02 Enero de 2012 - Revista 849 Revista...

6
Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 02 Enero de 2012 - Revista 849 NOVAS E ANUNCIOS BOLSAS E AXUDAS EMPREGO / 2 / 4 / 4

Transcript of 02 Enero de 2012 - Revista 849 Revista...

Page 1: 02 Enero de 2012 - Revista 849 Revista Semanalxuventude.xunta.es/.../boletinxuventude_02_01_12.pdf · Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 02 Enero de 2012 - Revista 849

Revista Semanal

da Rede Galega de Información Xuvenil

02 Enero de 2012 - Revista 849

NOVAS E ANUNCIOSBOLSAS E AXUDAS

EMPREGO

/ 2/ 4/ 4

Page 2: 02 Enero de 2012 - Revista 849 Revista Semanalxuventude.xunta.es/.../boletinxuventude_02_01_12.pdf · Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 02 Enero de 2012 - Revista 849

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

02 Enero de 2012 - Revista 849 2

As bolsas van destinadas aos estudantes das universidade públicas galegas ou dos centros asociados da UNED da comunidade que realizan estudos oficiais conducentes a títulos de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico. Poderán optar aqueles que estean un mínimo de tres meses no país seleccionado, e que non se beneficiaran desta mesma axuda noutra ocasión anterior.As bolsas terán un dobre reparto, por tramos de duración da estadía no estranxeiro e polas notas medias obtidas nos estudos cursados. Os alumnos e alumnas que estean un trimestre poderán percibir 180 euros, os que permanezan un semestre 360 euros, e para o curso completo a bolsa é de 540 euros. Ademais por cada expediente académico asignarase unha contía adicional homoxénea de 500 euros a cada estudante beneficiado.

As listas de admitidos O 23 de febreiro do vindeiro ano as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas serán expostas na Consellería de Educa-ción, nas xefaturas territoriais, e vicerreitorados de estudantes das tres universidades galegas, sinalando as causas de exclusión. As listas tamén poderán ser consultadas en www.xunta.edu.xunta.es.

Axudas do Plan AlugaMartes, 27 Decembro 2011 08:10

O Instituto Galego de Vivenda e Solo convoca axudas, en rexime de concorrencia non competitiva, para ás persoas inquilinas das viven-das arrendadas no marco do Programa Aluga, no exercicio 2012.As solicitudes de axuda ás persoas inquilinas deberán presentarse antes do día 10 do mes da data de efectos do contrato de arrenda-mento formalizado ao abeiro do Programa Aluga. No caso de prórroga do contrato de arrendamento, a solicitude deberá presentarse antes do día 15 do segundo mes anterior ao do vencemento da vixencia do período inicial ou da correspondente prórroga do contrato de arrendamento.Máis información no DOG nº 246, do 27 de decembro do 2011.

Preto do 70 por cento dos participantes no proxecto Mogal acadaron un posto de traballo

Mércores, 28 Decembro 2011 12:56

Santiago, 28 de decembro de 2011.Preto do 70 por cento dos participantes ata o momento no proxecto MOGAL de prácticas la-borais no estranxeiro xa teñen acadado un posto de traballo. Así o reflicten os datos referidos ao primeiro semestre de 2011: do total de 78 participantes que tomaron parte na iniciativa neste período, 55 xa entraron no mercado laboral.

NOVAS E ANUNCIOS EN PORTADA

A Consellería de Educación convoca as axudas complementarias Erasmus para os estudantes universitarios

Martes, 27 Decembro 2011 13:27

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a convocato-ria de axudas para os alumnos e alumnas matriculados neste curso nas universida-des galegas e que estean a estudar fóra de España dentro do Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus ou do Goberno de Suíza. A bolsa de axudas que se repartirá entre eles ten un montante dun millón de euros e o prazo para presentar a documen-tación estará aberto ata o 27 de xaneiro de 2012.

Con esta convocatoria continúase coa política de asistencia económica aos estudantes, co obxecto de favorecer, a mobilidade de estu-dantes, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico. Así a Consellería volve a dar conta da importancia da mobilidade estudantil, no sentido de adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, ha-bilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Por iso se realiza esta convocatoria de axudas de mobilidade universitaria primando a excelencia no rendemento académico.

Este ano, por primeira vez, as solicitudes do modelo ED417A se realizan a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.es. Ao longo da convocatoria publicada hoxe no DOG sinalase o proceso para realizar a tramitación da solicitude. En caso de dúbidas os solicitantes poden facer uso do teléfono de información 012, e do correo electrónico [email protected]. Para realizar a solicitude das axudas a través da sede electrónica e necesario un DNI electrónico ou outro tipo de dispositivo. En caso de que no se teña e preciso presentar a petición en formato PDF.

