14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse...

20
1

Transcript of 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse...

Page 1: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

1

Page 2: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

2

1. Introdución….…………………………………………………………………………... 3

2. Medidas de prevención e hixiene..…………………..………………………………. 4

3. Medidas en materia de transporte……………………………..……………..……. 10

4. Medidas en materia de medicamentos, productos sanitarios e para a protección da saúde………..…................................................................................................. 11

5. Declaración obrigatoria Covid-19……………………………………………………12

6. Medidas para garantir a capacidade do sistema sanitario…………………..……13

7. Réxime sancionador…………………………………………..………………………14

8. Medidas aplicables ás persoas xurídicas de dereito privado……………..………15

9. Medidas para consumidores e usuarios…………………………………………….17

10. Outras medidas………………………………………………………………...…….18

Data de entrada en vigor

O 11 de xuño e manterá a súa vixencia ata que o Goberno declare a finalización da situación de

crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

As medidas contidas neste Real Decreto, aplicaranse antes a uns territorios (os que culminen a

fase III do Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade e nas que quedasen sen efecto

todas as medidas do estado de alarma) que a outros (os que continúan nese momento en fase 2),

conténdose medidas que teñen efectos inmediatos con independencia da fase na que se estea.

Unha vez finalizada a prórroga do estado de alarma será de aplicación en todo o territorio nacional ata que o Goberno declare a finalización da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Page 3: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

3

Desde a adopción do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que declara o estado de alarma, adoptaronse unha serie de medidas de contención que tiveron un impacto económico e social moi relevante, xa que supuxeron reducir a actividade económica e social de forma temporal, restrinxindo a mobilidade e paralizando a actividade en numerosos ámbitos, coas consecuentes perdas de rendas para traballadores e fogares, así como para as diferentes empresas e sectores da economía española.

De igual xeito, o pasado 28 de abril de 2020, mediante Acordo do Consello de Ministros, aprobouse o Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade, que concibe o levantamento das medidas de contención de modo gradual, asimétrico, coordinado coas comunidades autónomas e adaptable aos cambios de orientación necesarios en función da evolución dos datos epidemiolóxicos e do impacto das medidas adoptadas. O Plan, contempla 4 fases, atopándose Galicia a día de hoxe na fase III, de xeito que é a Xunta de Galicia quen ostenta a competencia para a adopción, supresión, modulación e execución de medidas correspondentes á fase III do Plan de desescalada, salvo para as medidas vinculadas á liberdade de circulación que excedan o ámbito da unidade territorial determinada para cada comunidade autónoma, e será tamén a que poida decidir, conforme criterios sanitarios e epidemiolóxicos, a superación da fase III nas diferentes provincias da comunidade e que, en consecuencia, queden sen efecto as medidas derivadas da declaración do estado de alarma nos seus respectivos territorios.

Sen prexuízo de que a Xunta de Galicia poda solicitar o fin do estado de alarma e da fase III a partir do 15 de xuño, en principio, o estado de alarma prolongarase ata as 00:00 horas do 21 de xuño de 2020, data na que comezará a nova normalidade, aínda que algúns territorios se atopen na fase III, polo que, ante o inmiente levantamento das medidas adoptadas durante o estado de alarma e os posibles riscos que puidesen derivarse da perda de vixencia automática desas medidas, o Real Decreto-lei 21/2020, do 9 de xuño, establece a adopción dunha serie de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación, dirixidas a garantir o dereito á vida e á protección de saúde mentres perdure a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez expirada a vixencia do estado de alarma e das medidas extraordinarias de contención, incluídas as limitativas da liberdade de circulación, establecidas ao amparo daquel.

O obxectivo é conformar un marco xurídico temporal, especificamente concibido

para facer fronte á crise sanitaria, e que se atope plenamente operativo unha vez

finalice a vixencia do estado de alarma.

Page 4: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

4

Será obrigatorio seguir facendo uso de máscaras para os maiores de 6 anos cando non se poida manter a distancia de seguridade interpersoal de, polo menos 1,5 metros1, baixo multa de ata 100 euros.

Polo tanto, cando non poida manterse esa distancia, deberá usarse a máscara:

a) Na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público

b) Nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús, ou por ferrocarril, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, se os ocupantes dos vehículos de turismo non conviven no mesmo domicilio. No caso dos pasaxeiros de buques e embarcacións, non será necesario o uso de máscaras cando se atopen dentro do seu camarote.

