1. INTRODUCIÓN. - Capital · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras...

19
3

Transcript of 1. INTRODUCIÓN. - Capital · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras...

Page 1: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

3

Page 2: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

4

Page 3: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

3

1 . I N T R O D U C I Ó N .

Escoitar unha obra artística desencadea un complexo proceso que afecta de maneira diferente a cada individuo.

Unha audición musical require de diferentes elementos entre os que se atopan a atención, a concentración e o desenvolvemento da memoria musical. Se este reto se afronta dunha maneira comprensiva, permite ao oínte participar activamente no espacio-tempo no que se está a desenvolver a obra musical, o que facilita o seu goce dende unha perspectiva mai profunda e consciente, incrementando as respostas afectivas e intelectuais no receptor.

Algúns dos obxectivos xerais da educación musical son sintetizados por Hemsy de Gainza (1997) ao afirmar que a finalidade máis importante desta é ‘conectar ao home co seu entorno musical e sonoro, descubrir e ampliar as vías de expresión musical, en suma «musicalizalo»’.

O fomento dunha audición activa e consciente require traballo e compro-miso por parte das diversas institucións da nosa sociedade. Que a maxia da música exista e se materialice nas nosas escolas, contribuíndo así á súa democratización, é un dos nosos compromisos.

A finalidade desta guía é outorgar unha serie de ferramentas aos profesores/as para traballar na aula, antes e despois de asistir ao concerto para que os alumnos se familiaricen, de maneira vivencial, co que se lles vai of-recer no concerto.

‘ A música é unha lei moral, brinda alma ao universo, ás ao pensamento, voo á imaxinación, encanto á tristeza, alegría e vida a cada cousa. É a esencia da orde que ela restablece e eleva cara todo o que é bo, xusto e belido e, ainda

que invisible, é a forma deslumbradora, apaixonante, eterna de todo iso’.Platón

Page 4: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

4

2 . C O N T E X T UA L I Z A C I Ó N D A G U ÍA .

Este concerto e a guía didáctica que o acompaña van dirixidos a alumnos de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria. A idade dos educandos oscila entre os doce e os dezaseis anos aproximadamente. Este programa queda aberto a calquera tipo de adaptación curricular individualizada para axustarse ás características persoais de cada neno/a dentro do grupo-clase. Mais esta tarefa trasládase a cada mestre/a, por coñeceren a fondo a realidade da aula na que se vai desenvolver a proposta.

• OBXECTIVOS:

♪ Adquirir bos hábitos de escoita e respecto cara os demais durante a interpretación musical.♪ Percibir a través da audición os elementos que configuran unha obra musical.♪ Executar os arranxos propostos♪ Contextualizar estilisticamente cada obra.♪ Obter información de diversas fontes a través das TIC.♪ Identificar os procesos de tensión e relaxación, así como o punto culminante dentro das obras.♪ Desenvolver a análise crítica para valorar a calidade das diferentes interpretacións.♪ Adquirir un léxico e terminoloxía básicos para expresar e describir de maneira precisa os procesos analíticos que se van desenvolver.

• CONTIDOS:

♪ Adquisición de bos hábitos de escoita e respecto.♪ Percepción e recoñecemento dos diversos elementos que interveñen nunha obra .♪ Execución dos arranxos musicais propostos.♪ Contextualización das obras dentro da historia da música e relacionalas con posibles correntes estéticas.♪ Busca e selección de información en fontes variadas, referidas ós compositores e ás obras .♪ Audición activa e analítica.♪ Expresión e valoración precisas tanto oral como escrita das impresións producidas despois da audición.♪ Diferenciación na vivencia da música gravada ou en vivo: sensacións, interacción intérprete- público; diferencias na percepción.

• COMPETENCIAS.

O Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se establece o currículo da Educación Secundaria na Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G) dentro da Lei Orgánica de Educación (2/2006 do 3 de maio) e do marco da proposta realizada pola Unión Europea, establece oito competencias básicas das cales incluiremos as seguintes nesta proposta didáctica:

Page 5: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

5

• Competenciaculturaleartística.• Competenciaencomunicaciónlingüística.• Competenciasocialecidadá• Tratamentodainformaciónecompetenciadixital.• Autonomíaeiniciativapersoal.• Competenciaeinteraccióncomundofísico.• Aprenderaaprender.

• METODOLOXÍA.

A metodoloxía a empregar parte do construtivismo, onde as necesidades educativas e psicolóxicas de cada alumno son as que vertebran o currículum e o ritmo da aula. As clases serán activas, abertas á participación mais tamén se valorará o silencio e a capacidade de escoita e atención durante o concerto e as exposicións teóricas.

As estratexias metodolóxicas deben favorecer a interacción alumno/a- profesor/a dentro dun ambiente cooper-ativo onde se favoreza a participación e comunicación. Sería interesante que as mesmas, potenciasen a capaci-dade crítica ensinando os elementos e recursos que se empregan na construción dunha opinión, valoración ou creación, e a sensibilidade artística e estética como valores positivos dentro da nosa sociedade.

O papel do profesor/a serve de guía no proceso de ensino-aprendizaxe; as exposicións teóricas non deberían resultar de carácter memorístico, senón un fundamento teórico que axude a asimilar os contidos propostos e os obxectivos a acadar.

• AVALIACIÓN.

Realizarase unha avaliación inicial mediante a observación e o coloquio levando a cabo unha posta en común de ideas, valorando así os coñecementos previos de cada alumno. Teranse en conta as habilidades e coñece-mentos que foron adquirindo ao longo do curso. A avaliación procesual efectuarase mediante a observación sistemática do grupo-clase, valorando o grao de implicación, atención e motivación. O seguimento será a nivel individual e grupal.

A avaliación final será unha valoración de todo o proceso: os obxectivos acadados, a interiorización de contidos, dificultades no proceso, actitude na aula e no concerto, actitude para cos compañeiros, nivel de participación nas actividades, realización das tarefas propostas, coherencia verbal e uso da nova terminoloxía nas exposicións orais.

Page 6: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

6

“If you look deep enough you will see music,the heart of nature being everywhere music' Thomas Carlyle

Adagio sonata en sol menor para cordas e órgano, T. Albinoni.

Canon en Re para tres violíns e baixo continuo, J. Pachelbel

Dresden Philharmonic / Herbert Kegel Herbert Von Karajan

San Francisco Early Mu-sic Ensemble Voices of

MusicGlass Harp

“Aria en G” Suite orquestral nº 3 en Re maior BWV 1068 ,J. S. Bach

La Musica Notturna delle Strade di Madrid, Op.30 no.6, L. Bocherini

Versión con Partitura Leopold Stokowski Versión Jordi Savall

A pequena serenata noturna K. 550 ,W. A. Mozart Adagio para cordas ,S. Barber

Primeiro e segundo mov. Terceiro e cuarto mov.

BBC Orquestra. Trinity Chorus.

Danzas folclóricas rumanas,B. Bartok Libertango, A. PiazzolaHungarian State

Simphony

Bela Bartok – Bartók: Dance Suite, Hungarian Pictures, Two Pictures, Romanian Folk Dances,

Romanian Dance

Versión orixinal para piano.

Andras SchiffZoran Imsirovic

Yo Yo Ma e Nestor Mar-con Daniel Baremboin

Plink plank plunk,L. AndersonBBC Concert Orchestra

Leroy Anderson – Plink, Plank, Plunk!Grupo amateur ‘Musik Siesta’

3 . P R O P O S TA S D I D Á C T I C A S :

As seguintes actividades preséntanse como suxerencia para o profesor/a que poderá adaptalas a cada curso segundo o nivel do grupo-clase.

♫ Q U E C O Ñ E C E M O S ?

A continuación ofrécense enlaces das diferentes obras a traballar. Realizaremos unha audición de diversos fragmentos para realizar un diagnóstico do que coñecemos e o que non.

