09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

16
Número: 90- Ano: VI - 10 de xaneiro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 24 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. XIX ANINOVO DE XADREZ BARROCÁS Páx. 2-3 Campionato Provincial de Cross en Ribadavia [Páx. 4]

description

O ano 2014 comeza no Barrios Deportivo a toda máquina. En atletismo celebráronse a clasíca subida á costiña de Canedo e a primeira xornada da Copa Deputación. O xadrez ten un protagonismo superlativo nestas datas coa celebración do Aninovo de Barrocás, que nesta edición conquistouno Marcos Lorenzo. O CD Ourense vén de vencer ao Compostela en Liga e ao Marino de Luanco na Copa Federación. O Club Ourense Baloncesto buscará diante do Burgos a segunda vitoria da tempada no Paco Paz.

Transcript of 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

Page 1: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

Número: 90- Ano: VI - 10 de xaneiro de 2013 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 24 de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

XIX ANINOVO DE XADREZ BARROCÁS Páx. 2-3

Campionato Provincial

de Cross en Ribadavia [Páx. 4]

Page 2: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

� BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013 XIX TORNEO ANINOVO DE XADREZ

4 Axenda deportivaFútbol- Día 11 de xaneiro. Estadio Miguel Ángel. Pabellón Ourense - Real Oviedo. División de Honra xuvenil.- Día 1� de xaneiro. O Couto. Ourense - Celta B. �ªB.- Día 1� de xaneiro. Velle. CD Ourense B - CD Barco. Rexional Preferente.- Día 19 de xaneiro. Os Carrís. UD Barbadás - Cultural Areas. 3ª División.- Día 19 de xaneiro. O Barco de Valdeorras. Barco - UD Atios. Rexional Preferente.- Día 19 de xaneiro. Meliás. Meliás - Ourense B. RP.Baloncesto- Día 11 de xaneiro. Paco Paz -18.00h-. COB - Burgos. Liga Adecco Oro.- Día 17 de xaneiro. Paco Paz -�1.00h-. COB - Planasa Navarra. Liga Adecco Oro.- Día 18 de xaneiro. Os Remedios -�0.00h-. ABO - Chantada. Liga EBA.Atletismo- Día 1� de xaneiro. Ribadavia -10.30h- Campionato Provincial de Cross de Atletismo.- Día 18. Varias localizacións. Fase Previa Escolar Xo-gade Cross.- Día 18. Módulo de atletismo dos Remedios. XXXI Copa Deputacion.- Día 19 de xaneiro. Boborás -10.30h- XIV Cross Po-pular do Concello de Boborás.- Día 19 de xaneiro. Boborás -11.00h-. VI Canicross Concello de Boborás.Fútbol sala - Día 11 de xaneiro. Os Remedios -17.00h- Ponte Ouren-se - Atlético de Madrid. 1ª División.- Día 18 de xaneiro- Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Soto del Real.Balonmano- Día 11 de xaneiro. Anexo Os Remedios -18.30h- Balo-nmán Pabellón - SAR Plastic Omnium. 1ª Estatal.- Día 19 de xaneiro. Pavillón dos Remedios. Pabellón Balonmán Ourense - Carballal. 1ª Autonómica.Tenis de mesa- Día 18 de xaneiro -10.30h- Paco Paz. Galmédica Ourense TM - Chinelas T.M.. 3ª División Nacional.Voleibol- Día 18 de xaneiro. Paco Paz. Caldaria Voleiourense - Cala-sancias Coruña. �ª División A Galega.Tiro- Día 1� de xaneiro. Club de tiro Eiroás. Campionato Autonómico pistola 9mm.- Día 19 de xaneiro. Club de tiro Eiroás. Campionato Autonómico de fogo central e pistola damas.Natación- Día 11 de xaneiro - Piscina Rosario Dueñas - 15.00 h Liga Gallega Alevín.Natación- Día 11 de xaneiro - Piscina Rosario Dueñas - 19.00 h CWP Ourense - CW Pontevedra B.

Como cada Aninovo a emoción é a principal protagonista das partidas./RAMSÉS

Os vencedores posaron co seu ansiado trofeo, nesta décimo novena edición./RAMSÉS

Redacción

O ourensán Marcos Lo-renzo proclamouse ven-cedor do XIX Torneo de Xadrez Aninovo. Acom-pañárono no podio David Baltar e Carlos Novais, segundo e terceiro res-pectivamente. O torneo deparou sete intensas xornadas (desde o �6 de decembro ata o 5 de xa-neiro) reunindo a máis de �00 xadrecistas, tendo máis de 40 deles ránking internacional. Ata Ba-rrocás achegaronse inte-grantes de clubs de Porto, Barcelona, Guimaraes, e, por suposto, de Ourense e do resto de Galicia.

VencedoresEn categoría sénior,

Marcos Lorenzo (Liceo),

David Baltar (Liceo), Car-los Novais (Xadrez Ouren-se), Rafael Sanchez (Lo-ureiro) e Alejandro De león (Xadrez Ourense) foron os que coparon os cinco pri-meiros postos. En xuvenís, Miguel Ferreiro, Gabriel Roma e Marcos Fernán-dez (todos eles do Xadrez

Ourense) foron os vence-dores. En categoría cadete Miguel Puga (Casa da Xu-ventude), Adrián Gómez (Xadrez Ourense) e Ángel Domínguez (Casa da Xu-ventude) coparon os postos de privilexio mentres que na categoría infantil aca-daron ouro, prata e bronce,

Marcos Lorenzo vence no Aninovo4Completaron o podio David Baltar e Carlos Novais.

respectivamente, Carlos Martínez (Peona i Péo de Barcelona), Hugo Carnei-ro (Portugal) e Brais Ger-pe (Casa Xuventude).

Premios especiaisOs premios especiais

foron para Alejandro Mei-ra (Liceo), como mellor

O Torneo de Aninovo reuniu a máis de 200 deportistas, 40 de ránking internacional

Page 3: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

3XADREZ / ATLETISMO

O Club Xadrez Ourense fíxose con 11 premios. En segundo lugar rematou o Benchoshey, que logrou 5 podios. E de terceiros finalizaron Casa da Xuventude e Liceo Recreo, con tres.

Redacción

O pasado �1 de decem-bro celebrouse en Verín o 1º Open de xadrez de Nadal organizado polo Concello de Verín xun-to coa Asociación CDR Portas Abertas. En total reuníronse 90 xadrecistas en todas as categorías, dos cales máis da metade fo-ron de Verín, e o resto pro-cedentes de varios puntos da provincia de Ourense e do veciño Portugal.

Durante preto de catro horas dirimíronse batallas

xogador sub-�000 clasi-ficado, Adrián Gómez do Xadrez Ourense (Premio Galeón Pirata), Gabriel Roma tamén do Xadrez Ourense (Premio de bele-za) e Luis De León Nieves (Ateneo de Ourense) foi galardonado co premio honorífico “Manuel Vi-llar” pola súa traxectoría ao longo das �9 edicións disputadas, así como polo seu estreito vínculo e tra-ballo coa primeira escola de xadrez en Barrocás e con Manuel Villar, funda-dor do evento en 1985.

Categorías inferioresNas categorías dos máis

novos que disputaron as súas partidas en dúas xor-nadas, os vencedores fo-ron, en categoría sub-8, Juan Saco, Denis Escuredo e Alejandro Garrido (todos eles do Club Benchoshey).

nos taboleiros ata depurar

En categoría sub-10, Cé-sar Pérez, Marcos Váz-quez (ambos do Xadrez Ourense) e Mateo Gon-zález (Benchoshey) fo-ron ouro, prata e bronce respectivamente.

En alevíns (sub-1�), Martín Gómez, (Xadrez Ourense), Xurxo Gerpe (Casa da Xuventude) e Ainhoa Quintas (Ben-choshey), coparon o pó-dio final.

Vitorias por clubsNo referente a clubs,

novamente o Club Xa-drez Ourense foi o máis galardoado con 11 pre-mios, o Club Benchos-hey obtivo cinco podios, e Casa da Xuventude e Liceo Recreo compar-tiron o terceiro lugar en número de xadrecistas premiados con tres po-dios cada un deles.

Nesta cita competiron xadrecistas de Galicia, Barcelona, Porto e Guimaraes./RAMSÉS

Gumersindo Rodríguez faise co primeiro Open de Xadrez de Verín4 Na categoría absoluta.

aos campións das diferentes categorías tras sete roldas de competición empregan-do o sistema suízo de parti-das rápidas a dez minutos.

