*^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación:...

18

Transcript of *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación:...

Page 1: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

URDIMEIGUALDADE

P R O P O S T A S C U L T U R A I S

Page 2: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min

Dirección / Interpretación: Atenea GarcíaObxectos: Nicolás Zamorano

Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra infancia onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a través do mundo animal. As pro-tagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir coas demais os seus afectos. Bichocas ten como obxectivos estimular a creatividade individual e colecti-va, incentivar á observación activa das crian-zas, ofrecer propostas escénicas para aque-las crianzas que adquiren o galego como lingua inicial, traballar a igualdade de xénero e recoñecer a riqueza léxica do noso idioma.

BICHOCASAtenea García

Page 3: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min

BICHOCAS

Narración oral e obxectos | +3 | 45 Min

Estrafalaria é un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxec-tos onde o público participa activamente do relato. As personaxes que interveñen na his-toria caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. Os ca-tivos e cativas deben entender a diversida-de como algo enriquecedor e imprescindi-ble para que a sociedade evolucione cara o mundo que queremos, ese no que debería predominar a tolerancia, a solidariedade e a integración. Ese mundo no que como mu-lleres podemos aportar os nosos coñece-mentos e ser nós mesmas a cada momento.

Atenea GarcíaAtenea García

Dirección: Atenea García Interpretación: Atenea García

ESTRAFALARIA

Page 4: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

ESTRAFALARIA

Dirección: Atenea García Interpretación: Atenea García

Narración oral e obxectos | 6-12| 40 Min

Utopías é un espectáculo dirixido a tódo-los públicos que combina a narración oral e a manipulación de obxectos. A través de diversas historias iremos descubrindo eses mundos invisibles que nos rodean, eses outros xeitos de vivir. Ratos na procu-ra de novos camiños, rapazas que soben e baixan escaleiras e parrulos, moitos parru-los. Se queres vivir novas aventuras, aché-gate ó mundo das utopías e déixate levar.

Atenea GarcíaEspectáculo de IGUALDADE

UTOPÍAS

Page 5: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Narración oral e obxectos | 6-12| 40 Min

Atenea GarcíaUTOPÍAS

Monicreques | +5 anos | 50 Min

Novos lobos é un espectáculo de narra-ción oral no que se toca o tema do xéne-ro desde a perspectiva das novas masculi-nidades. Deconstrúense nel algúns contos da literatura popular para adaptalos a esta nova ollada, nunha tentativa de ofrecer fe-rramentas conceptuais ao alumnado que axuden a prever a violencia de xénero.O espazo no que sucede a acción é un pe-queno refuxio da montaña no que un pastor está coidando das súas ovellas (o público).

Autor e director: Inacio VilariñoActor/manipulación: Inacio Vilariño

Fantoches BajNOVOS LOBOS

Page 6: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Narración e obxectos | +4 anos| 40 Min

Faise saber que se buscan príncipes rosas…e princesas azuis! faise saber que ides escoitar contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro! son contos de Príncipas e Prin-cesos. Unha reflexión sobre a igualdade a tra-vés de contos atipicos de Principes e Princesas da man de Pablo Sánchez ‘Pablísimo’, un dos contadores de referencia do panorama gale-go. Colle un pouquiño de contacontos, engá-delle unha pinguiña de teatro, déixao ao baño María con animación á lectura, espolvorea un chisco de pantomima...e xa tes unha sesión de Pablísimo.

Os contos de Pablísimo

Autor: Pablo SánchezActor/actriz: Victoria Pérez, Manu Fernández

PRÍNCIPASE PRINCESOS

Page 7: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Narración e obxectos | +4 anos| 40 Min

Os contos de Pablísimo

PRÍNCIPASE PRINCESOS

Narración oral | +3 anos | 50 Min

Un espectáculo de narración oral que reflecti-rá unha realidade que as nenas e nenos debe-ran xa coñecer na que haberá princesas que se tiren peidos, bruxas que non son malva-das , un neno que leva posto un vestido rosaou un pai que é ama de casa, e que? Azul e Rosa é unha coidada selección de contos non sexistas que pretende elimi-nar valores e actitudes estereotipadas.

Pérez&Fernández

Elenco: Manu Fdez, Victoria Pérez.Produción: Pérez&Fernández.