En conxunto os futuros beneficiarios deberán presentar unha copia dixitalizada da certificación académica emitida pola universidades. E se son estudantes de 2º ciclo É preciso enviar tamén as notas do primeiro ciclo.

Os beneficiarios Estas accións son compatibles coas bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade para estudantes universitarios convocadas polo Ministerio de Educación e coas axudas que para este fin destina a Unión Europea, no marco do Programa de apren-dizaxe permanente. Como accións complementarias que son, cobren un ámbito de actuación común coas convocatorias de carácter estatal e un ámbito propio que, nalgúns casos e polas súas propias bases, permiten aumentar a cantidade da axuda que recibe o solicitante por parte do Ministerio.

Page 3: 02 Enero de 2012 - Revista 849 Revista Semanalxuventude.xunta.es/.../boletinxuventude_02_01_12.pdf · Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 02 Enero de 2012 - Revista 849

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

02 Enero de 2012 - Revista 849 3

O proxecto MOGAL, que se organiza ao abeiro do programa europeo de aprendizaxe permanente “Leonardo Da Vinci”, comezou en xaneiro de 2011 e rematará en abril de 2012. Durante este pe-ríodo contará cun total de 187 participantes: os 78 do primeiro semestre, correspondentes as dúas primeiras quendas e que xa están de volta; os 60 da terceira quenda, que volveron estes días; e finalmente os 49 restantes, que partirán en xaneiro de 2012 e prolongarán a súa estadía ata abril.

De feito, o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recibiu hoxe en Santiago aos 60 participantes da terceira quenda co fin de coñecer de primeira man a súa experiencia.

Estes mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos, realizaron as súas prácticas laborais en empresas de Holanda, Irlanda, República Checa, Italia e Francia. Principalmente, desenvolveron o seu labor nos sectores sociolaboral, turístico, administrativo-empresarial, informático, audiovisual, de servizos sociocomunitarios e mecánico.

A distribución por países das 187 prazas é o seguinte: 45 participantes en Irlanda; 36 na República Checa; 50 en Francia; 16 en Holanda; e 40 en Italia.

Cada estadía ten unha duración de 12 semanas e os participantes reciben certificacións acredita-tivas válidas como experiencia laboral, que teñen como obxectivo apoiar a súa inmersión no mer-cado laboral e facilitar a súa mellora cualitativa no terreo profesional.A finalidade do programa é, pois, que os participantes coñezan novas e diferentes metodoloxías e innovacións do eido profesional, ao tempo que perfeccionan as propias habilidades lingüísticas e o coñecemento da cultura de cada país.A bolsa cobre os gastos de aloxamento, cursos de preparación lingüística, seguro de responsabili-dade civil, viaxe a custo real ata un máximo de 200 euros e parte da manutención.

NOVAS E ANUNCIOS NOVAS E ACTIVIDADES

III Encontro Galego de Mobilidade XuvenilMartes, 27 Decembro 2011 12:47

III Encontro Galego de Mobilidade XuvenilO próximo 9 de xaneiro ábrese o prazo para inscribirse no III Encontro galego de mobilidade, organizado pola Dirección Xeral de Xu-ventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar que se celebrará o vindeiro 4 de febreiro de 2012 na cidade da Coruña.

Este encontro está dirixido a mozos e mozas participantes en programas europeos de mo-bilidade xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, como son o Juventud en Acción e o Leonardo da Vinci – MOGAL-, no programa galego de mobilidade A Xuventude no Mun-do, a técnicos de xuventude e de servizos sociais, dinamizadores xuvenís, entidades pres-tadoras de servizos sociais , líderes de asociacións xuvenís e mozos en xeral interesados na temática da mobilidade.

O número de prazas para este encontro é de 250 e o prazo de inscrición estará aberto ata o 21 de xaneiro. O formulario de inscrición estará dispoñible na web www.xunta.xuventude.esOs obxectivos desta xornada son, entre outros, ofrecer un lugar de encontro para o inter-cambio de experiencias entre mozos e mozas que participaron nos distintos programas europeos de mobilidade existentes; fomentar o Servizo de voluntariado, tanto local coma europeo, como experiencia de aprendizaxe non formal na adquisición de habilidades per-soais e profesionais A xornada pretende ser un marco para promover e fomentar a partici-pación xuvenil na sociedade. A través desta actividade presentaranse modelos exitosos de proxectos realizados na nosa comunidade autónoma e que son exemplos de boas prácticas.

