1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración...

79
90 aniversario da escola 1928 - 2018 Miguel Gayoso Barreiro

Transcript of 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración...

Page 1: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

90 aniversario da escola

1928 - 2018

Miguel Gayoso Barreiro

Page 2: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non
Page 3: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Miguel Gayoso Barreiro

90 aniversario da escola

1928 - 2018

Page 4: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Edita:

Diputación Provincial da Coruña

Alférez Provisional, 2

15006 A Coruña

Imprime:

Imprenta Provincial

Archer Milton Huntington, 24

15011 A Coruña

Depósito Legal: C 1085-2018

1ª Edición: 2018

Permítese a reprodución citando a fonte bibliográfica

EXEMPLAR NON SUXEITO Á VENDA

Page 5: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non
Page 6: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non
Page 7: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

A principios do século XX, a comunidade sadense de emigrantes en Nova York constituíu a sociedade "Sada y sus Contornos"co obxectivo de potenciar a educación na súa vila natal, dotándoa dunha escola pública, laica e moderna. Unha escola á que todos tiveran acceso e que permitira ás novas xeracións gozar das oportunidades que eles mesmos non tiveran e que os levaran a buscar un futuro máis próspero para as súas familias ao outro lado do Atlántico.

Durante máis dunha década, estes homes e mulleres reuniron os fondos para er posible un soño que tomou forma definitiva en 1928, cando o centro escolar "Sada y sus Contornos" abriu por primeira vez as súas portas nun fermoso edificio modernista de amplos ventanais, ubicado nun entorno privilexidado preto do mar, na costa que dá acceso a Fontán.

Noventa anos despois, xeracións enteiras de sadenses formáronse nas aulas desta escola, que a día de hoxe segue fiel aos seus principios funcionando como colexio Público, como sería o desexo dos seus fundadores.

Miguel Gayoso Barreiro compila nas seguintes páxinas esta fermosa historia, ilustrada con numerosas fotografías e documentos da época que contribuirán a manter na memoria colectiva do pobo a inmensa xenerosidade deste colectivo de emigrantes que, dende a distancia e nos momentos de maior dificultade social e económica, mantiveron firme un compromiso coa súa terra que segue vixente a día de hoxe.

Eles axudáronnos a descubrir o verdadeiro valor da educación e a eles vai dedicado este libro.

Valentin González Formoso

Presidente da Deputación da Coruña

Presentación

Page 8: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Cando me honraron coa petición de que escribise este prólogo, a verdade, e que non sabía por onde empezar.

Por una banda, nada do que eu puidese aportar sobre a historia de Sada y Sus Contornos chegaba ao nivel do traballo, estudo e detalle do presente libro. Nada máis lonxe da miña capacidade equiparar o prólogo que fixo no seu momento Celestino Pérez Recarey.

Por outra banda, entendía que non é posible separar a historia que aquí se relata sen asociala coa querencia a terra de un, coa importancia da educación pública integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non tivo, de quen descubre un mundo mellor e o quere compartir.

Porque o coñecemento sen sentimento nunca será un coñecemento ben empregado e o sentimento sen coñecemento probablemente sexa fugaz e sen as raíces precisas.

Por este motivo a lectura que temos por diante é un fantástico exercicio de comprensión, coñecemento e amor en sentido amplo. Amor polas nosas herdanzas, amor por Sada, amor que nos leva a non esquecer o que fixeron por nós quen nos querían ben, amor polo recordo como elemento formador da nosa personalidade e transformador da nosa sociedade. Memoria histórica vital que fundamenta as nosas raíces no mundo, como persoas e como sociedade. Memoria impregnada da xustiza que supón colocar no lugar axeitado o esforzo de quen, encontrando oportunidades, quixeron compartilas cos seus veciños e veciñas.

Pode haber máis solidariedade?, ¿máis amor pola comunidade que tiveron que deixar?

A Sociedad de Sada y Sus Contornos forma parte da árbore xenealóxica de cada un e cada unha das sadenses. É un orgullo sentir que levamos esa riqueza no noso haber

e por este motivo non debería caer no esquecemento.

Traballos como o presente, da man de Miguel Gayoso Barreiro, forman parte da xustiza do debe e permiten que a historia non se esqueza, e cando a historia non se esquece perduran os sentimentos bos e xenerosos que encheron Sada de novas oportunidades, porque cando a educación e a cultura, entran e impregnan todo ao seu arredor, é moi difícil a volta atrás, quedan como o pouso do café e as nosas papilas gustativas nunca esquecerán ese sabor, o sabor da liberdade que da o coñecemento.

Porque a educación segue a ser a mellor herdanza posible. E é aquí onde se atopa o máis importante deste libro, que non é mais… nin menos… que xerar os recordos e a rememoración precisas para que nunca nos convertamos nunha sociedade adormecida e desmemoriada que se esquece das ensinanzas do pasado.

Agardo que este libro chegue, como o fixo comigo, ao máis profundo do corazón dos e das sadenses e que esa emoción se traduza nunha querencia polo ensino de calidade como bastión e motor da nosa sociedade, e de todos e todas aquelas que virán detrás.

Raquel Bolaño Fariñas

Concelleira de Educación do Concello de Sada

Page 9: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non
Page 10: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non
Page 11: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Naqueles tempos 12

Galicia 14

Sada 18

Sociedad Sada y sus Contornos 26

Delegación en Sada 40

Construción da escola 46

Funcionamento da escola 52

Do 80 ao 90 aniversario 58

Manuel Lugrís Freire 64

Galería de imaxes 66

Page 12: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

O nacemento da Sociedad Sada y sus Contornos e a obra solidaria que levou a cabo tiveron lugar no primeiro terzo do século XX aínda que o seu legado chega aos nosos días.

O século XX iníciase en España co reinado de Afonso XIII. O 17 de maio de 1902 foi coroado rei, rematando así a rexencia de María Cristina de Habsburgo.

España viña dun fracaso colonial que a levou a converterse nunha potencia de terceira orde. O sistema político instaurado era unha monarquía constitucional onde se establecía unha dobre soberanía: a do Rei e a das Cortes.

No goberno alternaban os conservadores e liberais dun xeito acordado. O turnismo era un pacto entre os dous partidos maioritarios. Acordábase a quenda no goberno e o rei retiraba a súa confianza ao partido gobernante, que abandonaba o poder. Así encargaba ao outro partido a formación dun novo gabinete.

O novo goberno disolvía as Cortes e convocaba eleccións, que gañaba invariablemente. Baseábase na fraude e a manipulación dos resultados electorais que se controlaban a través dos caciques, personaxes que no ámbito local dispoñían dun gran poder.

Os partidos eran grupos minoritarios formados por personalidades, grupos de presión que controlaban redes de influencias, etc., e non tiñan moitos afiliados nin eran partidos de masas coma na actualidade.

A fraude, a falta de representatividade e a corrupción electoral levou o país a un réxime ditatorial co apoio da coroa. O 13 de setembro de 1923 o militar Miguel Primo de Rivera sublevábase contra o goberno presidido por García Prieto.

Disólvense os concellos e procédese a nomear novos rexedores locais. Os cargos eran de obrigada aceptación. Esta disposición da ditadura foi causa de que a Delegación en Sada tivese que dar explicacións á Central en Nova York ao ser nomeado concelleiro o Presidente da mesma,

Saturnino Couceiro

...pero la cuestión era en que el Presidente de ésta ejerce el cargo de concejal forzosamente pues como sabrán ustedes el directorio militar destituyó los ayuntamientos en toda España y nombró otros a su manera y el que no quisiera el cargo de concejal lo metían en la cárcel por consiguiente no tuvo más remedio que aceptar ese cargo provisional...

A Sociedad Sada y sus Contornos establecía nos seus estatutos “...no se inmiscuirá en ningún acto que esté relacionado con Religión, Política o Militarismo,...”.

O directorio militar permaneceu no goberno ata 1925 dando paso a unha ditadura civil. Diversos conflitos dentro do propio exército, enfrontamentos co Rei, e os problemas financeiros e monetarios do país fixeron que Primo de Rivera fose perdendo apoios mentres o xerme republicano ía cobrando máis forza.

En decembro de 1929 Primo de Rivera abandona o poder sendo substituído polo militar Dámaso Berenguer, que non foi capaz de dirixir a necesaria transición. Os comicios municipais do 14 de abril de 1931 marcan o final da monarquía e o establecemento da II República.

12

Selo conmemorativo do XXV aniversario dacoroación de Alfonso XIII (17 de maio de 1927).Fondo documental de Valentín Lodeiro Barreiro.

Page 13: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

13

Mariñeira de Sada, A Coruña.La Ilustración española y americana 1896.

Escola de principios do século XX.Museo Pedagóxico de Galicia

O líder do republicanismo coruñés, SantiagoCasares Quiroga, foi nomeado socio honorarioda Sociedad Sada y sus Contornos en 1930.Na II República ocuparía o cargo ministro envarios gobernos e presidente do goberno en 1936. Acto de protesta contra as escolas laicas a principios do século XX en Alzira.

Page 14: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

14

O sistema caciquil estaba perfectamente instalado en Galicia, o que nos valeu a etiqueta de “terra de caciques”, que chegou aos nosos días. Co nacemento do século XX xorden forzas políticas, galeguismo e agrarismo, que loitan contra inxustizas seculares. Así, demandas como a redención dos foros e o recoñecemento da identidade de Galicia dentro do estado español ocuparon boa parte dos aconteceres deste primeiro terzo do século XX.

Os movementos obreiros e anarquistas que aparecen na escena política poñen en cuestión un sistema político que non cambiará substancialmente ata os anos 30 coa chegada da II República.

Mentres tanto a emigración a América supón un éxodo moi importante de galegos e galegas que desde os portos da Coruña, Vigo e Vilagarcía embarcan en grandes transatlánticos e cruzan alén do mar na busca de traballo e oportunidades que esta terra lles negaba.

América, máis concretamente Cuba, foi o berce no que naceron algúns dos símbolos e institucións que hoxe identifican a Galicia e aos galegos. En outubro de 1096 nace a Real Academia Galega co apoio económico de significados emigrados na illa caribeña: Curros Enriquez, Álvarez Ínsua e Fontenla Leal. Ao nacemento desta significada e ilustre institución contribuíu Manuel Lugrís Freire, quen anos máis tarde sería o presidente honorario da Sociedad Sada y sus Contornos.

A morte de Curros Enriquez protagoniza tamén o nacemento popular da bandeira galega. A despedida do cadaleito de Curros na Habana, cuberto coa bandeira azul e branca, e a masiva recepción popular na Coruña en 1908 pódese considerar como o primeiro acto popular da bandeira galega. Esta inspirouse na da Capitanía Marítima da Coruña, que ondeaba en moitos dos centros galegos de América.

Un ano antes, en 1907, estreárase o himno galego no Teatro Chacón da Habana. Nun día moi solemne, en

homenaxe póstuma a Pascual Veiga, co fin de recadar fondos para elixir un monumento á súa memoria en Mondoñedo, puido ser cantado por primeira vez o 20 de decembro de 1907. En 1908, o día 13 de decembro, a Xunta Xeral do Centro Galego, declarou himno oficial para todas as actividades en que os organismos da famosa entidade interviñesen.

A emigración

A emigración tal vez foi o feito que máis marcou e influíu na historia contemporánea galega. A primeira fase do fenómeno migratorio comprende desde mediados do século XIX ata 1930 e o destino do éxodo era América. Nesta etapa naceron multitude de asociacións de galegos polo Novo Continente nas que se agrupaban en razón do concello de procedencia.

A sangría da emigración afectou a toda a xeografía galega. Nos anos 20 chegaron a emigrar ata 60.000 galegos por ano, moitos deles reclamados por familiares e veciños asentados nos países de destino. As asociacións de emigrantes naceron coa finalidade de arrouparse, de darse protección mutua e apoio, e moitas delas con finalidade instrutiva para o que promoveron centros de ensino nos seus lugares de orixe.

A obra dos emigrantes

A educación é a base de todo o progreso individual e social e este foi o motivo da obra solidaria e xenerosa dos nosos emigrantes. Os galegos que chegaban a América quedaban, en moitos dos casos, relegados aos peores traballos debido á súa falta de formación.

A infraestrutura educativa de Galicia a principios do século XX era moi deficiente e o profesorado cunha mínima formación era practicamente inexistente.

“O mundo ensina”, afirmación que repetían moitos dos emigrantes retornados. Os galegos aprenderon na emigración o verdadeiro valor da educación, da escola, e

Page 15: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

15

1930.Emigrantes embarcando no porto da Coruña. Fondo fotográficodo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

De esquerda a dereita Ramón Suárez Picallo, Castelao, Basilio Álvarez.Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

Anos 20. Buque que facía a liña cara América desde os porto de Vigo. Nesta décadachegaron a emigrar ata 60.000 galegos cada ano rumbo a América.Fondo fotográfico do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

1907. Mitin do sindicato agrario Solidaridad Gallega en Betanzos. Nicolás Salmerón, que fora presidente da Primeira República, dirixíndose ás máis de 6.000 persoas queaistiron. Manuel Lugrís participou tamén no que foi o primeiro mitin en lingua galega. Fondo fotográfico do Arquivo Municipal do Concello de Betanzos.

