TEMA 1: O PLANETA TERRA - alfaes1blog.files.wordpress.com · •A posición do planeta terra no...

107
TEMA 1: O PLANETA TERRA

Transcript of TEMA 1: O PLANETA TERRA - alfaes1blog.files.wordpress.com · •A posición do planeta terra no...

TEMA 1: O PLANETA TERRA

“O que imos coñecer…”

•A Xeografía, a ciencia que estuda a superficie terrestre, os fenómenos físicos e humanos, e as relacións entre as persoas e o medio.

•A posición do planeta terra no conxunto do universo e do sistema solar.

•Os movementos de rotación e de translación da Terra e as súas consecuencias.

•Os puntos cardinais e a orientación.

•Paralelos e meridianos. Latidude e lonxitude.

•Os fusos horarios.

•As representacións da Terra: mapas, fotografías aéreas e planos.

•A técnica de traballo con escalas e coordenadas xeográficas.

Esquema dos contidos do tema:

Presentación en PDF:

alfaes1blog.wordpress.com

Cuestións de repaso:

alfaes1blog.wordpress.com

CONSELLOS PARA O EXAME:

alfaes1blog.wordpress.com

1. A Terra, un planeta do sistema solar:

• A Terra, o noso planeta, forma parte do Universo ou cosmos.

• O Universo: un inmenso espazo composto polos astros ou corpos celestes, po e gas.

• Os astros: a maioría son estrelas con luz propia (como o Sol)

• Os planetas: son astros sen luz propia (iluminados por unha estrela arredor da que xiran (como o noso Sol)

O sistema solar:

A Vía Láctea, a nosa galaxia

• O Sol, o centro do Sistema Solar, ao que lle da nome.

• Hai 4.600 millóns de anos, nun dos extremos da Vía Láctea (unha das moitas galaxias do Universo), unha masa de po e gas comezou a xirar, formándose o Sistema Solar.

• Esa masa foi aumentando de densidade e temperatura, formándose o Sol e o resto dos corpos celestes.

• O Sol: estrela de tamaño medio (hai cen mil millóns de estrelas na Vía Láctea), con luz propia e que ilumina aos astros que xiran ao seu arredor.

O sol Diámetro: 1,4 millóns de km.

Composición: hidróxeno e helio

Temperatura na superficie: 6.000°

Temperatura no interior: 15 M de° C

Xúpiter O planeta máis grande do Sistema Solar

Diámetro: case 143.000 km.

Ten 17 satélites Distancia do Sol: 778 M de km

Ten un diámetro semellante ao da Terra, pero carece de satélites.

• O Sistema Solar está composto por 8 planetas que xiran arredor do Sol: a Terra, Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

• Ademais dos planetas tamén forman parte do Sistema Solar: os satélites, os asteroides, os cometas, os meteoritos e o medio interplanetario (po e gas).

• Os satélites: corpos celestes que xiran arredor dos planetas (como a Lúa)

• O Sistema Solar mantense unido grazas á forza de atracción gravitatoria do Sol, que xira sobre si mesmo, xirando os planetas ao seu arredor, no mesmo sentido e describindo órbitas elípticas.

Lectura complementaria: “Cantos planetas ten o sistema solar?

(páxina 22)

Satélite orbitando arredor dun planeta

A Lúa é o único satélite da Terra.

Fragmento de meteorito caído sobre Rusia en febreiro do 2013

O planeta Terra:

• A Terra: o quinto planeta por tamaño do Sistema Solar e o terceiro pola proximidade ao Sol.

• Ten forma de esfera lixeiramente achatada polos polos.

• Perímetro superior aos 40.000 km no seu círculo máximo imaxinario (o ecuador).

• O único planeta onde hai vida por ter osíxeno na súa atmosfera e auga na superficie (elementos necesarios para os seres vivos)

• Superficie da Terra: 510 M de km2.

• “O Planeta Azul”: maior parte da superficie terrestre está formada polos mares e océanos.

