Post on 16-May-2020
EditaServicio Galego de Igualdade
Deseño_Maquetaciónocéano...visual
Dep. legal
C-1161-2001
SEMINARIO PERMANENTE DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE
CÓMO TOMAR DECISIÓNS SOBRE O TEU FUTURO
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente
PRESENTACIÓN
5
Con esta guía que agora tes nas túas mans, no Seminario Permanente de Educación para a
Igualdade, tratamos de achegarnos desde unha óptica diferente á habitual, a perspectiva da
igualdade entre os xéneros, ás múltiples inquietudes que xorden ante ti ó pensar sobre o teu
futuro, sobre as múltiples eleccións que deberás tomar e o significado que en todo iso ten o feito
de ser moza ou mozo .
Co obxectivo de facilita-la elaboración de proxectos de vida globais, libres de estereotipos tradi-
cionais de xénero, ó longo das súas páxinas vánseche propoñendo unha serie de actividades
secuenciadas que che axudarán a coñecerte mellor e a ter en conta as múltiples posibilidades
que se abren ante ti nun contorno cambiante e cheo de oportunidades no que o papel social de
homes e mulleres continúa modificándose e avanzando cara a unha real igualdade entre ámbo-
los sexos.
Co desexo de facilitar novas realizacións do valor de igualdade no voso modo persoal de ser
moza ou de ser mozo, propoñémosvos reflexionar sobre o significado que as pautas tradicionais
de xénero tiveron ata este momento nas vosas vidas, de modo que, coñecendo as múltiples for-
mas en que se perpetúan as desigualdades entre os colectivos masculino e feminino, poidades
mellora-lo voso autocoñecemento e a autovaloración das vosas propias potencialidades perso-
ais, académicas e laborais, descubrindo os vosos propios desexos e intereses. Todo iso, esta-
mos seguras, facilitará a posibilidade de construír proxectos de vida globais que, sen dúbida,
suporán novas concrecións do valor da igualdade, a xustiza e a solidariedade entre homes e
mulleres na nosa sociedade.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente
Aurora Montes Santa-Olalla
DIRECTORA XERAL DO SERVICIO GALEGO DE IGUALDADE
Mar Pérez Marsó
DIRECTORA XERAL DE ORDENACIÓN EDUCATIVA E FORMACIÓN PROFESIONAL
¿QUE SIGNIFICA TOMAR DECISIÓNS?
SABE-LO QUE QUERO
¿QUE É UN PROXECTO DE VIDA?
SABER CÓMO SON
SER MOZA/SER MOZO
O MEU CORPO
SEI O QUE ME GUSTA
PREGÚNTOME DE QUÉ SON CAPAZ
¿COMO ME RELACIONO?
O QUE ESPERAN DE MIN
O QUE MÁIS ME IMPORTA
¿EN QUEN ME FIXO?
O QUE ESPERO DE MIN
ÍNDICE
7
08
11
14
16
20
27
31
34
38
41
44
47
51
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente
TOMAR DECISIÓNS SIGNIFICA elixir entre varias opcións. Cando temos poucos anos toma-
mos poucas decisións porque son as persoas maiores as que o fan no noso lugar. A medida que
medramos, van xurdindo máis situacións sobre as que podemos e queremos toma-las nosas
decisións, porque en moitas cuestións contamos con criterios propios e coñecémo-los nosos
desexos.
O anterior non indica que debamos tomar decisións en solitario; sempre seguiremos contando
co consello daquelas persoas nas que confiamos e que nos poden axudar a clarificar qué que-
remos e qué facer nos momentos de decisión.
Non tódalas decisións teñen igual transcendencia. Algunhas delas debemos tomalas a cotío, só
afectan a ese día: por exemplo, cando escollo cada mañá qué poñer ou cando decido qué facer
despois do instituto. Hai outras decisións que afectan a un curso enteiro, ¿que optativa vou eli-
xir no próximo curso? Ou ben se refiren a un tempo maior como cando teño que decidir despois
de ESO se farei Bacharelato, FP, se ademais buscarei un traballo...
Non tódalas decisións son igual de importantes; non todas elas teñen a mesma transcendencia.
Que unha decisión sexa máis importante ca outra tamén depende do tema de que se trate, se
é un asunto de grande interese ou, polo contrario, se se refire a cuestións pouco relevantes na
nosa vida. Resulta doado decatarse de que non é igual de importante decidir sobre qué faremos
no noso tempo libre que facelo sobre os estudios, as amizades, a familia, o traballo. Tampouco
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente8
¿QUE SIGNIFICA TOMAR DECISIÓNS?
o será determinar sobre qué roupa comprar ou cómo queremos comportarnos na casa, no ins-
tituto, coas nosas amigas e amigos.
Esta guía quere axudarche a descubrir cómo tomar decisións que afectan ó teu futuro.
Trátase de decisións relacionadas con cómo es e queres ser, qué é máis importante para ti,
e cómo che gustaría ser.
A medida que as nosas decisións van sendo máis importantes, tamén nos imos dando conta
daquelas dificultades que acompañarán a nosa “toma de decisións”.
Estas dificultades poden xurdir por diferentes motivos; ás veces, o máis difícil consiste en saber
qué queremos, outras veces as dificultades xorden do noso medo a equivocarnos; este medo
pode paralizarnos e impedirnos toma-la nosa decisión.
