0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar...

110

Transcript of 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar...

Page 1: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 2: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 3: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 4: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 5: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

GUÍA RÁPIDA DE PRIMEIROS AUXILIOS NO DEPORTE

Nuria Rodríguez Suárez Pedro Martínez Varela Luís Gallego Handford

Jesús Lucas Ayuso

Page 6: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte Nuria Rodríguez Suárez Pedro Martínez Varela Luís Gallego Handford Jesús Lucas Ayuso Portada, diseño y maquetación: J. Arturo Abraldes Valeiras Editorial: Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) ISBN-13: 978-84-612-7272-3 Dep. Legal: G-4129-2008 © Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) 1ª Edición en septiembre de 2008 Tirada de 1000 ejemplares Reservados todos los derechos. Queda prohibido reproducir, almacenar en sistemas de recuperación de la información y transmitir parte alguna de esta publicación, cualquiera que sea el medio empleado (electrónico, mecáni-co, fotocopia, impresión, grabación, etc.), sin el permiso de los titulares de los derechos de propiedad intelectual.

Page 7: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 8: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 9: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

ÍNDICE Capítulo 1. Análise básica dos primeiros auxilios..................................... 13 Capítulo 2. Soporte Vital Básico no adulto .............................................. 19 Capítulo 3. Soporte Vital Básico Pediátrico.............................................. 31 Capítulo 4. Actuación de emerxencia no medio deportivo.................. 43 Capítulo 5. Lesións deportivas................................................................... 67 Capítulo 6. Vendaxes e técnicas de inmobilización............................... 87 Capítulo 7. O botiquín................................................................................ 97 Capítulo 8. Protocolos de evacuación .................................................... 101

Page 10: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 11: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

PRÓLOGO Ante a oportunidade que teño de prologar este do-cumento de primeriros auxilios cá Federación de Sal-vamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) publica. Gostaríame reseñar có presente texto de primeiros auxilios segue a liña de traballo que esta federación ven realizando nos últimos anos ca publicación de di-ferentes documentos a carón do salvamento acuáti-co e os primeiros auxilios. Sen lugar a dúvida este esforzo didáctico, temporal e económico que, tanto os autores coma a federación realizan, vese plasmado na mellor calidade na for-mación dos seus socorristas. Así pois, considero este documento como un eslabón máis nese proceso de formación cós nosos socorristas deben de ter para garantizar a seguranza e a intervención ante un ac-cidente de cualquera tipoloxía. A presente guía, como o seu nombre indica, trata sobre os aspectos básicos e fundamentáis dos primerios socorros. Pasando por unha análise básica destes contenidos e entrando en detalles en temas máis concretos. Así o tratamento actualizado do pro-tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Page 12: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

O texto ven reforzado con numerosas ilustracións en forma de gráficos ou fotografías que axudan a súa comprensión. Ademáis, do seu diseño esquemático cos autores aportan o contenido. Hai que destacar tamén aspectos no documento como a intervención no medio deportivo ou o trata-mento de lesións deportivas, dende a súa prevención ou a intervención a través de técnicas de vendaxe e inmobilizacións. Este texto, axuda a comprensión destos contidos pa-ra todas aquelas persoas que queren saber sobre os primeiros auxilios e a súa intervención. Non só para aqueles que se aproximan, senón para os que desexan actualizar os seus coñecementos na materia. É por estos motivos, co traballo ca Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) repercute e sobresae na formación dos socorristas e monitores deportivos. Así é que só me queda agradecer, recomendar e seguir exisindo textos que procuren a formación da poboación como o que aquí se amosa.

Dr. J. Arturo Abraldes Valeiras

Page 13: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Capítulo 1

Análise básica dos primeiros auxilios

Page 14: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 15: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Análise básica dos primeiros auxilios

[15]

1.INTRODUCCION Partindo da necesidade, cada vez maior de fomentar o coñecemento dos Primeiros Auxilios Básicos no ámbito deportivo, suscítase este manual co obxectivo de axudar na formación de persoas vinculadas principalmente ao mundo do deporte, na aplicación xeral de técnicas de primeiros auxilios naquelas situacións que supoñan unha ameaza para a saúde dos deportistas / usuarios de instalacións deportivas. Últimamente atopámonos ante sucesos que fan perigar a saúde dos deportistas, chegando ata provocar a morte dos mesmos. Son variados os casos de atletas de alto nivel que desvancense no terreo de xogo, durante o transcurso dun adestramento, competición u outros, pero nos atopamos ante un grande número de casos de deportistas amateurs, ou ocasionais e incluso en categorías inferiores que, debemos consideralos igualmente importantes, ou ata mais, pola posibilidade menor de acceder a primeiros auxilios avanzados por parte de profesionais desta materia. É por isto que cremos na necesidade de coñecer unha serie de Técnicas de Primeiros Auxilios Básicas por parte para adestradores, entidades e membros de federacións e asociacións relacionadas co deporte. Destes primeiros coidados depende, en moitos casos, a evolución posterior da víctima que sofre un accidente, golpe ou calquera lesión no campo de xogo. Asemade pódense considerar tres obxectivos fundamentais á hora da intervención:

• Asegurar o mantemento das funcións vitais (respiración e circulación).

• Non agravar o estado xeral do accidentado ou das lesións que puidese presentar o mesmo.

• Asegurar o traslado do doente a un centro sanitario en condicións adecuadas en función das feridas ou patoloxía que presenta o mesmo.

Page 16: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[16]

1.1. P.A.S. (PROTEXER – ALERTAR - SOCORRER)

Ante calquer caso de accidente débense ter presentes tres importantes pautas de actuación, as cales permitirannos levar a cabo unha labor correcta e eficaz ao mesmo tempo, que constitúen os principios básicos dos Primeiros Auxilios e son ampliamente coñecidos polas siglas P.A.S. (protexer, alertar e socorrer). PROTEXER O LUGAR DO ACCIDENTE Débese asegurar o lugar do accidente, así como tamén é necesario coidar da nosa propia seguridade e a dos accidentados. Actitudes improcedentes poden desencadear un novo accidente ou agravar o xa existente. ALERTAR AOS SERVIZOS DE SOCORRO En todo accidente é necesario avisar ao teléfono de urxencia: 112 ou ben ao 061 tendo en conta as seguintes indicacións:

1. Indicar o lugar exacto do accidente: instalación, localización, puntos de referencia próximos ao lugar, etc.

2. Tipo de accidente e circunstancias que poidan agravalo: golpes, fracturas, desvanecementos,...

3. Número de feridos e o seu estado aparente. SOCORRER ÁS VICTIMAS

Tendo en conta as seguintes permisas:

1. Actuar rápidamente pero mantendo a calma. 2. Efectuar in situ a avaliación inicial dos feridos. 3. Extremar as medidas de precaución no manexo do

accidentado, xa que nesta fase non sabemos con certeza o que ten o accidentado polo que se poden causar danos maiores empeorando así a situación do mesmo.

Page 17: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Análise básica dos primeiros auxilios

[17]

1.2. PREMISAS FUNDAMENTAIS:

1. Tranquilidade. É frecuente que nun accidente as persoas implicadas perdan os nervios e como consecuencia se produzan actitudes ben intencionadas pero incorrectas, que poden agravar aínda máis as lesións do doente ou ata provocarlle a morte, por iso é polo que é fundamental o facer só aquelo do que se estea seguro. 2. Composición do lugar. Unha vez que se chega ao lugar do accidente, hai que delimitar a realidade do mesmo e as súas posibles consecuencias. 3. Mover á vítima con precaución e só o imprescindible. A posibilidade de producir graves lesións a nivel vertebral ou complicar a situación doutras lesións xa existentes, debe facer extremar as precaucións na mobilización das vítimas.

4. NON facer máis que o indispensable. Non hai que sustituír aos servizos sanitarios, senón proporcionar os coidados estrictamente necesarios, dos que estemos totalmente seguros.

1.3. CADEA DE SUPERVIVENCIA As accións que relacionan ás vítimas de parada cardiaca súbita coa supervivencia coñécense como Cadea de Supervivencia. Estas inclúen o recoñecemento precoz da urxencia e a activación dos servizos de urxencia, RCP precoz, desfibrilación precoz e soporte vital avanzado precoz. A cadea de supervivencia de lactante e neno inclúe prevención de circunstancias que levan á parada cardiopulmonar, RCP precoz, activación precoz dos servizos de urxencia e soporte vital avanzado precoz.

Page 18: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[18]

Foto1. Cadea de supervivencia do ERC Os seguintes conceptos da Cadea de Supervivencia resume os pasos vitais necesarios para unha reanimación con éxito. A maioría destes eslabóns son importantes para as vítimas de paradas.

1. Recoñecemento precoz da urxencia e chamar pedindo axuda:

• Activar os servizos de urxencia médicos (SEM) ou o sistema de resposta de urxencia local, p. ex.:“chamar ao 112”.

• Unha pronta resposta e efectiva pode previr a parada cardíaca.

2. RCP precoz pola testemuña:

• A RCP inmediata pode dobrar ou triplicar a supervivencia de PCS en fibrilación ventricular (FV).

3. . Desfibrilación precoz:

• A RCP con desfibrilación nos 3-5 minutos do colapso pode producir unhas taxas de supervivencia tan altas como o 49-75%. Cada minuto de atraso na desfibrilación reduce a probabilidade de supervivencia ata nun 10-15%.

4. . Soporte vital avanzado precoz e coidados post-reanimación:

• A calidade do tratamento durante a fase post-reanimación afecta ao resultado.

Page 19: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Capítulo 2

Soporte Vital Básico no adulto

Page 20: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 21: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Soporte Vital Básico no adulto

[21]

SOPORTE VITAL BÁSICO NO ADULTO O soporte vital básico (SVB) significa manter a permeabilidade da vía aérea e suplir a respiración e a circulación, sen usar nengún equipa-mento que non sexa un medio de protección. As víctimas da parada cardíaca necesitan reaninación cardiopul-monar (RCP) inmediata. Esto proporciona un fluxo sanguíneo peque-no pero crítico para o corazón e o cerebro. Tamén aumenta a posibi-lidade de cunha descarga eléctrica remate coa fibrilación ventricu-lar (FV) e permitirá ao corazón reanudar un ritmo efectivo e unha per-fusión sistémica efectiva. A compresión torácica é especialmente importante se non se pode administrar unha descarga eléctrica an-tes de 4 ou 5 minutos tras a parada cardiorespiratoria. Os deportistas, os adestradores, conserxes, e distinto persoal poden ser adestrados para o uso dun desfibrilador externo automático (DEA) que analiza o ritmo cardíaco da víctima e administra unha descarga se é preciso. Un DEA usa avisos de voz para guiar á persoa co utiliza. Analiza o ritmo electro cardiográfico (ECG) e infoma á persoa que o colocou se é precisa a descarga eléctrica. Moitos estudos amosan que por cada minuto sen RCP, a supervivenza da FV presenciada disminúe un 7-10%. Cando existe RCP por testemuñas do suceso, o descenso na supervivenza é máis gradual e nunha media de 3-4%. En xeral a RCP da testemuña duplica ou tripilica a supervivenza da parada cardíaca presenciada. 2.1. SECUENCIA DE SVB NO ADULTO

1. Pensar na seguridade propia, da víctima e de calqueira

outra persoa presente. 2. Comprobar se a víctima responde.

• Axitar os seus ombros suavemente e preguntar en voz alta ¿atópaste ben?

Page 22: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[22]

Fig. 1. ¿Atópaste ben?

3. Se responde: • Deixalo na posición na co atopamos con precaución

de que non haxa máis perigo. • Conseguir axuda se fose necesario. • Revaloralo regularmente.

4. Se non responde:

• Berrar pedindo axuda. • Poñer á víctima sobre o seu lombo e abrir a vía aérea

mediante a extensión da cabeza e elevación do menton (técnica fronte-mentón).

5. Mantendo a vía aérea aberta: mirar, oir e sentir se hai unha respiración normal.

• Ver se hai movemento torácico. • Oir na boca da víctima se hai sons respiratorios. • Sentir se nota aire espirado na súa meixela.

Fig. 2. Abrir vías aéreas

Fig. 3. Técnica fronte-mentón

Fig. 4. Ver, oír e sentir

Page 23: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Soporte Vital Básico no adulto

[23]

Ver, oir e sentir durante non máis de 10 segundos para determinar se a víctima está respirando normalmente. Se hai alguha dúbida de se respira normalmente, a actuación será como se non fora normal.

6. Se está respirando normalmente:

• Poñelo en posición lateral de seguridade. • Chamar ó 112 ou 061. • Comprobar de forma periódica que segue respirando.

Fig. 5. Posición lateral de seguridade

7. Se non está respirando normalmente:

• Enviar a alguén a por axuda ou, se o rescatador está só, deixar á víctima e alertar ao 112 ou 061.