Page 16: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

vendo as súas carencias persoais puxeron todo o empeño en mellorar o nivel educativo nos seus lugares de nacemento. Nos anos 20 e 30 empezaron a nacer escolas por todos os concellos de Galicia. En Sada, tamén.

As asociacións de emigrantes acometen un impresionante labor de construción de escolas por toda a xeografía galega. “O proxecto educativo popular máis importante deste país fixérono os nosos emigrantes”, afirma o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Vicente Peña Saavedra, especialista no estudo do labor educativo dos emigrantes galegos. O proxecto impresiona porque son máis de 300 as actuacións relacionadas coa educación levadas a cabo polos emigrantes en toda Galicia.

16

Anuncio da compañía Holland America Line, 1927Fondo fotográfico do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega

Monumento de agradecemento aos fundadores da Sociedad Bergondoy sus Contornos no lugar da Senra, onde edificaron unha escolaFondo fotográfico do Arquivo do Concello de Bergondo

Page 17: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

17

Mulleres carrexando a equipaxe no porto da Coruña,1930. Fondo fotográfico do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

Inauguración da escola de Santa Mª de Ois, promovida pola Sociedad Hijos de Ois,1933. Fondo fotográfico de Mª Carmen Espada Álvarez.

Veciños colaborando na construción da escola de Coirós promovida pola SociedadHijos del Ayuntamiento de Coirós na Arxentina. Revista escolar Albor (1936). Fondo documental de Xesús Torres Regueiro.

Sadenses en Nova York. No centro, sentado, José Alonso “Pernas” que sería membro da Xunta Directiva da Sociedad Sada y sus Contornos.Fondo fotográfico de Roi Fernández.

Page 18: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

18

Manuel L. Freire-Calvelo fai unha descrición da vila de Sada nos anos 20 que aparece publicada no número 242 da revista Vida Gallega de 20 de xaneiro de 1924:

…Desde Bergondo hasta la Orillamar cercanías de La Coruña, con un radio bastante extenso hacia el interior, todos afluyen a Sada para la vida de relación.

En Sada se celebra diariamente un importantísimo mercado-plaza. En él existe desde el cerdo hasta la baratija de telas y aperos de labranza. Es una verdadera exposición de lo que produce el país y posée el comercio sadense.

Sada está unida a La Coruña por una modernísima línea de tranvías eléctricos, y a Betanzos a cuyo partido judicial pertenece por otra de automóviles de línea; tiene Juzgado municipal, Guardia civil, Guardia municipal, Carabineros, Oficinas de teléfonos, telégrafos y correos, Ayundantía de marina, Escuelas nacionales de niños y niñas.

El verdadero puerto es un barrio de Fontán, semejante a uno de la tan celebrada Costa Azul, no más bella que ésta, a 700 metros de distancia de Sada, a la que se baja por una avenida de frondosos plátanos que deja a su derecha, entre la fronda, el caserío, mientras a la izquierda despliégase la ría, toda magnificiencia, ¡soberbio espectáculo que nos ofrece la Naturaleza!

…/…

Los amantes hijos de Sada, extrañados en tierras lejanas, no se olvidan del terruño, y así, la sociedad “Sada y sun Contornos”, de Nueva York, está costeando la construcción de un hermoso palacete, que ya gallardamente se levanta en la avenida de Fontán, con destino a la escuela de niños y niñas…

…En la feligresía de Meirás, cuya elevada colina del castro de su nombre, divide aguas a las Rías de Sada y La

Coruña, en los límites con el municipio de Oleiros, es el terreno fertilísimo y en ella, entre las aldeas de Piñeyro y Senra, álzase la posesión de Los Pazos de Meirás, residencia que fué de la eximia Doña Emilia Pardo Bazán.

Sada es ya una verdadera factoría pesquera que se va expansionando a grandes impulsos; que se funda en la pesca principalmente,…

… Las once (11) fábricas de salazón y conserva de pescado que se alzan en Fontán, esbozan la importancia futura, cuando se hayan obtenido condiciones y facilidades para incrementar este gran negocio y todos sus derivados.

Tiene un importante comercio de cabotaje con Puentedeume, Ares, Ferrol, La Coruña y varios puertos del Cantábrico, a los cuales se exportan grandes cantidades de pinos, destinados a las minas de carbón de Asturias.

Existen tres grandes fábricas panificadoras de molinería eléctrica; cuatro de teja y ladrillo; una de alfarería, de torno y molduras; tres eléctricas de aserrar madera, con carpintería mecánica, donde se preparan cajas de envase de cebollas y pescado; dos de gaseosas y agua de Seltz, movidas a electricidad. Con fuerza motriz eléctrica funcionan asimismo una de chocolates y tres de muebles de torno.

Tenemos que citar la fábrica acumuladora eléctrica que dá fuerza al pueblo desde hace veinte años (alumbrado público y particular).

A apaixonada descrición de Freire-Calvelo dános unha imaxe da vila de Sada nos anos 20 do pasado século. A actividade económica centrábase na actividade agraria, a pesca e a transformación do peixe, as telleiras situadas nas Brañas e actividades relacionadas coa transformación da madeira. Ademais tiñan importancia tamén a actividade portuaria e a comercial.

Page 19: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Festas en Sada nos anos 20. O autor das fotos foi Manuel Lugrís Freire, presidentehonorario da Sociedad Sada y sus Contornos. Fondo fotográfico de Manuel Lugrís Rodríguez.

Praza de San Roque. Revista Mariñana número 4 (15 de febreiro de 1925).Fondo documental do Concello de Sada.

Vista panorámica de Sada nos anos 20. Revista Mariñana número 16 (15 de agosto de 1925).Fondo documental do Concello de Sada.

19

Page 20: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

20

Sada era centro de reunión e ocio. O tranvía facilitaba o desprazamento desde A Coruña e os arredores e a Terraza era un punto de encontro onde se celebraban banquetes e reunións diversas de personalidades e autoridades. Os salóns de baile tamén eran lugar de concorrencia da xuventude das Mariñas.

Así o recollía o xornal Correo de Galicia no número editado o 1 de maio de 1927:

Con motivo de iniciarse la estación primaveral, los domingos en Sada, constituyen la distracción predilecta de toda la comarca y de lo mejor de la juventud coruñesa. Los salones del Pedregal de la calle Mayor y La Terraza vense repletos de mocedad, poniendo en la hermosa “perla de las Mariñas” una nota de fresca y sana alegría.

As festas eran outro dos motivos de atracción que tiña esta vila. A prensa daba conta das festas do verán do ano 1927 (Correo de Galicia, 25 de setembro de 1927):

Las fiestas de este año fueron realizadas en tal forma que pueden ser consideradas como una de las más vistosas, alegres y concurridas de toda la “Mariña”. Se inauguró la plaza de San Roque, asfaltada por el Municipio, con una verbena a la veneciana.

Comenzaron las fiestas con una salva de bombas de palenque; hubo alboradas con gaitas del país y la banda de música de Arca; misa solemne; paseos de moda; bailes públicos y sesión de fuegos artificiales.

Hubo también regatas marítimas, cucañas y elevación de dos globos de grandes dimensiones además de la tradicional danza de arcos.

Se realizó además un jira campestre al montículo del Conto, que cerró con broche de oro los festejos de la simpática villa de Sada.

Na década dos 20, concretamente no ano 1925 e principios de 1926, publicouse a revista Mariñana dirixida por Eduardo García Ramos. A publicación recolle, ademais

dun valioso e fermoso material gráfico, a vida social da vila e artigos tanto de opinión (moi mediatizada pola censura que establecía a ditadura) como colaboracións literarias. As súas páxinas fanse eco de dúas demandas que se reiteran constantemente: a construción da ponte do Pedrido e a necesidade de mellorar as instalacións portuarias en Fontán, que sufrían os continuos embates dos temporais. Outra das queixas que trasladaban era a necesidade de mellorar as comunicacións ás parroquias do concello de Sada

A Terraza

A Terraza naceu na zona de recheo gañada ao mar nos xardíns de Méndez Núñez da cidade da Coruña. Ocupaba o lugar no que agora se atopa o Quiosco Alfonso.

No paseo de Méndez Núñez constrúense a finais do século XIX unha serie de instalacións relacionadas co ocio. Nun principio foron pequenos postos de venda de bebidas, que estarían ligados á actividade portuaria e á construción dos peiraos. A partir de 1899 serán substituídos por elegantes quioscos de catro metros de lado para a venda de refrescos e larpeiradas. Será a partir de 1912 cando o carácter provisional das instalacións empece a cambiar por algo más duradeiro ao establecerse relacións de concesións entre o Concello e os particulares por períodos de tempo máis amplo. As instalacións de planta baixa alargaranse ata superar os 30 m de fronte e a planta superior utilizarase a modo de terraza cuberta pero totalmente aberta, á que se accederá polas fachadas laterais. Unha terceira fase será a de peche da planta superior. Son os edificios de lecer dos anos vinte na Coruña...

Nos anos 1919-20 "A Terraza" é desmontada e trasladada a Sada e ao longo dos anos veu a converterse en símbolo desta vila. Síntese de tres materiais, madeira, ferro e vidro, sendo un dos edificios máis representativos do movemento modernista de Galicia. No seu volume inicial tiña planta rectangular cunha fronte de 33,5 metros e un fondo de 5,5 metros, aínda que anos máis tarde se lle engadiu á fachada posterior un corpo destinado a servizos (aseos, cociña e almacén) en obra de

Page 21: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Edificio da Terraza nos xadíns de Méndez Núñez na Coruña.Fondo fotográfico: http://www.la-terraza.com/

Edificio da Terraza en Sada nos anos 20.

Publicidade da Terraza e da Compañía de Tranvías que aparecía na prensa da época.Fondo fotográfico: http://www.la-terraza.com/

21

Page 22: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

fábrica e alicerces de formigón nunha lonxitude de 16,65 metros e un fondo de 3 metros. Ten unha planta de soto que levanta 1 metro sobre a rasante do terreo, planta baixa de 3,35 metros de altura libre na que se sitúa a barra da cafetería, restaurante e zona de servizos, e unha planta superior de 4 metros de altura libre, totalmente diáfana, que tivo diferentes usos ao longo dos anos, desde salón de baile a salón de actos, de faladoiros, cafetería, etc...

O tranvía

A idea inicial da Compañía de Tranvías foi a construción dunha liña da Coruña a Betanzos que pasara polo Burgo e Sada. As dificultades para financiar a obra nunha fase fixo que se iniciara polo primeiro tramo a Sada, que ao final sería o único que se chegou a construír.

En 1915 Luciano Yordi elabora o primeiro proxecto da liña de tranvía desde A Coruña a Sada. O orzamento que recollía o proxecto era de 1.591.636,51 ptas. (9.565,93 euros) para unha liña de 18.273 metros e a poboación dos concellos que percorría era de 88.846 habitantes.

Despois de acadar o financiamento preciso e a concesión oficial da liña de tranvías, as obras empezan en xullo de 1920. Simultaneamente tamén se constrúen as cocheiras destinadas aos tranvías no lugar do Carballo (Oleiros).

A inauguración da liña ten lugar o 31 de decembro de 1922. Ás 10 da mañá saíu un tranvía da praza de Pontevedra e outro de Sada que coincidiron no Carballo, onde se agasallou aos invitados e despois se continuou o percorrido ata Sada.

O tranvía mantívose en funcionamento ata o 21 de novembro de 1956, data na que foi substituído por autobuses. Esta liña foi un elemento distintivo e un gran motor do progreso de Sada.

O tranvía polas rúas da Coruña. Fondo fotográfico da Compañía de Tranvías da Coruña..

22

Page 23: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Chegada do tranvía a Sada o 31 de decembro de 1922. Fondo fotográfico da Compañía de Tranvías da Coruña..

Chegada do tranvía a Sada o 31 de decembro de 1922. Fondo fotográfico da Compañía de Tranvías da Coruña..

Inauguración da liña a Sada o 31 de decembro de 1922. Fondo fotográfico da Compañía de Tranvías da Coruña..

Cocheiras da Compañía de Tranvías no Carballo (Oleiros). Neste lugar atópase hoxe o Colexio Cristo Rey Fondo fotográfico da Compañía de Tranvías da Coruña.

23

Page 24: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

24

Danos producidos polo temporal no inverno de 1925 no porto de Fontán. Revista Mariñana número 26 (1 de xaneiro de 1926).Fondo documental do Concello de Sada.

Na praia. Revista Mariñana número 1 (1 de xaneiro de 1925).Fondo documental do Concello de Sada.

Avenida Barrié de la Maza. Revista Mariñana número 1 (1 de xaneiro de 1925).Fondo documental do Concello de Sada.

Fonte de Riobao. Revista Mariñana número 1 (1 de xaneiro de 1925).Fondo documental do Concello de Sada.