Cando non sabemos ben cáles son as opcións entre as que podemos elixir, ou cando, aínda
coñecéndoas, nos custa decidir porque non queremos renunciar ás outras, tamén resulta difícil
tomar decisións.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 9
DECISIÓNST O M A R D E C I S I Ó N S
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente10
PROPOÑÉMOSCHE:
PENSA sobre qué asuntos da túa vida actual tes capacidade de decisión, isto é, aquelas
cuestións nas que ti podes elixir. A continuación trata de descubrir cáles son as dificulta-
des que acostumas atopar.
�� ESTA GUÍA PRETENDE AXUDARCHE CON ALGUNHAS DESAS DIFICULTADES QUE SINALACHES PARA
QUE COAS PROPOSTAS E ORIENTACIÓNS SUXERIDAS POIDAS:
� Saber qué facer para decidir qué é o que queres.
� Coñece-las opcións entre as que podes elixir.
� Buscar outras opcións se as que tes non che serven.
� Encontrar con quen consulta-las túas dúbidas e medos.
� Saber cara a ónde te pode levar unha decisión, cáles serán as súas consecuencias.
� Saber qué facer despois de tomar unha decisión.
Decido sobre:
O meu modo de vestir
Encontro dificultades en:
Que me entendan na miña casa
EN OCASIÓNS, resulta máis fácil deixa-los propios desexos en mans alleas que descubrir ou
decidi-lo que cada cal quere; por iso, nestas ocasións, deixámonos levar polas propostas ou
desexos doutras persoas; outras veces serán circunstancias temporais ou persoais as que nos
empuxarán a tomar decisións sen que saibamos moi ben por qué as tomamos.
Sabe-lo que cada persoa quere e espera de si mesma é bastante difícil.
Non é algo sobre o que poidamos decidir nun momento nin resolver definitivamente; constante-
mente debemos estar interrogándonos sobre iso e tomando as decisións. Descubrir e coñece-
los nosos desexos e preferencias require práctica. Preguntarte polo que queres e desexas é o
que te conducirá a te-los teus proxectos propios: a curto, a medio ou a longo prazo. Os teus pro-
xectos persoais irán, daquela, na túa motivación para actuar, para gozar co que fas, para ter ilu-
sións e poder compartilas, para encontrarte a gusto contigo e cos demais.
�� Exemplos destes proxectos puideran ser:
� Esta fin de semana quero ir ó cine
� O vindeiro curso quero matricularme en solfexo
� Quero estudiar algo relacionado con sanidade
� Cando termine a ESO quero estudiar un ciclo formativo de enxeñería
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 11
SABE-LO QUE QUERO
� No verán quero ir a un campamento
� Quero saír con esta persoa
� Quero aprender a xogar a balonmán
� Para o meu aniversario quero facer unha festa
Se non teño ningún proxecto, por pequeno que sexa, encontrareime sen ganas de facer nada
ou farei as cousas simplemente porque teño que facelas.
DETENTE UN MOMENTO A...
Pensar nos teus próximos proxectos, aqueles que tes nas túas mans.
De todos eles propoñémosche elixir tres: un para realizar nesta semana (curto prazo), outro para
este trimestre e outro para o próximo curso (a longo prazo).
Axudándote da ficha seguinte, descríbeos e planifica os pasos que darás para realizalos. Non
esquezas incluír tamén as dificultades que poden xurdir para levalo a cabo e cómo pensas que
as podes resolver.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente12
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 13
Nesta semana
Neste trimestre
O próximo curso
Quero celebrar o meu
aniversario.
Organiza-lo meu
tempo de estudio
O meu proxecto ¿Que facer para conseguilo? Posibles dificultades Posibles solucións
SEGURO QUE ALGUNHA VEZ pensaches, imaxinaches, soñaches en cómo será a túa vida
cando sexas independente, cando vivas pola túa conta. Cando pensamos no noso futuro, ima-
xinámonos en aspectos diferentes: persoal, familiar, educativo, profesional, ocupacional. Nos
nosos proxectos teremos en conta tódalas facetas da vida porque non son independentes unhas
das outras, sempre están relacionándose... o seu conxunto formará a nosa propia vida.
É por iso que as decisións sobre o teu futuro non se refiren só ós estudios, a unha profesión ou
a unha ocupación, deberán ser algo máis amplo, a ese algo coñecémolo como proxecto de vida.
Nun proxecto global de vida incluiranse tódolos aspectos desta: estudios, traballo,
relacións persoais, familia, tempo libre, afeccións...
NESTA GUÍA ENCONTRARÁS algúns recursos para que poidas reflexionar persoalmente sobre
o teu propio proxecto de vida; para que te fagas moitas preguntas, ou volvas sobre as que xa te fixe-
ches. Suxerímosche que o fagas dun modo secuenciado co fin de ir encontrando algunhas respos-
tas que che darán pistas sobre cómo tomar esas decisións sobre o teu futuro.
PROPOÑÉMOSCHE un percorrido que pasa, en primeiro lugar, por autointerrogarte para
mellora-lo teu coñecemento sobre: cómo é, qué significa o feito de ser moza ou de ser mozo na
túa vida, cáles son as túas características, as túas calidades persoais, cómo te relacionas coas
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente14
¿QUE É UN PROXECTO DE VIDA?
demais persoas, qué che agrada, qué cousas “se che dan ben” facer e cáles son as túas difi-
cultades.