Os vencedores das di-ferentes categorías foron a actual campiona sub-8 de Portugal Lara Rei Ro-drigues (sub-8); Andre Sousa Barroncas (sub-10); Alexandre Vital (sub-1�); Bruna Gomes (sub-14);

Joel Gonçalo Alves (sub-16); Joâo Paulo Sousa (sub-18); Gumersindo Rodríguez (sénior absoluto) e Manuel Iglesias (veterano).

ExhibiciónParalelamente celebrá-

ronse varias partidas de exhibición de xadrez para cegos e adestramentos no taboleiro interactivo de xa-drez xigante.

Noventa xadrecistas participaron nesta primeira edición.

R.T.

O pasado sábado 4 de xaneiro tivo lugar nas pis-tas de atletismo de Monte-rrei a primeira xornada da Copa Deputación de atle-tismo, que este ano chega á súa 31ª edición.

Un total de �4 probas para completar unha se-sión matinal na que parti-ciparon atletas de Ourense e doutras provincias coma Lugo ou Pontevedra. To-das as categorías estiveron representadas nesta pri-meira xornada que terá a súa continuidade o vindei-ro 18 de xaneiro no módu-lo do pavillón dos Reme-dios. 1� probas para unha xornada que prevalecerá a velocidade o triplo salto e

o lanzamento de peso.

Despedida e saúdoO ano deportivo despe-

diuse na nosa provincia coa derradeira de Allariz e a San Silvestre de Castrelo de Miño. A de Allariz non era competitiva, pero reuniu a preto dun cento de atletas. En Castrelo de Miño o ven-cedor foi Iván Docampo (Sociedade Ximnástica de Pontevedra).

O ano comezou coa cos-tiña de Canedo, unha proba que se leva celebrando de forma ininterrompida des-de fai �1 anos, organizada por Saturnino González, atleta do Veteranos Pabe-llón. Cada vez son máis os atletas que saúdan o ano su-bindo a costiña de Canedo

Atletismo para despedir e saudar o ano4 Allariz, Castrelo do Miño e Monterrei foron as citas.

que conta con pendentes do 19% facendo moi dura

unha proba de apenas tres quilómetros.

Primeira xornada da Copa Deputación de atletismo./R.T.

Page 4: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

4 BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

ATLETISMO

Presentación do Campionato Provincial de campo a través. /RAMSÉS.

Ribadavia acolle o Campionato Provincial de Campo a Través4 Será o 12 de xaneiro e está organizado polo Club Deportivo Aurum, Concello de Ribadavia e Xunta de Galicia.R.T.

Ribadavia acolle o vin-deiro domingo 1� de xanei-ro o Campionato Provincial de campo a través, que está organizado polo Club De-portivo Aurum, o Concello de Ribadavia e a Xunta de Galicia.

No acto de presentación do cross participaron Ma-rio Guede, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Marcos Blanco, alcalde de Ribada-via; José Prieto, concelleiro de Cultura e Deportes de Ribadavia; e Eloy Campos e Lalo Gómez, directivo e presidente do Club Deporti-vo Aurum respectivamente.

ParticipaciónTanto Mario Guede como

Marcos Blanco animaron a todos os atletas e afeccio-nados a achegarse a Riba-davia a gozar da proba e destacaron a boa colabo-ración entre as institucións e o club organizador para levar a cabo esta competi-ción. Pola súa banda, Lalo Gómez agradeceu o apoio do Concello de Ribadavia, do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia, de Coca-cola e do Consello Regu-lador da DO Ribeiro, e si-nalou que Ribadavia conta con condicións moi boas para o desenvolvemento de probas atléticas. Gómez amosou a intención do club que representa de manter no futuro a colaboración co Concello de Ribadavia para emprender competicións de

maior envergadura.

A VeronzaO Cross de Ribadavia

�014 - Campionato Pro-vincial de Campo a Través celébrase no circuíto da Veronza en Ribadavia, un dos mellores circuítos de Galicia e de España onde se pode realizar probas deste tipo. Na Veronza xa se ten disputado un Campionato Galego de Campo a Través e un Campionato de Espa-ña de Veteráns. Conta cun fermoso contorno, a ribeira do Avia, un firme de herba en excelentes condicións pese as intensas choivas, un atractivo circuíto de �.000 metros e con instalacións deportivas municipais para os participantes. Tamén dispón dunha zona ampla de aparcadoiros para que todo sexa máis sinxelo tan-to para participantes coma público en xeral.

InscritosA falta de confirmación a

cargo da Delegación ouren-sá de atletismo, prevese que máis de 400 participantes entre todas as categorías disputen este Campionato Provincial. Este ano, ade-mais, a proba estará aberta tamén aos atletas populares que non teñan ficha federa-tiva; dando un paso máis de cara a abrir esta modalida-de deportiva a toda a cida-danía.

En canto á proba abso-luta, todos os clubs da pro-vincia terán representación, polo que se presume unha

das edicións máis atractivas de cantas se levan disputa-das. Hai un gran abano de clubs con opcións de levar-se o título ao mellor equipo ourensán de campo a tra-

vés; Ourenrunning, Vetera-nos Ourense, Burgas, Vía XVIII están entre os claros favoritos, sen esquecer-se dos Esprintes Ourense, Adas O Barco, Ourense At-

4 Horarios e premios

O Cross comezará ás 10.30h coa proba cadete-xuvenil homes (4.000m.); ás 10.55h a mesma categoría en mulleres (�.500m.). Ás 11.15h infantil ho-mes (3.000 metros) e ás 11.35h infantil mulleres (1.500m.). O turno para os alevíns chegará ás 11.45 (homes, �.000m.) e ás 1�.00h (mulleres, 1.000m.). Os benxamíns correrán sobre unha dis-tancia -tanto eles coma elas- dun quilómetro ás 1�.10h (mozos) e 1�.�0h (mozas).

Para o final queda o prato o forte, as carreiras absolutas. Ás 1�.30 ho-ras serás as mulleres as que disputen a súa proba sobre unha distancia de 5.000 metros. A absolu-ta de homes será ás 13 horas e os participantes completarán unha dis-tancia de 8.000 metros. Trala finalización desta carreira celebrarase a cerimonia de entrega de premios.

PremiosO Campionato provin-

cial de campo a través concederá premios aos tres primeiros clasifica-dos absolutos e premio ao primeiro clasifica-do de cada categoría (benxamín, alevín, in-fantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa, sénior e veterano A, B, C e D.

Tamén se fará entrega de premios aos tres me-llores clubs da provincia en categoría absoluta. Para optar a este premio cada equipo debe rema-tar a proba con seis atle-tas e contará o tempo dos catro primeiros.

letismo, ou mesmo o club organizador, CD Aurum.

A proba do ano pasado disputouse nas instalacións de Monterrei. /ARQUIVO.

Prevese que o disputen máis de 400 participantes

Page 5: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

5POLIDEPORTIVO

A pola primeira vitoria4 O Pabellón Balonmán busca a primeira vito-ria da tempada no primeiro encontro de 2014.R.T.

O Balonmán Pabellón Ourense buscará esta xor-nada a primeira vitoria da tempada no primeiro en-contro deste �014, o que supón tamén o primeiro partido da segunda volta. O encontro terá lugar o sába-do 11 de xaneiro (18.30h no anexo dos Remedios) e o ri-val será o Plastic Omnium de Redondela.

Os de Zarra reciben aos pontevedreses coa obriga de gañar para poder coller moral de cara ao tramo fi-nal da competición. O Ba-lonmán Pabellón aínda non coñece a vitoria no que vai de campionato na Primeira Estatal, e de 13 encontros tan só logrou un empate (contra o Granitos Ibéricos na xornada número sete).

RedondelaO SAR Plastic Omnium

de Redondela marcha na tá-boa clasificatoria na novena posición con 11 puntos, e ten en Manuel Rey Soto, con 76 goles, ao seu máxi-mo goleador; contra o Lalín

4 Descanso para o Campus Ourense Rugbi

O Campus Ourense Rug-bI da Primeira División Ga-lega descansa na primeira fin de semana de competi-ción do 2014 -segunda fin de semana do ano-.

Os ourensáns voltarán á competición o 18 de xa-neiro, xornada número 10, cando visiten o campo dos Ingleses.

O Campus Ourense Rug-bi é o cuarto clasificado, mentres que Os Ingleses marchan coma líderes nesta Primeira Territorial Galega.

acadou o seu maior tantea-dor con 1� dianas. Tamén terán que estar os homes de Zarra atentos a xogadores coma Gustavo Gómez ou Héctor Soage.Partido en casa do Pabe-llón Ourense. /ARQUIVO.