Page 25: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

25

Entroido en 1925. Comparsa “os segadores” de Fontán. Revista Mariñana número 6 (15 de marzo de 1925).Fondo documental do Concello de Sada.

Carros na praia transportando patexo. Revista Mariñana número 8 (15 de abril de 1925).Fondo documental do Concello de Sada.

María Asunción Abruñedo. Revista Mariñana número 12 (15 de xuño de 1925).Fondo documental do Concello de Sada.

Arando a terra. Fotografía tomada en Oseiro. Revista Mariñana número 7 (1 de abril de 1925).Fondo documental do Concello de Sada.

Page 26: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

26

Unha das necesidades que había en Sada era a de contar con escolas en todas as parroquias. A revista Mariñana daba conta da carencia das mesmas na páxina 10 do seu número 2 (15 de xaneiro de 1925): “Sin embargo Mondego, Meirás, Osedo, Soñeiro, Mosteirón y Veigue no tienen escuela pública”.

A Sociedad Sada y sus Contornos nace en Nova York o 19 de maio de 1913 creada por emigrantes naturais do concello de Sada e residentes nesa cidade americana. A finalidade que os move e fundamentalmente educativa, crear escolas en Sada:

Ninguna otra institución persigue la finalidad de Sada y sus Contornos; finalidad patriótica, educadora, con puertas abiertas a la cultura del pueblo del cual son sus hijos amantísimos los socios que la constituyen. (Revista mensual Sin Nombre, 5 de xuño de 1920).

Foron os seus promotores Ramón Mosteiro, José M. Carregal, Juan A. López, José A. Roel, Juan Barreiro, Vicente Sánchez, Antonio Fernández Pita, Dionisio Vecino e outros moitos veciños de Sada que trataron de levar un proxecto educativo á súa terra natal: construír escolas libres ou neutras, como eles mesmos as definían.

Antonio Fernández Pita, un dos promotores da Sociedad Sada y sus Contornos en Nova York no ano 1913, foi elixido alcalde de Sada no período de 1932 a 1936 durante a II República. Sería fusilado o 27 de novembro de 1936.

Os estatutos foron aprobados en xunta xeral extraordinaria o 4 de setembro de 1914 e posteriormente reformados o 17 de xullo de 1918. Neles establecíanse como fins:

Difundir y mejorar la enseñanza elemental en el referido término municipal así como también propagar y dar a

conocer los fines y principios del raciocinio natural por medio de un sistema educativo y neutro, el cual estará basado en un plan de enseñanza moderno, verdadero y natural, libre de errores y prejuicios dogmáticos y sectaristas.

El plan de enseñanza basarase en el desarrollo equilibrado y armónico de todas las tendencias y aptitudes útiles para formar el hombre y la mujer sanos, de mente clara y sin prejuicios, cuya vida moral tenga por norma el sentimiento de solidaridad social.

El sistema de educación partirá del conocimiento exacto de la naturaleza física y psíquica del niño, inspirándose siempre en los métodos modernos de la ciencia.

Fomentará entre todos los habitantes de dicho municipio el amor al estudio por medio de clases prácticas y teóricas, tales como conferencias públicas, bibliotecas y por todos los demás medios que pueda disponer la Sociedad siempre que no contravenga lo prescripto en este Reglamento.

…/… bien entendido que estas escuelas no habrán de imponer, han de persuadir, demostrar, instruir, y educar; despertarán la inteligencia, estimularán el raciocinio y harán que en cada persona se afirme una propia individualidad.

Estas escuelas no podrán usarse nunca para actos políticos o religiosos, y en ellas habrá de oírse siempre cualquier queja o justa protesta del más humilde hijo del pueblo.

Con el objeto de dar suficiente solaz, recreo y expansión a todos los miembros, así como también para desarrollar y engrandecer sus conocimientos y su capacidad intelectual se darán conferencias instructivas, libres de todo estipendio para los socios.

Asimismo tendrá biblioteca y estará subscrita a los principales periódicos que sustenten ideas modernas y sean publicados en España, Cuba y los Estados Unidos en el idioma español…

Page 27: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Recibo da cota anual de Francisco Babío correspondente ao ano 1920.Fondo documental de Carlos Babío Urquidi.

Excursión de galegos a Long Island, 1920.Fondo fotográfico do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

Cherry Street, barrio español en Nova York desde a ponte de Brooklin,1932. Fondo fotográfico de Benito Santos Aguiar.

27

Page 28: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

28

Os estatutos tiñan un total de 50 artigos e neles regulábanse os fins da asociación, os dereitos e obrigas dos socios, as comisións, os órganos de goberno, as xuntas xerais, as delegacións, as reformas do regulamento, os artigos inalterables e as disposicións xerais.

O 20 de xaneiro do ano 1915 aparece publicada no xornal The New York Times unha noticia, baixo o titular “Traballos solidarios para o día da guerra”, na que se dá conta dunha contribución da Sociedad Sada y sus Contornos coa cantidade de 41,25$ destinada á Fundación de Axuda a Bélxica como mostra da simpatía e solidariedade dos españois nos Estados Unidos. Debemos lembrar que nesas datas se estaba librando en terras europeas a I Guerra Mundial, unha contenda bélica que sementou sufrimento, destrución e penurias por moitos países do noso continente. A noticia segue dando conta de que a tarefa habitual desta sociedade era a de recoller cartos para construír escolas en España.

Para acadar o seu obxectivo, ademais das cotas dos asociados, organizaban actos para recadar fondos. O xornal Eco de Galicia, publicado na Habana o 4 de abril de 1920 (número 116) dá conta da seguinte nova, inclúe o debuxo da fachada principal do proxecto da escola neutra número 1 na vila de Sada.:

El baile de Sada y sus Contornos. Como habíamos anunciado, en la noche del día 13, la sociedad gallega Sada y sus Contornos, celebró con extraordinaria animación y numerosa concurrencia un gran baile en el Leslie Hall en Broadway y la calle 83 a beneficio del fondo con destino a la construcción de un colegio público, dotado de toda clase de comodidades y adelantos modernos en la villa de Sada, provincia de la Coruña. Sus organizadores, que se esmeraron mucho en prodigar atenciones, recibieron unánimes plácemes. Bien merecidos.

A noticia da intención de construír escolas libres por parte da Sociedad Sada y sus Contornos na vila natal debeu de suscitar polémica entre sectores clericais e mais conservadores da vila porque no número 5 da revista mensual Sin Nombre (xuño de 1920) así se explica:

Desde luego, apenas llegó a Sada la noticia sintiéronse alarmados los seglares, los que allí patrocinan y defienden todavía las escuelas clericales. Y una lluvia de intriguillas trató de apagar el fuego sagrado que anima cada uno de los pechos de los sadeños de Nueva York. Y la calumnia y la envidia trataron de oponer obstáculos a la cívica labor; pero todo fue inútil. Hombres de entereza de carácter son estos gallegos de Nueva York. Hombres de convicciones arraigadas, defensores de bellas ideas, perseguidores de la verdad, de la justicia y el bien. ¿Cómo iban a amedrentarse ante la mentira que les salía al encuentro para malograr sus aspiraciones.

Para saír ao paso da polémica e das críticas recibidas a Sociedad publicou un manifesto en 1919, ao que se alude na revista mencionada anteriormente, pero do que non puidemos consultar ningún exemplar, pero a convicción que expresaban en 1920 era inequívoca:

¡Y habrá escuelas neutras allí! Nada tendrá fuerza suficiente para evitarlas. Y el progreso ganará lauros; la libertad entonará nuevos himnos a Minerva, y la Razón satisfecha, abrirá nuevos surcos en la conciencia y en el pensamiento de la romántica villa.

No primeiro número da revista Mariñana (xaneiro de 1925) aparece un artigo “La bienhechora labor de nuestros coterráneos en América” no que se fai referencia ás inxustificadas críticas que recibira a Sociedad:

…/… En nuestro primer número de MARIÑANA hemos de dedicar por hoy un pobrísimo, aunque fervoroso aplauso, a la sociedad de instrucción y apoyo “Sada y sus Contornos”, que acaba de costear en esta villa un soberbio edificio para un grupo escolar; a esos queridos y adorados coterráneos no les han arredrado las dificultades de todo orden que han surgido a cada instante para hacer fracasar sus gestiones. ¡Bien!

Parece increíble que hubiese hombres que criticasen sin pie ni medida…

Page 29: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Estatutos da Sociedad Sada y sus Contornos de Nova York.Fondo documental de Ramón Rodríguez Ares.

Noticia na que se menciona á SociedadSada y sus Contornos publicada no xornalThe New Yor Times 20 de xaneiro de 1915.Fondo documental de Roi Fernández.

Antonio Fernández Pita, foi un dos promotores da SociedadSada y sus Contornos e Alcalde de Sada de 1932 a 1936.Fondo documental do Concello de Sada

29

Page 30: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Festa da Flor no Hunts Point Palace (23 de maio de 1925). O Club Coruña ea Sociedad Sada y sus Contornos recadaron 1.120 dólares que destinaron aoSanatorio Marítimo de Oza e á construción da escola de Sada.Fondo fotográfico de Ramón Rodríguez Ares

30

Es necesario que el pueblo de Sada rinda un tributo de gratitud; que celebremos todos los años un día de fiesta titulado “Sada y sus Contornos”en su honor, y era necesario aún hacer más.

…/… “Sada y sus Contornos” es lema sacrosanto; fue el convencimiento de que uno de los mejores frutos de la cultura es la tolerancia y la libertad.

Atopamos noticias da Sociedad Sada y sus Contornos no xornal Eco de Galicia, publicado na Habana o 4 de xullo de 1920 (número 122). Dá conta de que hai dous anos que vén funcionando unha delegación en Sada á que se mandaron desde Nova York a cantidade de 1.500 $ para a adquisición dun terreo e doutros 1.000 $ para o seu sostemento. Tamén informa que a Sociedad conta nesa data con case 500 socios e un capital social de 2.364,64 $, ademais dunha cantidade de 4.200 $ para a construción das escolas. Despois de loar o entusiasmo e o traballo da asociación, dá conta de que a Unión Benéfica Española celebrará un festival para recadar fondos e contribuír á obra educativa de Sada y sus Contornos.

No ano 1925 as sociedades Sada y sus Contornos e Club Coruña recadaron na Festa da Flor a cantidade de 1.120 $.

Destinan 550 $ ao Sanatorio Marítimo de Oza e outro tanto para a Escola Integral de Sada. Deste feito dá conta o xornal Correo de Galicia publicado en Bos Aires o domingo 16 de agosto de 1925 (número 1.021).

Eran momentos de entusiasmo e abundaban os actos destinados a conseguir fondos para os gastos que ocasionaba a construción das escolas e o seu sostemento. A Sociedad Sada y sus Contornos mantiña contactos con asociacións galegas similares e especialmente co Centro Hispano Americano, o Club Coruña e a Unión Benéfica Española.

No ano 1929 as xuntas directivas das sociedades de Sada, Bueu e Beluso y sus Contornos organizaban un gran festival no New York Palm Garden a beneficio da infancia, pro instrución e protección. Pouco despois houbo outro festival da Sociedad Sada y sus Contornos nos salóns do Centro Hispano-Américano.

No xornal La Prensa de Nova York en 1930 recollíase un artigo de Domingo Cubeiro, co título “La obra cultural de los emigrados gallegos”, do que cabe destacar o seguinte:

“Sada y sus Contornos” ha realizado ya una obra digna de admiración. Debido a ella, Sada cuenta hoy con una escuela, y digámoslo en verdad, la única escuela digna de tal nombre que existe hoy en toda la Mariña de Betanzos. No sólo me refiero al magnífico edificio, construido a orillas de la carretera de Fontán, sobre la ría, desde el que se contempla un panorama deslumbrante de belleza; me refiero a la inteligencia con que han organizado la enseñanza en esta escuela obra aún más digna de la cálida simpatía, si se tiene en cuenta que quienes la han planteado y la rigen son obreros manuales, hombres que se ganan el pan en América con el tenaz y rudo esfuerzo de su músculo, muchos de los cuales han emigrado sin conocer ni los rudimentos del silabario. ¡Ahora comprendo la actitud de algunos de sus iniciadores, que han contribuido con sus primeros dólares con los ojos empañados en lágrimas! El dolor del reconocimiento de su ignorancia les había

Page 31: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Revista Eco de Galicia publicada en Cuba. Nela informábase do primeiro proxecto da escola.Fondo documental da Real Academia Galega.

31

Page 32: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Vixésimo aniversario da Sociedad Sada y sus Contornos en Nova York (14 de outubro de 1933). Fondo fotográfico de Xesús Castro.

32

taladrado el corazón.

Esta escuela educa hoy cerca de doscientos niños y niñas, divididos en cuatro magníficas aulas graduadas, y donde se cumple todo el programa nacional de instrucción primaria. El aire, la luz y la higiene parece ser una obsesión en sus sostenedores. La escuela cuenta con luz eléctrica, desagües y aguas corrientes costeadas por su propia cuenta; un esfuerzo en que se ha puesto un empeño sólo comprensible para quienes conocemos la intrépida voluntad con que realizan cuanto se proponen.

