Serra do Xistral

Post on 20-Mar-2017

22 views 5 download

Transcript of Serra do Xistral

SERRA DO XISTRAL

Situada no nordeste de Galiza, entre a Terra Cha e as Mariñas Lucenses, nos concellos de Muras, Ourol, Vilalba e Abadín.Prolóngase cara ao norte nos montes do Buio e dos Cabaleiros, polo leste na Toxiza e cara ao leste pola Carba e o Guriscado, formando un conxunto que se podería considerar un macizo.

Vista desde a serra da LobaNo primeiro planoa s serra da Carba e detrás os cumes nevados do Xistral

Abadín

Viveiro

Xove

Muras

O Valadouro

Vilalba

Cervo

Alfoz

CONCELLOS: AbadínAlfozCervoMuras

O ValadouroVilalbaViveiroXove

O Xistral é unha serra que se estende con orientación NNE-SSO entre o norte da Terra Cha e as proximidades da costa polo norte, Está formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, con afloramentos de granito nas partes altas.Os picos máis altos son o Cadramón (1.056 m), o Chao de Lamoso (1.039 m), o Xistral (1.032 m), e o Seixo Branco (1.015 m).Nela nacen os ríos Landro, Ouro, Masma e Eume.

O Xistral desde o Cadramón

PRINCIPAIS CUMES

DO XISTRAL

O Xistral desde Abadín. No primeiro plano Monseiván.

Pau da Vella (720 m), o cume máis alto dos Montes do Buio

MONTES DE BUIOSon a prolongación cara ao nordeste da Serra do Xistral, separados dela polos vales dos ríos Balsadas (Landro) e Ferreira (Ouro). Nos montes do Buio nacen varios afluentes do Landro (Rego Loureiro, Rego das Cerdeiras, Rego da Fontecova) e outros regatos que desembocan directamente no Cantábrico (Rigueiro, Cobo e Xunco).

Montes do Buio desde o Xistral. Destaca o domo granítico do castelo

Penido Novo (805 m). Ao fondo o Valadouro e a Frouxeira

Vista desde a Pena da Cadela cara ao norte

Veiga de Murás (752 m )

Penas Grandes

Penas Grandes

Pena da Cadela (1.043 m) desde O Cadramón

Pena da Cadela e Coto da Lagoa (1.002 m) á esquerda

Cara norte do Xistral e Coto da Lagoa, a dereita

O Cadramón (1.056 m)

O Cadramón na néboa

Granitos no Cadramón (O Campo da Cuz)

Vista desde o Cadramón cara ao Xistral

A Fraga do Pedrido e o Lombo Pequeno (1.027 m)

Lombo Pequeno

As Barreiras do Lago (1.023) e O Cadramón (á esquerda)

Barreiras do Lago

Seixo Branco

Cume do Xistral (1.033 m)

Cume do Xistral antes de ter aeroxeradores

Vista desde o cume do Xistral cara a Ourol

Val do Landro ao pé do Xistral, en Silán

O Xistral desde Viveró

Vista de Viveró desde o Xistral

O Apagadoiro

Vista desde o Xistral cara ao val do Eume: á esquerda o Lamoso, de fronte o Redondiño e a dereita o Coto Balsego

Val do Eume: á esquerda o Coto Balsego

O Xistral en Abadín

Monseiván, nas últimas estribacións do Xistral cara ao sur, no concello de Vilalba. Na zona necen cabeceiras do Támoga (Miño).

Monseiván

Depósitos periglaciares na Veiga de Murás. Acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo.

XEOLOXÍAAs rochas son moi variadas: xistos, gneis, granitos cuarcitas... Alternan cumes de formas suaves con cumes coroados por penedos graníticos. Consérvanse depósitos periglaciares

Corte de terreo

Masas rochosas do Cadramón e cara leste da serra do Xistral

Penedos no Campo da Cruz, O Xistral

Fontes do Ouro

RÍOSAs serras deste espazo acumulan unha grande cantidade de auga procedente das chuvias e das néboas que enchoupan o terreo e da lugar as fontes de numerosos ríos e regatos que escoan cara ao Cantábrico (ríos Landro, Covo, Xunco Ouro e Masma) e ao Atlántico (río Eume e Anllo e Támoga, afluentes do Miño).

RÍO LANDRONace entre o cumio do Xistral e Coto Balsego e desemboca na ría de Viveiro despois de 31 km. A súa cunca exténdese por terras de Muras, Ourol e Viveiro. Varios dos seus afluentes nacen no espazo protexido: Besteburiz, As Balsadas, Grandal...

