20079P002R0 AD ANEXO I - EST.ACUSTICO - …xmu.vigo.org/docs/planeamento/falcoa/20130416_S34R... ·...

39
PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO. 20079P002R0 ESTUDIO ACÚSTICO ESTUDIO DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO PLAN PARCIAL S-34-R FALCOA CONCELLO DE VIGO OUTUBRO 2012

Transcript of 20079P002R0 AD ANEXO I - EST.ACUSTICO - …xmu.vigo.org/docs/planeamento/falcoa/20130416_S34R... ·...

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

ESTUDIO ACÚSTICO ESTUDIO DE SOSTIBILIDADE AMBIENTAL, IMPACTO

TERRITORIAL E PAISAXÍSTICO

PLAN PARCIAL S-34-R FALCOA

CONCELLO DE VIGO OUTUBRO 2012

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

[índice]

[1] INTRODUCIÓN E ANTECEDENTES ................................................................................ 1

[2] OBXECTIVOS ............................................................................................................ 3

[3] MARCO LEGAL .......................................................................................................... 4

[4] SITUACIÓN ............................................................................................................... 5

[5] METODOLOXÍA .......................................................................................................... 6

[6] DATOS DE PARTIDA ................................................................................................... 7

6.1. TOPOGRAFÍA .....................................................................................................................7 6.2. FONTES SONORAS .............................................................................................................7 6.3. PREVISIÓNS DE TRÁFICO ASOCIADAS O DESENVOLVEMENTO RESIDENCIAL DE FALCOA ...............8 6.4. PLANEAMENTO ................................................................................................................ 12

[7] OBXECTIVOS DE CALIDADE ACÚSTICA.......................................................................15

[8] ANÁLISE DA SITUACIÓN ACÚSTICA PREOPERACIONAL ................................................18

8.1. FONTES SONORAS CONSIDERADAS .................................................................................... 18 8.2. ANÁLISE ACÚSTICO DA SITUACIÓN PREOPERACIONAL ........................................................... 19 8.3. RESULTADOS .................................................................................................................. 24

[9] ANÁLISE DA SITUACIÓN ACÚSTICA POSTOPERACIONAL...............................................25

9.1. FONTES SONORAS CONSIDERADAS .................................................................................... 25 9.2. ANÁLISE ACÚSTICO DA SITUACIÓN POSTOPERACIONAL ......................................................... 26 9.3. RESULTADOS .................................................................................................................. 31

[10] CONCLUSIÓNS ........................................................................................................36

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

1

[1] INTRODUCIÓN E ANTECEDENTES

O Plan Parcial é o instrumento de ordenación que ten por obxecto regular a urbanización e a edificación do solo urbanizable delimitado, desenvolvendo as prescricións contidas no Plan Xeral de Vigo. A ordenación e regulación abarca unha delimitación concreta a través do Plan Xeral, e clasificada como Solo Urbanizable Delimitado S-34-R Falcoa, cuns condicionamentos básicos respecto dos usos autorizados e a súa intensidade e aproveitamento.

O presente Estudio de Contaminación Acústica complementa o Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto territorial e Paisixístico (ESAITP) que se redacta conforme o artigo 65 da Lei 9/2002, de 30 de Decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUGA). Dita Lei establece que, dentro da documentación necesaria dos Plans Parciais nos que non é necesaria a Avaliación Ambiental Estratéxica, se atopa o Estudio de Sostibilidade Ambiental, Impacto Territorial e Paisaxístico.

As normas urbanísticas do Plan Xeral establecen así mesmo que:

“Art. 4.0.3. Condicións ambientais de desenvolvemento.

3. Todos os planeamentos de desenvolvemento de solo urbano non consolidado ou de solo urbanizable conterán un estudio específico que evalúe a prevención da contaminación acústica, e electromagnética dentro do seu propio ámbito. “

No caso particular deste sector, débense cumprir ademais as condicións establecidas no Art. 7.1.15 da Normativa Urbanística do Plan Xeral respecto das Normas Especificas para as vías do Sistema Xeral Viario das cales forma parte a Vía Parque da Universidade:

“Art. 7.1.15 Normas Especificas para as vías do Sistema Xeral Viario da Ronda de Vigo, Acceso Aeroporto e Vía Parque da Universidade.

Apartado 4. Condicións para os planeamentos de desenvolvemento.

