200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

42
200 anos da Guerra da Independencia en Galicia 1808-2008 Presentación confeccionada a partir de información compilada polos alumnos de 4º da ESO

Transcript of 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Page 1: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

200 anos da Guerra da Independencia

en Galicia

1808-2008

Presentación confeccionada a partir de información compilada polos alumnos de 4º da ESO

Page 2: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Manuel Godoy (Goya)

O 27 de outubro de 1807 Manuel Godoy, primeiro ministro do rei Carlos IV, asinou o Tratado de

Fontainebleau polo que España e Francia decidían a ocupación e partición de Portugal, no caso de que

Lisboa non aceptase o ultimato de abandonar a súa alianza con Gran Bretaña.

O tratado permitía a entrada en España de 40.000 soldados, pero ao abeiro deste tratado 100.000

franceses pasaron a fronteira procedendo a ocupar boa parte dos lugares estratéxicos do país.

Page 3: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Proclamación de Fernando VII

na Praza Maior de Madrid

Motín de Aranjuez

Instigado polo herdeiro da Coroa,

o príncipe Fernando, o 17 e o 19

de marzo de 1808 produciuse o

motín de Aranjuez, que provocou a

caída e prisión de Godoy.

O rei Carlos IV abdicou a prol do

seu fillo Fernando, que foi

proclamado rei de España, coas

tropas francesas a piques de

entrar en Madrid.

Page 4: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Carlos IV (Bayeu)

Os franceses ocuparon Madrid o día 23, con grande entusiasmo do pobo que os cría aliados.

Malia as promesas que lle fixera o embaixador Beauharnais, Fernando non obtivo o

recoñecemento do xeneral francés, Murat, polo que seu pai revocou a súa abdicación.

Fernando VII (Goya)

Page 5: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Napoleón (Louis David)

O 10 de abril Fernando marchou a Baiona coa

intención de obter o apoio de Napoleón fronte ao

seu pai,

pero este obrigouno a devolverlle a coroa o 1 de

maio.

Despois, Carlos IV será forzado a ceder todos os

seus dereitos ao emperador de Francia.

O 4 de xuño Napoleón proclamou rei de España

ao seu irmán Xosé.

Page 6: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Xosé

Bonaparte

O 6 de xullo o novo rei promulgou o Estatuto de

Baiona, redactado por un grupo de colaboracionistas,

no que presuntamente concedía algunhas liberdades

aos españois.

Malia esta exhibición de boas intencións e de

pretender instaurar medidas reformistas como a

abolición da Inquisición e da tortura ou dos dereitos

señoriais, e a igualdade ante a lei para todos os

cidadáns, o novo monarca carecerá de autoridade real

fronte aos mariscais do exército do seu irmán.

O seu reinado será pouco máis que a fachada

propagandística dunha ocupación, que suporá o

saqueo do país e o asasinato brutal de gran número

dos seus súbditos.

O propio estatuto de Baiona establecía unha

supeditación perpetua de España a Francia.

Page 7: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Murat (François Gérard) Combates fronte o Pazo Real e no Paseo de El Prado de Madrid

(T.L. Enguidanos)

Mentres, o 2 de maio, ante a noticia de que o

último membro da familia real española ía ser

conducido a Francia, comezara unha protesta

que as tropas de Murat reprimiron cunha

descarga de fusilería contra a multitude.

Page 8: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

O dous de maio ou a carga dos mamelucos na Porta do Sol (Francisco de Goya)

As protestas desembocaron nunha cruel batalla entre as tropas do exército francés e os

madrileños, mentres que a maior parte das autoridades españolas permanecían inactivas.

Os combates máis violentos terán lugar na “Calle de Alcalá”, na “Carrera de San

Jerónimo” e na “Puerta do Sol”.Entre os soldados que

combatían no exército de

Napoleón, encontrábanse

os mamelucos, xinetes

exipcios, pero había tamén

numerosos italianos,

alemáns ou polacos.

Page 9: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Malasaña loita con un coraceiro francés sobre o corpo da súa filla Manuela

(E. Álvarez Dumont)

No enfrontamento

participaron persoas de

todos os grupos sociais.

Algunhas mulleres chegaron

a guindar macetas ou aceite

fervendo polas ventás.

