Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas...

29
MEMORIA TS S1E “Os límites entre liberdade de expresión e delito nas redes socias e internet” Alonso Moreda, Sara Álvarez Patiño, Coral Bugarín Morais, María Codesido Leborán, Mateo Deus Rivadulla, Alba 1.1.- Breve resumo do tema e obxectivos a partires do Formulario entregado e actualizado no seu día. Palabras chave O noso TS trata do límite entre liberdade de expresión e delito en internet, nas redes sociais en particular, e analiza os dereitos que temos como usuarios. Saber como actúa a liberdade de expresión na rede e onde están os nosos límites respecto o Outro e ata onde poden chegar os nosos comentarios persoais. Ademáis da análise do incidente do pasado cuatrimestre en twitter cunha profesora por estes motivos. Palabras chave: liberdade de expresión, redes sociais, dereito ó honor, a propia 1

Transcript of Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas...

Page 1: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

MEMORIA TS S1E

“Os límites entre liberdade de expresión e delito nas redes socias e internet”Alonso Moreda, Sara

Álvarez Patiño, Coral

Bugarín Morais, María

Codesido Leborán, Mateo

Deus Rivadulla, Alba

1.1.- Breve resumo do tema e obxectivos a partires do Formulario entregado e actualizado no seu día. Palabras chave

O noso TS trata do límite entre liberdade de expresión e delito en internet, nas redes sociais en particular, e analiza os dereitos que temos como usuarios. Saber como actúa a liberdade de expresión na rede e onde están os nosos límites respecto o Outro e ata onde poden chegar os nosos comentarios persoais. Ademáis da análise do incidente do pasado cuatrimestre en twitter cunha profesora por estes motivos.

Palabras chave: liberdade de expresión, redes sociais, dereito ó honor, a propia imaxe, dereito ó olvido, publicidade, delito.

1.2.- Resumo da organización do grupo diante do traballo: reparto de tarefas, procedementos. metodoloxías e recursos empregados polos pesquisadores

1

Page 2: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

Alonso Moreda: encargada das entrevistas á policía e a compañeiros afectados no caso Marita, da organización do visionado da película, de investigar varios blogs de dereito en internet e lecturas para o proceso de documentación. Redación da memoria.

Álvarez Patiño: encargada da entrevista á psicóloga, de lectura para a documentación.

Bugarín Morais: encargada das entrevistas á policía e a Marita Otero e outros compañeiros, das lecturas lecturas para a documentación e da investigación de blogs de dereito en internet. Redación da memoria.

Codesido Leborán:Lecturas para a documentación.

Deus Rivadulla: encargada das entrevistas co avogado e con Loreto Corredoira (vía email). Encargada de procurar a película Ciberbully, e de lecturas para a documentación. Redación da memoria.

A metodoloxía segue o mesmo esquema en tódolos casos, comeza cunha investigación e procura de contactos. Concertamos unha cita co experto no campo a investigar. A preparación desta pasaba por tódolos membros do grupo para diversificar as opinións e obxectivos a cumprir. Unha vez realizada e transcrita, facíase unha posta en común. No caso da documentación procedemos a unha repartición equitativa dos textos pero sempre poñendo en común como se viu no post do blogue.

Os recursos empregados foron escasos: gravadora, vehículos para ao desprazamento e manuais e documentos varios.

1.3.- Rexistro-itinerario de accións emprendidas:

18/04/2012: Alba e María entrevistan aos 3 afectados restantes do caso. María Luisa non responde ós mails, e desistimos de contactar con ela, xa que o caso é delicado e non moi grato para ela.

2

Page 3: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

17/04/2012: Proxéctase a película Cyberbully na Aula 4 da facultade ás 17:00

11/04/2012: Sara entrevista aos primeiros afectados no caso real a investigar do pasado cuatrimestre.

02-06/04/2012: Período de documentación tralo reparto das lecturas escollidas para a investigación. Isto quedou reflectido nos post persoais e de grupo á volta da Semana Santa.

27/03/2012: Creouse un evento para pedir a colaboración dos afectados no caso Maria Luisa Otero, pero atopámonos que a participación era baixa por medo a represalias. Conseguimos 4 persoas.

22/03/2012: Alba desprázase a A Coruña para unha entrevista con Raúl González, avogado. González fala das leis que regulan a violación do dereito ó honor e á propia imaxe, inxurias e calumnias... e algúns casos que levou persoalmente ou coñece.