A banda de espazo libre entre a aliñación do SVE e a actuación de urbanización (dun ancho mínimo de cinco (5) metros agás no Solo Urbano Consolidado) ten por obxecto conseguir desde o punto de vista paisaxístico a condición de Vía Parque. Dita condición, sen embargo, enténdese como necesaria pero non suficiente, polo que os planeamentos que conteñan a ordenación detallada de ditos ámbitos deberán garantir outros parámetros complementarios.

- Os planeamentos que conteñan a ordenación detallada en contacto co SVE deberán conter un estudo funcional e paisaxístico, que concrete alomenos:

• A drenaxe

• As visuais compositivas previstas desde o SVE,

• Estudo da afección sonora do SVE sobre a edificación prevista, e medidas correctoras se é o caso

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

2

• A xustificación do límite de edificación e, en concreto, a banda libre entre o SVE e o

desenvolvemento urbanístico,

• O tratamento de dita banda de espazo libre,

• Un razoamento específico sobre os criterios de ordenación de circulación tanto do tráfico rodado,

como de bicis e pións, dentro do ámbito ou sector.”

Para a realización do estudio, fíxose unha análise da situación acústica dos escenarios preoperacional e postoperacional empregando unha serie de mapas de ruído xerados a partires dun modelo de cálculo homologado1, que incorpora a información de tráfico referente ás infraestruturas viarias principais do entorno do sector.

Analizouse a adecuación da ordenación proposta polo Plan Parcial á lexislación acústica aplicable.

1 Software de predición acústica Cadna-A V 3.7

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

3

[2] OBXECTIVOS

O principal obxectivo deste estudio é comprobar a viabilidade ambiental da ordenación proposta de forma que se cumpra a lexislación vixente sobre contaminación acústica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Así, deberase cumprir co establecido na Lei 37/2003 de Ruído estatal (así como o Real Decreto 1513/2005, de 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003 no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental e o Real Decreto 1367/2007, de 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003 no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas) na que se establece que:

“el planeamiento urbanístico debe tener en cuenta siempre los objetivos de calidad acústica de cada área acústica a la hora de acometer cualquier clasificación del suelo, aprobación de planeamiento o medidas semejantes”

O estudio acústico baséase na modelización do área para simular o ruído no sector S-34-R nun escenario hipotético no que o novo sector proposto no Plan foron desenvoltos (ano 2.015) e así establecer as medidas correctoras no caso de ser necesarias.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

4

[3] MARCO LEGAL

A principal normativa de aplicación é a Lei 37/2003, de 17 de novembro, do Ruído estatal, na que se establece o obxectivo xeral de previr, vixiar e reducir a contaminación acústica, para evitar e reducir os danos que desta poden derivarse para a saúde humana, os bens ou medio ambiente (artigo 1).

Os obxectivos de calidade acústica defínense por outro lado, no Real Decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, de 17 de novembro, do Ruído, no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.

No artigo 5 do Real Decreto 1367/2007 establécese que: “A los efectos del desarrollo del artículo 7.2 de la Ley 37/2003, de 17 de noviembre, en la planificación territorial y en los instrumentos de planeamiento urbanístico, tanto a nivel general como de desarrollo, se incluirá la zonificación acústica del territorio en áreas acústicas de acuerdo con las previstas en la citada Ley.”

Así mesmo, no artigo 11, relativo a servidumes acústicas e planeamento territorial e urbanístico, establécese que: “El planeamiento territorial y urbanístico incluirá entre sus determinaciones las que resulten necesarias para conseguir la efectividad de las servidumbres acústicas en los ámbitos territoriales de ordenación afectados por ellas. En caso de que dicho planeamiento incluya la adopción de medidas correctoras eficaces que disminuyan los niveles sonoros en el entorno de la infraestructura, la zona de servidumbre acústica podrá ser modificada por el órgano que la delimitó. Cuando estas medidas correctoras pierdan eficacia o desaparezcan, la zona de servidumbre se restituirá a su estado inicial.”

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

5

[4] SITUACIÓN

O ámbito que ocupa o sector de Falcoa sitúase na parroquia de Castrelos, no termo municipal de Vigo. A superficie do sector é de 127.653 m2.

Localización municipio

Parroquias de Vigo e ámbito de actuación

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

6

[5] METODOLOXÍA

Para o estudio acústico dos terreos en función das fontes sonoras contaminantes, consideraranse os límites acústicos ambientais que se deben cumprir en cada uso de solo previsto.

Para os estudios predictivos de determinación das curvas isófonas é preciso analizar:

• A topografía segúndo a planimetría.

• A emisión simultánea de tódalas fontes sonoras que inflúen no área segundo as intensidades previstas para un escenario futuro de plena actividade.