A documentación que conserva o Arquivo da Emigración do Consello da Cultura Galega infórmanos de que en 1930 se escolarizan 298 nenos e nenas nas escolas de Sada y sus Contornos.

O 14 de outubro de 1933 a Sociedad celebra en Nova York o vixésimo aniversario da súa fundación cunha festa presidida polas bandeiras americana e da república española, á que asisten máis dun centenar de persoas.

Os tempos de entusiasmo e ilusión co labor educativo que realizaban en Sada rematan co alzamento militar de 1936 e marca o inicio do declive da Sociedad. A incautación do edificio e das súas propiedades en Sada é o principio do

Page 33: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Reunión de galegos en Nova York 1923.Fondo fotográfico do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

Anos 20. Buque que facía a liña cara América desde o porto da Coruña. Fondo fotográfico do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

Galicia Sporting Club no Ulmer Park Brookyn (17 de xuño de 1923) Fondo fotog. do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

33

Estado xeral contable publicado na revista Sin Nombreeditada polada Sociedad Sada y sus Contornos en Nova York.Fondo documental de Xesús Castro.

Page 34: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

34

esmorecemento de Sada y sus Contornos. A escola destínase durante algúns anos a acuartelamento militar. Posteriormente tamén se utilizou para aloxar os efectivos da Garda Civil nos períodos de tempo que Franco pasaba no pazo de Meirás.

A mediados dos anos 40 volve abrir as súas aulas como unha escola nacional máis. Aínda que os veciños seguen referíndose a ela como “a escola laica”, moitos dino descoñecendo o significado da palabra “laica”. A biblioteca popular “República Argentina” foi censurada e esquilmada, moitos dos seus volumes desapareceron. Os libros que quedaron foron queimados no patio da escola a finais dos anos 50 por orde do entonces director da escola. No apartado referido ao funcionamento da escola recóllese o testemuño dun ex-alumno sobre este lamentable e triste suceso.

A escola é despoxada do precioso armario vitrina doazón da Sociedad Unidos de Sada de Bos Aires para albergar a biblioteca para ser trasladado ás dependencias da Sociedad de Sada.

En Nova York os socios reúnense no bar Castilla, rexentado por Ramón Castilla que foi o último tesoureiro da Sociedade e depositario dos fondos que posuía a finais dos anos 30. Nesas reunións repetíase sempre o mesmo tema de conversa: a obra realizada en Sada e a incautación das súas propiedades.

Ao non poder continuar co labor emprendido na súa vila natal, moitos dos socios de Sada y sus Contornos xunto con emigrantes doutras zonas de Galicia agrúpanse na Casa Galicia de Unidad Gallega de Nueva York, que era un lugar de reunión no que se facían actos diversos, reunións e festivais con fins benéficos e solidarios. Casa Galicia era unha auténtica ONG que recadaba fondos destinados a diversas institucións como a escola de Cecebre, a cociña económica da Coruña, a orfanatos e outras entidades similares que axudaban a soster. Tamén colaborou cos damnificados en diversas catástrofes acontecidas en Nicaragua, Cuba e Puerto Rico.

O Presidente de Casa Galicia durante moitos anos, desde os anos 40 aos 80, foi o sadense Emilio Flórez Pérez. Un sadendese de Sada d´arriba, de Fiunchedo, como el dicía con orgullo. Baixo o seu mandato logrou que Casa Galicia

fose o centro social hispano máis activo en Nova York e o que representaba socialmente a España nos actos que organizaba o concello de Nova York. Outro sadense que traballou intensamente con Emilio Flórez foi Manuel Galán que chegou en 1953 a Nova York con 17 anos e aos poucos meses integrouse na directiva desta asociación. Ao ano seguinte presidiu o Comité de Axuda Mutua de Casa Galicia promovendo a compra dun espazo no cemiterio de Long Island coa finalidade de acoller aos galegos sen recursos que falecían nesa cidade americana. En 1973 Casa Galicia organizou o primeiro festival internacional de gaitas no Parque Central de Nova York no que participaron gaiteiros galegos, escoceses, irlandeses e bretóns.

A mediados dos anos 80 procédese á liquidación dos bens dos que Ramón Castilla fóra depositario. Os elevados fins que inspiraron Sada y sus Contornos eran educativos e solidarios e os seus socios convencidos e consecuentes con eles mantivéronos ata o final. Acordaron facer unha doazón á Universidade de Columbia, de Nova York. Esta institución en agradecemento colocou unha placa lembrando este acto de xenerosidade.

En 1990 morre o último socio en Nova York pero a obra dos emigrantes sadenses permanece. As escolas seguen funcionando e cumprindo o seu cometido. Moitos dos asociados viviron e mesmo morreron pensando que foran derrotados pola intransixencia e polo esmorecemento, pero estaban equivocados. As escolas de Sada y sus Contornos perduran, mostra palpable de que a Sociedad Sada y sus Contornos venceu. Só foi cuestión de tempo. Tal e como recolleron nun texto publicado en 1936 os alumnos da escola de Coirós referíndose ao labor das persoas que fixeran posible unha escola laica igual que a de Sada:

...la escuela solo tenía por objeto destruir la ignorancia, madre de todos los vicios y tratar de formar hombres útiles para sí, para la familia, para la patria, para la humanidad, no estando reñidas por consiguiente estas nobles aspiraciones con ningún espíritu político, ni con las creencias religiosas de nadie.

Hoxe en día a denominación de Sociedad Sada y sus Contornos herdárona os emigrantes sadenses na Arxentina,

Page 35: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

35

Universidade de Columbia en Nova York.

Casa Galicia de Unidad Gallega de Nova York. Homenaxe a Santiago ÁlvarezMemorias IV. Santiago Álvarez. Edicións do Castro 1990.

De esquerda a dereita Emilio Flórez (presidente de Casa Galicia),o cónsul británico e Manuel Galán preparando o primeiro festivalinternacional de gaitas en Nova York (febreiro de 1972).Fondo fotográfico de Manuel Galán.

Xunta Directiva da Casa Galicia de Unidad Gallega de Nova York (23 de xaneiro de 1966).Fondo fotográfico de Manuel Galán.

Page 36: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

36

que cambiaron a denominación de Unidos de Sada pola dos seus veciños de Nova York cando estes deixaron de existir como asociación.

Título de socio honorario da Sociedad Sada y sus Contornos concedido a Santiago Casares Quiroga en 1930, quen sería presidente do goberno da II República cando se produciu a sublevación militar, baixo a presidencia de Azaña en1936.Fondo documental do Ministerio de Cultura, Archivo General de la Guerra Civil Española.

Page 37: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

37

No número 565 da revista Vida Gallega (10 de agosto de 1933)aparecen dúas fotografías da directiva da Sociedad Sada y sus Contornos. Fondo documental da Real Academia Galega.

Equipo de fútbol Sada y sus Contornos en Nova York (1920). Fondo fotográfico de Ramón Rodríguez Ares

Page 38: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

38

Presidentes da Sociedad Sada y sus Contornos en Nova York

Na documentación á que se tivo acceso constan como presidentes as seguintes persoas:

Jesús Martínez Quijada, José M. Carregal, José Couceiro Fernández, Toribio Pollán Nieto (os catro enumerados foron no período de 1913 a 1920), Ramón Mosteiro (1920 a 1922), José Couceiro (1923), Román Barbeito (1924), Casimiro Calza (1925) e Jesús Martínez Quijada (1926), Ramón Trallero (1927), Salvador Alonso (1929), Ramón Mosteiro (1933), José Sánchez (1935).

Directivas da Sociedad Sada y sus Contornos en Nova York

1920

Presidente: Ramón Mosteiro Calza

Primeiro vicepresidente: José Laurido

Segundo vicepresidente: Alejandro Lorenzo

Secretario: Dionisio Vecino

Vicesecretario: Salvador López

Tesoureiro: Jesús Deus

Vicetesoureiro: Casimiro Calza

Primeiro vogal: Eliseo Galán

Vogais: Antonio F. González, José Couceiro, Antonio C. Tié, Andrés Bosch, Juan Díaz, José Solorio, José Couzo, Manuel M. Deus, Juan Lorenzo, Gumersindo Fernández, José M.ª Carregal, Juan Deus Pita.

Suplentes de vogais: Juan Calza Tié, Germán Bau, Juan M.ª Barreiro, Manuel López, José Ríos, José

Mosquera Tié.

1927

Presidente: Ramón Trallero

Primeiro vicepresidente: Antonio Vila

Segundo vicepresidente: Salvador Alonso

Secretario: Manuel Lesta

Vicesecretario: José Sánchez

Tesoureiro: Casimiro Calza

Vicetesoureiro: Ramón Barbeito

Primeiro vogal: Ramón Sanmartín

Vogais: Jesús Martínez, Antonio Sánchez, Juan Lorenzo, Jacinto Fernández, Francisco Rodríguez, José Alonso, Andrés Bos, Andrés Pérez, Pedro Villacampa, Francisco Casal, Pedro Díaz, Manuel Penas

Suplentes de vogais: José Fernández, Juan A. Mosquera, Manuel Vázquez, Eduardo Arévalo, Rogelio Vázquez, Antonio Francos.

1929

Presidente: Salvador Alonso

Primeiro vicepresidente: José Sánchez

Segundo vicepresidente: Manuel Lesta

Secretario: Ramón Bermúdez

Vicesecretario: José Alonso

Tesoureiro: Ramón Barbeito

Vicetesoureiro: Casimiro Calza

Primeiro vogal: Antonio Suárez

1933

Presidente: Ramón Mosteiro Calza

Primeiro vicepresidente: : Casimiro

Calza

Segundo vicepresidente: Ricardo Castro

Secretario: Antonio C. Tié

Vicesecretario: Manuel Gende

Tesoureiro: Román Barbeiro

Vicetesoureiro: Waldo Colmero

Primeiro vogal: Antonio Francos

Vogais: José Alonso, Vicente Sánchez, Juan Prego, Juan Blanco, José Sánchez, Pedro Díaz, e seis vogais máis.

1935

Presidente: José Sánchez Rodríguez

Primeiro vicepresidente: Ricardo Castro

Segundo vicepresidente: Antonio Louzán

Secretario: Manuel Gende

Vicesecretario: Juan Blanco

Tesoureiro: Waldo Colmelo

Vicetesoureiro: José García Ríos

Primeiro vogal: Salvador Galán

Vogais: Ramón Mosteiro, Andrés Boss, Fernando Suárez, Enrique Peña Aranda, José Taibo Saavedra, Juan Prego, José Varela Lesta.

Page 39: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

39

Xesús Castro na escola de Sada y sus Contornos (xuño 2007).Fondo fotográfico do autor.

Xunta Directiva da Sociedad Sada y sus Contornos no ano1934. Fondo documental de Xesús Castro.

Sin Nombre, revista da Sociedad Sada y sus Contornos (xuño 1920).Fondo documental de Xesús Castro

Sin Nombre, revista da Sociedad Sada y sus Contornos (maio de 1920).Fondo documental de Xesús Castro

Page 40: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

40

Para dar cumprimento aos elevados fins que perseguía a Sociedad Sada y sus Contornos facíase preciso contar cunha Delegación en Sada que administrase os bens e levase a cabo os acordos da central en Nova York. Os Estatutos aprobados en Nova York no ano 1914, e revisados en 1918, xa prevían no seu artigo 40 a creación e funcionamento “De la Delegación en Sada”. Establecía este artigo:

Esta Delegación representará a la Sociedad General en la capital del municipio en todos los actos que con ella se relacionen, así como también realizará todos los trabajos y comisiones que se le encomienden.

En 10 apartados dispoñeríanse as normas polas que debería rexerse o funcionamento desta Delegación.

Foi no ano 1918 cando se presentou no Goberno Civil da Coruña o Reglamento de la Sociedad Sada y sus Contornos que viña ser os estatutos da Delegación en Sada. O Gobernador Civil, D. Enrique Toral, acusa recibo do Regulamento o 6 de decembro de 1918, obrigando á presentación da acta de constitución da Sociedade e dos nomes das persoas que constituirán a Xunta directiva para que a entidade tivese existencia legal. Asinaban o Regulamento presentado: Toribio Pollán Nieto, Manuel Dopico Otero, Enrique Pena, Gumersindo Fernández e Daniel Mosquera.

O Regulamento recollía de xeito abreviado o disposto nos Estatutos da Sociedade en Nova York. A finalidade que se marcaba era a fundación e sostemento dun ou varios centros de ensino absolutamente neutral. Tamén se establecía que a vida da Delegación se inspiraría nos principios establecidos pola Sociedade protectora de Nova York. No Arquivo do Reino de Galicia consérvase a documentación relativa á constitución da Delegación.

Podían ser socios os veciños do concello de Sada e dos limítrofes de Oleiros e Bergondo que estivesen conformes cos principios da Asociación. Establecíase unha cota de 0,50 céntimos mensuais.