Entre as heroínas do día

destacou Manuela Malasaña,

quen morreu na loita.

O Conde de Toreno,

presente en Madrid ese día,

calcula que as baixas de

ambos os dous bandos

sumaron aproximadamente

1.200 mortos.

Page 10: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Un dos lugares onde a

loita resultou máis dura

foi o parque de

artillería de Monteleón,

onde os capitáns Luis

Daoiz e Pedro Velarde e

o tenente Ruiz,

axudados por

numerosos paisanos,

loitaron ata a morte

contra os invasores.

Defensa do parque de Monteleón (Sorolla)

Page 11: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

A represión da

sublevación foi

brutal.

O 3 de maio 43

persoas foron

fusiladas por orde de

Murat no lugar da

Moncloa, ás aforas de

Madrid. Entre eles o

frade Francisco

Gallego, que aparece

no cadro pintado por

Goya.

Só un dos

condenados logrou

fuxir.

Os fusilamentos da Moncloa (Goya)

Page 12: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Pazo da Capitanía Xeral de A Coruña

Acaudillada polo fabricante de selas de montar, Sinforiano López, a sublevación antifrancesa do 30 de

maio na Coruña, dará paso a formación dunha Xunta de Defensa, que enviará embaixadores a Londres na

procura de axuda económica e militar. Como consecuencia, formarase o Exército de Galicia, que partirá a

combater en León e en Castela.

Page 13: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Rendición do xeneral Dupont ao xeneral Castaños tras a batalla de Bailén (José Casado del Alisal)

A derrota do xeneral Dupont polo español Castaños na batalla de Bailén (19 de agosto de 1808)

provocou que os franceses abandonaran os cercos de Zaragoza e Xerona e, asemade, fuxida de Madrid

de Xosé Bonaparte.

Foi a primeira derrota do exército francés nunha batalla a campo aberto e acabou coa lenda de ser

invencible. En novembro, Napoleón, co mellor das súas tropas, invadiu por segunda vez España.

Page 14: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Carga dun rexemento de dragóns británicos

Sir John Moore (Thomas

Lawrence)

Atendendo a petición dos comisionados españois, o goberno británico enviara á Península un exército

de 30.000 homes mandado por Sir John Moore, pero debido á súa inferioridade numérica, o 31 de

decembro, decidiu retirarse á Coruña e Vigo para reembarcar cara a Inglaterra.

Page 15: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Retirada da Brigada Lixeira do Brigadier Craufurd co 95 rexemento de rifles e os 43 e 52 de infantería lixeira

(J.P. Beadle)

A retirada baixo a chuvia e a neve a través das montañas de León e de Lugo, resultou moi penosa, tanto

para o exército británico como para os seus aliados españois. Perseguidos polas tropas francesas dos

mariscais Soult e Ney, os ingleses cometeron actos de indisciplina e saqueo, chegando o día 5 de xaneiro a

Lugo.

Tras un amago de combate, retiráronse durante a noite cara a Betanzos.

Page 16: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Sir John Moore (Thomas Lawrence)

Xeneral Baird

Xeneral Paget

Ao chegar Á Coruña,

Moore tivo que agardar

pola maior parte da

flota, que viña de Vigo,

e atopara un temporal

no Cabo Fisterra.

Dispuxo parte do seu

exército sobre o terreo

para protexer o

embarque, mentres os

coruñeses lle

proporcionaban

aloxamento, comida,

fusiles novos e pólvora

seca.

Page 17: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Mariscal Soult (Louis Henri de Rudder)

Xeneral Lefebvre-Desnouettes

Xeneral Franceschi

Despois de saquear

brutalmente Betanzos, as

tropas francesas de

Soult, chegaron ás

aforas da Coruña na

tarde do 15 de xaneiro.

Page 18: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Na tarde do día 16 de xaneiro, temendo o

embarque inglés, Soult ordenou o ataque.

Page 19: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Dragóns franceses e infantería francesa e inglesa en combate

Page 20: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

O 42 de Highlanders loitando en Elviña Fusileiros dos rexementos 60 e 95

Page 21: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Moore cae ferido de morte na batalla da Coruña

A aldea de Elviña foi tomada varias veces por ambos os dous bandos, que protagonizaron unha loita

encarnizada con sensibles perdas, caendo no combate o propio sir John Moore e o xeneral francés

Goulois.