O método de cálculo empregado para o tráfico rodado é o método francés “NMPB-Routes-96 (SETRA-CERTU-LCPC-CSTB), mencionado en el Arrêté du 5 mai 1995 relatif au bruit des infrastructures routières, Journal officiel du 10 mai 1995, article 6ª "e na norma francesa "XPS 31-133ª”.

A situación acústica modelizouse co programa informático Cadna-A na súa versión 3.7 coa opción XL.

A partir deste programa xeráronse os mapas de ruído tanto da situación preoperacional como da postoperacional. Dito modelo é especialmente útil para o cálculo da situación acústica postoperacional posto que, ao preverse un aumento das intensidades circulatorias se modificarán as emisións acústicas, polo que resulta imposible obter niveis sonoros de emisión a través de medicións acústicas. O programa Cadna-A permite predicir ditas emisións en función das características do tráfico, que si son predicibles.

O área de estudio abarca todo o sector S-34-R onde está previsto o novo desenvolvemento e modelizouse incluíndo as fontes sonoras, áreas edificadas e a topografía existente.

Dacordo co Real Decreto 1367/2007 consideráronse como períodos de referencia para o día de 7 a 19 h, tarde de 19 h a 23 h e noite de 23 h a 7 h.

Calculouse unha malla de receptores cun entramado de 5x5 m e a unha altura de 4 m sobre o solo, tal e como establece o Real Decreto 1367/2007.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

7

[6] DATOS DE PARTIDA

6.1. TOPOGRAFÍA

Para a modelización do escenario preoperacional tívose en conta a topografía actual dos terreos a partires da cartografía escala 1:1000.

Na situación postoperacional (ano horizonte de cálculo 2015) non se dispón da topografía final prevista, polo que, a modelización realizada debe considerarse como unha aproximación á situación final. Non obstante, os movementos de terras previstos respecto da situación inicial son moi reducidos, xa que a ordenación proposta se adapta á topografía existente.

6.2. FONTES SONORAS

Para modelizar a situación acústica do novo desenvolvemento proposto, tanto na situación preoperacional como na postoperacional, consideráronse coma fontes de ruído as principais infraestruturas de transporte rodado que puideran xerar unha afección sonora sobre o área de estudo. No caso do sector S-34-R unicamente cabe destacar o Viario da Universidade que discorre polo lado occidental do sector e pertencente ó Sistema Xeral Viario do Plan Xeral.

Sistemas Xerais de comunicación e transporte (Plan Xeral). En vermello o sector S-34-R Falcoa

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

8

Non se consideran fontes de tráfico ferroviario posto que non existen vías no entorno do sector S-34-R.

Infraestruturas viarias

As variables que definen o nivel de potencia sonora emitido polo tráfico rodado son as seguintes:

Intensidade horaria promedio durante os períodos diúrno, vespertino e nocturno.

Porcentaxe de vehículos pesados.

Velocidade de vehículos lixeiros e pesados.

Ademais das variables anteriormente citadas, existen outras non asociadas directamente ó tráfico, máis propias da infraestrutura viaria, que modifican o nivel de emisión de potencia sonora:

Trazado da vía, especialmente a pendente de rasante. A circulación en tramos de pendente elevada esixe a utilización de marchas máis cortas, xerándose maiores niveis de ruido, especialmente nos vehículos pesados.

Capa de rodadura. En función do tipo de rodadura, principalmente a súa natureza e rugosidade, o tráfico xerará un nivel de ruído maior ou menor e o reparto da sinal emitida en bandas de octava será diferente; transformando o comportamento da sinal do ruido non só no nivel de emisión, tamén na propagación, ó ser dependente dos niveis emitidos en cada frecuencia.

6.3. PREVISIÓNS DE TRÁFICO ASOCIADAS O DESENVOLVEMENTO RESIDENCIAL DE FALCOA

O desenvolvemento urbanístico de Falcoa prevé unha edificabilidade residencial superior aos 76.000 m2, dos cales 45.381 m2 están destinados a residencial colectivo, e 30.509 m2 a residencial unifamiliar. En particular, está prevista a construción de aproximadamente 100 vivendas unifamiliares e 20 bloques de vivendas.

Para a determinación das viaxes asociadas ao novo desenvolvemento residencial de Falcoa empregáronse as curvas de regresión da publicación “Trip Generation” do Institute of Transportation Engineers (ITE) estadounidense.

No citado documento, se edita un compendio de usos, xunto coa súa descrición e unhas curvas de regresión que permiten estimar a capacidade de xeración-atracción de cada un deles en función de certos parámetros, xeralmente edificabilidades, empregos, número de vivendas, etc.