En que supostos non é obrigatorio o uso de máscara?

a) No caso de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso de máscara.

b) Persoas que pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

c) Desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza destas, resulte incompatible o uso da máscara.

d) No caso de exercicio de deporte individual ao aire libre. e) Causa de forza maior ou situación de necesidade.

1 Establécese una nova medida de seguridade interpersoal que pasa dos 2 aos 1,5 metros.

Page 5: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

5

Onde poderán mercarse as máscaras cirúrxicas?

A venda unitaria de máscaras cirúrxicas que non estean empaquetadas individualmente só poderase realizar nas oficinas de farmacia garantindo unhas condicións de hixiene adecuadas que salvagarden a calidade do produto.

Poden sancionarme en caso de incumprimento?

O incumprimento desta obriga será considerado infracción leve e sancionarase con multa de ata 100 euros (art. 31.2 RDL).

Page 6: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

6

Na contorna de traballo establécense as seguintes obrigacións para o titular da actividade económica ou, no seu caso, para o director dos centros e entidades, e iso sen prexuízo do cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais e do resto de normas laborais que resulten aplicables:

Medidas de ventilación, limpeza e desinfección adecuadas ás características e intensidade de uso dos centros de traballo, conforme os protocolos que se establezan en cada caso.

Poñer ao dispor dos traballadores auga e xabón, ou xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida, autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade para a limpeza de mans.

Adaptar as condicións de traballo, incluída a ordenación dos postos de traballo e a organización das quendas, así como o uso dos lugares comúns de forma que se garanta o mantemento dunha distancia de seguridade interpersoal mínima de 1,5 metros entre os traballadores. Cando iso non sexa posible, deberá proporcionarse aos traballadores equipos de protección adecuados ao nivel de risco.

Adoptar medidas para evitar a coincidencia masiva de persoas, tanto traballadores como clientes ou usuarios, nos centros de traballo durante as franxas horarias de previsible maior afluencia.

Adoptar medidas para a reincorporación progresiva de forma presencial aos postos de traballo e a potenciación do uso do teletraballo cando pola natureza da actividade laboral sexa posible.

Page 7: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

7

E se un traballador presenta síntomas compatibles con COVID-19 ou está en illamento domiciliario debido a un diagnóstico por COVID-19 ou se atopa en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con COVID-19? En ningún caso deberá acudir ao seu centro de traballo.

E se un traballador empezase a ter síntomas compatibles coa enfermidade durante a xornada laboral? Deberá contactarase de inmediato co teléfono habilitado para iso 900 400 116 e, no seu caso, cos correspondentes servizos de prevención de riscos laborais. O traballador colocará unha máscara, se é posible, e deberá abandonar o seu posto de traballo ata que a súa situación médica sexa valorada por un profesional sanitario.

Poden sancionarme en caso de incumprimento?

O incumprimento destas obrigas será sancionado, sen prexuízo da responsabilidade que recaiga na orde laboral, conforme ao disposto na Lei Xeral de Saúde Pública (art. 28)

Page 8: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

8

Establecementos comerciais de venda polo miúdo e almacenistas Cumprimento das normas de aforo, de desinfección, prevención e acondicionamento

Adopción das medidas organizativas que resulten necesarias para evitar aglomeracións e garantir que clientes e traballadores manteñan unha distancia de seguridade de, polo menos, 1,5 metros. Cando non sexa posible manter dita distancia de seguridade, observaranse as medidas de hixiene adecuadas para previr os riscos de contaxio.

As autoridades prestarán especial atención ás particularidades dos centros e parques comerciais e dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, comunmente denominados mercadillos.

Hoteis e aloxamentos turísticos2 Cumprimento das normas de aforo, de desinfección, prevención e acondicionamento

Adopción nas zonas comúns das medidas organizativas que resulten necesarias para evitar aglomeracións e garantir que clientes e traballadores manteñan unha distancia de seguridade de, polo menos, 1,5 metros. Cando non sexa posible manter dita distancia de seguridade, observaranse as medidas de hixiene adecuadas para previr os riscos de contaxio.

2 Por hoteis e aloxamentos turísticos debe entenderse: hoteis e aloxamentos similares, aloxamentos turísticos,

residencias universitarias e similares, e outros aloxamentos de curta estancia, cámpings, aparcamentos de caravanas e outros establecementos similares.