• A liña imaxinaria do ecuador divide a Terra en dous hemisferios: no hemisferio norte hai máis terras emerxidas que no hemisferio sur (Océano Pacífico e Índico)

O Planeta Azul

Actividade obrigatoria: películas relacionadas co tema

2. Os movementos da Terra e as súas consecuencias:

• A Terra: o quinto planeta por tamaño do Sistema Solar e o terceiro pola proximidade ao Sol.

• Ten forma de esfera lixeiramente achatada polos polos.

• Perímetro superior aos 40.000 km no seu círculo máximo imaxinario (o ecuador).

• O único planeta onde hai vida por ter osíxeno na súa atmosfera e auga na superficie (elementos necesarios para os seres vivos)

• Superficie da Terra: 510 M de km2.

• “O Planeta Azul”: maior parte da superficie terrestre está formada polos mares e océanos.

• A liña imaxinaria do ecuador divide a Terra en dous hemisferios: no hemisferio norte hai máis terras emerxidas que no hemisferio sur (Océano Pacífico e Índico)

2. Os movementos da Terra e as súas consecuencias:

•A Terra (igual que o resto dos planetas do sistema solar), realiza dous tipos de movementos: Un movemento de rotación sobre sí mesma. Un movemento de translación arredor do sol. •Como consecuencia, sucédense os días e as noites e as estacións ao longo do ano.

•Son movementos que se realizan ao mesmo tempo pero con diferente duración.

O día e a noite

LESTE (Levante)

•Rotación: a Terra xira sobre si mesma (de oeste a leste), a máis de 1.600 km/h, tardando case 24 horas (día) •Consecuencias: sucesion dos días e das noites, xa que durante a rotación o Sol ilumina soamente unha das caras da Terra, permanecendo a escuras a oposta. •Inclinación do eixe da Terra: os raios solares inciden deesigualmente e durante distintos períodos de tempo sobre determinadas zonas do planeta. •Extremos do eixe (polos): o Sol ilumina 6 meses seguidos un deles e o outro permanece en penumbra. •No Ecuador, a duración di día e da noite case é igual ao longo do ano.

As estacións:

•Solsticios: o sol cae verticalmente sobre o Trópico de Cáncer (Norte) ou sobre o Trópico de Capricornio (Sur). • No solsticio de verán (22 de xuño) no Hemisferio norte, os días alónganse e as noites acúrtanse, sendo a insolación máxima. •No solsticio de inverno (21 de decembro), as noites alónganse, os días acúrtanse e a insolación é mínima. •É dicir: cando nun Hemisferio é inverno, no outro é verán. •Equinocios: o Sol atópase sobre o Ecuador, polo que os días e as noites duran igual en toda a Terra, o que sucede no 20-21 de marzo (equinocio de primavera) e no 22-23 de setembro (equinocio de outono) •Curiosamente, cando en España celebramos no inverno o Nadal, o tempo é frío (Hemisferio norte), mentres que en Australia o tempo é cálido (Hemisferio sur)….e viceversa.

As estacións:

As eclipses:

•As eclipses son outra consecuencia do movemento de translación. •Consisten na ocultación temporal, parcial, ou total dun astro por interposición doutro. •Eclipse de sol: cando a Lúa sitúase entre o Sol e a Terra (“o sol ocúltase trala Lúa”) •Eclipse de Lúa: a Terra interponse entre o Sol e a Lúa, que permanece en sombra ao impedirlle aquela que se reflicta a luz solar.

Eclipse de Sol

Eclipse parcial de Sol

Eclipse de Lúa

Eclipse….de cine

3. As coordenadas xeográficas:

•Os puntos cardinais e as liñas imaxinarias (paralelos e meridianos): permiten orientarse e localizar a posición exacta dun punto ou lugar no espazo. •Os puntos cardinais: cada unha das catro posicións no horizonte en relación á posición do Sol. •Leste (sae o Sol), Oeste (ocúltase), Norte e Sur (os dous polos) •A orientación: fixar a posición dunha persoa, obxecto ou lugar respecto aos catro puntos cardinais.

Como orientarse sen saír da túa clase?

Cara á parede de fronte: temos o Norte ou zona septentrional.