Para o caso concreto de Falcoa, considerouse o uso correspondente ao código 270 do citado documento. Nel, a variable de cálculo V se corresponde co número de vivendas, para un escenario de coexistencia de distintas tipoloxías edificatorias (multi e uni-familiares). As curvas de regresión dan como resultado o número de vehículos privados xerados en día laborable, o volume concreto nas horas punta da mañá e da tarde, e ademais a cuantificación do número de entradas e saídas.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

9

Na seguinte taboa, que comprendía os resultados, se observa como a previsión é duns 4.500 vehículos/día de tráfico xerado polo desenvolvemento, con puntas por debaixo do 10% (349 vehículos/hora pola mañá e 429 vehículos/hora pola tarde).

Este tráfico superporase aos tráficos estimados nos anos horizonte de cálculo para a avaliación dos impactos acústicos directamente ligados ao desenvolvemento de Falcoa.

Tráfico previsto no Viario da Universidade nos escenarios de cálculo

Os escenarios de cálculo foron fiados no 2010 como situación preoperacional e no 2015 como escenario de implementación e desenvolvemento completo de Falcoa.

Para estimar o tráfico no escenario preoperacional (2010) no ámbito de estudio, pártese dos datos facilitados polo Concello de Vigo, correspondentes aos tráficos obtidos nunha campaña de aforos realizada no ano 2004 no Viario da Universidade.

Aforo de tráfico no Viario da Universidade (2004)

Vehículos/Hora

Hora Inicial Hora Final Castrelos a Cuvi Cuvi a Castrelos Total %

0:00 1:00 60 38 98 0,6%

1:00 2:00 31 16 47 0,3%

2:00 3:00 24 18 42 0,2%

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

10

Aforo de tráfico no Viario da Universidade (2004)

Vehículos/Hora

Hora Inicial Hora Final Castrelos a Cuvi Cuvi a Castrelos Total %

3:00 4:00 20 13 33 0,2%

4:00 5:00 40 50 89 0,5%

5:00 6:00 133 140 273 1,6%

6:00 7:00 160 166 325 1,9%

7:00 8:00 319 494 812 4,7%

8:00 9:00 767 796 1.563 9,0%

9:00 10:00 55 589 1.146 6,6%

10:00 11:00 393 419 812 4,7%

11:00 12:00 400 389 789 4,5%

12:00 13:00 414 416 830 4,8%

13:00 14:00 573 727 1.300 7,5%

14:00 15:00 520 858 1.378 7,9%

15:00 16:00 555 622 1.176 6,7%

16:00 17:00 428 558 986 5,7%

17:00 18:00 387 522 909 5,2%

18:00 19:00 407 564 971 5,6%

19:00 20:00 501 712 1.213 7,0%

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

11

Aforo de tráfico no Viario da Universidade (2004)

Vehículos/Hora

Hora Inicial Hora Final Castrelos a Cuvi Cuvi a Castrelos Total %

20:00 21:00 463 639 1.101 6,3%

21:00 22:00 380 468 848 4,9%

22:00 23:00 270 233 503 2,9%

23:00 24:00 97 106 203 1,2%

Total 7.894 9.548 17.442 100%

Fuente: Concello de Vigo

Para estimar a IMD no ano 2010 pártese dos 17.442 vehículos/día no Viario da Universidade.

A continuación tense en conta que no entorno se consolidou un polígono industrial para o que se estima un tráfico de 5.000 vehículos/día.

Conxuntamente isto supón unha IMD no Viario da Universidade de 22.442 vehículos. Esta cifra se actualiza ata o 2010 a un ritmo dun 2% anual, cifra coherente coa evolución de tráficos noutras vías do Concello.

Aplicando o devandito incremento á IMD correspondente ao 2004, a IMD prevista para o 2010 no Viario da Universidade é de 25.273 vehículos.

Para obter a IMD no ano horizonte, obxecto de estudio 2010, pártese dos datos de tráfico de estacións de aforo do Mapa de Tráfico do Ministerio de Fomento localizadas no entorno do ámbito.

Os datos de tráfico correspondentes ó ano horizonte 2015 se obteñen da mesma forma aplicando un ritmo de crecimento dun 2% anual, segundo o cal a IMD prevista para o 2015 no Vial da Universidade é de 27.903 vehículos. Dito valor non inclue os tráficos asociados ó desenrolo residencial de Falcoa.

Se incorporamos os tráficos asociados ó desenrolo de Falcoa (foron estimados en 4.500 vehículos/día) obtemos unha IMD para o ano 2015 de 32.403 vehículos.