4Arrancan na Vía Nova as rutas culturais da universidade

O �5 de xaneiro retó-manse as rutas culturais que organiza o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo. O quinto rotei-ro viaxará ata a Vía Nova, concretamente a Lobios e ao conxunto arqueolóxico de Aquis Quarquennis. Será o primeiro dos sete itinera-rios que no segundo cuadri-mestre levarán aos amantes destas excursións a visitar algúns dos recunchos máis fermosos ou con máis his-toria da nosa contorna.

O itinerario, de �0 quiló-metros de distancia e difi-cultade baixa-media, pasa-rá por Lobios, A Portaxe, Ganceiros, Parada de Ven-tosa, Tedos, Ermille, Santa Comba e Porto Quintela. A excursión inclúe unha visita guiada á capela de Santa Comba de Bande e ao conxunto arqueolóxico Aquis Querquennis.

Os interesados en inscri-birse neste percorrido ou en calquera dos itinerarios que se ofrecen para o ano �014 poden facelo ata o martes anterior a cada saída. Sen-do as prazas limitadas, xe-ralmente son arredor de 80 as persoas que participan en cada excursión. O prezo xeral de cada ruta é de dez euros para os membros da comunidade universitaria e de 15 euros para as persoas alleas a ela, habendo bonos con descontos segundo a cantidade de rutas que se queira facer.

4O ‘irmán maior’ Pedro García ofrece unha charla no campus

O deportista e asesor en terapia Pedro García im-partirá unha charla o día �4 no campus ourensán. Pe-dro García é a persoa que cada semana no programa de televisión “Hermano

Mayor”, da canle Cuatro, intenta axudar a rapaces e rapazas con graves proble-mas de conduta a superar a súa agresividade e descon-trol. Para facelo, conta cun-ha bagaxe persoal marcada por ter sido un dos mellores waterpolistas españois da historia (ouro olímpico en Atlanta 96), que viu trunca-da a súa carreira polas adic-cións que logo conseguiu

superar, transformando esta experiencia en motor da súa nova vida. Precisamen-te para falar das claves para superarse como persoas, o día �4 de xaneiro ofrece-rá unha charla a docentes e alumnado do campus de Ourense.

“Conseguir que veña Pe-dro García a ofrecer unha das súas sesións á nosa Universidade é unha satis-

facción moi grande. O seu exemplo persoal de supe-ración é impresionante e el consegue transmitir moi ben a forza necesaria para atreverse a dar o paso de mudar e avanzar na vida cando algo non funciona ben”, explicaba ao DUVI Isabel Ferreiro, responsable xunto a Conchi Cochón do Gabinete Psicopedagóxico do campus, organizadora

do evento.

InscriciónsPara acudir á charla

é preciso inscribirse no no enderezo electrónico [email protected] ou no teléfono 988 368 913. Só en caso de quedar prazas vacantes se abrirá a inscrición a persoas alleas á comunidade universita-ria.

Page 6: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

6 BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013 NATACIÓN

Redacción

O club ourensán Salvour dirixiuse a Cerceda para disputar a terceira xornada da liga galega de salvamen-to con 10 dos seus mellores deportistas, sete en catego-rías inferiores e tres en sé-nior.

Da participación ourensá destacou notablemente a actuación do alevín Xián

Cristina Colomo e Xián Rodríguez destacan na terceira xornada da Liga Galega de salvamento4 Colomo fixo un debut de sobresaínte nesta competición.

Redacción

O Club Natación Pabe-llón Ourense regresa do Campionato Galego de inverno de natación co subcampionato galego nas clasificacións masculina, feminina e conxunta. O torneo disputouse na pis-cina “Gómez Noya” de Ferrol os días �7, �8 e �9 de decembro.

O club ourensán estivo representado con �6 nada-dores (14 en categoría fe-minina e 1� en masculina) que competiron a gran ni-vel, logrando ser o segun-do mellor club galego. Do gran resultado dos pavi-llonistas destaca o récord galego absoluto de Marc Ciurana na proba dos 400 estilos ao empregrar un tempo de 4:�3.87, amais do récord do campionato en 800 libres cun tempo de 8:10.97.

Categoría absoluta�3 foron as medallas

que se colgaron os ouren-sáns neste campionato en categoría absoluta. 1� de ouro, sete de prata e cinco de bronce foron as pre-seas logradas. Os ouros foron acadados por Marc Ciurana en 400 libres, 800 libres, 1.500 e 400 estilos; Alberto Taboada en �00 estilos e 100 bra-

4 O CNPO regresa a Ourense como subcam-pión galego absoluto.

za; Laura Pimentel nos 400 estilos; Aitor Carral (S8, natación adaptada) en 100 costas e �00 libres; o relevo de 4x�00 libres (Ecequiel Quiroga, Alberto Taboa-da, Borja González e Marc Ciurana) e o relevo 4x100 estilos (Adrián Blanco, Al-berto Taboada, Marc Ciura-na e Ecequiel Quiroga).

As pratas foron parar a Laura Pimentel, 1.500 e 800 libres; Sandra Presas, 50 e 100 costas; Alberto Taboada, �00 costas e �00 braza e o relevo 4x100 li-bres (Laura Pimentel, Es-ther Álvarez, Ana Mª San-tiso, Sandra Presas).

Laura Pimentel en 400 libres; Laura Blanco en 50 costas; o relevo de 4x100 libres (Adrián Blanco, Marc Ciurana, Alberto Taboada, Ecequiel Quiroga); o 4x50 estilos (Adrián Blanco, Al-berto Taboada, Marc Ciu-rana, Ecequiel Quiroga) e o 4x�00 libres (Laura Pimen-tel, Esther Alvarez, Ana Mª Santiso, Sandra Presas) ob-tiveron medallas de bronce.

Absoluta mozoPero os éxitos non queda-

ron aí. Na categoría abso-luta mozo conseguiron �1 preseas máis.

Os cinco ouros foron para Adrián Blanco en 50, 100 e �00 costas; Ecequiel Quiro-ga, 100 libres e Esther Ál-

varez, 100 costas.Alzáronse coa segunda

posición (medalla de prata) Martín Sabuz, 50 e �00 bra-za; Esther Álvarez, en 50 e 100 libres; Borja González en 800 e 1500 libres e 400 estilos; Laura Nerea Balsa, �00 libres e Ana María San-tiso, �00 braza, 800 libres e 400 estilos.

Os cinco bronces do Nata-ción Pabellón nesta catego-ría foron para Laura Nerea Balsa, 100 costas; Ecequiel Quiroga, 400 libres e �00 bolboreta; Martín Sabuz en 100 braza e Adrián Blanco en 100 bolboreta.

Marcas persoaisA toda esta cantidade

de logros hai que engadir as mellores marcas per-soais logradas por Cristina Cruz, Mara Velez, Claudia Álvarez, Ana Karina Oba-ya, Andrea Sabuz, Andrea Bello, Paula Blanco, Uxía Gómez, Iago Rodríguez, Pedro Díaz, Miguel Pimen-tel, Luis Bello e Martín R. Paradela.

Marc Ciurana toca a campá trala consecución do récord galego de 400 estilos.

O Club Natación Pabellón Ourense acadou 21 medallas na categoría absoluta mozo

Marc Ciurana dá a badalada

Breogán Rodríguez, que foi o mellor clasificado do equipo na posición número 13 da proba de 50 obstácu-los, na que tamén compe-tiron David Paredes, Pablo Serrano e Carla Rodríguez.

En categoría infantil Uxía Conde Fuentefría e Samuel Quintas quedaron na meta-de da táboa na proba de �5 rescate de maniquí. Pola súa banda, entre os cadetes,

Lucía Serrano mellorou os seus resultados no que vai de liga coa súa parti-cipación na proba de 75 metros combinada.

En canto á categoría dos maiores, Julio Iglesias e Jesús Carlos Quintas, que participaron en 100 me-tros combinada e 100 me-tros recate de maniquí con aletas, realizaron unha boa actuación. Asema-de, en categoría feminina Cristina García Colomo, que debutaba nesta com-petición, deu a sorpresa converténdose na mellor ourensá da xornada co posto undécimo nos 100 metros rescate con aletas e no 1�º na proba de �00 metros obstáculos.

