12 homes sen piedade

17
Doce homes sen piedade

description

Análise da película 12 homes sen piedade.

Transcript of 12 homes sen piedade

Page 1: 12 homes sen piedade

Doce homes sen piedade

Page 2: 12 homes sen piedade

12 homes sen piedade• TÍTULO ORIXINAL: 12 Angry Men.• ANO: 1957.• PAÍS: EEUU.• DIRECTOR: Sidney Lumet.• GUIÓN: Reginald Rose.• MÚSICA: Kenyon Hopkins.• FOTOGRAFÍA: Boris Kaufman (B&W).• REPARTO: Henry Fonda, Lee J. Cobb,

E.G. Marshall, Jack Warden, Ed Begley, Martin Balsam, John Fiedler, Robert Webber, Jack Klugman, Edward Binns, Joseph Sweeney, George Voskovec.

• PRODUTORA: Metro-Goldwyn-Mayer.• PREMIOS:

1957: 3 nominacións ao Oscar: Mellor película, director, guión adaptado.1957: BAFTA: mellor actor estranxeiro (Henry Fonda). Nominada á mellor película.1957: 4 Nominacións aos Grobos de Ouro: película drama, director, actor e actor sec. (Cobb)1957: Festival de Berlín: Oso de Ouro.

Page 3: 12 homes sen piedade

O caso• Homicidio en 1º grao.• Rapaz acusado de

asasinar ao seu pai dunha coitelada no corazón.

• Criouse nos suburbios e sufriu continuos maltratos.

• Pasou polo correccional de menores.

• De ser declarado culpable se lle condenará á cadeira eléctrica.

Page 4: 12 homes sen piedade

1

3 2456

7

8 9 10 11 12

O XURADO

Page 5: 12 homes sen piedade

• Profesión: axudante de entrenador.

• É o presidente do xurado.

• Tenta moderar e organizar o debate. Cústalle controlar a discusión porque hai membros do xurado que tratan de imporse gritando e interrompendo a outros. Nun momento dado tenta renunciar ao posto.

1

Page 6: 12 homes sen piedade

• Profesión: oficinista.

• É unha persoa tímida e con pouca autoestima aínda que a vai gañando a medida que se desenvolve a película. A pesar do seu carácter dubitativo non se deixa achicar polos que máis gritan.

2

Page 7: 12 homes sen piedade

• Profesión: Empresario.• Quere condenar ao acusado

por motivos persoais aínda que ao principio trata de esconder este feito presentando a súa decisión como resultado das probas.

• Identifica ao rapaz co seu propio fillo con quen non se fala. Segundo a súa maneira de pensar o acusado matou ao seu pai cravándolle unha navalla no corazón, o mesmo que fixo o seu fillo cando lle rompeu o seu ao pelexarse con el.

3

Page 8: 12 homes sen piedade

• Profesión: Corredor de bolsa.

• Este home ten unha mente fría e analítica, pero xusta. Esta frialdade lévalle en ocasións a ser demasiado intransixente coa conduta dos demais. Parece que lle custa ter empatía. Con todo, non se deixa levar nin polos prexuízos, nin por motivos persoais, nin polo sentimentalismo, nin pola presión do grupo. Cambia o seu voto só cando atopa unha dúbida razoable.

4

Page 9: 12 homes sen piedade

• Profesión: ¿?• Criouse nos

suburbios.• Identifícase co

acusado. O caso lémbralle malas experiencias que quixera esquecer. Achega a súa experiencia para dubidar da proba da navalla.

5

Page 10: 12 homes sen piedade

• Profesión: pintor.

• É un home dialogante. Ten sentido común aínda que probablemente non ten unha gran cultura. Mantén unha actitude respectuosa e non consente que se lle falte ao respecto aos demais. Sabe impoñerse.

6

Page 11: 12 homes sen piedade

• Profesión: Vendedor.• Este home ten entradas para

un partido de béisbol e non lle interesa en absoluto a vida do mozo; só quere rematar canto antes e marcharse. Enfádase cando ve que o asunto se demora e cambia o seu voto para “desempatar”, sen ter ningún argumento que o xustifique. É, en definitiva, un personaxe irresponsable e irrespectuoso que non dialoga nin escoita a ninguén.

7

Page 12: 12 homes sen piedade

• Profesión: arquitecto.• O xurado nº 8, resistindo a

enorme presión do grupo, ten a valentía de oporse a todos e obrigarlles a reconsiderar o caso. El non di que sabe algo que os demais non saben, simplemente cre que hai que analizar as probas e non precipitarse porque pode haber dúbidas razoables. É valente e responsable, ten capacidade analítica e elocuencia, aínda que ás veces os seus argumentos son máis que dubidosos e mesmo demagóxicos.

8

Page 13: 12 homes sen piedade

• Profesión: ¿?• O membro do xurado con

máis idade representa a experiencia. Aínda que ao principio vota culpable deixándose levar polo grupo, a súa achega resulta valiosísima para clarificar o caso. Da o seu apoio ao arquitecto cando este máis o necesitaba. Ponse no lugar da primeira testemuña e dúbida do que dixo e foi o único que se deu conta de que a segunda testemuña usaba lentes.

9

Page 14: 12 homes sen piedade

• Profesión: empresario.

• Este membro do xurado representa os prexuízos de clase que poden enturbar o caso. Afirma que as probas se poden terxiversar e que el só se fía do “carácter” que lles supón a todas as persoas que proveñen dos barrios baixos. Continuamente manifesta prexuízos e estereotipos mediante os cales xulga aos que el considera inferiores. Este home pensa que os mozos dos suburbios son malvados por natureza e que son culpables a priori.

10

Page 15: 12 homes sen piedade

• Profesión: reloxeiro.• Este membro do

xurado é unha persoa tímida, razoable e respectuosa que se fai preguntas e presenta obxeccións fundamentadas. Encárase co afeccionado ao béisbol esixíndolle que xustificara o seu cambio de voto.

11

Page 16: 12 homes sen piedade

• Profesión: publicista.

• Este membro do xurado ten unha personalidade moi voluble. Xa ao comezo da película ponse de manifesto a súa incapacidade para concentrarse durante moito tempo no mesmo asunto. Tende a dispersarse e non posúe criterio propio nin claridade mental.

12

Page 17: 12 homes sen piedade

ANÁLISE DAS PROBAS

• A navalla.• O cine.• O testemuño do

vello que vivía abaixo.

• O testemuño da muller que vivía en fronte.