ACTIVIDADES PREVIAS

Page 7: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

7

♫ I N DA G A M O S NA W E B !

A través dunha busca na web realizaremos tres fichas cos seguintes compositores: Samuel Barber, Bela Bartók, L. Boccherini e Leroy Anderson. Podemos elaborar as fichas en papel a partires dos modelos propostos ou realizar un Powerpoint. Este último é mellor para instroducir os enlaces das versións que se propoñan.

Compositor: Período:

Características:

Obras máis relevantes:

Enlaces:

foto

Compositor: Período:

Características:

Obras máis relevantes:

Enlaces:

foto

Page 8: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

8

Compositor: Período:

Características:

Obras máis relevantes:

Enlaces:

foto

Compositor: Período:

Características:

Obras máis relevantes:

Enlaces:

foto

♫ V O C A B U L A R I O .

Define os seguintes termos coas túas palabras, se hai algún que non coñezas consúltao no diccionario ou na web:

• Passacaglia• Chacona• Canon• Temaconvariacións• Pizzicato• Legato• Progresiónharmónica• Formasonata:exposición,desenvolvementoerecapitulación

Page 9: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

9

♫ T O C A M O S PA C H E L B E L !

Realizamos unha escoita activa e unha pequena análise de Canon de Pachelbel coa axuda do profesor/a. Unha vez determinado o baixo, a melodía e as variacións, executaremos con instrumentos Orff e frautas o seguinte fragmento.

Page 10: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

10

“O tango é tan antigo coma o home, naceu coa primeira dor da alma”. R. Ostuni

♫ O TA N G O .

O tango é unha posibilidade infinita un pensamento que se materializa na música, na danza, na poesía e no teatro. El mesmo nos ofrece unha dimensión mítica da realidade de maneira cruda e visceral. Transmítenos esperanza nacendo da frustración...

Orixe...A súa orixe resulta bastante incerta, mais parece que naceu da fusión de diferentes ritmos: o candombe, a ha-banera, a milonga e o cuplé entre outros.

Nalgúns dialectos africanos, a palabra tango significa: lugar pechado, círculo, coto. A finais do S.XVIII os ne-greiros chamaban tango aos sitios de concentración de escravos. Peró tamén pode significar tambor -Tamgú- e bailar ao son do tambor, para dar ritmo ao candombe.

O tango é tamén unha expresión artística de mestizaxe que responde a un proceso histórico concreto: as ondas de inmigrantes que cara o 1870 acudiron á Arxentina e máis concretamente á zona do Río de la Plata, pola fame que asolaba Europa do Sur e a fuxida que emprenderon os xudeus dos progroms antisemitas de Rusia e Centroeuropa.

Os inmigrantes superaban exacerbadamente ás poboacións nativas e formaron parte dun gran proceso de mestizaxe multicultural e multiétnico, inducido tamén polo Estado, a través da promoción da escola pública laica.

A finais del S XIX xurden os primeiros prostíbulos, tanto no arrabal como no centro da cidade...Báilanse por aló algúns tanguiños...

É famoso o barrio de La Boca, zona arrabaleira onde se comeza a xerminar unha nova cultura cunha linguaxe propia onde o tango é o voceiro.

O ton popular fixo que esta música fose rexeitada e prohibida polas clases altas e a igrexa católica durante algún tempo, tamén os gobernos

militares autoritarios vetaron letras e títulos, algúns desapareceron e outros foron reescritos.

Evaristo Carriego (1883-1912) poeta anarquista ó que Jorge Luis Borges adica un famosa biografía, foi o pri-meiro en ocuparse da temática dos barrios.Un grande inspirador para moitos como Homero Manzi e Cátulo Castillo.

Page 11: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

11

As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, frauta e violín). Mais a finais do S. XIX, o bandoneón comeza a remprazar á frauta. Este instrumento trasládase da música sacra alemana á músi-ca popular interpretada en prostíbulos arrabaleros... ¿Parece increíble non sí?E que a música non entende de ideoloxías nin crenzas... é esencia en si mesma, acto e potencia ao mesmo tempo...