Cuarta xornadaA cuarta xornada de liga

disputarase na piscina mu-nicipal de Arteixo o vin-deiro 1� de xaneiro. Nela daranse cita os mellores clubs de Galicia desta disciplina en categorías infantil, cadete, xuvenil, júnior e sénior. O Salvour buscará unha notable ac-tuación.

Cristina García Colomo -en primeiro plano- na saída da proba dos 100 m rescate aletas.

García Colomo foi 11º en 100 metros rescate con aletas e 12º en 200 metros obstáculos

Page 7: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

7VOLEIBOL

40 rapaces déronse cita na II Concentración de Nadal4 Unha iniciativa que busca fomentar o com-pañeirismo entre nenos de diversas idades.

O Dompa Gestión Ourense, na I Copa de España cadete4 Cunha gran actuación que permitiu ás xogadoras adqui-rir experiencia. Redacción

O Club Voleibol San Martiño acaba de regre-sar de Guadalajara despois de participar na I Copa de España celebrada nas ca-tegorías infantil e cadete, competición na que o club inscribiu ao equipo cadete feminino “Dompa Gestión Ourense”, para que as xoga-doras colleran experiencia en torneos nacionais, cunha valoración moi positiva.

Nesta primeira edición da copa, con máis de 1.000 deportistas e 69 equipos, o Dompa quedou incluido no Grupo A dentro do cadro Preferente Cadete Femeni-

no, e tivo como rivais aos equipos de Almería, Alca-lá e Canarias.

Na clasificación da pri-meira fase, o Dompa re-matou terceiro do grupo, aínda que pola diferencia mínima dun set non pui-do optar a pelexar polo 5º posto da Copa, quedando deste xeito emparellado contra o Salesianos Gua-dalajara, co que perdeu por 0-� (13-�5 e 18-�5). O último partido foi contra o potente Arona de Tenerife, que se decidiría tamén por 0-� (1�-�5 e �0-�5), rema-tando o Dompa Gestión Ourense o torneo nunha meritoria 1�ª praza.

Redacción

O �6 de decembro cele-brouse no pavillón universi-tario a II Concentración de Nadal de voleibol, na que participaron uns 40 nenos de todas as idades. Proce-dían dos equipos do colexio Concepción Arenal; do equipo Burgas - IES Alla-riz cadete, do equipo xuve-nil da Purísima; do equipo

infantil masculino, cadete masculino e xuvenil mascu-lino Asesores Vila Castro - Burgas Voleibol; da escola alevín e benxamín do Paco Paz; e da escola universita-ria do campus de Ourense.

Esta competición tiña como obxectivo que os máis pequenos puidesen xogar cos maiores para que os primeiros se motivasen e os segundos tivesen a

Concentración de Nadal de voleibol./A.VÁZQUEZ CABANO.

oportunidade de achegarlle a súa experiencia ás novas promesas.

A diversión e o fomento do compañeirismo foron as únicas metas dunha proba que procuraba unha xorna-da na que rapaces de todas as idades practicasen o de-porte que máis lles gusta.

Xogadoras do Dompa Gestión.

Page 8: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

8 BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

BALONCESTO

Redacción

O pavillón dos Reme-dios acolleu o pasado 4 de xaneiro o Torneo de Nadal en categoría infantil de ba-loncesto, organizado polo ABO, no que finalmente participaron cinco conxun-tos: BBC Liceo Casino (Vi-lagarcía de Arousa), Marín Peixefresco, CB Tui, 6 do Nadal (Vigo) e Ourense Capital Termal.

Desde as 10.30 horas dis-putouse na pista do anexo do pavillón ourensán unha liguiña na que os equipos se enfrontaron todos contra to-

dos, obtendo pleno de vi-torias o CB Tui, e quedan-do en segunda posición con tan só unha derrota o BBC Liceo Casino.

FinalDespois de concursos

de tiro, xa na pista central dos Remedios en horario de tarde, disputouse a fi-nal entre os equipos CB Tui e BBC Liceo Casino. Un choque no que se pro-calmou vencedor o equipo de Vilagarcía de Arousa, que deste xeito se adxu-dicou o Torneo Infantil de Nadal ABO.

Liceo Casino vence no Torneo Infantil de Nadal ABO4 A competición disputouse no pavillón dos Remedios o pasado 4 de xaneiro.

Mar Ahijado defendendo as cores do Codigalco Carmelitas (o seu último equipo en LF2) nun encontro ante o Pabellón Ourense./ARQUIVO

Mar Ahijado volta ao Pabellón4 A cántabra regresa ao conxunto ourensán seis anos des-pois de deixar as súas filas, e faino para achegar a experiencia dunha das xogadoras máis veteranas da Liga Feminina 2. Redacción

O Pabellón Ourense vol-ta das vacacións de Nadal coas pilas cargadas e al-gunha que outra cara nova no seu banco. Aínda que para os seus fieis serareiros de novidade non ten nada. O conxunto ourensán vén de recuperar a Mar Ahija-do, a pívot cántabra que xa militou nas filas deste equi-po durante tres tempadas fai seis anos, pasando de seguido a defender as cores doutro conxunto ourensán, o Codigalco Carmelitas.

Pero se algo ten Ahijado é experiencia, 17� partidos xogados en Liga Femini-na � convértena nunha das veteranas da categoría, e iso é, precisamente, o que aportará a un Pabellón que este ano está cargado de xo-gadoras moi novas.

O técnico ourensán, Benxamín Rodríguez, móstrase moi satisfeito coa súa chegada. “É unha boa noticia para nós, xa que é unha xogadora que coñece a competición e ao noso club, e pode aportarnos moitas cousas. En pouco tempo dará moi bos resul-tados”, asegurou. “A súa experiencia na categoría era precisamente o que bus-cabamos, unha xogadora e puidera chegar e poñerse a traballar, sen ter que estar preparándoa”, engadíu.

Defender e coller rebotes

son os puntos fortes desta in-corporación, á que Rodríguez agarda que se lle sume outra xogadora nacional, pero aín-da tardará. “Estamos nego-ciando outra fichaxe, pero as limitacións son as que son. Tiñamos unha case pechada e hoxe (xoves 9 de xaneiro) veuse abaixo, así que hai que comezar de novo. Pero agar-damos conseguir algunha máis”, explicou o técnico.

Próxima xornadaEste sábado 11 de xanei-

ro, día do debut de Ahijado, o Pabellón Ourense visita-rá ao Café Barco GBP, un conxunto de características moi similares ás súas, o que

O concelleiro de Deportes, Alfonso Vilachá, cun dos equipos participantes no torneo.

o converten nun rival, a prio-ri, asequible.

Logo de medirse cos tres grandes do grupo (Al-Qáze-res, Ensino e Ferrol) e contar estes choques por derrotas, chega o momento de que o conxunto pavillonista tome aire e demostre de todo o que é capaz, xogando de ti a ti cos equipos cos que se pelexa polos postos centrais da táboa.

Neste choque contra o Café Barco dúas serán as grandes protagonistas. Do lado ourensán estará Claudia Aponte, que neste momento (a pesar da súa xuventude e de ser o seu primeiro ano no Pabellón) é unha xogadora

referente no equipo, dispu-tando os encontros íntegros e levando o peso do xogo. Pola banda do Barco, sen dúbida, haberá que estar moi penden-tes de María José Bolonio, ex pavillonista, que militou no equipo ourensán nas últimas tempadas realizando no mes-mo un labor tan chave como a de Aponte este ano. Será unha loita entre a experiencia e a xuventude, a sabiduría e a enerxía.

O sábado 11 de xaneiro o Pabellón Ourense visitará ao Café Barco GBP

Page 9: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

9BALONCESTO

R. Torres

As novas fichaxes do Ourense Termal - Club Ourense Baloncesto, Ryan Zamroz e Ronaldas Ru-tkauskas, debutarán co conxunto ourensán diante da súa afección o sábado 11 de xaneiro. O encon-tro terá lugar a partir das 18.00 horas e diante esta-rá un dos favoritos ao as-

censo, o Ford Burgos. Os dous xogadores substitúen a Julio González e Roberto Morentin, que actualmente están lesionados.

A directiva ourensá pre-tendía adiantar o encontro á xornada do venres, pero ante a negativa do conxunto castelán tívose que confor-mar con pedir que se dis-putara unha hora do hora-rio previsto. A Federación aceptou este novo horario e, por iso, o encontro será ás seis da tarde, en vez das sete coma estaba planifi-cado inicialmente.