21/03/2012: O grupo reúnese para ver o avanza ata o momento e replantexarse as actividades tras a negativa da Policía Nacional. Buscamos alternativas, Coral pregunta na Casa da Xuventude de Santiago pero non traballan conferencias deste tipo.

19/03/2012: Sara intenta conseguir unha conferencia sobre os conflitos nas redes social da man do proxecto Plan

3

Page 4: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

Director para a Mellora da Convivencia e Seguridade nos Centros Escolares impartido pola Policía Nacional. Recibiu a negativa do encargado das charlas na provincia de A Coruña por non ser solicitada por persoal docente, de moi malas maneiras.

18/03/2012: Alba contacta con Loreto Corredoira, experta en dereito en Internet. A partires dun cuestionario Loreto remite por correo electrónico a documentación precisa para o traballo.

10/03/2012: Coral entrevista a Cristina Pereira Romero en Santa Comba, psicóloga experta en psicoloxía infantil e xuvenil. Deulle un perfil de afectados e acosadores e achegou casos reais que ela tratara. Díxonos tamén que as redes sociais fixeron aumentar os casos de acoso.

06/03/2012: O grupo reuniuse para a posta en común do elaborado ata a fecha e para encamiñar o futuro do traballo. Buscamos manuais que puideran axudar a investigación pero a maoría resultaron moi técnicos e íanse do tema.

28/02/2012: Sara e María acudiron ás dependencias da Policía Nacional en Santiago para falar co encargado de delitos informáticos. Faloulles da importancia da publicidade como agravante nestes delitos, que en Santiago no que vai de ano déronse bastantes casos e que normalmente saen adiante pero só conlevan unha multa económica. A rede máis problemática é Facebook.

27/02/2012: Alba busca unha película acorde co tema xeral do traballo: Cyberbully. Que tras un visionado inicial

4

Page 5: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

observou que trataba todos os puntos do noso traballo baixo un caso real.

23/02/2012: Sara e María documéntanse para preparar a entrevista á policía.

1.4.- Pequeno test ao traballo

1.4.1.- Estimación sobre os procedementos realizados polo grupo. Propor melloras.

As tarefas foron dunha periodicidade máis que aceptable e a metodoloxía empregada foi moi efectiva. As que non se levaron a cabo non foron culpa dos membros deste grupo senón do pouco interese ofrecido polas organizacións encargadas da conferencia por exemplo.

Quizais estaría ben contar con máis fontes malia ser complicado atopar expertos na materia en España ao non existires unha lexislación específica para o acoso nas redes sociais (si nalgúns estados de América).

Tamén o traballo peca dun contido lexislativo moi amplo debido á falta de participación de afectados neste tipo de casos.

1.4.2.- Estimación sobre o seguemento do tema nos post e interese da clase. Propor melloras de promoción do tema.

A aceptación no blog non foi constante pero cando falamos de dereitos e lexislación aplicable a casos reais a xente mostrou un maior interese. Podemos deducir que a xente ofrece interese pola nosa investigación porque lle cae preto, é algo que está no seu día a día.

É posible que de ter conseguido un exemplo real alleo a eles, que poidan seguir sen medo a represalias, evitaría

5

Page 6: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

que moitos ignorasen o tema e se implicasen e opinasen dun xeito máis aberto. Aínda que a aceptación foi boa.

1.4.3.- Estimación sobre a relación do tema cos temas da asignatura. Acercamento e propostas.

A comunicación interpersoal está a evolucionar desde a democratización de Internet, estanse a promocionar as redes sociais como principal medio de comunicación entre os xóvenes. Estes trasladan aquí os seus hábitos comunicativos pero sofren unha mutación formal e de esencia, ademais a posibilidade do anonimato acrecenta os malos usos das redes sociais e por tanto da comunicación entre eles.

1.4.4.- Resultados acadados polo grupo coas experiencias, tanto no ámbito grupal, como de coñecemento. Melloras acadadas.