Page 9: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

9

Hostelería e restauración3 Cumprimento das normas de aforo, de desinfección, prevención e acondicionamento

Adopción, tanto dentro do establecemnto como nos espazos de terrazas autorizados, das medidas organizativas que resulten necesarias para evitar aglomeracións e garantir que clientes e traballadores manteñan unha distancia de seguridade de, polo menos, 1,5 metros. Cando non sexa posible manter dita distancia de seguridade, observaranse as medidas de hixiene adecuadas para previr os riscos de contaxio.

Equipamentos culturais, espectáculos públicos e outras actividades recreativas4 Cumprimento das normas de aforo, de desinfección, prevención e acondicionamento

Adopción, das medidas organizativas que resulten necesarias para evitar aglomeracións e garantir que clientes e traballadores manteñan unha distancia de seguridade de, polo menos, 1,5 metros. Cando non sexa posible manter dita distancia de seguridade, observaranse as medidas de hixiene adecuadas para previr os riscos de contaxio.

Estas mesmas normas deberán cumprime polos titulares:

- Dos centros de servizos sociais de carácter residencial e centros de día. - Das instalacións nas que se desenvolvan actividades e competicións

deportivas, de práctica individual ou colectiva. - De calquera outro centro, lugar, establecemento, local ou entidade que

desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19.

3 Por hostelería e restauración debe entenderse: bares, restaurantes e demáis establecementos de hostelería e restauración. 4 Por equipamentos culturais debe entenderse: museos, bibliotecas, arquivos ou monumentos.

Page 10: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

10

Que medidas deben cumprise no transporte público de viaxeiros e no transporte mariño?

Tranporte público de viaxeiros Nos servizos de transporte público de viaxeiros de competencia estatal ferroviario e por estrada a oferta deberá irse adaptando progresivamente á demanda.

Evitar as aglomeracións, así como respectarse as medidas adoptadas polos órganos competentes sobre o volume de ocupación de vehículos e trens.

Os operadores de transporte aéreo e terrestre interprovinciales con número de asento preasignado deberán solicitar información para contacto de todos os pasaxeiros e conservar as listaxes un mínimo de catro semanas con posterioridade á viaxe e facilitar estas listaxes ás autoridades de saúde pública cando se requiran coa finalidade de realizar a trazabilidad de contactos.

Transporte mariño Nos servizos de liñas regulares de transporte mariño de pasaxe e pasaxe e carga rodada, modularase a prestación do servizo de xeito que se garantice a prestación do mesmo con respeto ás medidas sanitarias polo Covid-19.

Deberán cumprise as medidas preventivas e de control que se establezan.

Os operadores de transporte mariño cuxos buques e embarcacións conten con número de asento preasignado deberán solicitar información para contacto de todos os pasaxeiros e conservar as listaxes un mínimo de catro semanas con posterioridade á viaxe e facilitar estas listaxes ás autoridades de saúde pública cando se requiran coa finalidade de realizar a trazabilidad de contactos.

Page 11: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

11

1. Os fabricantes e os titulares de autorizacións de comercialización de medicamentos considerados esenciais na xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19:

deberán comunicar a Axencia Española de Medicamentos e Produtos

Sanitarios o stock dispoñible, a cantidade suministrada na última semana e a previsión de liberación e recepción de lotes, incluíndo as datas e cantidades estimadas.

Deberán establecer as medidas necesarias e habilitar os protocolos que permitan garantir o abastecemento dos medicamentos que se determinen pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios incluso nos períodos vacacionais e fins de semana.

2. A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios poderá outorgar, previa solicitude do interesado, antes do 31 de xullo de 2020, unha licenza excepcional previa de funcionamento de instalacións ou unha modificación temporal da licenza previa de funcionamento de instalacións existente, para a fabricación de máscaras cirúrxicas e batas cirúrxicas na situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 tras a valoración en cada caso das condicións xerais das instalacións, o seu sistema de calidade e documentación do produto fabricado.

3. Medidas en materia de biocidas. Autorízase o uso de bioetanol que cumpra as especificacións establecidas no anexo para a produción de xeles e solucións hidroalcohólicas de desinfección de mans.

