Tema 1.- Hispania e Gallaecia na antigüidade [desde as ... · Tema 1.- Hispania e Gallaecia na...

Post on 05-Oct-2020

17 views 0 download

Transcript of Tema 1.- Hispania e Gallaecia na antigüidade [desde as ... · Tema 1.- Hispania e Gallaecia na...

Tema 1.- Hispania e Gallaecia na antigüidade [desde as orixes ata o século VIII]

Culturas prehistóricas na Península Ibérica (¿? - I milenio a. C)

1.- As primeiras culturas (Prehistoria e Protohistoria (¿? - I milenio a. C.)

ETAPA Fases Cron. a. C. (¿?) Trazos básicos

As sociedades

depredadoras:

o

PALEOLÍTICO

Paleolítico

Inferior

d. 900.000

a 100.000

• Fósiles: homo antecessor ⤍ heidelbergensis ⤍ neanderthalensis ⤍ sapiens

• Sociedade depredadora: supervivencia baseada na caza, pesca e recolección.

Non producen alimentos, tan só consumen os recursos

• Nomadismo en función do alimento dispoñible e das condicións climáticas.

Asentamentos estacionais en covas, abrigos ou xunto aos ríos

• Organización social colectiva en pequenos grupos ou bandas [clan], sen división

clara do traballo nin xerarquías sociais

• Instrumentos de pedra tallada, que foron diversificándose e perfeccionándose

⇒ diferentes "culturas" ou "industrias líticas"

• Arte rupestre (franxa cantábrica)

Paleolítico

Medio

d. 100.000

a 35.000

Paleolítico

Superior

d. 35.000

a 10.000

MESOLÍTICO ou

EPIPALEOLÍTICO

d. 10.000

a 5.000

• Cambio climático: fin das grandes glaciacións ⟹ empobrecemento da fauna ⟹

adaptación das ferramentas: pezas de pequeno tamaño (micrólitos).

• Caza, recolección e marisqueo.

• Pintura rupestre levantina.

As sociedades

produtoras:

o NEOLÍTICO

Neolítico inicial:

cultura da

cerámica cardial

d. 5.000

a 3.500

• A revolución neolítica: produción de alimentos (agricultura+ gandería)

• Orixe do Neolítico na PI: chegada ás costas mediterráneas de correntes

culturais procedentes de Próximo Oriente + evolución das culturas autóctonas

• Sedentarismo: primeiras comunidades estables (poboados), + poboación

• Sociedade + complexa: os enxovais suxiren unha certa xerarquización social

• Avances técnicos: útiles de pedra puída, aparición da cerámica, instrumentos

relacionados cos cultivos (muíños, fouces...), tecidos, inicio do uso do metal...

• Localización: franxa mediterránea da península; progresiva extensión ao interior

• Cultivos: trigo, orxo, leguminosas. Animais: porcos, ovellas, cabras

• Trazos identificativos: cerámica decorada / tumbas en fosa en necrópoles

arredor dos poboados / continúa a arte rupestre levantina, máis esquemática

Neolítico pleno:

cultura dos

sepulcros de fosa

d. 3.500

a 2.500

1.1.- Os inicios do poboamento peninsular.

Xacementos do Paleolítico na Península Ibérica

arte rupestre área cantábrica

cova de Altamira, Cantabria

arte rupestre área levantina

abrigo de Cogull, Lérida

pinturas da cova de Tito Bustillo (Asturias)

cova dos cabalos, Valltorta, (Castellón)

Neolítico

ferramentas do Neolítico

Cultura da cerámica cardial

Cultura dos sepulcros de fosa

ETAPA Fases Cron. a. C. (¿?) Trazos básicos A

ID

AD

E D

OS

M

ET

AIS

Calc

olític

o ou Idade do C

obre

O megalitismo d. 3.500

a 2.200

• Manifestación cultural común a pobos diversos separados no espazo e no tempo

• Trazo esencial: sepulcros colectivos elaborados con pedras de gran tamaño

• Expansión da agricultura e da gandería, intensificación do marisqueo, comercio

• Sociedade complexa: os grandes monumentos esixen un esforzo coordinado

A cultura dos

Millares

(Almería)

d. 2.400

a 1.700

• Construción de poboados amurallados situados en cerros

• Depósitos de útiles de pedra, óso e cobre (machados, punzóns, puñais, coitelos)