Os resultados no tocante ao campo de coñecementos adquiridos foron positivos, aprendemos que en España non existe unha lexislación específica para a rede. Tampouco existe unha conciencia da necesidade dunha nova lei, malia que os casos aumentan nos últimos anos a velocidades de vertixe. A experiencia cos nosos compañeiros revelounos que os insultos/ ofensas por internet non se soen considerar delito, nin fallo, a diferenza que cara a cara, aínda que sí recoñecen que hai unha liña entre liberdade de expresión e delito. Entón , por qué con internet non ocorre o mesmo? As conclusións finais son que as persoas non entenden ata que punto internet difunde a información, ata onde pode chegar, e ata a quen. No caso con Marita Otero, todos coinciden que en ningún momento pretendían ofender nin calumniar ou faltar á súa imaxe, que só era unha broma. Pois isto e o que pretendemos co traballo: concienciar sobre a comunicación en internet, que é publicidade 100%, e que hai que ser responsables co que se di/ escribe/ grava, pois no

6

Page 7: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

momento en que se colga na rede, xa non é noso, e é un delito de orixe privado, é dicir, mediante denuncia.

Como grupo aprendemos a coordinarnos con eficacia e a repartir as tarefas de acordo cos intereses persoais e a maior facilidade de achegamento ao tema. Ao principio tivemos problemas leves á hora de atopar horarios de encontro para encamiñar o traballo pero pronto se viron solucionados.

1.5.- Materiais:

1.5.1 Bibliografía consultada

- Código Penal: 17º Edición Tecnos; Injurias (Art. 206-216) 2011

- ANDRES PALAZZI, Pablo; JIJENA LEIVA, Renato; TÉLLEZ VALDÉS, Julio; El derecho y la sociedad de la información: la importancia de Internet en el mundo actual. TEC de Monterrey, México 2003 : non foi de moita axuda, desactualizado. (REF. IDIUS 6498 )

- CARMONA SALGADO, Concepción; Calumnias, injurias y otros atentados al honor: perspectiva doctrinal y jurisprudencial Tirant lo blanch, Valencia 2012 : este libro serviunos para documentarnos para a entrevista coa Policía Nacional, aportou unha base en lexislación. (REF. A89.3 51 )

- MOLES PLAZA, Ramón J. ; Derecho y control en Internet: la regulabilidad de Internet ; Capítulo 2.3 Ariel, Barcelona 2004 (REF. CA/E52 66 )

7

Page 8: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

- MUÑOZ MACHADO, Santiago La regulación de la red: poder y derecho en Internet; Capítulo IV: La libertad de expresión de información y sus oponentes Taurus, Madrid 2000 (REF. SV-JF 170 ) 

1.5.2 Documentos

Sobre a neutralidade da rede e o dereito ao esquecemento:

- CUEVA GONZALEZ-COTERA, Javier de la Neutralidade da rede e outros retos para o futuro de Internet

- CERRILLO, Agustí Siguiendo de cerca los temas que centran los debates jurídicos de la sociedad de la información (incompleto, imposible atopar a totalidade).

- GARCÍA ALBERO, Jordi Novedades legislativas: normativa estatal : Apéndice de novidades na normativa estatal en materia de tratamento de datos na Internet.

- MARSDEN, Christopher T. Neutralidad de la Red: historia, regulación y futuro- BARATA, Joan El concepto de net neutrality y la tensión entre regulación pública y autorregulación privada de las redes- GOMES DE ANDRADE, Norberto Nuno El olvido: el derecho a ser diferente de uno mismo. Una reconsideración del derecho a ser olvidado

1.5.3Ligames

- Internet y la privacidad : Sentencia dun caso de pornografía infantil, o acusado presenta un recurso por invasión da privacidade e o dereito á presunción de inocencia. A ley di que a policía pode intervir arquivos dun

8

Page 9: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

ordenador persoal se existen razóns de necesidade.

- Blogue de expertos en dereito en Internet : principalmente os post de Loreto Corredoira e Lorenzo Cotino.

Arquivos de audio:

- BOIX PALOP, Andres lLa libertad de expresión en Internet y su protección   en Derecho. ¿Es suficiente con una protección basada   en la libertad de mercado? : comeza no minuto 3.10

- GUICHOT REINA, Emilio Ley de acceso a la información pública y protección. La privacidad como límite a la libertad en la Red

- BOIX REIG, Javier Libertad, privacidad y seguridad en Internet

- FUENTE, Manuel de la; LLORIA, Paz; CARDONA, Belén Mesa redonda: la libertad y la privacidad en las Redes Sociales

1.5.3 Axenda de contactos

BARCA, Karla; FERNÁNDEZ, Marcos e outro compañeiro: claves para o achegamento ao caso práctico analizado pero este último prefire manter o seu anonimato.