DebutantesTanto Zamroz coma Ru-

tkauskas xa disputaron co

COB dous encontros, pero os dous lonxe do Pazo dos Deportes Paco Paz. O pri-meiro deles foi contra o Leyma Coruña na capital herculina. Os coruñeses chegaban á cita (última xornada da primeira volta) como un dos catro líderes da LEB Ouro e con posi-bilidades de participar na Copa Príncipe; pola súa banda, o COB aterraba na Coruña coma un dos peores equipos da compe-tición, con tres vitorias no seu casilleiro. Non obstan-te, os ourensáns nun dos mellores partidos no que levamos de tempada lo-graron unha importantísi-ma vitoria para rematar o

ano e a primeira volta cun bo sabor de boca. Zamroz anotou oito puntos en �4 minutos, e Rutkauskas sete en 17 minutos.

Logo chegaría a viaxe a Andorra, e nin os novos se salvaron nse da heca-tombe do partido, tendo a súa máxima expresión no segundo tempo. Derrota por 30 puntos de diferenza (84-54) e co xogador con pasaporte italiano (Ryan Zamroz) con 11 puntos e o lituano con sete rebo-tes. Na primeira metade, o base Pedro Rivero de-mostrou a súa calidade, pero no segundo tempo diluíuse coma o resto dos compañeiros.

BurgosA principios de tempa-

da, o Burgos era, xunto co Andorra, un dos máximos favoritos a ocupar as dúas prazas de ascenso a ACB. Pero o certo é que tras 14 xornadas os burgaleses ocupan a sexta praza con nove vitorias e cinco de-rrotas.

Nas filas do Ford Burgos están xogadores contrasta-dos coma Taylor Coppen-rath, Román Bas e Albert Sabat, entre outros. A par-ticipación do pívot serbio Nemanja Milosevic está no aire. O club está pen-dente de que se resolva o

Zamroz e Rutkauskas debutan este sábado no Pazo4 Será a partir das 18 horas contra o Burgos.

conflito, por iso esperan que o Consello Superior de Deportes resolva a li-cenza do pívot antes do enfrontamento contra o Ourense Termal.

Os xogadores ourensáns teñen que dar un novo paso cara adiante e lograr unha vitoria que sería a segun-da no Paco Paz desde que comezou a tempada (a pri-meira foi contra o filial do FC Barcelona). Para iso, deberán mostrar unha me-llor imaxe xogadores coma Jonathan Kale, do que se esperaba moito máis, ou Carter, quen sufriu unha involución nas últimas

xornadas. Outros xogado-res, Rivero e Huertas, son sobre os que se sustenta o equipo polo que teñen que mostrar unha maior regu-laridade en todos os minu-tos que estean na cancha. O resto está para sumar e non restar se se quere deixar de coquetear cos postos de descenso.

Pedro Rivero penetrando a canastra no partido o FC Barcelonva B./RAMSÉS

Riley Luettguerodt machacando a canastra rival./RAMSÉS

Ambos xogadores xa disputaron dous encontros nas filas do COB, pero sempre lonxe de Ourense

O Burgos ocupa neste intre a sexta praza. A comezo de liga era dos favoritos ao ascenso a ACB

Page 10: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

10 BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

BTT / ARTES MARCIAIS

Diego Álvarez durante a súa proba de sable do norte.

Redacción

Os ciclistas do Club Ci-clista Maceda Iván Feijoo e Xiana Conde lideraron o ranking galego de ciclocross �013 nas categorías cadete e júnior, respectivamente.

A pasada fin de semana celebrouse en Domaio a úl-tima proba da tempada gale-ga de ciclocross despois da disputa de 10 probas.

Iván Feijoo era o mellor cadete logo de vencer en todas as probas do calenda-rio. Román Saa era terceiro na mesma categoría. Xiana Conde facíase co ránking de mellor júnior galega tras unha tempada pragada de vitorias.

Outros ciclistasRaúl González foi tercei-

ro en júnior masculino; Saúl

Exames no ArtaiO �1 de decembro nas instalacións do pavillón municipal dos Remedios celebráronse

os exames de de kungfu infantil para os alumnos da escola Artai de artes marciais. Esta-ban convocados 130 alumnos de 4 a 18 anos.

Nos exames os deportitas demostraron un bo coñecemento das diversas habilidades requeridas para o seu grao, como a boa execución técnica.

López, terceiro en sub �3 e Xulio Conde, terceiro en M40.

DomaioEn Domaio, amais da vi-

toria de Feijoo e o terceiro posto de Conde (primeira júnior), tamén coparon po-dio os ourensáns: Raúl Gon-zález, terceiro, e Saúl Ló-pez, segundo entre os sub�3 (quinto no cómputo global).

DumbríaEn Dumbría acadaron os

macedáns un total de cinco vitorias. Iván Feijoo, como en cada proba, era primeiro en cadete; Román Saa fina-lizaba sexto. En sub�3, Saúl López remataba terceiro; o vencedor desta carreira era o macedán do equipo francés BH Suntour, Pablo Rodríguez. Raúl González

era segundo e Xiana Conde terceira, en júnior masculino e feminino respectivamente. O último podio chegaba na categoría de máster 50, por mediación de José Manuel González.

Marín e PorriñoAntes de Nadal celebrá-

ronse as competicións de Marín e Porriño, con outra exhibición dos ciclistas do CC Maceda.

No XI Trofeo Ria de Ma-rín, Iván Feijoo non daba opción aos seus rivais, sen-do Román Saa terceiro. Xia-na Conde, seguindo a estela de Feijoo, gañaba en júnior, mentres que Raúl González era terceiro en homes. O Sub �3, Saúl López subía ao terceiro caixón do podio.

En Porriño celebrouse o XXXVII Trofeo Vila de Louro. Iván Feijoo era o pri-meiro cadete e Román Saa o cuarto. Pola súa banda, Xiana Conde era segunda en féminas júnior o mesmo que

Os ourensáns Iván Feijoo e Xiana Conde, os mellores de Galicia4 En cadete e júnior de BTT, respectivamente.

Iván Feijoo no alto do podio galego da categoría cadete.

Raúl González en homes. Saúl López era segundo en sub�3.

Xiana Conde, a mellor ciclista júnior de Galicia.

R.T.

O Ourense B e Barco dan a cara na Rexional Preferente. Pola contra, o Meliás ocupa a última posición no grupo sur da Rexional Preferente.

Despois da disputa da xornada número 19 o CD Barco ocupa a terceira posición (promoción dos terceiros clasificados) e o CD Ourense B é cuarto (promoción dos cuartos clasificados). Os do orien-te ourensán lograron unha vitoria a domicilio contra o Lalín (0-3), mentres que filial rojillo desfacíase na casa do Atios (3-1).

Quen non está a atra-vesar un bo momento é o terceiro conxunto ouren-

sán da Rexional Preferen-te, o Meliás. Os de Pereiro de Aguiar veñen de caer derrotados (3-�) contra o Pontevedra B e ocupan o derradeiro posto na táboa clasificatoria.

Barco e Ourense B están cos mesmos puntos (3�) e sitúanse a cinco do líder Ribadumia (37). O Meliás ten 13 e está a seis da sal-vación.

Vindeira xornadaNa xornada �0 enfróntan-

se CD Ourense B e CD Bar-co no derbi máis apaixoante, no que loitarán pola terceira praza, e incluso pola segun-da se o Sanxenxo perde o seu encontro contra o lider, Ribadumia. O Meliás visita o campo do Lalín.

Ourense B e Barco dan a cara4 O Meliás é último na Rexio-nal Preferente.

Page 11: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

11FÚTBOL

Laura Fernández n./RAMSÉS

R. Torres

O CD Ourense perdoa na Copa Federación nun cam-po impracticable; 1-0 é a renda coa que os de Luisito terán que xogar o partido de volta. O Ourense malogrou a oportunidade de deixar totalmente encarrilada a eli-minatoria de oitavos de final contra o Marino de Luanco. Nada máis sair ao terreo de xogo os ourensáns decidiron que serían os que levarían o control do encontro.

Antes do gol local, os vi-sitantes asustaron á pouca afluencia de público que acudiu ao primeiro asalto dos oitavos de final da Copa. Un balón que sae rozando o pao defendido por Manu Táboas e uns minutos máis tarde, Capi ten que despexar unha xogada na que o es-férico merodeu sen dono a escasos centímetros da liña de gol.

Os últimos minutos da primeira metade foron no-vamente para os rojillos e unha xogada de Javi Her-nández foi a antesala do gol. No 38, Dani Portela remata de cabeza un córner coándo-se nas redes visitantes. 1-0 e o Ourense collía vantaxe na eliminatoria. Sen máis, chegaríase ao final dos 45 minutos.