Seguindo o establecido nos Estatutos aprobados en Nova York dispoñíase que a asociación non podería disolverse mentres houbese oito socios que se comprometesen a sostela. En caso de disolución, os edificios da asociación pasarían a ser propiedade do Concello de Sada, que non podería transferilos nin vendelos e a doazón conservar a perpetuidade o nome da Sociedade e destinados única e exclusivamente a escola pública do Concello.

O domicilio social da Delegación estaba na avenida César Sánchez, 8 (actual avenida Sada y sus Contornos). O labor principal da Delegación era a construción da escola para o que recibirían de Nova York os fondos e as instrucións precisas, como veremos no capítulo seguinte.

Labores humanitarios

Á parte das xestións precisas para a construción das escolas, a Delegación tamén realizaba tarefas de carácter solidario. A principios de 1924 recíbese a cantidade de 2.000 pesetas da Central para a compra de víveres de primeira necesidade para os damnificados polo último temporal. Desde Nova York recoméndaselles que se poñan en contacto co presidente honorario, Manuel Lugrís, para proceder ao reparto dos alimentos. Repartiuse pan e patacas entre 75 pobres durante 5 semanas.

A experiencia non debeu ser moi gratificante. O 16 de maio o Presidente da Delegación expresaba por carta á Central: “... y no deseamos nos manden más dinero con ese fin; pues nos ocasiona disgustos por ser imposible contentar a todos...”.

Desde Nova York fan caso omiso desa observación e no mes xuño de 1924 mandan 1.604 pesetas máis para un novo

Page 41: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

41

Sinaturas dos integrantes da Xunta Directiva da Delegación en Sada noRegulamento presentado no Goberno Civil da Coruña (6 de decembro de 1918).Fondo documental do Arquivo do Reino de Galicia

Fotografías de Fontán. Revista Mariñana número 3 (1 de febreiro de 1925). Fondo documental do Concello de Sada.

Regulamento da Delegación en Sada da Sociedad Sada y sus Contornos. Fondo documental de Ramón Rodríguez Ares.

Page 42: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

42

reparto entre os pobres do concello. Destínanse desa partida 80 pesetas para axuda da familia dun mariñeiro de Riobao afogado e o restante déixase para axudas no inverno, xa que naquel momento estiman que non hai verdadeiras necesidades.

Contactos con outras asociacións

A Delegación en Sada mantiña contacto con outras asociacións con fins similares. Así, o 14 de abril de 1935 unha representación da Delegación asiste á inauguración dunha escola laica no concello de Coirós. Integraban esa representación Gumersindo Fernández Pena, Casimiro Calza, Antonio González Blanco, Antonio Vila e Ramón García Peña.

O 12 de xullo de 1936 asístese á inauguración do edificio da Senra, no veciño concello de Bergondo, construído polo Centro de Instrucción y recreo de Bergondo y sus Contornos de Nova York. Os nenos e as nenas escolarizados en Sada y sus Contornos acudiron cos seus mestres e os integrantes da Delegación. O acto desenvolveuse nun clima de crispación no que se rexistraron diversos incidentes. Seis días despois ten lugar a sublevación militar que daría orixe á Guerra Civil.

Portada da revista Mariñana número 4 (15 de febreiro de 1925). Fondo documental do Concello de Sada.

Page 43: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

43

Balance económico do ano 1923 que se remitiu ao Goberno Civil da Coruña. Fondo documental do Arquivo do Reino de Galicia

Revista Mariñana número 1 (1de xaneiro de 1925). Fondo documental do Concello de Sada.

Vista de Fontán. Revista Mariñana número 2 (15 de xaneiro de 1925). Fondo documental do Concello de Sada.

Page 44: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

44

Xuntas Directivas da Delegación en Sada:

1918:

Presidente: Toribio Pollán Nieto

Vicepresidente: Daniel Mosquera Meirás

Secretario: Manuel Mosquera Meirás

Tesoureiro: Enrique Pena Aranda

Vogais: Manuel Dopico Otero

Gumersindo Fernández Pena

1920:

Presidente: Antonio Fernández

Vicepresidente: Aquilino Mosteiro

Secretario: P. Cancelo

Vicesecretario: Marcial García

Tesoureiro: Manuel Dopico

Vicetesoureiro: José López Rial

1921:

Presidente: Juan Dopico

Secretario: Manuel Pena

1922:

Presidente: Manuel Dopico Otero

Vicepresidente: José García Ramos

Secretario: Manuel Pena

Vicesecretario: Juan María Regueira

Tesoureiro: Eduardo Díaz

Vicetesoureiro: Matías Pollán

Vogal: Francisco Riveiro

1923:

Presidente: Eduardo Díaz García

Vicepresidente: José García

Secretario: Celestino Pollán

Vicesecretario: Juan María Regueira

Tesoureiro: Manuel Zapata

Vicetesoureiro: Matías Pollán

Vogal: Francisco Riveiro

Total número de socios: 57

1924:

Presidente: Saturnino Couceiro López

Vicepresidente: José García Ramos

Secretario: Celestino Pollán Pérez

Vicesecretario: Enrique Regueira Golán

Tesoureiro: Eduardo Díaz

Vicetesoureiro: Francisco Vila

Vogais: Darío Lourido

Manuel Andrade

Número de socios: 62

1925:

Presidente: Saturnino Couceiro López

Vicepresidente: José García Ramos

Secretario: Salvador Casanova

Vicesecretario: Enrique Regueira Golán

Tesoureiro: Eduardo Díaz

Vicetesoureiro: Francisco Vila

Vogais: Darío Lourido

Manuel Andrade

1927:

Presidente: José García

Vicepresidente: Darío Lourido

Secretario: Manuel L. Freire-Calvelo

Vicesecretario: Francisco López Vázquez

Tesoureiro: Francisco Vila

Vogais: Juan García

Enrique Regueira

1934:

Presidente: Gumersindo Fernández Pena

Vicepresidente: Casimiro Calza

Secretario: Antonio Francos Sánchez

Vicesecretario: Antonio Díaz

Tesoureiro: Antonio Vila

Vicetesoureiro: José Castro

Vogal: José Balado

Page 45: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

45

Oficio de remisión de documentación da Delegación en Sada da Sociedad Sada y sus Contornosao Goberno Civil da Coruña o 7 de marzo de 1924. Fondo documental do Arquivo do Reino de Galicia.

Manuel Lugrís Freire, presidente honorarioda Sociedad Sada y sus Contornos.

Page 46: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

46

A delegación en Sada mantiña correspondencia escrita coa Central de Nova York mediante cartas e telegramas. Periodicamente rendíanse contas das xestións realizadas, dos balances de contas, achegábase documentación, etc.

O libro de comunicacións da Delegación en Sada informa do proceso de construción do edificio escolar. Este libro, que conserva Ramón Rodríguez Ares, ábrese en xuño de 1920 sendo presidente da Delegación Antonio Fernández e secretario P. Cancelo. Naquel momento era presidente da Central en Nova York Ramón Mosteiro.

O 7 de xullo de 1920 mándase de Sada a Nova York unha carta xunto cunha copia do proxecto do edificio e dáse conta de que se están ultimando as xestións para sacar a poxa da obra e así saber o seu custo económico. Nesta comunicación tamén se informa de que se está á espera dunha entrevista con Andrés Anido para solicitarlle autorización para buscar auga para a escola nun terreo da súa propiedade. Confirman o recibo de 30 diplomas procedentes de Nova York.

O 31 de agosto ten lugar a poxa para a adxudicación das obras do edificio escolar á que acode D. José Suárez Álvarez, que se compromete a facer a obra do edifico pola cantidade de 107.388 pesetas. A Delegación informa a Nova York e pide contestación á proposta.

Por esas datas solicítaselle a Manuel Lugrís a súa intervención para que mande un enxeñeiro para que dea instrucións de onde localizar un manancial para facer unha traída que subministre augas para a escola. Os custos desta obra estímanse en 4.000 pesetas.

Eran momentos de entusiasmo e boa marcha da Delegación, que viña de recibir 50 números da revista editada pola Central en Nova York.

No mes de outubro de 1920 recíbese a cantidade de 52.800 pesetas procedentes de Nova York destinada a sufragar os gastos da obra. Estes cartos deposítanse nunha entidade

bancaria a un xuro do 4%.

O proxecto inicial reconsidérase e así, o 30 de decembro de 1921, o debuxante Manuel López Quintas entrega os planos dun novo proxecto polo que se aboa a cantidade de 40 pesetas.

Remítense os planos a Nova York en febreiro de 1922 e infórmase das xestións para adxudicar de novo a obra. O atraso no inicio das obras fai que o desánimo se instale na Delegación en Sada, o que ocasionou numerosas baixas de asociados. No mes de abril renóvase a Xunta Directiva da Delegación, que estará presidida agora por Manuel Dopico Otero.

No mes de xuño de 1922 comunícase a Nova York a necesidade da construción dun muro de sostén de 50 metros. O custo estímase en 10.000 pesetas e unhas 6.000 máis para a traída de augas.

O 6 de agosto de 1922 ten lugar unha nova poxa na que se adxudica a obra a Suárez Hermanos na cantidade de 67.100 pesetas. O acto de colocación da primeira pedra do edificio realízase o 1 de outubro de 1922.

No ano 1923 as obras realízanse a bo ritmo e son motivo de visita por parte de forasteiros que viaxan a Sada no tranvía. Os eloxios ao esforzo que realizan os emigrantes de Sada en Nova York son constantes.

Para resolver a subministración de auga, a Delegación procedeu á compra dun ferrado de terra en Fiunchedo (ao lado da casa do Xastre), por un importe de 750 pesetas. Tamén se contrata o pozo a razón de 75 pesetas por metro de profundidade e estímase un custo de 1.000 pesetas máis para os 200 metros de tubo de chumbo preciso para cubrir a distancia do pozo á escola. En total o custo da acometida de auga calcúlase en 3.000 pesetas.

O 4 de novembro o contratista comunica á Delegación a finalización das obras. Unha comisión inspecciona as obras e observa diversas faltas que se deberían corrixir. Ante as

Page 47: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

47

Primeiro proxecto para construír a escola en Sada.

Proxecto definitivo da escola.

ESCUELAS

Page 48: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

48

discrepancias xurdidas co contratista, acórdase a inspección do edificio por parte dun técnico que ratifica as observacións feitas pola comisión. A Delegación decide non recibir a obra e non liquidar a cantidade que se debía aos contratistas.

Por esas data fanse xestións para a contratación dos mestres para impartir docencia e encárganse 36 pupitres e diverso mobiliario.

O 1 de xaneiro de 1924 renóvase a Directiva da Delegación, que pasará a presidir Saturnino Couceiro. Convídase aos socios e veciños a visitar o edificio, acto ao que asiste Manuel Lugrís, que se dirixe aos presentes cun discurso sobre o ensino.

No mes de maio ponse en funcionamento a traída de auga

... es buena y abundante, se puede beber: los grifos de riego y duchas así como bebederos echan con presión y las cisternas de los retretes funcionan admirablemente: en una palabra es una de las mejores cosas que tiene el edificio y costó 2.842,50 pesetas más lo que cobrará el notario...

Sinalar que naquel momento na vila de Sada non se contaba aínda con traída de auga polo que dotar un edificio escolar desta instalación era unha novidade.

En decembro de 1924 a obra seguía pendente de rematar porque o contratista non reparaba as fendas que apareceran no edificio e tamén porque os caleados das paredes se desprendían. A Delegación non aboaba o pago final de obra mentres non se reparasen esas deficiencias.

Rematadas as obras e próximo o inicio das clases, recíbese da Central de Nova York un extenso manifesto, con data de abril de 1927, dirixido aos veciños de Sada: Manifiesto. Al Pueblo de Sada. Polo seu interese reprodúcense algúns fragmentos do mesmo:

El largo y doloroso vía crucis está ya terminado. El camino está ya desbrozado limpio de los zarzales y espinas que maceraron el cuerpo social. La escuela está ya próxima a inaugurarse. La sociedad protectora cuenta con bastante capital y con bastantes socios para sostenerla holgadamente. El triunfo de SADA Y SUS Contornos es

rotundo y definitivo. En estos momentos del triunfo queremos ser justos y generosos con todos y a todos llamamos por última vez.

Los que deseen asociarse por 1 peseta de cuota mensual y sin pagar cuota de admisión, deben hacerlo antes de que se inaugure la escuela. Los que se asocien después de esa fecha tendrán que pagar 2 pesetas de cuota mensual, más una cuota de ingreso no menor de 40 pesetas no mayor de 75, la que será aplicada de acuerdo con la posición económica del aspirante a socio.