SE CONTINUA-LO PERCORRIDO que che propoñemos, atoparás suxestións para descubrir
qué saben e opinan sobre ti, qué esperan de ti as persoas que te rodean e te coñecen, cáles
son máis importantes para ti, cáles merecen a túa confianza e as persoas que admiras e ás que
che gustaría parecerte.
POR ÚLTIMO, e se queres chegar ata o final, terás que ser capaz de ir máis alá e decidir qué
esperas e queres de ti, imaxinar qué che gustaría ser, cómo quererías vivir..., cómo te ves no
futuro. Investigara-las posibilidades que tes ó teu alcance, qué che ofrece a túa familia, as dife-
rentes opcións que che brinda o teu contorno e os pasos que hai que ir dando para sacar adian-
te os teus proxectos.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 15
?¿???? ???? ??????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????????? ???? ???? ????????????????????????????????????? ???? ???? ???????????????????????
EN XERAL, o coñecemento que temos acerca de cómo somos provén do que outras persoas
nos proxectan, do que nos din sobre cómo somos. Seguro que es capaz de recorda-la última
vez que alguén che dixo: “é que ti es ...”.
Segundo a importancia e o valor que deamos a esas persoas, prestarémoslles máis ou menos
importancia ó que nos din. Así, se alguén en quen confías moito che di algo sobre ti, é seguro
que llo vas crer; se cho di alguén que non te coñece ou en quen non confías, posiblemente non
lle prestes atención.
Non podemos respondernos á pregunta ¿como son? consultando simplemente no noso interior.
Para sabermos cómo somos tamén dependemos dos que nos rodean.
Como dixemos, as mensaxes e imaxes que nos devolven sobre a nosa persoa, cómo nos ven,
sérvennos para construír unha idea de cómo somos. Por iso é moi importante diferenciar de
ónde proceden esas mensaxes para saber se lles dar valor, xa que, en ocasións, pode esta
información proceder de persoas que non te coñezan ben, ou doutras que, ademais de non
coñecernos ben, teñen interese en que sexamos de tal ou cal maneira.
Abundando no último caso, pensamos en mensaxes publicitarias e dos medios de comunicación
que constantemente nos lanzan modos e valoracións sobre cómo é a adolescencia e a moci-
dade, pretendendo que nos identifiquemos cun “modelo” de ser moza ou mozo posto que pare-
cerse a el significará ser “normal”.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente16
SABER CÓMO SON
Este “modelo normal” con demasiada frecuencia na nosa cultura de xénero acostumará a ser un
estereotipo, isto é, unha concepción predeterminada e pechada sobre algo ou alguén que non
corresponde co que realmente é.
Por outra parte, estes estereotipos, recorrentemente, constrúense consonte a prexuízos, é dicir,
xuízos que se fan sen coñecemento ou sen fundamento. Ás veces, créanse estereotipos a par-
tir da idade e así xorden crenzas como “os mozos son rebeldes”; ou a partir da aparencia, “as
mozas gordas non son atractivas”; ou a partir do xénero ó que pertencemos polas característi-
cas biolóxicas do noso sexo e, daquela, fanse valoracións como “os mozos non choran”.
Para obter información fiable sobre cómo somos temos que acudir a outras fontes.
A PRIMEIRA FONTE ES TI. Preguntarte sobre qué opinas de ti xa que, por exemplo, ti mellor
ca ninguén sabes cáles son os teus gustos e tamén qué cousas se che dan ben e cáles peor...,
aínda que non cho preguntaras ata agora.
OUTRA FONTE FUNDAMENTAL SON AS PERSOAS COAS QUE TE RELACIONAS
como: as que compoñen a túa familia, o teu grupo de amigas e amigos, as túas compañeiras e
compañeiros de instituto.... Estas persoas coñécente e, xa que logo, teñen feita unha imaxe túa
desde fóra que pode axudarche a confirma-la túa propia, completala ou, en ocasións, contradi-
cila e, desvelarche equivocacións dalgúns aspectos sobre o que ti pensas de ti.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 17
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente18
PROPOSTA:
PENSA en tódalas persoas coas que te relacionas.
¿Quen cres que te pode coñecer mellor?
Da miña familia Do instituto
Das miñas amizades Outras
DE SEGUIDO PENSA só naquelas que che merezan máis confianza e trata de descubrirte:
Acabas de encontra-las persoas que van ser referentes importantes para ti nas propostas que
che suxerimos nesta guía.
19Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente
Fíome máis de : Porque
Na nosa sociedade, como xa sinalabamos no punto anterior, NON É O MESMO SER MOZA
QUE SER MOZO.
Sobre unhas e outros actúan estereotipos de xénero que limitan e constrinxen as nosas opor-
tunidades.- A relación tradicional entre o masculino e o feminino sufriu discriminacións e desigualda-
des que en moitos sentidos se manteñen nos nosos modos de pensar e de relacionarnos cos
demais.
Probablemente, e por esta razón, as cuestións que che imos propoñendo nesta guía non as res-
ponderás de igual modo se es mozo ou se es moza; isto non significa que as respostas de tóda-
las mozas vaian ser iguais ou que tódolos mozos vaian responde-lo mesmo. É dicir, hai moitas,
moitísimas maneiras de ser moza e moitas, moitísimas maneiras de ser mozo.