O Marino tentaría, nos primeiros minutos do segun-

do período, un empate que non chegaría. Súas foron as primeiras ocasións deste se-gundo acto pero a defensa e Manu Táboas desbarataban todas as accións visitantes.

Os cambios de Luisito non variaban o esquema táctico e facíaos posto por posto agás no Adrián Cruz por Noguerol, no que o téc-nico de Teo buscaba máis control na zona ancha do campo. Os outros dous cambios foron o de Gustavo

O CDO perdoa na Copa Federación nun Couto impracticable4 1-0 é a renda dos de Luisito para o partido de volta.

Souto por Javi Hernández e Moisés por Capi.

A volta, en dúas semanasAta o final as ocasións

máis claras estiveron do lado dos da cidade das Bur-gas. Borja Valle coa porta-ría para el só lanza o balón por enriba do longueiro. Anteriormente un posi-ble penalti sobre o mesmo xogador que o árbitro non decretou podía deixar unha renda maior de cara á vol-

ta, a disputar en menos de dúas semanas en terras as-turianas.

Antes do pitido final, no-vamente Borja Valle e Gus-tavo Souto tiveron outra oportunidade de golear, pero as pernas xa non po-dían máis nun campo que volve ás andadas despois de ser reparado fai poucas da-tas. Un problema máis para Luisito de cara a afrontar a segunda volta da competi-ción.

O Ourense ten un difícil encontro na xornada nú-mero �1 do grupo primeiro da Segunda División B. O rival será un Celta B que vén de golear na anterior xornada á UD Logroñés por 4-0.

Os vigueses ocupan a 13ª posición con �4 pun-tos, a tres da promoción de permanencia e a sete do descenso directo. Nove postos máis enriba e oito puntos máis é o que ten o CD Ourense de vantaxe co conxunto filial.

A pesar da diferen-za non será un encontro sinxelo para os rojillos. Por unha banda está o terreo de xogo que non axuda ao esquema táctico que quere implantar o téc-nico ourensán; e pola outra

4 O Celta B, próximo escollo do Ourense en Liga

Redacción

O Barbadás comeza o ano con vitoria no partido que era o comezo da se-gunda volta. A UD Barba-dás sumou unha importan-te vitoria contra o Vilalbés que o asenta na zona tran-quila da clasificación.

Na primeira metade os dous equipos buscaban con ansiedade a portaría rival sen acerto en ambas as dúas escadras. A oca-sión máis clara sairía das botas de Nacho Currás, pero o seu remate atopa-ríase co pao tras unha se-rie de rexeites nun saque de esquina.

Non sería ata ben entra-da a segunda metade cando chegarían os goles. A falta de 15 minutos, Moisés Pe-reiro, de cabeza lograba o un a cero. A dous do final, Alfredo certificaba a vitoria azulona co segundo tanto do Barbadás. Primeira vi-toria do ano nos Carrís e o equipo adestrado por Jor-ge Regal aséntase na zona tranquila da táboa (noveno) con 30 puntos.

O conxunto ourensán está a sete puntos da promoción de ascenso e 11 por enriba do descenso.

Na vindeira xornada, en-fróntase ao pechancacelas, o Grixoa, no campo deste.

O Barbadás comeza o ano con vitoria4 No inicio da segunda volta.

banda, encontraranse a un rival impredecible, do que calquera cousa se pode es-perar.

Sobre o céspede Lui-sito xa se pronunciou e “non quero volver a falar do tema”, pero é evidente que o cabreo continúa ins-talado nel.

Resto da xornadaOutros encontros des-

tacados da xornada serán os que disputen o Rá-cing de Santander no campo do Avilés; os asturianos non que-ren perder a estela da promoción e os santanderi-nos -logo dun-ha semana moi convul-sa na Copa

do Rei- querera afian-zarse no primeiro pos-to. O Guijuelo recibirá á Cultural e Deportiva

Leonesa nun e n c o n t r o ,

a priori, sinxelo

para os sal-manti-nos. O

R á c i n g de Ferrol

visitará ao UD Logro-

ñés. E o Ovie-

do desprázase a Noja para xogar co

pechacancelas.

Page 12: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

1� BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013 FÚTBOL SALA

En Liga Provincial, La Bull vén de vencer 8 a 5 ao Cidade de Ourense

Primeira División FSF - 12ª xornada

Posto Equipo Puntos1º At. Madrid 31 �º Burela 31 3º Alcorcón 314º Alicante ��5º Gironella �06º Roldán 197º Amarelle 188º Rioja 169º Ponte Ourense 1510º Poio 1411º Móstoles 1� 12º Cidade As Burgas 1413º Orvina 914º Soto del Real 815º Ferrol 8 16º Vallirana 3

4 Xornada 13 - 11 de xaneiroOrvina - AlicanteGironella - BurelaPonte Ourense - At. de MadridSoto del Real - FerrolAlcorcón - Cidade As BurgasPoio - ValliranaRoldán - RiojaAmarelle - Móstoles

4 Xornada 14 - 18 de xaneiroAt. de Madrid - RoldánCidade As Burgas - Soto del RealMóstoles - Ponte OurenseRioja - PoioBurela - OrvinaAlicante - AlcorcónAmarelle - FerrolVallirana - Gironella

O Ponte examínase contra o líder4 O Atlético de Madrid visita Ourense nesta xornada.R. Torres

O Ponte Ourense examí-nase contra o líder, Atlético de Madrid. O partido terá lugar o sábado 11 de xanei-ro a partir das 17 horas na cancha central do pavillón dos Remedios. As de Óscar Vivián deberán demostrar que a súa tendencia posi-tiva das últimas xornadas non é un espellismo. Para iso, enfróntanse ao rival máis complicado, un líder que leva un partido menos (fáltalle por xogar un parti-do aprazado contra o Mós-toles) e que tan só cedeu un empate no que vai de cam-pionato.

Este partido demostra-rá que a tardía chegada de Vivián fai que non poidan loitar polo título, ou ben revelará que o Ponte é un

gran equipo pero que está un chanzo por debaixo dos seus rivais para loitar polo título.

ParónO parón pode que benefi-

cie ás ourensás. As madrile-ñas ían a toda máquina cara ao título e este descanso pode facer que se relaxen ou que perdan parte da con-centración. Improbable se temos en conta que nas súas filas conta con xogadoras coma a porteira Belén ou as xogadoras de campo Leti, Anita Luján e Ju Delgado entre moitas outras, que fan que o Atlético de Madrid sexa o mellor conxunto, coma equipo, da Primeira División.

Pola súa banda, o Ponte Ourense aproveitou este parón para apuntalar as

Brasil sabe gañar as finais4 Venceu a España na final do torneo internacional.R.T.

A selección de Brasil sabe gañar as finais, o que fai que sexa tetracampioa do torneo internacional de fútbol sala. Nesta cuarta edición venceu a España por un gol a dous.

As españolas comeza-ron dominando o envite, e Ampi (en primeira instan-cia) e Isa García estiveron a piques de dar a primei-ra vantaxe ao combinado español. Pola contra, foi Brasil quen se adiantaría no marcador con gol de Ju Delgado. Con este resul-tado, remataría a primeira metade e discorrería gran parte do segundo período a pesar do dominio das

Redacción

Despois do parón de Nadal reanúdase a com-petición de fútbol sala en todas as categorías da provincia. O 4 de xaneiro xa se celebraron partidos da Liga Provincial Mas-culina e da Liga local do Carballiño, así como o partido de Liga Provincial Femenina entre os equipos Xinzo e Carballiño.

O máis destacado da Provincial foi o encontro entre La Bull e o Cidade de Ourense, con vitoria

brasileiras e algunha que outra ocasión española. Ata que a seis minutos do final Vanessa, en propia porta, devolvía as táboas ao elec-trónico.

Os minutos finais eran moi emocionantes e o par-tido podíase decantar para calquera dos dous lados. A dous do final, un disparo de Tatiana dá no corpo de Itu o que fixo que se desviara a traxectoria do esférico e en-trara na portaría de España. Nos últimos instantes, as de Venancio López non foron quen de igualar o marcador, e Brasil facíase cun novo título. O cuarto en catro edicións. España lograba por segunda vez o subcam-pionato.

por 8-5 para os primeiros. Un partido moi igualado que chegou ao descanso con 3-� a favor de La Bull.