Cos anos, o tango evoluciona e o novo público tórnase máis esixente que o dos burdeis primitivos, o que obriga aos novos grupos a incluir novos músicos xa con formación académica. É así como o tango viaxa a Europa, levado polos máis novo da aristocracia porteña. O seu exotismo e sensualidade causan sensación. Profesores arxentinos inauguran academias de baile por toda Europa pero... isto causa a desaprobación dos sectores máis conservadores. Mais a pesar dos pesares (como diría José Agustín Goytisolo) o tango imponse con máis forza.

ASTOR PIAZZOLA: A revolución musical. Extraordinario bandoneonista e compositor que marca un antes e un despois na historia da música arxentina. El sentiu e interpretou dunha maneira diferente a paisaxe porteña. Os seus temas reflicten unha nova cidade que emerxe a partir dos anos 60.

“Astor Piazzolla ha sabido encontrar un lenguaje universal que tiene color de tango. Pero su manejo de los contornos melódicos, densidades armónicas, pulsos rítmicos y timbres orquestales revelan una musicalidad sólida y trascendente. Y cuanto más se encierra dentro de límites, patios, muros y tranquera, su actividad creadora vuela libremente más alla

de las fronteras, hacia el infinito.”

-Lalo Schiffrin-

Viaxa a Francia e Estados Unidos, e por suposto participa na actividade cultural de ambos países, dos que re-cibe claras influencias.

Na historia do tango, Piazzola representa a vangarda, o cambio, unha for-za enerxética... A súa música forma parte do inventario arxentino xunto aos poemas de Borges, os contos de Cortázar, as augafortes de Roberto Arlt, a voz de Gardel...

Cabe salientar que a última década de súa vida adicouna especialmente á música de cámara, interpretada por grandes solistas como Rostropovich, Pat Metheny, Keit Jarret o Chick Corea.

Page 12: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

12

♪ ANALIZA O SEGUINTE POEMA DE HÉCTOR GAGLIARDI E A LETRA DE CAMBALACHE. REALIZA UN COMENTARIO CRÍTICO SOBRE O MESMO.

Con permiso, soy el tango,

yo soy el tango que llega,

por las calles del recuerdo,

donde nací ni me acuerdo,

en una esquina cualquiera,

una luna arrabalera,

y un bandoneón son testigos,

yo soy el tango Argentino,

donde guste y cuando quiera..

Hector Gagliardi

CambalacheTango: 1934

Música: Enrique Santos Discepolo

Letra: Enrique Santos Discep-olo

Que el mundo fue y será una porqueríaya lo sé...

(¡En el quinientos seisy en el dos mil también!).

Que siempre ha habido chor-ros,

maquiavelos y estafaos,contentos y amargaos,

valores y dublé...

Pero que el siglo veintees un despliegue

de maldá insolente,ya no hay quien lo niegue.

Vivimos revolcaosen un merengue

y en un mismo lodotodos manoseaos...

¡Hoy resulta que es lo mismoser derecho que traidor!...¡Ignorante, sabio o chorro,

generoso o estafador!¡Todo es igual!¡Nada es mejor!

¡Lo mismo un burroque un gran profesor!

No hay aplazaosni escalafón,los inmorales

nos han igualao.Si uno vive en la imposturay otro roba en su ambición,¡da lo mismo que sea cura,colchonero, rey de bastos,

caradura o polizón!...

¡Qué falta de respeto, qué atro-pello

a la razón!¡Cualquiera es un señor!¡Cualquiera es un ladrón!

Mezclao con Stavisky va Don Bosco

y "La Mignón",Don Chicho y Napoleón,Carnera y San Martín...

Igual que en la vidriera irres-

petuosade los cambalaches

se ha mezclao la vida,y herida por un sable sin remach-

esves llorar la Biblia

contra un calefón...

