Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º...

15
Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres 3 de maio. Ola rapazas e rapaces: esperamos que tod@s esteades ben. Deixámosvos aquí a segunda proposta de plástica. Antes de comezar, queremos concretar algún aspectos relacionados con estas actividades: Gustaríanos recibir os vosos traballos. Podedes facerlles fotos e envíala aos nosos correos electrónicos. Están na páxina do cole. Ata o momento, apenas recibimos traballos. Os/as que o teñades feito, enviádeo canto antes, tanto o traballo plástico como a ficha de información. Sodes moitos e precisamos tempo para velo con calma. Os/as que aínda non o fixestes ou non o rematastes, animámosvos a que o vaiades facendo ou rematando, así non se vos acumulará o traballo ( nen a nós á hora de corrixir). Fixádevos no prazo das actividades e procurade cumplilo. Se tedes algún problema ou dúbida, consultade ca vosa profe. O traballo destas dúas semanas consiste no seguinte: Expresar algunhas das emocións que sentistes nestas semanas de confinamento a través das cores e da actividade plástica. Pensade no que facedes e no que sentides no día a día e intentade plásmalo na vosa obra. Seguro que nestes días experimentastes sentimentos contraditorios: alegría e tristeza,

Transcript of Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º...

Page 1: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres

Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC)

“Expreso as miñas emocións”

Prazo de entrega: venres 3 de maio.

Ola rapazas e rapaces: esperamos que tod@s esteades ben.

Deixámosvos aquí a segunda proposta de plástica. Antes decomezar, queremos concretar algún aspectos relacionados conestas actividades:

Gustaríanos recibir os vosos traballos. Podedes facerllesfotos e envíala aos nosos correos electrónicos. Están napáxina do cole.

Ata o momento, apenas recibimos traballos. Os/as que oteñades feito, enviádeo canto antes, tanto o traballoplástico como a ficha de información. Sodes moitos eprecisamos tempo para velo con calma. Os/as que aínda nono fixestes ou non o rematastes, animámosvos a que ovaiades facendo ou rematando, así non se vos acumulará otraballo ( nen a nós á hora de corrixir).

Fixádevos no prazo das actividades e procurade cumplilo.Se tedes algún problema ou dúbida, consultade ca vosaprofe.

O traballo destas dúas semanas consiste no seguinte:

Expresar algunhas das emocións que sentistes nestas semanas deconfinamento a través das cores e da actividade plástica.Pensade no que facedes e no que sentides no día a día eintentade plásmalo na vosa obra. Seguro que nestes díasexperimentastes sentimentos contraditorios: alegría e tristeza,

Page 2: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres

rabia e resignación, ánimo e desánimo... Podedes expresar ovivido e sentido nestas semanas do xeito que prefirades.

Como podedes comezar? En primeiro lugar, identificando a/s emoción/s que sentides. Para isto tedes que reflexionartranquilamente sobre os vosos sentimentos. Escollemosunha emoción ou varias. Algúns exemplos:

Síntome triste porque … Síntome contento porque … Síntome animad@ porque … Síntome aburrid@ porque … Síntome ilusionad@ porque … Síntome enfadad@ porque … Síntome relaxad@ porque … Síntome sorprendid@ porque … Síntome preocupad@ porque … etc …

Unha vez escollida a emoción ou emocións que queredesexpresar, teredes dúas opcións para realizar este traballo.

Opción 1. Observade as obras propostas, ao final destaspautas, do pintor Joan Miró. Escollede a que máis vos gusteou mellor se adapte á emoción que queredes transmitir.Teredes que coloreala de xeito que exprese a emociónsentida por vós. Non busquedes a obra orixinal do pintor(traballaremos con el nas vindeiras semanas); simplementeescollede unha das que vos propoñemos e intentadereflexar nela, a través das cores, os vosos sentimentos.Que cores escolleriades para expresar alegría, tristeza,medo, forza interior …?

Page 3: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres

A técnica é libre. Acuarela, collage, debuxo a lapis, acrílico,traballo con volumen … Podedes engadir elementos queaxuden á expresión, aínda que non estean na obra orixinal.Adaptádevos ao material que haxa na casa.

Opción 2. Crear unha expresión que transmita a emociónescollida. Buscade na casa unha luva , unha manopla ou uncalcetín vello. Con diferentes materias de refugallo(botóns, pompóns, lá, fieltro, teas vellas … ) facédelle oselementos da cara que expresen a alegría, o medo, atristeza, a sorpresa, o anoxo … que queredes transmitir.

Para as dúas opcións: Poñede título á vosa obra: terá que ver ca emoción que

sentides e expresades. Nunha folla aparte teredes que facer unha breve

explicación/interpretación do voso traballo. Fixádevos naredacción e na ortografía. Comezará así:

“Síntome (emoción/s escollida/s) porque … explicación do quequeredes expresar e por que sentides esa/s emoción/s.Reflexionade e intentade descubrir que poderiades facer vóspara que eses sentimentos poidan transformarse nunhaoportunidade para ser máis fortes. Por exemplo: se sintomedo, que podo facer para superarlo e para enfrentarme a el?Se sinto alegría, que podo facer para que esa alegría poidacontaxiar aos que me rodean? …

Cada un de vós faredes un traballo. Poderedes escoller aopción que queirades. De xeito voluntario, poderedes facertraballos das dúas opcións.

Importante: ide enviando os traballos a medida que osrematedes e anotade o prazo de entrega na axenda.

Page 4: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres

Esperamos que desfrutedes con esta actividade.

Olga, Belén e Charo.

OPCIÓN 1. Aquí quedan os cadros de Joan Miró paraescoller o que prefirades.

Page 5: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres
Page 6: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres
Page 7: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres
Page 8: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres
Page 9: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres
Page 10: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres
Page 11: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres
Page 12: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres
Page 13: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres
Page 14: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres

OPCIÓN 2. Podedes facelos ao voso gusto, isto sonexemplos. A proposta é con manoplas, luvas ou calcetínspero se atopades outros materiais cos que poidades facer otraballo… adiante!!

Page 15: Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso ......Traballo Ed. Plástica 6º Primaria (6ºA, 6ªB, 6ªC) “Expreso as miñas emocións” Prazo de entrega: venres