Se resume a continuación as Intensidades Medias Diarias (IMD) no Vial da Universidade nos escenarios previstos derivadas das estimacións consideradas:

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

12

• IMD no 2010: 25.273 veículos

• IMD no 2015 sen o desenrolo en funcionamento: 27.903 veículos

• IMD no 2015 co desenrolo en funcionamento: 32.403 veículos

6.4. PLANEAMENTO

No seguinte esquema preséntase o modelo territorial proposto polo Plan Xeral:

GRAFICO 1 Clasificación do solo no concello de Vigo. Fonte: Plan Xeral

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

13

GRAFICO 2 Clasificación do solo. Detalle. Fonte: Plan Xeral

No caso concreto do sector S-34-R, o presente Plan Parcial prevé un uso global residencial coa seguinte proposta de zonificación:

En relación ós equipamentos os usos característicos previstos son Dotación educación, categorías 1ª e 2ª, Dotación asistencial categorías 10ª e 11 e Servizos Urbanos (este último non se ten en conta cara ao análise da afección sonora).

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

14

As categorías correspondentes do uso dotacional, clase educación, corresponden segundo o PXOM a:

1ª ENSINO INFANTIL

2ª CENTROS DE ENSINO PRIMARIO

As correspondentes ao uso dotacional, clase asistencial, corresponden a:

10ª CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS (Sen residencia colectiva).

- Club de Anciáns.

- Gardería.

11ª CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS (con residencia colectiva).

- Residencia de maiores.

- Centros de acollida infantil e adultos.

- Desintoxicación

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

15

[7] OBXECTIVOS DE CALIDADE ACÚSTICA

Segundo o Real Decreto 1367/2007 polo que se desenvolve a Lei 37/2003 de Ruído estatal, a delimitación territorial das áreas acústicas e a súa clasificación basearase nos usos actuais ou previstos do solo (tal e como sucede no noso caso).

As áreas de sensibilidade acústica para ambiente exterior se clasifican, en atención ao uso predominante do solo previsto no Plan, nos seguintes tipos:

e: Sectores do territorio con predominio de solo de uso sanitario, docente e cultural que requira unha especial protección contra a contaminación acústica.

a: Sectores do territorio con predominio de solo de uso residencial.

d: Sectores do territorio con predominio de solo de uso terciario distinto do contemplado en c).

c: Sectores do territorio con predominio de solo de uso recreativo e de espectáculos.

b: Sectores do territorio con predominio de solo de uso industrial.

f: Sectores do territorio afectados a sistemas xerais de infraestruturas de transporte, ou outros equipamentos públicos que os reclamen.

Os obxectivos de calidade acústica segundo o tipo de zona acústica de que se trate, son os recollidos na seguinte táboa:

Índices de ruido Tipo de área acústica

Ld Le Ln

e Sectores do territorio con predominio de solo de uso sanitario, docente e cultural que requiera unha especial protección contra a contaminación acústica.

60 60 50

a Sectores do territorio con predominio de solo de uso residencial.

65 65 55

d Sectores do territorio con predominio de solo de uso terciario distinto do contemplado en c).

70 70 65

c Sectores do territorio con predominio de solo de uso recreativo e de espectáculos.

73 73 63

b Sectores do territorio con predominio de solo de uso industrial.

75 75 65

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

16

f Sectores do territorio afectados a sistemas xerais de infraestruturas de transporte, ou outros equipamentos públicos que os reclamen.

Sen determinar

Sen determinar

Sen determinar

O Real Decreto 1367/2007 establece así mesmo os criterios para determinar os principais usos asociados a áreas acústicas:

Áreas acústicas de tipo a. Sectores do territorio de uso residencial:

Incluiranse tanto os sectores do territorio que se destinan de forma prioritaria a este tipo de uso, espazos edificados e zonas privadas axardinadas, como as que son complemento da súa habitabilidade tales como parques urbanos, xardíns, zonas verdes destinadas a estancia, áreas para a práctica de deportes individuais, etc.

As zonas verdes que se dispoñan para obter distancia entre as fontes sonoras e as áreas residenciais propiamente ditas non se asignarán a esta categoría acústica, consideraranse como zonas de transición e no poderán considerarse de estancia.

Áreas acústicas de tipo b. Sectores de territorio de uso industrial:

Incluiranse todos os sectores do territorio destinados ou susceptibles de ser utilizados para os usos relacionados con as actividades industrial e portuaria incluíndo; os procesos de produción, os parques de acopio de materiais, os almacéns e as actividades de tipo loxístico, estean ou non afeitas a unha explotación en concreto, os espazos auxiliares da actividade industrial como subestacións de transformación eléctrica etc.