Na segunda parte, púxose por diante (3-4) o Cidade de Ourense, o cal aguantou pouco tempo este resultado xa que unha gran reacción puxo o resultado de 6-4 a favor da Bull. O Cidade de Ourense arriscou co xogo de cinco, reducindo o mar-cador pero non conseguiu igualalo. La Bull logrou o resultado final ao conseguir dous tantos máis en sendos roubos de balón.

Reanúdase a competición 4 En todas as categorías da provincia.

En XogoDestacada foi a vitoria

do Bar En Xogo / Karlaska diante do Barbadás, 5-7, o que fai que suba á cuarta posición, a dous puntos do segundo.

Vindeira xornadaNa vindeira xornada, o

partido máis destacado da Provincial é o que enfron-ta ao Sporting Manzaneda contra o Barbadás na loita pola segunda posición. Por evitar o descenso é salienta-ble o partido entre o Bar O Retiro e o Café Bar Piorno.No grupo A da Liga Local destaca o Vistahermosa - Pub Night.

ideas do novo adestrador de cara a ascender posicións na táboa clasificatoria, e tentar estar entre os catro primeiros equipos a final de tempada. Esta circunstacia faría que as albinegras dis-putasen a Copa de España (este ano reducíuse a catro equipos na fase final).

Xornada 13A xornada número 13 ta-

mén depara o duelo entre o

quinto e o segundo clasi-ficado, Gironella e Bure-la. As lucenses deberán lograr a vitoria para non perder a estela do líder.

Drica fronte a Anita Luján no encontro entre Ponte e At-lético de Madrid da pasada tempada. /ARQUIVO.

O partido é o sábado 11, ás 17 horas, na central dos Remedios

Page 13: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

13FÚTBOL SALA

Sonia Pacios loita polo balón no último partido de 2013 no que o Cidade gañou ao Orvina. /ARQUIVO.

R. Torres

Partido complicado para o Cidade As Burgas que reanuda a competición, tra-lo parón navideño, contra o Alcorcón. As alfareiras ocupan a terceira posición da Liga na Primeira Divi-sión de fútbol sala, empa-tadas co Burela (segundo) e co Atlético de Madrid. Os tres conxuntos teñen 31 puntos aínda que o At. de Madrid conta cun partido menos, o que o enfrontará ao Móstoles.

As pupilas de Manolo Codeso son undécimas con 14 puntos, seis máis que a zona de descenso; polo que non chegan a Madrid coa necesidade imperiosa de puntuar. Aínda así, unha vitoria faría que as ourensás certificarán o bo estado de forma que tiñan antes de que rematara o ano pasado. Neste primeiro partido de �014 será unha incógnita,

ata o propio día do encon-tro, ver se continúan en liña ascendente. A xogadoras coma Iria Saeta pode ser que este descanso lle viñera ben para recuperarse total-mente da lesión muscular que sufrira durante a pre-tempada.

Equipo compactoO Alcorcón é un conxun-

to no que non resalta nin-gunha xogadora sobre as demais, pero que si logrou crear un equipo ao que é difícil dobregar. Se cabe, a porteira Ana Tamayo é a máis destacada xa que foi internacional coa selección española, malia este ano re-pártese os minutos coa súa compañeira Miriam Rodrí-guez. A ala Dessiré Jiménez é a máxima goleadoras das amarelas. No seu casilleiro leva nove dos 44 tantos do Alcorcón. O resto de xo-gadoras teñen a calidade suficiente para estar, por

méritos propios, na terceira posición.

O Cidade deberá zafarse da presión que fan a toda cancha as madrileñas, para poder lograr algo positivo deste enfrontamento. Para iso, necesitarán da visión de Sonia Pacios e do des-marque de Vanessa Sotelo,

O Cidade As Burgas visita ao Alcorcón4 As alfareiras marchan terceiras na Liga.

Redacción

Catro ourensás forma-rán parte da selección ga-lega sub �1 que disputará a fase final do Campio-nato de España de fútbol sala feminino no mes de marzo. As seleccións cla-sificadas son as de Gali-cia, Cataluña, Comunida-de Valenciana e Madrid, tras superar a pasada fin de semana a fase previa celebrada no País Vasco.

Forman parte do com-binado galego a xogado-ra do Ponte Ourense Ana Rivera, e as xogadoras do Cidade As Burgas María Romero, Vanessa Sotelo e Ana López.

As ourensás conforman a columna vertebral do conxunto galego. Seus fo-ron máis da metade dos �4 goles que marcaron na fase previa.

Galicia acadou o billete para á fase final despois de quedar primeira de grupo ao vencer con comodidade a Cantabria e País Vasco. Cataluña, como segunda clasificada tamén accede á fase final. Semifinais e final do campionato disputaranse seguramente en Cataluña, na segunda fin de semana de marzo. Comunidade Va-lenciana, vixente campioa, será a rival das galegas; na outra semifinal mediranse Cataluña e Madrid.

A selección galega sub 21 conta con catro ourensás4 A fase final do Campiona-to de España disputarase no mes de marzo.

quen a priori serán peza chave para o Cidade neste partido.

As de Manolo Codeso son undécimas con 14 puntos, 6 por riba do descenso

Page 14: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

14 BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

POLIDEPORTIVO

Redacción

Esta fin de semana reanúdase a competi-ción na Terceira Divi-sión Nacional do tenis de mesa. Esta xornada, a número 10, depara o en-frontamento entre o A.D. Vincios - A Pasaxe e o Galmédica Ourense; ou o que é o mesmo, o ter-ceiro clasificado contra o segundo. Se vencen os de Gondomar ascenderían ata a segunda posición, e se gañan os ourensáns afianzaríanse nesa segun-

Redacción

Preto de �0 parellas par-ticiparon no Torneo Infantil organizado polo Club P�1 en colaboración con Amen-cer, que recadaba alimentos para as familias máis necesi-tadas dentro da “Operación Quilo”.

As dúas categorías oferta-das, alevín e júnior, reuniron aos mellores do pádel in-fantil provincial. Golpes de gran calidade e parellas moi competitivas vistas nesta competición auguran un fu-turo moi prometedor para o

Redacción

Os días �6 e �7 de de-cembro celebrouse en Sa-lesianos o XIII �4 horas de fútbol sala Nadal.

Participaron �0 equi-pos organizados en catro grupos de cinco equipos cada un, xogando cada grupo unha liguiña de to-dos contra todos. Os dous mellores de cada grupo clasificáronse para cuartos de final. Tralos cuartos e as semifinais chegouse ata a final, na que se mediron o Full de Estambull e Aston Birra, resultando gañador

pádel ourensán.Pero ante todo, foi unha

fin de semana de solidarie-

este último.

Torneo 5x5 baloncesto de Reis

A Asociación Xuvenil Amencer, en colaboración coa Asociación Deportiva Bosco, organizou o luns 6, día de Reis, un torneo de baloncesto no pavillón cuberto do colexio sale-siano, no que participaron un total de cinco equipos. Houbo unha única cate-goría, xogando unha liga cunha convocatoria de semifinal e final. O equipo gañador foi Chaquakitas Novoméxico.

O pádel máis solidario4 O II Torneo Infantil de padel congregou aos mellores xogadores alevíns e júniors da provin-cia de Ourense.

da praza. O Galmédica é segundo

con 14 puntos, mentres que o Vincios - A pasaxe mar-cha terceiro con 1�.

O líder da competición, o Helios Car Lunas, ten un sinxelo desprazamento a terras cambadesas para vi-sitar ao Joyería Enrique.

Primeira voltaA primeira volta péchase

a vindeira fin de semana do 18 de xaneiro. Nesa ocasión os ourensáns recibirán no Paco Paz ao Chinelas T.M., quinto clasificado.

24 horas de fútbol sala en Nadal4 O Aston Birra foi o gaña-dor desta edición.

Segundo contra terceiro4 O Galmédica visita a can-cha do Vincios - A Pasaxe.

Os Remedios conta con prezos especiais para parados de longa duración e abonados multiservicio

Redacción

Coa chegada do novo ano chegan tamén novi-dades na oferta deportiva do pavillón municipal dos Remedios. Unha delas é relativa aos cursos de nata-ción para nenos, que agora os poden realizar de xeito intensivo ou dous días á semana durante dous me-ses. Así mesmo, o Conse-llo Municipal de Deportes quere adaptar as súas pro-postas ao peto dos veciños, por iso ofrece un carné bonificado para os parados de longa duración e pre-zos especiais aos que se abonen a varios servizos. Ademais, estableceron no-vas taxas por trimestre, natural e mensual, para todas as categorías; e tarifa mensual para adulto de 30 euros. Por último, tamén queren incentivar as acti-vidades en grupo, por iso ofertan abonamentos espe-ciais para colectivos.