Val do Landro ao pé do Xistral

Rego das Balsadas en Santa Mariña Rego de Besteburiz en Miñotos.

REGO DE BESTEBURIZNace na serra do Xistral e xúntase co Landro en Miñotos.

Rego das Balsadas en Santa Mariña Rego de Besteburiz en Miñotos.

REGO DAS BALSADASNace no Pau da Vella e xúntase co Landro en Miñotos.

RÍO XUNCONace no Pico de Madriñán, entre a serra dos Cabaleiros e os montes de Buio en Rúa (Cervo) e desemboca na enseada da Ruela, no Cantábrico.

RÍO COVOBaixa desde o monte Pau da Vella (Montes do Buio) e desauga na ría de Lieiro, ao pé de San Cibrao.

Fontes do Covo nos montes do Buio

RÍO OURO Nace no Cadramón (Serra do Xistral). e desemboca en Fazouro despois 30 km de percorrido. Algúns dos seus afluentes nacen neste espazo: Furna, Porto, Fraga das Lerias, Val dos Infernos Ferreira…

O Ouro en Esteleiro (O Cadramón)

RÍO FURNANace entre O Cadramón e O Xistral e xúntase co Ouro en Esteleiro. É a fonte máis lonxana do río Ouro.

A FERVENZA, FERVENZA DO ESCOURIDALNo río Guilfonso, tramo alto do Ouro. No linde entre O Cadramón (O Valadouro) e O Pereiro (Alfoz). Unha sucesión de saltos e tobogáns en rochas graníticas que en conxunto acadan uns 70 m de altura.

REGO DE CORVELLE Un afluente do Ouro que baixa do Pena da Cadela (Xistral). Nas proximidades das Rozadas (O Cadramón) cae nun forte desnivel con varias fervenzas, a máis grande duns 50 m de altura.

RÍO DA FRAGA DAS LERIASNace no monte do Curro (O Xistral) e xúntase co Ouro en Frexulfe.

Fervenza en Frexulfe

RÍO MASMA Nace entre os Picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral). No seu tramo superior chámase Pedrido e logo Tronceda. Desemboca na ría de Foz despois dun percorrido de 46,2 km. Recibe pola esquerda o Fraga Vella ou Figueiras.

O Pedrido, nas proximidades do Cadramón

RÍO EUMEFórmase da unión dos dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ao pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral. Despois de 80 km de percorrido desemboca en Pontedeume. Os principais afluentes neste espazo sonos Regos das Peles, de Currás, do Casal e da Lagoa.

Rego das Toxeiras

RÍO TÁMOGABaixa do monte Monseibán, na Serra do Xistral. Ten varias cabeceiras: o Ribeira e o Laxoso que forman o río Batán, e ao xuntarse co Arnela forman o Santabaia e a partir de Cospeito recibe o nome de Támoga. Xúntasse co Miño nas proximidades de Cela.

Fervenza no río Arnela (Támoga)

RÍO ANLLONace na serra do Xistral, preto de Labrada e xúntase co Miño en Castro de Rei.Cando entra no concello de Cospeito divídese en dous brazos, un que, co nome de río Guisande, vai á lagoa de Cospeito e segue ata desembocar no Támoga, e outro que vai ao Miño.

O Labrada ao pouco do seu nacemento, en terras de Abadín. O río Anllo ao seu paso polo concello de Abadín recibe os nomes de Labrada (preto do nacemento), río de Gontán, río de Abadín e despois Anllo.

CLIMAAtlántico moi húmido, con invernos fríos. É a zona de Galiza con menos días de sol. Rexístrase un alto nivel de humidade ambiental debido as frecuentes chuvias (ata 2.500 l/m2) e ás abondantes néboas que producen precipitacións horizontais e percorren as chairas elevadas das serras enchoupando o terreo.

Val de Viveiró e a serra do Xistral desde o Guriscado. A presenza de nubes que achegan a humidade necesaria para a formación das turbeiras, é unha constante na serra do Xistral.