CORREDOIRA, Loreto: importante no campo da documentación pois achegounos a unha serie de autores claves á hora de entender o conflito existente co dereito ao esquecemento.

9

Page 10: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

Encargado de delitos informáticos da policía nacional de Santiago (mostrouse reticente a desvelar a súa identidade, asique decidimos non incluír o seu nome): clave dentro da policía nacional no coñecemento da publicidade como agravante dun delito de inxurias ou calumnias por ser na rede e a ilustración da situación actual en Santiago de Compostela.

GONZÁLEZ, Raúl: clave na realidade xurídica do noso país, en concreto da provincia da Coruña achegando unha serie de casos reais.

PEREIRA, Cristina : clave no campo dos efectos que teñen os malos usos das redes sociais sobre as víctimas, achegamento do perfil de acosador e acosado.

i NOTA Ó FINAL.

10

Page 11: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

Aportación individual

Alonso Moreda, Sara

A.- Aproveitamento individual do traballo, Grupo e coñecementos adquiridos

O que saco eu deste traballo, fundamentalmente, é que internet é unha plataforma que escapa ó noso control, pouco controlada e lexislada. Todos coñecemos ás redes sociais, pero moi poucos nos damos conta de ata onde poden chegar os nosos datos, comentarios e opinións persoais. Expresar unha opinión persoal non é delito, está dentro da liberdade de expresión, un dos dereitos fundamentais do home; pero a liña é fina cando falamos de opinión respecto ó Outro. O delito está en canto as nosas opinións conteñen publicidade, que é un agravante (e en internet hai sempre, pois nunca sabes onde van chegar) e tamén aparece en canto o Outro síntese ofendido e/ou atacado. Os problemas de protección de datos, suplantación da identidade, bulling etc. aumentan cada vez máis, xa que internet popularizouse e chega a usuarios máis cativos, que fan un mal uso da rede e das redes sociais. Aínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na película Cyberbully. Tamén salientar que estase a traballar nunha nova lexislación para internet, máis forte, coma o dereito ó olvido que consiste en borrar os datos persoais dunha persoa da rede cando pase un tempo determinado. Pero actuacións coma esta teñen moita dificultade, pois xa entran en conflito co dereito á información.

Para finalizar, volvendo a vista ó caso Maria Luisa Otero en Twitter, a clase actuou mal, e si foi delito en canto ela sentiuse ofendida e nós desprestixiamos tanto a súa imaxe profesional coma persoal (publicidade). Podería ter acabado nunha multa económica.

11

Page 12: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

B.- Propostas de mellora.: do traballo e persoal respecto da materia da asignatura.

Eu melloraría o noso traballo cunha conferencia, que sempre lle quita peso legal ó noso traballo, baixan as leis á terra e aplicandoas a persoas de carne e óso. Pero ante as repetidas negativas, tivemos que conformarnos coas entrevistas e a película, que aínda que non e pouco, segue faltando ese toque humano “en directo”. O tema ó final e un pouco amplo, pero eu creo que fixemos un bo traballo de investigación, e que ó grupo sentiuse interesado polos resultados que estábamos conseguindo.

Tamén teño que mencionar as dificultades que tivemos para que os nosos compañeiros colaboraran con nós, tanto coas entrevistas como co visionado da película. Penso que di moito das persoas non colaborar cos compañeiros cando piden axuda.

No caso do meu traballo persoal, gostaríame ter realizado un debate sobre o caso Maria Luisa Otero, e dar a miña opinión persoal, pero de momento non contamos con moita colaboración, a ver si en vindeiros días. Tamén gostearíame terme implicado máis no blogue, pois ás veces por problemas de tempo, non comentei todo o que me gostaría. Aquí tamén unha crítica: o blogue debería estar máis controlado respecto da temática dos post, pois lin algúns que son, como pouco, mediocres. Eu sempre procurei que os meus post tiveran interese para todos, aínda que non sempre o conseguín, non sei se por falta de interese miña: buscar outros puntos de vista, máis multimedia…

En canto á materia da asignatura, considero que está ben estruturada, pero boto en falta máis temas respecto as malas prácticas comunicativas que existen no xornalismo, pois considero que para evitar, primeiro é preciso coñecer.