Cara á parede de costas a nós (encerado): temos o sur ou zona meridional

Cara á dereita: temos o Leste ou Levante

Cara á esquerda: temos o Oeste ou Poniente

Os puntos cardinais. A orientación

•O compás ou “brujula”: instrumento cun círculo graduado no que figuran os puntos cardinais e unha agulla imantada polo magnetismo terrestre e que xira sinalando o Norte (determinando así a posición en relación a ese punto) •Novas tecnoloxías: como o GPS e outros localizadores, xa que moitos puntos xeográficos a localizar (enderezos), xa veñen coas coordenadas para introducilas e buscar unha ruta ou o posicionamento (Google Earth, Google maps….)

A rede xeográfica:

Para facilitar a localización nun punto calquera da superficie terrestre deseñáronse unha serie de liñas imaxinarias (parelos e meridianos) que forman unha rede de coordenadas adaptada á forma esférica da Terra.

•O ecuador: é a circunferencia de maior diámetro, situado equidistantemente dos polos e divide a esfera terrestre en dous hemisferios ( hemisferio norte e o hemisferio sur).

•Hai dous paralelos de referencia a 23º 27´: o Trópico de Cáncer (hemisferio norte) e o Trópico de Capricornio (hemisferio sur)

• A 66º 33´está o Círculo Polar Ártico (hemisferio norte) e o Círculo Polar Antártico (hemisferio sur)

•A latitude (N ou S) é a distancia angular (medida en graos, minutos e segundos: º ´ ””) que hai entre un punto da superficie terrestre e o ecuador.

•Sobre a liña do ecuador está a latitude mínima (0º) e nos polos a máxima (90º)

•A lonxitude (L ou O) é a distancia angular entre un punto e o meridiano de referencia ou meridiano de Greenwich.

•O Meridiano de Greenwich marca a lonxitude 0º e o seu oposto (90 º de lonxitude cara u oeste, 90º cara o Leste, completando unha “volta” de 180º)

Latitude NORTE, lonxitude LESTE

Latitude SUR, lonxitude OESTE

Os paralelos circunferencias imaxinarias paralelas ao ecudador e perpendiculares ao eixe de rotación da Terra.

Os meridianos son circunferencias imaxinarias que van de polo a polo, polo que todos miden 180º.

ACTIVIDADE OBRIGATORIA: COMPLETA A FICHA DA FOTOCOPIA

Os fusos horarios:

•A rotación da Terra fai que a hora solar varíe, polo que en cada momento hai 24 horas diferentes sobre a superficie do noso planeta. •Os 360° da esfera terrestre, divididos entre as 24 horas do día, dá a cada hora 15° (entre dous meridianos) ou fuso horario. •Os territorios dentro dun fuso horario teñen a mesma hora solar. •Cando viaxamos a grandes distancias, hai que adiantar o reloxo cara o Leste e atrasalo cara ao Oeste. •Por comodidade, os países de gran tamaño (EE.UU, Rusia, China, Australia…), establecen unha mesma hora oficial para todo o territorio, aínda que dun extremo a outro a hora concreta sexa distinta (Nova York 10 a.m-Los Ángeles 5 p.m, aproximadamente)

Cando en A Coruña son as 12:00….

…nas Illas Canarias son as 11:00

Os fusos horarios: España

OESTE ESTE

ESPAÑA: 0 JAPÓN: +10 CHILE: -4

ESPAÑA: 12:00 +

JAPÓN: 22:00 p.m

- CHILE:

8:00 a.m

+

-

Si en CHILE son as 8:00 a.m

En ESPAÑA sumo 4 h. con respecto a

Chile ou resto 10 h. con respecto a

Xapón

Se en Xapón son as 22:00 p.m

GMT (Greenwich Meridiane Time) no móbil e internet

ACTIVIDADES DE REPASO: CORRIXIMOS A 11

ACTIVIDADE OBRIGATORIA: “PERO QUE HORA É?”

4. A representación da Terra. Mapas e imaxes

•O planeta Terra non é unha esfera perfecta: ten forma de xeoide ou elipsoide. •Ao representar a forma tridimensional e curva da Terra nunha superficie plana de dúas dimensións prodúcense deformacións. •Por iso búscase a representación que mellor se axuste á forma real da Terra mediante unha determinada proxección. •Proxección cartográfica: é a representación nun plano de toda ou parte da superficie terrestre.