• Necrópoles inmediata: grandes tumbas megalíticas de diferentes tipos, sobre todo

sepulcros de corredor con falsa cúpula

Cultura do vaso

campaniforme

d. 2.300

a 1.400

• Novo tipo de cerámica que ten forma de campá invertida e presenta unha rica

decoración xeométrica disposta en bandas

• Aparece dispersa por toda Europa e relaciónase co comercio do metal

• Aparece asociada a diferentes tipos de sepultura: sepulcros megalíticos colectivos,

enterramentos individuais en fosas...

A Idade do B

ronce

Cultura de El

Argar

(Almería)

d. 1.700

a 1.300

• Localizada nunha ampla zona do sueste peninsular

• Poboados con estrutura protourbana: trazado de rúas, casas rectangulares...

• A presenza de tumbas con enxovais ricos e con armas suxire a existencia dunha

sociedade belicosa, xerarquizada e con posibles xefes da comunidades

As culturas do

Bronce Atlántico

d. 1.300

a 600

• Gran dinamismo cultural da área NO peninsular: a riqueza mineral ⇒ incremento da

produción de ferramentas de metal ⇒ comercio co mundo atlántico europeo, o sur

peninsular e o Mediterráneo

• Desenvolvemento da agricultura cerealista e a gandería (ovellas, cabras, vacas...)

• Os restos arqueolóxicos suxiren desigualdades sociais e a existencia dunha elite

guerreira (pesadas armas, enterramentos individuais e ricas xoias en ouro)

• Petróglifos: gravados en pedra con motivos xeométricos, armas, animais...

Cultura Talaiótica

(illas Baleares)

En torno ao I

milenio

• Cultura megalítica tardía, caracterizada pola construción de murallas ciclópeas e

megálitos particulares: talaiots, navetas e taulas

dolmen de Menga, Antequera (Málaga)

Cultura do vaso campaniforme

Cultura de El Argar (SL de España)

enxovais funerarios

xacemento de Fuente Álamo (Almería)

enterramento en Herrerías (Granada)

Cultura do

Bronce atlántico

(Galicia)

machados de bronce (Saiáns, Vigo

espadas atopadas no río Ulla

petroglifos de Auga da Laxe, monte Galiñeiro (Gondomar)

tesouro de Caldas de Reis

monumentos megalíticos da cultura talaiótica das illas Baleares

1.2.- A protohistoria peninsular (I milenio a. C).

Penetración de pobos indoeuropeos

armas e urnas cinerarias da

cultura dos campos de urnas

Tartesos

tesouro de El Carambolo (Sevilla)

Os colonizadores do Mediterráneo oriental

Unha colonia grega

Os pobos prerromanos

As tribos ibéricas

Un poboado ibérico

A cultura céltica e celtibérica

A cultura castrexa

2.-A romanización.

A segunda guerra púnica

2.1.- A Hispania Romana

As fases da conquista.

século -III

(-218 a -201)

• Conquista da área dos pobos ibéricos: o litoral L e S, o val do Ebro, o val do Guadalquivir.

➢ No contexto da 2ª guerra púnica Roma presenta a súa intervención como guerra de liberación ⇒

colaboración dos pobos iberos.

➢ Despois da vitoria, cambio de actitude: vontade de permanencia e explotación dos territorios dominados

⇒ rebelións sufocadas pola forza ⇒ os iberos son considerados pobos sometidos e deben pagar tributos.

século -II

(-197 a -123)

• Conquista de toda a PI agás a franxa costeira cantábrica e gran parte do NO.

➢ Consolidación e organización do territorio conquistado + explotación sistemática: espolio das súas

riquezas, abusos e arbitrariedades ⇒ rebelións xerais dos pobos sometidos, solucionadas pola vía do

terror e represión sistemática / pola vía da dos pactos ⇒ relativa estabilidade.

