nada é como parece e que o texto impor-ta en ocasións menos do que o contexto. Unha obra case impecable de factura que quere ser unha comedia de facer rir agora, e de facer pensar logo.Non é tan común no teatro galego a ac-titude de Sarabela, como xa se dixo, de facer comedia en serio, e tampouco é moeda corrente que os rexistros paródi-cos teñan un fin diferente o de complacer o patio de butacas. Catro actores, unha cama, e moita intención é todo o que se necesita para facer teatro.Os actores estiveron áxiles e concisos, a intención de Ánxeles Cuña era non esque-cerse de que pensar debe formar parte do patrimonio e do exercicio teatral, incluso das comedias, e a cama, finalmente, era grande, moi grande, para que todo o mun-do se poida deitar nela.

Camilo Franco | La Voz de Galicia | martes 11 de outubro de 1994

Os textos cruzados

NOV

AS

DRA

MAT

URXI

AS

B

elbe

l: ‘C

AM

A D

OU

S P

OR

DO

US

PAR

A D

OU

S’

Carteis de 1:Media para ‘Cama dous por dous para dous’

25anos•Sarabela[adri][ch]•4.indd59 59 25/2/06 12:41:09