¡Siglo veinte, cambalacheproblemático y febril!...

El que no llora no mamay el que no afana es un gil!

¡Dale nomás!¡Dale que va!

¡Que allá en el hornonos vamo a encontrar!

¡No pienses más,sentate a un lao,

que a nadie importasi naciste honrao!

Es lo mismo el que laburanoche y día como un buey,que el que vive de los otros,

que el que mata, que el que curao está fuera de la ley...

Page 13: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

13

♪ REALIZA UNHA COMPARATIVA ENTRE AS SEGUINTES AUDICIÓNS PROPOSTAS: TIPO DE IN-STRUMENTACIÓN, ESTILO, O TANGO INSTRUMENTAL E VOCAL, O TRATAMENTO DE TEXTUR-AS ECOLORES...ETC.

Astor Piazzola interpreta “Adios Nonino” coa Sinfónica “Cologne Radio Orchestra” de Ale-maña. Extraído do documental “Astor Piaz-

zolla: The Next Tango”.

Julio Sosa canta ‘Cambalache’

♫ T O M A S O A L B I N O N I e J . S . B A C H .

Tomaso Albinoni (1671-1751)Compositor italiano que pertence ao período Barroco. Na súa época foi famoso polas composicións operísticas, mais na actualidade é coñecido pola súa música instrumental.Bach sirveuse obras de Albinoni como exemplo para os seus alumnos de harmonía e mesmo compuxo un par de fugas sobre temas do mesmo compositor.

Parte da súa obra desapareceu durante a II Guerra Mundial coa destrución da biblioteca Estatal de Dresde.

J.S. Bach (1685-1750)Organista, clavecinista e compositor alemán que pertence ao período Barroco, un dps máis importantes da Hª da Música Occidental. A súa música é dunha profundidade espiritual e intelectualmente, e posúe unha grande complexidade técnica.Entre as súas obras destacan o Clave ben temperado, os Concertos de Brandemburgo, Variacións Goldberg, Misa en Si m, Paixóns, A arte da fuga,etc.Bach foi o autor máis influínte nas xeracións coetáneas e posteriores ata a actualidade.

Coa axuda do profesor, realizaremos unha audición guiada e analítica do Adagio de Albinoni e a Aria da Suite Orquestal no.3 de Bach. Unha vez escoitadas as obras elaboraremos unha comparativa das mesmas cos elementos que se mostran nos cadros a continuación. Pode ser a nivel oral ou escrito.

Page 14: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

14

Nome: Adagio Aria

Compositor

Estructura formal

Instrumentación orixinal

Tonalidade

Baixo contínuo

Carácter

Puntos culminantes

Dinámicas predominantes

Películas/versións modernas

♫ S A B Í A S Q U E . . . ?

O Adagio de Albinoni non é propiamente de Tomaso Albinoni, senón dun musicólogo do S. XX chamado Remo Giazotto (1910-1998).

Giazotto era un experto en Tomaso Albinoni (do que estaba a escribir unha biografía). En 1945 atopou unha partitura con algúns compases escritos pero sin firma, nas ruínas dun monasterio en Dresde. Recoñeceu alí a figura do seu querido Tomaso.

A partires dos documentos encontrados, parece ser que era unha sonata a trío, elaborou o famoso Adagio en Sol que sacou á luz cara o 1958.

Page 15: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

15

♫ C O N TA M O S U N H A H I S T O R I A . . .

Despois de realizar unha audición activa das obras de Boccherini e Bartók propostas neste concerto, escolle unha delas e elabora un pequeno conto relacionado co carácter que che evoque cada movemento ou danza.

Ritirata notturna delle strade di Madrid.

1. Le campane de l’Ave Maria. 2. Il tamburo dei Soldati. 3. Minuetto dei Ciechi. 4. Il Rosario. 5. Passa calle. 6. Il tamburo. 7. Ritirata.