• Volver e iniciar as comprensións torácicas da seguinte forma:

o Axeónllarse ó lado da víctima e descubrir o seu peito.

o Poñer o talón dunha man no centro do tórax da víctima.

o Poñer o talón da outra man encima da primeira.

o Entrelazar os dedos das mans e asegurar que a presión non se aplica sobre as costelas da víctima. Non aplicar a presión sobre a parte superior do abdomen ou o extremo inferior do esternón.

o Posicionarse verticalmente encima do tórax da víctima e, cos brazos rectos, presionar sobre o esternón afundindo o mesmo 4-5 cm.

o Tras cada compresión deixar de facer presión sobre o tórax sen perder o contacto entre as mans do rescatador e o esternón; repetir cunha frecuencia de preto de 100 por minuto

Page 24: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[24]

(un pouco menos de duas compresións por segundo).

o A compresión e a descompresión deben durar o mesmo tempo.

Fig. 6. Man no centro do

peito Fig. 7. Posición das mans Fig. 8. Posición do

rescatador no RCP

8. Combinar as compresións torácicas coas respiracións de rescate.

• Tras 30 compresións abrir a vía aérea outra vez mediante a extensión da cabeza e a elevación do mentón.

• Pinzar a parte branda do nariz pechando o mesmo cos dedos pulgar e índice da man que está na fronte.

• Permitir que se abra a boca pero mantendo a elevación do mentón.

• Facer unha respiración normal e poñer os beizos do rescatador ao redor da súa boca, asegurandose facer un bó selado.

• Soplar de xeito constante dentro da boca mentres se observa a elevación do tórax, durante aproxima-damente 1 segundo como nunha respiración normal; esta é unha respiración de rescate efectiva.

• Mantendo a cabeza extendida e a elevación do mentón, retirar a boca do rescatador da boca da víctima e observar o descenso do tórax mentres vai saindo o aire.

• Facer outra respiración normal e soplar dentro da boca da víctima outra vez, para acadar un total de duas respiracións de rescate efectivas. Entón volver a poñer as mans do rescatador sen dilación na posición correcta sobre o esternón e dar 30 compresións torácicas máis.

• Continuar con compresións torácicas e respiracións de rescate cunha relación de 30:2.

Page 25: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Soporte Vital Básico no adulto

[25]

• Únicamente se a víctima comeza a respirar normalmente, debese parar para revalorala; doutro xeito, non interrumpir a reanimación.

9. Se a respiración de rescate inicial non fai có tórax se eleve como nunha respiración normal, entón antes do próximo intento:

• Revisar a boca da víctima e quitarlle calquera obstrucción.

• Comprobar que é axeitada a extensión da cabeza e a elevación do mentón.

• Non intentar máis de dúas respiracións de cada vez antes de volver ás compresións torácicas.

• Se hai presentes máis dun rescatador, o outro debería facer a RCP cada 1-2 mintuos para previr a fatiga. Asegurarse que cando se fai o cambio a perda de tempo é mínima.

Fig. 9. Boca a Boca Fig. 10. Insuflacións

10. A RCP só con compresións torácicas pode utilizarse do seguinte xeito:

• Se non se pode ou non se dispón dun despositivo barreira para dar as respiracións de rescate, dar unicamente compresións torácicas.

• Se soamente se dan compresións torácicas, éstas de-ben ser continuas, a unha frecuencia de 100 por minu-to.

• Deterse para revalorar a víctima só se empeza a respirar normalmente; doutro xeito non interrumpir a reanimación.

11. Continuar a reanimación ata que:

• Chegue axuda cualificada. • A víctima comece a respirar normalmente. • O rescatador esté esgotado.

Page 26: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[26]

Fig. 11. Algoritmo da RCP no adulto

2.2 SECUENCIA DO USO DUN DEA 1. Pensar primeiro na seguridade do rescatador, á da víctima e

a de calquera outra persoa presente. 2. Se a víctima non responde e non está respirando

normalmente, enviar a alguén polo DEA e chamar a unha ambulancia.

3. Iniciar a RCP seguindo as recomendacións do SVB. 4. Tan axiña coma chegue o desfibrilador:

• Encendelo e conectar os electrodos. Se hai máis dun rescatador presente, continuará a RCP mentres o proceso se leva á práctica.

• Seguir as directrices de voz/visuais. • Asegurarse de que ninguén toca a víctima mentres o

DEA analiza o ritmo. 5. Se indica un choque:

• Asegurarse que ninguén toca á victima.

Page 27: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Soporte Vital Básico no adulto

[27]

• Premer o botón de choque como indican os DEA (ós que son completamente automáticos descargarán automáticamente o choque).

• Continuar segundo as directrices da voz/pantalla do DEA.

6. Se non está indicado un choque:

• Reiniciar RCP inmediatamente, usando unha relación de 30 compresións e 2 respiracións de rescate.

• Continuar segundo as directrices da voz/pantalla DEA. 7. Continuar seguindo as mensaxes do DEA ata que:

• Chegue axuda cualificada e se faga cargo. • A víctima comece a respirar normalmente. • O rescatador esté esgotado.

Fig. 12. Secuencia douso dun DEA

Page 28: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[28]

2.3 OBSTRUCCIÓN DA VÍA AÉREA POR UN CORPO ESTRANO

A obstrucción da vía aérea por un corpo estrano (OVACE) é unha causa pouco común pero potencialmente tratable de morte acci-dental. A causa máis común de atragantamento en adultos é a obs-trucción da vía aérea causada pola comida como peixe, carne ou polo.

2.3.1 SECUENCIA OVACE (obstrucción da vía aérea por un corpo estrano) NO ADULTO

1. Se a víctima amosa sinais de obstrucción lixeira da vía aé-rea.

• Animalo a que continue tusindo pero non facer nada máis.

2. Se a víctima amosa sinais de obstrucción severa da vía aé-rea e está conscente.

• Darlle ata 5 golpes no lombo do seguinte xeito: o Poñerse ó lado e lixeiramente detrás da

víctima. o Soster o tórax cunha man e inclinar á víctima

hacia diante de xeito que cando o obxeto que produce a obstrucción sexa desaloxado, sexa máis doado que saia pola boca a que avance pola vía aérea.

o Dar ata 5 golpes secos entre as escápulas co talón da outra man.

• Comprobar se cada golpe no lombo solucionou a obstrucción da vía aérea, dar ata 5 compresións abdominais como segue:

o Poñerse detrás da víctima e poñer ambos brazos ao redor da parte superior do seu abdomen.

o Inclinar á victima cara adiante. o Pechar o puño e poñelo entre o embigo e o

final do esternón. o Coller esta man coa outra man e empurrar

secamente cara dentro e cara arriba. o Repetilo ata 5 veces.

Page 29: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Soporte Vital Básico no adulto

[29]

• Se a obstrucción ainda non se solucionou, continuar alternando os cinco golpes no lombo coas cinco compresións abdominais.

3. Se a víctima en calqueira intre queda inconsciente.

• Poñer a víctima coidadosamente no chan. • Chamar ó 112 ou 061 inmediatamente. • Iniciar a RCP (dende o punto 7 da secuencia de SVB

do adulto). Esta secuencia tamén é válida para nenos maiores dun ano de idade.

2.3.2.TRATAMENTO DA OVACE DO ADULTO

Fig. 13. Secuencia na OVACE do adulto

Page 30: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 31: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Capítulo 3

Soporte Vital Básico Pediátrico

Page 32: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 33: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Soporte Vital Básico Pediátrico

[33]

3. SOPORTE VITAL BÁSICO PEDIÁTRICO

3.1 SECUENCIA DE ACCIÓNS

Os rescatadores que foron aprendidos no SVB de adultos e non teñen coñecementos específicos de reanimación pediátrica poden usar a secuencia dos adultos, agás que deben realizar 5 respiracións iniciais seguidas aproxima-damente 1 minuto de RCP antes de ir a buscar axuda. 1. Comprobar a seguridade do rescatador e do neno. 2. Comprobar a resposta do neno.

• Estimular ó neno con coidado e en voz alta pre-guntarlle: “¿estás ben?”

3. Se o neno responde verbalmente ou movéndose:

• Deixar ó neno na posición no que se atopou (sempre que non esté en perigo de novo dano).

• Comprobar o estado e conseguir axuda se fose necesario.

• Valorar ó neno regularmente. 4. Se o neno non responde:

• Berrar pedindo axuda. • Abrir a vía aérea do neno coa técnica fronte-

mentón. 5. Mantendo a vía aérea do neno aberta; mirar, escoitar e sentir se hai respiración normal poñendo a cara preto da cara do neno e mirando hacia o seu tórax.

• Mirar se hai movementos torácicos. • Escoitar no nariz e na boca do neno se hai sons

respiratorios. • Sentir o movemento do aire na meixela do

rescatador. • Mirar, escoitar e sentir durante non máis de 10

segundos antes de decidir.

6. Se o neno está respirando normalmente:

Page 34: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[34]

• Por ó neno de lado na posición de recuperación. • Comprobar se segue respirando.

7. Se o neno está respirando ou fai bocandas agónicas (respiracións infrecuentes e irregulares):

• Coidadosamente quitar calquera obstrucción evi-dente da vía aérea.

• Dar cinco respiracións de rescate iniciais. • Mentres se fan as cinco respiraciósn de rescate,

fixarse se hai nauseas ou tusido en resposta á acción do rescatador. Estas respostas ou a súa ausencia formarán parte da valoración das sinais de circulación, que describiremos máis tarde.

Fig. 14. Respiracións de rescate

8. As respiracións de rescate en nenos de máis dun ano realizase do seguinte xeito:

• Asegurar a extensión da cabeza e a elevación do mentón.

• Pinzar a parte branda do nariz pechando a mesma cos dedos índice e pulgar da man que está na fronte.

• Abrir a boca un pouco pero manter o mentón elevado.

• Coller aire e poñer os beizos ao redor da súa boca, asegurando que se fai un bó selado.

• Soplar de xeito uniforme dentro da súa boca durante 1-1.5 segundos, mirando que o tórax se eleve.

• Manter a extensión da cabeza e a elevación do mentón, separar a boca e mirar se o seu tórax baixa segundo vai saindo o aire.

• Coller outra bocanada de aire e repetir a secuencia 5 veces. Comprobar a efectividade

Page 35: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Soporte Vital Básico Pediátrico

[35]

mirando se o tórax do neno sube e baixa de xeito parecido o movemento producido por unha respiración normal.

9. As respiracións de rescate para un lactante fanse do seguinte xeito:

• Asegurar unha posición neutra da cabeza e da elevación do mentón.

• Coller aire e cubrir a boca e as aberturas nasais do lactante coa boca do rescatador, asegurandose de facer un bó selado. Se o nariz e a boca non poden ser cubertas no lactante maior, o rescatador pode tentar selar só o nariz ou a boca do lactante coa súa boca ( se usa o nariz, pechar os beizos para previr o escape do aire).

• Soplar de xeito uniforme dentro da boca e nariz do lactante durante 1-1.5 segundos, o suficiente para ver que o tórax se eleva.

• Manter a extensión da cabeza e a elevación do mentón, separar a boca do rescatador da boca da víctima e mirar se o seu tórax baixa así como vai saindo o aire.

• Coller outra bocanada de aire e repetir esta secuencia 5 veces.

Fig. 15. Respiración artificial ao bebé

Se o rescatador ten dificultade para conseguir unha respiración efectiva, a vía aérea pode estar obstruída.

• Abrir a boca do neno e quitar calquera obstrucción visible. Non facer barrido dixital a cegas.

• Asegurarse de que hai una extensión de cabeza e elevación do mentón axeitadas pero tamén que o pescozo non está hiperextendido.

Page 36: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[36]

• Se a extensión de cabeza e elevación do mentón non abriron a vía aérea, tentar o método da ele-vación mandibular.

• Facer ata cinco tentos de conseguir respiracións efectivas; se esto ainda non ten éxito, pasar ás compresións torácicas.

10. Valorar a circulación do neno. Non gastar máis de 10 seg. en:

• Buscar sinais de circulación. Esto inclúe algún mo-vemento, tusido, respiración normal (non bocana-das agónicas, que son respiracións infrecuentes e irregulares).

11. Se estamos seguros de que en menos de 10 segundos detec-tamos sinais de circulación:

• Poñer ó neno sobre o seu lado (na posción lateral de seguridade) se permanece inconsciente.

• Volver a valorar ó neno con frecuencia.

12. Se non hai sinais de circulación ou non estamos seguros: • Iniciar as compresións torácicas. • Combinar as respiracións de rescate coas compresións

torácicas.

Fig. 16. Colocación dos dedos no RCP en lactantes

As compresións torácicas fanse do seguinte xeito:

• Para todos os nenos comprimir o tercio inferior do esternón.

• A compresión debe ser suficiente para deprimir o esternón aproximadamente un tercio na profundidade do tórax.

• Deixar de presionar e repetir a unha frecuencia duns 100 lat/min.

• Tras 30 compresións, extender a cabeza e elevar o mentón e dar dúas respiracións efectivas.

Page 37: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Soporte Vital Básico Pediátrico

[37]

• Continuar coas compresións e ventilacións nunha relación de 30:2.