Ademais resultaron gravemente feridos o segundo xefe inglés, Baird, e o xeneral francés Lefebvre.

Page 22: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Moore foi trasladado á cidade, e aloxado no nº 16 do Cantón Grande, onde faleceu.

Para non prexudicar o ánimo das tropas, será enterrado durante a noite.

Page 23: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Despois dunha dura xornada de combate, con cerca de 900 baixas por cada bando, o

resultado da batalla ficou indeciso.

O exército francés na batalla de Elviña (H. Lecomte)

Page 24: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Seguindo as instrucións de Moore, o xeneral Hope, ordenou o embarque, tras entregar a cidade ao xeneral

español Alcedo.

Cando os franceses se decataron da retirada, bombardearon a flota británica, malia o cal, a meirande parte

dos barcos lograron regresar a Inglaterra baixo o mando do vicealmirante Berkeley, no que constituíu a máis

grande operación anfibia que se realizara ata entón.

George Cranfield Berkeley

(1753-1818)Explosión dos depósitos de pólvora da Coruña.

(gravado sobre un deseño de sir Robert Ker Porter)

Page 25: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Arsenal de Ferrol

Despois do embarque dos británicos, o xeneral Alcedo entregou A Coruña sen loitar.

Entón, as tropas francesas dirixíronse a Ferrol para apoderarense do arsenal e da parte

da flota española, alí ancorada.

Pese ao desexo do pobo de Ferrol de combater, as autoridades decidiron renderse

despois dunha resistencia de catro días.

Page 26: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

José de Mazarredo

Navío español de tres pontes entrando en Ferrol (Aledo)

En Ferrol achábanse once navíos, catro fragatas e outros buques menores, que estiveron

a piques de ser trasladados a Francia. O almirante Mazarredo, que se pasara ao partido

dos franceses, logrou con todo que a maior parte dos barcos non saíran do porto.

Page 27: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Tras a ocupación das principais cidades de Galicia, Soult partiu á conquista de

Portugal, no entanto Ney encargábase da represión dos insurxentes.

Entre as localidades destruídas ou saqueadas estiveron Monforte, Muros, Corcubión,

Betanzos e Verín.

Page 28: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Pedro Caro Sureda, Marqués de la Romana

Mentres o Marqués de la Romana

mantiña os restos do exército de

Galicia nas montañas de Ourense,

evitando unha batalla en campo

aberto que acabaría con el, alentaba

a loita das guerrillas contra os

franceses.

Para isto, enviou algúns oficiais de

enlace a diferentes zonas de Galicia.

Page 29: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Infantes de marina e tripulantes da Royal Navy (Haythornewaite e Younghusband)

Despois da retirada de Moore, a mariña británica fixo o posible por apoiar os

insurxentes galegos.

O seu papel resultou especialmente importante na liberación das Rías Baixas

e na fracasada insurrección de Corcubión.

Page 30: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Chafarotes (Cutlass)

Fusiles (muskets)

Ademais de diñeiro, o goberno británico

proporcionou uniformes e armas, sobre

todo, fusiles e chafarotes.

Page 31: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Vista de Vigo no século XIX

Fragata británica

Coa axuda de dúas fragatas inglesas

o cura de Valadares logrou cercar a

guarnición francesa de Vigo.

Máis tarde varios oficiais do exército

asumiron o mando lográndose a

rendición da praza.

Vigo era a primeira cidade de Europa

continental que se lle reconquistaba

ás tropas de Napoleón.

Page 32: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Guerrilleiro galego de 1809 (Isidoro Brocos) Guerrilleiro facendo a descuberta (Díaz)

As guerrillas galegas foron gañando eficacia conforme pasaba o tempo,

especialmente na captura de correos e acoso a columnas de tropas. Acaudilladas

xeralmente por curas e fidalgos, lograron que as diversas guarnicións francesas

ficaran illadas entre elas e que calquera desprazamento esixira gran cantidade de

efectivos para ter éxito.

Page 33: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Recollendo as súas

tropas da Coruña e

Ferrol, o mariscal Ney

tratou de reconquistar

Vigo.

En Pontesampaio, o

exército español,

integrado sobre todo

por milicias galegas,

mandado polo Conde de

Noroña, derrotou os

franceses que tiveron

que dar volta, ao non

seren quen de cruzar o

río Verdugo.