Los sadenses que tengan hijos, hermanos o sobrinos, deben apresurarse en hacerse socios si quieren mandarlos gratis a la escuela. Los que no los tengan deben asociarse para ayudar a una obra que tanto bien le hará a Sada…

…Es la única sociedad que hizo algo práctico en Sada la única que perduró y venció todos los obstáculos, la única que construyó un edificio expresamente para colegio, la única que vivió y vive para ayudar a levantar el nivel moral e intelectual del pueblo, la única que hizo propaganda sana a favor de Sada, la única que la dio a conocer en el resto de España y fuera de ella, la única que miró por los emigrados sadenses y que los repatrió cuando fue necesario, la única que reunió fondos para el bien de la infancia y que se desvive por llevar el pan de la instrucción a todas partes, la única que hasta la fecha llegó a reunir un capital mayor de 150 mil pesetas, ¡la única sociedad sadense que acordó y concedió una cantidad mensual para instruir, vestir y calzar a los niños pobres de Sada!...

…/… El edificio sólo podrá ser usado para escuela, para local social y para actos que estén relacionados con el colegio o la sociedad. E casos de emergencia temporal, (causados por enfermedades, plagas, conflagraciones o temporales), ya se tendrán en buena cuenta las urgentes necesidades del pueblo, que esta sociedad funciona para el bien del pueblo en general, pero no para cumplir con los gustos o caprichos de cualquier otro grupo o entidad…

Despois dos moitos tira e afrouxa cos construtores as escolas empezan a funcionar no curso 1927-1928. A inauguración do grupo escolar ten lugar o 4 de setembro de 1927 cunha xornada festiva da que informaba o xornal El Pueblo Gallego editado en Vigo o 1 de setembro de 1927:

Page 49: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

49

O contido das cartas mandadas de 1920 a 1926 da Delegación en Sada á Centralen Nova York quedaron anotadas nun libro de rexistro.Fondo documental de Ramón Rodríguez Ares

Revista Mariñana número 1 (1 de xaneiro de 1925)Fondo documental do Concello de Sada.

Revista Mariñana número 3 (1 de febreiro de 1925)Fondo documental do Concello de Sada.

Page 50: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

50

Sada. Fiestas.- Con motivo de la inauguración del grupo escolar “Sada y sus Contornos”, el domingo 4 de septiembre habrá grandes festejos cívicos y culturales.

La sociedad cuenta con un hermoso edificio, de modernas y esbeltas líneas, construido expresamente para escuela, y está considerado como uno de los mejores en su clase.

Los bienes y propiedades sociales de “Sada y sus Contornos” tienen un valor actual mayor de 190 mil pesetas, y esta obra, hecha por el esfuerzo de los emigrados, por la cooperación de personas humildes y entusiastas por la enseñanza de las futuras generaciones, constituye el ejemplo más práctico de lo que se puede hacer cuando unidos nuestros hermanos de raza se disponen a trabajar por algo plausible.

He aquí el programa de festejos:

A las 9,30, dianas y alboradas; disparo de una salva de bombas y cohetes. A las 10, llegada del coro “Ecos da Terra”, del ferrol. A las 10,15, organización de la manifestación cívica frente a La Terraza que recorrerá las principales calles de la villa. A las 10,45, descubrimiento de la lápida que da el nombre de “Sada y sus Contornos” a una de las principales vías de Sada. A las 11, solemne inauguración de la escuela, tomando parte el gallego don Manuel Luirías Freire, el periodista don Antonio Vilar Ponte, el presidente fundador de la sociedad don Jesús Martínez Quijada y otros oradores gallegos. A la una banquete oficial en La Terraza y paseo de moda en la Alameda. A las 5,30 baile público en la plaza de San Roque. A las 9,30, fiesta de arte gallego en el Salón del Pedregal, tomando parte el coro “Ecos da Terra”, gaiteiros y parejas de baile mariñanas.

A noticia tamén foi recollida pola revista Céltiga (número 78, de 25 de marzo de 1928) editada en Bos Aires e da que era colaborador habitual, e codirector naquel momento, o sadense Ramón Suárez Picallo:

Inauguración de una escuela en Sada. Los hijos de la hermosa villa de Sada, residentes en New York han construido en su pueblo natal un magnífico edificio escolar. Recientemente las clases fueron inauguradas dando lugar tal ceremonia a la celebración de regocijados festejos en los

que tomó parte todo el pueblo, varios intelectuales gallegos, el poeta y patriarca sadense don Manuel Lugrís Freire y el sabio catedrático Primitivo R. Sanjurjo...

Acompañaban a noticia tres fotografías: unha na entrada da escola e dúas máis da manifestación cívica que percorreu Sada ao paso pola rúa Mayor e a praza de San Roque.

A noticia daba conta ademais do acordo da Sociedad Unidos de Sada de Bos Aires de instalar unha biblioteca popular na escola de Sada y sus Contornos que se denominaría República Argentina. Para tal efecto realizarían un gran festival o 7 de abril de 1928 no que interviría Ramón Suárez Picallo e pronunciaría unha conferencia sobre a misión das Bibliotecas Populares.

Page 51: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

51

Manifesto de Sada y sus Contornos dirixido aos veciños de Sada en 1927.Fondo documental de Xesús Castro.

Inauguración da escola de Sada y sus Contornos.Fotos publicadas na revista Céltiga (número 78 de 25 de marzo de 1928).Fondo documental da Real Academia Galega.

Page 52: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

52

O Correo de Galicia recollía o 26 de febreiro de 1927:

Escuela de Sada y sus Contornos.

En breve plazo se sacará a subasta una plaza de maestro y otra de maestra con destino a esta fundación.

También sabemos que se va a comprar un reloj de cuatro esferas y una campana que se oirá a una legua de distancia.

La directiva de esta escuela que reside en Nueva York cuenta con tres mil dólares para pagar sueldos y vestuario a los pequeñuelos que en ella reciban instrucción.

La directiva local hace gestiones para ver de solucionar algunos conflictos creados en la construcción de la mencionada escuela.

O 14 de agosto de 1927 o xornal El Pueblo Gallego dá conta da toma de posesión dos mestres das escolas:

Grupo escolar. El 10 del actual tomaron posesión de sus cargos los maestros del grupo escolar Sada y sus Contornos, que es uno de los más importantes de Galicia, al que le dedicó frases de admiración el inspector de primera enseñanza de Oviedo y enviado especial de “La prensa” de Buenos Aires, don Benito Castrillo.

Recayó el nombramiento en don Carlos Amigo, quien lleva más de 20 años dedicado a la enseñanza, habiendo desempeñado los mismos cargos en las escuelas del Valle Miñor y Unión Barcalesa. La profesora es la señorita Josefa Agulló Barral, natural de Villagarcía, quien ya ejerció el mismo cargo en las escuelas de Mieres del Camino (Asturias).

Os nenos e as nenas necesitados recibían alimento, roupa e

calzado. O vestiario que lucían os alumnos da escola ía consistir en mandís brancos cunha raia moi fina. Os nenos levaban un lazo no pescozo a modo de paxariña e as nenas no pelo.

Os primeiros exames teñen lugar o 8 de xullo de 1928. Cos exames dábase por rematado o curso escolar e así mesmo rendíase homenaxe a Manuel Lugrís Freire, presidente honorario da Sociedad Sada y sus Contornos. Lugrís chegou en compaña de diversas personalidades e foi recibido polos alumnos e profesores cun rótulo sobre a porta da entrada da escola que incluía unha dedicatoria en galego. Visitaron a exposición de traballos escolares e asistiron aos exames dos alumnos. O catedrático da Escola de Comercio da Coruña, Abad Conde, pronunciou unhas palabras nas que felicitaba os profesores das escolas e os alumnos.

Rematado este acto, houbo un xantar no xardín da Terraza ao que concorreron máis de cen veciños xunto cos integrantes da Delegación en Sada. Ao remate do xantar interviñeron Antón Villar Ponte e o alcalde de Sada, Enrique López Hernández, que significaron os méritos de Lugrís Freire e o labor das escolas.

Rematou o acto o propio Lugrís dando lectura aos poemas que compoñen o libro As Mariñas de Sada dedicado á Sociedad Sada y sus Contornos con motivo da celebración dos primeiros exames nas escolas. Así recollía o xornal La Voz de Galicia o remate do acto:

Y dio fin al acto el homenajeado leyendo un discurso en verso gallego un bellísimo poema de exaltación del territorio mariñán, en que canta el poeta a Sada, su mar, sus valles, y sus frondas y a las gentes ardidas y valerosas que uno y otro día arriesgan su vida sobre las olas Fue aplaudidísima la lectura admirable del señor Lugrís Freire, a quien enviamos nuestra cordial enhorabuena por el sincero y merecido homenaje que acaba de tributársele en su país nativo.

Page 53: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

53

Os xornais que se publicaban na emigración recollían moitas noticias relacionadas coasactividades que as asociacións de emigrantes galegos levaban a cabo.Fondo documental do Centro Superior Bibliográfico de Galicia.

Inauguración da escola (1927)Fondo fotográfico de Ramón Rodríguez Ares.

As Mariñas de Sada, poemario dedicado por Manuel LugrísFreire á Sociedad Sada y sus Contornos con motivo dosprimeiros exames na escola de Sada (8 de xullo de 1928)Fondo documental de Manuel Lugrís Rodríguez.

Page 54: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

54

As escolas eran un referente educativo en toda a bisbarra. O Boletín da Subdirección General de Emigración, dependente por aquel entonces do Ministerio de Trabajo, Comercio e Industria, recollía no ano 1930 que recibían instrución nas escolas 298 nenos estando á fronte das mesmas catro mestres de ambos os sexos.

As escolas dispoñían de material pedagóxico e metodoloxía moi innovadora para a época. Así, a escola dispoñía de cinematógrafo, dun modelo anatómico para a ensinanza do corpo humano e, os xoves, realizábanse excursións nas que participaban os alumnos provistos de lapis e caderno para tomar notas das observacións e actividades que realizaban cos seus mestres.

O contorno da escola estaba perfectamente coidado, tarefa da que se encargaba o bedel co que contaba o centro. No patio da escola había árbores de diversas especies e zonas axardinadas que formaban un contorno agradable e educativo.

O profesorado seguía fielmente o mandato dos estatutos “...estas escuelas no habrán de imponer, han de persuadir, demostrar, instruir, y educar; despertarán la inteligencia, estimularán el raciocinio…”. Non se permitían os castigos habituais da época inspirados naquela corrente antipedagóxica que tiña como lema “la letra con sangre entra”. Algunha das primeiras alumnas do centro lembra que os peores castigos eran o cambio de clase, así os nenos que se portaban mal ían para a clase das nenas e viceversa.

Xesús Castro ao igual que os primeiros alumnos da escola que chegaron aos nosos días lembran con agarimo a D.ª María Teresa, D. Severino, D.ª Consuelo,... mestres daquela época que tiñan un excelente trato cos alumnos.

Biblioteca popular República Argentina

A asociación de emigrantes sadenses en Bos Aires, Unidos de Sada, promovera a iniciativa da creación dunha biblioteca popular que se denominaría República Argentina. A esta iniciativa sumábanse diversas persoas, segundo se recollía en novembro de 1927 no xornal Correo de Galicia:

-O historiador César Vaamonde Lores (natural do lugar de Ouces, en Bergondo) que fora arquiveiro e bibliotecario da

Real Academia Galega fixo unha achega de 100 libros.

-Manuel Lugrís Freire, presidente honorario da Sociedade, 24 volumes.

-O inspector Manuel Díaz Romay, dous volumes sobre o corpo humano. O periodista Jesús Martínez Quijada, diversos volumes e un álbum coa historia da Sociedade ata aquelas datas.

-O sadense Ramón Suárez Picallo (sindicalista, político e periodista), 70 volumes de xoias literarias, 50 volumes de teatro clásico, subscrición por un ano a tres revistas arxentinas e unha subscrición ad vitam á revista galega Céltiga de Bos Aires.

-A Sociedad Unidos de Sada acordou cooperar cunha colección completa de autores hispanoamericanos coa correspondente vitrina.

-A Central de Nova York preparaba varias caixas de libros destinados á biblioteca da escola, que levaría o nome de República Argentina.

O acto de entrega da biblioteca, formada por uns 800 volumes e unha artística vitrina, ten lugar no mes de setembro de 1929 coincidindo co inicio do curso escolar. Presidiron o acto o alcalde da vila, José Gayoso, os cónsules da Arxentina e Uruguai na Coruña, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e os integrantes da xunta directiva da Delegación en Sada da Sociedade. Despois dos discursos pronunciados polos persoeiros asistentes pasouse á entrega de premios aos alumnos máis distinguidos no curso anterior. O acto rematou coa intervención de Manuel Lugrís dando por iniciado o novo curso escolar. A continuación os asistentes foron agasallados cun xantar na Terraza.

Da posguerra aos nosos días

A mediados dos anos 40 os alumnos volven ás aulas e a escola de Sada y sus Contornos deixa de ser laica, aínda que os veciños así a denominen ao referirse a ela.

En 1946, as boas xestións realizadas polo entón alcalde Miguel Pérez Sanjurjo ante a Dirección Xeral de Propiedades e Contribución Territorial evitan que se proceda á venda en poxa do edificio. O Ministerio de Facenda resolve que se ceda o uso do edificio escola de Sada y sus Contornos ao

Page 55: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

55

Noticia da entrega da biblioteca República Argentina na escola de Sada y sus Contornospublicada no xornal Correo de Galicia.Fondo documental do CentroSuperior Bibliográfico de Galicia.