12

Page 13: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

Aportación individual

Álvarez Patiño, Coral

A.- Aproveitamento individual do traballo, Grupo e coñecementos adquiridos

Neste traballo, no que tratamos o tema do acoso e dos malos usos das redes sociais, o grao de aproveitamento persoal foi especialmente frutífero. Un dos motivos que influíu nesto foi a relación persoal existente entre o traballo e un caso particular que se viviu na nosa clase este mesmo ano. Todo o que levou consigo ese problema foi debatido en petit comité centos de veces, pero sempre sen ser analizado e sen darlles aos implicados a oportunidade de manifestarse e de aportar os seus argumentos. Así, a experiencia deste traballo e a aprendizaxe que este me permitiu radica na nova visión que adquirín sobre este tema e a súa gravidade. O que antes parecían bromas e cousas sen importancia son, unha vez que contas ca opinión de expertos e cunha documentación pertinente, problemas serios que aumentan cada día máis ao non existir unha regulación total destes asuntos, debido sobre todo a pouca antigüidade do medio cibernético.

Así, o aproveitamento persoal e os coñecementos adquiridos que me aportou este traballo céntranse na revelación do que está a pasar co tema dos malos usos que se lle dan a redes sociais, na gravidade destas accións, nos casos concretos que descoñecía por completo antes de involucrarme neste mundo e na comprobación da pouca importancia e da pouca atención que se lle presta a estas situacións.

A hora de falar do grupo de traballo é preciso dicir que o aprendizaxe foi, se cabe, maior que o do adquirido no traballo en si. Isto, sen dúbida, radica na oportunidade de traballar con persoas alleas ao meu grupo habitual de amigos ou compañeiros cos que traballo normalmente.

13

Page 14: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

Novos métodos, novas opinións, novas perspectivas... unha nova forma de traballar.

B/ Propostas de mellora: do traballo e persoal respecto da materia.

Como proposta de mellora do traballo debo obxectar a falta dunha relación máis directa con outros casos ademais do vivido na nosa clase no primeiro cuadrimestre. Deste xeito, como casos persoais que nos permitisen coñecer o problema e tratalo máis a fondo tan só contemplamos dous ou tres máis, sempre por terceiras fontes, como por exemplo o caso comentado pola psicóloga do rapaz que sufriu un acoso tan brutal que rematou por suicidarse. Creo que nun tema como este o mellor xeito para comprendelo e chegar a valorar todas as situacións posibles é o coñecemento dunha gama de situacións que sexan diferentes entre si. A pesar disto, hei de comentar que a documentación externa e teórica foi, sen dúbida, de gran axuda e moi clarificadora. Como mellora do traballo e da súa realización debo tamén facer referencia a organización do grupo. Este, a pesar de ter un bo funcionamento, resultou en ocasións difícil de organizar. Ao igual que para os demais traballos os motivos son os mesmos: vidas e actividades paralelas, difícil compaxinación dos horarios de cinco persoas diferentes con distintos grupos de traballo... Isto levounos en varias ocasións a unha desorganización que, finalmente, sempre rematamos por amañar sen ningún tipo de problema.

Por último, como proposta persoal de mellora, tanto do traballo como da materia, apostaría por unha maior comprensión dos temas que se tratan, na asignatura en xeral e no traballo en concreto, en canto a abrir a mente para asimilalos. É dicir, ver e apreciar todo o que me rodea sendo capaz de relacionalo coa comunicación interpersoal ou co problema tratado no noso traballo. En definitiva, darme conta de que todo o que parece simple pode ir máis alá cando o analizo a fondo.

14

Page 15: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

Aportación individual

Bugarín Morais, María

A/ Aproveitamento individual do traballo, Grupo e coñecementos adquiridos.