Ser moza ou ser mozo non debera quitar liberdade para que poidas elixi-lo que queres
e como queres ser persoa.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente20
SER MOZA/SER MOZO
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 21
PROPOSTA:
De ser moza ou mozo gústame: De ser moza ou ser mozo non me gusta:
PENSA en tódalas cousas que pasan na túa vida e que creas poidan estar relacionadas
co feito de ser moza ou de ser mozo (na casa, no instituto, coas túas amigas e amigos...).
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente22
PROPOSTA:
¿POR QUE? ¿QUE PODO FACER?
FÍXATE agora nas respostas que situaches no punto “non me gusta”. Trata de busca-
las causas e as razóns, isto é, intenta descubrir por qué che pasan e se ti podes facer
algo para cambialas ou para sentirte mellor con elas.
Nas túas reflexións intenta diferenciar entre o que forma parte de ti e aquilo do que podes pres-
cindir. Por exemplo: ser máis ou menos alta, ter máis ou menos peito... son cousas que forman
parte do teu corpo, do que ti es. Sen embargo, levar tacóns ou responsabilizarte exclusivamente das
tarefas de casa, aínda que che sucedan por ser moza, son cuestións que non forman parte do que ti es,
e, polo tanto, sobre elas ti podes decidir.
ATA NON HAI MOITO TEMPO na nosa cultura e nas vidas das mulleres abundaban aspec-
tos sobre os que non podían elixir. Mesmo había cuestións que non se podían chegar a facer
porque a lei vixente o prohibía polo feito de seren mulleres. Se consultas á túa nai, á túa avoa,
elas mesmas poderán contarche cómo isto afectou ás súas decisións.
ESTAS PROHIBICIÓNS E DISCRIMINACIÓNS ENTRE PERSOAS DE DIFERENTE SEXO
derivaban dun modo de pensar que lle atribuía ás mulleres unhas actividades e ós homes
outras. Á marxe dos seus desexos e potencialidades, ó xénero feminino as responsabilidades
do coidado das persoas e da familia e as tarefas da casa, e ó xénero masculino o ámbito das
responsabilidades en política, economía e cultura. Esta forma de organiza-la sociedade supuxo
ó longo da historia entre outras consecuencias que as mulleres non tiveran dereitos coma os
demais cidadáns. Na actualidade, aínda existen países nos que as mulleres non teñen dereito a voto
ou igualdade no dereito á educación, o que lle impide poder continua-la súa formación máis alá
dos niveis básicos ou ir á universidade.
A partir da división das actividades para homes e para mulleres, descrita, ó longo da historia e
en tódalas sociedades fóronse definindo tamén as características, as formas de ser e de com-
portarse que finalmente acabaron determinando o que é propio de cada sexo: as monecas para
elas, os coches para eles, a tenrura delas, a rudeza deles... Estas características tamén forman parte
do que en páxinas anteriores denominamos ESTEREOTIPOS SEXISTAS.
Malia isto, mesmo sen dereitos recoñecidos, moitas mulleres ó longo da historia e, no día de
hoxe, foron e son capaces de facer realidade os seus desexos, contrariando as normas cultu-
rais impostas cando supoñían trabas á súa liberdade ou a se-lo que querían ser. Por exemplo,
no século XIX, cando as mulleres non podían ir á universidade en España, Concepción Arenal
vestiuse de home e conseguiu entrar nas aulas para estudiar dereito. Outro exemplo máis actual
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 23
pode se-lo da montañeira Araceli Segarra, quen subiu ó Everest hai uns anos a pesar de que
ningunha muller española o fixera ata entón e moitos deportistas e especialistas pensaban que
a alta montaña era só cousa de homes. Seguro que ti coñeces algún que outro caso, anímate a
investigalo ó teu arredor.
As mulleres organizáronse para reivindica-los seus dereitos, conseguindo que nas sociedades
do noso contorno, a finais do século XX, as leis non lles poidan prohibir ningunha cousa polo
feito de ser mulleres. Isto significou que a penas en dúas ou tres xeracións a vida das mulleres
mudou moito, as nosas avoas nunca imaxinarían que as súas netas ían ser tan diferentes a elas.
Estes cambios afectaron á sociedade enteira en moitos aspectos. Así, o feito de que na actuali-
dade haxa mulleres traballando en tódolos ámbitos da sociedade provocou que os “estereotipos sexis-
tas” ós que nos vimos referindo continúen a perder credibilidade.
Mentres as mulleres están participando en tódolos ámbitos, os homes, en maior medida,
continúan nos mesmos lugares nos que sempre estiveron, non podendo desenvolve-las
súas potencialidades persoais en ámbitos como o familiar, o persoal... Os estereotipos
sexistas aféctannos a ámbolos xéneros.
Na actualidade, pois, os estereotipos sexistas cada vez teñen menos peso na sociedade, moi-
tas veces inflúen en nós ata levarnos a face-lo que non queremos. Isto sucede, por exemplo,
cando a unha moza á que non lle gusta maquillarse, acaba facéndoo porque todo o mundo lle
di que as mozas teñen que ir aqueladas. Outras veces estes estereotipos sexistas lévannos a
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente24
deixar de facer aquilo que nin sequera sabemos se nos gustaría ó non elixilo; por exemplo, un
mozo que non quere axudar na casa porque pensa que iso é cousa de mozas está dificultando
o desenvolvemento da súa propia autonomía persoal.