ROSA E AZUL

Page 8: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Magín Blanco

O QUE LEVAMOSNAS MALETAS

Música| +3 anos | 50 MinMúsica | +3 anos | 50 Min

Soñando inventei é un espectáculo musical no que a través da escolla de cancións se traba-lla o tema da diversidade e a igualdade de xé-nero. As cancións que se interpretan forman parte do libro disco “fantasía coas palabras” publicado pola editorial Galaxia. Con esta aventura emprenderemos unha viaxe emocio-nal ao centro dos soños, unha proposta oní-rica e valente que mestura música e poesía para nos falar de personaxes femininas que soñan con sentirse en paz e liberar os seus segredos, personaxes que non queren ser xul-gadas polo seu aspecto ou identidade, libres para ser elas mesmas e chegar a tocar a lúa.

SOÑANDO INVENTEIMaría e Jorge

Música: Jorge Juncal Voz e interpretación: María Faltri

Page 9: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Concerto formato trio | +3 anos | 50 Min

A familia papaventos é un traballo de Charo Pita cos músicos María Faltri e Jorge Juncal no que interpretan cancións en formato trío. Esas cancións forman parte do libro “O país do vento” publicado por Charo Pita coa editorial Galaxia. No País do Vento, nada queda quie-to: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brin-can e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns.

A FAMILIA PAPAVENTOS

Autora: Charo PitaMúsicos: Charo Pita, María Faltri, Jorge Juncal

Charo Pita Charo Pita

Page 10: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Concerto formato trio | +3 anos | 50 Min

A FAMILIA PAPAVENTOS

Concerto formato grande | +3| 50 Min

No País do Vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e as melodías e pequenas historias van buscandoorellas que escoiten e labios que as cantaru-xen. Moitos son os personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: Noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas que bailan unha canción tradicional deste país de brisas. Charo Pita estrea espectáculo logo da publicación do seu libro coa editorial Galaxia.

NO PAÍS DO VENTO

Autora: Charo PitaMúsicos: Charo Pita, María Faltri, Jorge JuncalJuansi Santomé, Javier Fernández

Charo Pita Charo Pita

Page 11: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Música | +3 | 50 Min

NAS MALETAS

Teatro cómico| +3 anos | 50 Min

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bai-larina de caixiña de música e un único dese-xo; xogar sen límites para medrar sen “me-didas”. Ghazafelhos propoñemos refl exionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de ro-les ou os estereoti pos sociais . Iriña bailarina esculca na ruptura de roles convencionais a través dunha bailarina que vive nunha caixa de música e que devece por poder saír para poder facer o que realmente lle gusta. O es-pectáculo está baseado no conto do mesmo ti tulo de Cristi na Justo e Paloma Rodriguez da colección “A igualdade conta” de Ed. Embora.

Teatro GhazafelhosIRIÑA BAILARINA

Adaptación: Pepablo Pati nhoDirección: Pepablo Pati nhoEfectos Sonoros e musicais: Jorge CasasElenco: Montse Piñón, Jorge Casas, P. Pati nho

Page 12: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Teatro cómico| +3 anos | 50 Min

Teatro GhazafelhosIRIÑA BAILARINA

Narración musical e obxectos | +3 | 50 Min

O cardume é un espectáculo para todos os públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, converténdose en ocasións en pro-tagonista da mesma. En escena, unha narra-dora e un músico achégannos historias onde as personaxes levan a diversidade como ban-deira. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todas sumamos.

Xarope TulúO CARDUME

Dirección: Atenea García e Nicolás ZamoranoInterpretación: Atenea García e N. ZamoranoVestiario e atrezzo: Nicolás ZamoranoProdución: Xarope Tulú

Page 13: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Teatro | +8 anos | 50 Min

Partindo da adaptación do libro de María So-lar Os nenos da varíola pretende achegar ó público unha peza escénica con altas doses de realidade histórica, tenrura e humor, toman-do como eixe central a vida dos nenos da Casa de Expósitos da Coruña no ano 1803. A peza pon en valor a figura de Isabel Zendal, unha muller fascinante e cun papel determinante nesta historia e na historia da humanindade. Isabel Zendal participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina da varíola e é recoñe-cida pola OMS como a primeira muller enfer-meira da historia en misións internacionais

Pérez&FernándezOS NENOS DA VARÍOLA

Elenco: Manu Fdez, Victoria Pérez, X. Leis e Isabel Risco. Dirección: Xosé Leis, Victoria PérezAmbientación musical: Xabier RomeroTexto: María Solar

Page 14: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Teatro | +8 anos | 50 Min

Pérez&FernándezOS NENOS DA VARÍOLA

Monicreques | +5 anos | 50 Min

O poder de Amabel é un espectáculo feito con amigurimis. Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza des-comunal, a velocidade do raio, unha intelixen-cia abraiante e incluso a capacidade de facer-se invisible. Pero Amabel ainda non sabe cal é o seu. O poder de Amabel fala sobre o amor incondicional á familia, o poder da amizade e a aceptación dun mesmo. O poder de Amabel está inspirada na novela infantil de Érica Es-moris, editada por Sushi Books. A autora foi galardoada co premio “Merlín 2015” por Nena e o mar.