Page 12: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

12

Establécese que o O COVID-19, é unha enfermidade de declaración obrigatoria urxente e polo tanto, o reforzo das obrigas de información e coordinación entre as distintas administracións para a detección precoz, o seguimento e a vixilancia epidemiolóxica do COVID-19:

Declárase a obriga de todos os centros, servizos e establecementos sanitarios e servizos sociais, tanto do sector público como do privado, así como aos profesionais sanitarios que traballan neles, de facilitar á autoridade de saúde pública competente todos os datos necesarios para o seguimento e a vixilancia epidemiolóxica do COVID-19.

Establécese a obriga de todos os laboratorios, públicos e privados,

autorizados en España para a realización de probas diagnósticas para a detección de SARS- CoV-2 mediante PCR ou outras probas moleculares, de remitir diariamente ao Ministerio de Sanidade e á autoridade sanitaria da comunidade autónoma na que se atopen os datos de todas as probas realizadas a través do Sistema de Información establecido pola administración respectiva.

O tratamento da información de carácter persoal terá por finalidade o seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19 para previr e evitar situacións excepcionais de especial gravidade, atendendo a razóns de interese público esencial no ámbito específico da saúde pública e farase respetando a normativa vixente en materia de protección de datos persoais.

Page 13: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

13

Deberase garantir a suficiente dispoñibilidade de profesionais sanitarios

especialmente dos involucrados na prevención e control da enfermidade, o seu diagnóstico temperán, a atención aos casos e a vixilancia epidemiolóxica.

As autoridades sanitarias das comunidades autónomas deben ter plans de

continxencia que garantan a capacidade de resposta e a coordinación entre os servizos de Saúde Pública, atención primaria e atención hospitalaria.

Así mesmo, os centros de atención primaria e hospitalarios, de titularidade

pública ou privada, deben contar con plans internos para facer fronte á xestión de situacións de emerxencia relacionadas con COVID-19.

As comunidades autónomas deberán remitir ao Ministerio de Sanidade a

información sobre a situación da capacidade asistencial e de necesidades de recursos humanos e materiais.

Page 14: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

14

O decreto establece un procedemento sancionador ao establecer que os incrumprimentos ao disposto nel cando constitúan infraccións administrativas en saúde pública, será sancionado nos termos previstos no título VI da Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública. O incumprimento da obriga de uso de máscaras será considerado

infracción leve a efectos do previsto no artigo 57 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, e sancionado con multa de ata cen euros.

O incumprimento das medidas previstas nos artigos 17.2 e 18.1, cando

constitúan infraccións administrativas no ámbito do transporte, será sancionado conforme o disposto nas leis sectoriais correspondentes.

Page 15: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

15

Modificación do apartado 1 e 2 do Art. 40 do RD-Lei 8/2020, do 17 de

marzo

Esténdese ata o 31 de decembro de 2020, aínda que os estatutos non o previsen, a posibilidade de que as sesións dos órganos de goberno e de administración das asociacións, das sociedades civís e mercantís, do consello reitor das sociedades cooperativas e do padroado das fundacións, se celebren por videoconferencia ou por conferencia telefónica múltiple e que os seus acordos poidan celebrarse mediante votación por escrito e sen sesión sempre que o decida o presidente ou cando o soliciten, polo menos, dous dos membros do órgano.

Por tanto, queda regulado nos seguintes termos:

1. Aínda que os estatutos non o previsen, durante o período de alarma, e, unha vez finalizado o mesmo, ata o 31 de decembro de 20205, as sesións dos órganos de goberno e de administración das asociacións, das sociedades civís e mercantís, do consello reitor das sociedades cooperativas e do padroado das fundacións poderán celebrarse por videoconferencia ou conferencia telefónica múltiple sempre que todos os membros do órgano dispoñan dos medios necesarios, o secretario do órgano recoñeza a súa identidade, e así o exprese na acta, que remitirá de inmediato ás direccións de correo electrónico de cada un dos concorrentes. A sesión entenderase celebrada no domicilio da persoa xurídica.