Para facer as compresións torácicas no lactante:

• O rescatador comprimirá o esternón coas xemas dos dedos, un dedo por debaixo da liña intermamilar.

Para facer as compresións torácicas nos nenos de máis dun ano de idade:

• Poñer o talón dunha man sobre o tercio inferior do esternón.

• Levantar os dedos para asegurar que a presión non se exercerá sobre as costelas do rapaz.

• Poñerse verticalmente sobre o tórax da víctima e, co brazo recto, comprimir o esternón para deprimilo aproximadamente un tercio da profundidade do tórax.

• En nenos maiores ou con rescatadores máis pequenos, esto se consegue usando ambas mans cos dedos entrelazados.

Fig. 17. Colocación da man para as

compresións en maiores dun ano Fig. 18. Colocación das mans para as

compresións en maiores dun ano

13. Continuar a reanimación ata que:

• O neno amose acenos de vida (respiración momentánea ou movemento).

• Chegue axuda cualificada. • O rescatador esté esgotado.

Page 38: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[38]

3.2 SOLUCIÓN DA OVACE (Obstrución da vía aérea por un corpo es-trano)

Fig. 19. Algoritmo OVACE pediátrica

3.2.1. NENO CONSCIENTE CON OVACE

• Se un neno está ainda consciente pero o tusido está ausente ou é inefectiva, darlle golpes no lombo.

• Se os golpes non solucionan ainda a OVACE, darlle compresións torácicas ós lactantes ou compresións abdominais ós nenos. Estas manobras crean un “golpe de tu-sido” artificial ó aumentar a presión intratorácica e desalonxar un corpo estrano.

3.2.2 GOLPES NO LOMBO Os golpes no lombo en lactantes realizase do seguinte xeito:

• Suxeitar ó lactante coa cabeza mirando hacia abaixo, en posición prona (boca abaixo), para permitir ca gravidade axude a sacar o corpo estrano.

• Un rescatador sentado ou axeonllado deberá suxeitar ó lactante de forma segura sobre os seu regazo.

Page 39: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Soporte Vital Básico Pediátrico

[39]

• Suxeitar a cabeza do lactante poñendo o pulgar dunha man no ángulo da mandíbula e un ou dous dedos da mesma man no ángulo contrario da mandíbula.

• Non comprimir os tecidos brandos baixo a mandíbula do lactante, poderíase exacerbar a obstrucción da vía aérea.

• Dar ata 5 golpes secos no lombo co talón da outra man no medio do lombo entre os dous omóplatos.

• A intención é solucionar a obstrución con cada golpe máis que dar os cinco golpes.

Os golpes no lombo no neno de máis de 1 ano realizase do seguinte xeito:

• Os golpes no lombo son máis efectivos se o neno se pon coa cabeza para abaixo.

• Un neno pequeno pode poñerse no regazo do rescatador, como o lactante.

• Se esto non é posible, poñer ó neno nunha posición inclinada hacia diante e dar os golpes no lombo dende atrás.

Se os golpes no lombo non poden expulsar o obxeto e o neno ainda está consciente, usar as compresións torácicas en lactantes ou as compresións abdominais nos nenos. Non usar as compresións abdominais (maneobra de Heimlich) en lactantes. 3.2.3 COMPRESIÓNS TORÁCICAS PARA LACTANTES

• Poñer ó lactante nunha posción coa cabeza máis baixa e supina (boca arriba). Isto se consegue de xeito seguro poñendo o antebrazo libre ó longo do lombo do lactante e suxeitando o seu occipucio coa man.

• Apoiar ó lactante sobre o antebrazo do rescatador, apoiado o lactante no muslo do segundo.

• Identificar o punto de compresións torácicas (parte inferior do esternón aproximadamente un través dun dedo por debaixo da liña intermamilar).

• Dar cinco compresións torácicas; similares ás compresións torácicas pero máis secas e dalas cunha frecuencia menor.

Page 40: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[40]

3.2.4 COMPRESIÓNS ABDOMINAIS PARA NENOS MAIORES DUN ANO

• De pé ou axeonllado ó lado do neno; poñer os brazos do rescatador baixo os do neno e abrazar o seu torso.

• Pechar o puño e poñelo entre o embigo e o esternón. • Suxeitar unha man coa outra e empurrar secamente hacia

dentro e hacia arriba. • Repetilo ata 5 veces. • Asegurarse de ca presión non se aplica sobre a apófise

xifoides, nin sobre as costelas; isto podería causar traumatismo abdominal.

Tras as compresións torácicas ou abdominais volver a valorar ó neno. Se o obxeto non foi expulsado e a víctima ainda está consciente, continuar a secuencia de golpes no lombo e compresións torácicas (lactante) e abdominais (neno). Chamar ou enviar a por axuda se ainda non está dispoñible. Non abandoar o neno neste intre. 3.3 NENO INCONSCIENTE CON OVACE Se o neno con OVACE está ou queda inconsciente, poñelo sobre unha superficie lisa e dura. Chamar ou enviar a por axuda se ainda non está disponible. Non deixar ó neno nese intre; e proceder como se explica a continuación:

• Abrir a boca e buscar calquer obxeto visible. Se se ve un obxeto, intentar quitalo cun único barrido dixital. Non tentar barridos dixitais a cegas ou repetidos, estos poden impactar o obxeto máis profundamente dentro da farinxe ou causar danos.

• Abrir a vía aérea usando unha extensión da cabeza e/ou elevación do mentón e intentar 5 respiracións de rescate. Valorar a efectividade de cada respiración; se unha respiración non fai que o tórax se eleve, reposicionar a cabeza antes de dar a seguinte.

• Intentar dar cinco respiracións de rescate e, se non hai resposta (movemento, tos, respiración espontánea), comezar as compresións sen outra valoración da circulación.

Page 41: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Soporte Vital Básico Pediátrico

[41]

• Seguir a secuencia de RCP pediátrico dende o punto 12 (visto anteriormente) durante un minuto antes de chamar ó 112 ou 061 (se non o fixo xa alguén).

• Cando se volva a abrir a boca para intentar dar respiracións de rescate, mirar se se pode ver na boca o corpo estrano.

• Se se ve un obxeto, intentar quitalo cun único barrido dixital. • Se parece ca obstrucción resolveuse , abrir e comprobar a vía

aérea; dar respiracións de rescate se o neno ainda non está respirando.

• Se o neno recupera a consciencia e manifesta unha respira-ción espontánea e efectiva, poñelo en posición segura acos-tado sobre un lado e vixiar a respiración e o nivel de cons-ciencia mentres se espera a chegada da ambulancia.

Page 42: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 43: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Capítulo 4

Actuación de emerxencia no medio deportivo

Page 44: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 45: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[45]

ACTUACION DE EMERXENCIA NO MEDIO DEPORTIVO 1. ASISTENCIA Ó DEPORTISTA LESIONADO O movemento, elevación e transporte do deportista lesionado exe-cutarase coa precaución de que non se produzan lesións maiores. Segundo os expertos en asistencia de urxencias e emerxencias, a asistencia incorrecta das lesións ocasiona máis danos adicionais sobre as mesmas que calqueira outro procedemento de urxencia. É moi importante mover en bloque ó deportista inconsciente ou aquel no que se sospeite lesión na columna vertebral. Todo deportista que esté inconsciente é incapaz de describir a lesión. Os mecanismos que fan sospeitar este tipo de lesións son:

• Caída sobre os pés dende unha altura considerable. • Caída violenta sobre os glúteos. • Golpe directo sobre a columna vertebral. • Movementos violentos de pescozo “latigazo cervical”. • Golpe forte na testa, por exemplo ó introducirse de cabeza

en augas de fondo descoñecido. As lesións que xeralmente se producen son: esguinces, luxacións, fracturas e a asociación destas duas últimas. Os síntomas característicos da maioría das lesións que afectan á columna vertebral son:

• Dor localizada no lugar da lesión. En ocasións irrádiase seguindo o traxecto do nervio afectado (afectación de raíces nerviosas).

• Rixidez ou contractura muscular na zona lesionada.

En calquera caso, se se sospeita a existencia dunha lesión, en caso de dúbida, actuar sempre como se existise lesión de columna verte-bral. É necesario ter sempre en conta cá médula espinal puido lesio-narse no momento de producirse o traumatismo e se a lesión é poste-rior como consecuencia dun movemento brusco ou transporte in-adecuado.

Page 46: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[46]

No caso dun deportista cun traumatismo craneal que presente perda de coñecemento (ou non) deberá tratarse como se tivese lesión de columna cervical de ahí que antes de mobilizar ó doente deberá porse un collarín cervical previamente.

Colocación do collarín cervical:

Fig. 20. Secuencia da colocación do collarín cervical Actuación:

• Evaluación da víctima (respiración e sinais de circulación). • Non mover ó doente ata que se proceda a súa evacuación,

agás que exista un perigo vital. • Pedir axuda especializada. • No caso de non dispor de axuda especializada, mobilizase o

doente mantendo sempre o eixo cabeza-pescozo-tronco como bloque único e ríxido.

• O traslado do deportista ó hospital, realizarase en ambulancia cunha inmobilización axeitada ó tipo de lesión que padeza.

2. FERIDAS As feridas son aquelas lesións causadas no organismo pola acción dun axente traumático que causa unha perda de solución de conti-nuidade na pel ou nas mucosas producíndose unha comunicación entre o interior do foco traumático, antes estéril e o exterior.

Page 47: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[47]

2.1 CLASIFICACION XERAL DAS FERIDAS As feridas pódense clasificar en función do axente causante, da for-ma que presentan as mesmas e da gravidade:

A. Segundo o Axente Causante Feridas Incisas Orixinadas pola acción dun axente cortante. Caracterízanse por ser feridas de bordos moi limpos e sanguentos. Feridas Contusas Orixinadas pola acción dun obxecto de superficie roma ou redondeada por exemplo puño, pedra, pau, etcétera. Os bordos xeralmente están esmagados e son menos sangrantes que as anteriores. No seu interior é frecuente que existan pequenos recunchos ou anfractuosidades polo que sempre deben ser ben exploradas en busca de pequenos corpos estraños. Feridas Punzantes Están orixinadas pola acción de obxectos alargados e puntiagudos por exemplo agullas, clavos, etcétera. Caracterízanse porque neste tipo de feridas predomina, xeralmente, a profundidade sobre a superficie. Feridas por Desgarro e Arrancamento Prodúcense por un mecanismo de tracción violenta sobre os tecidos, por exemplo en atropelos. Caracterízanse pola gran separación, irregularidade e despegamento dos seus bordos. B. Segundo a Forma das Feridas Feridas Lineais En función da liña que debuxan, podendo ser rectas, curvas, estreladas, etcétera. Feridas en Colgaxo Cando o axente causante actúa tanxencialmente dando lugar a unha separación parcial de tecidos que quedan

Page 48: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[48]

unidos ao resto do organismo por unha porción chamada pedículo. Feridas con perda de sustancia Igual que no caso anterior, pero nestas non existe pedículo de unión. C. Segundo a Gravidade das Feridas Feridas Leves Son as feridas superficiais, é dicir, as seccións da pel pouco profundas e de pequena extensión. Feridas Graves Son aquelas que afectan partes do organismo onde existen vasos importantes e órganos vitais. Pódense subdividir en:

• Feridas Penetrantes

Cando o axente traumático penetra no organismo pero sen lesionar nengún órgano.

• Feridas Perforantes Neste caso o axente traumático lesiona as vísceras ou órganos que atopa na súa traxectoria.

2.2 SÍNTOMAS PRINCIPAIS DAS FERIDAS Dor Está en función de varios factores:

• A sensibilidade do individuo. • Do axente traumático; así por exemplo, un corte limpo

producido por un axente moi afiado é menos doloroso que se o corte está producido por un obxecto de superficie máis ancha e irregular.

• Da distribución de redes nerviosas periféricas, unha na pel e outra no periostio, as feridas nestas localizacións son máis dolorosas cas que afectan a planos intermedios, agás que se afecte directamente a troncos nerviosos.

Page 49: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[49]

Hemorraxia É debido á sección ou corte dos vasos sanguíneos, constituíndo moitas veces o motivo prioritario da actuación. Separación dos bordos A separación de bordos depende non só da forma e modo de actuar o axente traumático, senón tamén da elasticidade e posibilidade de retracción dos tecidos. A retracción segue unhas li-ñas de tensión denominadas liñas de LANGER, tanto en tecidos su-perficiais como profundos. 2.3 TRATAMENTO XERAL DAS FERIDAS

• Avaliación inicial da vítima A B C. • Lavar as mans con auga e abundante xabón antes de

proceder a tratar ningún tipo de ferida. • Utilización de luvas de látex como elemento de protección. • Limpar a ferida con auga a barullo de forma que esta incida

sobre o centro da ferida co fin de que arrastre todos os cor-pos estranos que puidese conter a mesma.

• Cunha gasa limparemos a ferida dende o centro desta cara ao exterior, evitando introducir sucidade ou xérmenes na ferida. Nunca debe usarse algodón directamente sobre a fe-rida.