Pérez&FernándezO PODER DE AMABEL

Autor: Pérez&FernándezDirección: Xosé Leis e Victoria PérezActor/actriz: Victoria Pérez, Manu Fernández

Page 15: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Teatro | +6 anos | 50 Min

Tres corpos de costas, dúas xaboeiras, unha chepa e ocos; moitos ocos. Como definir un corpo? A través dos paseos en bicicleta, ou polas bágoas provocadas logo dunha caída, ou polos sucos nas pernas ou se cadra pola capacidade de axustarse ó molde da saia, ou do pantalón…? Nómades é un espectá-culo de carácter visual onde o movemento, a escenografía e a luz se relacionan entre si constantemente. As intérpretes transitan unha escenografía en constante movemen-to, abren espazos de conversa sobre o trán-sito entre xéneros e habitan o nomadismo como ruptura posible dos moldes impostos.

Xarope TulúNÓMADES

Elenco: M.Roja, Atenea García, e Diego MartínezDirección: Gena BaamondeDeseño de Iluminación: Laura IturraldeEscenografía e música: Nicolás Zamorano

Page 16: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

Teatro | +6 anos | 50 Min

Xarope TulúNÓMADES

Poesía, humor e música| +14 | 60 Min

Aldaolado son Lucía Aldao e María Lado, poe-tas de consolidada carreira, que no 2005 uni-ron os seus nomes e os seus esforzos para dar lugar a este dúo orientado á poesía escénica, co que conseguiron facer do recital un acto atractivo, próximo e divertido para todo tipo de público, mesmo aquel que nunca leu poesía. A súa espontaneidade e complicidade en directo é a base sobre a que crearon case unha ducia de espectáculos. Con eles actuaron en centos de escenarios do máis variado, tanto en Galiza como máis aló das nosas fronteiras. Aldaolado plantexa un recital humorístico e musical que aborda a temática de xénero dende a súa expe-riencia de mulleres e de poetas, no que tanto a escolla de versos coma o propio discurso xiran en torno á igualdade a través de conceptos da realidade universal coma o amor romántico. Todo co ton humorístico que as caracteriza.

Epístola ás neofalantes

Interpretación: Lucía Aldao e María Lado

Aldaolado

Page 17: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

ArtesacíaTeatro cómico, performance | +16 | 60 Min

Chola, mecánica de coches, blogueira e you-tuber galega é chamada por un teatro para presentar o seu show youtuber. Chola re-vela a súa connotación de It girl con inxe-ño, humor e personalidade reflexando a súa realidade imperfecta fóra dos canons da imaxe actual da felicidade. Na peza mani-féstase dun xeito ameno e rompedor a im-portancia de ser muller no rural, da sabedo-ría popular e do uso das novas tecnoloxías.

CHOLA, A IT GIRL

Autora e directora: Laura VillaverdeActriz: Laura VillaverdeEscenografía: Roi FernándezDeseño iluminación: Roi Fdez

Page 18: *^ 6 · 2020. 7. 28. · Narración e obxectos | 1-6 anos| 40 Min Dirección / Interpretación: Atenea García Obxectos: Nicolás Zamorano Bichocas é un espectáculo adicado á primei-ra

ArtesacíaTeatro | +16 anos| 60 Min

FILOSOFAR A PAUS é un espectáculo teatral que se propón resolver un enigma: a desa-parición das mulleres da historia da filoso-fía. Con ese obxectivo, un actor e unha actriz convocarán en escena a presenza de figuras como Hiparquia a cínica ou Simone de Beau-voir, mais tamén interrogarán a filósofos como Aristóteles, Hume ou Rousseau. Entre o thri-ller detectivesco e a aventura de superhe-roes, FILOSOFAR A PAUS proponse convidar aos espectadores a desenvolver a súa propia aventura: a de pensar de forma crítica sobre o silencio, cando non as mentiras, que a “gran filosofía”, a que se estuda nos manuais de His-toria da Filosofía, ten reservado para a muller.

FILOSOFAR A PAUS

Elenco: Liza G. Suárez e Sergio LlaugerAdaptación e dirección: Chiqui PereiraTexto: Miguel Vázquez Freire

BerrobambánTeatro cómico, performance | +16 | 60 Min

CHOLA, A IT GIRL