Para comezar debo dicir que eu mesma fun vítima dun delito de internet. Hackearonme a miña conta de facebook para ver as miñas mensaxes privadas, pero afortunadamente non foi más alá. Sen embargo, non coñecía a seriedade que se lle da a estes delitos na actualidade, sempre pensei que non se consideraban de gravidade e non se lles facía caso, legalmente falando. Sen embargo, con este traballo descubrín que os casos de delitos en redes sociais crecen cada día máis, e que todos son atendidos legalmente e resoltos dependendo do caso, puidendo supoñer unha pena económica. Tamén que os casos de acoso e bullying están a aumentar polo crecente uso das redes sociais, e que sen embargo non hai unha lei no noso Estado que regule tales delitos na rede. Hai persoas interesadas no tema que o están a intentar, pero de momento non se logrou nada, es isto non me parece normal nunha época no que a comunicación na rede está a orde do día e os nosos datos quedan rexistrados en ela constantemente. Se ben é certo que esa sobre exposición de datos persoais soe ser responsabilidade nosa, creo que debería haber leis que protexeran sempre os dereitos que creo que temos como usuarios da rede: dereito á intimidade, ao honor, á propia imaxe, e o dereito ao esquezo, en certos casos (cando a información e de interese público creo que non debe desaparecer). En canto ao grupo, funcionou ben en xeral, cos problemas habituais de calquera traballo en grupo, pero nada salientable.

15

Page 16: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

B/ Propostas de mellora: do traballo e persoal respecto da materia.

Unha das opcións que tiñamos para a exposición deste traballo era conseguir unha charla sobre o tema da man dalgunha das asociación que as imparten, considerábamos que era a mellora maneira de compartir os coñecementos que nós adquirimos co resto da clase, xa que é un tema que a todos nos incumbe como usuarios habituais da rede e como “xornalistas” (a liberdade de expresión e os seus límites é algo que debemos coñecer). O caso é que as asociacións non se mostraron dispostas a axudarnos, xa que somos “simples estudiantes” e non persoal docente ou da administración da universidade. Por outro lado, destacar a dificultade de atopar fontes especializadas.

En canto á materia, quizás “criticar” dalgún xeito o funcionamento do blogue. Non todos os post teñen relación coa materia, de feito algúns non a teñen en absoluto, e sen embargo eses con temas máis alonxados da materia son os que teñen máis aceptación e os máis comentados. Na miña opinión, deben valorarse os post segundo o contido e menos pola aceptación dos compañeiros.

Por outra parte, dicir que nun principio díxose que o noso traballo do TS saíase da materia impartida na asignatura. Debo dicir que non estou de acordo, pois tendo en conta o auxe de Internet e das redes sociais como método de comunicación e de compartir información, cun crecente número de usuarios na rede e o grande éxito que están a ter os medios dixitais, é moi importante coñecer os comportamentos dos usuarios no seu uso da web, e isto inclúe os malos usos e, como “xornalistas” a superación do límite de liberdade de expresión.

16

Page 17: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

Aportación individual

Codesido Leborán, Mateo

A/ Aproveitamento individual do traballo, Grupo e coñecementos adquiridos.

Este traballo levouse a cabo tendo en conta un precedente que ocorrera na clase. Tendo un caso tan cercano sempre é proveitoso saber algo máis do tema e sobre todo se ese acontecemento puido acabar en algo grave. Dende a miña perspectiva, e penso que a da gran maioría da xente que utiliza as redes sociais, aínda non sabemos o que temos entre as nosas mans. Unha rede social é algo público, que é un término que aínda non sabemos utilizar, e como sitio público, o que ti escribes pódeo ver calquer persoa. Agora mesmo as redes sociais son como unha especie de extensión da mente, unha variación dos "diarios" tradicionais onde os cativos poñían todo o que pensaban. A diferencia é que na mente ou nos diarios, o que escribes ou pensas sábelo ti nada mais. En canto publicas algo nunha rede social, deixa de ser teu e pasa ser de Internet e eso non volve atrás, non podes borrar iso ou facer que caiga no olvido porque xa non é da túa propiedade. Con todas estas regras básicas o que podes sacar deste traballo, e o que eu saquei polo menos, é que as redes sociais non son un xoguete, hai que saber utilizalas, pensar mais de dúas veces o que se publica e sobre todo, que se te pasas da raia, pode haber consecuencias penales graves. Penso que todos os usuarios habituais das redes sociais tiveron nalgunha ocasión malas experiencias, comentarios fóra de lugar ou consecuencias negativas polo seu mal uso. Incluso un servidor, que pasei unha tempada enteira sen xogar ó fútbol por un comentario nunharede social pequei de pouco discreto, e aínda que sigo pensando o mesmo e non cambiei de opinión, ás veces é mellor pecar de discreto que de inconformista.