Áreas acústicas de tipo c. Sectores do territorio con predominio de uso recreativo e de espectáculos:

Incluiranse os espazos destinados a recintos feirais con atraccións temporais ou permanentes, parques temáticos ou de atraccións así coma os lugares de reunión ao aire libre, salas de concerto en auditorios abertos, espectáculos e exhibicións de todo tipo con especial mención das actividades deportivas de competición con asistencia de público, etc.

Áreas acústicas de tipo d.- Actividades terciarias non incluídas no epígrafe c):

Incluiranse os espazos destinados preferentemente a actividades comerciais e de oficinas, tanto publicas como privadas, espazos destinados á hostalaría, aloxamento, restauración e outros, parques tecnolóxicos con exclusión das actividades masivamente produtivas, incluíndo as áreas de estacionamento de automóbiles que lles son propias etc.

Áreas acústicas de tipo e.- Zonas do territorio destinadas a usos sanitario, docente e cultural que requiran especial protección contra la contaminación acústica:

Se incluirán las zonas del territorio destinadas a usos sanitario, docente y cultural que requieran, en el exterior, una especial protección contra a contaminación acústica, tales como as zonas residenciais de repouso ou xeriatría, as grandes zonas hospitalarias con pacientes ingresados, as zonas docentes tales como «campus» universitarios, zonas de estudio e bibliotecas, centros de investigación, museos ao aire libre, zonas museísticas e de manifestación cultural etc.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

17

Áreas acústicas de tipo f.- Sectores do territorio afectados a sistemas xerais de infraestruturas de transporte e outros equipamentos públicos que os reclamen.

Incluiranse neste apartado as zonas do territorio de dominio público no que se ubican os sistemas xerais das infraestruturas de transporte viario, ferroviario e aeroportuario.

Áreas acústicas de tipo g.- Espazos naturais que requiran protección especial.

Incluiranse os espazos naturais que requiran protección especial contra a contaminación acústica. Nestes espazos naturais deberá existir unha condición que aconselle a súa protección ben sexa a existencia de zonas de cría da fauna ou da existencia de especies cuxo hábitat se pretende protexer.

Así mesmo, se incluirán as zonas tranquilas en campo aberto que se pretendan manter silenciosas por motivos turísticos ou de preservación do medio.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

18

[8] ANÁLISE DA SITUACIÓN ACÚSTICA PREOPERACIONAL

8.1. FONTES SONORAS CONSIDERADAS

Para a modelización da situación acústica preoperacional no ámbito considerouse como fonte fundamental de ruido, o tráfico rodado do Viario da Universidade, estrada que forma parte da rede de primeira categoría do municipio.

Os datos de tráfico considerados proceden de estimacións realizadas a partir de datos de aforo, actualizados ao ano 2010 (tomaremos como situación preoperacional, a situación acústica no ano 2010).

GRAFICO 3 Estradas existentes no entorno do sector S-34-R

Os datos de tráfico considerados na modelización son os sinalados no apartado 6.3.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

19

8.2. ANÁLISE ACÚSTICO DA SITUACIÓN PREOPERACIONAL

Preséntanse a continuación os planos nos que se recollen os resultados obtidos para o ámbito de estudo en la situación preoperacional:

Plano de niveis acústicos, situación preoperacional (Ano 2010). Indicador Lden.

Plano de niveis acústicos, situación preoperacional (Ano 2010). Período día (Ldia).

Plano de niveis acústicos, situación preoperacional (Ano 2010). Período vespertino (Ltarde).

Plano de niveis acústicos, situación preoperacional (Ano 2010). Período noite (Lnoite).

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

20

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

21

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

22

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

23

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

24

8.3. RESULTADOS

Á vista dos resultados, na situación preoperacional (situación actual) únicamente pode destacarse a presenza de algunhas edificacións de uso residencial de forma dispersa dentro do sector. Tal e como vimos anteriormente, o obxectivo de calidade acústica para o uso residencial no período horario diúrno (de 7 h a 19 h) é de 65 dB polo cal, unicamente se supera este valor no caso de unha vivenda situada moi próxima ao Viario da Universidade:

En horario vespertino (19 h - 23 h), a situación é similar: únicamente esta vivienda se atopa dentro da isófona de 65 dB xerada polo tráfico rodado do Viario da Universidade.

En horario nocturno (23 h – 7h), a situación tamén se repite e unicamente nesta vivenda se supera o valor obxectivo para o uso residencial de 55 dB (noite).