• Cohibir a hemorraxia en caso de existir. • Aplicar antiséptico na zona como povidona iodada. NON uti-

lizar alcohol sobre ningunha ferida. • Esterilizar con povidona iodada a zona de pel intacta que ro-

dea a ferida, "marxe de seguridade". • Cubrir a ferida con gasas estériles, fixándoas con esparadrapo

ou mediante vendaxe.

Se hai algún obxecto profundamente enclavado na ferida, nunca se quitará, suxeitarase para evitar que se mova durante o traslado a un centro sanitario.

Se existe perda de sustancia ou de calquera outra parte do organismo (dedo, dente, etcétera), colocalo dentro dunha bolsa de plástico e esta a súa vez poñela dentro doutra bolsa con xeo e

Page 50: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[50]

trasladala xunto co ferido ao hospital coa máxima urxencia posible por se houbese a posibilidade de reimplantación. 3. FERIDAS ESPECIAIS SCALP Tamén chamado despegamento do coiro cabeludo: neste caso realizarase unha vendaxe compresiva e trasladarase ao acciden-tado a un centro hospitalario en posición semisentado se non hai outras lesións que o impidan. AMPUTACIÓN Perda de calquera parte dun membro. Intentaremos controlar a he-morraxia con presión directa e no caso de que non sexa posible, fa-rase un torniquete, sabendo que é unha medida perigosa e que em-peora a probabilidade de poder implantar o membro. O membro amputado, cubrirase con compresas estériles e deberíase gardar nu-nha bolsa pechada, que se introducirá noutra onde haberá a partes iguais xeo e auga, evitando sempre, que o auga e o xeo entren en contacto co membro amputado.

Fig. 21. Tratamento do membro amputado

Page 51: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[51]

Fig. 22. Tratamento Foto B

4. HEMORRAXIAS Denomínase hemorraxia á saída de sangue por rotura dalgún vaso sanguíneo. No intre no que se produce a hemorraxia é moi importante valorar tanto a cantidade de sangue perdido como a velocidade con que a mesma se perde posto que ambas poden conducir con maior ou menor rapidez a un shock hipovolémico. Clasificación das hemoraxías As hemorraxias pódense clasificar en función de se o sangue sae ou non ao exterior do organismo e tamén en función da súa procedencia. En función da procedencia poden ser:

Arteriais O sangue é de cor vermella brillante e sae ao exterior a modo de borbotóns coincidindo co latexado cardíaco.

Page 52: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[52]

Venosa O sangue ten unha cor vermello máis escuro e sae de forma continua, como babeando a ferida. Capilares Obsérvanse multitude de pequenos puntos sangrantes que ao confluir tapan a superficie erosionada. A este tipo de hemorraxias denomínaselles hemorraxias en “saba”. En relación a se o sangue sae ou non ao exterior do organismo distínguense tres tipos de hemorraxias:

• Externas • Internas • Exteriorizadas por orificios naturais

4.1 TRATAMENTO DAS HEMORRAXIAS EXTERNAS No tratamento das hemorraxias externas débense seguir os seguintes pasos por orde de prioridade de actuación: 1. Presión directa sobre a ferida

Fig. 23. Colocación do apóxito sobre venda Colócase un apósito ou compresa sobre a ferida sangrante sobre a que se exerce presión continua co fin de tratar de cohibir a hemorraxia. Se a compresa empápase, non quitala, senón que se debe poñer outra encima xa que a primeira está favorecendo a formación do tapón plaquetario.

Page 53: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[53]

2. Elevación do membro afecto Sempre que non exista fractura, o membro ferido con hemorraxia situarase por encima do nivel do corazón, co fin de que pola acción da gravidade redúzase a presión do sangue e facilite así a formación do tapón hemorráxico por depósito de plaquetas. 3. Presión sobre a arteria principal do membro Se coas dúas manobras anteriores non se detén a hemorraxia, realizarase unha compresión, cos dedos dunha man, sobre o traxecto da arteria principal dese membro co fin de conseguir a disminución ou cese da hemorraxia. Con esta presión dixital trátase de esmagar dita arteria contra o óso. 4. Torniquete Este só aplicarase nas hemorraxias externas cando as medidas ante-riores non surtiesen efecto para deter a hemorraxia. O torniquete nunca deberá realizarse con obxectos finos, cortantes ou demasiado duros (aratue, cordas, etc) posto que se poden pro-ducir importantes lesións. O obxecto debe ser brando (goma, tea) e ter unha anchura como mínimo duns cinco centímetros. Debe aplicarse únicamente nos membros de óso único (brazo e coxa), aínda que a ferida estea moito mais abaixo, e sempre colocalo por encima da ferida sen tocar os bordos da mesma.

Fig. 24. Forma de apretar o torniquete

Page 54: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[54]

Fig. 25. Lugares onde facer o torniquete Unha vez que se coloca a tea para realizar o torniquete, fáiselle un medio nó; a continuación colócase sobre o mesmo un obxecto duro (pau, bolígrafo) e sobre o mesmo realízase outro nó e a continuación dáse voltas ata que cese a hemorraxia. Unha vez conseguido isto se inmobiliza o obxecto duro nesa posición con outro vendaxe. 4.2 TRATAMENTO DAS HEMORRAXIAS INTERNAS Neste tipo de hemorraxias o sangue non sae ao exterior senón que queda dentro do organismo, xeralmente na cavidade peritoneal, polo que poderemos sospeitar da súa existencia en función do tipo de accidente que tivese o individuo e dos síntomas e sinais que o mesmo presente. As causas que poden dar lugar a este tipo de hemorraxias poden ser:

• Traumatismos ou golpes no tórax, abdomen ou costas. • Feridas causadas por armas de lume ou armas brancas. • Caídas dende unha altura considerable.

Page 55: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[55]

Os síntomas e sinais que presentan son os do shock hipovolémico: • Disminución do nivel de consciencia. • Pel pálida, fría e suorenta. • Frecuencia cardiaca elevada. • Pulso débil. • Frecuencia respiratoria elevada. • Disminución progresiva da tensión arterial. • Disminución da temperatura corporal e frialdade de extremi-

dades. O tratamento consistirá en trasladar ao doente urxentemente a un centro hospitalario tapado con mantas e en posición antishock sem-pre que as súas lesións o permítan. 4.3 HEMORRAXIAS EXTERIORIZADAS POR ORIFICIOS NATURAIS OTORRAXIA Saída de sangue polo oído. Pode estar causada por lesións do pabellón auditivo ou tímpano, pero tamén pode deberse a fractura da base do cráneo. Neste caso, o sangue pode ir acompañada dun líquido transparente e presentar o doente perda de coñecemento. Actuación:

• Non taponar • Colocar ao doente inconsciente deitado sobre as súas costas,

movéndoo o menos posible. Se fose posible colocaráselle un collarín cervical e manteráselle en bloque, inmóbil ata que chegue axuda especializada.

EPÍSTAXIS Saída de sangue polo nariz. Adoita estar producida por lesións vasculares ou traumatismos do nariz (aínda que podería deberse a un traumatismo importante a nivel cerebral) Actuación:

• Repouso co corpo lixeiramente inclinado cara adiante coa boca aberta para expulsar o sangue.

• Soar o nariz. • Aplicar frío no dorso nasal. • Presión sobre a fosa nasal sangrante durante 2 a 5 minutos, se

non cesa aplicar o punto seguinte.

Page 56: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[56]

• Presionar a fosa que non sangra e realizar inspiracións pola fo-sa sangrante, se non cesa pasar ao seguinte punto.

• Taponar a fosa sangrante cunha gasa empapada en auga osixenada. Nunca utilizar algodón nin alcohol.

• Non manipular o nariz. • Traslado a un centro médico.

SHOCK HIPOVOLÉMICO É un estado no que o fluxo sanguíneo os tecidos periféricos e a perfusión son inaxeitados para manter a vida a causa dun volume minuto insuficiente ou dunha distribución anormal do fluxo sanguíneo periférico. Síntomas:

Ademáis das manifestacións clínicas debidas ao proceso patolóxico subiacente, pode apreciarse:

• Alteracións no nivel de consciencia. • Disminución da temperatura corporal, agás o shock sépti-

co. • Palidez cutánea intensa. • Sudoración profusa, fría e pegaxosa. • Frialdade nas extremidades. • Pulso débil e acelerado. • Disminución da presión arterial. • Aumento da frecuencia respiratoria.

Actuación ante un shock:

• Asegurar unha axeitada apertura da vía aérea e unha axeitada ventilación.

• Deter axiña as homorraxias, empregando os métodos axeitados.

• Colocar ao doente en posición anti-shock (sempre que as súas lesións non o impidan, no caso de accidentados) cos pés elevados entre 30 a 40 centímetros e a cabeza ladeada (se ten perda de coñecemento). Esta posición non se realizará se existen grandes feridas na cabeza ou ferida perforante de tórax.

• Tapar ao doente cunha manta para evitar que perda o seu propio calor corporal.

• Manter ao doente inmobilizado.

Page 57: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[57]

• Traslado urxente a un centro hospitalario. 5. DOR TORÁCICA. ANXINA DE PEITO É unha síndrome clínica producida por un fluxo sanguíneo coronario insuficiente. Caracterízase por episodios de dor ou sensación de opresión ou de queimazón en rexión retroesternal ou en epigastrio, que dura de 5 a 15 minutos, adoita desencadearse co exercicio ou o estrés e aliviar co repouso. É usual que a dor irrádiese ao pescozo, maxilar inferior, ombreiros ou membro superior esquerdo fundamentalmente, e con frecuencia acompáñase de síntomas secundarios como mareos, palpitacións, disnea (sensación de falta de vida), náuseas e vómitos, e palidez cutánea intensa. É indicio de gravidade:

• A dor que se inicia en situación de repouso. • O que se desencadeou tras exercicio e non cede co repouso.

Unha anxina prolongada pode desembocar nun infarto, xa que a persistencia dun insuficiente rego sanguíneo provocaría a morte celular da zona isquémica.

Fig. 26. Víctima dunha anxina de peito INFARTO AGUDO DE MIOCARDIO (IAM) O IAM defínese como a necrose ou morte das células dunha zona do músculo cardíaco (miocardio) producida por isquemia aguda e mantida.

Page 58: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[58]

A dor no IAM adoita ser das mesmas características e localización que o da anxina, aínda que máis prolongado e intenso. Adoita acompañarse de sudoración, náuseas, mareos, e ás veces sensación de morte inminente. Non se inflúe por cambios posturales nin move-mentos respiratorios, e pode ser definido como dor ou ben sensación de peso, constricción, angustia ou queimazón.

Fig. 27. Áreas de posible localización da dor en anxina e infarto

Hai que considerar a posibilidade dun IAM ante todo proceso doloro-so torácico ou epigástrico agudo. É moi importante que o doente mantéñase en repouso, xa que así existe un menor consumo de osíxeno e o corazón non ten que traba-llar tanto para conseguilo. Actuación ante dores torácicos:

• Tranquilizar ao doente. • Colocalo en posición de semi-incorporado, en repouso abso-

luto. • Afrouxar as roupas ou obxectos que poidan apertarlle. • Valorar pulso e situación xeral do doente (presenza de mareo,

sudoración, coloración e temperatura da pel....). • Valorar frecuencia respiratoria. • Se o doente ten comprimidos de Cafinitrina® débeselle poñer

un sublingual. • Tras comunicar os datos obtidos, seguir as instrucións do

Centro Coordinador de Urxencias Sanitarias 061.

Page 59: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[59]

• No caso de que o doente non teña úlcera de estómago ou de duodeno, non sexa alérxico á aspirina nin esté tomando anticoagulantes en pastillas ou mediante inxección na barriga, que mastique media aspirina e despois beba un pouco de auga.

CONVULSIÓNS. As crises convulsivas son contraccións musculares que se suceden como consecuencia de descargas eléctricas anormales nas neuronas cerebrais. A maior parte son idiopáticas, é dicir, descoñécese a causa que as orixina, e en menor proporción son secundarias ou reactivas a determinados procesos. Causas Moitas crises convulsivas son consecuencia dunha enfermidade cerebral previa. Outras se producen por unha alteración transitoria dun cerebro normal, pola acción de axentes nocivos pasaxeiros (isquemia, hipoxia, hipoglucemia, tóxicos, etc.). A estas últimas se lles coñece como crises reactivas. O seu tratamento debe dirixirse a correxir o axente causal, non precisan tratamento anticomicial posterior.

• Epilepsia. • Hipertermia. • Accidentes cerebro vasculares agudos. • Tumoracións SNC. • Infeccións SNC: meninxite, encefalite, etc. • Endocrinometabólicas: hipoglucemia, hiperglucemia, en-

cefalopatía hepática, hipoxia, etc. • Fármacos: antidepresivos, broncodilatadores, antipsicó-

ticos, etc. • Drogas de abuso: cocaína, síndromes de abstinencia

alcohólica ou benzodiacepinas. • Tóxicos ambientais.