Serán os propios xóvenes os que transmitan a outros xóvenes as súas experiencias e o procedemento que seguiron para por en marcha os seus proxectos, e poderán debater e expoñer as súas ideas sobre diversas temáticas a través de obradoiros que se realizarán ao longo da xornada.

Durante o encontro presentarase un libro que recolle os proxectos de mobilidade xuvenil xestionados pola Dirección Xeral de Xuventu-de durante o ano 2011, concretamente, o Leonardo da Vinci (MOGAL), o Juventud en Acción e A xuventude no mundo III. Será un libro onde o protagonista sexa o traballo dos mozos e mozas galegos,  das organizacións galegas  e dos grupos informais para o fomento da cidadanía europea na nosa comunidade, así como  a participación xuvenil na sociedade.

Durante o 2011 un total de 877 mozos e mozas participaron  nalgún dos 54 proxectos do programa europeo ‘Xuventude en Acción’ apro-bados en Galicia. Pola súa banda, o proxecto MOGAL facilitará a inmersión no mundo laboral de 187 mozos e mozas galegos mediante a posibilidade de facer  prácticas laborais en empresas acordes co perfil profesional de cada participante ao mesmo tempo que mellora  o coñecemento cultural e lingüístico do país de destino: República Checa, Italia, Francia, Irlanda e Holanda. No transcurso deste ano foron 138 mozos e mozas os beneficiarios destas bolsas, e 49 beneficiarios realizarán as súas prácticas a comezos do 2012.

Na terceira edición de A Xuventude no Mundo, programa propio de mobilidade  participaron máis de 150 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, os que tiveron a oportunidade de coñecer outra cultura, idioma, costumes e formas de vida, é dicir, apostar pola comprensión da diversidade sociocultural, da aprendizaxe de técnicas non formais que facilitan a convivencia e interacción entre persoas de distintas rexións. Todo isto a través da participación activa en actividades con xóvenes dos países de acollida, pertencentes a outros entornos, adquirindo deste xeito experiencia e coñecementos mediante unha educación non formal. Os países cos que se levaron a cabo os intercambios foron Italia, Francia, Hungría, Colombia, Chile, República Checa, Rusia, Moldavia, Armenia, Arxentina e Portugal.

Así mesmo, no eido da mobilidade, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado neste ano promoveu 24 prazas de mobilidade crea-

Page 4: 02 Enero de 2012 - Revista 849 Revista Semanalxuventude.xunta.es/.../boletinxuventude_02_01_12.pdf · Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 02 Enero de 2012 - Revista 849

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

02 Enero de 2012 - Revista 849 4

tiva en Francia, Reino Unido e Portugal dentro do proxecto Imagina Atlántica, proxecto que promove os intercambios profesionais no eido da arte dixital, co fin de empregar os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías da imaxe. Durante o 2010 un total de 7528 mozos e mozas da Comunidade Autónoma de Galicia  participaron en 22  programas de mobilidade xestionados por diversos departamentos da Xunta de Galicia, dos cales 2563 corresponden a programas da Dirección Xeral de Xuven-tude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.DESCARGA O PROGRAMA: http://xuventude.xunta.es/uploads/Trptico_III_Encontro_Galego_de_Mobilidade.pdfFORMULARIO DE SOLICITUDE: http://xuventude.xunta.es/solicitudeencontrodemobilidadexuvenil.html

Encontros Iniciativa Xove 2012Venres, 30 Decembro 2011 11:33

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (DXXeV), a través do programaParticipa  da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, vai desenvolver en diferentes puntos da nosa xeografía encontros para a promoción e a divulgación do programa de Iniciativa Xove, co fin de dar a coñecer as novidades para este ano 2012.Estes encontros son un xeito de lle achegar á mocidade a información precisa para fomentar e pro-mover actividades de aprendizaxe non formal que lle permita desenvolver as súas capacidades, invo-

lucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos con esta Iniciativa Xove 2012.As xornadas desenvolveranse ao longo de todo o mes de xaneiro do 2012 en diversos concellos e universidades de toda Galicia. Po-deredes solicitar, a través da nosa páxina www.xuventude.net, o lugar ao que queredes asistir, e para iso debedes ter en conta a vosa dispoñibilidade para poder participar.Se queres participar, pincha aquí:  formulario de inscrición: http://xuventude.xunta.es/inscricion-encontros-iniciativa-xove-2012.html

Gañadora de un videoxogo Pro Evolution Soccer 2012 para PS3 co Carné XoveLuns, 02 Xaneiro 2012 09:28

A gañadora no sorteo realizado este venres, 30 de decembro, dentro do programa do Carné Xove, e no que o premio consistía no videoxogo Pro Evolution Soccer 2012 para PS3, foi:CAROLINA GUITIÁN MARIÑONoraboa!!!