É importante saber que existen estes estereotipos tradicionais, coñecer de ónde veñen e por
qué se manteñen deste modo na nosa sociedade.
Ter presente a existencia de estereotipos de xénero nas nosas vidas conduciranos a dispo-
ñer de criterios propios que nos axudarán a sentirnos ben por ser como somos e a evitar
confundirnos ou limitarnos no momento de tomar decisións.
Agora que sabes o que son estereotipos tradicionais de xénero, isto é, sexis-
tas, organiza unha reunión a modo de tertulia con dous ou tres amigas ou
amigos segundo sexas moza ou mozo. Escollede un lugar agradable no que
poidades instalarvos comodamente para conversar.
O tema versará sobre o significado que teñen os estereotipos sexistas nas vosas propias vidas.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 25
PROPOSTA:
A modo de axuda e para facilita-lo coloquio podedes facérvo-las seguintes preguntas:
�� A) ¿COÑECEDES ALGÚN ESTEREOTIPO ACERCA DE COMO É OU COMO DEBE SER UNHA MOZA/ UN MOZO
SEGUNDO CORRESPONDA Ó GRUPO?
� Podes facer unha lista con tódolos que se vaian dicindo e lela ó final. A continuación
propoñer unha rolda na que cada quen diga en voz alta qué é o que lle gusta e non lle
gusta desa lista .
�� B) ¿COMO PODEDES FACER PARA QUE ESES ESTEREOTIPOS QUE NON VOS GUSTAN NON VOS INFLÚAN?
� Teredes que busca-las solucións conxuntamente.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente26
a
b
VIVIR A GUSTO CO NOSO CORPO REQUIRE COÑECELO E ACEPTALO TAL E COMO É.
Isto non sempre é doado, especialmente nalgúns momentos e etapas da vida, como a adoles-
cencia, nas que o noso corpo cambia moito.
Estas modificacións no noso corpo, ás veces, poden levarnos a ter moitas dúbidas e tamén
medos, porque descoñecemos qué nos está a pasar ou por qué non podemos controlar eses
cambios tal e como nos gustaría facelo.
Moitos deses temores acerca do noso corpo teñen que ver en gran medida co feito de que NOS
PREOCUPA MOITO CÓMO NOS VEN. Impórtanos moito se gustamos ás demais persoas e
tememos que só nos valoren polo noso aspecto físico; de feito, moitas veces sucede así, espe-
cialmente no caso das mozas. As mozas, con moita frecuencia, sentímonos mal cando os mozos
nos miran, fan comentarios ou burlas sobre os nosos corpos, ou sobre ou noso aspecto; daque-
la pensamos que a forma de sentirnos mellor será tratar de ser máis atractivas para lles gustar
máis ós mozos de modo que os seus comentarios, en lugar de molestarnos, nos adulen.
En lugar de ser como somos, de recoñecernos e gozar do noso corpo, esforzámonos en
parecernos á “moza ideal”; en realidade, esa busca e esforzo non resolve
a nosa incomodidade.
Darse conta de que non hai que valorar a ninguén só polo seu aspecto e que hai que aprender a mirar
e vivi-lo corpo doutra maneira, conduciranos a ser nós mesmas, e, xa que logo, a encontra-la nosa
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 27
O MEU CORPO
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente28
PROPOSTA:
¿Que cousas fan que te sintas ben co teu corpo?
solución, mirando o noso corpo con “bos ollos”: aprendendo a coidalo e a saber encontrar nel aqui-
lo que nos leva a sentirnos a ben.
É importante seleccionar con quén nos relacionamos e mostra-la nosa preferencia cara ás
persoas que nos fan sentirnos queridas e valoradas, non considerando aquelas outras
miradas que se atreven a xulgar ou valora-lo noso corpo sen coñecernos.
DEDICA un pouco de tempo a reflexionar sobre o exposto anteriormente antes de con-
testa-las seguintes preguntas:
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 29
¿Que é o que máis che gusta del?
¿Que é o que fai que te sintas mal co teu corpo?
¿Por que?
PENSA en fixarte nas persoas coas que te relacionas habitualmente, en cada unha delas,
aquela coa que te-la confianza suficiente para falar deste tema. Poderás preguntarlle cuestións
como estas:
�� Se tiveras que definirme, ¿que dirías sobre o meu corpo?
�� ¿Que é o que máis che gusta del? ¿Por que?
Tamén podes comentar con ela as túas respostas ás preguntas anteriores e pedirlle a súa opi-
nión sobre iso.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente30
PENSAP E N S A
P E N S A
P E N S A
P E N S A
P E N S A
P E N S A
Con frecuencia resulta máis fácil pensar e dicir aquilo que non nos gusta que saber o que real-
mente apreciamos. Pode ocorrer que aínda non nos fixerámo-la pregunta: ¿QUE É O QUE ME
GUSTA?, simplemente porque facémo-lo que temos que facer cada día ou ben porque é o
mesmo que fan as nosas amigas e amigos sen pensar nin preguntarnos se realmente gozamos
con iso.