6. CRISE EPILÉPTICA A epilepsia é unha afección crónica que se caracteriza pola repetición de convulsións debidas a unha descarga excesiva nas neuronas cerebrais.

Page 60: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[60]

O doente epiléptico adoita presentar unhas sinais premonitorias previas á crise, o que se coñece como aura do epiléptico. Despois do aura prodúcese un berro e a perda brusca da consciencia aparecendo a continuación as convulsions tónicas clónicas. O doente presenta saída de escuma pola boca, pode morderse a lingua e pode presentar relaxación de esfínteres. Unha vez que recupera o coñecemento presenta amnesia do ocorrido, somnolencia, e habitualmente dor de cabeza. O estado epiléptico, ou estatus convulsivo, é aquela situación na que a crise convulsiva dura máis de trinta minutos, ou ben se producen dous ou máis crises convulsivas que se suceden sen que o doente recupere a consciencia entre as mesmas. Ten unha alta mortalidade requerindo tratamento anticonvulsivo inmediato. A morte sobrevén porque o cerebro quédase sen osíxeno, shock de orixe cardiovascular, lesións traumáticas ou insuficiencia renal. Valoración Non todo doente que cae ao chan e presenta sacudidas musculares, padece unha crise convulsiva. Características clínicas que nos orientan cara a un episodio convulsivo:

• Comezo e terminación bruscos. • Duración breve: en xeral entre 90 e 120 segundos. • Alteración do nivel de consciencia. • Movemento sen finalidade. • Falta de provocación.

Actuación ante unha crise espiléptica:

• Durante a crise: o Valoración primaria: A,B,C. o Manter a vía aérea permeable. Evitar a introdución in-

tempestiva de obxectos na cavidade oral. Só se é po-sible facelo sen forzar excesivamente a mandíbula pode intentarse a inserción dunha cánula de Guedel.

o Permanecer á beira do doente. o Desabotoar as roupas apertadas, se é posible. o Protexer ao doente das posibles lesións que poida

causarse no transcurso da crise. o Se retirarán os obxectos cos que se poida lesionar.

Page 61: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[61]

o Colocar algún soporte brando entre a súa cabeza e o chan.

o Evitar a suxeción firme do doente, sen restrinxir os movementos das extremidades durante a crise.

o Observar atentamente a actividade do doente durante a crise.

o Cando o doente se atópe en estado postcrítico, colocalo en posición lateral de seguridade (PLS), agás se se sospeita lesión da columna cervical, manténdoo en observación ata que o seu estado de conciencia sexa normal.

o Reevaluar ao doente (A,B,C). o Anotar a duración da crise.

• Logo da crise: o Manter a vía aérea permeable retirando as secrecións

cunha compresa. o Trasladaremos ao doente en posición lateral de

seguridade prestando especial atención á presenza de vómitos. Se xa recuperou a consciencia poderémolo trasladar en posición decúbito supino coa cabeza elevada uns 45º.

o Non lle administraremos nin líquidos nin sólidos. o Reevaluaremos ao doente vixiando o nivel de

consciencia ante a posible repetición da crise. 7. SÍNCOPE É a perda súbita e transitoria do coñecemento, que se presenta no 3% da poboación xeral, recupérase espontáneamente sen necesidade de manobras físicas ou farmacolóxicas. Os máis frecuentes son os secundarios á alteración dos mecanismos reguladores da tensión arterial: o vasovagal e o ortostático. No síncope, a perda de consciencia pode estar precedida de visión borrosa, sudoración e malestar xeral. O cadro é de instauración rápida. Durante o periodo de inconsciencia o enfermo atópase débil, pálido, suorento, e posteriormente recupérase sen secuelas. Tipos de sincope:

• Síncope vasodepresor ou lipotimia común É o sincope máis frecuente, representando case o 50%. Preséntase nun 25% dos adolescentes, e acontece case

Page 62: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[62]

sempre como resposta a un estado emotivo de ansiedade ou de medo, sobre todo en ambientes pechados ou con aglomeración de xente e co doente de pé. Noutras ocasións a realización dunha análise de sangue ou doutra situación similar pode desencadear este cadro.

• Síncope vasovagal Débese a unha estimulación xerada no sistema vagal, xeralmente como resposta a unha dor intensa ou ben sen dor como síncope miccional. O mecanismo fundamental é a vasodilatación e a resposta vagal que se observa é secundaria á hipoxia.

• Síncope ortostático

Prodúcese ao poñerse o doente en pé de forma brusca e débese a unha alteración ou inhibición dos mecanismos que restablecen a presión arterial durante o ortostatismo.

Actuación ante os síncopes:

• Valoración primaria: A,B,C. • Manter a vía aérea permeable. • Afrouxar as roupas do doente. • Ladear a cabeza do doente e manter as pernas elevadas

para aumentar o fluxo cerebral (posición antishock). • Manter a temperatura sen abrigar excesivamente. • Reevaluar ata a chegada de axuda especializada.

8. HIPOGLUCEMIA Trátase da concentración anormalmente baixa de glucosa no sangue (xeralmente menos de 50 mg/dl). A hipoglucemia é o principal perigo para un enfermo diabético. Considérase unha urxencia médica perigosa a curto prazo, xa que o mantemento desta situación, pode causar lesións cerebrais irreversibles (a glucosa é o nutriente básico de sistema nervioso central) e ata a morte. Causas:

• Falta de inxesta de alimentos. • Doente diabético:

o Exceso de dose de insulina ou antidiabéticos orais.

Page 63: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[63]

o Disminución ou atraso da inxesta de alimentos. o Actividade física intensa ou aumento da absorción de

insulina. o Toma doutros medicamentos que potencian o efecto

hipoglucemiante. Síntomas da hipoglucemia:

• Suoración. • Tremor. • Taquicardia. • Palpitacions. • Ansiedade. • Fame. • Debilidade.

E se o cadro persiste, aparece disfunción do sistema nervioso central:

• Síntomas psiquiátricos: confusión, alteracións de com-portamento, agresividade....

• Síntomas neurolóxicos: mareo, cefalea, alteracións da visión, crise convulsivas, coma.... ata chegando a producir lesións neurolóxicas irreversibles.

Actuación ante hipoglucemias: A hipoglucemia é unha urxencia que necesita unha avaliación médica. A actuación do rescatador dependerá do estado de consciencia do doente. • Doente consciente:

Administración por boca de líquidos azucarados (auga azucarada, zumes...)

Seguir as indicacións do Centro Coordinador de Urxencias Sanitarias 061.

• Doente inconsciente:

Valoración primaria: permeabilidade de vía aérea. Aten-ción á aparición de vómitos.

Non administrar nada por boca. Posición lateral de seguridade, vixiando respiración e pul-

so.

Page 64: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[64]

9. CORPOS ESTRAÑOS NOS OLLOS Poden ser desde area, partículas de madeira ou metal, maquillaxe, pestanas, insectos, sucidade, tanto debaixo da pálpebra como sobre o globo ocular. Estes materiais son perxudiciais, non só polos seus efectos irritantes, senón polo perigo de raspar o ollo ou introducirse nel. Síntomas:

• Inflamación. • Enroxecemento do ollo afectado. • Sensación de ardor. • Dor. • Lagrimeo. • Dificultade para manter o ollo aberto.

Actuación:

• Evitar que a vítima se frote o ollo. • Non tratar de retirar o corpo estrano. • Non aplicar pingas oftálmicas (colirios), pomadas nin outras

solucións. • Trasladarase sempre a un centro asistencial cubrindo o ollo

cunha gasa estéril e sen presionar.

Fig. 28. Colocación da gasa cando hai un corpo estrano no ollo 10. GOLPE DE CALOR Tamén recibe os nomes de vez de sol ou hiperpirexia (febre elevada) por calor. É o máis grave dos efectos nocivos da calor e non necesariamente vai precedido doutras alteracións debidas ao mesmo.

Page 65: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Actuación de emerxencia no medio deportivo

[65]

Están especialmente predispostos os anciáns, os diabéticos, cardiópatas e persoas con enfermidades crónicas ou en estado de intoxicación alcohólica. Tamén é común en reclutas militares suxeitos a un forte adiestramiento, e ocasionalmente, vese en atletas de longa distancia. Non é requisito necesario a exposición directa ao sol, pero si á calor. O exercicio físico intenso e o exceso de roupa son dous dos factores predispoñentes máis frecuentes. Síntomas: Pode iniciarse de forma brusca con convulsións, estupor ou coma. Ocasionalmente a instauración deste cadro vai precedida de cefalea, mareos, náuseas, molestias abdominais, taquipnea (respiración rápida) e estado confusional. Os datos máis importantes na exploración son a suoración elevada. A pel adoita estar quente e seca, cesando a sudoración (aínda que ás veces persiste), e as respiracións son rápidas e débiles. Nos casos máis graves pode haber delirio. Actuación ante o golpe de calor:

Trátase dunha verdadeira urxencia médica, polo que hai que en-viar á víctima canto antes ao hospital, manténdoo o máis fresco posible (cuberto con toallas frías e húmidas e ventilado). Se o traslado demórase, hai que baixar rápidamente a temperatura do corpo, polo que se introducirá ao suxeito nun baño de auga fría. Se isto non é posible, cubriráselle con toallas húmidas e frías, baixo un ventilador. Unha vez no hospital, requerirá medidas específicas en función do seu estado. Non dar bebidas xeadas nin bebidas alcohólicas.

Page 66: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 67: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Capítulo 5

Lesións deportivas

Page 68: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 69: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Lesións deportivas

[69]

5. LESIÓNS DEPORTIVAS As lesións relacionadas coa práctica poden ser causadas de forma primaria polo deporte en sí, ou ben producíndose de modo secunda-rio. Lesión primaria Producida directamente por un traumatismo sufrido durante a prác-tica dun deporte específico. Esta lesión poder ser:

• Extrínseca, producida polo contacto corporal ou polo uso de elementos de equipamento deportivo.

• Intrínsecas, aparecen como resultado do propio esforzo do deportista.

Lesión secundaria A partires dunha lesión dada, en ocasións desenrolanse problemas secundarios, especialmente se a lesión non foi tratada no momento de forma axeitada, ou se o deportista volveu a competición demasiado cedo. 1. CLASIFICACIÓN DAS LESIÓNS DEPORTIVAS 1.1. LESIÓNS NA PEL Localízanse en xeral en rexións visualmente expostas e clasifícanse como feridas da pel. As feridas son aquelas lesións causadas pola acción dun axente traumático, que causa unha perda de solución de continuidade na pelo ou nas mucosas. As feridas se clasifican atendendo ó tipo de forza mecánica cas produce:

• Ampola É unha acumulación de líquido localizado baixo a epidermis ou no seu interior, orixinada polo roce continuo sobre a superficie da pel.

Page 70: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[70]

• Abrasión Lesión frecuente producida polo raspado da pel contra unha superficie rugosa. A epidermis e a dermis se desgastan na zona da raspadura, quedando expostos numerosos capilares sanguíneos. • Contusión cutánea Cando un golpe comprime ou aplasta a superficie da pel e produce unha hemorraxia baixo a mesma, aparece unha lesión que se coñece como cardeal ou contusión. • Laceración É unha ferida na que a carne resulta desgarrada de forma irregular. • Avulsión da pel Neste tipo de lesión o arrancamento é tan extenso que o tecido queda separado por completo da súa orixe. • Incisión Orixinadas pola acción dun obxeto cortante. Caracterízanse por ser feridas de bordes moi limpos e sangrantes. • Ferida punzante Son feridas que resultan da penetración da pel por un obxeto alargado e puntiagudo.

Síntomas das feridas: • Dor. Está en función de varios factores:

A sensibilidade do individuo. Do axente traumático; así por exemplo un corte

limpo producido por un axente moi afiado é me-nos doroso que se o corte produciuno un obxeto de superficie máis ancha e irregular.

Da distribución das redes nerviosas periféricas,unha na pel e outra no periostio, as feridas nestas locali-zacións son máis dorosas que as que afectan a planos intermedios, agás que afecten directamen-te a troncos nerviosos.

• Hemorraxia: É debido á sección ou corte dos vasos sanguíneos, constituindo moitas veces, o motivo prioritario da actuación.

Page 71: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Lesións deportivas

[71]

• Separación de bordos A separación de bordos depende non só do xeito e modo de actuar o axente traumático, senón tamén da elasticidade e posibilidade de retracción dos tecidos. A retracción segue unhas liñas denominadas de LANGER, tanto en tecidos superficiais coma profundos.

Tratamento xeral das feridas:

• Evaluación inicial da víctima A B C. • Lavar as mans con auga en abundante xabón antes de

proceder a tratar ningún tipo de ferida. • Limpar a ferida con auga a chorro de forma que incida

sobre o centro da ferida co fin de que arrastre todos os corpos estranos que pudera conter a mesma.

• Cunha gasa limparemos a ferida dende o centro da mesma ata o exterior, evitando introducir sucidade ou xérmenes na ferida. Nunca usar algodón directamente sobre a mesma.

• Cohibir a hemorraxia no caso de existir. • Aplicar antiséptico na zona como “povidona iodada”.