Néboa nos cumes Foto Luchi Leiro

O alto nivel de humidade permite a pervivencia de especies arbustivas enriba das pedras

-Pozas e lagoas temporais-Ríos -Queirogais: húmidos atlánticos de zonas temperadas e secos-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais -Formacións herbosas e prados-Turbeiras -Depresións sobre substratos turbosos -Rochedos silíceos con vexetación pioneira -Bosques de ribeira-Carballeiras -Acevedos

HÁBITATS DESTACADOS

Os ecosistemas máis destacados deste espazo son as turbeiras, medios permanentemente saturados de auga. As condicións de enchoupamento permanente provocan unha diminución do nivel de osíxeno e a inactivación dos microorganismos descompoñedores do solo, polo que as achegas de materia vexetal non se mineralizan e acumúlanse no substrato dando lugar á turba.

AS TURBEIRAS

Nalgúns puntos do Xistral a turba acada os 3 m de espersor, o que considerando a súa velocidade de formación, dalle unha antigüidade de máis de 7.000 anos.

No Xistral podemos atopar varios tipos de turbeiras ou tremoais:TURBEIRAS DE COBERTOR: recobren os cumios dos montes máis altos e instálanse sobre depósitos de tipo periglaciar. O Xistral contén o maior sistema de turbeiras de cobertor da Península Ibérica TURBEIRAS DE LADEIRA: aparecen en pendentes nas que a auga escorre xusto por debaixo da superficie nas que a falta de solo so permite o asentamento de brións. Xeralmente levan un rego asociado.TURBEIRAS DE OBTURACIÓN DE VAL: fórmanse en vales onde na época glaciar se depositaron morrenas que dificultaron a saída da auga. TURBEIRAS DE ALVÉOLO: aparecen en áreas de rochas graníticas na que as rochas disgregadas deposítanse nas canles de drenaxe e provocan a retención de auga creando o ambiente propicio para o desenvolvemento dos vexetais formadores de turba. TURBEIRAS DE FONDO DE VAL: desenvólvense en vales onde a auga non evacua suficientemente. Son zonas achairadas recheas de sedimentos. Estas turbeira adoitan ser de grandes dimensións. Pódese ver no nacemento do Ouro.

Turba na beira do Eume

O Xistral acolle o maior sistema de turbeiras de cobertor da Península Ibérica e das mellores de Europa, debido ás condicións de humidade xunto con temperaturas frescas durante case todo o ano.

Nas turbeiras destaca a cor rosa dos breixos en flor

Vista desde o cume do Xistral sobre o val onde nace o Eume, con turbeiras de cobertor e de val

A Fraga do Pedrido con turbeiras de ladeira e cobertor

Tremoal da Pena Vella, en Abadín

FLORAA vexetación máis abundante é o mato, algunhas manchas de bosque caducifolio con predominio de carballos, árbores de ribeira (salgueiros, freixos, amieiras, ulmeiros...) e moitas zonas repoboadas con piñeiro bravo e eucalipto ou dedicadas a pasteiros.

Carballeiras en Ourol

Na zonas húmidas de transición ás turbeira instálase un mato de toxo manso (Ulex gallii), queiruga veluda (Erica ciliaris), queiruga de cruz (Calluna vulgaris) queiruga maior (Daboecia cantabrica) queiruga de tres follas (Erica cinerea), Cirsium filipendulum (endemismo ibérico) Molinia caerulea, Agrostis curtisii, Danthonia decumbens...

Queiruga veluda (Erica ciliaris)

Cardo (Cirsium filipendulum)

Nas turbeiras atópanse esfagnos (Sphagnum spp. e Sphagnum pylaessi, este último a maior poboación da Península), xunca de algodón (Eriophorum angustifolium), rorelas ou orballiñas (Drosera...), pinguícola, violeta (Viola palustris), hipérico das brañas (Hypericum elodes), herba das brañas (Nardus stricta), Narcisus triandrus, varios tipos de xuncos e os endemismos Arnica montana subsp. atlantica, Carex durieui, Ranunculus bulbosus subsp. gallaecicus...

Vexetación típica de turbeira

Breixo de turbeira (Erica tetralix). Só se atopa en medios con alto nivel de humidade.

Brións (Esfagnos).No Xistral atópase a maior poboación de Sphagnum pylaesi da Península e unha das poucas que existen no mundo. Segundo os expertos, nas turbeiras do Xistral e do Cadramón atópanse o maior número de especies de brións (esfagnos) de toda a Península ibérica e 26 especies de plantas consideradas en perigo de extinción.

Rorela ou orballiña (Drosera rotundifolia). Unha planta carnívora típica de espazos asolagados pobres en nutrintes.

Xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium), unha especie típica de solos asolagados coas envolturas florais (perianto) formadas por finas febras brancas, de ata 5 cm de lonxitude, que lle dan un aspecto característico.

