Tema 1 A Terra. Planeta do Sistema Solar

Post on 30-Jun-2015

3.701 views 2 download

Transcript of Tema 1 A Terra. Planeta do Sistema Solar

TEMA 1

A TERRA : PLANETA DO SISTEMA SOLAR

Introdución

IntroduciónO Sol é unha estrela mediana situada nun extremo da galaxia denominada Vía Láctea.

A nosa galaxia está formada por millóns de estrelas (como o Sol) que teñen luz propia e ao redor das cales xiran os planetas e os seus satélites.

O Universo, formado por millóns de galaxias, é o conxunto de todos os corpos celestes e do espazo que os contén.

A Terra forma parte dun sistema dinámico no que hai catro elementos que se relacionan e se inflúen mutuamente: a atmosfera, a hidrosfera, a litosfera e a biosfera.

01

1. A Terra, un punto no Universo

1.1. A Terra no Universo

1.2. A Terra no Sistema Solar• O Sistema Solar

01

1.1. A Terra no Universo

A Terra é un planeta do Sistema Solar.

O Sol é unha estrela dunha galaxia chamada Vía Láctea.

A Vía Láctea é unha das moitas galaxias que existen no Universo.

01

1.2. A Terra no Sistema Solar

O Sistema Solar está formado por oito planetas principais, tres planetas ananos e moitos corpos celestes.

Os planetas son astros que xiran ao redor do Sol e non teñen luz propia.

Os satélites son astros que xiran ao redor dalgúns planetas.

Planetas e satélites teñen dous movementos: un de rotación e outro de translación.

Segundo a súa distancia respecto ao Sol os planetas divídense en: planetas interiores e planetas exteriores.

01

O Sistema Solar01

Os Planetas

2. O planeta Terra

2.1. A Terra: o planeta azul

01

2.1. A Terra: o planeta azulA Terra vista desde o espazo presenta unha cor azulada debido á abundancia de osíxeno que hai na atmosfera.

A Terra non é unha esfera perfecta, xa que está lixeiramente achatada polos polos (xeoide).

Se o noso planeta se cortase polo Ecuador, quedaría dividido en dous hemisferios iguais: o hemisferio Norte (ou continental) e o hemisferio Sur (ou marítimo).

A superficie total da Terra é de 510 000 000 km2, aproximadamente 1000 veces a superficie de España.

01

As dimensións da Terra01

As dimensións da Terra01

3. Rotación da Terra: os días e as noites

3.1. O movemento de rotación• Movemento de rotación da Terra

3.2. Os fusos horarios

01

3.1. O movemento de rotación

A Terra xira sobre si mesma, nun movemento chamado de rotación.

O movemento de rotación da Terra explica a sucesión dos días e das noites.

A sucesión dos días e das noites fai que as temperaturas da Terra non sexan extremas e fai posible a existencia de vida.

01

Movemento de rotación da Terra

01

Movemento de rotación da Terra

01

3.2. Os fusos horariosDebido ao movemento de rotación da Terra, amence primeiro nos lugares situados cara ao Leste.

En España amence antes nas illas Baleares que en Madrid ou en Galicia.

Como o problema do horario era común en todo o mundo, acordouse dividir a Terra en 24 fusos horarios.

Deste xeito, todos os lugares situados nun mesmo fuso ou zona horaria teñen a mesma hora.

01

Os Fusos Horarios

4. Translación da Terra: as estacións do ano

4.1. O movemento de translación• Movemento de translación da Terra

01

4.1. O movemento de translación

No seu movemento ao redor do Sol (translación), a Terra debuxa unha órbita elíptica e emprega en percorrela un ano: 365 días, 6 horas e 9 minutos.

A inclinación do eixe de rotación da Terra é a responsable da sucesión das estacións do ano.

Durante o percorrido ao redor do Sol, a Terra queda exposta de distinta maneira aos raios solares, e isto dá lugar ás estacións do ano.

01

Movemento de translación da Terra

01

Movemento de translación da Terra

01

Resumo

FIN