Algunhas das moitas actividades diarias sobre as que non podemos elixir, por exemplo ir ó ins-
tituto, axudar na casa... Pero, dentro do instituto e tamén na casa, outras veces, podemos elixir
qué preferimos.
Se non nos preguntamos antes qué é o que nos gusta, non aproveitarémo-las nosas
oportunidades de elixir nas ocasións que poidamos facelo.
Dedica un momento a pensar nas actividades que realizas nun día calquera. Podes axudarte
cubrindo o seguinte cadro:
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 31
SEI O QUE ME GUSTA
PROPOSTA:
Cando teño
tempo libre
Cando axudo
na casa
Cando estou
no instituto
Cando estudio
As actividades
que fago son
As que máis me gustan
de todas elas son
Agrádanme
por estas razóns
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente32
Das persoas coas que te relacionas normalmente, pensa naquela que consideras que te
coñece o suficientemente ben como para saber qué é o que máis che gusta. Comenta
con ela o que escribiches no cadro e pídelle a súa opinión: se está de acordo no que
puxeches, se lle parece que sobra ou falta algo...
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 33
AS NOSAS CAPACIDADES NON SON ALGO CO QUE NACERAMOS, apréndense ó
longo da vida, a través de varios medios: o que nos ensinan na casa, o que nos ensinan na
escola e logo no instituto, as experiencias que vivimos...
Por outra parte, non aprendemos da mesma maneira e, por iso, aínda que nos ensinen o
mesmo, non temos nin desenvolvémo-las mesmas capacidades ca outras persoas da nosa
clase ou do noso grupo de amigos ou da nosa mesma familia.
Pensa, por exemplo, en dous irmáns ou irmás da mesma familia e que teñan idades aproxima-
das; comparten casa, colexio, mesmo amigas e amigos..., pero son diferentes, non só fisica-
mente, senón seguramente en gustos, preferencias e en capacidades, aínda que aparente-
mente tamén lles ensinaran e viviran as mesmas situacións. Pensa por un momento na túa
clase: máis ou menos téde-la mesma idade, as vosas profesoras e profesores ensínanvo-lo
mesmo na clase, sen embargo comprobaches que non toda a clase é capaz de face-las mes-
mas cousas.
Ser máis ou menos capaz de algo non debe ser nunca un motivo para clasifica-las persoas, tampouco
para valoralas, aínda que ás veces suceda así. Por exemplo, cando se clasifica o alumnado en fun-
ción das súas notas e a partir de aí (só por aprobar ou suspender) os alumnos son considera-
dos bos ou malos, estudiosos ou lacazáns. O mesmo sucedería se clasificarámo-la xente como
torpe ou hábil polo feito de xogar mal ou ben ó fútbol, ó baloncesto...
Ó facer estas clasificacións, non se ten en conta que para valorar a alguén cómpre fixarse no
conxunto da súa persoa porque ó mesmo tempo que ten algunhas dificultades para algunhas
cousas, seguro será moi capaz noutras moitas cuestións.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente34
PREGÚNTOME DE QUÉ SON CAPAZ
PROPOSTA:
É moi importante que no momento de preguntarte polas túas capacidades penses en todo
aquilo que es capaz de facer e non só nas que máis se fixan as outras persoas ou aquelas
nas que destacas.
PENSA nun día da túa vida e en tódalas actividades que realizas: no instituto, na casa, no
teu tempo libre.... Vai relacionando aquelas que se che dan mellor. Pensa tamén qué
capacidades consideras necesarias para realizalas.
�� POR EXEMPLO, PODES SER UNHA PERSOA QUE CONSIDERE:
� Dáseme ben escoitar e darlles consello ás miñas amigas ou amigos; daquela debe-
rás pensar en ¿que capacidades son necesarias para iso? Como: saber relacio-
narse, transmitir confianza, saber escoitar, preocuparse polas persoas que che
importan, fidelidade, discreción ou ben
� Dáseme ben organiza-lo tempo, ¿que fai falta para organizarse ben co tempo?:
saber planificar e preve-las túas ocupacións, ter disciplina para cumpri-los hora-
rios e os plans que te propuxeches.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 35
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente36
PROPOSTA:
O que mellor se me dá Capacidades que require
O que peor se me dá ¿Por que?
Párate a pensar sobre aquilo que peor se che dá e o porqué:
Das persoas coas que te relacionas habitualmente, pensa naquelas que son os teus refe-
rentes porque te coñecen o suficientemente ben como para sabe-lo que mellor se che dá,
ou aquilo para o que tes máis habilidades e capacidades. Pídelle-la súa opinión sobre o
que escribiches e se lles parece que sobra ou falta algo.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 37
AS RELACIÓNS ENTRE AS PERSOAS son algo que practicamos pero no que só ocasio-
nalmente nos detemos a pensar. Sen embargo, o noso estado de ánimo, que esteamos ben,
ledos, tristes, depende en gran medida das nosas relacións aínda que a miúdo nos esqueza-
mos de iso.
Se CANDO REMATE O DÍA, xusto antes de deitarte, pensas en todo o que fixeches ó
longo da xornada e TRATAS DE CALCULA-LA PORCENTAXE DE TEMPO QUE PASACHES
EN RELACIÓN CON OUTRAS PERSOAS, DECATARASTE DE QUE PASA-LA MAIOR PARTE
DO TEU TEMPO RELACIONÁNDOTE COA XENTE. Intenta comprobalo.