ActividadesNatación, musculación,

aeróbic, step ou sauna son algunhas das actividades que oferta o pavillón dos

Remedios ao longo de todo o ano. E para inscri-birse nelas os usuarios po-den facelo con diferentes bonos que van dende o se-manal ata o que inclúe os 365 días, diferenciando en función do número e tipo de actividades que desexe realizar.

Así mesmo, ofrece pre-zos diversos para usuarios individuais (sexan nenos ou adultos) e familias.

Máis informaciónPolo tanto, este �014

non hai excusa para non poñerse en forma e elimi-nar todos eses excesos da comidas e ceas navideñas.

Os interesados poden ob-ter información completa no pavillón dos Remedios, no teléfono 988 370 539, no mail [email protected] ou na web www.de-portesourense.es.

Estrea ano con deporte e saúde4 O pavillón dos Remedios oferta actividades para todos, con amplitude de prezos.

dade, na que ademais de di-vertirse practicando deporte os participantes puxeron to-

dos o seu graniño de area para tender a man aos que menos teñen, achegando un quilo de alimentos non perecedoiros.

Este torneo de pádel colaborou coa “Operación Quilo”

Nesta edición 2013 participaron 20 parellas de xogadores.

Rapaces participantes nun torneo anterior de Amencer.

Page 15: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013

15

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 25. Recetario sa-zonado do deporte base.

Existen unhas obriga-cións deportivas que os futuros deportistas deben coñecer e aplicar durante o seu proceso de ensino-aprendizaxe. Estes man-damentos repasan a súa traxectoria deportiva:

1º.- Que o mozo deportis-ta aprenda gozando. Canto máis xogo, maior progre-sión. Practica deporte para ser feliz.

2º.- Que o mozo xogador progrese paso a paso, sen présas, con naturalidade, con firmeza e moderación.

3º.- O xogo limpo ha de tomar protagonismo en todo momento, dignifíca-che a ti e ao teu equipo. O deporte non é violencia, se-nón habilidade.

4º.- En calquera deporte non hai inimigos, só opo-ñentes. O respecto, a todos e a todo. Trata a contrario como che gustaría que che tratasen a ti.

5º.- Que todos os xogado-res teñan as mesmas posibi-lidades de xogar.

6º.- Os pais han de acep-tar que o deporte é un xogo. Sede comprensivos. Desde a bancada todo pa-rece máis fácil.

7º.- Como ser humano estás no teu xusto dereito de equivocarte, o árbitro tamén é un ser humano.

8º.- Os insultos non in-crementan o marcador. Degradan ao que os pro-nuncia e avergoñan aos compañeiros.

9º.- O traballo e a cons-tancia diario faranche crecer como acode e xo-gador. Canto mellor per-soa, mellor xogador.

10º.- Aprende a gañar e perder. Has de aceptalo e felicitar ao adversario.

11º.- Non se pode xogar sen ilusión, é o motor da vida. Tes que aniquilar ou desterrar á preguiza, á desgana, ao aburrimento e á soberbia.

12º.- O teu derrube ou declive empezará o día en que penses que o sabes todo.

13º.- No deporte que sexa, compítese desde o primeiro día.

14º.- O deporte é un medio para a mellora per-soal e calidade de vida.

15º.- Que teñas dereito a non gañar, xa que non é o máis importante.

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de

Ourense e entrenador

Deporte e realidade (XXVII)

Alfonso Vilachá.

“Non se pode xogar sen ilusión, é o motor da vida”

4TRIBUNA ABERTA

Cando fomos deuses (IV)

6ª Xornada.C.D. Ourense 3 – 0

Arousa S.C.Un novo triunfo cómodo

onde destacan dous aspec-tos, por parte do Ourense a non consecución de nin-gún gol por parte de Pa-taco, e do Arousa o perder o seu primeiro partido da tempada. O primeiro tanto, único da primeira parte, obra de Seara nun tiro seco e duro a pase de Cortés nun encontro sen complicacións para os rojillos. Xa na segunda, Cortés a pase de Pataco, logra o segundo aos oito minutos e a falla de vin-te minutos Túnez desde o borde da área remata o triunfo local.

Neses anos a Terceira división estaba composta por quince grupos, pola súa banda a segunda es-taba composta por dous grupos, cada un destes de dezaseis equipos. Pero iso ía cambiar xa que habe-ría unha remodelación da división de prata tras re-matar a liga para deixala nun único grupo de vinte clubs. Isto supuña que des-cenderían directamente os

oito últimos de cada grupo. As quendas de ascenso di-vidíanse en promoción de campións, onde os equipos que remataban primeiros de cada grupo loitaban por catro prazas en Segunda; e promoción de permanencia, onde os segundos clasifica-dos e os equipos de Segun-da en postos de promoción de descenso loitaban por outras catro prazas. Para acadar a nova estrutura os dous sétimos e oitavos entrarían na promoción de permanencia cos segundos clasificados de Terceira, polo que ser primeiros de grupo resultaba vital para ter máis opcións de as-censo. De feito dos catro equipos de segunda invo-lucrados nesta fase só un, o Atl. Ceuta, descendería, conservando a praza na ca-tegoría os outros tres, entre eles o Racing do Ferrol. O único equipo de Terceira ascendido sería o Xerez In-dustrial, do grupo doce. Ser primeiro polo tanto supuña evitar equipos a priori moi superiores.

7ª Xornada.C.D. Ourense 5 – 0 C.

Ordes Partido de excesos de-

fensivos do Ordes, que re-nunciou ao ataque desde o intre inicial. Inda así os locais renunciaron a un partido ofensivo, inda que a porta dos rojillos non chegou a recibir ningún disparo. Pataco regresa á

“Neses anos a Terceira División estaba composta por quince grupos, e a segunda por dous grupos, cada un de 16 equipos”

ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: Alfonso Vilachá, José A. Santos

Nº90- Ano: VI - 10 de xaneiro de �013 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

TIRO Comeza a tempada 2014 en EiroásP.L.

Co novo ano iníciase unha nova tempada para os tiradores ourensáns. Ademais das competicións oficiais, o club de tiro Ei-roás volve organizar as ligas anuais de armas neu-máticas (XXVI Copa De-putación de Ourense), pis-tola de 9mm, fogo central e pistola damas, pistola estándar, carabina tendido e pistola libre, alternán-dose durante as fins de semana de cada mes. En xaneiro haberá ademais a tradicional tirada social de San Sebastián.

Tamén se celebrarán en Ourense os clasificatorios para os campionatos au-tonómicos nas diferentes modalidades de tiro, así como a fase final do cam-pionato de pistola de aire comprimido.

Primeiros resultadosA primeira fin de sema-

na de �014, 17 deportistas achegáronse ata as ins-talacións de Eiroás para participar na primeira ti-rada da Copa Deputación de armas neumáticas, na que destacou a participa-ción de oito tiradores do club Aixiña (modalidade discapacitados). En canto aos resultados, Juan Car-los Ferreño e Nuria Mera foron os mellores en pis-tola sénior e damas, con 556 e 365 puntos respec-tivamente.

senda do gol con fame de días e regala á grada va-rios tantos, o primeiro aos dous minutos e o segundo a piques do asubío do des-canso. Entre medias, aos catorce minutos, Cortés logra un novo tanto. Un penalti transformado aos tres minutos da reanuda-ción por Carballeda rema-ta por dar tranquilidade á grada. A conta remata cun gol que é adscrito a Pataco, inda que semella ser tanto en propia porta do defensa Querol. Como nova neste encontro está o debut no equipo de Lolín, unha das incorporacións da tempada ao equipo.

Na tempada que nos ocupa, a 67/68, o único equipo galego de Primei-ra era o Pontevedra C.F. pola súa banda tanto o Celta como o Deporti-vo, os tradicionais equi-pos galegos de primeira militaban na Segunda División. Ao rematar a liga o Deportivo obtén o ascenso directo por ser campión de grupo, men-tres que o Celta, terceiro clasificado, queda fóra da promoción de ascenso. Xunto deles na Segun-da xogaba o Racing que, como dixen antes, salvou na promoción a praza na categoría.

[Cuarta entrega sobre a historia do CD Ourense na

tempada 67/68]José A. Santos

Page 16: 09 Xaneiro 2014 - BD Nº 90

BARRIOS DEPORTIVO10 de xaneiro de �013