Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º...

Post on 17-Jun-2020

8 views 0 download

Transcript of Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º...

Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC)

“Expreso as miñas emocións”

Prazo de entrega: venres 3 de maio.

Ola rapazas e rapaces: esperamos que tod@s esteades ben.

Deixámosvos aquí a segunda proposta de plástica. Antes decomezar, queremos concretar algún aspectos relacionados conestas actividades:

Gustaríanos recibir os vosos traballos. Podedes facerllesfotos e envíala aos nosos correos electrónicos. Están napáxina do cole.

Ata o momento, apenas recibimos traballos. Os/as que oteñades feito, enviádeo canto antes, tanto o traballoplástico como a ficha de información. Sodes moitos eprecisamos tempo para velo con calma. Os/as que aínda nono fixestes ou non o rematastes, animámosvos a que ovaiades facendo ou rematando, así non se vos acumulará otraballo ( nen a nós á hora de corrixir).

Fixádevos no prazo das actividades e procurade cumplilo.Se tedes algún problema ou dúbida, consultade ca vosaprofe.

O traballo destas dúas semanas consiste no seguinte:

Expresar algunhas das emocións que sentistes nestas semanas deconfinamento a través das cores e da actividade plástica.Pensade no que facedes e no que sentides no día a día eintentade plásmalo na vosa obra. Seguro que nestes díasexperimentastes sentimentos contraditorios: alegría e tristeza,

rabia e resignación, ánimo e desánimo... Podedes expresar ovivido e sentido nestas semanas do xeito que prefirades.

Como podedes comezar? En primeiro lugar, identificando a/s emoción/s que sentides. Para isto tedes que reflexionartranquilamente sobre os vosos sentimentos. Escollemosunha emoción ou varias. Algúns exemplos:

Síntome triste porque … Síntome contento porque … Síntome animad@ porque … Síntome aburrid@ porque … Síntome ilusionad@ porque … Síntome enfadad@ porque … Síntome relaxad@ porque … Síntome sorprendid@ porque … Síntome preocupad@ porque … etc …

Unha vez escollida a emoción ou emocións que queredesexpresar, teredes dúas opcións para realizar este traballo.

Opción 1. Observade as obras propostas, ao final destaspautas, do pintor Joan Miró. Escollede a que máis vos gusteou mellor se adapte á emoción que queredes transmitir.Teredes que coloreala de xeito que exprese a emociónsentida por vós. Non busquedes a obra orixinal do pintor(traballaremos con el nas vindeiras semanas); simplementeescollede unha das que vos propoñemos e intentadereflexar nela, a través das cores, os vosos sentimentos.Que cores escolleriades para expresar alegría, tristeza,medo, forza interior …?

A técnica é libre. Acuarela, collage, debuxo a lapis, acrílico,traballo con volumen … Podedes engadir elementos queaxuden á expresión, aínda que non estean na obra orixinal.Adaptádevos ao material que haxa na casa.

Opción 2. Crear unha expresión que transmita a emociónescollida. Buscade na casa unha luva , unha manopla ou uncalcetín vello. Con diferentes materias de refugallo(botóns, pompóns, lá, fieltro, teas vellas … ) facédelle oselementos da cara que expresen a alegría, o medo, atristeza, a sorpresa, o anoxo … que queredes transmitir.

Para as dúas opcións: Poñede título á vosa obra: terá que ver ca emoción que

sentides e expresades. Nunha folla aparte teredes que facer unha breve

explicación/interpretación do voso traballo. Fixádevos naredacción e na ortografía. Comezará así:

“Síntome (emoción/s escollida/s) porque … explicación do quequeredes expresar e por que sentides esa/s emoción/s.Reflexionade e intentade descubrir que poderiades facer vóspara que eses sentimentos poidan transformarse nunhaoportunidade para ser máis fortes. Por exemplo: se sintomedo, que podo facer para superarlo e para enfrentarme a el?Se sinto alegría, que podo facer para que esa alegría poidacontaxiar aos que me rodean? …

Cada un de vós faredes un traballo. Poderedes escoller aopción que queirades. De xeito voluntario, poderedes facertraballos das dúas opcións.

Importante: ide enviando os traballos a medida que osrematedes e anotade o prazo de entrega na axenda.

Esperamos que desfrutedes con esta actividade.

Olga, Belén e Charo.

OPCIÓN 1. Aquí quedan os cadros de Joan Miró paraescoller o que prefirades.

OPCIÓN 2. Podedes facelos ao voso gusto, isto sonexemplos. A proposta é con manoplas, luvas ou calcetínspero se atopades outros materiais cos que poidades facer otraballo… adiante!!