As proxeccións cartográficas:

•Hai diferentes formas de representación da Terra, pero ao ser unha superficie esférica, prodúcense deformacións ou alteracións á hora de representala nunha superficie plana. •Non hai ningunha proxección que represente fielmente a forma real da superficie terrestre. •Existen tres tipos básicos de proxección: a cilíndrica (con deformacións nas zonas polares), a cónica (deformacións menores nas latitudes medias) e a plana, cenital ou acitumal (con deformacións nas latitudes medias)

A proxección cilíndrica:

A proxección cilíndrica:

mapa de Mercator

Representa correctamente el denominado primer mundo -Norteamérica y Europa-, mientras que África y Suramérica aparecen muy reducidas. Como ejemplo, se dice que Groenlandia, con 2,1 millones de km cuadrados, es, en la proyección de Mercator, mayor que África, que tiene, aproximadamente, 30 millones de km cuadrados.

la linea del ecuador en el centro.

¿Cuál era el fin último del mapa de Mercator? Mercator presentó su mapa para la navegación marítima. La proyección de Mercator es una proyección cilíndrica de una superficie esférica. Y Mercator tuvo que realizar cálculos para que su proyección fuera útil en navegación.

Su punto de partida es, también, la proyección cilíndrica equidistante, pero, con el objetivo de mantener las proporciones en las áreas, Peters aumenta la escala vertical de las regiones cercanas al ecuador para compensar el estiramiento en horizontal de las regiones templadas. Pero crea así graves problemas de deformación en África y Sudamérica. de Gall-Peters

mapa de Gall-Peters

El mejor de todos ellos es, quizá el aceptado actualmente por la National Geographic Society (NGS), la proyección de Winkel-Tripel.

As proxeccións cartográficas:

•Os avances científicos e técnicos permiten perfeccionar a confección dos mapas grazas aos sistemas de teledetección. •Teledetección: fotografía aérea desde avións, satélites artificias e plataformas espaciais. •As fotografías obtidas permiten aos cartógrafos mellorar a calidade e fiabilidade dos mapas. •Os satélites artificiais envían fotografías da Terra a gran altura, polo que podemos coñecer a imaxe de gran parte do planeta. •Os potentes ordenadores dos laboratorios permiten imaxes tridimensionais e mapas “sen nubes” (xeosfera)

Mapas e planos:

•Os mapas: representacións planas de toda a superficie da Terra ou parte dela. •Os planos: tipos de mapas que representan espazos ou superficies reducidas (cidades, barrios, casas….) •cartografía : ciencia e técnica que confecciona mapas e planos. •Atlas: colección de mapas. Chamado así en honor de Atlas, o personaxe mitolóxico grego castigado a soster sobre os seus ombreiros a bóveda celeste. •Segundo a superficie representada, os mapas poden ser planisferios ou mapamundis, mapas por continentes, países ou rexións. •Segundo a información, os mapas poden ser físicos, políticos ou temáticos.

Actividades:

Debuxa no teu caderno un plano do teu instituto, barrio ou casa.

Google maps e google earth

Mapas e planos:

•Os mapas poden ser de dous tipos:

•Segundo a superficie representada: planisferios ou mapamundis (a totalidade da superficie terrestre), mapas por continente, países ou rexións.

•Segundo a información: físicos (accidentes xeográficos), políticos (límites administrativos como fronteiras, provincias, municipios) e temáticos (feitos concretos de tipo xeográfico, histórico, xeolóxico, demográfico, económico…)

A escala dos mapas:

Escala numérica (1:270.000.000). 1 cm no mapa equivale a 270.000.000 millóns de cm reais, é dicir, 1 cm son 2.700 kms

(dividimos 270.000.000 entre 100.000 para obter os kms)

Escala gráfica (segmento graduado en unidades de 800 kms)

ACTIVIDADES DE REPASO: CORRIXIMOS DA 12 Á 16

Actividade: as distancias no mapa (fotocopias)