Thelypteris palustris. Un fento pouco común que aparece en lugares moi húmidos co rizoma asolagado.

Fento de botón (Woodwardia radicans)

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADASBarbilophozia binsteadii Dryopteris aemula Dryopteris guanchica Frullania oakesiana Hymenophyllum tunbrigense Lycopodiella inundata Metzgeria temperata Narcissus asturiensis Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis Schistostega pennata Sphagnum magellanicum Sphagnum molle Sphagnum pylaesii Splachnum ampullaceum Spiranthes aestivalis Tayloria tenuis Ulota coarctata Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans

Fento (Dryopteris aemula)

Orquídea(Spiranthes aestivalis)

Narciso (Narcissus asturiensis)

FAUNADestacan as especies asociadas ás zonas húmidas e espazos abertos: insectos, anfibios, aves...A serra acolle algunhas especies raras como a trilladeira nival (Chyonomis nivalis) ou a lagarta das brañas (Zootoca vivipara), que ten no Xistral unha das poucas localidades de presenza en Galiza e que conforman o límite occidental da súa distribución mundial.

Lagarta das brañas (Lacerta vivipara)

Acolle ademáis endemismos como as bolboretas Erebia triaria pargapondalense e Erebia epiphhron xistralensis. Nas zonas abertas críase gando en liberdade.

Bolboreta Erebia epiphhron xistralensis

MAMÍFEROSCanis lupus Eptesicus serotinus Felis silvestris Galemys pyrenaicus Genetta genetta Lutra lutra Miniopterus schreibersii Mustela erminea Mustela putorius Myotis daubentoniiMyotis myotis Myotis nattereri Pipistrellus pipistrellus Plecotus auritus Plecotus austriacus Rhinolophus euryale Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros

ESPECIES DE INTERESE

Toupa de auga ou furapresas (Galemys pyrenaica), un pequeno mamífero que vive nos cursos altos dos ríos de montaña.

AVESAccipiter gentilis Accipiter nisus Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alcedo atthis Alectoris rufa Anas platyrhynchos Anthus spinoletta Anthus trivialis Apus apus Asio flammeus Asio otus Athene noctua Buteo buteo Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Cinclus cinclus Circaetus gallicus Circus cyaneus Circus pygargus Cisticola juncidis ...

Picapeixe (Alcedo atthis)

...Columba livia Columba palumbus Corvus corone Coturnix coturnix Cuculus canorus Delichon urbica Dendrocopos majorEmberiza cia Emberiza cirlus Emberiza citrinella Erithacus rubecula Falco subbuteo Falco tinnunculus Fulica atra Galerida cristata Gallinago gallinago Gallinula chloropus Garrulus glandarius Hippolais polyglotta Hirundo rustica Lanius collurio Lanius meridionalis Lullula arborea Milvus migrans Monticola solitarius ...

Escribenta común (Emberiza cirlus)

Motacilla alba Motacilla cinerea Motacilla flava Oriolus oriolus Otus scops Parus ater Parus caeruleus Parus cristatus Parus major Pernis apivorus Phoenicurus ochrurosPhylloscopus bonelli Phylloscopus ibericus Pica pica Picus viridis Prunella modularis Ptyonoprogne rupestris Pyrrhocorax pyrrhocorax Pyrrhula pyrrhula Rallus aquaticus

Rascón (Rallus aquaticus)

Regulus ignicapilla Saxicola torquata Serinus citrinella Sitta europaea Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Strix aluco Sylvia atricapilla Sylvia borin Sylvia communis Sylvia undata Tachybaptus ruficollis Troglodytes troglodytes Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus Tyto alba Upupa epops

Bubela (Upupa epops)

RÉPTILESAnguis fragilis Chalcides striatus Coronella austriaca Iberolacerta monticola Lacerta lepidaLacerta schreiberi Lacerta vivipara Natrix natrix ...

Cobra de colar (Natrix natrix)

Esgonzo (Anguis fragilis)

ANFIBIOSAlytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Hyla arboreaLissotriton boscai Rana ibericaRana perezi Rana temporaria Triturus marmoratus

O Xistral é unha fronteira natural entre dúas subespecies de píntegas ou sacabeiras, a Salamandra salamandra gallaica e a S.s.bernardezi, que se atopan nas súas formas típicas e híbridas.Ra patilonga (Rana

iberica)

INVERTEBRADOSCoenagrion mercuriale Elona quimperiana Euphydryas aurinia Geomalacus maculosus Hirudo medicinalis Lucanus cervus Margaritifera margaritifera

Bolboreta (Euphydryas aurinia)

Caracol (Elona quimperiana)

Libeliñas (Orthetrum…) copulando

Coenonympha glycerion, bolboreta de espazos húmidos e abertos.