Non utilizar alcohol sobre nengunha ferida. • Esterilizar con povidona iodada a zona da pel intacta que

rodea a ferida “marxe de seguridade”. • Cubrir a ferida con gasas estériles, fixándoas con espara-

drapo ou mediante vendaxe.

Fig. 29. Limpeza da ferida

con gasa Fig. 30. Aplicación de

antiséptico Fig. 31. Vendaxe da ferida

Se hai algún obxeto profundamente enclavado na ferida nunca de-be quitarse, suxeitar o mesmo para evitar que se mova durante o traslado a un centro sanitario. Se existe perda de sustancia ou de calquera outra parte do organismo (dedo, dente, etc.), colocarase dentro dunha bolsa de plástico e ésta a súa vez poñela dentro doutra bolsa con xeo e trasladala xunto ao ferido ó hospital coa maior urxencia posible por se houbese posibilidade de reimplantación.

Page 72: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[72]

Fig. 32. Tratamento Foto A 1.2. LESIÓNS MUSCULOESQUELÉTICAS Os músculos do esqueleto presentan unha elevada porcentaxe de lesións deportivas. 1.2.1. Lesións musculares agudas

• Contusións As contusións ou cardenais aparecen como resultado dun traumatismo repentino sobre o corpo. A intensidade da contusión pode oscilar dende unha lesión superficial ata unha compresión de tecidos con hemorraxia. A contusión pode alcanzar a estructuras esqueléticas producindo unha contusión ósea, afectando en maior ou menor medida ó rendemento do deportista. Son típicos nos casos de contusión severa os seguintes feitos:

o O deportista refirese a que recibiu un forte golpe. o O golpe produce dor e parálise transitoria por

compresión dos nervios motores e sensitivos. o Á palpación observase unha zona firme e

endurecida debido a unha hemorraxia interna.

Page 73: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Lesións deportivas

[73]

o O tecido pode presentar unha coloración anormal.

As contusións musculares clasifícanse xeralmente segundo o grado de movilidade existente na zona afectada tras a lesión. • Contusión de 1º grado: apenas limita o movemento. • Contusión de 2º grado: ocasiona certas limitacións nos

movementos. • Contusión de 3º grado: xeralmente produce severa limita-

ción de movemento.

• Distensións Son estiramentos ou desgarramentos do músculo ou de tecidos adxacentes coma as fascias ou tendóns. A meirande parte das veces, as distensións son a consecuencia dunha contracción muscular anómala.

As causas posibles son:

Desequilibrio mineral a consecuencia dunha suoración profusa.

Acúmulo no propio músculo de metabolitos produci-dos polo esgotamento muscular.

Un desequilibrio de forzas entre os músculos agonistas e antagonistas.

• Cambras ou espasamos musculares As cambras conducen a lesións musculares e tendinosas. O espasmo é xeralmente unha contracción involuntaria e doro-sa dun músculo esquelético ou dun grupo muscular. A súa orixe atribúese a unha carencia de sal ou outros minerais, e á fatiga muscular.

• Maniotas O músculo ten miles de fibras musculares, non todas son do mesmo grupo nen teñen o mesmo grosor. Cando a un músculo sométeselle a contraccións e extensións por encima do nivel de preparación, as fibras musculares mais débiles rómpense ou sofren rupturas de continuidade. Isto provoca unha serie de dores en diversas zonas que aparecen entre 12 e 24 horas despois do esforzo.

Page 74: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[74]

• Contractura Contracción dolorosa, localizada, involuntaria e permanente que non cede en repouso. As contracturas máis frecuentes, pero menos graves, adoitan presentarse cando se obriga a un músculo ou a un grupo muscular a realizar un esforzo para o que non está preparado. Evolución: 7 a 10 días. • Rotura fibrilar Prodúcese lesión anatómica. Nela existe xa unha rotura parcial de fibras no músculo afecto por contracción ou por contusión directa. A gravidade da lesión dependerá do número de fibras lesionadas e da incapacidade funcional que ocasione. Por palpación apréciase á presión, un punto doloroso moi lo-calizado, así como impotencia funcional. Evolución: a partir de 20 días.

• Desgarro O desgarro muscular é a lesión do tecido muscular, xeralmente da maioría das fibras interiores do mesmo, que vai acompañada pola rotura dos vasos sanguíneos que percorren o músculo afectado. Sófrese cunha dor como unha "cravada de agulla" ou un “hachazo”que impide contraelo. Adoita precisar ciruxía.

O tratamento en un primeiro contacto ceñirase ó RICE:

Repouso: É esencial nas lesións musculoesqueléticas. Pódese conseguir limitándose a non mover a parte afectada, ou ben asegurar colocando vendaxes, férulas, esparadrapos,.... A inmobilización durante os 2 ou 3 primeiros días tras a lesión contribue a asegurar a curación da lesión sen complicacións.

Page 75: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Lesións deportivas

[75]

Ice (xeo): O frío, fundamentalmente o xeo en diversas formas, é un eficaz axente de primeiros auxilios. O xeo atenúa a dor e o espasmo, disminuindo a necreose tisular que se produce tras a lesión. O xeo (triturado) ou as bolsas de xel, deben aplicarse envoltas nunha toalla sobre a pel, xa que de forma directa producirían queimaduras. O paquete de xeo aplicarase sobre a lesión o antes posible, durante un periodo de 20 minutos, e repetilo cada 1-1.5 horas ó longo do día. Dependendo da gravidade e da localización da lesión, podese aplicar frío intermitente durante 72 horas. Compresión: Na maioría dos casos a compresión inmediata dunha lesión aguda é un importante coadyuvante do frío e a elevación, nalgunhos casos pode ser mellor que eles. A compresión ex-terna da lesión disminúe a hemorraxía e a formación do hematoma. Dispoñemos de moi diversos sistemas de compresión. Unha vendaxe elástica previamente empapada en auga e conxe-lada proporciona tanto compresión como frío en lesións re-centes. Elevación: Asociada ó frio e a compresión, a elevación reduce hemo-rraxia interna. A elevación da parte afectada por encima do nivel do corazón disminúe a hemorraxia e favorece o retorno venoso, reducindo ainda máis a inflamación.

Para as contracturas, poderase aplicar calor local dende as primeiras 24 horas, sempre tras diagnóstico médico xa que pode chegar a confundirse cunha rotura fibrilar, na cal a aplicación de calor está contraindicado os dous primeiros días. 1.2.2 Lesións musculares crónicas Desenrolanse de forma lenta e progresiva ao longo dun amplo espazo de tempo. As lesións agudas de repetición con frecuencia conducen a lesións crónicas. Algunhas lesións son:

Page 76: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[76]

• Fascite: A fascia que envolve e separa o músculo tamén sofre en oca-sións unha inflamación crónica. Un exemplo típico desta lesión é a fascite plantar.

• Tendinitis: Caracterízase por unha sensibilidade anormal difusa debido a microtraumatismos repetidos. A inflamacióin e a dor que varían co movemento do tendón son sinais manifestas de tendinitis.

O tratamento das lesións musculoesqueléticas: O tratamento en un primeiro contacto ceñirase ó RICE:

Repouso: É esencial nas lesións musculoesqueléticas. Pódese conseguir limitándose a non mover a parte afectada, ou ben asegurar colocando vendaxes, férulas, esparadrapos,.... A inmobilización durante os 2 ou 3 primeiros días tras a lesión contribue a asegurar a curación da lesión sen complicacións. Ice (xeo): O frío, fundamentalmente o xeo en diversas formas, é un efi-caz axente de primeiros auxilios. O xeo atenúa a dor e o es-pasmo, disminuindo a necreose tisular que se produce tras a lesión. O xeo (triturado) ou as bolsas de xel, deben aplicarse envoltas nunha toalla sobre a pel, xa que de forma directa producirían queimaduras. O paquete de xeo aplicarase sobre a lesión o antes posible, durante un periodo de 20 minutos, e repetilo cada 1-1.5 horas ó longo do día. Dependendo da gravidade e da localización da lesión, podese aplicar frio intermitente durante 72 horas. Compresión: Na maioría dos casos a compresión inmediata dunha lesión aguda é un importante coadyuvante do frío e a elevación, nalgunhos casos pode ser mellor que eles. A compresión ex-terna da lesión disminúe a hemorraxía e a formación do hematoma.

Page 77: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Lesións deportivas

[77]

Dispoñemos de moi diversos sistemas de compresión. Unha vendaxe elástica previamente empapada en auga e conxe-lada proporciona tanto compresión como frío en lesións re-centes. Elevación: Asociada ó frio e a compresión, a elevación reduce hemo-rraxia interna. A elevación da parte afectada por encima do nivel do corazón disminúe a hemorraxia e favorece o retorno venoso, reducindo ainda máis a inflamación. Para as contracturas, poderase aplicar calor local dende as primeiras 24 horas, sempre tras diagnóstico médico xa que pode chegar a confundirse cunha rotura fibrilar, na cal a aplicación de calor está contraindicado os dous primeiros días.

1.3. LESIÓNS ARTICULARES Coñécese como articulación do corpo o punto de unión entre dous ou máis pezas óseas.

• Esguinces É unha das lesións máis frecuentes e incapacitantes que se ven no deporte, tratase dunha torcedura articular traumática que orixina unha distensión ou unha rotura completa dos tecidos conectivos estabilizadores.

Os esguinces os clasificamos en tres grados:

• 1º grado: a dor é leve, mínima perda de función, leve altera-ción da sensibilidade local, inflamación escasa e inexistente, e motilidade normal á exploración.

• 2º grado: hay dor, perda moderada de función, inflamación e, nalgúns casos, inestabilidade lixeira ou moderada.

• 3º grado: o que o sofre ten moita dor, perda importante de función, inestabilidade anormal e inflamación.

O sangue e o líquido sinovial que se acumulan na cavidade articular debido ó esguince producen inflamación articular, aumento da temperatura local, dor ou sensibilidade local anormal e equimosis.

Page 78: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[78]

As articulacións máis vulnerables aos esguinces no deporte son os nocellos, as rodillas e os ombreiros. Síntomas:

• Dor máis ou menos intensa localizada no punto da lesión. • Inflamación da zona afecta. • Impotencia funcional máis ou menos manifesta por dor. • Dor ao estiramento forzado. • Hematoma.

• Luxacións e Subluxacións Tamén chamadas dislocacións, ocupan o segundo lugar tras as fracturas en termos de incapacidade deportiva. A meirande parte das luxacións corresponden aos dedos, e despois á articulación do ombreiro. As subluxacións son luxacións parciais, nas que se produce unha separación incompleta entre dous osos que compoñen a articulación. E as luxacións presentan unha separación total das superficies articulares dos osos. Nas dislocacións é importante ter en conta certos factores: • Existe perda de función dun membro. O deportista queixase

de sufrir unha caída ou de recibir un forte impacto nunha articulación determinada e de súpeto non pode mover esa parte corporal.

• A deformidade é case sempre evidente, podendo estar disimulada, ás veces, por unha forte musculatura.

• A inflamación e a alteración da sensibilidade aparecen de inmediato.

A afirmación “unha vez que se produce unha luxación, luxación para sempre” é certa na meirande parte dos casos debido a que, unha vez cunha articulación sufre unha subluxación ou unha luxación completa, os tecidos conectivos que a suxeitan e manteñen a súa aliñación correcta disténdense de xeito que a articulación volvese extremadamente vulnerable a seguintes luxacións. Unha luxación debutante deberá considerase sempre e tratada co-ma unha posible fractura.

Page 79: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Lesións deportivas

[79]

Podemos clasificalas en dous grupos:

• Segundo o seu grado de desprazamento: Completa Incompleta, tamén chamada subluxación.

• Segundo o seu mecanismo de produción: Espontánea Traumática

Síntomas:

• Dor espontánea e provocada á presión. • Gran deformidade. • Impotencia funcional total.

Tratamento das lesións articulares: O tratamento no primeiro contacto ceñiráse o RICE:

• Evaluar o alcance da lesión. • Aplicar sobre a lesión xeo triturado envolto nunha toalla

húmida. • Manter firmemente aplicado o paquete de xeo sobre a lesión

cunha vendaxe elástica colocada de distal a proximal. • Elevar a parte do corpo lesionada por encima do nivel do

corazón. • Retirar o paquete de xeo ao cabo de 20 minutos. • Reemplazar o paquete de xeo por unha vendaxe compresiva

e unha compresa. • Elevar a parte do corpo lesionada. • Volver a aplicar o paquete de xeo á hora ou hora e media, e

dependendo do grado de lesión, continuar esta secuencia ata que a resolución da lesión se producira e comenzara a reparación.

• Ao deitarse retirar a vendaxe elástica pero manter a eleva-ción.

• Elevar a parte lesionada por encima do nivel do corazón. • Cando o deportista inicie ó día seguinte, comezar de novo o

tratamento RICE e continualo todo o día. • Nas lesións de segundo e tercer grado manter ese mesmo

programa durante dous ou tres días.