Danzas Folclóricas Rumanas

1. ‘Joc cu Bata’ (Danza do Bastón).2. ‘Braul’ (Danza do Chal).3. ‘Pe Loc’ (Danza da Praza).4. ‘Buciumeana’ (Danza do Corno).5. ‘Poarga Romanaesca’ ( Polca Rumana).6. ‘Maruntel’ ( Danza Rápida).7. ‘Maruntel’ (Danza Rápida).

Bartók realizou múltiples viax-es onde rcolleu máis de seis mil melodías populares dun valor incalculable. Como consecuen-cia disto, naceron, entre outras obras, as Danzas Folklóricas Rumanas, orixinais para pia-no. Foron compostas en 1915 e dous anos máis tarde, instru-mentadas para orquestra.

Page 16: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

16

♫ A DA G I O PA R A C O R DA S D E S A M U E L B A R B E R .

Despois de elaborar as fichas da actividade nº2 e de escoitar a peza, responde ás seguintes cuestións. Se tes algunha dúbida consulta na web.

1. Tendo en conta a época á que pertence o compositor, cres que garda algunha relación co período romántico?2. Busca analoxías entre a versión instrumental e a versión vocal.3. Por que cres que elixiu un Agnus Dei (parte convencional da misa) para a versión vocal? Cres que ten algo que ver co carácter da obra? E a tonalidade e modalidade inflúe?

4. De onde cres que nace esta obra?

a) Dun segundo movemento para cuarteto de corda. b) Dunha peza vocal. c) Dun segundo movemento de sonata para piano.

5. Cantas seccións pensas que posúe a obra: dúas, tres ou catro?

Page 17: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

17

ACTIVIDADES POSTERIORES

♫ A M I ÑA C R Í T I C A M U S I C A L !

Elabora unha crítica musical do concerto didáctico atendendo aos diferentes aspec-tos, organizados da seguinte maneira:

1. Primeiro parágrafo.

Qué? Quen? Onde? Cando? Como? Por qué?

Tipo de evento, características...

Autores, intér-pretes, tipo de

público...Lugar, espazo... Data

Concerto aisla-do, forma parte dun ciclo, festi-

val...

Finalidade do concerto.

2. Segundo parágrafo.

Moi breve curriculum do director e da orques-tra.

3. Terceiro parágrafo

Interpretación, iluminación, vestiario, com-presión das explicacións, desfrute…

Page 18: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

18

1 Que che pareceu o concerto?

2 Entendiches a estructura das obras?

3 Cal foi a obra que máis che gustou? Argumenta a túa resposta.

4 Cita tres elementos que te chamasen a atención. Explícaos.

5 Que responsabilidades consideras que conleva o papel de director?

6 Que diferencias percibiches entre as versións traballadas na aula e o concerto en directo?

7 Que teñen en común a maioría das obras?

8 Que foi o máis che gustou do concerto? E o que menos?

9 Que cres que aportou esta experiencia á túa formación?

10 Gustaríache repetir? Por que?

♫ C U E S T I O NA R I O

Page 19: 1. INTRODUCIÓN. - Capital  · PDF file♫TOCAMOS PACHELBEL! ... As primeiras formacións estaban constituídas por dúos e tríos (guitarra, ... as augafortes de Roberto Arlt,

19

4 . R E C U R S O S E M AT E R IA I S .

• Ordenador.• AccesoaInternet.• Proxector.

5 . B I B L I O G R A F ÍA .

• Decreto133/2007,do5dexullo,poloqueseestableceocurrículodaeducaciónsecundaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

• NEUMAN,V.(2004):Losconciertosdidácticosparaescolares.Eufonía,32,pp.17-28.

• PALACIOS,F.(1997):Escuchar.20reflexionessobremúsicayeducaciónmusical.EdiciónsFun dación orquesta filarmónica de Gran Canaria. Colección Sobre Música. Las Palmas de gran Canaria. pp.43-45.

• PALACIOS,F.ePARRILLA,T.(2000):OrganizacióneDidácticadeConcertosEscolares.AsPalmas de Gran Canaria .