En canto a resto de usos existentes no sector (forestal e cultivos), non presentan restricións dende o punto de vista acústico, polo que a situación é compatible.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

25

[9] ANÁLISE DA SITUACIÓN ACÚSTICA POSTOPERACIONAL

9.1. FONTES SONORAS CONSIDERADAS

Para caracterizar a situación acústica do periodo postoperacional actualizaronse as cargas circulatorias das fontes de ruido consideradas para a situación preoperacional. O ano horizonte de cálculo é o ano 2015. A estes datos de tráfico se lles incorpora tamén os derivados dos desenvolvementos previstos no entorno, entre os cales se atopa o sector S-34-R, Falcoa.

Tráfico rodado

Para a modelización da situación acústica postoperacional do sector S-34-R considerouse tamén como fonte destacada o Vial dá Universidade (con cargas circulatorias actualizadas).

GRAFICO 3 Situación postoperacional. Infraestrutura viaria prevista no Sector S-34-R

Na modelización non se consideraron os tráficos do viario interno posto que os obxectivos principais do presente estudio son:

1.- Comprobar a viabilidade ambiental da ordenación proposta no Plan Parcial de forma que se cumpra la lexislación vixente sobre contaminación acústica na Comunidade Autónoma de Galicia.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

26

2.- Tal e como establece o artigo 7.1.15 do Plan Xeral (Normas Específicas para as vías do Sistema Xeral Viario da Rolda de Vigo, Acceso ao Aeroporto e Vía Parque da Universidade) incorporar un Estudio de afección sonora do SVE sobre a edificación prevista nos planeamentos de desenvolvemento.

En fases posteriores de desenvolvemento levarase a cabo un estudo acústico de detalle, no que xa se incorporen os tráficos internos e a topografía final do ámbito. O obxecto final deste estudo de detalle complementario será a determinación da necesidade de incorporar medidas adicionais nas edificacións.

9.2. ANÁLISE ACÚSTICO DA SITUACIÓN POSTOPERACIONAL

Preséntanse a continuación os planos nos que se recollen os resultados obtidos para o ámbito de estudo na situación preoperacional:

Plano de niveis acústicos, situación postoperacional (Ano 2015). Índice Lden.

Plano de niveis acústicos, situación postoperacional (Ano 2015). Período día (Ldia).

Plano de niveis acústicos, situación postoperacional (Ano 2015). Período vespertino (Ltarde).

Plano de niveis acústicos, situación postoperacional (Ano 2015). Período noite (Lnoite).

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

27

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

28

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

29

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

30

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

31

9.3. RESULTADOS

Parcelas de edificación residencial

A modelización da situación postoperacional prevista amosa que, no horario diurno o valor obxectivo de calidade acústica de 65 dB(A) se supera en dúas parcelas de uso previsto Edificación residencial (las situadas más próximas al Vial da Universidade). No resto de parcelas de uso previsto residencial, a situación no horario diurno é compatible coa situación acústica prevista.

No horario vespertino, a situación é similar: dúas das parcelas nas que está previsto eo uso residencial superan o valor obxetivo de 65 dB tarde.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

32

No horario nocturno, a situación é máis desfavorable posto que son tres as parcelas de edificación residencial que se atopan dentro da isófona 55 dB.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

33

Podemos concluir, polo tanto que, nestas parcelas de uso previsto residencial, se deberán adoptar medidas correctoras de tipo acústico para o cumprimento dos obxectivos de calidade establecidos na normativa estatal.

Parcelas de Equipamentos

Os dous ámbitos previstos para equipamentos próximos ó Vial da Universidade presentan as seguintes condicións acústicas:

Área de equipamento situada no Noroeste:

Situación acústica en horario diurno: a parcela atópase entre a isófona de 65 e 74 dB.

Situación acústica en horario vespertino: a parcela atópase entre a isófona de 64,5 e 73,5 dB.

Situación acústica en horario nocturno: a parcela atópase entre a isófona de 56,5 e 65,5 dB.

Área de equipamento situada no Surleste:

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

34

Situación acústica en horario diurno: a parcela atópase entre a isófona de 64 e 75,5 dB.

Situación acústica en horario vespertino: a parcela atópase entre a isófona de 63,5 e 75 dB.

Situación acústica en horario nocturno: a parcela atópase entre a isófona de 55,5 e 67 dB.

Podemos concluír polo tanto que, na situación postoperacional para os niveis previstos calquera que sexa o uso final (dotacional ou asistencial) deberán adoptarse medidas correctoras.