Page 80: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[80]

Fig. 33. Luxación na articulación do

ombro (vista interna) Fig. 34. Vista externa da luxación de

ombro

No caso das luxacións, inmobilizarase o membro asi coma se atope e trasladar ao centro hospitalario. Nunca intentar reducir unha luxación. Inmobilizar a lesión mediante vendaxes ou férulas. 1.4 LESIÓNS ÓSEAS Os osos dan forma e soporte ó corpo. Ó mesmo cos tecidos brandos, os osos poden lesionarse durante a práctica do deporte.

• Periostite Existen diversos traumatismos deportivos, fundamentalmente contusións, responsable da inflamación do periostio, que denominamos periostite. A periostite pode aparecer como un episodio agudo ou evolucionar á cronicidade. • Fracturas óseas Denomínase fractura á rotura dun óso ou ben á discontinuidade do tecido óseo (fisura).

Existen distintos tipos de fractura, pero a sintomatología será común.

Page 81: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Lesións deportivas

[81]

De forma xeral, podemos clasificar ás fracturas en dúas familias:

• As abertas ou complicadas, de especial gravidade xa que o oso roto rasga a pel producindo feridas e posibles hemorraxias.

• As pechadas ou simples, menos graves, cando non existe ferida.

Síntomas sinais

• Dor intensa que aumenta coa palpación. • Impotencia funcional, hinchazón e amoratamento. • Deformidade máis ou menos acusada e/ou acortamento

dunha extremidade. • Existencia dunha ferida con fragmentos óseos visibles ou xerais

que son o reflexo da existencia dunha hemorraxia ou as repercusións dos fenómenos de dor.

• Crepitación. • Dor en todo o óso, á palpación coidadosa, pero de maior

intensidade a nivel do suposto foco de fractura. Tratamento:

A asistencia ó deportista traumatizado comezará no lugar do accidente. Os pasos a seguir serán sistemáticos para evitar esquencementos e valoración insuficiente.

• Exploración visual ou observación do deportista en xeral: deformidades, coloración, feridas.

• Palpación para comprobar: temperatura, crepitación, dor, deformidades e pulsos periféricos.

• Inmobilización: é probable ao acto primordial da asisten-cia ó deportista. Ante a sospeita de fractura, inmobilizar o membro antes de trasladar ao deportista. O transporte dunha persoa cunha fractura que non foi inmobilizada axeitadamente pode ocasionar maior dano tisular, hemorraxia ou shock.

Page 82: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[82]

2. TRAUMATISMOS 2.1. CRANEOENCEFÁLICO

• Contusións Adoitan ser producidas por obxectos romos. Producen dor e hinchazón (chichón). O tratamento inmediato consiste en colocar algo frío sobre a zona.

• Fracturas craneais.

Podemos aprecialas, non sempre, ao palpar o cráneo. Atoparemos deformidades ou fundimentos craneais. Síntomas:

• Alteración do nivel de consciencia. • Dor craneal. • Deformidade no cráneo. • Sangrado por oídos ou nariz. • Saída de líquido encefalorraquídeo, polo nariz ou polos

oídos. • Ollos de mapache e hematomas detrás das orellas. • Alteracións pupilares. • Alteracións na frecuencia e profundidade das

respiracións, adóitase tomar lenta e profunda. • Pulso lento e cheo.

Actuación:

• Asegurar a vía aérea e unha correcta ventilación, controlando as hemorraxias, se as houbese, sempre con control da columna cervical.

• Reevaluar constantemente. • Inmobilizar a columna cervical, colocando un colar cervical e

mantendo á víctima aliñada. • Non furgar nin limpar feridas craniais, pola posibilidade de

que estea roto o cráneo e podamos lesionar o cerebro. • Cubrilas con apósitos estériles. • No caso de feridas en Scalp, farase unha vendaxe tipo

capelina. • Non tapoar os conductos auditivos nin nasais cando sangren,

xa que pode ser sangue do interior do cráneo, e se impedimos a saída, pode aumentarse o dano cerebral.

Page 83: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Lesións deportivas

[83]

• Non retirar os corpos estranos cravados na cabeza. • Non aplicar presión sobre o fundimento do cráneo.

2.2. COLUMNA VERTEBRAL A súa importancia radica en que poden orixinar a compresión ou sección (parcial ou total) da médula espinal. Os mecanismos de produción máis frecuentes son:

• Caída sobre os pés dende unha altura considerable. • Caída violenta sobre as nádegas. • Golpe directo sobre a columna vertebral. • Movementos violentos do pescozo. • Latigazo cervical. • Golpe forte na cabeza, por exemplo ao introducirse de

cabeza en augas de fondo descoñecido.

As lesións que xeralmente prodúcense son os esguinces, as luxacións, as fracturas e a asociación destas dúas últimas. Os síntomas característicos da maioría das lesións que afectan á columna vertebral son:

• Dor localizada no lugar da lesión. En ocasións irrádiase seguindo o traxecto do nervio afectado (afectación de raíces nerviosas).

• Rixidez ou contractura muscular na zona lesionada. En calquera caso, se se sospeita a existencia dunha lesión, ou en caso de dúbida, débese actuar sempre coma se existise lesión de columna vertebral. É necesario ter sempre en conta que a médula espinal puido non haberse lesionado no momento de producirse o traumatismo e sí lesionarse posteriormente como consecuencia dun movemento brusco ou un transporte inadecuado. No caso dun doente cun traumatismo craneal que presente perda de coñecemento (ou non) deberá de tratarse coma se tivese lesión de columna cervical por iso é polo que antes de mobilizar ao doente deberá poñerse previamente o colar cervical. Actuación:

• Avaliación da vítima A B C. • Non mover ao doente ata que se vaia a proceder a súa

evacuación, agás que exista perigo vital.

Page 84: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[84]

• Pedir axuda especializada. • En caso de non dispoñer de axuda especializada, mobilizar

ao pacente mantendo sempre o eixe cabeza-pescozo-tronco como bloque único e ríxido.

• O traslado da víctima ao hospital será extremadamente coidadoso, observando unha condución sen manobras bruscas (aceleracións, frenazos, vaivén nas curvas,...)

LESIÓNS DOS NERVIOS Existen diversas respostas nerviosas anormais con orixe na actividade deportiva ou nunha lesión deportiva. Entre as patoloxías máis importantes destacan as que alteran a sensibilidade e as que producen dor. As seguintes patoloxías producen unha alteración da sensibilidade:

• Hipoestesia. Disminución da sensibilidade cutánea.

• Hiperestesia Aumento da sensibilidade cutánea, por exemplo na percep-ción da dor ou ao tacto.

• Parestesia Entumecemento, punzadas ou hormigueo que poden producirse por un golpe directo ou un estiramento dunha zona do corpo.

6. INMOBILIZACIÓNS 6.1. FÉRULAS Utilizanse para inmobilizar lesións osteoarticulares das extremidades e evitar outras lesións en estructuras veciñas como veas, arterias, nervios e tecidos brandos, disminuir a dor e facilitar a obtención de radiografías correctas. A colocación das mesmas é un proceso sinxelo mediante o uso das férulas de urxencia.

Na meirande parte dos casos o adestrador ou o deportista non teñen que improvisar unha férula, xa que moitos establecementos deportivos dispoñen de férulas de urxencia.

Page 85: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Lesións deportivas

[85]

As férulas poden ser:

• Neumáticas inchables. O uso destas férulas está indicado en lesións osteoarticulares distais, de membros inferiores e superiores. Teñen a forma e o tamaño do membro ao que se quere inmobilizar (brazo, antebrazo, perna,...). Ínflase co aire ao redor da zona afectada e pode utilizarse tamén en hemorraxías.

Fig. 35. Neumáticas inchábles

• Ríxidas Non son moldeables, a extremidade afectada axustarase ó contorno e forma da férula. Normalmente fixase ó membro fracturado mediante cinchas de belcro. Exiten varias formas e tamaños.

Fig. 36. Férulas ríxidas

• De madeira Recoméndase utilizar táboas e almofadas para encher os ocos anatómicos do deportista e inmobilizar correctamente.

Page 86: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[86]

Fig. 37. Férulas de madeira

TÉCNICA DE COLOCACIÓN DAS DÉRULAS

• Retirar a roupa (se non é posible, cortala), reloxios, aneis, .. do membro afectado.

• Examinar a lesión (coloración, pulso distal,...). • Tapar as feridas con gasas ou compresas de gasas

estériles. • Seleccionar o tipo de férula e tamaño axeitado. • Deslizar a férula polo membro afectado mentres un

rescatador mantén una lixeira tracción proximal. • A férula debe abarcar unha articulación por debaixo e

outra por encima da lesión. • Manter o membro aliñado en posición neutra e proceder

a inflar comprobando que a presión aplicada non prexudica a perfusión do membro.

• Controlar a perfusión do membro (enchido capilar, coloración da pel) e vixiar o estado da férula.

INDICACIÓN DE TÉCNICAS DE INMOBILIZACION A asistencia ao politraumatizado debe comezar no lugar do accidente. Os pasos a seguir deben ser sistemáticos para evitar esquecementos e valoración insuficiente.

1. Exploración visual ou observación do doente en xeral: de-formidades, coloración, feridas. 2. Palpación para comprobar: temperatura, crepitación, dor, deformidades e pulsos periféricos. 3. Inmobilización: é probablemente o acto primordial da asis-tencia ao politraumatizado.

Page 87: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Capítulo 6

Vendaxes e técnicas de inmobiliza-ción

Page 88: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 89: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Vendaxes e técnicas de inmobilización

[89]

VENDAXES E TÉCNICAS DE INMOBILIZACIÓN 1. INMOBILIZACIÓN DE CLAVÍCULA O obxectivo desta inmobilización debe dirixirse a soster o peso da ex-tremidade afectada, para o que se coloca un cabestrillo (seguido dun contracabestrillo).

• Posición inicial do cabestrillo sobre o tronco do pacente coas puntas aliñadas sobre o mesmo e o vértice á altura do cóbado(non mobilizar o brazo lesionado).

• Os dedos da man inmobilizada estarán visibles e a mesma lixeiramente elevada, formando o cóbado un ángulo de 45 grados.

• Facer un nó lateralizado no pescozo, apretando progresivamente sen tiróns.

• A continuación colócase o contracabestrillo sobre o tórax e o brazo afecto co fin de inmobilizar a articulación do ombreiro.

Fig. 38. Colocación do

cabestrillo Fig. 39. Colocación do

contracabestrillo Fig. 40. Inmobilización da

clavícula 2. INMOBILIZACIÓN DO BRAZO O obxectivo debe dirixirse a inmobilizar o húmero e as articulaciones máis próximas.

• Inmobilización sen férulas É igual que o caso anterior, realízase un cabestrillo e un contra-cabestrillo.

• Inmobilización con Férulas:

Colocar un almofadillado no oco axilar.

Page 90: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[90]

Colocar unha férula pola cara interna do brazo que abarque dende o oco axilar ata o cóbado e outra polo exterior dende o ombreiro ata o cóbado.

Atar as férulas cunha tira por encima e por baixo do suposto foco de fractura.

Poñer un cabestrillo para inmobilizar o cóbado. Colocar dúas tiras sobre o tórax, atándoas sobre a

táboa externa do brazo afecto por encima e por baixo das tiras postas anteriormente.

Fig. 41. Colocación da férula na cara interna

Fig. 42. Colocación da férula no exterior

Fig. 43. Tiras colocadas por riba e debaixo da ferida

Fig. 44. a) Colocación de férulas de

madeira. b) Colocación de férula ríxida Fig. 45. Inmobilización do brazo

3. INMOBILIZACIÓN DO CÓBADO No caso de fractura e/ou luxación do cóbado o doente pode presentar o membro afecto en flexión ou en extensión:

Page 91: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Vendaxes e técnicas de inmobilización

[91]

• Membro en Flexión Neste caso realizarase un cabestrillo e un contracabestrillo igual que o caso da fractura de clavícula. • Membro en Extensión

Colocar un almofadillado no oco axilar. Poñer unha férula (por dentro) dende o oco axilar ata

os dedos da man afecta e outra (por fóra) desde o ombreiro ata os dedos da man afecta.

Suxeitar estas táboas cunha tira á altura do brazo (preto da axila) e outra a nivel do carpo.

Colocar dúas tiras que atadas no costado contralateral que estean situadas por encima e por baixo da articulación do cóbado.

4. INMOBILIZACIÓN DO ANTEBRAZO E BONECA O obxectivo desta técnica debe dirixirse a inmobilizar o cúbito e/ou radio e as articulaciones máis próximas (cóbado e boneca), podendo realizarse con ou sen férulas.

• Inmobilización sen férulas Igual que no caso da fractura de clavícula.

• Inmobilización con férulas

Colocar dúas férulas, unha pola cara interna do ante-brazo e outra pola cara externa que abarquen dende a articulación do cóbado ata a raíz dos dedos.

Suxeitar ambas férulas mediante dúas tiras de venda, unha a nivel da articulación da boneca e outra logo da articulación do cóbado, de forma ca suposta liña de fractura quede no medio de ambas.