• Ata -155: lenta e descontinua penetración cara ao interior: val do río Xalón, val medio do Ebro, cursos altos

do Douro e Teixo...

• Entre -154 e -133: duras guerras contra a resistencia tenaz e simultánea de celtiberos e lusitanos ⇒

conquista da Meseta.

• Expedicións dos exércitos romanos ás terras do NO: primeiros enfrontamentos e botíns pero non

sometemento.

• Conquista do estratéxico enclave das illas Baleares (-123).

século -I

• Participación de Hispania nas guerras civís de fins da República romana:

➢ escenario bélico / fonte de recursos / refuxio dos bandos en conflito (senatoriais - populares);

➢ primeira fase (-82 a -72): enfrontamentos entre Sertorio e Sila;

➢ segunda fase: (-49 a -44): enfrontamentos entre César e Pompeyo.

-29 a -19

• Remate da conquista: guerras contra cántabros, ástures e galaicos ⇒ submisión do N e o NO.

➢ Plan xeral deseñado por Augusto para eliminar as bolsas de resistencia e dotar o imperio de fronteiras

naturais estables.

➢ Sometemento e represión das poboacións conquistadas: matanzas / escravización / deportacións...

División provincial de Hispania

División provincial no século I

División provincial de Hispania

División provincial no século IV

2.2.- A Gallaecia Romana.

A conquista

Gallaecia: calzadas e principais cidades

3.- Os reinos xermánicos de Hispania

3.1.- Penetración e asentamento dos pobos bárbaros nas provincias de Hispania (406-476)

3.2.- O reino dos suevos en Gallaecia.

3.3.- O reino visigodo de Toledo.

Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a Hispania romana, centrándote nos procesos de conquista e

romanización. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos ás etapas da conquista, a organización

do territorio e ao desenvolvemento da romanización (caracteres, instrumentos e consecuencias).

Doc. 1.- Fragmento da obra Compendio da historia romana, do historiador latino Floro (século II d. C.).

En Occidente, case toda Hispania estaba pacificada, agás a parte próxima aos extremos dos Pireneos que baña o océano citerior [Mar

Cantábrico]. Aquí vivían dous pobos moi valorosos, os cántabros e os ástures, que non estaban sometidos ao Imperio. Foron os

cántabros os primeiros que demostraron un ánimo de rebelión (...). Non se contentaron con defender a súa liberdade, senón que

tentaron someter os seus veciños (...) a quen castigaban con frecuentes incursións. Tendo noticias disto, César [Augusto] non enviou

unha expedición, senón que se encargou el mesmo dela. (...). Estas loitas foron o final das campañas de Augusto e o fin da revolta de

Hispania (...).

Doc. 2.- Mapa da división administrativa de Hispania no s. I.

Doc. 3.- Fragmento da obra Xeografía de Iberia, do xeógrafo

grego Estrabón [63 a. C.-24 d. C.].

Teñen os turdetanos, ademais dunha terra rica, costumes doces

e cultivados, debidos á súa veciñanza cos celtici ou, como dixo

Polibio, ao seu parentesco, aínda que a maior parte destes viven

en aldeas. Os turdetanos, que viven nas beiras do Betis, teñen

adquirida enteiramente a maneira de vivir dos romanos, ata

esquecer o seu idioma propio; ademais, a maior parte deles

foron transformados en “latinos” e recibiron colonos romanos,

de maneira que pouco falta para que todos sexan romanos. As

colonias acabadas de fundar, como Pax Augusta entre os

Célticos, Emerita Augusta entre os Túrdulos, Caesar Augusta

entre os Celtiberos... e outras semellantes, mostran ben claro o

cambio que se operou na constitución daquelas tribos de

Hispania. Chámase togati aos iberos que teñen adoptado este

réxime de vida; os Celtiberos mesmos inclúense hoxe en día

entre eles, aínda que noutro tempo tivesen fama de ser os máis

bestiais de todos. Tal é o que tiña que dicir deles [os

turdetanos].