Page 34: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Mariscal Ney (Eugène Bataille) Monumento aos heroes da Batalla de Pontesampaio (Pontevedra)

Despois da batalla de Pontesampaio, os franceses optaron por retirarse, deixando

atrás un gran número de baixas, despois de só seis meses de ocupación.

Galicia foi a primeira rexión europea en liberarse dos exércitos napoleónicos.

Page 35: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Como responsable das atrocidades

cometidas contra a poboación civil, a

xenreira contra Ney perdurará

durante longo tempo.

Dende aquela quedou en Galicia o

costume de poñerlles aos cans o nome

deste mariscal.

Caricatura na que se critica a actitude servil de

Ney respecto de Napoleón

Page 36: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

1.- Coronel de Estado Maior. 2.- Cabo de Alarmas Galegas. 3.- Artilleiro das Alarmas Galegas.

A loita contra os franceses no

sur de Galicia deu como

resultado a organización de

varias unidades militares de

notable eficacia, como a

División do Miño ou o

Rexemento de Lobeira.

Page 37: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Lord Wellington (Thomas Lawrence)

A insurrección galega impediu que Ney

apoiara a Soult no seu intento de conquistar

Portugal e permitiu ao xeneralísimo inglés

Wellesley (futuro Lord Wellington)

reconquistar a cidade do Porto e expulsalo

dese país.

Wellesley incorporou parte das tropas

galegas ao seu exército, chegando a dicir

delas ao resto dos seus soldados:

“Guerreiros do mundo civilizado, aprendede

a selo dos individuos do IV Exército español

que teño a ledicia de mandar [...]

Españois dedicádevos a imitar os

infatigables galegos”.

Page 38: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Na guerra participarán

persoas de toda idade e

condición.

Unha parte do clero loitará

a carón de soldados e

paisanos nas situacións

máis desesperadas.

Mesmo as monxas abrirán

as súas clausuras para

acoller os feridos na loita en

cidades como Madrid ou

Xirona.

En Galicia, os franciscanos

mostraranse

particularmente activos no

sitio de Vigo.

Defensa do convento de Santa Engracia de Zaragoza (Lejeune)

Page 39: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Fame en Madrid (José Aparicio)

A guerra tivo efectos desastrosos sobre a poboación civil. Ademais dos saqueos e

asasinatos, a fame afectou de xeito especialmente cruel ás cidades cercadas.

Page 40: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Los desastres de la Guerra (Goya)

As mulleres participaron na loita contra a invasión, chegando en ocasións a combater.

As violacións e abusos fixeron delas as vítimas máis vulnerables.

Durante o ataque dos

guerrilleiros a

Pontevedra do 28 de

febreiro de 1809 un

grupo de mulleres do

arrabalde da Moureira

fixeron retroceder a

croiazos

a garda francesa que

custodiaba a porta da

muralla, e asaltaron o

seu cuartel no convento

de San Domingos, onde

colleron un bo número

de mochilas e fusiles.

Page 41: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

O xuramento das Cortes de Cádiz (José Casado del Alisal)

As Cortes reunidas en Cádiz

redactaron e promulgaron o

19 de marzo de 1812 a

primeira Constitución da

Historia de España, na que

se recollían os fundamentos

esenciais do réxime político

liberal: soberanía nacional,

división dos poderes do

Estado (executivo,

lexislativo, xudicial), e

dereitos e deberes dos

cidadáns (liberdade de

opinión, reunión,

participación política, etc.)

A Guerra da Independencia trouxo consigo o inicio da loita dos españois polos seus

dereitos como cidadáns, que se prolongaría de modo sanguento durante boa parte

do século XIX.

Page 42: 200 Anos Da Guerra Da Independencia En Galicia (1808-1809)

Fernández de Moratín

(Goya)

Meléndez Valdés

Francisco Cabarrús (Goya)

A retirada dos exércitos napoleónicos de España supuxo a saída para o exilio dos

españois que colaboraran cos Bonaparte, coñecidos co nome de afrancesados.

Calcúlase que o seu número foi duns 14.000. Entre eles contábanse funcionarios,

políticos, e escritores como Moratín ou Meléndez Valdés.