Finalmente aplicar un cabestrillo. No caso de sospeitar fractura dos ósos do carpo ou do

metacarpo, abonda con que ambas férulas cheguen ata a punta dos dedos. De todos os xeitos se só é a falanxe dun dedo a que se fractura pódese inmobilizar vendando con esparadrapo o dedo lesionado co adxacente san.

Page 92: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[92]

Fig. 46. Colocación de

rérulas de madeira Fig. 47. Colocación da

venda superior Fig. 48. Inmobilización do

antebrazo

Fig. 49. Inmobilización do antebrazo con férula de

madeira

Fig. 50. Colocación da férula ríxida

Fig. 51. Inmobilización do antebrazo con férula ríxida

5. INMOBILIZACIÓN DA COXA O obxectivo consiste en inmobilizar o fémur e as articulaciones máis próximas (coxo-femoral e xeonllo). É moi importante ter presente que unha fractura da diáfisis femoral conleva unha hemorraxia interna de 500 a 1000 cc, polo que se o doente ademáis presenta unha hemorraxia externa, terase en conta a posible aparición de shock hipovolémico.

• Inmobilización sen férulas

Fig. 52. Colocación de vendas e acolchado

Fig. 53. Vista superior da inmobilización sen férulas

Fig. 54. Vista anterior da inmobilización sen férulas

Page 93: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Vendaxes e técnicas de inmobilización

[93]

Realizarase a inmobilización utilizando o outro membro inferior san como férula.

Entre ambos membros inferiores colocarase un acolchado (por exemplo gabán, manta enrolada, etc.).

Os vendaxes deslizaranse aproveitando os ocos naturais (poplíteo e nocello) e colocaranse por encima e por baixo do suposto foco de fractura, por encima e por baixo da articulación do xeonllo, outro a nivel da perna e finalmente os pés se inmobilizarán cunha vendaxe en oito.

• Inmobilización con férulas

Colocar unha táboa que abarque dende a axila ata mais abaixo do nocello e outra pola cara interna da coxa dende a zona inguinal ata o nocello.

Suxeitar ambas férulas con vendas a nivel do tórax; antes e logo da cadeira, na coxa (por encima e por baixo do suposto foco de fractura); por encima e por baixo da articulación do xeonllo; a nivel da perna e finalmente inmobilizar o pé cunha vendaxe en oito de forma que entre o dorso do pé e a cara anterior da perna forme un ángulo de 90 grados. As vendaxes de suxeción introduciranse aproveitando os ocos naturais.

Fig. 55. Colocación de férulas de madeira

Fig. 56. Inmobilización do membro inferior

Page 94: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[94]

6. INMOBILIZACIÓN DA PATELA Sempre que a patela sufra unha fractura co membro inferior en extensión. Se a mesma prodúcese en flexión deixarase tal cal está.

• Inmobilización sen férulas Colocar un acolchado entre ambos membros inferiores

dende a ingua ata os nocellos. Deslizar as vendaxes de suxeción polos ocos naturais,

situándoos a nivel da coxa; por encima e por baixo da patela; a nivel das pernas e finalmente os pés cunha vendaxe en oito.

As vendaxes débense anuar sobre o membro inferior non lesionado.

• Inmobilización con férulas

Colocar unha táboa por baixo do membro inferior lesionado, que abarque dende a terminación da coxa ata un pouco mais abaixo do talón do pé.

Suxeitar dita férula con vendas a nivel da coxa; por encima e por baixo da patela; a nivel da perna e finalmente o pé cunha vendaxe en oito.

Finalmente encher os ocos naturais colocando almofadillado a nivel do oco poplíteo e do nocello.

7. INMOBILIZACIÓN DA TIBIA E PERONÉ O obxetivo consiste en inmobilizar a tibia e/ou o peroné fracturado así como as articulacións adxacentes (xeonllo e tobillo).

• Inmobilización sen férulas

Se pode utilizar como férula o membro inferior non lesionado.

Colocar un acolchado entre ambos membros inferiores desde a ingua ata os nocellos e inmobilizar estes últimos cunha vendaxe en oito.

Posteriormente pasar as vendaxes de suxeción polos ocos naturais e inmobilizar a nivel da coxa; por encima e por baixo da patela, tendo coidado que esta última vendaxe de inmobilización coincida por encima do foco de fractura (pero nunca sobre o mesmo); por baixo do foco de fractura a nivel da perna.

Page 95: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Vendaxes e técnicas de inmobilización

[95]

• Inmobilización con férulas

Pasar as vendas de suxeción por baixo do membro lesionado aproveitando os ocos naturais.

Colocar unha táboa pola cara interna do membro fracturado dende a ingua ata o pé, e outra táboa pola cara externa do mesmo dende un pouco máis arriba da cintura ata o pé.

Posteriormente atar as vendaxes sobre a férula externa nas mesmas situacións que no caso anterior.

8. INMOBILIZACIÓN DO NOCELLO- PÉ Do mesmo xeito que en todos os casos de traumatismos óseos, é moi difícil distinguir unha fractura dun simple esguince ou subluxación sen que exista unha radiografía, aínda que de todos os xeitos, unha exploración coidadosa, neste caso concreto, podemos sospeitar da existencia dunha fractura de nocello cando a dor séntase varios centímetros por encima do maléolo (interno e/ou externo), mentres que nun esguince maniféstase a dor por baixo dos maleolos. Nunca se debe quitar o zapato da vítima, xa que se causarían movementos innecesarios. Polo xeral, será suficiente inmobilizar os dous pés xuntos mediante unha vendaxe en oito e manter as extremidades elevadas apoiándoas sobre unha superficie ben acolchada (manta enrolada).

Page 96: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 97: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Capítulo 7

O botiquín

Page 98: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 99: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

O botiquín

[99]

O BOTIQUÍN É importante ter unha serie de materiais e medicamentos básicos á man para practicar os primeiros auxilios dunha forma eficaz e segura. O botiquín debe conter aqueles materiais que nos permitan realizar pequenas curas e a primeira intervención de urxencia ata a chegada de persoal especializado. Podemos adaptar a composición do botiquín, dependendo do tipo de traballo ou actividade que se vaia levar a cabo. Hai que ter en conta, que no botiquín só debe de haber utensilios, materiais ou medicamentos que calquera saiba e poida utilizar dun xeito seguro. É importante ter no botiquín un papel cos números de teléfono para urxencias (ambulancias, bombeiros, servizo de toxicología,...) e unha pequena guía rápida de actuación para en caso de dúbida e/ou nerviosismo. O ideal dun botiquín sería que todos os materiais fosen dun só uso e xa que logo desechables. O material imprescindible que debe de haber nun botiquín será:

• Tesorias curta roupa. • Pinzas de disección. • Termómetro. • Suero fisiolóxico (monodosis). • Povidona iodada (monodosis). • Manta térmica. • Luvas de látex. • Pano triangular. • Férula enrolable (tipo Boston). • Paquetes de gasas estériles. • Paquetes de compresas estériles. • Esparadrapo de tea. • Esparadrapo hipoalerxénico. • Vendas de gasa de varios tamaños (5, 7 e 10 cm). • Vendas elásticas de 10 cm. • Tiritas de varios tamaños. • Dispositivo barreira para realizar o boca a boca.

Page 100: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[100]

• Bolsas de frio químico. • Gasas especiais para queimados (tipo “Waterjel”). • Spray ou xel antiinflamatorio de acción tópica. • Spongostan®. • Steri-strip.

Page 101: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Capítulo 8

Protocolos de evacuación

Page 102: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 103: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Protocolos de evacuación

[103]

PLAN DE URXENCIA E EVACUACIÓN NO AMBITO DEPORTIVO 1. INTRODUCCIÓN Podemos definir o PLAN DE URXENCIA E EVACUACIÓN como un do-cumento básico dirixido a un colectivo deportivo, a súa finalidade te-rá unha dobre vertente, por unha banda preventiva e en contrapun-to a esta, de actuación:

• Previr actos que poidan atentar a seguridade como primeira prioridade de persoas e como segunda prioridade de bens materiais.

• Protexer ou actuar ante situacións de urxencia, buscando

neutralizar/minimizar as consecuencias e garantir a eficiencia da evacuación.

¿Onde se debe implantar un PLAN DE URXENCIA? A esta pregunta responde en parte a lexislación vixente, que a nivel estatal, esixe a certo tipo de edificios ou actividades o implantar plan de urxencia. É o caso de hospitais, hoteis, locais de espectáculos, RECINTOS DEPORTIVOS,... 2. OBXECTIVOS Escola Vasca do Deporte (Marzo de 2006):

• Previr as causas de calquera urxencia. • Neutralizar e reducir as súas consecuencias. • Garantir unha correcta evacuación. • Implementar o rescate e o salvamento. • Minimizar os danos materiais no recinto e entorno. • Atender aos servizos de urxencia. • Atender aos medios de comunicación social.

Page 104: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[104]

3. PRINCIPIOS XERAIS Partirá da análise das instalacións, riscos existentes e medidas de protección dispoñibles. Todos os traballadores, deportistas, espectadores, visitantes estarán informados sobre as pautas xerais de actuación ante unha urxencia a través de carteis, simulacros,... Debe tratarse dun plan efectivo e testado en real (viable): non só un proxecto plasmado sobre papel. Trátase dunha ferramenta viva: é actualizable a través do control e a revisión. CONTIDO DO PLAN DE URXENCIA E EVACUACIÓN A información para a elaboración de PLANS DE URXENCIA adóitase agrupar, tendo en conta as pautas que propón a Dirección Xeral de Protección Civil na sua guía para o desenvolvemento de Plan de Urxencia contra incendios e de evacuación en locais e edificios, en 4 documentos: EVALUACIÓN DO RISCO

TIPO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS (especialidades, campionatos,....)

Accidentes máis comúns Análisis de riscos-perigos: actividades a desenrolar en cada área ou sector.

ESTRUCTURAS DEPORTIVAS

Información xeral: ubicación e ca-racterísticas das instalacións Tipo de instalación: caractarísticas constructivas. Descripción da instalación: situación dos accesos vías de comunica-ción,.... Entorno

EVA

LUA

CIÓ

N D

O R

ISC

O

PERSOAL DA INSTACIÓN (laboral e non laboral)

Ratio de usuarios, usuarios-visitantes, número máximo de ocupación.

En relación a estes datos, realizarase unha clasificación en función do grado de risco (alto, medio ou baixo) por área de instalación.

Page 105: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Protocolos de evacuación

[105]

De toda esta información deberán prepararse tres exemplares:

• - Un para o corpo de bombeiros. • - Un para a dirección da empresa. • - Un para colocar nun armario ignífugo ou similar onde se

poida ler: USO EXCLUSIVO DE BOMBEIROS. MEDIOS DE PROTECCIÓN Débense relacionar neste documento os medios tanto técnicos como humanos necesarios ou dispoñibles na instalación para afrontar unha urxencia. Este documento baséase en INVENTARIOS a tres niveis:

• MATERIAIS (equipos de primeiros auxilios, de rescate, contraincendios,...).

• ESTRUCTURAIS (vías de evacuación, ubicación medios de urxencia,...)

• HUMANOS PLAN DE URXENCIA Trátanse de guías xerais de actuación primaria: identificación e co-mezo da actuación ante situacións de urxencia. Do estudo anterior dos riscos potenciais e medios de protección, derívanse as actua-cións que se plasmaran no plan de urxencias. Para ser operativo terá resposta clara, concreta e concisa ás pregun-tas: ¿Que se fará?, ¿quén o fará?, ¿Cando?, ¿Cómo?, e ¿Onde se fará? CREACIÓN E POSTA EN MARCHA

• Depende do titular da actividade. • Colectivo de traballadores – dirixentes – técnicos – deportistas

- usuarios deberán coñecer e participar no PLAN DE URXEN-CIAS.

• Elaborarase en relación á gravidade da urxencia (conato, parcial e xeral), as dificultades de controlala, posibles conse-cuencias e a dispoñibilidade de medios humanos.

Page 106: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.

Guía rápida de primeiros auxilios no deporte

[106]

• Deseñáranse diagramas de fluxo coas distintas secuencias de actuación.

IMPLANTACIÓN “Conxunto de medidas a tomar ou secuencia de accións a realizar para asegurar a eficiencia operativa do mesmo”. Depende do titular da actividade. Programa de implantación: Elaboración do documento Redacción de instrucións de prevención e

actuación en caso de urgencia Redacción de pautas operativas para grupos de actuación.

Planos Xerais “Vostede está aquí”

Formación continua de traballadores e grupos operativos

Traballadores Usuarios Deportistas

Buzon de suxerencias Presentacion do plano a organismos oficiais

Exercicios / simulacros Obxetivos claro Evaluables Periódicos

Page 107: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 108: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 109: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.
Page 110: 0000 - Libro PPAA-4 - Federación de Salvamento e ... · tocolo de Resucitación Cardio Pulmonar (RCP) Bási-ca e tratado con mimo, tanto para as víctimas adul-tas e pediátricas.