1º pascua 2014 a (1)
-
Upload
nuria-m-nunez-elissetche -
Category
Documents
-
view
66 -
download
0
Transcript of 1º pascua 2014 a (1)
Creo que na túa resurrección
alcanza sentido o meu vivir, o
meu camiñar e o meu morrer.
Credo para a Pascua
Creo que na túa resurrección
a miña fe encontrou o seu apoio
na luz, na forza e na paz.
Creo que na túa resurrección
foi vencida a miña covardía
e foi desafiado o meu vello temor.
Creo que na túa
resurrección a miña
carne recibiu as arras
dunha inmortalidade
máis alá da morte.
Creo que na túa
resurrección a nosa
esperanza deixou de
confundirse co optimismo
e a utopía.
Creo que na túa resurrección os
nosos mortos alcanzan a paz e a
luz da súa presenza.
Creo que na túa resurrección
eu fun espertado a unha vida
sen praias nin fronteiras.
Creo que na túa resurrección
fueron bendicidos o traballo
e o progreso, o amor e a amizade.
Creo que na túa resurrección
o mundo deixou de ser
escenario para converterse
nun compañeiro do home.
Creo que na túa
resurrección as cousas
desta terra recobraron a
súa limpa luz nacente.
Creo que na túa
resurrección aos pobres do
mundo se lles anuncia unha
definitiva liberación.
Creo que na túa resurrección
a historia dos homes e
mulleres atopou un
centro e un sentido.
Texto: José Román Flecha Andrés
Música : Aleluya de Haendel