Fotografía da escola publicada na revista Eco de Galicia (La Habana, número 346 de 15 de febreiro de 1929) ilustrandoun artigo de Manuel L. Freire Calvelo La escuela en Galicia.Fondo documental da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.

Armario doado á escola de Sada y sus Contornos por Unidos deSada da Arxentina coa biblioteca popular “República Argentina”. Fondo fotográfico do autor.

Ramón Suárez Picallo fixo unha donación de librospara a biblioteca da escola de Sada y sus Contornos. Foto publicada na revista Mariñana número 17. Fondo documental do Concello de Sada.

Page 56: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

56

concello de Sada para que se dedique a escola nacional.

Os anos pasan e varias xeracións de sadenses enchen as aulas desta escola.

O triste episodio da queima dos libros da biblioteca do centro que foran doados por iniciativa dos emigrantes en Bos Aires é lembrado polo pintor sadense Eduardo Fernández Rivas, que foi alumno da escola.

Eduardo iniciou os seus estudos a mediados dos anos 50 na escola “laica”. Ten unha especial lembranza de José María Rois Castro. Un avogado de Lugo que fora represaliado polo réxime e que exercía de mestre en Sada. Trataba moi ben os alumnos e dun xeito igualitario a todos, e iso a pesar de que había persoas que pola súa “posición” demandaban certos privilexios. No ano 1957 ou 1958, Eduardo non o lembra con exactitude, o director do centro avisou que ao día seguinte se procedería a queimar no patio os libros que estaban no armario vitrina da biblioteca. Á mañá seguinte ordenouse aos alumnos que baixaran os libros ao patio e que os colocasen en varias moreas. Eduardo non entendía como se ían queimar aqueles fermosos libros e abraiado pola circunstancia, ao igual que algún compañeiro, conseguiu salvar algún exemplar que agochou debaixo da súa chaqueta.

Fóiselles plantando lume e esparexendo líquido inflamable sobre eles. Os libros eran atizados para facilitar a súa combustión.

Unha circunstancia que chamou a atención na escola foi que José María Rois Castro non acudiu ese día, algo non habitual xa que era unha persoa que raramente faltaba ao seu traballo.

Os distintos plans de estudos e diversas reformas educativas dos anos 60, 70, 80, 90 e do século actual pasaron e pasan polas aulas da escola igual que moitos pequenos veciños da vila.

Nos anos 80 acométense obras de mellora do edificio e mentres os alumnos son escolarizados nos locais do edificio que ocupa a Oficina da Xuventude.

Nos anos 90 faise o ximnasio e o centro dótase con profesores especialistas nas distintas áreas que establece a Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo como son Pedagoxía Terapéutica, Lingua estranxeira, Educación

Musical e Educación Física.

No ano 2006 realízanse diversas obras de acondicionamento das aulas e dos aseos e instálanse dúas aulas prefabricadas no patio mentres esperamos a tan ansiada ampliación das instalacións do centro.

Actualmente a escola de Sada y sus Contornos é un colexio de educación infantil e primaria, no que o cinematógrafo deu paso ás tecnoloxías da información e da comunicación, e os elevados fins dos estatutos da Sociedad Sada y sus Contornos agora figuran nas leis que ordenan o actual sistema educativo. Todo foi cuestión de tempo.

Fondo fotográfico do Museo Pedagóxico de Galicia.

Page 57: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

57

Anos 30. Fondo fotográfico Ramón Rodríguez Ares.

Anos 30. Fondo fotográfico de José Galán.

Anos 20. A maestra que aparece co grupo é Balbina Pelaez Fondo fotográfico de Ramón Rodríguez Ares.

Detalle do armario vitrina doado pola sociedade Unidos de Sada da Arxentina para a biblioteca República Argentina doada á escola de Sada y sus Contornos. Fondo fotográfico do autor.

Pupitres. Museo Pedagóxico de Galicia.

Page 58: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

58

A ampliación do centro foi unha demanda histórica da comunidade educativa. Desde o ano 2001 foise acentuando e intensificando ante as administracións local e autonómica para ampliación e mellora das instalacións, pero non se acadaban os froitos desexados. As múltiples xestións, colocación de pancartas reivindicativas, cortes de tráfico,… non conseguían un compromiso efectivo e verificable das administracións.

O papel da Asociación de Nais e Pais As Mariñas foi fundamental. As persoas que formaron parte das distintas xuntas directivas levaron a cabo unha loita sen descanso para acadar a ampliación. Sería moi extensa a relación de persoas que participaron pero é de xustiza recoñecer especialmente a dedicación e compromiso de nais e pais como Lois Uxío Taboada, Miguel Agrelo, Cristina Justo, Salomé Monteagudo, Carlos Reinlein, Carlos Gil, Manuel Porteiro,… persoas fundamentais na mellora das instalacións que o centro acadou nestes últimos anos.

O 80 aniversario foi una data sinalada na historia da nosa escola. Iniciado o ano 2008 as xestións para a ampliación levaban tempo en marcha pero non conseguían materializarse. Xestionárase con Portos de Galicia a cesión de parte da pacela anexa ao centro propiedade deste organismo, pero faltaba o resto da parcela en mans de particulares. O Concello de Sada mostrara o compromiso de expropiar os terreos que se precisaban pero o proceso non avanzaba ao ritmo necesario.

No curso 2017-2018 celébrase o 80 aniversario da inauguración das escolas. O pleno da corporación municipal de Sada aproba en abril de 2008 unha declaración institucional de recoñecemento á Sociedad Sada y sus Contornos pola súa labor solidaria e pola construción do centro educativo. O Concello coloca unha placa conmemorativa na fachada do centro que identifica e relaciona o edificio cos seus promotores.

En xuño de 2008 a Consellería de educación elixe o CEIP

Sada y sus Contornos para o acto de clausura do curso 2017-2018, coincidindo coa celebración 80 aniversario das escolas. A comunidade educativa preparou a celebración con todo mimo e coidado: instalouse a aula histórica do Museo Pedagóxico de Galicia no ximnasio co que contaba o centro, elaborouse unha exposición de 15 paneis coa historia do centro, editouse o libro “1928-2008. Sada y sus Contornos. 80 aniversario da escola”, exposición de traballos de cerámica realizados polo alumnado nas instalacións de Cerámicas do Castro, vídeo conmemorativo elaborado Roi Fernández bisneto de emigrante sadense a Nova York, edición facsímil dos Estatutos da Sociedad Sada y sus Contornos, elaboración de pezas conmemorativas de cerámica elaboradas polos alumnos do centro coa colaboración do IES Isaac Díaz Pardo de Sada,…

O acto de clausura tivo lugar na Casa de Cultura de Sada. Presidiuno a Conselleira Laura Piñón que previamente visitou o centro xunto cos integrantes do seu equipo. Trasladou a súa felicitación pola traxectoria do centro e expresou os seus parabéns á comunidade educativa pola conmemoración que celebraba e polos materiais e exposicións que observou con detalle na súa visita: “Quero saudar dun xeito moi especial á dirección, ao profesorado e ao alumnado do CEIP de Sada que hoxe nos acompaña neste acto; un centro que vimos de visitar e que este ano celebra o seu oitenta aniversario. Un centro cunha brillante tradición histórica, construído nos anos 20 con fondos aportados polos emigrantes de Sada en Nova York”.

No discurso que pronuncia a Conselleira menciónase o compromiso da Consellería coa ampliación das instalacións do centro:

“A Consellería de Educación comprométese á construción dun novo centro en canto o Concello poña a disposición da Administración autonómica os terreos necesarios para acometer esta obra. O obxectivo é readaptar o colexio para adecualo ás necesidades educativas, con novos espazos e unha redistribución do contorno escolar.

Do 80 ao 90 aniversario

Page 59: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

59

Placa conmemorativa colocada na fachada doedificio por iniciativa do Concello de Sada enxuño de 2008.Fondo fotográfico do autor.

Xuño de 2008. Actos do 80 aniversario. Visita ao centro da Conselleira de Educación, LauraPiñón, á dereita dela o Alcalde de Sada, Abel López Soto e entre ambos a Concelleira deEducación, Raquel Bolaño. Á esquerda da Conselleira o director do centro, Miguel Gayoso.Fondo fotográfico do autor.

Xuño de 2008. Actos do 80 aniversario. Aula histórica do Museo Pedagóxico deGalicia que foi instalada no ximnasio do Colexio..Fondo fotográfico do autor.

Acto de clausura do curso 2007-2008 na Casa da Cultura de Sada, presidido polaConselleira de Educación, Laura Piñón. Tivo lugar o 20 de xuño de 2008. Fondo documental do autor.

Page 60: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

60

A Consellería xa ten en marcha o anteproxecto para este novo centro, que deberá integrar o edificio existente, de gran valor arquitectónico, e o novo edificio que se engada para formar un conxunto que atenda ás necesidades funcionais dun ensino de calidade e cunha ampla oferta educativa.”

Pola súa parte o Alcalde de Sada, Abel López Soto, mostraba o compromiso do Concello coa ampliación: “Na recente modificación da Ordenanza Urbanística Provisional inclúese a ampliación de Sada y sus Contornos nas parcelas colindantes. Vai ser un feito e é a mellor homenaxe que lle podemos facer aos seus fundadores”

Tíñase o compromiso do goberno local pero o tempo ía pasando e a comunidade educativa non vía materializada a dispoñibilidade dos terreos necesarios para a ampliación. O Concello de Sada aproba a modificación urbanística dos terreos colindantes ao centro, pasando a ser dotacionais para uso educativo, e inicia os trámites de expropiación das parcelas para a ampliación do centro.

En abril de 2009 a Consellería publica no Diario Oficial de Galicia, a petición do Consello Escolar do centro, a denominación como Colexio de Educación Infantil e Primaria Sada y sus Contornos cumpríndose así a vontade dos seus fundadores expresada nos Estatutos: “... conservará a perpetuidad el nombre de la Sociedad y será consagrada única y exclusivamente a escuelas públicas del Municipio.”

Froito das xestións da Asociación de Nais e Pais e da Concelleira de Educación de Sada, Raquel Bolaño, coa Consellería de Educación o curso 2009-2010 trouxo o servizo de comedor ao noso centro. Materializouse a través dun convenio entre a ANPA, o Concello de Sada e a Consellería de Educación. Os alumnos comen nas instalacións do comedor escolar do IES O Mosteirón, sendo a cargo do Concello o transporte desde o centro ao comedor. A ANPA As Mariñas contribúe asumir o coidado e a atención dos alumnos durante os traslados, no servizo de comedor escolar no IES de O Mosteirón e á volta no CEIP Sada y sus Contornos, facilitando persoal colaborador que atende ao alumnado no período de tempo deste servizo.

Pero a ampliación non era a única demanda da comunidade educativa. O paso dos anos fixeron que o edificio se deteriorara e era preciso realizar obras de mantemento. No

verán do 2009 acométese por parte da Concellería de Educación do Concello de Sada o pintado exterior e interior do edificio, a reposición do valado exterior do recinto e colocación de tarima nas aulas do semisoto.

No curso 2009-2010 a Xefatura Territorial da Consellería de Educación da Coruña aproba a substitución da cuberta do edificio do centro. As obras deberían executarse no verán de 2010 para non interferir na actividade académica. As obras contrátanse pero as dificultades da empresa adxudicataria fan que as obras non se inicien a tempo e obrigan ao traslado ás instalacións do Albergue da Marina. Despois do Nadal, co novo tellado instalado no edificio, reiniciase a actividade no Colexio.

En maio de 2011 celébranse eleccións municipais e, como resultado das mesmas, cambia a composición do grupo de goberno no Concello de Sada. O novo alcalde, Ernesto Anido, paraliza o proceso de expropiación e a ampliación paralízase. A desconformidade da comunidade educativa con esta iniciativa do Concello fai que as relacións se tensen e volvan as mobilizacións. O Concello non ofrece alternativa para a ampliación e incluso se nega a recibir aos representantes do Consello Escolar. A ANPA e a dirección do centro piden amparo ao Valedor do Pobo por este motivo e este nin sequera da resposta. Volven as manifestacións e encerros no centro esixindo unha solución para a ampliación do centro.

Vivíase unha situación á que non se lle atopaba unha saída ata que o Xefe Territorial da Consellería de Educación da Coruña, Indalecio Cabana, consigue desbloqueala cunha proposta de ampliación e mellora das instalacións do centro que se acometería en tres fases. En xuño de 2012 a comunidade educativa acepta a proposta e inícianse os trámites que levarán a que no verán de 2014 se inicie a primeira fase acordada, que consistiu na construción dun novo aulario no patio do centro. O aulario contemplaba cinco novas aulas e unha máis para desdobres así como aseos, cuarto de calefacción e almacén.