Zonas verdes

Zona A de Espazos libres

Situación acústica en horario diurno: a parcela atópase entre a isófona de 59,5 e 61 dB.

Situación acústica en horario vespertino: a parcela atópase entre a isófona de 59 e 60,5 dB.

Situación acústica en horario nocturno: a parcela atópase entre a isófona de 51 e 53 dB.

Esta zona verde cumpre pois cos obxectivos de calidade acústica establecidos para as áreas acústicas tipo a (sectores do territorio que se destinan de forma prioritaria ao uso residencial, espazos edificados e zonas privadas axardinadas, como as que son complemento da súa habitabilidade tales como parques urbanos, xardíns, zonas verdes destinadas a estancia, áreas para a práctica de deportes individuais, etc.).

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

35

Zona B de Espazos libres

Situación acústica en horario diurno: a parcela atópase entre a isófona de 53,5 e 66,5 dB.

Situación acústica en horario vespertino: a parcela atópase entre a isófona de 53 e 66 dB.

Situación acústica en horario nocturno: a parcela atópase entre a isófona de 46 e 58,5 dB.

Esta zona verde pois non cumpre en toda a súa superficie cos obxectivos de calidade acústica establecidos para as áreas acústicas tipo a, polo que para considerar esta superficie de estancia, deberán incorporarse medidas correctoras.

Zona C de Espazos libres

Situación acústica en horario diurno: a parcela atópase entre a isófona de 65 e 77 dB.

Situación acústica en horario vespertino: a parcela atópase entre a isófona de 64,5 e 76,5 dB.

Situación acústica en horario nocturno: a parcela atópase entre a isófona de 56,5 e 68 dB.

Esta zona verde situada entre o Viario da Universidade (SGV) e as áreas residenciais previstas no Plan Parcial, considérase na clasificación das áreas acústicas, como zonas de transición e non poderán considerarse de estancia.

Zona D de Espazos libres

Situación acústica en horario diurno: a parcela atópase entre a isófona de 61 e 64 dB.

Situación acústica en horario vespertino: a parcela atópase entre a isófona de 60,5 63,5 dB.

Situación acústica en horario nocturno: a parcela atópase entre a isófona de 52,5 e 55 dB.

Esta zona verde cumpre pois cos obxectivos de calidade acústica establecidos para as áreas acústicas tipo a (sectores do territorio que se destinan de forma prioritaria ó uso residencial, espazos edificados e zonas privadas axardinadas, como as que son complemento da súa habitabilidade tales como parques urbáns, xardíns, zonas verdes destinadas a estancia, áreas para a practica de deportes individuais, etc.).

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

36

[10] CONCLUSIÓNS

O presente documento pretende dar unha aproximación á situación acústica actual e futura do novo desenvolvemento proposto polo Plan Parcial A-34-R, Falcoa en Vigo. Para elo, a principal fonte de emisión acústica considerada foi o tráfico rodado do Viario dá Universidade.

Mediante un modelo informático de predición acústica obtivéronse as curvas isófonas que definen a situación acústica preoperacional (considerando ésta o ano 2010) e futura (ano horizonte de calculo é o ano 2015).

Os resultados obtidos indican que a situación acústica preoperacional do ámbito é en xeral boa, posto que únicamente aparecen vivendas no ámbito do Sector S-34R, de forma dispersa e alonxadas da fonte de ruido existente (Vial de la Universidad); tan só cabe destacar a presenza dunha vivenda residencial na que se superan os obxectivos de calidade da normativa estatal acústica para este uso.

No ano horizonte de cálculo 2015, a situación que se presenta es la seguinte: considerando o incremento do tráfico previsto polos novos desenvolvementos no entorno, así coma os usos establecidos no Plan Parcial do sector S-34-R, é previsible que se superen os obxectivos de calidade acústica establecidos na normativa estatal, polo que será necesaria a adopción de medidas correctoras do impacto acústico para o tráfico do Vial da Universidade.

Estas medidas, no caso das parcelas nas que está previsto o uso residencial, poderían ser caballóns revexetados ou incluso pantallas acústicas situadas nas zonas verdes de transición entre o Vial da Universidade e as parcelas nas que se prevé o uso de edificación residencial.

PLAN PARCIAL DO SECTOR DE SOLO URBANIZABLE S-34-R FALCOA. CONCELLO DE VIGO.

20079P002R0

37

En relación ás parcelas de equipamento previstas, na situación postoperacional para os niveis previstos calqueira que sexa o uso final (educacional ou asistencial), deberá adoptarse medidas correctoras.