Entra no sorteo de unha camiseta oficial do equipo de baloncesto Blusens Monbus OBRADOIRO CAB co teu Carné Xove

Luns, 02 Xaneiro 2012 09:35

Desde o luns, día 2 de xaneiro e ata as 9:00 h. do venres, día 6 xaneiro, ábrese o prazo para o novo sorteo do programa Carné Xove.Sortéase unha camiseta oficial do equipo de baloncesto Blusens Monbus OBRADOIRO CAB.Para participar tes que cubrir este formulario.: http://xuventude.xunta.es/promocion-do-carne-xove-a-traves-de-xuventudenet.html

Aqui podes consultar as bases do sorteo: http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/carnes_mocidade/bases_sorteo_carne_xove.pdf.

BOLSAS E AXUDAS OUTRAS

Plan Renove de Equipos de Iluminación InteriorMartes, 27 Decembro 2011 08:56

O Instituto Enerxético de Galicia convoca en réxime de concorrencia non competitiva xudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior existentes, de forma que cumpran, polo menos, coas exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación (HE3) se a instalación está incluída no ámbito deste, reducindo o consumo de enerxía.O Plan entra en vigor ao día 28 de decembro do 2011 Galicia e rematará o día 30 de outubro de 2012.Máis información no DOG nº 246, do 27 de decembro do 2011.

EMPREGO EMPREGO PUBLICO

Contratación de persoal laboral temporal no Concello de Castro Caldelas

Page 5: 02 Enero de 2012 - Revista 849 Revista Semanalxuventude.xunta.es/.../boletinxuventude_02_01_12.pdf · Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 02 Enero de 2012 - Revista 849

Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil

02 Enero de 2012 - Revista 849 5

Mércores, 28 Decembro 2011 07:58

O Concello de Castro Caldelas convoca para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determi-nado para os seguintes postos de traballo:- 1 auxiliar administrativo do servizo social de base.- 1 psicóloga para o Centro de Información ás Mulleres.- 1 avogada para o Centro de Información ás Mulleres.

O Concello de Castro Caldelas abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos, que será de cinco (5) días hábiles para computar a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados poderán recollelas bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9.00 a 15.00 horas.

EMPREGO EMPREGO PRIVADO

Ofertas do Servizo de Emprego Público 29/12/2011Xoves, 29 Decembro 2011 12:01

Deseñadores de páxinas web- localidade: Coruña, Anº oferta: 12/2011/14089requisitosdeseñadores de páxinas web con experiencia en maquetación e coñecementos en html.

Analistas de sistemas, nivel superior- localidade: Coruña, Anº oferta: 12/2011/14161requisitosnecesítase analista programador  net, ub.net  y asp.net. experiencia mínima de dous anos.

Analistas-programadores, nivel medio

- localidade: Coruña, Anº oferta: 12/2011/14164requisitosnecesítase analista programador. experiencia mínima de dous anos en java, struts, spring, hiernate.

Condutores de furgoneta, ata 3,5 t.- localidade: Coles (Ourense)nº oferta: 12/2011/14181requisitosnecesítase condutores de furgoneta . necesaria experiencia. contrato a tiempo parcial.

Modelistas-patronistas-escaladores de prendas de vestir, excepto piel y cuero- localidade: Santiago de Compostela (A Coruña)nº oferta: 12/2011/14212requisitosprecisase modelista-patronista-escaladores prendas de traxes de noiva

Monitores de aeróbic e similares- localidade: Ourensenº oferta: 12/2011/14279requisitosnecesítanse monitores de aerobic e similares.

Ambientadores de vestiarios- localidade: Ferrol (A Coruña)nº oferta: 12/2011/14301requisitosnecesítanse ambientadores de vestiariosMais Información: Teléfono: 902 125 000

Page 6: 02 Enero de 2012 - Revista 849 Revista Semanalxuventude.xunta.es/.../boletinxuventude_02_01_12.pdf · Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 02 Enero de 2012 - Revista 849