5 Novidade introducida pola disposición final 4ª do Real Decreto-Lei 21/2020, de 9 de xuño que modifica o apartado 1 e 2 do art. 40 do Real Decreto-Lei 8/2020 (antes só se preveía durante o estado de alarma). A finalidade da medida é estender máis aló da finalización do estado de alarma as cautelas de distanciamento social que permitiron a contención da pandemia. Dado que esta situación excepcional non vai desaparecer cando conclúa o estado de alarma, moitas das asembleas das cooperativas, ordinarias e extraordinarias, non van poder celebrarse de forma presencial, como esixen os seus estatutos, nos prazos legalmente establecidos. O mesmo ocorre respecto a os consellos reitores nos que os seus membros non están domiciliados no mesmo territorio. Por iso, aprobándose a última prórroga do estado de alarma, que faría decaer a vixencia destas medidas, considérase preciso prorrogar o seu alcance ata a finalización do ano 2020, sen que exista outra alternativa regulatoria ou non regulatoria, xa que non resulta posible a tramitación lexislativa ordinaria dunha modificación do texto refundido da Lei de Sociedades de Capital, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2010, do 2 de xullo.

Page 16: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

16

A mesma regra será de aplicación ás comisións delegadas e ás demais comisións obrigatorias ou voluntarias que tivese constituídas.

2. Aínda que os estatutos non o previsen, durante o período de alarma e, unha vez finalizado o mesmo, ata o 31 de decembro de 2020, as xuntas ou asembleas de asociados ou de socios poderán celebrarse por vídeo ou por conferencia telefónica múltiple sempre que todas as persoas que tivesen dereito de asistencia ou quen os represente dispoñan dos medios necesarios, o secretario do órgano recoñeza a súa identidade, e así o exprese na acta, que remitirá de inmediato ás direccións de correo electrónico.

3. Aínda que os estatutos non o previsen, durante o período de alarma e, unha vez finalizado o mesmo, ata o 31 de decembro de 2020, os acordos dos órganos de goberno e de administración das asociacións, das sociedades civís e mercantís, do consello reitor das sociedades cooperativas e do padroado das fundacións poderán adoptarse mediante votación por escrito e sen sesión sempre que o decida o presidente e deberán adoptarse así cando o solicite, polo menos, dous dos membros do órgano. A mesma regra será de aplicación ás comisións delegadas e ás demais comisións obrigatorias ou voluntarias que tivese constituídas. A sesión entenderase celebrada no domicilio social.

PRAZO DE CADUCIDADE DOS ASENTOS DO REXISTRO SUSPENDIDOS DURANTE A VIXENCIA DO REAL DECRETO DE DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA

Derógase o art. 42 do Real Decreto-Lei, 8/2020, do 17 de marzo e establécese que, desde o 10 de xuño de 2020, se alza a suspensión dos prazos de caducidade dos asentos rexistrais susceptibles de cancelación polo transcurso do tempo, renovándose o seu cómputo nesa mesma data6. 6 Novidade introducida pola polo Real Decreto-Lei 21/2020, de 9 de xuño que deroga o art. 42 do Real Decreto-

Lei 8/2020 (antes establecíase a suspensión do prazo de caducidade dos asentos de presentación, das anotacións preventivas, das mencións, das notas marxinais e de calquera outros asentos rexistrais susceptibles de cancelación polo transcurso do tempo o cal se renovaría ao día seguinte da finalización do estado de alarma ou da súa prórroga no seu caso). Esta media está xustificada polo levantamento da suspensión dos prazos procesuais, administrativos e de prescrición e caducidade dos dereitos e accións. En atención ao anterior, resulta imprescindible, dun lado, que os

Page 17: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

17

Modificación do apartado 1 e 4 do Art. 36 e RD-Lei 11/2020

A disposición final 5ª do Real Decreto- Lei 21/2020, de 9 de xuño, modifica o art. 36.1 e 36.4 do RDL 11/2020, que establece unha serie de medidas aplicables aos contratos de compravenda de bens e de prestación de servizos e aos contratos de viaxes combinadas:

▪ Cando sexa imposible a execución do contrato de compravenda de bens ou de prestación de servizos, incluidos os de tracto sucesivo como consecuencia da aplicación das medidas adoptadas na declaración do estado de alarma ou durante as fases de desescalada ou nova normalidade7, os consumidores e usuarios terán un prazo de 14 días para solicitar a resolución do contrato. Con todo, este dereito atópase condicionado a que non se alcance unha proposta de revisión do contrato satisfactoria para ambas as partes durante un prazo de 60 días desde a imposibilidade de execución do contrato. Neste sentido, se como consecuencia das medidas adoptadas durante a vixencia do estado de alarma o contrato de compravenda de bens ou de prestación de servizos resulta de imposible cumprimento, o vendedor poderá ofrecer propostas de revisión (bonos ou vales sustitutorios) para evitar evitar a resolución do contrato. Se no prazo de 60 días non hai acordo sobre a proposta de revisión, o vendedor ten a obriga de devolver o importe abonado polo consumidor e este ten dereito a resolver o contrato e recibir o reembolso da cantidade abonada8.