No Xistral abondan os insectos, en especial os asociados á zonas húmidas e aos espazos abertos : libeliñas, boloboretas, escaravellos...

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADASMAMÍFEROSGalemys pyrenaicus Miniopterus schreibersii Myotis myotis Rhinolophus euryale Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros AVESCircus cyaneus Circus pygargus Gallinago gallinago RÉPTILESLacerta vivipara ANFIBIOSChioglossa lusitanica Hyla arborea Rana iberica Rana temporaria subsp. parvipalmata INVERTEBRADOSElona quimperiana Geomalacus maculosus Margaritifera margaritifera Unio pictorum

Saramaganta (Chioglosa lusitanica)

ESPAZOS PROTEXIDOSLIC SERRA DO XISTRALEspazo de 22.964 ha que inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza. Ten un grande interese xeolóxico e ecolóxico

LIC RÍO OUROInclúe os tramos medio e baixo do curso do río Ouro desde Frexulfe (O Valadouro) ata a desembocadura en Fazouro, 109 ha en terreos dos concellos de Alfoz, Foz e O Valadouro.

RESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑOEspazo de 363.668,9 hectáreas repartidas en 26 concellos da provincia de Lugo entre os que están Muras, O Valadouro, Alfoz, Vilalba, Abadín, Xermade... Foi declarada pola UNESCO o 7 de novembro de 2002.Un dos aspectos a destacar nas reservas da Biosfera é a convivencia armónica entre natureza e actividades humanas. Nas Terras do Miño desenvólvense todo tipo de actividades, pero unha grande parte da poboación (o 46,7 % ) vive do sector primario, especialmente agricultura e gandaría.

A serra do Xistral acolle mostras culturais de distintas épocas: dolmes, círculos líticos, capelas, fontes, muíños, pontes, curros, lendas...

PATRIMONIO CULTURAL

Igrexa de Santa Filomena do Cadramón

ACTIVIDADESAgricultura, gandaría, parques eólicos.Mineiría: explotacións de turba, cuarcitas, feldespatos...

Antenas no cume do Xistral

Agrogandaría, actividade forestal e parques eólicos

Campo da Cruz

PROBLEMAS•Exceso de parques eólicos e apertura de pistas•Repoboacións con especies alóctonas•Incendios

Poucos lugares da serra do Xistral están libres de parques eólicos outendidos eléctricos

PUNTOS DE INTERESEToda a serra ofrece paisaxes únicas e espectaculares e son moitos os lugares aos que nos podemos achegar para gozar deles ou facer camiñadas.

-Cumes: O Cadramón, O Xistral, Pena da Cadela, Pau da Vella...-Tremoais (na zona tamén se coñecen co nome de “veigas moles”): nacementos do Eume, Pena Vella...-Fervenzas: río Arnela, Escouridal, rego de Corvelle e Fraga das Lerias (río Ouro)...-Fragas: Besteburiz, Os Curuxos, As Lerias, O Apagadoiro, Pedra Chantada...-Penedos: Pena Abaladoira, Campo da Cruz, Penido Novo, Penido Vello, O Castelo... -Círculo lítico e dolmes de San Tomé de Recaré...

Pena Abaladoira no Xistral (Pereiro, Alfoz)Contan que tivo unha inscrpción dunha "bicha“ (serpe xigante) que agora non se aprecia. As parellas con problemas de fertilidade, as nais con pouco leite para alimentar os fillos, as mulleres que procuraban noivo ou as que desexaban saír con ben do parto deitábanse sobre ela para pedir remedios. A auga das pías é boa para currar as espullas. Para curar o reúma hai que pasar por baixo dela e abaneala cunha soa man. Tamén contan que se facían sacrificios de animais e botábase o sangue en dous buratos que hai na parte superior para logo purificarse con ela. Din que se usou para facer xuízos ou probas de verdade para comprobar a fidelidade das esposas, a virxinidade das doncelas e a culpa ou inocencia de acusados de diversos delictos; segundo a pena abanease ou non, resultaba culpable ou inocente o sospeitoso.

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi LeiroDebuxos: Mon Daporta

marzo 2017