A segunda fase consistiu na remodelación do edificio existente e realízouse simultaneamente á construción do aulario e recolleu unha boa parte das demandas realizadas, aínda que o orzamento adxudicado non atende varias das actuacións reclamadas e necesarias. As obras de construción do aulario e remodelación do edificio, que se

Page 61: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

61

Proposta de ampliación e remodelación docentro en 3 fases acordada en xuño de 2012co Concello de Sada e a Consellería de Educación.

Manifestacións e encerros no centro pedindo a ampliación das instalacións.O 29 de outubro de 2011 as reivindicacións de Sada y sus Contornos na portada doxornal La Voz de Galicia.

Page 62: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

realizan de xuño a decembro de 2014, obrigan de novo a trasladar a actividade lectiva do colexio ao Albergue da Marina.

A terceira fase acordada consistirá na anexión da metade da superficie dos terreos colindantes ao centro, unha vez aprobado o novo Plan Xeral de Ordenación Urbana, para construír no mesmo un polideportivo e, baixo o mesmo, os espazos necesarios para comedor, aulas de uso múltiple, almacén,… A finais de 2017 apróbase definitivamente o PXOM de Sada e a partir dese momento séguese á espera da materialización da terceira fase da ampliación acordada no ano 2012 coa Consellería e o Concello.

Nas mencionadas primeira e segunda fases elimínanse as aulas exteriores e derrúbase o ximnasio para o inicio das obras. O proxecto do novo aulario deixou ao centro sen ximnasio e sen ningunha superficie cuberta que poder utilizar os días de choiva. Cando se estaba procedendo escavación do patio, a dirección do centro traslada o malestar por esa situación aos servizos técnicos da Consellería e consegue que se modifique o proxecto inicial para deixar unha zona do patio na que se poida habilitar unha superficie cuberta. Os técnicos da Consellería informan que o orzamento da obra é insuficiente e non permite instalar a cuberta e así rematan as obras. Atopámonos cun centro sen ningunha superficie exterior cuberta para impartir as clases de Educación Física, unha situación de difícil comprensión pola irracionalidade da mesma.

O alcalde Ernesto Anido comprométese a que sexa o Concello quen instale a cuberta desa zona do patio. Os meses van pasando e o compromiso non se materializa. O Alcalde remata o seu mandato sen que se acometa a obra prometida.

No ano 2013 celebramos o centenario do nacemento da Sociedad Sada y sus Contornos e o 150 aniversario do nacemento de Manuel Lugrís Freire, quen foi Presidente Honorario de Sociedad Sada y sus Contornos, con diversas actividades e actos.

En maio de 2015, tras as eleccións municipais, cambia novamente o grupo de goberno. O novo alcalde, Benito Portela, e a Concelleira de Educación, Raquel Bolaño, comprométense ante o Consello Escolar do centro a asumir

a cuberta da zona do patio e a proporcionar os terreos necesarios para a terceira fase da ampliación unha vez aprobado o PXOM. Así en 2016 apróbase a dotación orzamentaria para a cuberta do patio pero os trámites administrativos non deixan levar a cabo a obra ao informar os técnicos municipais que é precisa a aprobación do PXOM por non ter edificabilidade suficiente a parcela do colexio. Transcorre tamén todo o ano 2017 con esta mesma situación por falta de aprobación do documento citado para desesperación da comunidade educativa, que solo agarda que este ano 2018, de celebración do 90 aniversario, veña con boas novas para contar cunha superficie cuberta e para que avancen os trámites para a tan necesaria materialización da terceira fase de ampliación do Colexio.

Á marxe dos continuos problemas e circunstancias diversas que se deron nestes anos, e máis controversias que farían moi extenso este capítulo, o centro continúa nun proceso de mellora constante gracias ao compromiso e implicación do profesorado e da Asociación de Nais e Pais. O Colexio fai unha aposta decicida pola implantación das novas tecnoloxías dotando a todas as aulas con conexión a Internet, videoproxectores e pizarras dixitais, intégrase no Proxecto Abalar e implántanse novas ferramentas e recursos dixitais. Ofértanse actividades de apoio e reforzo dentro das convocatorias de Contratos-Programa da Consellería. Particípase en iniciativas de carácter ambiental como a de custodia do territorio dentro da convocatoria de Voz Natura e no programa de educación ambiental da reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Nacen proxectos de innovación educativa como Móvete con Tino ou Illa Fantasía, ao que se suman centros de varios concellos, que foi recoñecido e premiado pola Fundación Pedro Barrié no ano 2017.

Unha comunidade educativa viva e participativa que chega aos noventa anos da inauguración das escolas de Sada y sus Contornos con anhelos de ver rematadas as súas instalacións para encarar o centenario de vida dun proxecto educativo e solidario no Concello de Sada.

62

Page 63: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

63

Obras de construción do novo aulario. Ano 2014.Fondo documental do autor.

Zona do patio que se deixou sen cuberta durante as obras de construción do novo aularioFondo documental do Arquivo Municipal do autor.

Placa conmemorativa con motivo da ampliación do centrocolocada pola Asociación de Nais e Pais As Mariñas.Fondo documental do autor.

Page 64: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

64

Noticia publicada no xornal La Voz de Galicia o 5 de xullo de 1930. Fondo documental do Arquivo Municipal do Concello de Betanzos.

Manuel Lugrís Freire foi o Presidente honorario da Sociedad Sada y sus Contornos. Como se sinala en capítulos anteriores, a súa intervención en diversos asuntos foille solicitada pola Delegación en Sada.

O insigne escritor e galeguista dedicou o seu poemario As Mariñas de Sada a Sociedad Sada y sus Contornos con motivo dos primeiros exames nas escolas que tiveron lugar o 8 de xullo de 2008. O primeiro poema deste pequeno libro, “Nova estrela”, e unha loanza ás escolas libres de Sada e aos seus promotores.

O 13 de xullo de 1930 Manuel Lugrís recibiu unha homenaxe en Sada. A iniciativa foi da Sociedad Sada y sus Contornos á que se sumou o concello. A corporación municipal aprobou, a proposta do alcalde da vila Ángel López Vidal, dedicarlle a rúa coñecida ata aquel momento como Dolores.

Ás 12 da mañá procedeuse a descubrir unha placa na casa natal do escritor situada na praza de España. A placa conmemorativa, que inclúe un medallón en bronce co retrato de Lugrís, foi deseñada por Fernando Cortés, profesor da escola de artes e oficios da Coruña. A placa atópase actualmente nun lateral da capela de San Roque, onde se repuxo no ano 1981 despois de permanecer anos nas dependencias municipais do concello de Sada, depositada tras o derrube da casa natal de Manuel Lugrís.

A homenaxe continuou cun xantar popular no restaurante La Terraza e unha visita ás escolas de Sada y sus Contornos.

Page 65: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

65

Placa coa que a Sociedad Sada y sus Contornos homenaxeou a Manuel Lugrís.Fondo fotográfico do autor.

Ofrenda floral da Corporación municpal de Sada conmemorandoa data do nacemento de Manuel Lugrís o 12 de febreiro de 2006.Fondo fotográfico do autor.

Manuel Lugrís diríxese aos veciños de Sada desde o balcón da súa casa natal(onde se colocou a placa) na homenaxe da Sociedad Sada y sus Contornos e do Concello de Sada o 13 de xullo de 1930.

Page 66: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

66

Anos 40. Mestre Manuel López Quiñoá.Fondo fotográfico de Ana Isabel Abruñedo Fernández.

Anos 40. Mestre Manuel López Quiñoá.Fondo fotográfico de Ramón Rodríguez Ares.

Curso 1956 - 1957.Fondo fotográfico de Eduardo Fernández Rivas.

Anos 50.Fondo fotográfico de Adela Silva.

Page 67: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

67

Anos 50.Fondo fotográfico de Adela Silva.

Anos 60.Fondo fotográfico de Estrella Siso.

Curso 1965-1966.Fondo fotográfico de Mª José Dopico Varela.

1954.Fondo fotográfico de Mª Francisca Ogando Cueto.

Page 68: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

68

Anos 60. Grupos de alumnos co mestre José Freire Anido, que foi director da escola desde finais dos 50 ata principios dos 80.Fondo fotográfico de Manuel Freire.

Anos 70. Fondofotográfico de Adela Silva.

Curso 1968 - 1969.Fondo fotográfico deJosé Manuel Rodríguez Santos.

Page 69: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

69

Anos 80. Alumnos de Sada y sus Contornos en Cerámicas do Castro. Na foto superior o ex-presidente da Xunta de Galicia Gerardo Fernández Albor co grupo de alumnos da escola.Fondo fotográfico Pilar Sierra González.

Page 70: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

70

Anos 80. Letras Galegas Fondo fotográfico de Pilar Sierra González.

Curso 1981-1982. Fondo fotográfico de Cristina Justo. Xaneiro de 1981. Fondo fotográfico de Pilar Sierra González.

Anos 80. Fondo fotográfico do Colexio Sada y sus Contornos.

Page 71: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

71

Curso 1994-1995. Fondo fotográfico do Colexio Sada y sus Contornos.

Anos 80. Fondo fotográfico do Colexio Sada y sus Contornos.

Page 72: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

72

Curso 2000-2001. Fondo fotográfico do Colexio Sada y sus Contornos.

Curso 2001-2002. Fondo fotográfico do Colexio Sada y sus Contornos.

Page 73: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

73

Curso 2002-2003. Fondo fotográfico do Colexio Sada y sus Contornos. Curso 2003-2004. Fondo fotográfico do Colexio Sada y sus Contornos.

Curso 2004-2005. Fondo fotográfico do Colexio Sada y sus Contornos.

Curso 2005-2006. Fondo fotográfico do Colexio Sada y sus Contornos.

Page 74: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

74

Xuntanza dos primeiros alumnos do Colexio Sada y sus Contornos (15 de febreiro de 2008).Fondo fotográfico de Luis Uxío Taboada Arribe.

Page 75: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

75

Page 76: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

76

Page 77: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

Arquivos documentais e fotográficos:

-Archivo General de la Guerra Civil (Salamanca)

-Arquivo da Compañía de Tranvías da Coruña (A Coruña).

-Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela).

-Arquivo Municipal do Concello de Bergondo.

-Arquivo Municipal do Concello de Betanzos.

-Arquivo Municipal do Concello de Sada.

-Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña).

-Asociación pola Memoria Histórica de Sada (Sada).

-Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela).

-Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela).

-Real Academia Galega (A Coruña).

Hemeroteca:

-Albor, revista escolar. Publicación da escola da sociedade “Hijos del ayuntamiento de Coirós” (Coirós)

-Céltiga (Bos Aires)

-Correo de Galicia (Bos Aires).

-Eco de Galicia (La Habana)

-Heraldo Gallego (Bos Aires)

-A Nosa Terra (Pontevedra)

-The New York Times (Nova York)

-La Prensa (Nova York)

-El Pueblo Gallego (Vigo)

-Vida Gallega (Vigo)

-La Voz de Galicia (A Coruña)

Páxinas web:

-http://www.realacademiagalega.org

-http://www.la-terraza.com

-http://www.csbg.org/prensagalega

-Http://www.concellodebergondo.com

Bibliografía:

-ÁLVAREZ GÓMEZ, Santiago (1990): Memorias IV. Sada: Ediciós do Castro.

-BARREIRO FERNÁNDEZ, Xosé Ramón (2007): Historia política da Galicia contemporánea. O devalar da Restauración. A Ditadura e o tránsito á República. Edición La Voz de Galicia.

-BARRIO, Ángeles e SÁNCHEZ CORTINA, Manuel (1999): Historia de España. El reinado de Alfonso XIII. Espasa Calpe.

-CAGIAO VILA, Pilar (2007): Os galegos de ultramar. De emigrados a inmigrantes. Edición La Voz de Galicia.

-FIAÑO SÁNCHEZ, Manuel e GAYOSO BARREIRO, Miguel (2006): Sociedade “Hijos del Ayuntamiento de Coirós” 1906-2006. Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Coirós.

-GAREA VIDAL, Fernando (2007): La mejor hernecia americana... las escuelas. Revista La Coruña historia y turismo.

-GAYOSO BARREIRO, Miguel (2006): Manuel Lugrís e as Mariñas de Sada. Concello de Sada.

-RODRÍGUEZ ARES, Ramón (1999): Historias de Sada. Ramón Rodríguez Ares.

-RODRÍGUEZ ARES, Ramón (2007): Crónicas de la villa de Sada. Ramón Rodríguez Ares.

-VALÍN FERNÁNDEZ, Alberto (1993): Laicismo, educación y represión en la España del siglo XX. Sada: Ediciós do Castro.

-VILLARES PAZ, Ramón (2006): Un xeito de soñar Galicia, Nazón de Breogán. Xunta de Galicia, Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

77

Page 78: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non
Page 79: 1928 - 2018 - edu.xunta.gal 2018 Sada y … · integradora e coa xenerosidade da emigración galega. Ao fin e ao cabo, xenerosidade de quen desexa para os seus un mundo que el non

90 aniversario da escola

Sada y sus Contornos