actos e resolucións xudiciais e administrativas con transcendencia rexistral poidan quedar reflectidos nos diferentes rexistros e, doutro, que os prazos de prescrición e caducidade dos dereitos e accións teña correspondencia cos dos asentos rexistrais que os recollen e que se encontraban suspendidos. Por tanto, a necesidade de restablecer a seguridade xurídica e do tráfico xurídico e mercantil impón á súa vez o levantamento dos prazos de caducidade dos prazos dos asentos rexistrais susceptibles de cancelación polo transcurso do tempo.

7 Novidade introducida pola disposición final 5ª do Real Decreto-Lei 21/2020, de 9 de xuño. 8 A devolución das sumas pagadas polo consumidor debe realizarse na mesma forma en que se realizou o pagamento nun prazo máximo de 14 días, salvo pacto, e poderán descontarse dela os gastos incurridos polo empresario os cales deberán figurar debidamente desagregados e ser facilitados ao consumidor para o seu coñecemento.

Page 18: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

18

O vendedor non correrá cos gastos incorridos pola devolución da suma abonada polo consumidor, sempre que estes gastos estean debidamente desagregados e sexan facilitados ao consumidor.

▪ No caso de contratos de viaxes combinadas, que foran cancelados con motivo do Covid, o organizador ou, no seu caso o comerciante polo miúdo, poderán entregar ao consumidor ou usuario, previa aceptación por parte deste, un bono para ser utilizado dentro dun ano desde a finalización da vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas, por unha contía igual ao reembolso que correspondese. Transcorrido o período de validez do bono sen ser utilizado, o consumidor poderá solicitar o reembolso completo de calquera pago realizado que deberá abonarse, como moi tarde, en 14 días.9

9 9 Novidade introducida polo Real Decreto-Lei 21/2020, de 9 de xuño, dada a necesidade de seguir

protexendo aos consumidores con respecto a aqueles contratos que poidan resultar de imposible execución como consecuencia das medidas impostas polas diferentes administracións durante as fases de desescalada ou nova normalidade, unha vez que deixase de estar vixente o estado de alarma decretado mediante Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo.

Page 19: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

19

1.- Establécense controles sanitarios na entrada de pasaxeiros de voos internacionais nos aeroportos xestionados por Aena e nos portos de interese xeral. 2.- Autorízase o outorgamento de avais ás operacións de financiamento que

realice o Banco Europeo de Investimentos a través do Fondo Paneuropeo de

Garantías en resposta á crise do COVID-19, para asegurar a continuidade na

provisión de financiamento a empresas durante a crise, co fin de evitar que unha

crise de liquidez transfórmese nunha crise de solvencia.

3.- En relación á xestión da prestación farmacéutica establécese, de maneira

conxuntural, e ata que finalice a actual situación de crise sanitaria, a posibilidade de

establecer as medidas oportunas para dispensar os medicamentos en modalidade

non presencial, garantindo a óptima atención coa entrega, se procede, dos

medicamentos en centros sanitarios ou, en establecementos sanitarios autorizados

para a dispensación de medicamentos próximos ao domicilio do paciente, ou no seu

propio domicilio. Para estes efectos establécese que será o servizo de farmacia

dispensador o responsable tanto da subministración dos medicamentos ata o lugar

de destino, como do seguimento farmacoterapéutico.

Page 20: 14 · desenvolva a súa actividade nun sector distinto dos mencionados, cando poida apreciarse risco de transmisión comunitaria de COVID-19. 3 Por hostelería e restauración debe

20

AVISO XURÍDICO IMPORTANTE

O presente texto está destinado únicamente ao seu uso como instrumento

documental. Ten carácter meramente informativo e non exhaustivo. Tampouco ten

carácter vinculante nin validez xurídica alguna, debendo comprobarse sempre a

súa vixencia e a exactitude dos datos nas fontes legais e administrativas

correspondentes. Por tanto, para fins xurídicos consulte os textos legais publicados

nos boletíns oficiais.

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de

Compostela non se fai responsable do seu contido.

Para calquera dúbida ou consulta, pode remitirnos un mail a [email protected] ou ben contactar telefónicamente no

981596800.