A cotío mantemos moitos tipos de relacións; non nos relacionamos por igual coas persoas da
nosa familia ca coas que non o son, coas nosas profesoras ou profesores ca coas e cos com-
pañeiros do instituto, coa nosa mellor amiga ou amigo ca coa nosa parella.
Non obstante, en todas estas relacións sempre buscamos un mesmo obxectivo: que a outra per-
soa nos recoñeza. “Que alguén me recoñeza” quere dicir que é capaz de escoitarme, de poñer-
se no meu lugar, de interesarse por min, de terme en conta.
O recoñecemento persoal debe estar presente en tódalas relacións, tanto coas persoas que ti
elixiches porque che caen ben, porque che gustan ou porque as queres, como con aquelas coas
que te relacionas sen elixilas ti.
Para recoñeceres a alguén non fai falta que teñas que quererlle ou que teña que caerche
ben, se-lo teu amigo ou amiga.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente38
¿COMO ME RELACIONO?
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 39
PROPOÑÉMOSCHE:
Reflexionar sobre o anterior e telo claro axúdanos a mellora-las nosas relacións.
Cando as relacións persoais van mal, xeralmente hai alguén nela que non se sente tida en
conta ou escoitada, é dicir, recoñecida.
PENSA en ti relacionándote con outras persoas. Presta atención a aquelas caracte-
rísticas máis peculiares e representativas de ti nas túas relacións coa xente. A conti-
nuación, intenta aplica-lo observado a unha situación concreta de modo que che sirva
de exemplo para desenvolver esa característica que destacaches da túa persoa.
Característica persoal
Sinceridade
Non me gusta falar de min
Situación que a describe
Gústame dicírlle-lo que penso e o que sinto ás outras per-
soas cando é algo bo pero tamén cando non o é.
Procuro evitar conversas moi íntimas nas que teña que
expoñerme.
ESAS PERSOAS QUE TI CRES QUE MELLOR TE COÑECEN en cada aspecto,
PÓDENCHE AXUDAR a completar ou a revisa-lo exposto; consúltalle-lo tema.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente40
AS EXPECTATIVAS QUE OUTRAS PERSOAS TEÑEN SOBRE O NOSO COMPORTA-
MENTO, O QUE ESPERAN ACERCA DO QUÉ DEBEMOS FACER OU PENSAN SOBRE
CÓMO DEBEMOS ACTUAR inflúennos no momento de tomar decisións.
Estas expectativas poden provir de persoas do noso medio: a túa nai ou o teu pai, un amigo ou unha
amiga, un profesor ou unha profesora; outras veces de grupos de persoas máis ou menos achega-
das a ti: o grupo de amigos, a xente do barrio, a xente do instituto. Así mesmo, inflúenno-las expec-
tativas doutras instancias da sociedade que nos chegan a través dos medios de comunicación, a
publicidade, o cine, os libros...
Aquelas expectativas baseadas en prexuízos e estereotipos sempre resultan limitadoras para a
persoa: non só nos impiden ser como queremos, senón que presupoñen que temos unhas
determinadas características polo simple feito de pertencer a un grupo social concreto, deter-
minando finalmente o que debemos e podemos chegar a ser.
Un exemplo de iso son os estereotipos de xénero, dos que xa falamos, é dicir, cando se espe-
ran cousas distintas de alguén en función de se é unha moza ou un mozo, por exemplo, dun
mozo que estudie mecánica, electricidade, fontanería e non estudie perruquería, administrativo,
e, pola contra, espérase dunha moza que saiba cociñar ou coidar bebés e non arranxar un
enchufe ou unha bicicleta.
En maior ou menor medida, tódalas expectativas de xénero inflúen nas decisións que tomamos
e en función de ónde proveñan e do seu contido vivirémolas dun modo ou outro. Unhas veces
estas influencias a penas as percibimos e prodúcense cando nos orientan, clarifican as nosas
dúbidas, e, outras veces, a penas podemos vivilas como imposicións.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 41
O QUE ESPERAN DE MIN
Sempre é necesario coñece-las expectativas de xénero para poder facernos conscientes
delas e decidir así aceptar de bo grao as que nos axudan e rexeitar aquelas que nos limitan
ou nos impoñen modelos de comportamento que non se corresponden cos nosos desexos.
Nalgunha que outra ocasión preguntaríaste qué é o que a túa familia espera de ti.
Propoñémosche volver sobre iso e repensa-la cuestión: Creo que as persoas adultas da miña
familia esperan de min:
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente42
PROPOSTA:
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 43
Sobre os meus
estudios
Sobre o meu
traballo ou
profesión futura
Sobre o tipo de
vida que levarei
A miña nai O meu pai Outros familiares
Fala diso coa túa nai, o teu pai e eses outros familiares. Pregúntalles qué é o que esperan de
ti, poderás comprobar se estabas no certo.
PROPOÑÉMOSCHE revisar
todo canto escribiches ata aquí
nas páxinas anteriores, e dedi-
car un tempo a reflexionar sobre
aquilo que cres que che importa
máis. O que conclúas seguro
que che axudará a ir definindo
aquilo que hai que ter en conta
cando pensas no teu futuro.