17

Page 18: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

B/ Propostas de mellora. Do traballo e pesoal respecto da materia da asignatura.

Como grupo, a verdade é que non me podo queixar porque me tocou un grupo bastante bo onde ninguén lle escapaba ó traballo, e non o digo por decir. Aclarado isto penso que a gran mellora sería a definición do tema central do traballo, que penso que dende o principio ninguén tiña moi claro. Un tema máis concreto axudaríanos a buscar moita máis información e máis centrada da que obtivemos esta vez. No tema das actividades, por exemplo na película que proxectamos, unha promoción anterior do filme penso que podería axudar a traer máis xente da que asisteu, pois dende a miña opinión sincera foi unha moi boa película.No tema das charlas, que máis tarde sería desestimado, foinos complicado encontrar a alguén que se ofrecera a botarnos unha man, o único que víamos era que se libraban de nós con calquer excusa ou que xa pasaban ás malas formas como se deu nalgún caso.A nivel individual penso que debería haber feito algunha entrevista máis para saber máis puntos de vista diferentes. Neste tipo de traballos fai falla saber tódolos puntos de vista diferentes, e nalgúns casos onde non agardas sacar nada de proveito é onde máis sacas. A organización e distribución do traballo penso que foi boa e todos traballamos bastante ben, aínda que sempre se pode traballar un pouco máis.

18

Page 19: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

Aportación individual

Deus Rivadulla, Alba

A/ Aproveitamento individual do traballo, Grupo e coñecementos adquiridos.

Hai moitas cousas que puiden sacar en claro deste traballo e hai poucas que me gusten. Dentro da miña ignorancia inicial pensei que en España estábamos ao tanto do que ocorre na rede e sabíamos como actuar.

Por exemplo, non existe unha lei que regule especificamente os delitos que atentan contra a imaxe persoal, o honor, etc. Co aumento de casos de acoso a na rede, tanto a maiores como a menores de idade, non se está a facer nada por evitalo. Limítase a actuar legalmente sobre o xa feito e con procedementos excesivamente lentos.

As campañas de sensibilización están enfocadas única e exclusivamente a adolescentes e non atenden a novas propostas. É totalmente imposible conseguir un poñente para unha conferencia sobre o acoso na rede sen recibir unha serie de palabras mal ditas antes da negativa.

Outra cousa que aprendín foron a necesidade dunha certa habilidade social para conseguir algo de estraños. Como hai xente amable e totalmente disposta a colaborar do xeito que sexa e como outros valoran o teu intento de contacto como unha gran molestia. E sobre todo como saber escoller quen e de que tipo.

Afeita a grupos de traballo creados por amizades, recelaba un pouco da boa marcha do grupo pero non tivemos grandes problemas para saír adiante.

19

Page 20: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

B/ Propostas de mellora: do traballo e persoal respecto da materia.

Ao traballo víñalle como anel ao dedo unha conferencia, pero a pouca disposición para o traballo das asociacións encargadas desta tarefa fixo imposible a súa realización. É posible que un xeito de melloralo fose contactar con algunha outra asociación fóra de Galicia e establecer unha conferencia vía Skype ou sucedáneos. Pero o medo ao infortunio, moi dado a aparecer en momentos clave de exposicións na aula en forma de erro informático levounos a suplilo cun filme. Tamén se podería mellorar a calidade artística da película pero hai moi poucas que se adecúen á materia que nos incumbe e esta facíao á perfección –Cyberbully.

Persoalmente cambiaría o meu medo a molestar cada vez que intento conseguir información de expertos porque a eles, ou á maioría deles, non lles molesta en absoluto aportar os seus coñecementos. É máis, fano con gusto.

Respecto á materia non creo que se poida dicir de min que non teña interese pola materia, nin que non traballe campos relacionados coa materia. Púxose sobre a mesa moitas veces que o noso traballo non tiña interese coa materia, eu penso que si. O que analizamos foi un defecto na comunicación, o mal uso dun medio para a comunicación interpersoal.

20

Page 21: Web viewAínda que non hai un perfil estándar, pois estes problemas afectan a moitas persoas de diferentes idades e sexo, si que destacan os adolescentes. Como quixemos reflexar na

i Anexo adxunto coas entrevistas realizadas ós nosos compañeiros de clase, o caso “Marita Otero”, por ser o eixo central do noso traballo.