A modo de axuda propoñémos-
che que trates de seleccionar,
entre todo o que escribiches,
aquilo que ten máis valor en
relación cos seguintes aspectos:
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente44
O QUE MÁIS ME IMPORTA
Na miña vida familiar
Nas miñas relacións con amigas ou amigos
Nas miñas relacións afectivas e sexuais
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 45
No meu tempo libre
Nos meus estudios
No traballo (se non o tes agora, para cando o teñas)
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente46
PARA PENSAR E IMAXINAR UN PROXECTO DE VIDA cómpre coñecer ben tódalas opor-
tunidades que temos ó noso alcance á hora de ir definindo o noso futuro. É dicir, fixarse na expe-
riencia doutras persoas, aprender delas e encontra-las referencias e modelos que che poden
ser útiles.
CO FIN DE COÑECER TODA A VARIEDADE POSIBLE DE OPCIÓNS que podes encon-
trar no teu contorno, propoñémosche unha pequena investigación. Para iso, non só debes bus-
car entre aqueles que che agradan ou caen ben, senón tamén nas persoas que sexan moi dife-
rentes entre si.
No teu contorno máis próximo busca polo menos cinco persoas maiores de vintecinco anos do teu
mesmo sexo: nai-pai, irmá-irmán, profesor-profesora, tía-tío, amiga-amigo, veciña-veciño...
Podes realizarlles unha entrevista persoal para coñecelos mellor.
SUXERÍMOSCHE realizar un guión de entrevista no que inclúas as seguintes cuestións:
� Idade
� ¿Que estudiou?
� ¿A súa profesión?
� ¿Que lle levou a elixila?
� ¿Pensa que a súa elección foi libre ou tivo algún tipo de condicionamento como...?
� Na actualidade o seu traballo é...
� ¿Gústalle o seu traballo? ¿Por que?
� ¿Como valora a súa vida familiar?
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 47
EN QUÉN ME FIXO
� ¿Con quen vive? ¿Ten fillas/fillos?
� ¿Como é a súa casa? ¿Pasa moito tempo nela? ¿Como organizan os traballos da casa?
� ¿Como valora a súa situación económica?
� ¿Dispón de moito tempo libre? ¿A que o dedica, cales son as súas afeccións?
� ¿Como valora as súas relacións sociais? ¿Ten moitas amizades? ¿Sae moito?
� ¿Que é o máis importante para vostede, o que máis valora?
� ¿Gústalle a vida que leva? ¿Por que?
� Cando tiña 16 anos, ¿imaxinaba a súa vida máis ou menos así? ¿Como a describiu?
Unha vez finalices tódalas entrevistas, pensa sobre estas persoas: ¿ENCONTRACHES MOITA VARIEDA-
DE EN ESTILOS E OPCIÓNS DE VIDA?, ¿ATOPACHES ALGUNHA PERSOA QUE CHE AGRADE ESPECIALMEN-
TE, COA QUE TE IDENTIFIQUES MÁIS, ALGUNHA Á QUE ADMIRES OU Á QUE CHE GUSTARÍA PARECERTE?
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente48
ENCONTREI
Propoñémosche buscar de novo outras cinco persoas do outro sexo, e, tras entrevistalas, COMPARA-LOS
RESULTADOS COS OBTIDOS INICIALMENTE.
É POSIBLE, CASE SEGURO, QUE NON ENCONTRASES UNHA PERSOA DA QUE
CHE GUSTE TODO; é por iso que che propoñemos seleccionar qué cousas che atraen máis de
cada unha delas e, a continuación, facer unha composición con todo aquilo que máis che gusta
das persoas ás que entrevistaches.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 49
¿QUE OBSERVAS?
A túa investigación aínda non rematou. SE CONTINÚAN SEN APARECER ESAS PERSOAS
QUE TEÑAN UNHA VIDA ATRACTIVA OU INTERESANTE PARA TI, TERÁS QUE BUSCAR EN
MÁIS LUGARES; proba a revisar libros, películas, personaxes da historia, personaxes de actualidade.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente50
O QUE MÁIS ME ATRAE DAS VIDAS DESTAS PERSOAS ENTREVISTADAS É:
As persoas crecemos ó longo da nosa vida, é por iso que imos cambiando a medida que madu-
ramos e nos relacionamos con aqueles cos que compartímo-lo noso tempo.
Para finalizar, intenta imaxinarte dentro de dez anos e trata de describir cómo será a túa vida.
Propoñémosche como axuda realizarte a entrevista anterior ou ben pedirllo a alguén. Poderás
incluír, ademais dos ítems incluídos na entrevista anterior, cantas cuestións consideres impor-
tantes para ti.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente 51
O QUE ESPERO DE MIN
PROPOSTA:
O MEU PROXECTO GLOBAL DE VIDA
Para finalizar, intenta imaxinarte dentro de dez anos e trata de describir cómo será a túa vida.
Propoñémosche como axuda realizarte a entrevista anterior ou ben pedirllo a alguén. Poderás
incluír, ademais dos ítems incluídos na entrevista anterior, cantas cuestións consideres impor-
tantes para ti.
Guía de orientación vivencial para o alumnado adolescente52
CÓMO TOMAR DECISIÓNS SOBRE O TEU FUTURO